Introdución A líricatrobadoresca en galego-portuguesa nace do contacto cos trobadores occitanos. Co camiño de Santiago a corte compostelá convértese en centro de peregrinaxe e vía de entrada das innovacións poéticas cultivadas nas refinadas cortes provenzais. A cantiga de amor é o xénero máis provencializante da nosa lírica (< cançó ). Figuras conceptuais (antíteses, paradoxos, parodia, ironía) e formais (dobre, mordobre). Conservánse nos códices en 1º lugar: 377 de refrán e 321 de mestría.
11.
Céntrase no temada fin'amors ou amor cortés. Expresión dunha voz masculina que manifesta a súa paixón amorosa cara a unha dama nobre, normalmente casada. Trasvasamento do ríxido código feudal de vasalaxe á relación amorosa: trobador=vasalo/dona=senhor O amante, como bo vasalo, ha ser constante e fiel, á espera dun prezado ben . Trazos temáticos da cantiga de amor Visión idelaizadda da dama, apenas descrita para non desvelar a súa identidade (amor adúltero per se) e respectar a mesura.(motivo do segredo do amor O amor non correspondido polo desdén ou rexeitamento da dama ( sanha ) é fonte de coita e sufrimento constante, mesmo morte de amor. Amor entendido como camiño de perfección espiritual.
12.
Como morreu quemnunca bem houve da rem que mais amou, e que[m] viu quanto receou dela, e foi morto por en: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem foi amar quem lhe nunca quis bem fazer, e de que lhe fez Deus veer de que foi morto com pesar: ai, mia senhor, assi moir'eu! Com'home que ensandeceu, senhor, com gram pesar que viu e nom foi ledo nem dormiu depois, mia senhor, e morreu: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem amou tal dona que lhe nunca fez bem, e quen'a viu levar a quem a nom valia, nen'a val: ai, mia senhor, assi moir'eu! Cantiga de amor de Paio Soares de Taveirós A 35 B 150 Versións musicadas de Tomás Borba e J. Vicente Narciso en http://cantigas.fcsh.unl.pt Cancioneiro da Ajuda (A)
13.
Fin'amors A doutrinado amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas. Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben , que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego-portuguesa.