Comentario: Texto 5(páx. 289)
Estamos fronte a unha cantiga de amor da autoría de Pero da Ponte, un segrel coñecido polas súas sátiras. A presenza da palabra “desamor” determina claramente a súa identificación; porén, non se di directamente en ningunha palabra que se dirixe á senhor, só hai un “ela” na cuarta cobra, pero si está presente a coita amorosa en todo o poema.
Esta cantiga ofrece un xogo poético, un finximento, no que o autor emprega un suxeito lírico namorada e cunha gran coita porque a súa dama non lle concedeu a recompensa, o galardón. O namorado, ferido polo amor non correspondido, quere vingarse da senhor que lle quita o sono; pretende buscarlle algún mal. A oscilación entre o “eu podesse“ / “non poss’eu” e o “(ela) deu” presentes no subliña o desexo do namorado de provocar na súa senhor, senón o mesmo amor que el sinte, a mesma coita que o atormenta.
Non a clasificaría como unha “cantiga de amor tipo”, xa que non se percibe a vasalaxe do namorado, nin, como xa dixen, a presenza da palabra senhor; mais si unha coita ou pena que pode chegar a levarlle a morte ó suxeito poético do namorado non correspondido.
O talho desta cantiga está composto por catro cobras, as cales constan de cinco palavras seguidas dun refrán de dous versos.
Canto o cómputo silábico, estamos ante versos octosílabos co seguinte esquema: 8a 8b 8a 8b 8c 8A 8C (en cada unha das catro cobras). Temos, segundo isto, isosilabismo, o máis frecuente nas cantigas medievais. As cobras son unissonans, porén, cabe destacar que na quinta palabra de cada cobra temos un fenómeno chamado palabra perduda, un verso solto. Cabe mencionar que as cobras sucesivas repiten ó inicio das palavras a mesma palabra, este fenómeno denomínase cobras capdenals.
A rima desta cantiga de amor é do tipo rima macho, xa que as palavras rematan en palabras agudas. Por outra banda, hai que mencionar que a rima é consoante.
Na cantiga atopamos os mordobres: desamar-desamou e buscar-buscou na primeira cobra; enganar-enganou e desejar-desejou, na segunda; desamparar-desamparou e destorvar-destorvou na terceira; e, finalmente, na última cobra temos preguntar-preguntou e cuidar-cuidou, sen esquecernos do dar-deu que temos no refrán. Tamén podemos observar algúns dobres como: ‘podesse’ e ‘sempre’, na primeira cobra, ‘posso’, na segunda con variación do refrán; ‘podesse’ na terceira; e ‘nunca’ na derradeira cobra, puntualizando que tamén se repite a estrutura ‘a quen’ en todas as cobras e refrán.
A presenza de refrán clasifica á cantiga como cantiga de refrán. O refrán que aquí temos é moi peculiar: existen dúas variantes que se alternan. Na primeira e terceira cobra temos o refrán “se eu podesse coita dar, a que mi sempre coita deu” e na segunda e na cuarta atopamos a variante “porque non poss’eu coita dar, a que mi sempre coita deu”.