SlideShare a Scribd company logo
1
ÍNDICE
Limiar 2
Educación Infantil: O noso proxecto 3
1º e 2º Primaria: Unha exposición colorida 7
3º Primaria: O que nos fai diferentes 8
4º Primaria: 13
O Festival de Inverno 13
O Entroido 15
5º e 6º Primaria: 18
Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría
Pérez Parallé
18
Luces de Futuro 21
Visita de Carme Romero 26
Arte: Haikus e Cómics 30
Presentación do Programa TEI (Titoría Entre Iguais) 56
A Robótica nos Casais 58
Consultorio da Señorita Pepis 60
Sports Crossword 62
Saúdo de Micabigotes 63
O muro d@s artistas 65
Despedida de 6º 66
Os cachorros de María Victoria Moreno 67
2
3
DURANTE CASE TODO O CURSO TRABALLAMOS
4
5
6
7
1º e 2º EP: UNHA EXPOSICIÓN
COLORIDA
Os alumnos de primaria do CEIP Plurilingüe Os Casais foron visitar unha exposición
de pinturas, de Beatriz Seijo Lamas, á Casa da Cultura de Fene.
O venres 4 de maio, todos os alumnos de primaria do CEIP Os Casais
fomos visitar unha exposición na Casa da Cultura de Fene, da pintora
fenesa, Beatriz Seijo Lamas.
Alí, na exposición, estaba a pintora que nos explicou como fixo algúns
dos seus cadros e en que se inspirou para facelos. Contounos tamén que
utilizaba moitas técnicas distintas entre elas o puntillismo. Entre os seus
cadros había dous autorretratos moi bonitos e realistas. En xeral, os seus
cadros eran moi coloridos e moi imaxinativos. Beatriz contounos que moitas
veces se inspiraba na forma das nubes.
Despois de explicarnos cada un dos seus cadros da exposición lle
fixemos unhas preguntas que tiñamos preparadas previamente. Algunhas
delas foron as seguintes:
En que te inspiraches para facer os teus cadros?
Como utilizas as cores?
Cando empezaches a pintar cadros?
Quen te ensinou a pintar?
Cantos cadros tes?
Cal foi o teu primer cadro?
Utilizas a técnica do “puntillismo”?
A exposición foi moi interesante e colorida. Gustounos moitíiiisimo!. E
quedamos moi contentos coa pintora xa que foi moi amable con nós e tivo
moita paciencia. Grazas Beatriz e que sigas pintando así de ben!!!!!!!!!!
ALUMN@S DE 1º e 2º
8
O QUE NOS FAI DIFERENTES
Limpeza do Río Baa
O xoves 28 de setembro fomos camiñando ó río Baa, o río que está preto
do colexio todos os nenos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria cos profesores.
Antes viñeron a explicarnos o que íamos facer. Dividímonos en dous grupos,
un foi por un lado do río e cando volveron fomos para o outro. Regaláronnos uns
guantes e unha camiseta e encontramos moito lixo. O que máis me gustou foi
mollarnos no río, porque nos metemos
nel para limpalo.
Adrián Dopazo Castro
Teatro “Lúa”
Ola, vouvos falar da obra que fomos ver en autobús ó Padroado da Cultura
de Narón. A data cadrou nun xoves 9 de novembro e fomos 3º, 4º, 5º e 6º de
primaria. A obra chamábase “Lúa”, comezaba cunha barreira no chan que dividía
dous lados. Nun lado atopábase un home cunha tablet de cartón
imaxinaria e no outro lado un segundo home con outra tablet. Esta é a
maneira que tiñan de comunicarse en vez de falarse cara a cara. Despois
dun longo tempo comunicándose desta maneira chegou unha gran muller
chamada Lúa e o que fixo foi falar cara a cara para resolver todos os
problemas da xente. O que máis me gustou da obra foi o papel de Lúa, a
forma que tiña de resolver os problemas gustoume moito.
Lucía Abeal Maroño
9
Salvamento Marítimo
O día 21 de novembro fomos todo o cole de
excursión á Base Estratéxica de Salvamento marítimo
situada no polígono de Vilar do Colo. Cando chegamos
dividímonos en tres grupos, cada grupo viu cousas
diferentes. No meu grupo ensináronnos un robot que se
movía por ordenadores, a pegar parches, unha piscina moi
sucia e uns equipos de mergullo. Cando saímos déronnos un bolígrafo, un adhesivo
e un libro. O que máis me gustou foi o robot. Ainhoa Negreira Castro
Anxo Moure
O luns 29 de xaneiro veu Anxo Moure ó noso colexio polo Día Escolar da
non Violencia e da Paz. Tivemos que subir á biblioteca dende infantil ata 6º de
primaria. Anxo Moure escolleu a algunhas persoas para facer unha mestura coa
que nos ensinou a facer corazóns e cadrados con follas de periódico.
E mentres que uns facían a mestura ía contándonos
un conto. Antes de irse pediunos que cando
secaran as figuras lles sacáramos unha foto para
enviarlla por correo.
A min o que máis me gustou foi que nos pediu
que leváramos unha folla de periódico cunha mala
noticia. E sabedes para que era? Para romper e así facer a mestura para facer as
formas, así as malas noticias xa non eran malas, eran boas!
Antía Riveiro Primoy
10
Martin Hutchinson e Starsky
A vida de Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56
anos, ten ó menos tres grandes apartados. O primeiro da súa vida normal de
bombeiro en Gran Bretaña ata o ano 2006. E os outros dous despois: o viaxeiro
incansable por todo o mundo, primeiro a pé e despois nunha bicicleta especial e a
súa loita polo medio ambiente.
Estas dúas van xuntas, pero non é habitual
encontrar quen recorra o planeta nun traballo tan
incansable a prol da información e concienciación.
Nas súas mil paradas por decenas de países
veu ó CEIP Plurilingüe Os Casais, o noso cole, o 31 de xaneiro onde nos explicou o
que fai, mostrando fotos e vídeos e sobre todo os bastóns de algodón que se
encontran nas miles de praias. Helena Mandaradoni Yáñez
Museo Etnográfico e CEIP Mosteiro de Caaveiro
O mércores 21 de febreiro fomos a un museo etnográfico da Capela e
despois fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro.
No museo etnográfico vimos fotos de moitas cousas antigas, como uns
muíños. Explicáronnos moitas cousas, foi moi divertido porque aprendemos cousas
novas. Despois fomos ao colexio, alí fixemos moitos
xogos que nos explicaron os nenos e nenas, como por
exemplo os zancos, as chapas, a corda, etc. O cole tiña
por dentro como un museo sobre xogos tradicionais
como o peón, o patinete, a mariola, as bólas, etc.
Paula Bellón Montero
11
Atletismo divertido
O xoves 22 de marzo fomos a “Atletismo divertido” todos os nenos e
nenas de primaria. Con nos viñeron o CPI A Xunqueira e o CEIP Centieiras.
“Atletismo divertido” é unha actividade que
se organiza no pavillón de San Valentín en Fene.
Fixemos moitos xogos como a xavelina, esquivar
obstáculos e ao final fixemos unha carreira de
relevos,... Paramos un ratiño para merendar froita e
despois volvemos a xogar aos xogos que nos faltaban. Paramos para coller as
cousas e fomos no autobús para o colexio.
O que máis me gustou foi a carreira de relevos.
Alejandra González Rivera
Os xogos populares en Fene
O xoves 26 de abril todos os nenos e nenas de
primaria fomos a unha actividade con outros coles do
concello de Fene.
Cando chegamos dividíronnos en grupos por
cursos e xogamos a moitos xogos como a saltar a corda,
o xogo dunha cana de pescar cunha corda e un aro que hai que encaixar nunha
botella, as carreiras, a tirar da corda cun pano no medio que sinalaba o equipo
que gañaba ou o brilé.
No brilé hai dous equipos e hai diferentes formas de xogar, unha é
lanzando o balón ó outro equipo e se lle das a alguén o eliminas á zona dos
brilados e se dende esa zona brila volve ó seu sitio e outra forma é sen volver.
Hugo Marín Budiño
12
EduCANdo con Malibú, a cadela.
O día 2 de maio de 2018 veu á escola unha
señora coa cadela Malibú. Fomos á biblioteca a
coñecela e a que nos ensinara como educar un can, que
non temos que comprar cans senón rescatalos ou
adoptalos.
Puxeron vídeos e fixemos xogos para aprender a
tratalos ben, a atalos, deixarlles auga,... Aprendemos todo iso para poder ser
adultos responsables.
Despois acariciamos a Malibú e despedímonos. Logo, na clase, recibimos uns
diplomas de expertos en educar ós cans.
Gustoume moito porque veu unha cadela moi bonita.
Mario Martínez Lago
Piscina
Dende o día 9 de abril ata o 4 de xuño imos á piscina municipal de
Centieiras. Todos os luns no recreo os nenos e nenas de educación primaria
collemos un autobús que nos leva á piscina. Alí entramos, imos ós vestiarios e
poñemos o gorro, o traxe de baño e as lentes.
Na piscina están todos os monitores, vixíannos e mándannos facer
diferentes xogos. Ó rematar cambiámonos, esperamos
na entrada, collemos o autobús que nos leva ao cole.
O que máis me gustou foi xogar coas pelotas e
meter gol na portería.
Daniel Casdelo Galán
13
O Festival de Inverno
O Festival de Inverno do curso 2017 – 2018 celebrouse o día 22 de decembro
do 2017. Uns días antes, fixemos un montón de decoracións: como un photocall de
bonecos de neve e guirnaldas con cousas de Nadal, como bólas e calcetíns... Tamén
puxemos dúas árbores: unha árbore no salón de actos e outra na entrada (a dos
desexos).
O día do festival de inverno a primeira hora fomos ao ximnasio coa nosa
profesora e almorzamos, con Papá Noel e os elfos, leite con cacao e un montón de
delicias.
O ximnasio estaba decorado con
copos de neve. A colchoneta estaba
adornada coma un regalo de nadal. Enfronte
de ela, estaba Papa Noel. Ao lado da
colchoneta había unha cheminea. É ao lado
da cheminea había o saco vermello de Papa
Noel. No teito había colgadas bólas de nadal
vermellas e verdes, había unha mesa con
forma de U, e no centro había unha mesa en círculo onde estaban os nenos de infantil, e
Papa Noel sentado nun sofá tamén vermello. Ao lado de Papa Noel había unha caixa chea
de regalos.
Despois nos chamaron para darnos os regalos, que foron os seguintes :
- Infantil: zancos de monstros e a mochila da escola.
- 1°e 2° : dominó e mochila do colexio.
- 3°: xogo maxia e mochila do colexio.
- 4°: catapulta e a mochila do colexio.
- 5°e 6°: vaso con luces e mochila do colexio.
14
Despois fomos á nosa clase e nos preparamos para as actuacións, que foron as
seguintes:
- ”O monstro de cores” (Infantil, 1°e 2°)
- ” Rudolph the red nosed reinder” (1° e 2°)
- Poema dos olores (1° e 2°)
- Rianskeira (4°)
- Teatro “A pastora mentireira” (3°)
-”Glee Jinglee Bell rock” (3°e 4°)
- “Despacito” con PAD ( instrumentos de percusión de altura determinada)
-Baile : “Mi gente” ( 5° y 6°)
-Tempestades de sal (todos os alumnos do colexio)
Despois das actuacións fomos ao ximnasio a merendar. De seguido saímos ao
recreo, que foi máis longo do normal . E finalmente fomos para clase a recibir as
notas .
Este día foi xenial !
Autores: Icía, Emma, Antón e Álex
15
O ENTROIDO
★ SEMANA DO ENTROIDO:
O Entroido comezou o luns día 5 e rematou o venres 9 de febreiro, coa festa final
Dentro das actividades, nas clases, fixemos decoración variada do Entroido,
actividades relacionadas con el e na nosa clase, un pallaso con moitas cores .
O Meco deste ano foi o Pinocheiro Mentireiro e mais un amigo seu, Pepito Grilo.
Xuntos fixeron uns mandadiños:
Luns de pixama:
Pinocheiro Mentireiro
terá o luns un día soñeiro
quere vestir un pixama
para meterse na cama.
Martes de vello:
Ao Pinocheiro Mentireiro
o tempo vaille pasando
converteuse nun velliño
ide vos tamén copiando.
Mércores un oficio:
Pinocheiro Mentireiro
maña ten que traballar
busca roupa apropiada
para non desentonar.
Xoves de gala:
Pinocheiro Mentireiro
ten que vir moi elegante
ponte algo de gala
para estar súper radiante.
Venres de personaxe de conto:
Un pais de fantasía
no patio imos crear
de personaxe de conto
teraste que disfrazar.
Durante toda a semana o pasamos xenial facendo os mandadiños e cousas
relacionadas co Entroido, xa que nos parece moi divertido vir disfrazados e ver tamén
aos profes divertíndose con nós.
16
★ DÍA DA FESTA:
Ao chegar a clase fixemos fotos disfrazados de personaxes de contos. Despois
tivemos concerto con un grupo de música chamado “Chuchesmil”, co que cantamos e
bailamos un montón. Cando rematou o concerto fomos merendar doces típicos do
Entroido: filloas, orellas, rosquillas.... A continuación todo o colexio saíu ao patio exterior
e actuamos coa música de “Contame un Conto” de Celtas Cortos e coa letra adaptada ao
noso Entroido:
CÓNTAME UN CONTO
violíns
Cóntame un conto
e bailarás no Entroido
Voume pra cama
E teño lindos soños. bis
Pois resulta q o Entroido
Era o mais pillaban
Q cambiaba os contiños
Cara adiante, cara atrás
A cincenta tiña botas,
Q as levaba moi ben postas
E os tres porquiños tiñan
Un bo dúplex con piscina.
Baile
Cóntame un conto…bis
TURUTA
Baile
Cóntame un conto…bis
As princesas daban guerra
o lobo vexetariano
Rapunzel ía rapada
Porque así estaba moi guapa.
Brancaneves viaxou
E os ananos a seguiron
E chegaron a Xamaica
A bailar reggae na praia.
17
Baile
Cóntame un conto…
TURUTA
Cóntame un conto
O de Hansel e Gretel
Que o chocolate deixan
Por poñerse os dous a dieta.
TURUTA
Cóntame un conto
Q xa creo q estou soñando
Cóntame un conto
Con musica vou bailando
TURUTA
Que o Entroido esta que arde!!!!
Baile
Despois de esta canción-baile, iamos queimar o meco e mais Pepito Grilo, pero
finalmente indultamos a este último, e só queimamos a Pinocheiro Mentireiro, aínda que
con moita pena porque nos gustaba moito para a nosa biblioteca.
Este día foi bastante especial e divertido. Todos os alumnos/as cantamos e
bailamos ao ritmo da música. Esperemos que o ano que vén sexa polo menos igual.
Alba, Rocío, Sergio.
4º curso
18
Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía
Xosemaría Pérez Parallé
O sábado 18 de novembro de 2017, entregouse no Círculo Mercantil e
Industrial Unidade de Fene o XXX Premio de Poesía Pérez Parallé.
Este ano, o premio foi para Carlos
Lixó Gómez, un poeta de Ribeira, pola
súa obra “Murallas de pedra sen cemento que
duran para sempre”, seleccionada entre 61
obras.
Para dedicarlle unha homenaxe ao Segrel do
Penedo, por ser esta a trixésima edición deste
premio, a directiva do Círculo solicitounos
colaboración.
Fixémolo nenas e nenos de 5º e 6º. Fomos Jennis, Breixo, Jaime e Miriam.
Coa axuda da profe preparamos unha pequena biografía con anécdotas que contara
o seu fillo Francisco Porto nunha entrevista no noso cole dous cursos atrás. Tamén
preparamos a lectura dunha poesía cada unha de nós:
Jaime recitou unha poesía que Pérez Parallé lle
dedicou á súa dona, “Dona garimosa”.
19
Miriam recitou “A roda”, que Parallé
escribíu para o seu fillo Francisco.
Jennis recitou “Soedade”.
E Breixo,
“Microbiografía”.
20
Escoitamos unha canción dun dos discos de Os Segreis, de cando aínda non
existían os Cds, e actuou a rondalla Estrelecer.
Estabamos tod@s moi nervios@s, pero felicitáronnos porque dixeron que o
fixeramos moi ben.
Había moita xente, tamén en representación do Concello, que colabora no
premio. Entregoullo o alcalde Juventino Trigo.
Como agradecemento,
déronnos un agasallo e
quedamos encantad@s
e moi sorprendid@s,
porque aínda que a profe
xa o sabía, non nos
dixera nada.
Foi unha experiencia inolvidable!!!!!
Auto@sJennis Maloles Espiño, Jaime Otero Rodríguez, Miriam Pérez Vizoso, e
Breixo Riveiro Primoy.
21
LUCES DO FUTURO, CON
SABELA REYERO SERANTES
En Ciencias da Natureza, en 5º e 6º, hai uns temas de materia, enerxía e
tecnoloxía. Démolo no 3º trimestre e, para empezalo con ganas, o 3 de abril, Mica
Bigotes tróuxonos á Biblioteca a Sabela Reyero Serantes, una filósofa-física
que pertence á OSAL Student Chapter, una
asociación da Universidade de Salamanca e
da OSA (The Optical Society, de América)
para a divulgación científica nos temas de
óptica.
@s de 6º xa a coñecíamos, porque o curso
pasado tamén veu facer con nós un
obradoiro sobre electricidade e imáns.
Sabela explicounos algunhas cousas sobre a luz, a refracción, a reflexión, e logo
experimentamos con ela.
Para poder ver ben as cores da luz, estivemos case a escuras na Biblioteca e foi
moi emocionante.
22
Bolas “invisíbeis”;
23
Bolis que ”se dobran”;
24
debuxos que cambian de sentido,
25
pompóns que cambian de cor dependendo da luz que uses, “camiños” de luz a
través de prismas porque a luz ía cambiando de dirección…
Sabiades que as cores primarias que nós coñecemos, as das pinturas, non son
as mesmas que as cores primarias da luz?
Divertímonos moito. Parecía maxia, pero era… ciencia!!!
Autoras: Miriam Pérez Vizoso, Noa Rañales Allegue
26
Visita de CARME ROMERO
Este curso, o noso proxecto de 5º e 6º, tratou sobre as pintoras galegas.
E tivemos a sorte de estar con dúas delas. Con Beatriz Seijo na Casa da
Cultura de Fene, na súa exposición. E con Carme Romero, pintora e
ceramista, na nosa propia clase.
Grazas a Noe, a mamá de Miriam,
veunos visitar o xoves 10 de maio para
explicarnos o proceso da pintura na cerámica.
Dende o deseño inicial, cun debuxo a lapis
que hai que calcar e logo colorear, ata o
resultado final, na placa de cerámica.
Ensinounos o proceso dende o comezo e foino
explicando con fotos que fixo paso a paso: o
debuxo, como coloreaba coas acuarelas,
pásalo ás placas de cerámica co papel cebola, perfilar coa corda seca,
colorear de novo nas placas cos esmaltes, quentar o forno a una
temperatura altísima, meter a placa dentro eeeee….todo listo!!!
27
Explicounos un pouco sobre as placas de cerámica, a que
temperatura ten que estar etc... Tróuxonos o cadro inicial e a placa
rematada.
Xusto despois fíxonos unha demostración de como pintaba unha peza de
cerámica coa corda seca e os esmaltes, e falounos sobre os materias. É moi
complicado!
28
29
Para finalizar, antes de marchar, cantounos unha cantiga,
acompañada da guitarra, que tiña que ver cunha das súas obras.
Deixounos una copia do debuxo a lapis para colorear nós. É precioso!
Autor@s:
Yago Laguillo López, Clara Mandaradoni Yáñez, Noa Rañales Allegue
30
ARTE: HAIKUS E CÓMICS
 No outono caen…haikus!
Este outono co magosto, o Samaín, as castañas, as
follas, tamén caeron haikus.
Escribimos varios na clase; algúns empezando cun
verso dado, outros libremente. E logo ensinámoslle a
escribilos ás nosas familias. Con todos eles fixemos un
novo libro para a nosa biblioteca! Quedou precioso.
Deixámosvos unha mostra.
31
Andrea Rivera Cuenca
Vanesa Yáñez Villar
Jaime Otero Rodríguez
32
 Cómics:
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA TEI
(TITORIA ENTRE IGUAIS):
Neste presente curso, iniciamos o Programa TEI (Titoria Entre Iguais),
basado na mellora da convivencia nos centros educativos evitando calquera tipo
de violencia.
Para a instauración do mesmo, todo o profesorado recibiu a formación
necesaria, por parte do coordinador do Programa TEI, D. Andrés González
Bellido.
Os protagonistas, son os propios nen@s, onde cada alumn@ de 5º e 6º
de EP titorizará a un alumn@ de 3º de EP.
57
Os alumn@s (titores e titorizados) realizaron diferentes actividades de
formación, cohexión, cooperación, integración… que permitiron levar a cabo o
proxecto.
O programa ten unha dobre finalidade:
- conseguir a formación TEI de todo o alumnado do centro nos vindeiros
cursos (incluído ED. Infantil).
- a continuación do Programa nos diferentes institutos da comarca, que
tamén forman parte do proxecto.
O acto de presentación do Programa TEI realizámolo o pasado mes de
agosto na biblioteca do centro, convidamos a toda a comunidade educativa,
representantes da Garda Civil e a do IES de Fene.
Presentamos: o programa, os alumn@ titores e titorizados, asinaron o
seu compromiso co programa e recibiron os seus correspondentes carnes e
diplomas. O propio Programa TEI, tamén contará con un acto de clausura, que
se realizou a finais de curso.
58
A R08ÓT1CA N05 CA5A15
Para continuar coa introdución e aplicación das
novas tecnoloxías no centro, outro aspecto que
quixemos destacar neste curso, foi o noso
interese pola introdución da
robótica nas aulas, a través de
diferentes tipos de robots,
entre os que destacamos:
Escornabot, DOC, Beebot, Mbot, LEGO WEDO… que
empregaremos para traballar contidos das
diferentes materias.
O mesmo tempo que os tiñamos en
conta para diferentes celebracións,
como por exemplo para o Dia das
Letras Galegas.
Tamén aproveitamos a ocasión para realizar coas familias,
unhas xornadas de formación, onde coñecían, interactuaban e se
iniciaban con este tipo de tecnoloxía.
59
A súa vez, e
coa colaboración
do ANPA, creamos
un “Espazo “Maker”
onde levaremos a
cabo as diferentes
actividades.
Todo isto foi posible grazas a dotación de diferentes
kits de montaxe de Mbot por parte da Consellería da Educación,
xunto coa adquisición por parte do centro, de diferentes
materiais tecnolóxicos (tablets, escornabots, Lego Wedo…).
60
Consultorio da Señorita
Pepis
Querida Sr. Pepis,
Como podemos saber se lle gustamos a un chico? Anónimo.
Queridísimo anónimo,
Esa pregunta véñenma facendo dende as miñas primeirísimas cartas, aquí tes un pequeno e
simple esquema que de seguro che axuda a coñecer o que pensa ese mozo ou moza de ti.
61
Hola, soy Girlfast, me gusta un chico de otro cole, pero para él
no existo, qué hago?
En este caso, querida Girlfast, aconsélloche que empregues o método científico, xa que se el
con sabe da rúa existencia, terás que amosar con probas que si existes, coma a materia escura
do universo, a noite e o día ou a tortilla de patacas con chourizo. Anota e sigue
coidadosamente os seguintes pasos:
1. Achégate, amodo pero con decisión, ata a súa casa.
2. Chama ao timbre ou, no seu defecto, peta na porta.
3. Unha vez abra a porta, colócate diante del e di: “Ola, chámome Girlfast”
Con estes sinxelos pasos, queda amplamente
demostrada a túa existencia.
De nada.
Querida Señorita Pepis:
A mis amigas les gusta mi primo y no sé
que hacer. Podrías ayudarme?
Anónimo.
Querido Anónimo,
Como que non sabes que facer? Está clarísimo, o
teu curmán necesita un "communications
manager", vamos, unha persoa que o axude a
xestionar ese club de fans que ten. E aí,
queridísimo anónimo, entras ti: Twitter,
Facebook, youtube e instagram, que estea
presente en tódolos medios para que o número de
“followers” non deixe de medrar...E que che de
unha cuantiosa
bonificación a
cambio, claro!
Así, cos petos cheos
de chuches, querido
anónimo, esa
pequena envexa,
que percibo que lle
tes ao teu curmán
por ter tantas seguidoras, será moito más
levadeira...
Ola Sr. Pepis,
Gústame un neno e non teño o seu número
e me da vergoña falar con el, que fago?
Benqueridísima, entendo que nos tempos
ultratecnolóxicos nos que nos atopamos teñas
dúbidas acerca de como relacionarte coas
demais persoas: teléfono, correo electrónico,
videochamada, youtube…?? Vouche dar
unha idea ultra-super-mega-novidosa, igual
paréceche unha loucura e un atraso, pero aí
vai: en vez de falar por teléfono… podes
falar cara a cara!! Alucinante, non si!!??
En fin, resolto o tema do número de teléfono,
enfrontámonos ao problema da vergoña, iso é
facilísimo!! Verás, so tes que imaxinar que
estás a falar con alguén con quen teñas moita
confianza, por exemplo teu pai ou túa nai. Dito
isto…pensa ben o que lle vas dicir, porque se lle
pides a paga ou a cea, non creo que queira saber
nada de ti…

62
SPORTS CROSSWORD
63
Ola, queridas familias!
Eu son Micabigotes (Mica a secas, para a maioría), a
gata bibliotecaria deste noso querido cole.
Penso que non son necesarias moitas presentacións,
porque xa todos me coñecedes. O que igual vos sorprende
e que eu escriba na revista escolar, pero é que estou tan
contenta que non podo deixar de contarlle a todo o mundo que neste curso
"ampliamos" a biblioteca.
Como? Que di esta tola?", preguntaranse algúns. "Pero se non fixemos
obra ningunha", dirán outros. Mais esas persoas serán aquelas que non
caeron aínda na conta do que conseguimos. Por iso quero contalo.
A biblioteca Paula Carballeira foi sempre (ata onde eu lembro) unha
biblioteca como ten que ser. Isto é: unha biblioteca convertida no recurso e
no espazo fundamental do centro, cun papel imprescindible na
implementación de plans ou proxectos dirixidos a adquisición de hábitos de
lectura e de competencias clave. Todo o CEIP Plurilingüe Os Casais síntese
moi orgulloso dela e eu, Mica, non podo, senón dar as grazas a todas aquelas
persoas que, co seu esforzo e traballo, curso tras curso, axudáronme a
conseguir que isto fose así.
Pero igual pensabades que biblioteca é só a sala de arriba, onde temos
os libros, o programa de rexistro e de préstamo, a sala de lectura... E moi
normal pensar iso. Pero se ata lle teño posto un rótulo na porta que di:
BIBLIOTECA! Mais non é así. Biblioteca é todo o centro. Si, si. Todo o
centro é biblioteca.
O que intentamos este ano foi que se notara. Así que…
64
Micabigotes.
65
o MURO D@s ARTISTAS
Coñece máis do noso Proxecto na web
Enlace: sites.google.com/site/unmurodeartistas/
66
DESPEDIDA DE 6º
As nenas e nenos de sexto xa nos temos que ir do cole.
A maioría coñecémonos dende infantil e vivimos moitas experiencias divertidas coa
nosa profe de infantil.
Cando eramos pequen@s viamos aos maiores facer cosas chulas e queríamos ser
como el@s, pero agora que o somos nós, non é tan divertido como parecía, porque sempre
somos nós @s que temos que facer as cousas. Pero aínda así pasámolo moi ben e
disfrutamos moito xunt@s deste tempo das nosas vidas.
Tamén tivemos moita sorte coas nosas profes. Cando eramos pequerrech@s @s
maiores metíannos medo sobre Maribel, a profe de quinto e sexto; pero en verdade, cando
chegamos a aquí, descubrimos que é moi boa, apóianos nos bos e nos malos momentos.
Todas as clases con ela son divertidas!!!! Ata as Matemáticas!!!!
Cando estabamos en terceiro chegaron nenos novos, dos que só un esta agora; e o
curso pasado marchou unha compañeira nosa para outro cole porque cambiou de casa.
Así que queremos despedirnos de todos vos por todos os bos momentos que nos
fixéschedes pasar xuntos.
Ata a próxima, que esperamos que sexa pronto!
Autor@s: Jennis Maloles Espiño -
Clara Mandaradoni Yáñez - Breixo Riveiro Primoy
Andrea Rivera Cuenca - Vanesa Yáñez Villar
67
OS CACHORROS DE MARÍA VICTORIA MORENO
Sería moi difícil entender a obra de María Victoria Moreno sen termos en conta o seu
amor polos animais. Nuns tempos nos que había ben menos conciencia, a autora
era xa unha abandeirada do benestar animal.
É doado rastrexar ese compromiso nos seus libros, en E haberá tirón de orellas?
(1997), conta a historia de Alma, unha cadeliña “bonita e pequena” que un día
decide marchar da casa.
Camiña cara a ningures
Alma, a travesa cadela,
e vai coa calma do sol,
que nin para nin ten présa.
-Que buscas?- pregunta un moucho
que nese momento esperta.
-Volve á casa- di a voz rouca
dunha curuxa moi vella.
(...)
Por iso cala e matina,
pon en orde as súas ideas,
bota en falta a súa familia
e cara ao lar corre á présa,
aínda que o camiño é moi longo
e haberá tirón de orellas.
Revista escolar amencer 2017 18

More Related Content

What's hot

Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
albinonunez
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Yolanda Castro
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
albinonunez
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
Cid22
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
Chelo Alvarez Veira
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
albinonunez
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
Ana Jato Rodriguez
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
albinonunez
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
Cid22
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
cramonterrei
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
Cristina Piñeiro Lorenzo
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
ceipmontemogos
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 

What's hot (20)

Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
 
Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Similar to Revista escolar amencer 2017 18

Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
Chelo Alvarez Veira
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
Gandarela2018
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
Convivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónConvivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónFran Bouso
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
maria
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
cbrial
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
Gandarela2018
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
Manuel Busto
 
Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozosatelite1
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancossatelite1
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosYolanda Castro
 

Similar to Revista escolar amencer 2017 18 (20)

Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Convivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollónConvivencia pobra de brollón
Convivencia pobra de brollón
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Piramide0708b
Piramide0708bPiramide0708b
Piramide0708b
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Editado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozoEditado crónicas entreculturas montedogozo
Editado crónicas entreculturas montedogozo
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 
Crónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancosCrónicas terra trasancos
Crónicas terra trasancos
 

More from vilabarreiro

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
vilabarreiro
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
vilabarreiro
 
Radio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdf
vilabarreiro
 
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
vilabarreiro
 
Anexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxecto
vilabarreiro
 
Anexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_mica
vilabarreiro
 
Anexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radio
vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
vilabarreiro
 
Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresma
vilabarreiro
 
Amencer 2017
Amencer 2017Amencer 2017
Amencer 2017
vilabarreiro
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
vilabarreiro
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
vilabarreiro
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
vilabarreiro
 
Lemos.
Lemos.Lemos.
Lemos.
vilabarreiro
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
vilabarreiro
 
Horizontais
Horizontais Horizontais
Horizontais
vilabarreiro
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
vilabarreiro
 
Terceiro de primaria
Terceiro de primariaTerceiro de primaria
Terceiro de primaria
vilabarreiro
 

More from vilabarreiro (20)

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
 
Radio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdf
 
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
 
Anexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxecto
 
Anexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_mica
 
Anexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radio
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
 
Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresma
 
Amencer 2017
Amencer 2017Amencer 2017
Amencer 2017
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
 
Lemos.
Lemos.Lemos.
Lemos.
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
Horizontais
Horizontais Horizontais
Horizontais
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
 
Terceiro de primaria
Terceiro de primariaTerceiro de primaria
Terceiro de primaria
 

Revista escolar amencer 2017 18

  • 1.
  • 2. 1 ÍNDICE Limiar 2 Educación Infantil: O noso proxecto 3 1º e 2º Primaria: Unha exposición colorida 7 3º Primaria: O que nos fai diferentes 8 4º Primaria: 13 O Festival de Inverno 13 O Entroido 15 5º e 6º Primaria: 18 Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé 18 Luces de Futuro 21 Visita de Carme Romero 26 Arte: Haikus e Cómics 30 Presentación do Programa TEI (Titoría Entre Iguais) 56 A Robótica nos Casais 58 Consultorio da Señorita Pepis 60 Sports Crossword 62 Saúdo de Micabigotes 63 O muro d@s artistas 65 Despedida de 6º 66 Os cachorros de María Victoria Moreno 67
  • 3. 2
  • 4. 3 DURANTE CASE TODO O CURSO TRABALLAMOS
  • 5. 4
  • 6. 5
  • 7. 6
  • 8. 7 1º e 2º EP: UNHA EXPOSICIÓN COLORIDA Os alumnos de primaria do CEIP Plurilingüe Os Casais foron visitar unha exposición de pinturas, de Beatriz Seijo Lamas, á Casa da Cultura de Fene. O venres 4 de maio, todos os alumnos de primaria do CEIP Os Casais fomos visitar unha exposición na Casa da Cultura de Fene, da pintora fenesa, Beatriz Seijo Lamas. Alí, na exposición, estaba a pintora que nos explicou como fixo algúns dos seus cadros e en que se inspirou para facelos. Contounos tamén que utilizaba moitas técnicas distintas entre elas o puntillismo. Entre os seus cadros había dous autorretratos moi bonitos e realistas. En xeral, os seus cadros eran moi coloridos e moi imaxinativos. Beatriz contounos que moitas veces se inspiraba na forma das nubes. Despois de explicarnos cada un dos seus cadros da exposición lle fixemos unhas preguntas que tiñamos preparadas previamente. Algunhas delas foron as seguintes: En que te inspiraches para facer os teus cadros? Como utilizas as cores? Cando empezaches a pintar cadros? Quen te ensinou a pintar? Cantos cadros tes? Cal foi o teu primer cadro? Utilizas a técnica do “puntillismo”? A exposición foi moi interesante e colorida. Gustounos moitíiiisimo!. E quedamos moi contentos coa pintora xa que foi moi amable con nós e tivo moita paciencia. Grazas Beatriz e que sigas pintando así de ben!!!!!!!!!! ALUMN@S DE 1º e 2º
  • 9. 8 O QUE NOS FAI DIFERENTES Limpeza do Río Baa O xoves 28 de setembro fomos camiñando ó río Baa, o río que está preto do colexio todos os nenos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria cos profesores. Antes viñeron a explicarnos o que íamos facer. Dividímonos en dous grupos, un foi por un lado do río e cando volveron fomos para o outro. Regaláronnos uns guantes e unha camiseta e encontramos moito lixo. O que máis me gustou foi mollarnos no río, porque nos metemos nel para limpalo. Adrián Dopazo Castro Teatro “Lúa” Ola, vouvos falar da obra que fomos ver en autobús ó Padroado da Cultura de Narón. A data cadrou nun xoves 9 de novembro e fomos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. A obra chamábase “Lúa”, comezaba cunha barreira no chan que dividía dous lados. Nun lado atopábase un home cunha tablet de cartón imaxinaria e no outro lado un segundo home con outra tablet. Esta é a maneira que tiñan de comunicarse en vez de falarse cara a cara. Despois dun longo tempo comunicándose desta maneira chegou unha gran muller chamada Lúa e o que fixo foi falar cara a cara para resolver todos os problemas da xente. O que máis me gustou da obra foi o papel de Lúa, a forma que tiña de resolver os problemas gustoume moito. Lucía Abeal Maroño
  • 10. 9 Salvamento Marítimo O día 21 de novembro fomos todo o cole de excursión á Base Estratéxica de Salvamento marítimo situada no polígono de Vilar do Colo. Cando chegamos dividímonos en tres grupos, cada grupo viu cousas diferentes. No meu grupo ensináronnos un robot que se movía por ordenadores, a pegar parches, unha piscina moi sucia e uns equipos de mergullo. Cando saímos déronnos un bolígrafo, un adhesivo e un libro. O que máis me gustou foi o robot. Ainhoa Negreira Castro Anxo Moure O luns 29 de xaneiro veu Anxo Moure ó noso colexio polo Día Escolar da non Violencia e da Paz. Tivemos que subir á biblioteca dende infantil ata 6º de primaria. Anxo Moure escolleu a algunhas persoas para facer unha mestura coa que nos ensinou a facer corazóns e cadrados con follas de periódico. E mentres que uns facían a mestura ía contándonos un conto. Antes de irse pediunos que cando secaran as figuras lles sacáramos unha foto para enviarlla por correo. A min o que máis me gustou foi que nos pediu que leváramos unha folla de periódico cunha mala noticia. E sabedes para que era? Para romper e así facer a mestura para facer as formas, así as malas noticias xa non eran malas, eran boas! Antía Riveiro Primoy
  • 11. 10 Martin Hutchinson e Starsky A vida de Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56 anos, ten ó menos tres grandes apartados. O primeiro da súa vida normal de bombeiro en Gran Bretaña ata o ano 2006. E os outros dous despois: o viaxeiro incansable por todo o mundo, primeiro a pé e despois nunha bicicleta especial e a súa loita polo medio ambiente. Estas dúas van xuntas, pero non é habitual encontrar quen recorra o planeta nun traballo tan incansable a prol da información e concienciación. Nas súas mil paradas por decenas de países veu ó CEIP Plurilingüe Os Casais, o noso cole, o 31 de xaneiro onde nos explicou o que fai, mostrando fotos e vídeos e sobre todo os bastóns de algodón que se encontran nas miles de praias. Helena Mandaradoni Yáñez Museo Etnográfico e CEIP Mosteiro de Caaveiro O mércores 21 de febreiro fomos a un museo etnográfico da Capela e despois fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro. No museo etnográfico vimos fotos de moitas cousas antigas, como uns muíños. Explicáronnos moitas cousas, foi moi divertido porque aprendemos cousas novas. Despois fomos ao colexio, alí fixemos moitos xogos que nos explicaron os nenos e nenas, como por exemplo os zancos, as chapas, a corda, etc. O cole tiña por dentro como un museo sobre xogos tradicionais como o peón, o patinete, a mariola, as bólas, etc. Paula Bellón Montero
  • 12. 11 Atletismo divertido O xoves 22 de marzo fomos a “Atletismo divertido” todos os nenos e nenas de primaria. Con nos viñeron o CPI A Xunqueira e o CEIP Centieiras. “Atletismo divertido” é unha actividade que se organiza no pavillón de San Valentín en Fene. Fixemos moitos xogos como a xavelina, esquivar obstáculos e ao final fixemos unha carreira de relevos,... Paramos un ratiño para merendar froita e despois volvemos a xogar aos xogos que nos faltaban. Paramos para coller as cousas e fomos no autobús para o colexio. O que máis me gustou foi a carreira de relevos. Alejandra González Rivera Os xogos populares en Fene O xoves 26 de abril todos os nenos e nenas de primaria fomos a unha actividade con outros coles do concello de Fene. Cando chegamos dividíronnos en grupos por cursos e xogamos a moitos xogos como a saltar a corda, o xogo dunha cana de pescar cunha corda e un aro que hai que encaixar nunha botella, as carreiras, a tirar da corda cun pano no medio que sinalaba o equipo que gañaba ou o brilé. No brilé hai dous equipos e hai diferentes formas de xogar, unha é lanzando o balón ó outro equipo e se lle das a alguén o eliminas á zona dos brilados e se dende esa zona brila volve ó seu sitio e outra forma é sen volver. Hugo Marín Budiño
  • 13. 12 EduCANdo con Malibú, a cadela. O día 2 de maio de 2018 veu á escola unha señora coa cadela Malibú. Fomos á biblioteca a coñecela e a que nos ensinara como educar un can, que non temos que comprar cans senón rescatalos ou adoptalos. Puxeron vídeos e fixemos xogos para aprender a tratalos ben, a atalos, deixarlles auga,... Aprendemos todo iso para poder ser adultos responsables. Despois acariciamos a Malibú e despedímonos. Logo, na clase, recibimos uns diplomas de expertos en educar ós cans. Gustoume moito porque veu unha cadela moi bonita. Mario Martínez Lago Piscina Dende o día 9 de abril ata o 4 de xuño imos á piscina municipal de Centieiras. Todos os luns no recreo os nenos e nenas de educación primaria collemos un autobús que nos leva á piscina. Alí entramos, imos ós vestiarios e poñemos o gorro, o traxe de baño e as lentes. Na piscina están todos os monitores, vixíannos e mándannos facer diferentes xogos. Ó rematar cambiámonos, esperamos na entrada, collemos o autobús que nos leva ao cole. O que máis me gustou foi xogar coas pelotas e meter gol na portería. Daniel Casdelo Galán
  • 14. 13 O Festival de Inverno O Festival de Inverno do curso 2017 – 2018 celebrouse o día 22 de decembro do 2017. Uns días antes, fixemos un montón de decoracións: como un photocall de bonecos de neve e guirnaldas con cousas de Nadal, como bólas e calcetíns... Tamén puxemos dúas árbores: unha árbore no salón de actos e outra na entrada (a dos desexos). O día do festival de inverno a primeira hora fomos ao ximnasio coa nosa profesora e almorzamos, con Papá Noel e os elfos, leite con cacao e un montón de delicias. O ximnasio estaba decorado con copos de neve. A colchoneta estaba adornada coma un regalo de nadal. Enfronte de ela, estaba Papa Noel. Ao lado da colchoneta había unha cheminea. É ao lado da cheminea había o saco vermello de Papa Noel. No teito había colgadas bólas de nadal vermellas e verdes, había unha mesa con forma de U, e no centro había unha mesa en círculo onde estaban os nenos de infantil, e Papa Noel sentado nun sofá tamén vermello. Ao lado de Papa Noel había unha caixa chea de regalos. Despois nos chamaron para darnos os regalos, que foron os seguintes : - Infantil: zancos de monstros e a mochila da escola. - 1°e 2° : dominó e mochila do colexio. - 3°: xogo maxia e mochila do colexio. - 4°: catapulta e a mochila do colexio. - 5°e 6°: vaso con luces e mochila do colexio.
  • 15. 14 Despois fomos á nosa clase e nos preparamos para as actuacións, que foron as seguintes: - ”O monstro de cores” (Infantil, 1°e 2°) - ” Rudolph the red nosed reinder” (1° e 2°) - Poema dos olores (1° e 2°) - Rianskeira (4°) - Teatro “A pastora mentireira” (3°) -”Glee Jinglee Bell rock” (3°e 4°) - “Despacito” con PAD ( instrumentos de percusión de altura determinada) -Baile : “Mi gente” ( 5° y 6°) -Tempestades de sal (todos os alumnos do colexio) Despois das actuacións fomos ao ximnasio a merendar. De seguido saímos ao recreo, que foi máis longo do normal . E finalmente fomos para clase a recibir as notas . Este día foi xenial ! Autores: Icía, Emma, Antón e Álex
  • 16. 15 O ENTROIDO ★ SEMANA DO ENTROIDO: O Entroido comezou o luns día 5 e rematou o venres 9 de febreiro, coa festa final Dentro das actividades, nas clases, fixemos decoración variada do Entroido, actividades relacionadas con el e na nosa clase, un pallaso con moitas cores . O Meco deste ano foi o Pinocheiro Mentireiro e mais un amigo seu, Pepito Grilo. Xuntos fixeron uns mandadiños: Luns de pixama: Pinocheiro Mentireiro terá o luns un día soñeiro quere vestir un pixama para meterse na cama. Martes de vello: Ao Pinocheiro Mentireiro o tempo vaille pasando converteuse nun velliño ide vos tamén copiando. Mércores un oficio: Pinocheiro Mentireiro maña ten que traballar busca roupa apropiada para non desentonar. Xoves de gala: Pinocheiro Mentireiro ten que vir moi elegante ponte algo de gala para estar súper radiante. Venres de personaxe de conto: Un pais de fantasía no patio imos crear de personaxe de conto teraste que disfrazar. Durante toda a semana o pasamos xenial facendo os mandadiños e cousas relacionadas co Entroido, xa que nos parece moi divertido vir disfrazados e ver tamén aos profes divertíndose con nós.
  • 17. 16 ★ DÍA DA FESTA: Ao chegar a clase fixemos fotos disfrazados de personaxes de contos. Despois tivemos concerto con un grupo de música chamado “Chuchesmil”, co que cantamos e bailamos un montón. Cando rematou o concerto fomos merendar doces típicos do Entroido: filloas, orellas, rosquillas.... A continuación todo o colexio saíu ao patio exterior e actuamos coa música de “Contame un Conto” de Celtas Cortos e coa letra adaptada ao noso Entroido: CÓNTAME UN CONTO violíns Cóntame un conto e bailarás no Entroido Voume pra cama E teño lindos soños. bis Pois resulta q o Entroido Era o mais pillaban Q cambiaba os contiños Cara adiante, cara atrás A cincenta tiña botas, Q as levaba moi ben postas E os tres porquiños tiñan Un bo dúplex con piscina. Baile Cóntame un conto…bis TURUTA Baile Cóntame un conto…bis As princesas daban guerra o lobo vexetariano Rapunzel ía rapada Porque así estaba moi guapa. Brancaneves viaxou E os ananos a seguiron E chegaron a Xamaica A bailar reggae na praia.
  • 18. 17 Baile Cóntame un conto… TURUTA Cóntame un conto O de Hansel e Gretel Que o chocolate deixan Por poñerse os dous a dieta. TURUTA Cóntame un conto Q xa creo q estou soñando Cóntame un conto Con musica vou bailando TURUTA Que o Entroido esta que arde!!!! Baile Despois de esta canción-baile, iamos queimar o meco e mais Pepito Grilo, pero finalmente indultamos a este último, e só queimamos a Pinocheiro Mentireiro, aínda que con moita pena porque nos gustaba moito para a nosa biblioteca. Este día foi bastante especial e divertido. Todos os alumnos/as cantamos e bailamos ao ritmo da música. Esperemos que o ano que vén sexa polo menos igual. Alba, Rocío, Sergio. 4º curso
  • 19. 18 Entrega do XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé O sábado 18 de novembro de 2017, entregouse no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene o XXX Premio de Poesía Pérez Parallé. Este ano, o premio foi para Carlos Lixó Gómez, un poeta de Ribeira, pola súa obra “Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre”, seleccionada entre 61 obras. Para dedicarlle unha homenaxe ao Segrel do Penedo, por ser esta a trixésima edición deste premio, a directiva do Círculo solicitounos colaboración. Fixémolo nenas e nenos de 5º e 6º. Fomos Jennis, Breixo, Jaime e Miriam. Coa axuda da profe preparamos unha pequena biografía con anécdotas que contara o seu fillo Francisco Porto nunha entrevista no noso cole dous cursos atrás. Tamén preparamos a lectura dunha poesía cada unha de nós: Jaime recitou unha poesía que Pérez Parallé lle dedicou á súa dona, “Dona garimosa”.
  • 20. 19 Miriam recitou “A roda”, que Parallé escribíu para o seu fillo Francisco. Jennis recitou “Soedade”. E Breixo, “Microbiografía”.
  • 21. 20 Escoitamos unha canción dun dos discos de Os Segreis, de cando aínda non existían os Cds, e actuou a rondalla Estrelecer. Estabamos tod@s moi nervios@s, pero felicitáronnos porque dixeron que o fixeramos moi ben. Había moita xente, tamén en representación do Concello, que colabora no premio. Entregoullo o alcalde Juventino Trigo. Como agradecemento, déronnos un agasallo e quedamos encantad@s e moi sorprendid@s, porque aínda que a profe xa o sabía, non nos dixera nada. Foi unha experiencia inolvidable!!!!! Auto@sJennis Maloles Espiño, Jaime Otero Rodríguez, Miriam Pérez Vizoso, e Breixo Riveiro Primoy.
  • 22. 21 LUCES DO FUTURO, CON SABELA REYERO SERANTES En Ciencias da Natureza, en 5º e 6º, hai uns temas de materia, enerxía e tecnoloxía. Démolo no 3º trimestre e, para empezalo con ganas, o 3 de abril, Mica Bigotes tróuxonos á Biblioteca a Sabela Reyero Serantes, una filósofa-física que pertence á OSAL Student Chapter, una asociación da Universidade de Salamanca e da OSA (The Optical Society, de América) para a divulgación científica nos temas de óptica. @s de 6º xa a coñecíamos, porque o curso pasado tamén veu facer con nós un obradoiro sobre electricidade e imáns. Sabela explicounos algunhas cousas sobre a luz, a refracción, a reflexión, e logo experimentamos con ela. Para poder ver ben as cores da luz, estivemos case a escuras na Biblioteca e foi moi emocionante.
  • 24. 23 Bolis que ”se dobran”;
  • 25. 24 debuxos que cambian de sentido,
  • 26. 25 pompóns que cambian de cor dependendo da luz que uses, “camiños” de luz a través de prismas porque a luz ía cambiando de dirección… Sabiades que as cores primarias que nós coñecemos, as das pinturas, non son as mesmas que as cores primarias da luz? Divertímonos moito. Parecía maxia, pero era… ciencia!!! Autoras: Miriam Pérez Vizoso, Noa Rañales Allegue
  • 27. 26 Visita de CARME ROMERO Este curso, o noso proxecto de 5º e 6º, tratou sobre as pintoras galegas. E tivemos a sorte de estar con dúas delas. Con Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene, na súa exposición. E con Carme Romero, pintora e ceramista, na nosa propia clase. Grazas a Noe, a mamá de Miriam, veunos visitar o xoves 10 de maio para explicarnos o proceso da pintura na cerámica. Dende o deseño inicial, cun debuxo a lapis que hai que calcar e logo colorear, ata o resultado final, na placa de cerámica. Ensinounos o proceso dende o comezo e foino explicando con fotos que fixo paso a paso: o debuxo, como coloreaba coas acuarelas, pásalo ás placas de cerámica co papel cebola, perfilar coa corda seca, colorear de novo nas placas cos esmaltes, quentar o forno a una temperatura altísima, meter a placa dentro eeeee….todo listo!!!
  • 28. 27 Explicounos un pouco sobre as placas de cerámica, a que temperatura ten que estar etc... Tróuxonos o cadro inicial e a placa rematada. Xusto despois fíxonos unha demostración de como pintaba unha peza de cerámica coa corda seca e os esmaltes, e falounos sobre os materias. É moi complicado!
  • 29. 28
  • 30. 29 Para finalizar, antes de marchar, cantounos unha cantiga, acompañada da guitarra, que tiña que ver cunha das súas obras. Deixounos una copia do debuxo a lapis para colorear nós. É precioso! Autor@s: Yago Laguillo López, Clara Mandaradoni Yáñez, Noa Rañales Allegue
  • 31. 30 ARTE: HAIKUS E CÓMICS  No outono caen…haikus! Este outono co magosto, o Samaín, as castañas, as follas, tamén caeron haikus. Escribimos varios na clase; algúns empezando cun verso dado, outros libremente. E logo ensinámoslle a escribilos ás nosas familias. Con todos eles fixemos un novo libro para a nosa biblioteca! Quedou precioso. Deixámosvos unha mostra.
  • 32. 31 Andrea Rivera Cuenca Vanesa Yáñez Villar Jaime Otero Rodríguez
  • 34. 33
  • 35. 34
  • 36. 35
  • 37. 36
  • 38. 37
  • 39. 38
  • 40. 39
  • 41. 40
  • 42. 41
  • 43. 42
  • 44. 43
  • 45. 44
  • 46. 45
  • 47. 46
  • 48. 47
  • 49. 48
  • 50. 49
  • 51. 50
  • 52. 51
  • 53. 52
  • 54. 53
  • 55. 54
  • 56. 55
  • 57. 56 PRESENTACIÓN DO PROGRAMA TEI (TITORIA ENTRE IGUAIS): Neste presente curso, iniciamos o Programa TEI (Titoria Entre Iguais), basado na mellora da convivencia nos centros educativos evitando calquera tipo de violencia. Para a instauración do mesmo, todo o profesorado recibiu a formación necesaria, por parte do coordinador do Programa TEI, D. Andrés González Bellido. Os protagonistas, son os propios nen@s, onde cada alumn@ de 5º e 6º de EP titorizará a un alumn@ de 3º de EP.
  • 58. 57 Os alumn@s (titores e titorizados) realizaron diferentes actividades de formación, cohexión, cooperación, integración… que permitiron levar a cabo o proxecto. O programa ten unha dobre finalidade: - conseguir a formación TEI de todo o alumnado do centro nos vindeiros cursos (incluído ED. Infantil). - a continuación do Programa nos diferentes institutos da comarca, que tamén forman parte do proxecto. O acto de presentación do Programa TEI realizámolo o pasado mes de agosto na biblioteca do centro, convidamos a toda a comunidade educativa, representantes da Garda Civil e a do IES de Fene. Presentamos: o programa, os alumn@ titores e titorizados, asinaron o seu compromiso co programa e recibiron os seus correspondentes carnes e diplomas. O propio Programa TEI, tamén contará con un acto de clausura, que se realizou a finais de curso.
  • 59. 58 A R08ÓT1CA N05 CA5A15 Para continuar coa introdución e aplicación das novas tecnoloxías no centro, outro aspecto que quixemos destacar neste curso, foi o noso interese pola introdución da robótica nas aulas, a través de diferentes tipos de robots, entre os que destacamos: Escornabot, DOC, Beebot, Mbot, LEGO WEDO… que empregaremos para traballar contidos das diferentes materias. O mesmo tempo que os tiñamos en conta para diferentes celebracións, como por exemplo para o Dia das Letras Galegas. Tamén aproveitamos a ocasión para realizar coas familias, unhas xornadas de formación, onde coñecían, interactuaban e se iniciaban con este tipo de tecnoloxía.
  • 60. 59 A súa vez, e coa colaboración do ANPA, creamos un “Espazo “Maker” onde levaremos a cabo as diferentes actividades. Todo isto foi posible grazas a dotación de diferentes kits de montaxe de Mbot por parte da Consellería da Educación, xunto coa adquisición por parte do centro, de diferentes materiais tecnolóxicos (tablets, escornabots, Lego Wedo…).
  • 61. 60 Consultorio da Señorita Pepis Querida Sr. Pepis, Como podemos saber se lle gustamos a un chico? Anónimo. Queridísimo anónimo, Esa pregunta véñenma facendo dende as miñas primeirísimas cartas, aquí tes un pequeno e simple esquema que de seguro che axuda a coñecer o que pensa ese mozo ou moza de ti.
  • 62. 61 Hola, soy Girlfast, me gusta un chico de otro cole, pero para él no existo, qué hago? En este caso, querida Girlfast, aconsélloche que empregues o método científico, xa que se el con sabe da rúa existencia, terás que amosar con probas que si existes, coma a materia escura do universo, a noite e o día ou a tortilla de patacas con chourizo. Anota e sigue coidadosamente os seguintes pasos: 1. Achégate, amodo pero con decisión, ata a súa casa. 2. Chama ao timbre ou, no seu defecto, peta na porta. 3. Unha vez abra a porta, colócate diante del e di: “Ola, chámome Girlfast” Con estes sinxelos pasos, queda amplamente demostrada a túa existencia. De nada. Querida Señorita Pepis: A mis amigas les gusta mi primo y no sé que hacer. Podrías ayudarme? Anónimo. Querido Anónimo, Como que non sabes que facer? Está clarísimo, o teu curmán necesita un "communications manager", vamos, unha persoa que o axude a xestionar ese club de fans que ten. E aí, queridísimo anónimo, entras ti: Twitter, Facebook, youtube e instagram, que estea presente en tódolos medios para que o número de “followers” non deixe de medrar...E que che de unha cuantiosa bonificación a cambio, claro! Así, cos petos cheos de chuches, querido anónimo, esa pequena envexa, que percibo que lle tes ao teu curmán por ter tantas seguidoras, será moito más levadeira... Ola Sr. Pepis, Gústame un neno e non teño o seu número e me da vergoña falar con el, que fago? Benqueridísima, entendo que nos tempos ultratecnolóxicos nos que nos atopamos teñas dúbidas acerca de como relacionarte coas demais persoas: teléfono, correo electrónico, videochamada, youtube…?? Vouche dar unha idea ultra-super-mega-novidosa, igual paréceche unha loucura e un atraso, pero aí vai: en vez de falar por teléfono… podes falar cara a cara!! Alucinante, non si!!?? En fin, resolto o tema do número de teléfono, enfrontámonos ao problema da vergoña, iso é facilísimo!! Verás, so tes que imaxinar que estás a falar con alguén con quen teñas moita confianza, por exemplo teu pai ou túa nai. Dito isto…pensa ben o que lle vas dicir, porque se lle pides a paga ou a cea, non creo que queira saber nada de ti… 
  • 64. 63 Ola, queridas familias! Eu son Micabigotes (Mica a secas, para a maioría), a gata bibliotecaria deste noso querido cole. Penso que non son necesarias moitas presentacións, porque xa todos me coñecedes. O que igual vos sorprende e que eu escriba na revista escolar, pero é que estou tan contenta que non podo deixar de contarlle a todo o mundo que neste curso "ampliamos" a biblioteca. Como? Que di esta tola?", preguntaranse algúns. "Pero se non fixemos obra ningunha", dirán outros. Mais esas persoas serán aquelas que non caeron aínda na conta do que conseguimos. Por iso quero contalo. A biblioteca Paula Carballeira foi sempre (ata onde eu lembro) unha biblioteca como ten que ser. Isto é: unha biblioteca convertida no recurso e no espazo fundamental do centro, cun papel imprescindible na implementación de plans ou proxectos dirixidos a adquisición de hábitos de lectura e de competencias clave. Todo o CEIP Plurilingüe Os Casais síntese moi orgulloso dela e eu, Mica, non podo, senón dar as grazas a todas aquelas persoas que, co seu esforzo e traballo, curso tras curso, axudáronme a conseguir que isto fose así. Pero igual pensabades que biblioteca é só a sala de arriba, onde temos os libros, o programa de rexistro e de préstamo, a sala de lectura... E moi normal pensar iso. Pero se ata lle teño posto un rótulo na porta que di: BIBLIOTECA! Mais non é así. Biblioteca é todo o centro. Si, si. Todo o centro é biblioteca. O que intentamos este ano foi que se notara. Así que…
  • 66. 65 o MURO D@s ARTISTAS Coñece máis do noso Proxecto na web Enlace: sites.google.com/site/unmurodeartistas/
  • 67. 66 DESPEDIDA DE 6º As nenas e nenos de sexto xa nos temos que ir do cole. A maioría coñecémonos dende infantil e vivimos moitas experiencias divertidas coa nosa profe de infantil. Cando eramos pequen@s viamos aos maiores facer cosas chulas e queríamos ser como el@s, pero agora que o somos nós, non é tan divertido como parecía, porque sempre somos nós @s que temos que facer as cousas. Pero aínda así pasámolo moi ben e disfrutamos moito xunt@s deste tempo das nosas vidas. Tamén tivemos moita sorte coas nosas profes. Cando eramos pequerrech@s @s maiores metíannos medo sobre Maribel, a profe de quinto e sexto; pero en verdade, cando chegamos a aquí, descubrimos que é moi boa, apóianos nos bos e nos malos momentos. Todas as clases con ela son divertidas!!!! Ata as Matemáticas!!!! Cando estabamos en terceiro chegaron nenos novos, dos que só un esta agora; e o curso pasado marchou unha compañeira nosa para outro cole porque cambiou de casa. Así que queremos despedirnos de todos vos por todos os bos momentos que nos fixéschedes pasar xuntos. Ata a próxima, que esperamos que sexa pronto! Autor@s: Jennis Maloles Espiño - Clara Mandaradoni Yáñez - Breixo Riveiro Primoy Andrea Rivera Cuenca - Vanesa Yáñez Villar
  • 68. 67 OS CACHORROS DE MARÍA VICTORIA MORENO Sería moi difícil entender a obra de María Victoria Moreno sen termos en conta o seu amor polos animais. Nuns tempos nos que había ben menos conciencia, a autora era xa unha abandeirada do benestar animal. É doado rastrexar ese compromiso nos seus libros, en E haberá tirón de orellas? (1997), conta a historia de Alma, unha cadeliña “bonita e pequena” que un día decide marchar da casa. Camiña cara a ningures Alma, a travesa cadela, e vai coa calma do sol, que nin para nin ten présa. -Que buscas?- pregunta un moucho que nese momento esperta. -Volve á casa- di a voz rouca dunha curuxa moi vella. (...) Por iso cala e matina, pon en orde as súas ideas, bota en falta a súa familia e cara ao lar corre á présa, aínda que o camiño é moi longo e haberá tirón de orellas.