Queridos nen@s:
Xa comezouo mes de febreiro, o noso MES DO
AMOR. Como cada ano, o día 14 de febreiro,
celebraremos un karaoke de amor na biblio,
supoño que xa estaredes preparando as
cancións, non si? Recordade que será despois de
recreo! Estou desexando que chegue o día para
disfrutarmos todos xuntos.
Máis adiante, para o día 24 de febreiro, os meus
compañeiros do equipo de dinamización da lingua
galega, estannos a reservar unha gran sorpresiña;
con motivo da conmemoración do Día de Rosalía
de Castro. Recordade, si é que ainda non o
fixestes, que seguen a recoller as FRASES
FEITAS DA MARIÑA LUCENSE!
Tamén ao longo destes meses, como ben sabedes, xa estamos a quentar motores
para recibir ao ENTROIDO como se merece. As miñas axudantes están
disfrutando moito cos obradoiros de elaboración dos disfraces, espero que vós
tamén!! Moito me tarda ver as vosas creacións!
Aproveito para explicarvos cales van ser as consignas deste ano:
O luns, 20 de febreiro : EU TAMÉN SON UN ROBOT ( CABEZA)
O martes, 21 de febreiro: EU TAMÉN SON UN ROBOT (TRONCO)
O mércores, 22 de febreiro: IMOS CORRER A AUGA
O xoves, 23 de febreiro: DISFRAZ LIBRE
O venres, 24 de febreiro: DESFILE DUN ENTROIDO ROBÓTICO
Ah!! moi importante!! Os nenos e nenas de infantil téñennos preparada unha
EXPOSICIÓN SORPRESA! Que vos parecería ver os escornabots disfrazados??
Pois estade moi atentos nos próximos días… calquer día quedamos coa boca
aberta!!!
Antes de despedirme, por este mes, quero convidarvos a que revisedes as
estanterías de novidades da biblio e a que visitedes o noso blog, hai un montón de
entradas novas, onde podedes recordar todas as actividades que levamos feitas
durante o curso!
PUCA