LIBROS PARA XOGAR,LIBROS PARA SOÑAR…
Ao longo desta tempada fomos descubrindo libros que, por un motivo ou outro, chamaron a nosa atención
e que nós gardamos na categoría de “libros fermosos”.
As nenas e nenos non entenden moito de se un libro é de máxima calidade ou non, si é un éxito ou non,
pero o que si saben é que lles gusta, que os ten engaiolados e que lles esperta o desexo de miralo.
As mellores ideas sempre xorden da suma doutras ideas, así a raíz de que queríamos facer unha actividade
especial para celebrar o Día do Libro, con motivo da celebración do seu día grande, e despois de moito
darlle voltas ao que nos apetecía facer e como, decicimos embarcarnos na aventura de crear o noso
LIBRO FERMOSO propio e isto foi o que se nos ocorreu. Decidimos tómalo con calma e ver o que nos
gustaría facer e logo, con tempo, quixemos facer este proxecto e compartilo con vós, as familias. Xa que
logo, esta foi a nosa particular petición para os que quixestes formar parte da aventura de crear un
fermoso libro voador con nós, por iso quixemos convertir o noso, nun libro viaxeiro que fora coas nenas e
nenos ata as súas casas e ao que coa vosa axuda poideran engadir aquilo que eles considerasen fermoso.
Cada neno e nena levouno uns días e coa axuda dos seus pais e nais engadíu algo que lle gustase
especialmente nunha das páxinas. Enchérono de cousas fermosas con todo aquilo que consideraron
merecedor de estar neste libriño voador.
E aquí quero deixar esta testemuña para que logo quede á vista de todas e todos os participantes neste
proxecto o fermosísimo resultado obtido.
MOITAS GRAZAS A TODOS/OS POLO VOSO ESFORZO E O AGARIMO POSTO NO TRABALLO.
4.
ALDARA ( 5anos)
Deixounos un xeitoso refrán
primaveral
“ATA O CORENTA DE MAIO
NON QUITES O SAIO”.
Un anaquiño dun texto
precioso:
NENA CÍNGARA
Bailaba co seu vestido tecido
con fíos de acibeche e
agarimos o seu sorriso brillaba
como as pedras preciosas…( A
nena e o grilo)
E unha adiviña:
“Anteayer huevecito,
ayer capullito
mañana volará
como un pañuelito”
5.
AHINOA ( 5anos)
Quixo compartir con nós un
fermoso poemiña:
“ Quisiera ser mariposa
con alitas de algodón,
para entrar en tu pecho
robarte el corazón”.
E unha adiviña:
“Vuela entre las flores
con alas de colores.
¿quién es?”
6.
MENCÍA ( 5anos)
Decorou as súas páxinas con
fermosos e coloridos
debuxos primaverais
ademais dunha brilante
bolboreta, voadora ben
elegante e ben graciosa.
7.
TIAGO ( 3anos)
Deixounos un fragmento do
conto A língua das
bolboretas, de Manuel Rivas.
Neste explicanos que as
bolboretas teñen unha língua
que en realidade é unha
trompa enroscada…
E tamén un fermoso
debuxiño dun xardín
abarrotado de bolboretas.
8.
XIÁN ( 3anos)
Deleitounos cun precioso
contiño que inventou sobre
unha xoaniña, un mosquito e
o dinosaurio Tilurón que
canta esta canción:
“ Xoaniña voa, voa,
que che hei dar
pan de broa….”
E un fermoso ceo soleado e
cheo de bolboretas
9.
NOA ( 5anos)
Trouxonos Noa unha curiosa
adiviña:
“ Somos animales elegantes
Y con nuestro cuac- cuac
nadamos en el estanque”
E un bonito xardín repleto de
bolboretiñas de cores
10.
SARA ( 5anos)
Sara trouxo a este libriño un
gracioso xogo de sombras de
bolboretas voadoras, que
nos prestou a todos para
xogar con el e unha cantiga
primaveral que a ela lle gusta
moito:
“ Xa chegou o maio
que tanto durmiches
aa pasou o inverno
e non o sentiches….”
11.
EMELI ( 3anos)
Emeli aportou un fermoso
debuxiño dun soliño ben
quentiño que coas súas
raiolas de sol nos aleda o
corazón.
E outro da casiña da súa avoa
á que ela quere moito.
Moitooooo.
12.
Agardamos que desfrutaradesdas
experiencia tanto coma nós.
Moitas grazas por toda esta fermosura!
ESTE É O REMATE