COLEXIO DE CERVOCOLEXIODE CERVO
DÍA DA BIBLIOTECADÍA DA BIBLIOTECA
24 DE OUTUBRO DE 201724 DE OUTUBRO DE 2017
http://www.bibliocervo.blogspot.com
CONTO
2.
AA MELLORMELLOR AVENTURAAVENTURA,,UNUN LIBROLIBRO
Segundo conta Puca houbo unha vez un neno,
aquí, en Cervo; que odiaba os libros e ao mundo!
Estaba enfadado porque unha vez lle obligaran a
ler, e buscaba a súa vinganza cheo de carraxe.
Por iso, cando se enterou de que nunha antiga
biblioteca se agochaban os peores libros do
mundo, decidiu non parar ata atopala. Pensaba
en facerse co peor de todos e obligar a lelo aos
seus enimigos e a todo mundo!
Adaptación do conto de Pablo Pedro Sancristán (cuentosparadormir.com)
3.
Viaxou por todasas partes do mundo, non deixou
país de Europa por percorrer, revisando libros e
mapas e visitando antigas ruinas, seguindo pistas
máxicas e segredos misteriosos. Escapou de
ladróns, atopou tesouros perdidos, cruzou illas e
volcáns ata que...finalmente, descubriu a antiga e
abandonada biblioteca da que oira falar.
4.
Ningún dos centosde libros que
atopou alí tiña título. Tería que
empezar a lelos todos para elexir o
peor. Entón, abriu o primeiro. Era un
libro de aventuras! Como a el lle
gustaba todo o que tivera que ver con
viaxes e aventuras, leu varias páxinas
seguidas.
Para cando se deu conta de que aquel
non podía ser o peor libro do mundo,
estaba tan metido na historia que xa
non puido deixar de lelo!
5.
Ao día seguinte,colleu outro libro que
atrapou a súa imaxinación ainda máis que o
anterior, tal e como lle pasou un día
despois.
E así, cada día, collía un libro coa
esperanza de atopar o peor libro do mundo,
pero acababa lendo un apaixonante libro de
aventuras durante toda a noite.
Pasou anos lendo, e gustáballe tanto que
chegou a olvidar por que estaba alí, ata
que un día atopou, casi escondido, un libro
distinto.
6.
Cando o abreu,leu a única frase escrita na primeira folla: “
Este é o peor libro do mundo”. Por fin! Atopárao!
Impaciente, pasou a páxina para comezar a ler...
Pero a páxina estaba baleira, e tamén a seguinte, e todas as
demais follas do libro! Ao velas así, abandoadas, esperando
ter unha historia que contar, o neno sentiu pena. No fondo,
tiña tantas ganas de seguir lendo que comprendeu que
era verdade que solo un libro sin escribir podía ser o
peor libro do mundo .
7.
Pensou entón quechegara o seu momento, e tomando
o lapis, comezou a escribir todas as súas aventuras
para encher aquelas páxinas en branco. Escribiu
durante días e noites, dando lugar a un libro máxico.
De volta á biblioteca, escribiu na primeira folla doutro
libro baleiro: “ Este é o peor libro do mundo” e deixouno
agochado, tal e como el o atopara. Saiu dalí esperando
que o próximo visitante daquela máxica biblioteca
tivera, algún día, unha apaixonante historia que contar,
tal e como lle pasara a el, que ao final se convertira
nun gran lector e aventureiro.
FIN