SlideShare a Scribd company logo
1 of 134
FISTERRA
A NATUREZA
Fisterra ocupa a parte sur da Costa da Morte, no extremo occidental da provincia de A
Coruña.
Os aspectos naturais máis sobresaíntes son xeomorfolóxicos (derivados da acción do mar e a
composición das rochas) e ambientais, derivados da situación noroccidental, que marca o
límite de distribución e asentamento dalgunhas especies endémicas ou singulares.
Vista desde o monte Pindo: península e enseada de Fisterra e ría de Corcubión
A Costa da Morte é unha área que
abrangue as comarcas costeiras
comprendidas entre Caión e Fisterra,
ou Caión e Monte Louro, segundo os
diferentes autores. O topónimo Costa
da Morte ven dos numerosos
naufraxios que tiveron lugar nas súas
augas.
É unha costa moi exposta, con
grandes áreas ocupadas por cantís,
illotes e baixos, onde dominan os
ventos e a ondada. As praias son
abertas e con bos sistemas dunares,
agás alguhas situadas no interior de
pequenas rías ou enseadas.
Cabo Fisterra, chamado polos romanos
“Promontorium Nerium”
Temporal en Muxía
SUPERFICIE: 335,2 km2
POBOACIÓN: 22.461
habitantes (2014)
CONCELLOS: Cee,
Corcubión, Dumbría,
Fisterra e Muxía.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Costa da Morte” e
“Carnota-Pindo”
CLIMA
Atlántico húmido
ACTIVIDADES
Porto de Fisterra
As principais actvidades son a pesca e o o marisqueo, a industria (sobre todo en Cee), a
agrogandaría e o turismo.
Fedrroatlántica (Cee), empresa produtora de
silicio metal e ferroaliaxes
PATRIMONIO
Petróglifos da Pedra Ancha
(Buxantes, Dumbría)
Toda a comarca acolle un importante
patrimonio cultural con
representacións da prehistoria
(castros, dolmes e petróglifos), igrexas,
muíños, hórreos, castelos, conxuntos
arquitectónicos...
O camiño de Santiago cruza o territorio
desde Dumbria a Muxía e Fisterra.
Dolme de Pedra da Arca, un magnífico
exemplo da arquitectura megalítica,
nas proximidades de Regoelle
(Dumbría), no linde con Vimianzo.
Igrexa de Toba (Cee)
Igrexa da Pereiriña (Cee)
Igrexa de San Marcos (Corcubión)
Igrexa de San Pedro da Redonda (Corcubión)
Igrexa de Santa Olaia (Dumbría)
Santa María de Fisterra
San Xiao de Moraime (Muxía)
Igrexa de San Pedro de Leis de Nemancos (Muxía)
Mosteiro de Ozón (Muxía)
Igrexa de Nemiña (Muxía)
Igrexa de Morquintián (Muxía)
Igrexa de Santa María de Muxía
Hórreo do mosteiro de Ozón (Muxía)
Hórreo en Berdeogas (Dumbría)
Hórreos en Dumbría
Hórreo na Pereiriña (Cee)
Hórreo en Toba (Cee)
Igrexa de Santa Locaia de Frixe (Muxía)
Albergue en Olveiroa
O CAMIÑO XACOBEO A FISTERRA E MUXÍA
A idea de peregrinación cara ás terras máis occidentales de Europa xa estaba presente nas
crenzas dos pobos celtas, relacionadas coa viaxe que a diario realiza o sol.
A estreita relación de Fisterra co culto xacobeo é moi antiga, no S. XI aparece citada a Cidade
de Duio no Códex Calixtinus. Segundo a tradición por Duio (antiga Dugium) pasaron os
discípulos do Apóstolo coa intención de soterrar os seus restos nos confíns do Occidente.
Na actualidade, a prolongación do Camiño ata A Costa da Morte é un ritual que seguen
moitos peregrinos, que desexan chegar ata o Finis Terrae e coñecer algúnhas das paraxes
máis impresionantes da costa europea occidental.
O camiño entra nas terras de Dumbría por Ponte Olveira, logo sube polo monte Sino, deixando á esquerda
o río Xallas que baixa aquí encaixado, por Logoso e Hospital.
@s peregrin@s realizan os ritos de purificación ao
rematar a o camiño: bañarse na praia da Langosteira,
queimar a roupa no cabo de Fisterra e ver a posta do sol.
SUPERFICIE: 52,2 km2
POBOACIÓN: 7.760 habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Ameixenda, Brens, Cee (principal núcleo urbán, con máis de 3.300 habitantes), Lires, A
Pereiriña e Toba.
CEE
Está situado no centro da comarca, entre a costa da Morte, no mar aberto, e a ría de
Corcubión. Está limitado ao norte polo río Castro, que o separa de Muxía, ao leste polos
montes de San Pedro, A Armada e Buxantes (o cume máis destacado é o Montemaior, con
416 m, no linde con Dumbría), ao sur pola ría de Corcubión e o concello de Fisterra, e ao oeste
polo Océano Atlántico. Outros cumes destacados son Sete Grises (302 m), e Legua Seca (322
m).
O río máis importante é o Castro que desemboca na ría de Lires. Na ría de Corcubión
desembocan o río de Brens e o río de Cee.
CONCELLOS
Castelo do Príncipe
As principais actividades son a pesca, a industria, a agrodandaría e o turismo.
Ten parte do territorio costeiro protexido no LIC “Costa da Morte” e unha pequena parte dos
montes de Buxantes no LIC “Carnota-Pindo”.
Acolle un rico patrimonio artístico e etnográfico: hórreos, muíños, igrexas...
A Furna
SUPERFICIE: 7,6 km2
POBOACIÓN: 1.672
habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Corcubión e A
Redonda.
CORCUBIÓN
O Concello de Corcubión é un dos máis pequenos de Galiza. Ocupa unha península entre a ría
de Corcubión (ao leste) e a enseada de Fisterra (ao oeste). A costa e maiormente rochosa e
baixa, con algún pequeno areal.
Castelo do Cardeal
As principais actividades son os servizos e a pesca.
A vila de Corcubión é o centro administrativo da
comarca e foi declarada Conxunto histórico-
artístico en 1985.
Faro no cabo de Cee
SUPERFICIE: 125 km2
POBOACIÓN: 3.137
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Berdeogas,
Buxantes, Dumbría, Ézaro,
Olveira, Olveiroa e
Salgueiros.
Ézaro, a principais poboación costeira de Dumbría
DUMBRÍA
Situado no leste da comarca. É un concello interior que ten o único contacto coa costa en
Ézaro, na desembocadura do Xallas.
O territorio e montañoso e está ocupado nunha grande parte polos montes de Buxantes e as
súas abas ata o río Xallas, polo leste e o Castro polo Oeste.
É un concello eminentemente agro gandeiro e con algunha actividade industrial.
Acolle un riquísimo patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural, que denota un pasado de
intensas vivenzas: dolmes, petróglifos, igrexas, hórreos, pontes...
O patrimonio natural máis importante atópase nos montes de Buxantes e no canón e na
fervenza do Xallas, incluídos no LIC Carnota-Pindo.
Igrexa de Santiago en Berdeogas
Pendellos da feira e hórreo na Ponte Olveira
SUPERFICIE: 29,6 km2
POBOACIÓN: 4.824
habitantes (2014)
PARROQUIAS: San
Martiño de Duio, San
Vicente de Duio, Fisterra
e Sardiñeiro
FISTERRA
Ocupa o suroeste da comarca nun cabo que ten o océano atlántico polo oeste e sur, e a
enseada do Sardiñeiro polo leste. O terreo está formado por unha sucesión de pequenos
cumes entre os que destacan o monte San Xoán (245 m), o Facho (241 m) e o Veladoiro (234
m). A costa alterna altos e abruptos cantís con areais nos que se conservan bos sistemas
dunares. O río máis importante é o Grande que desemboca na praia Langosteira.
Porto de Fisterra
Igrexa de Santa María de Fisterra. No interior atópase a imaxe do santo Cristo de Fisterra arredor do que hai unha gran
devoción.
Conta a lenda que no século XVI uns pescadores da zona viron a un barco en dificultades no medio dun temporal sen
poder avanzar, coma se estivese ancorado. Observaron como desde a embarcación botaban unha caixa ao mar e logo
puido seguir avanzando. Ao chegar a terra descubriron dentro a imaxe do Santo Cristo, polo que creron que era a súa
intención ficar en Fisterra.
É unha imaxe moi realista, de tamaño natural, dise que as unllas son dun home, que emite suores de morte e que lle
medra o pelo e as unllas. Entre os miragres cóntase o de converter ao cristianismo a uns moros que quixeron profanar a
igrexa.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo e os servizos.
Ten importantes valores naturais protexidos no LIC “Costa da Morte”.
É un concello rico en vestixios históricos e arqueolóxicos desde tempos phehistóricos e moi
ligado ás tradicións relacionadas coas rutas xacobeas.
Panorámica da vila e porto de Muxía
SUPERFICIE: 121 km2
POBOACIÓN: 5.068 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Bardullas, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintián, Xuxía, Nemiña, Nosa
Señora da O, Ozón, Touriñán, Vilastose e Vuiturón.
MUXÍA
Está situado ao norte da comarca e abrangue un amplo espazo de costa desde o fondo da ría
de Camariñas ata a ría de Lires. O territorio é moi irregular, con pequenas elevación e unha
costa que alterna abruptos cantís e areais expostos e protexidos. O monte máis alto é o
Facho, con 312 m.
O río máis importante é o Castro que fai de linde polo leste e sur.
As principais actividades están relacionadas coa pesca, o marisqueo e o turismo.
O concello de Muxía acolle un importante patrimonio cultural no que destaca o románico
coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa
María de Morquintián, Santa María (románico de transición) e San Martiño de Ozón. Ademais
tamén conta con dous mosteiros, Moraime e Santa María de Ozón.
Unha boa parte da costa está protexida no LIC “Costa da Morte”.
Santuario da Virxe da Barca, construído no século XVIII a carón dunha antiga capela.
A Romaría da Virxe da Barca é o fenómeno cultural máis importante de todo o ano no concello e unha das festas máis
grandes que se celebran en Galiza. É unha mestura de actos relixiosos e profanos, xira en torno á historia do Santuario
da Virxe da Barca e as peregrinacións a Muxía polo “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía”. Conta a tradición que a
Virxe chegou a Muxía nunha barca de Pedra.
O santuario recibe moitos visitantes durante todo o ano, moitos deles a cumplir cos ritos relacionados cos beneficios das
pedras. A Pedra de Abalar só podían movela os inocentes. Un temporal desprazouna e rompeu.
A pedra dos Cadrís ten un oco polo que pasan os que desexan curarse de males das cadeiras.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o puidera ter de ouro
miña Virxe, se quixera.
(Popular)
RELEVO
Ao longo da costa da comarca de Fisterra aparece unha liña de montañas que, en moitos
casos, caen en abruptos cantís sobre o mar, que alternan con zonas baixas onde se abren
pequenos vales, enseadas e rías de escaso desenvolvemento: Corcubión, Lires e Camariñas.
As alturas máis destacadas son o Facho de Moraime, en Muxía (312 m), os montes de Seoane
(256 m), San Xoán (252 m) e Facho (241 m) en Fisterra e os montes de Buxantes en Dumbría e
Cee.
O espazo interior forma parte da meseta do Xallas, unha elevación cunha altitude media de
100 m que cae gradualmente cara ao mar e que está fendida polos vales de varios ríos.
O ascenso a calquera destes montes permite gozar dunhas espectaculares vistas da costa e do
interior.
Vista xeral desde o o monte Chan da Lagoa
Vista xeral desde o Pindo dos montes de Buxantes, en terras de Dumbría e Cee
O monte Veladoiro, de 243 m de altura cae bruscamente ao mar no cabo da Nave nuns cantís verticais espectaculares
Granitos en Buxantes
As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas, grandes penedos e
bolos, e algunhas bandas de xistos.
Breixo
As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan
as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan
carballeiras autóctonas.
A abrodia (Asphodelus albus) é unha especie oportunista
que ocupa rapidamente os espazos abertos polo lume
nas zonas afectadas polos incendios.
Centáurea (Centaurea corcubionensis) unha planta endémica que so se atopa entre Malpica e a Pobra do Caramiñal
Lagarto arnao
(Timon lepidus)
A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos...
Laverca (Alauda arvensis)
Bolboretas copulando (Coenonympha dorus)
Hemithaea aestivaria
Cabalos no Chan da Lagoa. Nalgúns montes críase gando en liberdade.
Vista xeral desde os montes da Ruña
MACIZO TECTÓNICO DE BUXANTES OU BUXÁN
Ten unha orientación NE-SO e está separado do Pindo polo val encaixado do río Xallas. Está
constituído por granodiorita (granito vermello de grandes cristais) formada despois da
Oroxenia Hercínica. A erosión deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías cilíndricas moi
espectaculares. Os puntos máis máis altos son o Alto da Ameixueira (488 m) e Carbaliza (472
m). Unha parte está incluída no LIC Carnota-Monte Pindo.
Accedese desde Ézaro pola estrada que sobe ao mirador ou pola estrada de Brens.
Rochas graníticas desde o miradoiro de Ézaro
Vista desde os montes de Buxantes (á dereira Ézaro)
Pedra do Brazal ou Pedra Cabalgada, nas proximidades do
Alto do Castelo, en Buxantes . Unha curiosidade xeolóxica
e un prodixio de equilibrio.
Torre de control marítimo Chan das Lagoas no cume do Alto da Cruz
CHAN DA LAGOA
Sucesión de cumes que se estenden con dirección N-S polo norte de Dumbria, desde o macizo
de Buxantes ata o límite con Vimianzo. Está formado por granitos. Nos cumes nacen afluentes
dos ríos Xallas e Castro. Está formado por granitos e rochas filonianas.
O Punto máis alto é o Alto da Cruz de Carral, con 532 m, desde onde hai unhas espectaculares
vistas da comarca. Accedese desde as proximidades de Sarteguas.
Vista desde o Alto da Cruz cara o Pindo e Buxantes
Vista do istmo de Fisterra desde o monte de San Guillerme. Á esquerda atópase os montes Veladoiro e da Lagoa e á
dereita o monte Seoane, de 256 m de altura, a maior altura de Fisterra.
MONTE SEOANE
Situado entre Sardiñeiro e Castromiñán. Está totalmente cuberto de Eucaliptos. A súa
ubicación fronte ao istmo de Langosteira e ao Cabo Fisterra permítenos gozar das mellores
vistas de Fisterra, a ría de Corcubión, o Monte Pindo, as Illas Lobeiras e toda a costa ata
Corrubedo.
Accedese desde unha estrada que vai desde Duio (na metade da praia Langosteira) á praia do
Rostro. Pódese facer unha ruta que vai pola aldea de Mallas onde hai un conxunto de muíños.
Nas proximidades atópase o chamado Cruceiro da Rapadoira, cunha espléndida imaxe da
Piedade.
Vista da península de Fisterra cos montes de San Guillerme e Facho (á dereita)
MONTE DE SAN GUILLERME
Situado na península de Fisterra. Mide 252 m e está cuberto de piñeiros e matogueira.
Mirando cara o interior da ría e ao Monte Pindo, atópanse os restos da ermida de San Guillerme, que foi destruída no
século XVIII, asociada ao Ara Solis (culto ao sol) e relacionada con ritos de fecundidade, pois segundo a tradición, nunha
grande lousa horizontal, durmían os matrimonios estériles para concebir fillos.
En 1745, o Padre Sarmiento escribe: Non fai moito tempo, había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido
e muller que, por estériles, recurrían ao Santo e a aquela ermida.
Unha ruta que parte da vila de Fisterra ascende ao alto do monte, nun cruce a uns cen m de pasar a igrexa de Santa
María e conecta coa que segue ata o monte Facho e cabo Fisterra.
Desde o alto hai unhas expléndidas vistas da vila e porto de Fisterra.
Para chegar aos restos da ermida de San Guillerme cóllese un camiño de terra que nos leva á ermida despois de 400 m
de percorrido.
MONTE FACHO
É o cume máis alto da península de Fisterra, con 242 m. Está cuberto dunha vexetación de
mato formada sobre todo por toxos e breixos entre os que se atopan especies típicas dos
cantís e plantas autóctonas como as margaridas (Leucanthemum) herbas de namorar...
Lenda da Orca Vella.
O monte Facho foi o retiro dunha muller
bárbara chamada Orca Vella que que se
adicaba ás artes máxicas, aos roubos, a comer
nenos e perseguir á xente e escolleu este lugar
para acabar os seus días. Cavou unha tumba e
soterrouse xunto ao corpo dun pastor ao que
tiña encantado. A xente acudiu aos berros do
pastor e non puideron axudarlle por culpa das
serpes que saían do sartego.
AS PEDRAS SANTAS
Atópanse no cumio do promontorio de Fisterra, no monte Facho, son dous penedos aos que se lles
atribúen máxicos. Sobre elas dise que descansou a Nosa Señora. Segundo a tradición non se poden retirar
nin con varias xuntas de bois, pero pódense mover cun dedo.
MONTE FACHO DE MORAIME
É o monte máis alto de Muxía, con 312 m. Está cuberto de piñeiros e eucaliptos.
“Penedos, altos penedos
do Corpiño vixiante,
sodes como o meu amor
Tristes, varudos e grandes”.
Gonzalo López Abente
MONTE DO CORPIÑO
É un pequeno monte granítico de 68 m de altura que domina a península de Muxía. Desde o
cume hai unhas boas vistas sobre a costa de Muxía e o interior da ría de Camariñas.
O monte do Corpiño é unha referencia para os mariñeiros.
OS RÍOS
O Xallas en Ponte Olveira
En xeral os ríos desta comarca son de curto percorrido e caudal variable, cunha época de
augas altas no inverno e seca no verán. Debido á pronunciada pendiente e á proximidade dos
montes á costa acusan moito as enchentas, o que se ve agravado pola ocupación dos cauces
por recheos e construcións e pola perda de vexetación dos montes a causa dos incendios
forestais.
O río máis longo e de maior caudal é o Xallas, que fai de linde natural entre esta comarca e as
de Muros e Xallas.
Pé de boi (Oenanthe crocata). Unha planta común que se
pode atopar nas ribeiras e dentro dos ríos de correntes
lentas en augas pouco fondas.
Nas beiras dos ríos consérvanse bosques de galería formados sobre todo por salgueiros e
amieiras con sabugueiros, fentos, pé de boi, cabrinfollo...
Carex paniculata
Lirio ou espadana (Iris pseudoacorus).
Atópase en zonas de correntes lentas con
depósitos de sedimentos.
Nos tramos finais dos ríos acumúlanse os sedimentos
que son retidos polas numerosas plantas que se asentan
alí, entre as que destacan os xuncos.
As masas de auga dos encoros e a vexetación das beiras
proporcionan seguridade e alimento aos lavancos, os
parrulos máis comúns das augas doces de Galiza
A fauna máis representativa son as lavandeiras, merlos rieiros e unha grande variedade de
insectos e anfibios. Nos encoros atópanse tamén lavancos e galiñolas e nos bosques da ribeira
paxaros.
Os sapos (Bufo bufo), animais de hábitos nocturnos,
déixanse ver polo día na beira dos ríos na época da
reprodución.
Muíños no rego das Laxes (Toba, Cee)
Os ríos desta comarca foron aproveitados desde tempos antigos para mover muíños. Na
actualidade moven as turbinas das centrais eléctricas.
Encoro de Castrelo
Canón do Xallas ao pé dos montes de Buxantes
RÍO XALLAS
Nace no Monte Castelo a partir das cabeceiras Vilamaior, Castiñeiras e Bazar-Xallas e, depois
de 64,5 km de percorrido cae nun salto de 30 m de altura na enseada de Ézaro. Nas
proximidades de Ézaro, entre Dumbría e Carnota, forma un abrupto canón escavado nos
duros granitos dos macizo do Pindo e Buxantes.
Os afluentes nesta comarca son o Touzas, Cadro, Hospital, Xestosa e San Clemenzo.
É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico. Parte do Xallas (desde o
remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro) está incluído no LIC “Carnota-Pindo”.
FERVENZA DE HOSPITAL na parroquia e
concello de Dumbría.
O río do Hospital é un afluente do Xallas que
discorre entre penedos graníticos formando
rápidos, pozas e pequenas fervenzas. A máis
grande ten 6 m en tres saltos. Nas
proximidades hai varios muíños ben
conservados.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pino do Val a Dumbría, no
lugar de Hospital. Pódese seguir o río cara
abaixo desde a ponte da estrada con
bastante dificultade.
FERVENZA DA XESTOSA
En Buxantes (Dumbría). No río da Xestosa, afluente do
Xallas. O ría salva un grande desnivel en varios saltos e
unha gran escorregadeira.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Dumbría a Cee cóllese o desvío a Anseán
e A Xestosa. Desde o centro do lugar séguese a pista
que baixa ao río ata os Muíños. Baixar a carón dela é
moi complicado. Para vela ben convén achegarse, pola
marxe esquerda, ao monte de en frente (Petón da
Escaleira).
Tamén hai boas vistas da devesa de Anllares, na outra
marxe do Xallas.
Ponte Olveira, de orixe medieval
Unha grande parte do percorrido do Xallas (desde Brandomil ata a desembocadura) está ocupado por
encoros para aproveitamento hidroeléctrico: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo, Santa Uxía, (Central
Pindo-Xallas).
Encoro da Fervenza, o segundo en extensión de Galiza. Acolle un bo número e variedade de aves acuáticas.
Encoro de Ponte Olveira
Encoro de Castrelo
Encoro de Santa Uxía, situado a 1 km da desembocadura do Xallas e construído en 1986
Central eléctrica na desembocadura do Xallas
Desembocadura do Xallas sen auga
FERVENZA DO XALLAS
En Ézaro, no concello de Dumbría.
O río Xallas encáixase no curso baixo formando un estreito canón entre as rochas de granito rosa do Macizo do Pindo e o
Macizo de Buxantes. No remate do seu percorrido cae ao mar na enseada de Ézaro nunha fervenza de máis de 30 m de
altura que co paso do tempo foi excavando unha poza de máis de 16 m de profundidade. O Xallas é o único río de Europa
que desemboca deste xeito no mar. A construción do encoro de Santa Uxía privou de auga a esta fervenza durante
moitos anos. Desde 2012 o encoro libera o caudal ecolóxico e a fervenza volve a ter auga.
COMO CHEGAR: desde Ézaro cóllese un desvío que vai á central hidroeléctrica.
Contan que detrás da fervenza existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se
atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
RÍO DE BRENS
Nace no Marco do Couto (montes de Buxantes), percorre terreos de Dumbría e Cee e
desemboca en Brens, na ría de Corcubión
Río Castro en Lires
RÍO CASTRO
Nace no monte Escaleira (Vimianzo), recolle as augas de parte dos concellos de Vimianzo,
Muxía, Dumbría e Cee e desemboca formando a pequena ría de Lires, despois de 30 km de
percorrido. A súa conca ten uha superficie de 140,1 km2
.
Fai de linde entre os concellos de Muxía, Cee, Dumbría e Vimianzo. Recibe pola dereita ao
Vilatose, Monte e Vilachán, e pola esquerda o Berdeogas, Fragoso e Lires.
FERVENZA DAS CALDEIRAS (CALDEIRAS DO CASTRO)
Parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía.
O río do Castro cae nun desnivel de 8 m en rochas graníticas. Nas proximidades atópase unha área de lecer e unha
capela.
COMO CHEGAR: na estrada de Muxía, antes de chegar a Senande cóllese un cruce á dereita que vai a Castro e chégase a
Esteiro do Castro en Lires
Desembocadura do río do Lago
RÍO DO LAGO
Nace nos montes de Aranzón e
desemboca na ría de Camariñas, na
praia chamada do Lago.
O principal afluente é o rego de San
Martiño.
A COSTA
Nesta comarca distínguense varios tramos costeiros diferenciados: a Ría de Camariñas, a
Costa de mar aberto entre Muxía e Fisterra e a Enseada de Fisterra coa ría de Corcubión.
Acolle hábitats moi variados: costas rochosas e areosas, abrigadas e expostas, e pequenos
esteiros.
Golfos (Laminaria)
A vexetación é moi especializada adaptada ás características específicas de cada hábitat. Nos
cantís atópanse herba de namorar, pirixel do mar, fento mariño... Nas praias e nas dunas hai
unha grande variedade de plantas entre as que se atopan a honquenia, leiteiras, cardos da
praia, mapoulas mariñas, cebola das gaivotas, feo da praia, rabo de lebre, sedum, correolas,
carrasco bravo, carrascas de San Xoan, alelís... Nos esteiros, aínda que son de pequenas
dimensións, tamén se atopan as plantas propias deses hábitats entre os que destacan os
xuncos. Tampouco se pode esquecer a diversidade e a riqueza da vexetación acuática, sobre
todo as numerosas algas que colonizan as rochas do litoral.
Leucantemum pluriflorum
Nesta áea podemos atopar ata tres especies de margaridas endémicas que teñen a súa área de distribución limitada a
toda ou a parte da costa galega.
As grandes flores das correolas destacan sobre a area
das dunas fixadas desde finais da primavera ata ben
adiantado o verán. Feo da praia. As longas raíces e os talos subterraneos
dos feos da praia, aminoran a forza do vento e
deteñen os grans de area que se van acumulando
entre os talos das plantas e forman as moreas típicas
das dunas.
Honkenya peploides
Herba de namorar. Nas costas galegas
podemos atopar ata tres especies distintas de
herba de namorar (Armeria maritima, A.
pubigera e A. pungens).
Rochas e augas limpas, ben batidas e osixenadas, que
non faltan en toda a fachada ao mar aberto da costa
desta comarca, son o habitat ideal para o
desenvolvemento dos percebes, que sosteñen, á súa
vez, a economía de moitas persoas da zona.
E se a riqueza vexetal é moita non o é menos a variedade de animais que se alimentan dela
ou que a aproveitan como lugar de protección entre os que sobresaen, nas terrestres, os
insectos e as aves; e nas acuáticas, os numerosos invertebrados e os peixes.
Chuponas. Agochadas debaixo das pedras, nas pozas ou
en calquera lugar que non quede en seco, podemos
atopar estrelas, ourizos, chuponas...
Enseada de Fisterra desde o monte Pindo.
Á esquerda están as illas Lobeiras.
A ENSEADA DE FISTERRA
Esténdese desde O Pindo ata o cabo Fisterra e acolle no seu interior a enseada do Ézaro e a ría
de Corcubión.
ILLAS LOBEIRAS
Pequenos illotes rochosos que
forman parte do espazo protexido
“Carnota Pindo”. Son un importante
lugar de cría de aves e conservan
unha interesante flora e fauna
mariñas.
Enseada do Ézaro desde o miradoiro
É unha enseada moi protexida, pechada por unha barra de area que tapa parcialmente a
desembocadura do río Xallas e que forma a praia de Ézaro, de 730 m de lonxitude.
Desde a poboación de Ézaro sóbese ao mirador situado sobre o canón do río xallas e desde o que se
poden ver espectaculares vistas dos macizos do Pindo e Buxantes e da costa de Ézaro a Fisterra.
Na chamada “Casa da Pedra” hai un centro de interpretación da natureza do río Xallas e o macizo do
Pindo.
Praia e porto de ÉZARO cos montes de Buxantes ás costas.
En Ézaro atópanse as praias de Area Grande, Area Pequena e Pedra Maior.
Praia de Gures.
Situada entre as puntas do Preguntoiro e Fusía.
Accedese a Gures, por un desvío da estrada de
Ézaro a Cee, e desde alí por un camiño até a praia.
PRAIA DE CANELIÑAS. Encáixase entre as puntas Galera e Preguntoiro. Aquí estivo funcionando a última factoría baleeira
galega ata 1986, cando España se acolleu á Moratoria para a Caza de Baleas.
Casa da Pedra PRAIA DE GURES, entre as puntas Preguntoiro e Fusía
Ría de Corcubión desde o alto do Pindo. Ao fondo vense as vilas de Cee e Corcubión e no primeiro plano a praia de
RÍA DE CORCUBIÓN E CEE
Situada no fondo da grande enseada que se forma entre o cabo Fisterra e o Monte Pindo.
Ábrese entre o Cabo de Cee e a punta Galeira. O río máis importante é o de Cee. No fondo
están situadas as vilas de Corcubión e Cee.
Corcubión, a máis alta das Rías Baixas, posúe as características destas e anuncia as propias da
costa máis ao norte. Así, esta terra de transición conxuga en perfecta harmonía o sosego e a
calma das Rías Baixas coa bravura e a natureza viva características da Costa da Morte.
CEE
CORCUBIÓN, e praia de Quenlle
Faro do CABO DE CEE, edificado no 1860.
Cómo chegar: Seguir a estrada en dirección a Fisterra ata chegar ao cemiterio de Corcubión. Logo continuar por un
desvío á esquerda que se atopa xusto ao pé do cemiterio e a urbanización As Hortensias e que chega ata o cabo.
ESTORDE, praia segura e tranquila, ao abrigo do arco fisterrán
Vila e praia de SARDIÑEIRO
PRAIA DA LANGOSTEIRA, de 1.900 m de lonxitude. Ao fondo a vila e o Cabo de Fisterra.
Vista de FISTERRA desde o monte do Facho
PRAIA DA RIBEIRA e castelo de San Carlos, museo do mar e a pesca
CABO FISTERRA
Atópase no extremo sur dunha península co punto máis alto no Monte Facho (241 m). Está
formada por granito rosa con grandes cristais de feldespato.
Segundo a tradición en Fisterra
estaba a mítica cidade dos Nerios
(fundadores desta comarca). No
monte Veladoiro había fileiras de
pedras relacionadas co culto ao sol
(non se sabe se fenicias ou
anteriores). No século II os romanos,
encabezados por Décimo Junio
Bruto, chegaron a Fisterra e
construíron tamén un monumento
ao sol. Deles procede o nome de
Finis Terrae. Desde a Idade Media
convertíuse no punto final das
peregrinacións xacobeas.
Faro de Fisterra, construído en 1853
PRAIA DO MAR DE FORA
Un areal de 600 m, moi exposto e cun bo sistema dunar. Sitúase na parte máis estreita da península de Fisterra entre as
puntas Unlla de Ferro e Alba do Sul.
Unha ruta percorre a costa en dirección ao cabo Fisterra.
Cantís do COSTADO DO GAIVOTEIRO, uns dos máis altos da zona
CABO DA NAVE
Situado 4 km ao norte do faro de Fisterra, na
caída do monte Veladoiro (243 m). Remata nun
grupo de penedos entre os que destaca o
chamado Berrón da Nave.
PRAIA DO ROSTRO
Un areal de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra, entre as aldeas de Castrexe e Padrís, limitada
polas puntas Noroeste do Rostro e Surleste do Rostro. Detrás da praia hai un extenso cordón de dunas fixadas por unha
das vexetacións psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan unha pequena zona de marismas con xunqueiras
parcialmente comunicada co mar. É unha praia salvaxe e desprotexida na que tiveron lugar varios naufraxios. Os máis
célebres foron o do Turret, en 1900 e o Casón, en 1987.
Conta a lenda que debaixo das dunas da praia do Rostro está enterrada a mítica cidade de Dugium que foi arrasada por
unha enorme onda nunha noite de temporal.
En diferentes excavación arqueolóxicas atopáronse restos prehistóricos e romanos.
Nunha punta próxima atópase o emprazamento do Castro de Castromiñán, interesantísima citania marítima encravada
nun outeiro do cantil. Desde Castromiñán pódese facer unha ruta ata a punta Castelo e a praia da Arnela.
Praia do Rostro
Boca da ría de Lires e praia de Nemiña.
A forza do mar forma unha frecha de area que dificulta o desaugue do río do Castro.
RÍA DE LIRES
Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola confluencia dos ríos Castro e Lires.
Máis que unha ría verdadeira é un esteiro bloqueado por unha frecha areosa que impide que se baleire
totalmente, formando unha lagoa fangosa na que se acollen e alimentan anátidas e limícolas. A marea
chea supera o dique de area e renova a auga do interior.
PRAIA DE LIRES
A costa entre a punta Cociñadoiro e o mellón de Lires forma unha pequena enseada na que se atopa a praia de Nemiña,
un areal de 1.460 m de lonxitude. Un pouco máis adiante atópanse dúas pequenas praias: Area Pequena e Area Grande,
separadas por un saínte rochoso. Pódese acceder desde un camiño que sae de Lires.
CABOS COCIÑADOIRO E TOURIÑÁN
CABO TOURIÑÁN
Está situado no extremo dunha pequena península granítica. É a punta máis occidental de Galiza e da Península, seguido
do cabo da Nave en Fisterra. No seu litoral alternan os cantís cos coídos. Ten varias puntas: Buxeirados, ao norte, Sualba
ao oeste e Laxial ao sur. Ao norte do cabo atópase o illote Herbosa e a punta Ínsua.
Desde cabo Touriñás ata a punta Cociñadoiro hai un tramo de cantís que acadan a máxima altura na zona de Monte
Gordo.
Punta e illote da Ínsua ao pé de Touriñán
Cabo Touriñán desde a enseada de Cuño.
Desde o Cabo Touriñán pódese facer unha ruta costeira ata a vila de Muxía percorrendo interesantes zonas de cantís,
coídos e praias solitarias. En Lourido pódese facer un desvío para subir ao Monte Facho (309 m), que paga a pena tendo
en conta as vistas que se poden contemplar.
FARO DO CABO TOURIÑÁN
Santo Cristo de Fisterra,
Santo da barba dourada,
axúdame a remontar
a laxe da Touriñana.
(Popular)
COÍDO DE CUÑO
Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha mestura de coios graníticos de distintos tamaños. Estes
bloques, situados hoxe na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos interglaciares do Cuaternario
debaixo do mar que os redondeou.
Limpando o chapapote do “Prestige” no Coído de Cuño (2003)
PRAIA DE LOURIDO
Situada entre a punta Arliña e a punta de Lourido no fondo dunha enseada abrigada. Ten un sistema dunar moi ben
conservado.
Praia de Lourido e Muxía, asentada na península que forma o Monte do Corpiño
PUNTA DA BARCA
Situada en Muxía, no límite sur da ría de
Camariñas.
Entre as rochas atópanse a Pedra de Abalar, a
Pedra dos Cadrís e outras relacionadas con
diferentes ritos.
Pedra de Abalar
Punta da Barca
Ría de Camarias cara a Muxía
RÍA DE CAMARIÑAS
Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande
que desemboca na Ponte do Porto. No seu interior ábrense as enseadas da Vasa, na
desembocadura do rego de Trasteiro, e Merexo, na desembocadura do rego de Moraime.
Ao sur aséntase a vila de Muxía.
PRAIA DE ESPIÑEIRIDO
PRAIA DE MUÍÑOS
Mide 630 m de lonxitude, e está situada no fondo da enseada de Merexo. Nela desemboca o rego de Moraime. Ten un
bo sistema dunar. Nas proximidades atópanse pequenas praias: Merexo, Raias e Barreiros. Praia de Espiñeirido
PRAIA DO LAGO
Mide 640 m de lonxitude, na desembocadura do rego de Ozón ou do Lago. Ao fondo vese a vila de Camariñas. Esta é
unha praia de fisonomía moi cambiante polas variacións do curso do río entre as dunas de area movidas constantemete
polo mar.
AS ÁRBORES
Carballeira no Castro de Berdeogas
Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha
zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros.
Abeto grego (Abies cephalonica) no Instituto de Cee
-3,25 m de perímetro
Abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) no Instituto de
Cee. -2, 57 m de perímetro
Cedro do Líbano (Cedrus
libani) do Instituto de Cee.
-2,97 m de perímetro
Cedro do Atlas (Cedrus
atlantica) do Instituto de
Cee.
LIC COSTA DA MORTE
É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo.
Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo.
Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa,
costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos
que habitan moitas especies de interese.
Nemiña co cabo da Nave ao fondo
ESPAZOS PROTEXIDOS
ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES)
COSTA DA MORTE
Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta
Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian
nos cantís e marismas.
Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis)
Píllara riscada (Arenaria interpres)
ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE
É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en augas do
Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo
Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA
apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros.
Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo-
terrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que
tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño.
É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas.
Arao (Uria aalge)
Ézaro
LIC “CARNOTA-MONTE PINDO”
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e
Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos
areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e
fervenzas.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2017
Para rematar o día
e a viaxe
nada mellor
que contemplar
a maxestuosidade
do solpor.

More Related Content

What's hot

Concello de Coirós
Concello de CoirósConcello de Coirós
Concello de Coirós
manuper
 

What's hot (20)

Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Pobra do Caramiñal
Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Concello de Coirós
Concello de CoirósConcello de Coirós
Concello de Coirós
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Ribeira, A Costa
Ribeira, A CostaRibeira, A Costa
Ribeira, A Costa
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 

Similar to Comarca Fisterra

Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
monadela
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
Inesytta
 
Concello De Poio
Concello De PoioConcello De Poio
Concello De Poio
maria abuin
 

Similar to Comarca Fisterra (19)

Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Burela
BurelaBurela
Burela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Zas
ZasZas
Zas
 
Zas
ZasZas
Zas
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Concello De Poio
Concello De PoioConcello De Poio
Concello De Poio
 

More from monadela

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Comarca Fisterra

  • 2. Fisterra ocupa a parte sur da Costa da Morte, no extremo occidental da provincia de A Coruña. Os aspectos naturais máis sobresaíntes son xeomorfolóxicos (derivados da acción do mar e a composición das rochas) e ambientais, derivados da situación noroccidental, que marca o límite de distribución e asentamento dalgunhas especies endémicas ou singulares. Vista desde o monte Pindo: península e enseada de Fisterra e ría de Corcubión
  • 3. A Costa da Morte é unha área que abrangue as comarcas costeiras comprendidas entre Caión e Fisterra, ou Caión e Monte Louro, segundo os diferentes autores. O topónimo Costa da Morte ven dos numerosos naufraxios que tiveron lugar nas súas augas. É unha costa moi exposta, con grandes áreas ocupadas por cantís, illotes e baixos, onde dominan os ventos e a ondada. As praias son abertas e con bos sistemas dunares, agás alguhas situadas no interior de pequenas rías ou enseadas. Cabo Fisterra, chamado polos romanos “Promontorium Nerium”
  • 5. SUPERFICIE: 335,2 km2 POBOACIÓN: 22.461 habitantes (2014) CONCELLOS: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Costa da Morte” e “Carnota-Pindo”
  • 7. ACTIVIDADES Porto de Fisterra As principais actvidades son a pesca e o o marisqueo, a industria (sobre todo en Cee), a agrogandaría e o turismo.
  • 8.
  • 9. Fedrroatlántica (Cee), empresa produtora de silicio metal e ferroaliaxes
  • 10. PATRIMONIO Petróglifos da Pedra Ancha (Buxantes, Dumbría) Toda a comarca acolle un importante patrimonio cultural con representacións da prehistoria (castros, dolmes e petróglifos), igrexas, muíños, hórreos, castelos, conxuntos arquitectónicos... O camiño de Santiago cruza o territorio desde Dumbria a Muxía e Fisterra.
  • 11. Dolme de Pedra da Arca, un magnífico exemplo da arquitectura megalítica, nas proximidades de Regoelle (Dumbría), no linde con Vimianzo.
  • 12. Igrexa de Toba (Cee) Igrexa da Pereiriña (Cee)
  • 13. Igrexa de San Marcos (Corcubión)
  • 14. Igrexa de San Pedro da Redonda (Corcubión)
  • 15. Igrexa de Santa Olaia (Dumbría)
  • 16. Santa María de Fisterra
  • 17. San Xiao de Moraime (Muxía)
  • 18. Igrexa de San Pedro de Leis de Nemancos (Muxía)
  • 19. Mosteiro de Ozón (Muxía)
  • 20. Igrexa de Nemiña (Muxía) Igrexa de Morquintián (Muxía)
  • 21. Igrexa de Santa María de Muxía
  • 22. Hórreo do mosteiro de Ozón (Muxía)
  • 23. Hórreo en Berdeogas (Dumbría)
  • 27. Igrexa de Santa Locaia de Frixe (Muxía)
  • 28. Albergue en Olveiroa O CAMIÑO XACOBEO A FISTERRA E MUXÍA A idea de peregrinación cara ás terras máis occidentales de Europa xa estaba presente nas crenzas dos pobos celtas, relacionadas coa viaxe que a diario realiza o sol. A estreita relación de Fisterra co culto xacobeo é moi antiga, no S. XI aparece citada a Cidade de Duio no Códex Calixtinus. Segundo a tradición por Duio (antiga Dugium) pasaron os discípulos do Apóstolo coa intención de soterrar os seus restos nos confíns do Occidente. Na actualidade, a prolongación do Camiño ata A Costa da Morte é un ritual que seguen moitos peregrinos, que desexan chegar ata o Finis Terrae e coñecer algúnhas das paraxes máis impresionantes da costa europea occidental. O camiño entra nas terras de Dumbría por Ponte Olveira, logo sube polo monte Sino, deixando á esquerda o río Xallas que baixa aquí encaixado, por Logoso e Hospital. @s peregrin@s realizan os ritos de purificación ao rematar a o camiño: bañarse na praia da Langosteira, queimar a roupa no cabo de Fisterra e ver a posta do sol.
  • 29. SUPERFICIE: 52,2 km2 POBOACIÓN: 7.760 habitantes (2014) PARROQUIAS: A Ameixenda, Brens, Cee (principal núcleo urbán, con máis de 3.300 habitantes), Lires, A Pereiriña e Toba. CEE Está situado no centro da comarca, entre a costa da Morte, no mar aberto, e a ría de Corcubión. Está limitado ao norte polo río Castro, que o separa de Muxía, ao leste polos montes de San Pedro, A Armada e Buxantes (o cume máis destacado é o Montemaior, con 416 m, no linde con Dumbría), ao sur pola ría de Corcubión e o concello de Fisterra, e ao oeste polo Océano Atlántico. Outros cumes destacados son Sete Grises (302 m), e Legua Seca (322 m). O río máis importante é o Castro que desemboca na ría de Lires. Na ría de Corcubión desembocan o río de Brens e o río de Cee. CONCELLOS
  • 30. Castelo do Príncipe As principais actividades son a pesca, a industria, a agrodandaría e o turismo. Ten parte do territorio costeiro protexido no LIC “Costa da Morte” e unha pequena parte dos montes de Buxantes no LIC “Carnota-Pindo”. Acolle un rico patrimonio artístico e etnográfico: hórreos, muíños, igrexas... A Furna
  • 31. SUPERFICIE: 7,6 km2 POBOACIÓN: 1.672 habitantes (2014). PARROQUIAS: Corcubión e A Redonda. CORCUBIÓN O Concello de Corcubión é un dos máis pequenos de Galiza. Ocupa unha península entre a ría de Corcubión (ao leste) e a enseada de Fisterra (ao oeste). A costa e maiormente rochosa e baixa, con algún pequeno areal.
  • 32. Castelo do Cardeal As principais actividades son os servizos e a pesca. A vila de Corcubión é o centro administrativo da comarca e foi declarada Conxunto histórico- artístico en 1985. Faro no cabo de Cee
  • 33. SUPERFICIE: 125 km2 POBOACIÓN: 3.137 habitantes (2014). PARROQUIAS: Berdeogas, Buxantes, Dumbría, Ézaro, Olveira, Olveiroa e Salgueiros. Ézaro, a principais poboación costeira de Dumbría DUMBRÍA Situado no leste da comarca. É un concello interior que ten o único contacto coa costa en Ézaro, na desembocadura do Xallas. O territorio e montañoso e está ocupado nunha grande parte polos montes de Buxantes e as súas abas ata o río Xallas, polo leste e o Castro polo Oeste.
  • 34. É un concello eminentemente agro gandeiro e con algunha actividade industrial. Acolle un riquísimo patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural, que denota un pasado de intensas vivenzas: dolmes, petróglifos, igrexas, hórreos, pontes... O patrimonio natural máis importante atópase nos montes de Buxantes e no canón e na fervenza do Xallas, incluídos no LIC Carnota-Pindo. Igrexa de Santiago en Berdeogas Pendellos da feira e hórreo na Ponte Olveira
  • 35. SUPERFICIE: 29,6 km2 POBOACIÓN: 4.824 habitantes (2014) PARROQUIAS: San Martiño de Duio, San Vicente de Duio, Fisterra e Sardiñeiro FISTERRA Ocupa o suroeste da comarca nun cabo que ten o océano atlántico polo oeste e sur, e a enseada do Sardiñeiro polo leste. O terreo está formado por unha sucesión de pequenos cumes entre os que destacan o monte San Xoán (245 m), o Facho (241 m) e o Veladoiro (234 m). A costa alterna altos e abruptos cantís con areais nos que se conservan bos sistemas dunares. O río máis importante é o Grande que desemboca na praia Langosteira. Porto de Fisterra
  • 36. Igrexa de Santa María de Fisterra. No interior atópase a imaxe do santo Cristo de Fisterra arredor do que hai unha gran devoción. Conta a lenda que no século XVI uns pescadores da zona viron a un barco en dificultades no medio dun temporal sen poder avanzar, coma se estivese ancorado. Observaron como desde a embarcación botaban unha caixa ao mar e logo puido seguir avanzando. Ao chegar a terra descubriron dentro a imaxe do Santo Cristo, polo que creron que era a súa intención ficar en Fisterra. É unha imaxe moi realista, de tamaño natural, dise que as unllas son dun home, que emite suores de morte e que lle medra o pelo e as unllas. Entre os miragres cóntase o de converter ao cristianismo a uns moros que quixeron profanar a igrexa. As principais actividades son a pesca, o marisqueo e os servizos. Ten importantes valores naturais protexidos no LIC “Costa da Morte”. É un concello rico en vestixios históricos e arqueolóxicos desde tempos phehistóricos e moi ligado ás tradicións relacionadas coas rutas xacobeas.
  • 37. Panorámica da vila e porto de Muxía SUPERFICIE: 121 km2 POBOACIÓN: 5.068 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bardullas, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintián, Xuxía, Nemiña, Nosa Señora da O, Ozón, Touriñán, Vilastose e Vuiturón. MUXÍA Está situado ao norte da comarca e abrangue un amplo espazo de costa desde o fondo da ría de Camariñas ata a ría de Lires. O territorio é moi irregular, con pequenas elevación e unha costa que alterna abruptos cantís e areais expostos e protexidos. O monte máis alto é o Facho, con 312 m. O río máis importante é o Castro que fai de linde polo leste e sur.
  • 38. As principais actividades están relacionadas coa pesca, o marisqueo e o turismo. O concello de Muxía acolle un importante patrimonio cultural no que destaca o románico coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintián, Santa María (románico de transición) e San Martiño de Ozón. Ademais tamén conta con dous mosteiros, Moraime e Santa María de Ozón. Unha boa parte da costa está protexida no LIC “Costa da Morte”. Santuario da Virxe da Barca, construído no século XVIII a carón dunha antiga capela. A Romaría da Virxe da Barca é o fenómeno cultural máis importante de todo o ano no concello e unha das festas máis grandes que se celebran en Galiza. É unha mestura de actos relixiosos e profanos, xira en torno á historia do Santuario da Virxe da Barca e as peregrinacións a Muxía polo “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía”. Conta a tradición que a Virxe chegou a Muxía nunha barca de Pedra. O santuario recibe moitos visitantes durante todo o ano, moitos deles a cumplir cos ritos relacionados cos beneficios das pedras. A Pedra de Abalar só podían movela os inocentes. Un temporal desprazouna e rompeu. A pedra dos Cadrís ten un oco polo que pasan os que desexan curarse de males das cadeiras. Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra; ben o puidera ter de ouro miña Virxe, se quixera. (Popular)
  • 39. RELEVO Ao longo da costa da comarca de Fisterra aparece unha liña de montañas que, en moitos casos, caen en abruptos cantís sobre o mar, que alternan con zonas baixas onde se abren pequenos vales, enseadas e rías de escaso desenvolvemento: Corcubión, Lires e Camariñas. As alturas máis destacadas son o Facho de Moraime, en Muxía (312 m), os montes de Seoane (256 m), San Xoán (252 m) e Facho (241 m) en Fisterra e os montes de Buxantes en Dumbría e Cee. O espazo interior forma parte da meseta do Xallas, unha elevación cunha altitude media de 100 m que cae gradualmente cara ao mar e que está fendida polos vales de varios ríos. O ascenso a calquera destes montes permite gozar dunhas espectaculares vistas da costa e do interior. Vista xeral desde o o monte Chan da Lagoa
  • 40. Vista xeral desde o Pindo dos montes de Buxantes, en terras de Dumbría e Cee
  • 41. O monte Veladoiro, de 243 m de altura cae bruscamente ao mar no cabo da Nave nuns cantís verticais espectaculares
  • 42. Granitos en Buxantes As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas, grandes penedos e bolos, e algunhas bandas de xistos.
  • 43. Breixo As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan carballeiras autóctonas. A abrodia (Asphodelus albus) é unha especie oportunista que ocupa rapidamente os espazos abertos polo lume nas zonas afectadas polos incendios.
  • 44. Centáurea (Centaurea corcubionensis) unha planta endémica que so se atopa entre Malpica e a Pobra do Caramiñal
  • 45. Lagarto arnao (Timon lepidus) A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos... Laverca (Alauda arvensis)
  • 46. Bolboretas copulando (Coenonympha dorus) Hemithaea aestivaria
  • 47. Cabalos no Chan da Lagoa. Nalgúns montes críase gando en liberdade.
  • 48. Vista xeral desde os montes da Ruña MACIZO TECTÓNICO DE BUXANTES OU BUXÁN Ten unha orientación NE-SO e está separado do Pindo polo val encaixado do río Xallas. Está constituído por granodiorita (granito vermello de grandes cristais) formada despois da Oroxenia Hercínica. A erosión deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías cilíndricas moi espectaculares. Os puntos máis máis altos son o Alto da Ameixueira (488 m) e Carbaliza (472 m). Unha parte está incluída no LIC Carnota-Monte Pindo. Accedese desde Ézaro pola estrada que sobe ao mirador ou pola estrada de Brens.
  • 49. Rochas graníticas desde o miradoiro de Ézaro
  • 50. Vista desde os montes de Buxantes (á dereira Ézaro)
  • 51. Pedra do Brazal ou Pedra Cabalgada, nas proximidades do Alto do Castelo, en Buxantes . Unha curiosidade xeolóxica e un prodixio de equilibrio.
  • 52. Torre de control marítimo Chan das Lagoas no cume do Alto da Cruz CHAN DA LAGOA Sucesión de cumes que se estenden con dirección N-S polo norte de Dumbria, desde o macizo de Buxantes ata o límite con Vimianzo. Está formado por granitos. Nos cumes nacen afluentes dos ríos Xallas e Castro. Está formado por granitos e rochas filonianas. O Punto máis alto é o Alto da Cruz de Carral, con 532 m, desde onde hai unhas espectaculares vistas da comarca. Accedese desde as proximidades de Sarteguas.
  • 53. Vista desde o Alto da Cruz cara o Pindo e Buxantes
  • 54. Vista do istmo de Fisterra desde o monte de San Guillerme. Á esquerda atópase os montes Veladoiro e da Lagoa e á dereita o monte Seoane, de 256 m de altura, a maior altura de Fisterra. MONTE SEOANE Situado entre Sardiñeiro e Castromiñán. Está totalmente cuberto de Eucaliptos. A súa ubicación fronte ao istmo de Langosteira e ao Cabo Fisterra permítenos gozar das mellores vistas de Fisterra, a ría de Corcubión, o Monte Pindo, as Illas Lobeiras e toda a costa ata Corrubedo. Accedese desde unha estrada que vai desde Duio (na metade da praia Langosteira) á praia do Rostro. Pódese facer unha ruta que vai pola aldea de Mallas onde hai un conxunto de muíños. Nas proximidades atópase o chamado Cruceiro da Rapadoira, cunha espléndida imaxe da Piedade.
  • 55. Vista da península de Fisterra cos montes de San Guillerme e Facho (á dereita) MONTE DE SAN GUILLERME Situado na península de Fisterra. Mide 252 m e está cuberto de piñeiros e matogueira. Mirando cara o interior da ría e ao Monte Pindo, atópanse os restos da ermida de San Guillerme, que foi destruída no século XVIII, asociada ao Ara Solis (culto ao sol) e relacionada con ritos de fecundidade, pois segundo a tradición, nunha grande lousa horizontal, durmían os matrimonios estériles para concebir fillos. En 1745, o Padre Sarmiento escribe: Non fai moito tempo, había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido e muller que, por estériles, recurrían ao Santo e a aquela ermida. Unha ruta que parte da vila de Fisterra ascende ao alto do monte, nun cruce a uns cen m de pasar a igrexa de Santa María e conecta coa que segue ata o monte Facho e cabo Fisterra. Desde o alto hai unhas expléndidas vistas da vila e porto de Fisterra. Para chegar aos restos da ermida de San Guillerme cóllese un camiño de terra que nos leva á ermida despois de 400 m de percorrido.
  • 56. MONTE FACHO É o cume máis alto da península de Fisterra, con 242 m. Está cuberto dunha vexetación de mato formada sobre todo por toxos e breixos entre os que se atopan especies típicas dos cantís e plantas autóctonas como as margaridas (Leucanthemum) herbas de namorar...
  • 57. Lenda da Orca Vella. O monte Facho foi o retiro dunha muller bárbara chamada Orca Vella que que se adicaba ás artes máxicas, aos roubos, a comer nenos e perseguir á xente e escolleu este lugar para acabar os seus días. Cavou unha tumba e soterrouse xunto ao corpo dun pastor ao que tiña encantado. A xente acudiu aos berros do pastor e non puideron axudarlle por culpa das serpes que saían do sartego.
  • 58. AS PEDRAS SANTAS Atópanse no cumio do promontorio de Fisterra, no monte Facho, son dous penedos aos que se lles atribúen máxicos. Sobre elas dise que descansou a Nosa Señora. Segundo a tradición non se poden retirar nin con varias xuntas de bois, pero pódense mover cun dedo.
  • 59. MONTE FACHO DE MORAIME É o monte máis alto de Muxía, con 312 m. Está cuberto de piñeiros e eucaliptos.
  • 60. “Penedos, altos penedos do Corpiño vixiante, sodes como o meu amor Tristes, varudos e grandes”. Gonzalo López Abente MONTE DO CORPIÑO É un pequeno monte granítico de 68 m de altura que domina a península de Muxía. Desde o cume hai unhas boas vistas sobre a costa de Muxía e o interior da ría de Camariñas. O monte do Corpiño é unha referencia para os mariñeiros.
  • 61. OS RÍOS O Xallas en Ponte Olveira En xeral os ríos desta comarca son de curto percorrido e caudal variable, cunha época de augas altas no inverno e seca no verán. Debido á pronunciada pendiente e á proximidade dos montes á costa acusan moito as enchentas, o que se ve agravado pola ocupación dos cauces por recheos e construcións e pola perda de vexetación dos montes a causa dos incendios forestais. O río máis longo e de maior caudal é o Xallas, que fai de linde natural entre esta comarca e as de Muros e Xallas.
  • 62. Pé de boi (Oenanthe crocata). Unha planta común que se pode atopar nas ribeiras e dentro dos ríos de correntes lentas en augas pouco fondas. Nas beiras dos ríos consérvanse bosques de galería formados sobre todo por salgueiros e amieiras con sabugueiros, fentos, pé de boi, cabrinfollo... Carex paniculata
  • 63. Lirio ou espadana (Iris pseudoacorus). Atópase en zonas de correntes lentas con depósitos de sedimentos. Nos tramos finais dos ríos acumúlanse os sedimentos que son retidos polas numerosas plantas que se asentan alí, entre as que destacan os xuncos.
  • 64. As masas de auga dos encoros e a vexetación das beiras proporcionan seguridade e alimento aos lavancos, os parrulos máis comúns das augas doces de Galiza A fauna máis representativa son as lavandeiras, merlos rieiros e unha grande variedade de insectos e anfibios. Nos encoros atópanse tamén lavancos e galiñolas e nos bosques da ribeira paxaros. Os sapos (Bufo bufo), animais de hábitos nocturnos, déixanse ver polo día na beira dos ríos na época da reprodución.
  • 65. Muíños no rego das Laxes (Toba, Cee) Os ríos desta comarca foron aproveitados desde tempos antigos para mover muíños. Na actualidade moven as turbinas das centrais eléctricas. Encoro de Castrelo
  • 66. Canón do Xallas ao pé dos montes de Buxantes RÍO XALLAS Nace no Monte Castelo a partir das cabeceiras Vilamaior, Castiñeiras e Bazar-Xallas e, depois de 64,5 km de percorrido cae nun salto de 30 m de altura na enseada de Ézaro. Nas proximidades de Ézaro, entre Dumbría e Carnota, forma un abrupto canón escavado nos duros granitos dos macizo do Pindo e Buxantes. Os afluentes nesta comarca son o Touzas, Cadro, Hospital, Xestosa e San Clemenzo. É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico. Parte do Xallas (desde o remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro) está incluído no LIC “Carnota-Pindo”.
  • 67. FERVENZA DE HOSPITAL na parroquia e concello de Dumbría. O río do Hospital é un afluente do Xallas que discorre entre penedos graníticos formando rápidos, pozas e pequenas fervenzas. A máis grande ten 6 m en tres saltos. Nas proximidades hai varios muíños ben conservados. COMO CHEGAR: Na estrada de Pino do Val a Dumbría, no lugar de Hospital. Pódese seguir o río cara abaixo desde a ponte da estrada con bastante dificultade.
  • 68. FERVENZA DA XESTOSA En Buxantes (Dumbría). No río da Xestosa, afluente do Xallas. O ría salva un grande desnivel en varios saltos e unha gran escorregadeira. COMO CHEGAR: Na estrada de Dumbría a Cee cóllese o desvío a Anseán e A Xestosa. Desde o centro do lugar séguese a pista que baixa ao río ata os Muíños. Baixar a carón dela é moi complicado. Para vela ben convén achegarse, pola marxe esquerda, ao monte de en frente (Petón da Escaleira). Tamén hai boas vistas da devesa de Anllares, na outra marxe do Xallas.
  • 69. Ponte Olveira, de orixe medieval
  • 70. Unha grande parte do percorrido do Xallas (desde Brandomil ata a desembocadura) está ocupado por encoros para aproveitamento hidroeléctrico: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo, Santa Uxía, (Central Pindo-Xallas). Encoro da Fervenza, o segundo en extensión de Galiza. Acolle un bo número e variedade de aves acuáticas.
  • 71. Encoro de Ponte Olveira
  • 73. Encoro de Santa Uxía, situado a 1 km da desembocadura do Xallas e construído en 1986
  • 74. Central eléctrica na desembocadura do Xallas
  • 75. Desembocadura do Xallas sen auga FERVENZA DO XALLAS En Ézaro, no concello de Dumbría. O río Xallas encáixase no curso baixo formando un estreito canón entre as rochas de granito rosa do Macizo do Pindo e o Macizo de Buxantes. No remate do seu percorrido cae ao mar na enseada de Ézaro nunha fervenza de máis de 30 m de altura que co paso do tempo foi excavando unha poza de máis de 16 m de profundidade. O Xallas é o único río de Europa que desemboca deste xeito no mar. A construción do encoro de Santa Uxía privou de auga a esta fervenza durante moitos anos. Desde 2012 o encoro libera o caudal ecolóxico e a fervenza volve a ter auga. COMO CHEGAR: desde Ézaro cóllese un desvío que vai á central hidroeléctrica.
  • 76. Contan que detrás da fervenza existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
  • 77. RÍO DE BRENS Nace no Marco do Couto (montes de Buxantes), percorre terreos de Dumbría e Cee e desemboca en Brens, na ría de Corcubión
  • 78. Río Castro en Lires RÍO CASTRO Nace no monte Escaleira (Vimianzo), recolle as augas de parte dos concellos de Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee e desemboca formando a pequena ría de Lires, despois de 30 km de percorrido. A súa conca ten uha superficie de 140,1 km2 . Fai de linde entre os concellos de Muxía, Cee, Dumbría e Vimianzo. Recibe pola dereita ao Vilatose, Monte e Vilachán, e pola esquerda o Berdeogas, Fragoso e Lires.
  • 79. FERVENZA DAS CALDEIRAS (CALDEIRAS DO CASTRO) Parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía. O río do Castro cae nun desnivel de 8 m en rochas graníticas. Nas proximidades atópase unha área de lecer e unha capela. COMO CHEGAR: na estrada de Muxía, antes de chegar a Senande cóllese un cruce á dereita que vai a Castro e chégase a
  • 80. Esteiro do Castro en Lires
  • 81. Desembocadura do río do Lago RÍO DO LAGO Nace nos montes de Aranzón e desemboca na ría de Camariñas, na praia chamada do Lago. O principal afluente é o rego de San Martiño.
  • 82. A COSTA Nesta comarca distínguense varios tramos costeiros diferenciados: a Ría de Camariñas, a Costa de mar aberto entre Muxía e Fisterra e a Enseada de Fisterra coa ría de Corcubión. Acolle hábitats moi variados: costas rochosas e areosas, abrigadas e expostas, e pequenos esteiros.
  • 83. Golfos (Laminaria) A vexetación é moi especializada adaptada ás características específicas de cada hábitat. Nos cantís atópanse herba de namorar, pirixel do mar, fento mariño... Nas praias e nas dunas hai unha grande variedade de plantas entre as que se atopan a honquenia, leiteiras, cardos da praia, mapoulas mariñas, cebola das gaivotas, feo da praia, rabo de lebre, sedum, correolas, carrasco bravo, carrascas de San Xoan, alelís... Nos esteiros, aínda que son de pequenas dimensións, tamén se atopan as plantas propias deses hábitats entre os que destacan os xuncos. Tampouco se pode esquecer a diversidade e a riqueza da vexetación acuática, sobre todo as numerosas algas que colonizan as rochas do litoral.
  • 84. Leucantemum pluriflorum Nesta áea podemos atopar ata tres especies de margaridas endémicas que teñen a súa área de distribución limitada a toda ou a parte da costa galega.
  • 85. As grandes flores das correolas destacan sobre a area das dunas fixadas desde finais da primavera ata ben adiantado o verán. Feo da praia. As longas raíces e os talos subterraneos dos feos da praia, aminoran a forza do vento e deteñen os grans de area que se van acumulando entre os talos das plantas e forman as moreas típicas das dunas.
  • 86. Honkenya peploides Herba de namorar. Nas costas galegas podemos atopar ata tres especies distintas de herba de namorar (Armeria maritima, A. pubigera e A. pungens).
  • 87. Rochas e augas limpas, ben batidas e osixenadas, que non faltan en toda a fachada ao mar aberto da costa desta comarca, son o habitat ideal para o desenvolvemento dos percebes, que sosteñen, á súa vez, a economía de moitas persoas da zona. E se a riqueza vexetal é moita non o é menos a variedade de animais que se alimentan dela ou que a aproveitan como lugar de protección entre os que sobresaen, nas terrestres, os insectos e as aves; e nas acuáticas, os numerosos invertebrados e os peixes. Chuponas. Agochadas debaixo das pedras, nas pozas ou en calquera lugar que non quede en seco, podemos atopar estrelas, ourizos, chuponas...
  • 88. Enseada de Fisterra desde o monte Pindo. Á esquerda están as illas Lobeiras. A ENSEADA DE FISTERRA Esténdese desde O Pindo ata o cabo Fisterra e acolle no seu interior a enseada do Ézaro e a ría de Corcubión.
  • 89. ILLAS LOBEIRAS Pequenos illotes rochosos que forman parte do espazo protexido “Carnota Pindo”. Son un importante lugar de cría de aves e conservan unha interesante flora e fauna mariñas.
  • 90. Enseada do Ézaro desde o miradoiro É unha enseada moi protexida, pechada por unha barra de area que tapa parcialmente a desembocadura do río Xallas e que forma a praia de Ézaro, de 730 m de lonxitude. Desde a poboación de Ézaro sóbese ao mirador situado sobre o canón do río xallas e desde o que se poden ver espectaculares vistas dos macizos do Pindo e Buxantes e da costa de Ézaro a Fisterra. Na chamada “Casa da Pedra” hai un centro de interpretación da natureza do río Xallas e o macizo do Pindo.
  • 91. Praia e porto de ÉZARO cos montes de Buxantes ás costas. En Ézaro atópanse as praias de Area Grande, Area Pequena e Pedra Maior.
  • 92. Praia de Gures. Situada entre as puntas do Preguntoiro e Fusía. Accedese a Gures, por un desvío da estrada de Ézaro a Cee, e desde alí por un camiño até a praia. PRAIA DE CANELIÑAS. Encáixase entre as puntas Galera e Preguntoiro. Aquí estivo funcionando a última factoría baleeira galega ata 1986, cando España se acolleu á Moratoria para a Caza de Baleas. Casa da Pedra PRAIA DE GURES, entre as puntas Preguntoiro e Fusía
  • 93. Ría de Corcubión desde o alto do Pindo. Ao fondo vense as vilas de Cee e Corcubión e no primeiro plano a praia de RÍA DE CORCUBIÓN E CEE Situada no fondo da grande enseada que se forma entre o cabo Fisterra e o Monte Pindo. Ábrese entre o Cabo de Cee e a punta Galeira. O río máis importante é o de Cee. No fondo están situadas as vilas de Corcubión e Cee. Corcubión, a máis alta das Rías Baixas, posúe as características destas e anuncia as propias da costa máis ao norte. Así, esta terra de transición conxuga en perfecta harmonía o sosego e a calma das Rías Baixas coa bravura e a natureza viva características da Costa da Morte.
  • 95. Faro do CABO DE CEE, edificado no 1860. Cómo chegar: Seguir a estrada en dirección a Fisterra ata chegar ao cemiterio de Corcubión. Logo continuar por un desvío á esquerda que se atopa xusto ao pé do cemiterio e a urbanización As Hortensias e que chega ata o cabo.
  • 96. ESTORDE, praia segura e tranquila, ao abrigo do arco fisterrán
  • 97. Vila e praia de SARDIÑEIRO
  • 98. PRAIA DA LANGOSTEIRA, de 1.900 m de lonxitude. Ao fondo a vila e o Cabo de Fisterra.
  • 99. Vista de FISTERRA desde o monte do Facho
  • 100. PRAIA DA RIBEIRA e castelo de San Carlos, museo do mar e a pesca
  • 101. CABO FISTERRA Atópase no extremo sur dunha península co punto máis alto no Monte Facho (241 m). Está formada por granito rosa con grandes cristais de feldespato.
  • 102. Segundo a tradición en Fisterra estaba a mítica cidade dos Nerios (fundadores desta comarca). No monte Veladoiro había fileiras de pedras relacionadas co culto ao sol (non se sabe se fenicias ou anteriores). No século II os romanos, encabezados por Décimo Junio Bruto, chegaron a Fisterra e construíron tamén un monumento ao sol. Deles procede o nome de Finis Terrae. Desde a Idade Media convertíuse no punto final das peregrinacións xacobeas.
  • 103. Faro de Fisterra, construído en 1853
  • 104. PRAIA DO MAR DE FORA Un areal de 600 m, moi exposto e cun bo sistema dunar. Sitúase na parte máis estreita da península de Fisterra entre as puntas Unlla de Ferro e Alba do Sul. Unha ruta percorre a costa en dirección ao cabo Fisterra.
  • 105. Cantís do COSTADO DO GAIVOTEIRO, uns dos máis altos da zona
  • 106. CABO DA NAVE Situado 4 km ao norte do faro de Fisterra, na caída do monte Veladoiro (243 m). Remata nun grupo de penedos entre os que destaca o chamado Berrón da Nave.
  • 107. PRAIA DO ROSTRO Un areal de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra, entre as aldeas de Castrexe e Padrís, limitada polas puntas Noroeste do Rostro e Surleste do Rostro. Detrás da praia hai un extenso cordón de dunas fixadas por unha das vexetacións psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan unha pequena zona de marismas con xunqueiras parcialmente comunicada co mar. É unha praia salvaxe e desprotexida na que tiveron lugar varios naufraxios. Os máis célebres foron o do Turret, en 1900 e o Casón, en 1987. Conta a lenda que debaixo das dunas da praia do Rostro está enterrada a mítica cidade de Dugium que foi arrasada por unha enorme onda nunha noite de temporal. En diferentes excavación arqueolóxicas atopáronse restos prehistóricos e romanos. Nunha punta próxima atópase o emprazamento do Castro de Castromiñán, interesantísima citania marítima encravada nun outeiro do cantil. Desde Castromiñán pódese facer unha ruta ata a punta Castelo e a praia da Arnela.
  • 109. Boca da ría de Lires e praia de Nemiña. A forza do mar forma unha frecha de area que dificulta o desaugue do río do Castro. RÍA DE LIRES Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola confluencia dos ríos Castro e Lires. Máis que unha ría verdadeira é un esteiro bloqueado por unha frecha areosa que impide que se baleire totalmente, formando unha lagoa fangosa na que se acollen e alimentan anátidas e limícolas. A marea chea supera o dique de area e renova a auga do interior.
  • 110. PRAIA DE LIRES A costa entre a punta Cociñadoiro e o mellón de Lires forma unha pequena enseada na que se atopa a praia de Nemiña, un areal de 1.460 m de lonxitude. Un pouco máis adiante atópanse dúas pequenas praias: Area Pequena e Area Grande, separadas por un saínte rochoso. Pódese acceder desde un camiño que sae de Lires.
  • 111. CABOS COCIÑADOIRO E TOURIÑÁN
  • 112. CABO TOURIÑÁN Está situado no extremo dunha pequena península granítica. É a punta máis occidental de Galiza e da Península, seguido do cabo da Nave en Fisterra. No seu litoral alternan os cantís cos coídos. Ten varias puntas: Buxeirados, ao norte, Sualba ao oeste e Laxial ao sur. Ao norte do cabo atópase o illote Herbosa e a punta Ínsua. Desde cabo Touriñás ata a punta Cociñadoiro hai un tramo de cantís que acadan a máxima altura na zona de Monte Gordo.
  • 113.
  • 114. Punta e illote da Ínsua ao pé de Touriñán
  • 115. Cabo Touriñán desde a enseada de Cuño. Desde o Cabo Touriñán pódese facer unha ruta costeira ata a vila de Muxía percorrendo interesantes zonas de cantís, coídos e praias solitarias. En Lourido pódese facer un desvío para subir ao Monte Facho (309 m), que paga a pena tendo en conta as vistas que se poden contemplar.
  • 116. FARO DO CABO TOURIÑÁN Santo Cristo de Fisterra, Santo da barba dourada, axúdame a remontar a laxe da Touriñana. (Popular)
  • 117. COÍDO DE CUÑO Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha mestura de coios graníticos de distintos tamaños. Estes bloques, situados hoxe na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos interglaciares do Cuaternario debaixo do mar que os redondeou.
  • 118. Limpando o chapapote do “Prestige” no Coído de Cuño (2003)
  • 119. PRAIA DE LOURIDO Situada entre a punta Arliña e a punta de Lourido no fondo dunha enseada abrigada. Ten un sistema dunar moi ben conservado.
  • 120. Praia de Lourido e Muxía, asentada na península que forma o Monte do Corpiño
  • 121. PUNTA DA BARCA Situada en Muxía, no límite sur da ría de Camariñas. Entre as rochas atópanse a Pedra de Abalar, a Pedra dos Cadrís e outras relacionadas con diferentes ritos. Pedra de Abalar
  • 123. Ría de Camarias cara a Muxía RÍA DE CAMARIÑAS Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto. No seu interior ábrense as enseadas da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro, e Merexo, na desembocadura do rego de Moraime. Ao sur aséntase a vila de Muxía.
  • 125. PRAIA DE MUÍÑOS Mide 630 m de lonxitude, e está situada no fondo da enseada de Merexo. Nela desemboca o rego de Moraime. Ten un bo sistema dunar. Nas proximidades atópanse pequenas praias: Merexo, Raias e Barreiros. Praia de Espiñeirido
  • 126. PRAIA DO LAGO Mide 640 m de lonxitude, na desembocadura do rego de Ozón ou do Lago. Ao fondo vese a vila de Camariñas. Esta é unha praia de fisonomía moi cambiante polas variacións do curso do río entre as dunas de area movidas constantemete polo mar.
  • 127. AS ÁRBORES Carballeira no Castro de Berdeogas Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros.
  • 128. Abeto grego (Abies cephalonica) no Instituto de Cee -3,25 m de perímetro Abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) no Instituto de Cee. -2, 57 m de perímetro
  • 129. Cedro do Líbano (Cedrus libani) do Instituto de Cee. -2,97 m de perímetro Cedro do Atlas (Cedrus atlantica) do Instituto de Cee.
  • 130. LIC COSTA DA MORTE É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo. Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo. Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos que habitan moitas especies de interese. Nemiña co cabo da Nave ao fondo ESPAZOS PROTEXIDOS
  • 131. ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) COSTA DA MORTE Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian nos cantís e marismas. Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis) Píllara riscada (Arenaria interpres)
  • 132. ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en augas do Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros. Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo- terrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño. É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas. Arao (Uria aalge)
  • 133. Ézaro LIC “CARNOTA-MONTE PINDO” Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa. É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.
  • 134. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xuño 2017 Para rematar o día e a viaxe nada mellor que contemplar a maxestuosidade do solpor.