SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
Arte e Deporte

        Na Grecia Antiga, a Arte e o Deporte
encontrábanse unidos de forma natural, polo que nos
Xogos Olímpicos músicos e poetas cantábanlle e eloxiaban
ós atletas nas súas composicións. Desta maneira creouse
o Discóbolo de Mirón, que data do ano 455a.C. (aprox.),
sendo unha das obras mestras da escultura contendo toda
unha lección de anatomía deportiva: o corpo dun atleta
no momento de máxima tensión; a torsión vigorosa,
porén harmoniosa do corpo botado cara adiante para
producir co balance o posterior impulso co que lanzar o
disco; e un rostro que reflexa concentración (non se
conserva a orixinal estatua de bronce, mais si varias copias
romanas en mármore).

                                                               Durante a Idade Media e Moderna,
                                                      esqueceuse esta relación entre a disciplina
                                                      artística e a deportiva, mais exercicios ligados
                                                      a actividade bélica e a caza foron obxecto de
                                                      representación.

                                                             Na idade Contemporánea, como na
                                                     Antiga Grecia, esta vinculación deporte - arte
                                                     volve estar presente: líricas, esculturas, obras
                                                     arquitectónicas, pinturas… marcan a
                                                     recuperación desta simbiose entre estes
conceptos que aparentan estar tan afastados. Escritores prerrománticos fixeron exercicio físico
para levar unha vida máis saudable e estar en mellor forma. Coa aparición, do poeta romántico,
sedutor e elegante, que coidará a súa forma física coa práctica deportiva para seducir tamén coa
boa presenza, xorden deportes coma o tenis, o polo, o críquet, o golf…

                                                               Na actualidade, Arte e Deporte van
                                               unidas en moitas manifestacións coma os concursos
                                               fotográficos sobre deportes, os museos dedicados ó
                                               deporte e a celebración de Bienais sobre Arte,
                                               destacando a Bienal Internacional de Deporte e Arte
                                               que achega a pintores ó mundo do deporte. Hoxe por
                                               hoxe, a arquitectura e a publicidade, completamente
                                               artísticas, tamén tocan escenarios deportivos
                                               facendo dun estadio toda unha obra mestra.



Na pintura contemporánea o deporte é un tema
                 privilexiado.
Todos os deportes en si son un
espectáculo artístico no que o ser humano
crea co seu corpo toda unha obra a través
da técnica, a precisión, a exactitude e o
talento. Porén existen disciplinas que
tenden a identificarse máis a miúdo coa
expresión artística, xa sexa porque
integren danza e música, porque cada
movemento se fai de forma artística
(figuras que de seren xeadas poderían
quedar plasmadas nun lenzo) ou porque o
corpo das persoas xunto coa súa
execución rebosan equilibrio, destreza e
nelas ten unha gran importancia a presentación e a actitude do corpo. Son considerados deportes
moi artísticos, entre outros, a ximnasia rítmica, a natación sincronizada, o patinaxe artístico, a
esgrima, o tiro con arco, a equitación, os saltos…




       Danza como deporte

        A danza é unha disciplina de exercicio físico que
moldea os músculos de quen a practica; pero ademais
desta práctica física, adxunta un elemento esencial que a
define: a arte, a beleza que se busca coas formas e
movementos do corpo e o sentimento que se transmite.
Exceptuando isto, a danza é moi similar a calquera
deporte. Existe unha metodoloxía para sistematizar un bo
adestramento que calquera deportista ou bailarín segue a
diario: o primeiro é o quentamento, logo tanto bailarín
coma deportista, realizan unha serie de exercicios e táboas
de repeticións para traballar a técnica; a continuación desenvólvese todo o potencial mediante a
práctica do deporte ou a realización de coreografías. Ó rematar, ambos realizan estiramentos para
evitar lesións nas articulacións e nos músculos. Outra similitude entre a danza e calquera deporte
é que habitúa haber un mestre ou adestrador que dirixe os movementos e adestra o corpo, a quen
se lle debe o máximo respecto, polo que son obedecidos e tomas como líderes do corpo de baile e
do equipo, respectivamente.




         A danza deportiva é un tipo de baile no que se respectan unhas direccións e se seguen
unhas normas establecidas e escritas, bailándose en todo o mundo da mesma forma. Nesta
modalidade só están incluídos dez bailes cunha técnica froito dunha longa tradición internacional
e comportada dun elevado grao de exercicio físico na que é moi importante o compoñente
artístico. En moitos países a danza deportiva está oficialmente recoñecida coma un deporte e
existen diversos organismos que regulan a súa práctica tanto no campo afeccionado coma no
profesional (Federación Internacional de Baile Deportivo, Consello Mundial de Baile e Baile
Deportivo…)

                                                          Esta modalidade foi recoñecida coma
                                                  deporte olímpico polo Comité Olímpico
                                                  Internacional no ano 1997, mais a Federación
                                                  Internacional de Baile Deportivo está
                                                  traballando para que sexa incluída no programa
                                                  olímpico.

                                                          A danza, ó igual que calquera práctica
                                                  que leve consigo unha actividade física
                                                  periódica, é un hábito enriquecedor e que fai a
                                                  nosa vida máis saudable.
Saúde e exercicio físico

        O exercicio físico ten multitude de beneficios
para a nosa saúde. A continuación enuméranse algúns
dos beneficios físicos que nos aporta a actividade
física:

       Diminúe a frecuencia cardíaca en repouso e,
        cando se fai un esforzo, aumenta a cantidade
        de sangue que expulsa o corazón en cada
        latido, aforrando enerxía.
       Estimula a circulación dentro do miocardio.
       Contribúe a redución da presión arterial.
       Aumenta a circulación nos músculos.
       Diminúe a formación de coágulos, previndo
        infartos e tromboses cerebrais.
       Mellora o funcionamento venoso previndo as
        varices.
       Aumenta a capacidade de aproveitamento do
        osíxeno.
       Aumenta a actividade das encimas
        musculares.
       Colabora na diminución do colesterol.
       Mellora a tolerancia á glicosa.
       Incrementa a secreción de diferentes hormonas.
       Colabora no mantemento dunha vida sexual plena.
       Mellora a resposta inmunolóxica.
       Fortalece e mellora o sistema locomotor (músculo - esquelético).
       Diminúe problemas gástricos e o risco de padecer cáncer de colon.
       Axuda a deixar de fumar.
       Aumenta a sensación de benestar e diminúe o estrés grazas as endorfinas diminuíndo a
        agresividade, ira, ansiedade, angustia e depresión.
       Diminúe a sensación de fatiga.
       Aumenta a elasticidade muscular e articular.
       Incrementa a forza e a resistencia muscular.
       Prevén a osteoporose e o deterioro muscular.
       Mellora o sono.
       Mellora o funcionamento mental
       …
Estímase que entre un 9 e un 16% das mortes dos países desenvolvidos poden ser
atribuídas a estilos de vida sedentarios. No V Congreso da Sociedade Española de Nutrición
Comunitaria destacouse a importancia da realización de actividades deportivas para o desenrolo
físico, psíquico e social.

       A mellora que o exercicio físico produce no noso estado mental, estimulando a memoria,
autonomía, rapidez e estabilizando a personalidade é, polo de agora, algo certamente
descoñecido. Mens sana in corpore sano recoñece a evidente conexión entre a saúde física e
mental, mais a gran variedade de efectos que o exercicio físico produce no noso cerebro é algo
que comezamos a coñecer. Ó parecer o exercicio físico activa unha serie de procesos encargados
de manter e protexer as células nerviosa, unha especie de sistema de neuroprotección fisiolóxica
que, entre outras, mantén a capacidade intelectual a medida que se envellece e protexe ante
enfermidades neurodexenerativas. Segundo isto a vida sedentaria non só aumenta o risco de
padecer obesidade, hipertensión e diabetes, senón que tamén é un factor de risco para
enfermidades neurodexenerativas.

        Polo de agora, a influencia do exercicio físico sobre a nosa saúde física e mental, explícase
dicindo que o noso corpo está deseñado para manter unha actividade física constante e, mentres
os nosos hábitos cambiaron drasticamente en pouco menos dun século, a nosa fisioloxía segue
sendo a mesma. O ser humano precisa actividade física para manter as súas funcións básicas,
manter a saúde das nosas neuronas. Para mover o corpo mentres se realiza exercicio físico require
unha activación cerebral xeral que coordine os músculos, a respiracións, os latexos… A capacidade
funcional das nosas neuronas depende do uso que fagamos delas.

        Como conclusión podemos dicir que realizar exercicio físico moderado é beneficioso para
manter o cerebro san e evitar enfermidades neurodexenerativas, xa que o exercicio aumenta o
rego sanguíneo (tamén no cerebro) e optimiza a eficacia das neuronas coas relacións que
establecen entre elas.




                                                                               González Seara, Irene

More Related Content

Viewers also liked

Importancia de la educacion fisica
Importancia de la educacion fisicaImportancia de la educacion fisica
Importancia de la educacion fisica
mari_pao
 
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integralImportancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
Dirkpust
 
La Biomecanica En El Deporte
La Biomecanica En El Deporte La Biomecanica En El Deporte
La Biomecanica En El Deporte
guest293701
 
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libreProyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
IEM TÉCNICO LUIS ORJUELA
 
Discapacidad: Tipos y Características
Discapacidad: Tipos y CaracterísticasDiscapacidad: Tipos y Características
Discapacidad: Tipos y Características
Erika Omaña
 

Viewers also liked (12)

La importancia de la educación física en el preescolar bolívar suárez_sarely
La importancia de la educación física en el preescolar bolívar suárez_sarelyLa importancia de la educación física en el preescolar bolívar suárez_sarely
La importancia de la educación física en el preescolar bolívar suárez_sarely
 
Proyecto de educación física
Proyecto de educación  físicaProyecto de educación  física
Proyecto de educación física
 
Importancia de la educacion fisica
Importancia de la educacion fisicaImportancia de la educacion fisica
Importancia de la educacion fisica
 
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integralImportancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
Importancia de la educacion fisica en el desarrollo integral
 
PROYECTO DE RECREACIÓN Y TIEMPO LIBRE
PROYECTO DE RECREACIÓN Y TIEMPO LIBREPROYECTO DE RECREACIÓN Y TIEMPO LIBRE
PROYECTO DE RECREACIÓN Y TIEMPO LIBRE
 
Diseño de una propuesta para mejorar el uso del tiempo libre de los alumnos...
Diseño de una propuesta para mejorar   el uso del tiempo libre de los alumnos...Diseño de una propuesta para mejorar   el uso del tiempo libre de los alumnos...
Diseño de una propuesta para mejorar el uso del tiempo libre de los alumnos...
 
La Biomecanica En El Deporte
La Biomecanica En El Deporte La Biomecanica En El Deporte
La Biomecanica En El Deporte
 
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libreProyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
Proyecto deporte, recreación y lúdica en el tiempo libre
 
Discapacidad: Tipos y Características
Discapacidad: Tipos y CaracterísticasDiscapacidad: Tipos y Características
Discapacidad: Tipos y Características
 
Proyecto completo
Proyecto completoProyecto completo
Proyecto completo
 
PROYECTO PRIMERA INFANCIA
PROYECTO PRIMERA INFANCIAPROYECTO PRIMERA INFANCIA
PROYECTO PRIMERA INFANCIA
 
Planeaciones de educacion fisica para preescolar - Con Aprendizajes Esperados
Planeaciones de educacion fisica para preescolar - Con Aprendizajes EsperadosPlaneaciones de educacion fisica para preescolar - Con Aprendizajes Esperados
Planeaciones de educacion fisica para preescolar - Con Aprendizajes Esperados
 

More from IreneSeara

Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
IreneSeara
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
IreneSeara
 
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
IreneSeara
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
IreneSeara
 
Literatura 2 (a poesía de vangarda)
Literatura 2 (a poesía de vangarda)Literatura 2 (a poesía de vangarda)
Literatura 2 (a poesía de vangarda)
IreneSeara
 
Solucións.1ºg 3ªava
Solucións.1ºg 3ªavaSolucións.1ºg 3ªava
Solucións.1ºg 3ªava
IreneSeara
 
Comentario cantiga amor
Comentario cantiga amorComentario cantiga amor
Comentario cantiga amor
IreneSeara
 
Solucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªavaSolucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªava
IreneSeara
 
Compostos binarios do hidróxeno
Compostos binarios do hidróxenoCompostos binarios do hidróxeno
Compostos binarios do hidróxeno
IreneSeara
 

More from IreneSeara (17)

Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
 
Literatura 6
Literatura 6Literatura 6
Literatura 6
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
 
Literatura 1
Literatura 1Literatura 1
Literatura 1
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
 
Literatura 2 (a poesía de vangarda)
Literatura 2 (a poesía de vangarda)Literatura 2 (a poesía de vangarda)
Literatura 2 (a poesía de vangarda)
 
Literatura 4
Literatura 4Literatura 4
Literatura 4
 
Contact
ContactContact
Contact
 
Solucións.1ºg 3ªava
Solucións.1ºg 3ªavaSolucións.1ºg 3ªava
Solucións.1ºg 3ªava
 
Comentario cantiga amor
Comentario cantiga amorComentario cantiga amor
Comentario cantiga amor
 
Comentario 10
Comentario 10Comentario 10
Comentario 10
 
Comentario 5
Comentario 5Comentario 5
Comentario 5
 
Barroco
BarrocoBarroco
Barroco
 
Solucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªavaSolucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªava
 
Compostos binarios do hidróxeno
Compostos binarios do hidróxenoCompostos binarios do hidróxeno
Compostos binarios do hidróxeno
 

Deporte, danza, arte e saúde e.f

  • 1. Arte e Deporte Na Grecia Antiga, a Arte e o Deporte encontrábanse unidos de forma natural, polo que nos Xogos Olímpicos músicos e poetas cantábanlle e eloxiaban ós atletas nas súas composicións. Desta maneira creouse o Discóbolo de Mirón, que data do ano 455a.C. (aprox.), sendo unha das obras mestras da escultura contendo toda unha lección de anatomía deportiva: o corpo dun atleta no momento de máxima tensión; a torsión vigorosa, porén harmoniosa do corpo botado cara adiante para producir co balance o posterior impulso co que lanzar o disco; e un rostro que reflexa concentración (non se conserva a orixinal estatua de bronce, mais si varias copias romanas en mármore). Durante a Idade Media e Moderna, esqueceuse esta relación entre a disciplina artística e a deportiva, mais exercicios ligados a actividade bélica e a caza foron obxecto de representación. Na idade Contemporánea, como na Antiga Grecia, esta vinculación deporte - arte volve estar presente: líricas, esculturas, obras arquitectónicas, pinturas… marcan a recuperación desta simbiose entre estes conceptos que aparentan estar tan afastados. Escritores prerrománticos fixeron exercicio físico para levar unha vida máis saudable e estar en mellor forma. Coa aparición, do poeta romántico, sedutor e elegante, que coidará a súa forma física coa práctica deportiva para seducir tamén coa boa presenza, xorden deportes coma o tenis, o polo, o críquet, o golf… Na actualidade, Arte e Deporte van unidas en moitas manifestacións coma os concursos fotográficos sobre deportes, os museos dedicados ó deporte e a celebración de Bienais sobre Arte, destacando a Bienal Internacional de Deporte e Arte que achega a pintores ó mundo do deporte. Hoxe por hoxe, a arquitectura e a publicidade, completamente artísticas, tamén tocan escenarios deportivos facendo dun estadio toda unha obra mestra. Na pintura contemporánea o deporte é un tema privilexiado.
  • 2. Todos os deportes en si son un espectáculo artístico no que o ser humano crea co seu corpo toda unha obra a través da técnica, a precisión, a exactitude e o talento. Porén existen disciplinas que tenden a identificarse máis a miúdo coa expresión artística, xa sexa porque integren danza e música, porque cada movemento se fai de forma artística (figuras que de seren xeadas poderían quedar plasmadas nun lenzo) ou porque o corpo das persoas xunto coa súa execución rebosan equilibrio, destreza e nelas ten unha gran importancia a presentación e a actitude do corpo. Son considerados deportes moi artísticos, entre outros, a ximnasia rítmica, a natación sincronizada, o patinaxe artístico, a esgrima, o tiro con arco, a equitación, os saltos… Danza como deporte A danza é unha disciplina de exercicio físico que moldea os músculos de quen a practica; pero ademais desta práctica física, adxunta un elemento esencial que a define: a arte, a beleza que se busca coas formas e movementos do corpo e o sentimento que se transmite. Exceptuando isto, a danza é moi similar a calquera deporte. Existe unha metodoloxía para sistematizar un bo adestramento que calquera deportista ou bailarín segue a diario: o primeiro é o quentamento, logo tanto bailarín coma deportista, realizan unha serie de exercicios e táboas
  • 3. de repeticións para traballar a técnica; a continuación desenvólvese todo o potencial mediante a práctica do deporte ou a realización de coreografías. Ó rematar, ambos realizan estiramentos para evitar lesións nas articulacións e nos músculos. Outra similitude entre a danza e calquera deporte é que habitúa haber un mestre ou adestrador que dirixe os movementos e adestra o corpo, a quen se lle debe o máximo respecto, polo que son obedecidos e tomas como líderes do corpo de baile e do equipo, respectivamente. A danza deportiva é un tipo de baile no que se respectan unhas direccións e se seguen unhas normas establecidas e escritas, bailándose en todo o mundo da mesma forma. Nesta modalidade só están incluídos dez bailes cunha técnica froito dunha longa tradición internacional e comportada dun elevado grao de exercicio físico na que é moi importante o compoñente artístico. En moitos países a danza deportiva está oficialmente recoñecida coma un deporte e existen diversos organismos que regulan a súa práctica tanto no campo afeccionado coma no profesional (Federación Internacional de Baile Deportivo, Consello Mundial de Baile e Baile Deportivo…) Esta modalidade foi recoñecida coma deporte olímpico polo Comité Olímpico Internacional no ano 1997, mais a Federación Internacional de Baile Deportivo está traballando para que sexa incluída no programa olímpico. A danza, ó igual que calquera práctica que leve consigo unha actividade física periódica, é un hábito enriquecedor e que fai a nosa vida máis saudable.
  • 4. Saúde e exercicio físico O exercicio físico ten multitude de beneficios para a nosa saúde. A continuación enuméranse algúns dos beneficios físicos que nos aporta a actividade física:  Diminúe a frecuencia cardíaca en repouso e, cando se fai un esforzo, aumenta a cantidade de sangue que expulsa o corazón en cada latido, aforrando enerxía.  Estimula a circulación dentro do miocardio.  Contribúe a redución da presión arterial.  Aumenta a circulación nos músculos.  Diminúe a formación de coágulos, previndo infartos e tromboses cerebrais.  Mellora o funcionamento venoso previndo as varices.  Aumenta a capacidade de aproveitamento do osíxeno.  Aumenta a actividade das encimas musculares.  Colabora na diminución do colesterol.  Mellora a tolerancia á glicosa.  Incrementa a secreción de diferentes hormonas.  Colabora no mantemento dunha vida sexual plena.  Mellora a resposta inmunolóxica.  Fortalece e mellora o sistema locomotor (músculo - esquelético).  Diminúe problemas gástricos e o risco de padecer cáncer de colon.  Axuda a deixar de fumar.  Aumenta a sensación de benestar e diminúe o estrés grazas as endorfinas diminuíndo a agresividade, ira, ansiedade, angustia e depresión.  Diminúe a sensación de fatiga.  Aumenta a elasticidade muscular e articular.  Incrementa a forza e a resistencia muscular.  Prevén a osteoporose e o deterioro muscular.  Mellora o sono.  Mellora o funcionamento mental  …
  • 5. Estímase que entre un 9 e un 16% das mortes dos países desenvolvidos poden ser atribuídas a estilos de vida sedentarios. No V Congreso da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria destacouse a importancia da realización de actividades deportivas para o desenrolo físico, psíquico e social. A mellora que o exercicio físico produce no noso estado mental, estimulando a memoria, autonomía, rapidez e estabilizando a personalidade é, polo de agora, algo certamente descoñecido. Mens sana in corpore sano recoñece a evidente conexión entre a saúde física e mental, mais a gran variedade de efectos que o exercicio físico produce no noso cerebro é algo que comezamos a coñecer. Ó parecer o exercicio físico activa unha serie de procesos encargados de manter e protexer as células nerviosa, unha especie de sistema de neuroprotección fisiolóxica que, entre outras, mantén a capacidade intelectual a medida que se envellece e protexe ante enfermidades neurodexenerativas. Segundo isto a vida sedentaria non só aumenta o risco de padecer obesidade, hipertensión e diabetes, senón que tamén é un factor de risco para enfermidades neurodexenerativas. Polo de agora, a influencia do exercicio físico sobre a nosa saúde física e mental, explícase dicindo que o noso corpo está deseñado para manter unha actividade física constante e, mentres os nosos hábitos cambiaron drasticamente en pouco menos dun século, a nosa fisioloxía segue sendo a mesma. O ser humano precisa actividade física para manter as súas funcións básicas, manter a saúde das nosas neuronas. Para mover o corpo mentres se realiza exercicio físico require unha activación cerebral xeral que coordine os músculos, a respiracións, os latexos… A capacidade funcional das nosas neuronas depende do uso que fagamos delas. Como conclusión podemos dicir que realizar exercicio físico moderado é beneficioso para manter o cerebro san e evitar enfermidades neurodexenerativas, xa que o exercicio aumenta o rego sanguíneo (tamén no cerebro) e optimiza a eficacia das neuronas coas relacións que establecen entre elas. González Seara, Irene