“CUENTOS DE BUENAS
NOCHESPARA NIÑAS
REBELDES”
A todas as nenas rebeldes do
mundo: soñade ao grande,
aspirade a máis, loitade con
forza... E ante a dúbida,
recordade: tedes razón!
“ENTRE TODAS LAS
ESTRELLAS”
Natalia, Pedro, Lucía e Iván
atópanse nunha bonita casa no
medio do monte. Ningún deles se
coñecía antes, nunca se viran;
pero a casualidade lévaos a ese
lugar por diferentes motivos.
Cada un fuxe dos seus propios problemas. Entre
todas las estrellas é unha emocionante novela onde
a amizade e a comprensión son os puntos principais
da historia.
“TERRÁNEO”
Un relato mitolóxico sobre a
orixe do Mar Mediterráneo,
unha fábula sobre o vínculo
entre os pobos que baña ese mar,
un recorrido imaxinario polas
cidades que acarician as súas
costas e polo espíritu dos seus
habitantes.
“OS ARQUIVOS SECRETOS
DE ESCARLATINA”
A que xogan os defuntos os
xoves pola noite no mausoleo de
Escarlatina? Lograría a
cociñeira montar o seu propio
restaurante? Quen goberna no
Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino
de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no
ar, entre as tumbas dos defuntos.
“ A SEÑORITA BUBBLE”
A xente da vila sentiu un odio
repentino pola señorita Bubble
desde o mesmo día da súa
chegada. A inventora apareceu
por sorpresa unha mañá solleira,
conducindo un convertible que
funcionaba a vapor, e instalouse
naquela vivenda que levaba tantos anos
deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos
seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.
Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no
interior da mansión da señorita Bubble.
LECTORES EXPERTOS
QUE PODO LER
ESTE NADAL?
NOVIDADES
Boas FestasBoas Festas
2.
PRIMEIROS LECTORES
¡OH!
Da mande Hervé Tullet
adentrámonos no mundo
dos sons, aprendemos a
dar un significado a
unha figura abstracta e
comezamos a
comprender a música.
“ATÉ AS
PRINCESAS
SOLTAN PEIDOS”
O pai de Laura abriu o
libro secreto das
princesas e contoulle á
súa filla algo que
ninguén sabía... Descubre ese segredo que a xente
descoñece.
“BO DÍA, ACOUGO”
Inspirado no brain gym,
este libro propón catro
exercicios de
relaxación, con
movementos e palabras,
que axudarán aos máis
pequenos a conciliar corpo e mente para atopar a
calma.
“BRANCANEVES E OS 77
ANANIÑOS”
Esta reinterpretación do conto
clásico de Brancaneves supón
un canto á liberdade. Unha
historia divertida e chea de humor que cuestiona os
estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a
educación na igualdade de dereitos e oportunidades
de nenos e nenas.
“ A MONTAÑA DE LIBROS
MÁIS ALTA DO MUNDO”
Lucas estaba convencido de que
nacera para voar. Ollaba os
avións, intentaba fabricar ás de
todo tipo, mesmo pediu poder
voar como agasallo de Nadal!
Mais nada parecía funcionar... Un día, a súa nai
explicoulle que había outros xeitos de cumprir o
seu soño e púxolle un libro nas mans. Ese mesmo
día, sen decatarse, Lucas comezou a voar...
“ CUANDO LAS NIÑAS
VUELAN ALTO”
Adriana, Jimena e Martina
teñen grandes soños, pero a
banda de “Don
Noloconseguirás”
encheulles os petos de pedras para que non podan
voar...
“MAYTALIA Y LOS
INVENTORES”. A Natalia e a
Mayden encántanlles os
experimentos. Un día eles e o seu
gato “Arquímedes” caen nunha
extraña máquina que os levará a un
asombroso viaxe no tempo e
poderán coñecer aos inventores máis famosos de
todas as épocas.
“CANCIÓN DE NAVIDAD”. O
clásico de Charles Dickens adaptado.
“POEMAR O MAR” . Libro que vén
de recibir o Premio Nacional de
Literatura Infantil e Xuvenil en
outubro de 2017.
“ASTERIX EN ITALIA”. En
«Astérix en Italia», Astérix e Obélix
embárcanse nunha gran aventura que
fará que coñezan a fondo a
sorprendente Italia antiga.
“ A BATALLA DA PEQUENA
CHAÑÁN CURI COCA”. A nai de
Noelia e Miguel non ten cartos para
pagar o piso. Hai un grupo de persoas
solidarias que está axudando á familia para evitar
que os tres queden na rúa. Por suposto Noelia pensa
loitar!
PRELECTORES LECTORES AUTÓNOMOS