Comentario: Texto 10(páx. 262)
Estamos fronte a unha cantiga de amigo cuxo autor é Pero Meogo. A presenta da palabra “amigo” determina claramente a súa identificación, aínda que apareza nun momento bastante avanzado do poema. Outro detalle identificativo é a voz feminina, que neste texto non queda reducida a voz da doncela, senón que se amplía a da nai.
Esta cantiga ofrece un diálogo entre nai e filla. A nai interroga nas dúas primeiras cobras sobre a súa tardanza cando acudiu á fonte. Nas dúas seguintes cobras, atopamos a resposta da filla: mediante a simboloxía cervo-namorado, auga-fertilidade, amor; a rapaza expresa o seu encontro co amigo nun contorno bucólico, natural. Finalmente, a nai responde nas dúas últimas cobras expresando con ironía o seu malestar polos feitos.
O texto complétase cun refrán “Os amores ei” que aínda que representa a voz da rapaza, actúa coma un coro de principio a fin.
O talho desta cantiga está composto por seis cobras, algo máis amplas que o común. Cada cobra consta de dúas palavras seguidas dun refrán dun só verso. Trátase da estrutura máis corrente nas cantigas de amigo. Así pois, o poema está constituído por dísticos. É unha cantiga de refrán.
Canto ó computo silábico, estamos ante versos decasílabos. O segundo verso xa foi decisivo. Polo demais, só facemos unha operación que nos mantén nas dez sílabas: a forma “mia” convertémola en monosílaba. Temos pois, isosilabismo na cantiga, o máis frecuente na poesía medieval.
O esquema de rima é o seguinte: aaR bbR aaR bbR ccR ddR. Segundo isto, as catro primeiras cobras responden o esquema de cobras alternas, mentres que as dúas últimas -curiosamente- son singulars. Por rimaren os dous versos de cada cobra entre si, denomínanse monorrimos.
En canto á musicalidade, os versos son do tipo rima femia, rematados en palabra grave. Por outro lado, só riman os fonemas vocálicos, co cal é unha rima asonante.
Adentrámonos agora na forma específica do xénero de amigo. O paralelismo verifícase ó longo de toda a cantiga, empregando, como é frecuente, o recurso da alteración, nuns casos só a última palabra do verso (vid. Cobras 5 e 6) e, noutros casos, bótase man da desorde de sintagma ou de oración. A presenza do paralelismo conduce inevitablemente ó leixapren, e así se pode comprobar ó longo de toda a composición.
Xa para finalizar non debemos esquecer o refrán xa anunciado anteriormente.