LITERATURA (tema 6)



6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA
(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).

1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS

2. AUTORES

       2.1. EDUARDO BLANCO AMOR

              a) A esmorga

              b) Os biosbardos

              c) Xente ao lonxe

       2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO

              2.2.1. NOVELA

                      a) Merlín e familia

                      b) As crónicas do Sochantre

                      c) Se o vello Simbad volvese ás illas.

               2.2.2. RELATOS (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros
       feirantes)

       2.3. ÁNXEL FOLE

              2.3.1. CARACTERÍSTICAS

              2.3.2. OBRAS (Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguén
cre)

       2.4. NEIRA VILAS

              2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA

                      a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho.

                      b) Xente no rodicio, A muller de ferro

                      c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes

3. CONCLUSIÓN




                                                25
LITERATURA (tema 6)



6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA
(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).

1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS

        Debido ás adversas circunstancias históricas da posguerra a produción narrativa e
ensaística en galego viviu un período de total silencio ata 1951 coa publicación de A xente da
Barreira de Carballo Calero na editorial Galaxia fundada en 1950.

        Nesta década aparecen na literatura galega tres grandes innovadores tanto no aspecto
temático coma no formal: así Cunqueiro mestura a realidade e a fantasía empregando a técnica do
relato oral; Ánxel Fole a través da súa obra introdúcenos na Galiza esotérica, ademais de empregar
técnicas características do conto popular; mentres que Branco Amor a través dos suburbios
urbanos e das clases populares enmárcase no realismo social e emprega técnicas como a
telefónica ou o multiperspectivismo. Estes autores aínda que innovadores temáticos e técnicos
son continuadores da xeración Nós.

2. AUTORES

        2.1. EDUARDO BLANCO AMOR

                a) A esmorga: Editase en Bos Aires en 1959, mais non aparece en España ata o ano
        1970 por mor da censura. Esta obra converte a Blanco Amor nun dos máximos
        representantes do realismo social. Nela Cibrán conta ante un xuíz a través da técnica do
        interrogatorio (xa que o xuíz non intervén) os sucesos ocorridos durante un día enteiro de
        troula co Bocas e o Milhomes na cidade de A.

               b) Os biosbardos: sete relatos contados en primeira persoa por un narrador
        adolescente. Os feitos poden considerarse autobiográficos xa que transcorren en Ourense,

                c) Xente ao lonxe: relato multiperspectivista no que se conta a historia dunha
        familia a través de varios narradores en primeira e terceira persoa. Reflexa a sociedade
        ourensá de comezos do século XX.

        2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO

                Dirixiu o xornal Faro de Vigo entre o anos 1965 e 1970.

                2.2.1. NOVELA

                        Nas novelas deste escritor maniféstase “o mundo mítico de Cunqueiro”,
                onde se mestura o real e o fantástico, incorpóranse mitos doutras tradicións,
                combina a lingua culta e popular nun estilo influenciado polas narracións
                tradicionais. Nas súas narracións, a paisaxe adoita ter unha función simbólica
                positiva.

                                                26
LITERATURA (tema 6)



               a) Merlín e familia: Conxunto de relatos contados polo paxe de Merlín
                  con unha estrutura constante: visita ó mago, exposición do problema
                  e resolución. Nesta obra conxuga o mundo da Materia de Bretaña coa
                  realidade galega da terra de Miranda.
               b) As crónicas do Sochantre: Presenta as peripecias dun músico dunha
                  capela o longo dunha viaxe acompañado de personaxes de
                  ultratumba.
               c) Se o vello Simbad volvese ás illas: Recrea o mito oriental, mais esta
                  vez o mundo real e imaxinario non se mesturan, opóñense.

       2.2.2. RELATOS

               En Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes,
       un narrador , a través da técnica do relato oral, retrata un conxunto de prototipos
       galegos que reflicten a idiosincrasia do pobo galego.

2.3. ÁNXEL FOLE

       2.3.1. CARACTERÍSTICAS

               Na obra de Fole predomina o contexto rural, e coñécea con detalle. A súa
       técnica está fortemente influenciada pola narrativa oral (relatos en primeira
       persoa, apelacións ós oíntes, incisos ou comentarios…). Fai unha constante
       mestura de humor e medo, de realidade e de fantasía. A súa lingua recrea a fala
       luguesa, reproducindo os seus trazos dialectais.

       2.3.2. OBRAS

              Escribiu: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que
       ninguén cre.

2.4. NEIRA VILAS

       2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA

              A obra de Neira Vilas encádrase na liña do realismo social, clasificando a
       súa obra en tres grandes grupos:

               a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho
               enmarcadas na Galiza rural con protagonista infantil

               b) Xente no rodicio, A muller de ferro nas que se mostra o mundo rural
               galego con protagonistas adultos.

               c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes centradas na problemática
               da emigración.


                                       27
LITERATURA (tema 6)



                       Este escritor domina múltiples técnicas e diversas presentacións formais,
               tendo unha linguaxe próxima á fala popular falada, cun léxico rico e depurado e
               sintaxe sinxela .

3. CONCLUSIÓN

        Estes catro autores foron renovadores da literatura galega nos anos 50, tralo silencio da
guerra. Se ben, vemos que Neira Vilas ten unha obra posterior a dos outros e contemporánea dos
integrantes da nova narrativa galega, mais sepáraos a súa temática, que se asenta na Galiza da
posguerra.




                                               28

Literatura 6

  • 1.
    LITERATURA (tema 6) 6.A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS). 1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS 2. AUTORES 2.1. EDUARDO BLANCO AMOR a) A esmorga b) Os biosbardos c) Xente ao lonxe 2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO 2.2.1. NOVELA a) Merlín e familia b) As crónicas do Sochantre c) Se o vello Simbad volvese ás illas. 2.2.2. RELATOS (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes) 2.3. ÁNXEL FOLE 2.3.1. CARACTERÍSTICAS 2.3.2. OBRAS (Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguén cre) 2.4. NEIRA VILAS 2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho. b) Xente no rodicio, A muller de ferro c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes 3. CONCLUSIÓN 25
  • 2.
    LITERATURA (tema 6) 6.A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS). 1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS Debido ás adversas circunstancias históricas da posguerra a produción narrativa e ensaística en galego viviu un período de total silencio ata 1951 coa publicación de A xente da Barreira de Carballo Calero na editorial Galaxia fundada en 1950. Nesta década aparecen na literatura galega tres grandes innovadores tanto no aspecto temático coma no formal: así Cunqueiro mestura a realidade e a fantasía empregando a técnica do relato oral; Ánxel Fole a través da súa obra introdúcenos na Galiza esotérica, ademais de empregar técnicas características do conto popular; mentres que Branco Amor a través dos suburbios urbanos e das clases populares enmárcase no realismo social e emprega técnicas como a telefónica ou o multiperspectivismo. Estes autores aínda que innovadores temáticos e técnicos son continuadores da xeración Nós. 2. AUTORES 2.1. EDUARDO BLANCO AMOR a) A esmorga: Editase en Bos Aires en 1959, mais non aparece en España ata o ano 1970 por mor da censura. Esta obra converte a Blanco Amor nun dos máximos representantes do realismo social. Nela Cibrán conta ante un xuíz a través da técnica do interrogatorio (xa que o xuíz non intervén) os sucesos ocorridos durante un día enteiro de troula co Bocas e o Milhomes na cidade de A. b) Os biosbardos: sete relatos contados en primeira persoa por un narrador adolescente. Os feitos poden considerarse autobiográficos xa que transcorren en Ourense, c) Xente ao lonxe: relato multiperspectivista no que se conta a historia dunha familia a través de varios narradores en primeira e terceira persoa. Reflexa a sociedade ourensá de comezos do século XX. 2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO Dirixiu o xornal Faro de Vigo entre o anos 1965 e 1970. 2.2.1. NOVELA Nas novelas deste escritor maniféstase “o mundo mítico de Cunqueiro”, onde se mestura o real e o fantástico, incorpóranse mitos doutras tradicións, combina a lingua culta e popular nun estilo influenciado polas narracións tradicionais. Nas súas narracións, a paisaxe adoita ter unha función simbólica positiva. 26
  • 3.
    LITERATURA (tema 6) a) Merlín e familia: Conxunto de relatos contados polo paxe de Merlín con unha estrutura constante: visita ó mago, exposición do problema e resolución. Nesta obra conxuga o mundo da Materia de Bretaña coa realidade galega da terra de Miranda. b) As crónicas do Sochantre: Presenta as peripecias dun músico dunha capela o longo dunha viaxe acompañado de personaxes de ultratumba. c) Se o vello Simbad volvese ás illas: Recrea o mito oriental, mais esta vez o mundo real e imaxinario non se mesturan, opóñense. 2.2.2. RELATOS En Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes, un narrador , a través da técnica do relato oral, retrata un conxunto de prototipos galegos que reflicten a idiosincrasia do pobo galego. 2.3. ÁNXEL FOLE 2.3.1. CARACTERÍSTICAS Na obra de Fole predomina o contexto rural, e coñécea con detalle. A súa técnica está fortemente influenciada pola narrativa oral (relatos en primeira persoa, apelacións ós oíntes, incisos ou comentarios…). Fai unha constante mestura de humor e medo, de realidade e de fantasía. A súa lingua recrea a fala luguesa, reproducindo os seus trazos dialectais. 2.3.2. OBRAS Escribiu: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguén cre. 2.4. NEIRA VILAS 2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA A obra de Neira Vilas encádrase na liña do realismo social, clasificando a súa obra en tres grandes grupos: a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho enmarcadas na Galiza rural con protagonista infantil b) Xente no rodicio, A muller de ferro nas que se mostra o mundo rural galego con protagonistas adultos. c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes centradas na problemática da emigración. 27
  • 4.
    LITERATURA (tema 6) Este escritor domina múltiples técnicas e diversas presentacións formais, tendo unha linguaxe próxima á fala popular falada, cun léxico rico e depurado e sintaxe sinxela . 3. CONCLUSIÓN Estes catro autores foron renovadores da literatura galega nos anos 50, tralo silencio da guerra. Se ben, vemos que Neira Vilas ten unha obra posterior a dos outros e contemporánea dos integrantes da nova narrativa galega, mais sepáraos a súa temática, que se asenta na Galiza da posguerra. 28