Tradución ao galego dunha presentación feita polo profesor Alfredo Rivero Rodríguez (no blog Historiarte), relativa ás características xerais da arte grega
Tradución ao galego dunha presentación feita polo profesor Alfredo Rivero Rodríguez (no blog Historiarte), relativa ás características xerais da arte grega
Breve presentación sobre o período inicial do franquismo (1939-1959), a partir da exposición "Vida cotiá no primeiro franquismo", realizada pola Fundación 10 de Marzo
Estudio de la escultura barroca española de los siglos XVII y XVIII. Se explican las características más importantes del arte en España, centrando el estudio en la imaginería religiosa. Hay una atención especial a la obra de Gregorio Fernández, Juan Martínez Montañés y Francisco Salzillo, entre otros autores. se comenta un retablo como singularidad hispana. Hay un capítulo final sobre la escultura generada para la monarquía de los austrias y de los borbones.
Elaborada a partir de la presentación de Tomás Pérez Molina (www.slideshare.net/tomperez).
Las fuentes de los recursos utilizados figuran en la última diapositiva.
Breve presentación sobre o período inicial do franquismo (1939-1959), a partir da exposición "Vida cotiá no primeiro franquismo", realizada pola Fundación 10 de Marzo
Estudio de la escultura barroca española de los siglos XVII y XVIII. Se explican las características más importantes del arte en España, centrando el estudio en la imaginería religiosa. Hay una atención especial a la obra de Gregorio Fernández, Juan Martínez Montañés y Francisco Salzillo, entre otros autores. se comenta un retablo como singularidad hispana. Hay un capítulo final sobre la escultura generada para la monarquía de los austrias y de los borbones.
Elaborada a partir de la presentación de Tomás Pérez Molina (www.slideshare.net/tomperez).
Las fuentes de los recursos utilizados figuran en la última diapositiva.
Presentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
Tema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Titorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
2. 1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN
●
A densidade de poboación (hab./km2
) é un indicador demográfico que serve para
comparar o volume de poboación entre territorios.
A poboación mundial distribúese dunha forma moi irregular sobre a superficie
terrestre. Na súa distribución interveñen factores físicos e factores humanos.
● Os factores físicos que atraen poboación son: os lugares onde os relevos teñen
pouca altitude, os climas son temperados e abundan os chans fértiles.
● Os factores humanos que condicionan a poboación son:
– Económicos: lugares onde hai máis recursos.
– Históricos: por circunstancias do pasado.
– Políticos: por decisións de gobernos ou organismos (cambios de fronteiras,
chegada de refuxiados...).
● O reconto de habitantes recóllese no censo de poboación, elaborado cada dez
anos, e no padrón municipal, que se actualiza cada ano.
3. Os países máis poboados do mundo A poboación por continentes
1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN
Somos + 7.000.000.000
4. 1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN
A poboación mundial por continentes
5. 1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN
Densidade de poboación no mundo
6. ● As variacións do número de habitantes dun país dependen do movemento
natural ou vexetativo (nacementos e defuncións) e os movementos migratorios
(emigracion e inmigración).
● A natalidade indica o número de nacementos nun lugar durante un período de
tempo (polo xeral un ano), para coñecela téñense en conta:
– A taxa de natalidade relaciona o número de nacementos coa poboación.
– A taxa de fecundidade indica o número de nacementos coa poboación feminina
en idade fértil (entre 15 e 49 anos).
– O número medio de fillos por muller. O valor 2,1 fillos asegura o cambio
xeracional.
● A mortalidade expresa o número de defuncións nun lugar durante un período de
tempo (polo xeral un ano). Analízase a través de:
– A taxa de mortalidade indica o número de persoas falecidas.
– A taxa de mortalidade infantil indica o número de nenos e nenas falecidos
antes de cumprir un ano.
– A esperanza de vida expresa a media de idade que se espera que viva unha
persoa ao nacer.
2. A DINÁMICA DA POBOACIÓN
10. 3. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL
● A poboación mundial creceu con lentitude ata o
século XVIII e de modo acelerado a partir do século
XX.
● Na evolución da poboación dos países
desenvolvidos obsérvanse tres fases:
– Réxime demográfico antigo: ata mediados do
século XVIII o crecemento da poboación era
lento: a natalidade e a mortalidade eran
elevadas (fames, peste, guerras), e a esperanza
de vida baixa.
– Réxime de transición demográfica: entre os
séculos XVIII-XIX produciuse un crecemento
acelerado da poboación ou explosión
demográfica: a natalidade permaneceu elevada
pero reduciuse a mortalidade (mellora na
alimentación, progresos na hixiene e avances
sanitarios).
– Réxime demográfico moderno: século XX ata
a actualidade: baixa natalidade e a mortalidade e
diminúe o crecemento da poboación.
11. 3. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL
● Nos países pobres distínguense dúas
fases:
– Réxime demográfico antigo: ata ben
entrado o século XX: a natalidade e a
mortalidade eran moi altas, e o
crecemento e a esperanza de vida,
baixos.
– Réxime de transición demográfica:
finais s. XX: descende moito a
mortalidade (axuda dos países
desenvolvidos) e a poboación crece.
12. ● O crecemento da poboación mundial freouse respecto ao do s. XX por unha
desaceleración da natalidade e unha diminución da taxa de fecundidade.
– A poboación dos países desenvolvidos caracterízase polo seu
envellecemento, que se produce ao descender a natalidade e aumentar a
esperanza de vida.
– A poboación dos países pobres ten un gran crecemento polas altas taxas de
natalidade: hai moita poboación nova en idade de procrear e os fillos
representan unha riqueza para a familia, unha fonte de ingresos, xa que
traballan desde moi nenos. O aumento desta poboación fai necesario dispoñer
de máis alimentos, hospitais, escolas, vivendas...
● As medidas que os distintos países adoptan para facerlles fronte aos problemas
demográficos son as políticas de poboación:
– Nos países desenvolvidos aplícanse políticas natalistas para frear o
avellentamento: axudas ás familias numerosas, ampliación de permisos por
maternidade,...
– Nos países pobres aplícanse políticas antinatalistas para evitar a
superpoboación: planificación familiar, leis que penalizan as familias
numerosas,...
4. OS DESEQUILIBRIOS DEMOGRÁFICOS
14. 5. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
● As migracións son a saída ou chegada de poboación a un territorio. Os que deixan o seu
lugar de orixe son emigrantes. Os que chegan a un lugar son inmigrantes.
● O saldo migratorio é o resultado de restar do número de inmigrantes o número de
emigrantes. Pode ser positivo ou negativo.
● As causas das migracións poden ser: económicas (falta de traballo, melloras
salariais...); sociais (persecucións relixiosas, políticas, bélicas...); e naturais (secas,
inundacións, terremotos, etc.).
● As consecuencias das migracións son:
– Para os países emisores supón perda de poboación, entran divisas, diminúe a
presión social...
– Para os países receptores significa incremento da poboación, aumento da
natalidade, máis man de obra, diversidade cultural...
● Os tipos de migracións poden ser segundo a duración (temporais ou definitivas), o
destino (interiores ou exteriores) e o carácter (forzadas ou voluntarias).
● A inmigración pode ser legal (con permiso de residencia e de traballo) ou ilegal (sen
papeis).
15. 5. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
● Na actualidade as migracións están formadas por dous grupos de persoas:
traballadores cualificados e traballadores non cualificados. As principais zonas
emisoras de emigrantes son o Sueste de Asia, países de África, Leste de Europa e
América Latina.
16. 6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
● A estrutura demográfica dunha poboación é a súa
distribución por idade e sexo.
● Na estrutura por idade distínguense tres grandes
grupos: mozos (de 0 a 14 anos), adultos (de 15 a 64
anos) e anciáns (maiores de 65 anos).
● Segundo o grupo de idade que predomine nun país as
características demográficas serán distintas:
– Un país con moita poboación nova conta cunha
natalidade elevada.
– Un país con moita poboación adulta indica unha
baixa natalidade ou a chegada importante de
inmigración.
– Un país con moita poboación de anciáns mostra
unha redución da natalidade e da mortalidade e
unha elevada esperanza de vida.
● A estrutura por sexo dunha poboación supón saber
cantos homes e mulleres forman a poboación dun país.
Nacen máis homes que mulleres, pero é máis numerosa
a poboación avellentada feminina ca masculina.
● A pirámide de poboación ou pirámide de idades é a
representación gráfica da poboación por idade e sexo.
17. 6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
● Nunha pirámide débese analizar a seguinte información:
– Perfil: triangular, campá, urna.
– Ancho da base: Estado da natalidade, proporción de poboación nova.
– Cúspide: esperanza de vida, avellentamento.
– Grandes grupos de idade: Nivel de avellentamento, poboación en idade laboral.
– Anomalías do perfil: Os entrantes significan perda de poboación (guerras, epidemias,
emigración,...) e os saíntes indican recuperación da poboación (aumento da natalidade,
inmigración,...)
– Relación entre sexos: se nacen máis home ca mulleres, diferenza na esperanza de vida
por sexos.
– Previsións en canto á evolución demográfica.
EXPANSIVA REGRESIVA ESTABLE
TRIANGULAR URNA CAMPÁ
18. Forma de pagode ou triangular: A base é ampla, o que representa unha poboación
nova con alta natalidade, indicando tamén un rápido incremento da poboación
(expansiva).
A poboación diminúe rapidamente cara o cume debido a taxas de mortalidade elevadas e
á baixa esperanza de vida.
É propia dos países menos desenvolvidos de Asia e África
6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
19. Forma de campá ou oxiva: Teñen a base e a forma central case do mesmo tamaño, o
que indica un número igual de persoas nos grupos de idade nova e adulta: desenso da
natalidade e da mortalidade. Trátase dunha poboación estable.
Corresponde aos países en vías de desenvolvemento.
6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
20. Forma de tonel ou urna: Corresponde a unha poboación avellentada. Presenta unha
base máis estreita que os chanzos centrais o que indica un rápido descenso da
fecundidade e polo tanto da natalidade, co correspondente decrecemento da poboación:
poboación regresiva. No cume apréciase o incremento da esperanza de vida,
significativamente maior o das mulleres.
É característica dos países desenvolvidos.
6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
21. 7. A ESTRUTURA ECONÓMICA DA POBOACIÓN
● A estrutura económica móstranos a actividade da poboación e a súa
distribución por sectores económicos.
● A actividade da poboación significa coñecer:
– A poboación activa, formada polas persoas que traballan ou buscan
emprego: poboación ocupada, poboación en paro e a que busca o seu
primeiro emprego.
– A poboación inactiva, é a que non pode traballar e a que non realiza
un traballo remunerado: menores, estudantes, amas de casa, xubilados,
discapacitados para traballar.
● Os sectores de actividade económica son: sector primario (agricultura,
gandaría, pesca e explotación forestal), sector secundario (minaría e
produción de enerxía, industria e construción) e sector terciario (turismo,
transportes, comercio, educación, sanidade...).
● Nos países desenvolvidos, a maioría da poboación traballa no sector
terciario. Nos países pobres, máis da metade da poboación traballa no
sector primario.