BiblioContorna
BOLETÍN ANUAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
DA CONTORNA DE AMES
CURSO 2018/2019 NÚMERO 3
Páxina 2 BiblioContorna
“Cun brazo caído ao seu lado, e a outra man apoiada na fronte, o mozo Aristóteles, nunha cómoda
cadeira e cos pés cruzados, le languidamente un manuscrito desenrolado no seu colo. [...] Dous
amantes, Paolo e Francesca, sentados xuntos baixo unha árbore, len un verso que será a súa
perdición [...]. Impaciente ou aburrido, unha nai sostén o libro no que o seu fillo de cabelos
vermellos intenta seguir as palabras coa man dereita na páxina. Todos son lectores e teño en común
con eles os seus xestos e a súa arte, así como a satisfacción, a responsabilidade e o poder que lles
proporciona a lectura. Non estou só [...]”.
Alberto Manguel: Una Historia de la lectura.
Por terceiro ano consecutivo, as bibliotecas dos centros escolares da contorna de Ames presentamos
o noso boletín anual. Dá igual a idade, dá igual o centro, dá igual o lugar: traballamos coa cultura,
coa palabra, coa imaxe, traballamos cos libros. Facémolo porque sabemos que son fonte de
sabedoría e de alegría. E facémolo en común porque non estamos solos.
Terceira achega de BiblioContorna. Suma e segue.
SUMA E SEGUE.
Charles Degeorge
(1837-1887)
Anselm Feuerbach
(1829-1880)
Gerard ter Borch
(1617-1681)
Páxina 3Número 3 . Curso 2018 -2019
CONTORNA 2019. IES DE AMES
Pola Igualdade: Mulleres escritoras
No espazo frontal da biblioteca puidemos visitar en marzo a exposición “Maletas de Escritoras do
Século XIX”. A través delas coñecéronse aspectos da vida e obra de autoras galegas, nacionais e
internacionais. Realizada polo alumnado de 3º
A, B e C, na materia de galego, botou man de
libros, películas, carteis e todo tipo de obxectos
relacionados coas creadoras divulgadas.
Solta de libros e A que cheiran os libros?
Con motivo do Día Internacional do Libro, a Biblioteca realizou a solta duns centos de libros entre os
días 24, 25 e 26 de abril na entrada do Instituto. Calquera membro da comunidade educativa podía
traer e levar calquera libro de lectura. Pola súa parte, o Departamento de Física e Química organizou
a exposición A que cheiran os libros?: “olores leñosos e vainilla” e “olor a novo”.
Recreando a Época Moderna
Os alumnos e alumnas de 3 ESO A da materia Xeografía e Historia
recrearon a través de fotografías diferentes obras da Idade Moderna.
A arte Renacentista e Barroca.
Lecturas e charlas de Ledicia Costas, Berta Dávila, Antía Yáñez, Sonia Mirón, González Herrán...
Libros de lectura como Corazón de Xúpiter, O derradeiro libro de Emma Olsen, Senlleiras, Un sol
dentro de mí, trouxeron consigo a presenza das súas escritoras, invitadas polos Departamentos de
Galego e Castelán. En relación coas lecturas e a obra literaria de Emilia Pardo
Bazán, o Departamento de Castelán xestionou a visita do Profesor de Filoloxía,
J.M. González Herrán, autor da edición crítica de El vidrio roto.
Letras Galegas 2019: Antón Fraguas no IESP de Ames
Divulgación dun cartel-foto da visita ao centro en 1998 de Antonio Fraguas, con
motivo do 75 aniversario da fundación do Seminario de Estudos Galegos e da
primeira camiñada á casa de Rosalía de Castro en Ortoño en 1923.
Páxina 4 BiblioContorna
POÉTICAS DIVERSAS . IES DO MILLADOIRO
Comezamos o curso enviando a solicitude para participar novamente na convocatoria de clubs de
lectura. Máis de 60 persoas inscribíronse e formamos 4
clubs: En 1º de ESO leuse narrativa, en 2º poesía, en 3º
teatro, en 4º de ESO e Bacharelato narrativa galega.
Levamos a cabo varias reunións por trimestre e unha
actividade (froito da colaboración entre as bibliotecas dos
centros público de Ames) que vén sempre cargada de
emoción, como é a visita ao CEIP de Ventín onde se
produciu un emotivo reencontro co antigo profesorado.
Encontro con escritores na biblioteca.
No mes de marzo contamos na biblioteca coa presenza de Cándido Pazó, actor, guionista, director
teatral e autor de A piragua, que tivo un produtivo encontro co
alumnado de 2º de Bacharelato, cuxo programa de estudos inclúe
a mencionada obra. O escritor explicou brevemente a súa
traxectoria vital e como partiu dun feito anecdótico ata chegar a
abordar a violencia de xénero. A actividade foi subvencionada polo
MEC dentro do Plan de fomento da lectura.
Semana do libro e Semana das Letras Galegas.
Durante a Semana do libro levamos a cabo exposicións de novidades, lecturas dos clubs, entrega de
premios do concurso gastronómico, sorteo de libros
e unha cita sorpresa con lecturas envoltas como
agasallos. Fíxose unha exposición sobre a figura de
Antonio Fraguas. Fixemos lecturas colectivas de
fragmentos escollidos da biografía escrita por Héctor
Cajaraville do escritor homenaxeado nas Letras
Galegas O bo mestre. O mestre bo. Levamos a cabo
a 2ª reunión das bibliotecas dos centros públicos de Ames.
Páxina 5Número 3 . Curso 2018 -2019
ENTRE CONTOS ANDA O CONTO . CEIP AGRO DO MUÍÑO
O equipo da Biblioteca do CEIP Agro do Muíño propuxo traballar os contos como proxecto
globalizador. Foron moitas as actividades que se levaron a cabo.
Partimos sempre dun gran mural situado no corredor principal e no que colaboran os grupos dende 3
anos ata 6º de primaria. Nel reflicten o conto a traballar
ao longo do curso a modo de proxecto. Todos os
equipos en colaboración coa biblioteca xuntámonos para
ter os contos como centro motivador.
Así, a modo de exemplo, no Samaín as nosas cabazas
(en colaboración coas familias) representaron dende a
Carapuchiña ata Cocorico e no Entroido houbo un gran
desfile tamén sobre personaxes de contos.
Fixemos moitas exposicións, escritores e escritoras que nos
falaron das súas obras, lecturas interaulas, un conto
viaxeiro confeccionado por todos e todas, dramatizacións,
... faladoiros do Muíño onde as familias viñan contar as
súas historias, os avós os contos de cando eran cativos, ...
Todas as mañás un neno ou nena saudábanos na entrada
disfrazados dunha recoñecida personaxe de conto.
Rematamos así o mes de maio cunha gran exposición dos proxectos levada a cabo nas distintas
aulas.
Temos que subliñar as lendas feitas polo
alumnado de 6º. Nelas traballaron as súas
características, personaxes, tipos...
Logo inventaron outras relacionadas co
concello de Ames, igrexas, fontes, petróglifos,
pazos... mesturando así elementos reais con
feitos inventados.
Cremos que este foi un proxecto enriquecedor para o noso alumnado.
Páxina 6 BiblioContorna
TRABALLANDO AO REDOR DAS LETRAS . EEI MILLADOIRO
Un ano máis desde a biblioteca celebramos a Semana da Prensa, editando o noso xornal “Diario do
Milladoiro”. Nel fomos recollendo as actividades e proxectos nos que se
traballou ao longo do curso, así como as conmemoracións que fomos
celebrando.
Impulsáronse outras actividades que xiraron ao redor dos contos, como a
representación teatral do conto “ O CEMPÉS BAILARÍN” ofrecida polo
alumnado de 5 anos.
Traballamos o Día da Muller, investigando sobre mulleres que marcaron a
historia do mundo e destacaron no eido científico.
Realizamos unha sesión de contacontos, para o que contamos coa colaboración do alumnado do IES
MILLADOIRO. Gustáronnos moito as historias que nos contaron,
e fixérono moi, moi ben.
Lembramos a Rosalía, realizando unha “plantación” de poemas,
convertendo así ao Milladoiro nunha vila poética.
Gozamos con Celtia Figueiras coa súa obra ”Cantamos?” que
nos fixo bailar e lembrar eses contos de sempre con un final
diferente.
Tivemos con nós a OS BOLECHAS. Viñeron presentar o seu proxecto Os Electrotecos. Cantamos,
rimos, e aprendemos moito sobre a RAEE: a reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.
E saimos visitar un dos nosos sitios preferidos… A BIBLIOTECA DE MILLADOIRO, onde Bibiana nos
ensinou as instalación, e contounos unha fermosa historia. Ata o curso que vén ……
Páxina 7Número 3 . Curso 2018 -2019
RADIO NA NOSA BIBLIO. CEIP DE BAROUTA
Este curso 2018-2019 é o terceiro no que a radio forma
parte da nosa escola. Comezou sendo un proxecto
interxeracional co alumnado de 6ºEP, avanzou noutros
niveis con pequenos traballos e hoxe en día, a pesar de
non ser membros do programa de Bibliotecas Escolares
“Radio na Biblio”, este obradoiro está establecido para
todo o alumnado de 4º, 5º e 6º no noso centro.
O alumnado organízase en cinco grupos cooperativos e preparan un
podcast que logo gravan e se retransmite en streaming no fío
musical do noso cole na hora do patio.
Este ano ademais presentamos un póster feito tamén por alumnado
de 6ºEP que presentamos
nos Encontros de PLAMBE de Bibliotecas Escolares do 21-
22 de marzo en Santiago de Compostela para difundir e
animar a outros centros a incluír a radio no seu día a día.
Páxina 8 BiblioContorna
DÍA DO LIBRO. CEIP A MAÍA
A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2019. CEIP A MAIA
O día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. O o
Noso cole festexou este acontecemento con diversas
actividades que se realizaron ao longo desa semana.
Unha delas consistía en decorar as portas das aulas. Cada
mestre, titor ou especialista xunto co seu alumnado
escollía un libro, lido previamente, e decoraba a porta con
imaxes relacionadas co libro ou deseñando a portada.
Outra actividade foi “A solta de libros” inspirada no
movemento BookCrossing onde os alumnos de 5º e 6º
nivel de E.P intercambiaron libros.
Ademais durante esta semana tivemos distintas actividades de animación á lectura como foron as
visitas de Anxo Moure e Celtia Figueiras.
Tamén estiveron mulleres que destacaron no mundo da composición musical e no deporte: Sofía
Oriana Infante e Esther Pedrosa.
Páxina 9Número 3 . Curso 2018 -2019
AS EMOCIÓNS. EEI DE COVAS
Na EEI de Covas aproveitamos a celebración da festa
do Samaín para abordar as emocións, polo que
realizamos diferentes actividades nas que traballamos
o medo: puxemos cara de medo, falamos dos
medos que ten cada neno/a, que sentimos cando
temos medo a algo, concluímos que hai medos que
desaparecen ou cambian ao longo da vida e outros
que non e, para finalizar, fixeron un debuxo de algo
que lles daba medo e pegárono no mural do “monstro
dos medos.”
Para celebrar o Día do Libro, cada neno/a trouxo
á escola o seu conto favorito para, deste xeito,
compartir cos compañeiros e compañeiras a súa
lectura preferida. Lemos todos os contos e
despois desfrutáronos de forma autónoma e
por grupos véndoos e compartíndoos entre eles.
Con esta actividade os nenos e nenas
coñecen outros contos, comparten os seus
gustos e enriquécense doutras lecturas.
Páxina 10 BiblioContorna
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. CEP DE VENTÍN
No CEP de Ventín consideramos esencial educar á nosa rapazada na igualdade, xa que a mellor maneira de
evitar condutas discriminatorias ou violentas é a prevención. Por esta razón datas coma o “Día contra a
violencia de xénero”, “Día da Muller” ou “Día da muller e a nena na
ciencia” conmemóranse a nivel de centro con diferentes actividades e
dende a biblioteca con exposicións de materiais relacionados coas datas.
En decembro do curso pasado ( 2017/2018) recibimos na nosa biblioteca
un estante enviado dende o concello que tiña por nome “Punto de
Igualdade”. Durante todo ese curso e parte do presente ese punto estivo á
disposición do noso alumnado sendo utilizado polas nenas e nenos con
moita frecuencia, pero, no mes de novembro, viñeron recollelo pois tiñan
que levalo a outro centro. Nese intre, dende a biblioteca consideramos a
posibilidade de crear o noso propio punto de igualdade.
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións
Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Por esa razón decidimos inaugurar o noso Punto de Igualdade nesta data, cunha selección de libros nos que
se conta a historia de mulleres científicas que realizaron achegos importantes e que , salvo raras excepcións,
foron esquecidas.
Queremos que as nenas do noso colexio teñan referentes
femininos no ámbito das ciencias, pero pareceunos
especialmente importante facer visibles para elas a mulleres
científicas que estaban moito máis preto do que podían pensar,
porque eran mulleres galegas. Por esta razón fixemos carteis
dedicados a mulleres científicas galegas cos que decoramos as
paredes do noso centro.
Mulleres Científicas coma Alicia Estévez, catedrática en
microbioloxía pola USC; Ana María Prieto, pioneira da
programación informática en Galicia; Angela Ruíz Robles, mestra e inventora, considerada precursora do libro
electrónico;, Ángeles Alvariño, oceanógrafa e unha das maiores expertas en zooplancto a nivel mundial; Celia
Brañas, profesora de Física, Química e Historia Natural; Jimena e Elisa Fernández de la Vega, primeiras
licenciadas en Medicina de Galicia; Manuela Barreiro Pico, primeira licenciada en Farmacia … e tantas outras
pioneiras que abriron o camiño para que as nosas nenas poidan decantarse por carreiras coma Medicina,
Química, Matemáticas…
Páxina 11Número 3 . Curso 2018 -2019
O ENSINO NO CONCELLO DE AMES A MEDIADOS DO S.XIX
A fonte de información é o Dicionario Geográfico-Estadístico-Histórico de Pascual Madoz, publicado
en Madrid en1845.
O Dicionario proporciona moita información sobre o Concello de Ames e as súas parroquias.
Información tanto de tipo demográfico (o concello ten 968 veciños e 5.419 “almas”), como
xeográfico (en xeral indica que o
clima é benigno e san), económico
(calidade do terreo, existencia
dalgúns teares de lenzo e de
muíños fariñeiros, así como unha
feira en Susavila do Carballo-
parroquia de Trasmonte).
Sobre a situación escolar das
parroquias do concello de Ames, a
visión que ofrece é negativa: en
catro parroquias non cita a
existencia de escola (Bugallido,
Lens, Piñeiro e Tapia); noutras
catro (Agrón, Ameixenda, Biduído e Trasmonte) sinala que é unha escola temporal e indotada.
Respecto ao financiamento das escolas, informa que en Agrón e Ameixenda é pagada polos pais
dos alumnos; en Ames é pagada co presuposto municipal e coa gratificación dos alumnos; e na de
Covas, indica que é unha escola pública cun presuposto de 600 reais anuais.
Tamén revela a existencia dunha desigualdade de xénero entre o alumnado. A información ao
respecto é escasa pero clara: en Ames e Covas concorren á escola 107 alumnos e só 34 alumnas
(85 rapaces e 22 rapazas en Ames e 25 rapaces e 12 rapazas en Covas).
Por último, en Agrón destaca que o número de alumnas/os diminúe moito nas épocas de traballo
na labranza.
PARA QUE LEAS, GOCES, AMES ...
LETRAS GALEGAS 2019
A vida de Antonio Fraguas discorreu practicamente ao longo
de todo o século XX (1905-1999). Destacou como escritor,
historiador, antropólogo, etnógrafo, etc., pero por riba de
todo foi un mestre.
No Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra coñece a
Castelao e xunto cos seus compañeiros de estudos fundará
a Sociedade da Lingua co obxectivo de promover o idioma
galego e elaborar un dicionario.
Estudou a carreira de Filosofía e letras en Santiago e
integrouse no Seminario de Estudos Galegos, tomou parte
activa nas Irmandades da fala da cidade e no grupo Nós.
En 1936 como membro do Partido Galeguista fixo campaña
a favor do Estatuto de Autonomía e foi un dos moitos
represaliados despois da Guerra Civil.
Traballou como profesor no Instituto Rosalía de Castro e foi
nomeado director do Museo municipal de Santiago, que
despois se convertería no Museo do pobo galego, do que
tamén foi director. Fixo realidade o seu soño de recoller
nunha grande exposición diferentes expresións da cultura
popular: o mar, o campo, os oficios, a música, a
arquitectura tradicional…
En 1992, foi nomeado “Cronista xeral de Galicia”. Dous
anos despois, cedeu a súa biblioteca constituída por 20.000
volumes ao Museo de Pobo Galego.
Lembranzas
Santiago de Compostela
Santiago tivo unha vez unha muralla. No meu
primeiro ano de carreira pasaba a diario por onde
estivo situada a porta da Mámoa (a carón do Derby),
hoxe desaparecida. Da muralla pouco se conserva,
máis alá dunha das portas, a de Mazarelos…
Xusto en fronte da porta da Mámoa, na praza de
Galicia, levantaban daquela o que logo sería o
edificio Castromil, sen dúbida a construción máis
fermosa fóra da cidade vella, un fito do Modernismo
que tamén acabou sucumbindo ao mal entendido
progreso….
Durante toda a miña vida dediqueime a tratar de
localizar e darlles visibilidade aos elementos do noso
patrimonio que durante séculos pasaran
desapercibidos ou foran obxecto de desprezo. Penso
que, por sorte, a mentalidade da sociedade mudou e
hoxe en día a sensibilidade é maior, aínda que se
sigan cometendo atrocidades nesta cidade de
Santiago, unha das capitais da cristiandade.
Así e todo, a miña Compostela segue a ser a cidade
máis fermosa do mundo.
(Antonio Fraguas O bo mestre, o mestre bo, Héctor Cajaraville, Xerais
2019)

Biblio contorna 3.pub

  • 1.
    BiblioContorna BOLETÍN ANUAL DASBIBLIOTECAS ESCOLARES DA CONTORNA DE AMES CURSO 2018/2019 NÚMERO 3
  • 2.
    Páxina 2 BiblioContorna “Cunbrazo caído ao seu lado, e a outra man apoiada na fronte, o mozo Aristóteles, nunha cómoda cadeira e cos pés cruzados, le languidamente un manuscrito desenrolado no seu colo. [...] Dous amantes, Paolo e Francesca, sentados xuntos baixo unha árbore, len un verso que será a súa perdición [...]. Impaciente ou aburrido, unha nai sostén o libro no que o seu fillo de cabelos vermellos intenta seguir as palabras coa man dereita na páxina. Todos son lectores e teño en común con eles os seus xestos e a súa arte, así como a satisfacción, a responsabilidade e o poder que lles proporciona a lectura. Non estou só [...]”. Alberto Manguel: Una Historia de la lectura. Por terceiro ano consecutivo, as bibliotecas dos centros escolares da contorna de Ames presentamos o noso boletín anual. Dá igual a idade, dá igual o centro, dá igual o lugar: traballamos coa cultura, coa palabra, coa imaxe, traballamos cos libros. Facémolo porque sabemos que son fonte de sabedoría e de alegría. E facémolo en común porque non estamos solos. Terceira achega de BiblioContorna. Suma e segue. SUMA E SEGUE. Charles Degeorge (1837-1887) Anselm Feuerbach (1829-1880) Gerard ter Borch (1617-1681)
  • 3.
    Páxina 3Número 3. Curso 2018 -2019 CONTORNA 2019. IES DE AMES Pola Igualdade: Mulleres escritoras No espazo frontal da biblioteca puidemos visitar en marzo a exposición “Maletas de Escritoras do Século XIX”. A través delas coñecéronse aspectos da vida e obra de autoras galegas, nacionais e internacionais. Realizada polo alumnado de 3º A, B e C, na materia de galego, botou man de libros, películas, carteis e todo tipo de obxectos relacionados coas creadoras divulgadas. Solta de libros e A que cheiran os libros? Con motivo do Día Internacional do Libro, a Biblioteca realizou a solta duns centos de libros entre os días 24, 25 e 26 de abril na entrada do Instituto. Calquera membro da comunidade educativa podía traer e levar calquera libro de lectura. Pola súa parte, o Departamento de Física e Química organizou a exposición A que cheiran os libros?: “olores leñosos e vainilla” e “olor a novo”. Recreando a Época Moderna Os alumnos e alumnas de 3 ESO A da materia Xeografía e Historia recrearon a través de fotografías diferentes obras da Idade Moderna. A arte Renacentista e Barroca. Lecturas e charlas de Ledicia Costas, Berta Dávila, Antía Yáñez, Sonia Mirón, González Herrán... Libros de lectura como Corazón de Xúpiter, O derradeiro libro de Emma Olsen, Senlleiras, Un sol dentro de mí, trouxeron consigo a presenza das súas escritoras, invitadas polos Departamentos de Galego e Castelán. En relación coas lecturas e a obra literaria de Emilia Pardo Bazán, o Departamento de Castelán xestionou a visita do Profesor de Filoloxía, J.M. González Herrán, autor da edición crítica de El vidrio roto. Letras Galegas 2019: Antón Fraguas no IESP de Ames Divulgación dun cartel-foto da visita ao centro en 1998 de Antonio Fraguas, con motivo do 75 aniversario da fundación do Seminario de Estudos Galegos e da primeira camiñada á casa de Rosalía de Castro en Ortoño en 1923.
  • 4.
    Páxina 4 BiblioContorna POÉTICASDIVERSAS . IES DO MILLADOIRO Comezamos o curso enviando a solicitude para participar novamente na convocatoria de clubs de lectura. Máis de 60 persoas inscribíronse e formamos 4 clubs: En 1º de ESO leuse narrativa, en 2º poesía, en 3º teatro, en 4º de ESO e Bacharelato narrativa galega. Levamos a cabo varias reunións por trimestre e unha actividade (froito da colaboración entre as bibliotecas dos centros público de Ames) que vén sempre cargada de emoción, como é a visita ao CEIP de Ventín onde se produciu un emotivo reencontro co antigo profesorado. Encontro con escritores na biblioteca. No mes de marzo contamos na biblioteca coa presenza de Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral e autor de A piragua, que tivo un produtivo encontro co alumnado de 2º de Bacharelato, cuxo programa de estudos inclúe a mencionada obra. O escritor explicou brevemente a súa traxectoria vital e como partiu dun feito anecdótico ata chegar a abordar a violencia de xénero. A actividade foi subvencionada polo MEC dentro do Plan de fomento da lectura. Semana do libro e Semana das Letras Galegas. Durante a Semana do libro levamos a cabo exposicións de novidades, lecturas dos clubs, entrega de premios do concurso gastronómico, sorteo de libros e unha cita sorpresa con lecturas envoltas como agasallos. Fíxose unha exposición sobre a figura de Antonio Fraguas. Fixemos lecturas colectivas de fragmentos escollidos da biografía escrita por Héctor Cajaraville do escritor homenaxeado nas Letras Galegas O bo mestre. O mestre bo. Levamos a cabo a 2ª reunión das bibliotecas dos centros públicos de Ames.
  • 5.
    Páxina 5Número 3. Curso 2018 -2019 ENTRE CONTOS ANDA O CONTO . CEIP AGRO DO MUÍÑO O equipo da Biblioteca do CEIP Agro do Muíño propuxo traballar os contos como proxecto globalizador. Foron moitas as actividades que se levaron a cabo. Partimos sempre dun gran mural situado no corredor principal e no que colaboran os grupos dende 3 anos ata 6º de primaria. Nel reflicten o conto a traballar ao longo do curso a modo de proxecto. Todos os equipos en colaboración coa biblioteca xuntámonos para ter os contos como centro motivador. Así, a modo de exemplo, no Samaín as nosas cabazas (en colaboración coas familias) representaron dende a Carapuchiña ata Cocorico e no Entroido houbo un gran desfile tamén sobre personaxes de contos. Fixemos moitas exposicións, escritores e escritoras que nos falaron das súas obras, lecturas interaulas, un conto viaxeiro confeccionado por todos e todas, dramatizacións, ... faladoiros do Muíño onde as familias viñan contar as súas historias, os avós os contos de cando eran cativos, ... Todas as mañás un neno ou nena saudábanos na entrada disfrazados dunha recoñecida personaxe de conto. Rematamos así o mes de maio cunha gran exposición dos proxectos levada a cabo nas distintas aulas. Temos que subliñar as lendas feitas polo alumnado de 6º. Nelas traballaron as súas características, personaxes, tipos... Logo inventaron outras relacionadas co concello de Ames, igrexas, fontes, petróglifos, pazos... mesturando así elementos reais con feitos inventados. Cremos que este foi un proxecto enriquecedor para o noso alumnado.
  • 6.
    Páxina 6 BiblioContorna TRABALLANDOAO REDOR DAS LETRAS . EEI MILLADOIRO Un ano máis desde a biblioteca celebramos a Semana da Prensa, editando o noso xornal “Diario do Milladoiro”. Nel fomos recollendo as actividades e proxectos nos que se traballou ao longo do curso, así como as conmemoracións que fomos celebrando. Impulsáronse outras actividades que xiraron ao redor dos contos, como a representación teatral do conto “ O CEMPÉS BAILARÍN” ofrecida polo alumnado de 5 anos. Traballamos o Día da Muller, investigando sobre mulleres que marcaron a historia do mundo e destacaron no eido científico. Realizamos unha sesión de contacontos, para o que contamos coa colaboración do alumnado do IES MILLADOIRO. Gustáronnos moito as historias que nos contaron, e fixérono moi, moi ben. Lembramos a Rosalía, realizando unha “plantación” de poemas, convertendo así ao Milladoiro nunha vila poética. Gozamos con Celtia Figueiras coa súa obra ”Cantamos?” que nos fixo bailar e lembrar eses contos de sempre con un final diferente. Tivemos con nós a OS BOLECHAS. Viñeron presentar o seu proxecto Os Electrotecos. Cantamos, rimos, e aprendemos moito sobre a RAEE: a reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. E saimos visitar un dos nosos sitios preferidos… A BIBLIOTECA DE MILLADOIRO, onde Bibiana nos ensinou as instalación, e contounos unha fermosa historia. Ata o curso que vén ……
  • 7.
    Páxina 7Número 3. Curso 2018 -2019 RADIO NA NOSA BIBLIO. CEIP DE BAROUTA Este curso 2018-2019 é o terceiro no que a radio forma parte da nosa escola. Comezou sendo un proxecto interxeracional co alumnado de 6ºEP, avanzou noutros niveis con pequenos traballos e hoxe en día, a pesar de non ser membros do programa de Bibliotecas Escolares “Radio na Biblio”, este obradoiro está establecido para todo o alumnado de 4º, 5º e 6º no noso centro. O alumnado organízase en cinco grupos cooperativos e preparan un podcast que logo gravan e se retransmite en streaming no fío musical do noso cole na hora do patio. Este ano ademais presentamos un póster feito tamén por alumnado de 6ºEP que presentamos nos Encontros de PLAMBE de Bibliotecas Escolares do 21- 22 de marzo en Santiago de Compostela para difundir e animar a outros centros a incluír a radio no seu día a día.
  • 8.
    Páxina 8 BiblioContorna DÍADO LIBRO. CEIP A MAÍA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2019. CEIP A MAIA O día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. O o Noso cole festexou este acontecemento con diversas actividades que se realizaron ao longo desa semana. Unha delas consistía en decorar as portas das aulas. Cada mestre, titor ou especialista xunto co seu alumnado escollía un libro, lido previamente, e decoraba a porta con imaxes relacionadas co libro ou deseñando a portada. Outra actividade foi “A solta de libros” inspirada no movemento BookCrossing onde os alumnos de 5º e 6º nivel de E.P intercambiaron libros. Ademais durante esta semana tivemos distintas actividades de animación á lectura como foron as visitas de Anxo Moure e Celtia Figueiras. Tamén estiveron mulleres que destacaron no mundo da composición musical e no deporte: Sofía Oriana Infante e Esther Pedrosa.
  • 9.
    Páxina 9Número 3. Curso 2018 -2019 AS EMOCIÓNS. EEI DE COVAS Na EEI de Covas aproveitamos a celebración da festa do Samaín para abordar as emocións, polo que realizamos diferentes actividades nas que traballamos o medo: puxemos cara de medo, falamos dos medos que ten cada neno/a, que sentimos cando temos medo a algo, concluímos que hai medos que desaparecen ou cambian ao longo da vida e outros que non e, para finalizar, fixeron un debuxo de algo que lles daba medo e pegárono no mural do “monstro dos medos.” Para celebrar o Día do Libro, cada neno/a trouxo á escola o seu conto favorito para, deste xeito, compartir cos compañeiros e compañeiras a súa lectura preferida. Lemos todos os contos e despois desfrutáronos de forma autónoma e por grupos véndoos e compartíndoos entre eles. Con esta actividade os nenos e nenas coñecen outros contos, comparten os seus gustos e enriquécense doutras lecturas.
  • 10.
    Páxina 10 BiblioContorna DÍADA MULLER E A NENA NA CIENCIA. CEP DE VENTÍN No CEP de Ventín consideramos esencial educar á nosa rapazada na igualdade, xa que a mellor maneira de evitar condutas discriminatorias ou violentas é a prevención. Por esta razón datas coma o “Día contra a violencia de xénero”, “Día da Muller” ou “Día da muller e a nena na ciencia” conmemóranse a nivel de centro con diferentes actividades e dende a biblioteca con exposicións de materiais relacionados coas datas. En decembro do curso pasado ( 2017/2018) recibimos na nosa biblioteca un estante enviado dende o concello que tiña por nome “Punto de Igualdade”. Durante todo ese curso e parte do presente ese punto estivo á disposición do noso alumnado sendo utilizado polas nenas e nenos con moita frecuencia, pero, no mes de novembro, viñeron recollelo pois tiñan que levalo a outro centro. Nese intre, dende a biblioteca consideramos a posibilidade de crear o noso propio punto de igualdade. O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Por esa razón decidimos inaugurar o noso Punto de Igualdade nesta data, cunha selección de libros nos que se conta a historia de mulleres científicas que realizaron achegos importantes e que , salvo raras excepcións, foron esquecidas. Queremos que as nenas do noso colexio teñan referentes femininos no ámbito das ciencias, pero pareceunos especialmente importante facer visibles para elas a mulleres científicas que estaban moito máis preto do que podían pensar, porque eran mulleres galegas. Por esta razón fixemos carteis dedicados a mulleres científicas galegas cos que decoramos as paredes do noso centro. Mulleres Científicas coma Alicia Estévez, catedrática en microbioloxía pola USC; Ana María Prieto, pioneira da programación informática en Galicia; Angela Ruíz Robles, mestra e inventora, considerada precursora do libro electrónico;, Ángeles Alvariño, oceanógrafa e unha das maiores expertas en zooplancto a nivel mundial; Celia Brañas, profesora de Física, Química e Historia Natural; Jimena e Elisa Fernández de la Vega, primeiras licenciadas en Medicina de Galicia; Manuela Barreiro Pico, primeira licenciada en Farmacia … e tantas outras pioneiras que abriron o camiño para que as nosas nenas poidan decantarse por carreiras coma Medicina, Química, Matemáticas…
  • 11.
    Páxina 11Número 3. Curso 2018 -2019 O ENSINO NO CONCELLO DE AMES A MEDIADOS DO S.XIX A fonte de información é o Dicionario Geográfico-Estadístico-Histórico de Pascual Madoz, publicado en Madrid en1845. O Dicionario proporciona moita información sobre o Concello de Ames e as súas parroquias. Información tanto de tipo demográfico (o concello ten 968 veciños e 5.419 “almas”), como xeográfico (en xeral indica que o clima é benigno e san), económico (calidade do terreo, existencia dalgúns teares de lenzo e de muíños fariñeiros, así como unha feira en Susavila do Carballo- parroquia de Trasmonte). Sobre a situación escolar das parroquias do concello de Ames, a visión que ofrece é negativa: en catro parroquias non cita a existencia de escola (Bugallido, Lens, Piñeiro e Tapia); noutras catro (Agrón, Ameixenda, Biduído e Trasmonte) sinala que é unha escola temporal e indotada. Respecto ao financiamento das escolas, informa que en Agrón e Ameixenda é pagada polos pais dos alumnos; en Ames é pagada co presuposto municipal e coa gratificación dos alumnos; e na de Covas, indica que é unha escola pública cun presuposto de 600 reais anuais. Tamén revela a existencia dunha desigualdade de xénero entre o alumnado. A información ao respecto é escasa pero clara: en Ames e Covas concorren á escola 107 alumnos e só 34 alumnas (85 rapaces e 22 rapazas en Ames e 25 rapaces e 12 rapazas en Covas). Por último, en Agrón destaca que o número de alumnas/os diminúe moito nas épocas de traballo na labranza.
  • 12.
    PARA QUE LEAS,GOCES, AMES ... LETRAS GALEGAS 2019 A vida de Antonio Fraguas discorreu practicamente ao longo de todo o século XX (1905-1999). Destacou como escritor, historiador, antropólogo, etnógrafo, etc., pero por riba de todo foi un mestre. No Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra coñece a Castelao e xunto cos seus compañeiros de estudos fundará a Sociedade da Lingua co obxectivo de promover o idioma galego e elaborar un dicionario. Estudou a carreira de Filosofía e letras en Santiago e integrouse no Seminario de Estudos Galegos, tomou parte activa nas Irmandades da fala da cidade e no grupo Nós. En 1936 como membro do Partido Galeguista fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía e foi un dos moitos represaliados despois da Guerra Civil. Traballou como profesor no Instituto Rosalía de Castro e foi nomeado director do Museo municipal de Santiago, que despois se convertería no Museo do pobo galego, do que tamén foi director. Fixo realidade o seu soño de recoller nunha grande exposición diferentes expresións da cultura popular: o mar, o campo, os oficios, a música, a arquitectura tradicional… En 1992, foi nomeado “Cronista xeral de Galicia”. Dous anos despois, cedeu a súa biblioteca constituída por 20.000 volumes ao Museo de Pobo Galego. Lembranzas Santiago de Compostela Santiago tivo unha vez unha muralla. No meu primeiro ano de carreira pasaba a diario por onde estivo situada a porta da Mámoa (a carón do Derby), hoxe desaparecida. Da muralla pouco se conserva, máis alá dunha das portas, a de Mazarelos… Xusto en fronte da porta da Mámoa, na praza de Galicia, levantaban daquela o que logo sería o edificio Castromil, sen dúbida a construción máis fermosa fóra da cidade vella, un fito do Modernismo que tamén acabou sucumbindo ao mal entendido progreso…. Durante toda a miña vida dediqueime a tratar de localizar e darlles visibilidade aos elementos do noso patrimonio que durante séculos pasaran desapercibidos ou foran obxecto de desprezo. Penso que, por sorte, a mentalidade da sociedade mudou e hoxe en día a sensibilidade é maior, aínda que se sigan cometendo atrocidades nesta cidade de Santiago, unha das capitais da cristiandade. Así e todo, a miña Compostela segue a ser a cidade máis fermosa do mundo. (Antonio Fraguas O bo mestre, o mestre bo, Héctor Cajaraville, Xerais 2019)