Unha presentación do traballo realizado polo alumnado do CEIP López Ferreiro para coñecer a orixe do Día das Letras Galegas, e a biografía e mais a obra de Carlos Casares.
Conxunto de actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria para traballar os versos de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, co gallo do 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora. Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela.
Este documento invita a participar en un karaoke eurovisivo cantando canciones ganadoras y populares del Festival de la Canción de Eurovisión de diferentes años, así como canciones en gallego y éxitos de los años 90 para animar un festival de fin de curso. Incluye enlaces de YouTube de cada canción mencionada.
Este documento describe una actividad escolar en la que los estudiantes deben responder preguntas y buscar información sobre la geolocalización, Domingo Fontán, y el Arco del Triunfo en París. Los estudiantes construirán un maqueta y completarán un mapa colaborativo con detalles sobre estos temas. Se proporcionan enlaces a recursos en línea para ayudar a los estudiantes en su investigación.
1. Cervo, 1de MARZO de 2018
Ola de novo, amigas e amigos!
Menudas FESTAS DO ANTROIDO tan divertidas pasamos!! Canto traballastes e que
marabillosos disfraces lucístedes no desfile! Quedei EMOCIONADA!
Quero agradecer especialmente o voso esforzo nos obradoiros creativos, ben sei o
traballo que vos dan, pero tamén… o ben que o pasades e todo o que aprendedes!
Cada un dos vosos traballo compoñía en si mesmo unha verdadeira OBRA DE ARTE!
Noraboa a todos e todas, pequenos e maiores!
Tamén o pasamos moi ben no KARAOKE DE AMOR, non si? Xa esto pensando en que
cancións propoñervos para o ano que vén!!
Por certo…Estades preparados para comezar coas actividades do mes de marzo?
Ala imos!
En MARZO, un mes no que xa recende á primavera, nós celebramos O MES DA
POESÍA!
Durante estes meses, marzo e abril, na biblioteca teredes os RECREOS DE POESÍA,
nos que como cada ano poderedes anotarvos para vir preparar e recitar poesías
conmigo. Pero non só iso, senón que como recordaredes tamén deberedes anunciar a
vosa actuación creando unha campaña publicitaria, que pode incluir algún chío á hora
do patio, co #poesía! A novidade deste ano é que durante este mes realizaremos unha
homenaxe a poetas como Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio ou Espronceda ( por
facer 210 anos do seu nacemento), serán deles os poemas que elixiremos para os
nosos recitais. En breve teredes unha exposición de libros e poesías xa preparada!
-QUEDA EXPOSTA A LISTAXE PARA APUNTARNOS NA CORTIZA DA BIBLIO!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! Como peche a esta actividade, no mes de abril
xuntarémonos para homenaxear a Manuel Antonio, con motivo do 90º aniversario da
súa obra “ De catro a catro” cantando todos xuntos unha peza musical de Ses, do
mesmo nome.
Tamén durante este mes, e concretamente na semana do 5 ao 9 de marzo
conmemoraremos a SEMANA DA PRENSA EUROPEA, contaremos cunha exposición
temporal de xornais e revistas de moitas partes do noso continente, escritos en moi
diversas linguas! Xa sabedes que podedes levalos para traballar nas aulas
apuntándovos na listaxe que atoparedes na exposición!
MARZO E ABRIL
2. Ademais vouvos propor unha actividade do máis interesante… que vos parecería crear
o noso propio noticieiro de televisión, Cervo Alén de Europa? Trataríase de que
cada clase elaborase dúas noticias sobre diferentes temáticas axeitadas ás diferentes
seccións que traballemos para logo presentar as novas no noso programa. O estudo de
grabación atoparase nas instalacións do Departamento de Orientación. Que vos
parece?
Por outra banda, o oito deste mes conmemórase o Día Internacional da Muller
Traballadora, e para tal ocasión queda ao voso dispor un pequeño traballo de
investigación que podedes vir facer durante os recreos, en grupo. Trátase dun PUCA
QUERE SABER SOBRE… MULLERES GALEGAS NA HISTORIA! Animádevos, se
ademais de aprender queredes conseguir algunha estreliña máis!
En relación con esta mesma temática, este ano a ACTIVIDADE COLABORATIVA da
MICRORREDE DA MARIÑA levará por título: A MARIÑA EN FEMININO: AS NOSAS
SUPERHEROÍNAS. Xa sabedes que os vosos traballos serán expostos no cole e tamén
en Viveiro. En breve recibiredes unha carta explicativa nas vosas casas e agradézovos
de antemán a vosa colaboración como todos os anos!
Xa no mes de abril, MES DOS LIBROS, ademais de continuar con todos estes traballos
que xa temos iniciados, así como co traballo dos CONTOS DE FADAS e dos diferentes
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN sobre os nosos países amigos que estamos a
desenvolver nas clase; preséntasenos unha data moi importante para nós… o 23 de
abril faremos o noso MARATÓN ANUAL DE LECTURA DO QUIXOTE e máis o
APADRIÑAMENTO LECTOR, para conmemorar o DÍA DO LIBRO.
Xa para despedirme, quero anunciarvos que imos recibir unhas visitas moi importantes
no noso fogar, bibliocervo, nos próximos días.
An Alfaya, escritora de libros tales como “A ánfora egipcia”, “Zoa e Azor”, “Una ventana
para Cecilia”, “Sireno, Sireno!” Ou “Down” virá a vernos o día 16 de marzo. Atoparedes
todos estes libros na biblioteca, non perdades a oportunidade de lelos!
Tamén, Marcos Calveiro, autor de libros como “Raro”, “El cartero de Bagdad”,
“Palabras de agua”, “O canto dos peixes”, “Unha casiña branca” e “Fontán” entre moitos
outros virá vernos o día 9 de abril. Poderedes atopar os seus libros na biblio!
Alucinante, non si? Pois quen sabe… igual ainda temos algunha sorpresiña máis… xa
vos contarei!!
Biquiños e ata pronto. PUCA