LECTURAS PARA APAZ
O DÍA DA PAZ
E DA
NON-
VIOLENCIA
30 DE XANEIRO DE 2018
COLEXIO DE CERVO
PUCA QUERE SABER
SOBRE...
www.bibliocervo.blogspot.com
2.
O Día Escolarda Paz e da Non-
Violencia declarouse por primeira vez no
ano 1964 pero non foi ata o ano 1976 que o
MEC o recoñeceu. O seu obxectivo sempre
foi a educación na tolerancia, a
solidariedade, a concordia, o respecto
polos Dereitos Humanos, a non violencia e
a paz.
CAL É A MENSAXE DESTE DÍA?
“Amor Universal, Non-Violencia e
Paz. O Amor Universal é mellor
que o egoismo, a Non-Violencia é
mellor que a violencia e a Paz é
mellor que a guerra”
Neste día, 30 de
xaneiro, conmemórase
tamén a morte do líder
nacional e espiritual da
India, Mahatma
Gandhi, que foi
asasinado nesta mesma data do ano 1948.
“Opóñome á violencia, porque cando
parece causar o ben éste só é
temporal, o mal que causa é
permanente” Gandhi
Todos sabemos que a formación para a
PAZ, a COOPERACIÓN, e a
SOLIDARIEDADE entre os pobos é unha das
finalidades que se plantexa o noso Sistema
Educativo. Esta celebración é, polo tanto,
unha oportunidade máis de contribuir a
que o noso centro se convirta nun
instrumento de paz e entendemento
entre persoas de distintas culturas,
tradicións, linguas...
Non temos que olvidar que a escola é un
reflexo da sociedade na que vivimos e polo
tanto nela se busca desenvolver no
alumnado as capacidades e competencias
precisas para unha participación social
activa na construción dun mundo mellor,
máis xusto e máis humano.
CAL É O LEMA DA UNIÓN EUROPEA?
O lema da Unión Europea é “UNIDOS NA
DIVERSIDADE” e utilizouse por primeira
vez no ano 2000. Refírese á maneira en
que a xente dos diferentes países nos
unimos para traballar a favor da Paz,
beneficiándonos á vez da gran diversidade
de CULTURAS, TRADICIÓNS e LINGUAS do
noso continente.
COMO SE DI NOUTRAS LINGUAS ?
Francés: Unie dans la diversité
Grego: Ενωμένοι στην πολυμορφία
Inglés: United in diversity
Italiano: Unita nella diversità
Lituano: Suvienijusi įvairovę
Polaco: Zjednoczona w
różnorodności
Portugués: Unida na diversidade
Rumano: Uniţi în diversitate
Ás veces tamén se usa o Latín:
“ In varietate concordia”