A POBOACIÓN
Na actualidadea Terra está poboada por máis de sete mil millóns de persoas. O
crecemento da poboación mundial non foi constante ao longo da historia. Tres fitos claves:
NEOLÍTICO
• A domesticación de animais e descubrimento da
agricultura permitiu obter maior cantidade de alimentos.
• A poboación mundial experimentou un crecemento
espectacular.
NO SÉCULO XIX
• Avances sanitarios e desenvolvemento económico.
• A poboación rexistrou outro gran aumento en Europa.
SÉCULO XX
• A poboación comezou a duplicarse cada vinte e cinco
anos.
• Auténtica “explosión demográfica”
3.
A DEMOGRAFÍA
DOUS CONCEPTOSCLAVES:
Demografía : É o estudo estatístico da poboación
humana, segundo a súa composición, estado e
distribución nun determinado momento ou ao longo
do tempo.
Explosión demográfica: Crecemento espectacular da
poboación debido a un elevado número de
nacementos e a un descenso brusco das defuncións.
4.
A DESIGUAL DISTRIBUCIÓNDA
POBOACIÓN MUNDIAL
A desigual distribución da poboación FÍSICOS
débese a factores físicos e humanos: CLIMA
RELEVO
SOLO
HUMANOS
HISTÓRICOS
POLÍTICOS
ECONÓMICOS
5.
A DISTRIBUCIÓN DAPOBOACIÓN
MUNDIAL
Os habitantes da Terra atópanse por
case todos os continentes e países,
aínda que de xeito desigual. A
distribución da poboación mundial
presenta grandes contrastes.
6.
A DENSIDADE DEPOBOACIÓN
A densidade de poboación é a relación que existe entre a poboación dun lugar e o espazo
que ocupa. Calcúlase dividindo o número de habitantes entre a superficie, e exprésase en
habitantes por kilómetro cadrado.
7.
CONSIDERACIÓNS SOBRE ADENSIDADE
1. Considérase despoboado un territorio que ten unha densidade de poboación de 1
h/km² e que ten unha densidade elevada (uperpoboación) cando supera os 100
h/km².
2. Unha elevada densidade non se corresponde necesariamente con grandes
extensións de terra.
3. A maior ou menor densidade débese, entre outros factores, ao clima, aos recursos
existentes, á riqueza ou pobreza dun país,…
4. A superpoboación non constitúe en sí mesma un problema; o negativo é o
desequilibrio existente entre poboación e recursos porque pode causar pobreza,
fame, sobreexplotación do medio natural, emigracións masivas.
8.
O 2% DAPOBOACIÓN MUNDIAL POSÚE
A METADE DA RIQUEZA NO PLANETA
“O 2% dos adultos máis ricos do mundo posúe máis da metade da riqueza global,
namentras que a metade máis pobre chega apenas ao 1%”. E deste o 37% está nos
Estados Unidos e o 27% no Xapón. Europa alberga o 30% da riqueza total.
Un estatístico italiano ideó unha fórmula para calcular que grao de reparto da riqueza tiña
un país. O índice Gini é un número entre 0 e 100, no que 0 indica a igualdade total de
ingresos entre todos os ciudadáns e 100 delata que unha persoa recibe todos os ingresos,
namentras os demais, ningún. No 2007, España tiña un 32,5. Na actualidade a crise
incrementou a desigualdade.
9.
ALGÚNS DATOS SIGNIFICATIVOS
As de menor densidade
localízanse nas áreas polares,
zonas próximas ao ecuador,
desertos e alta montaña
O 90% da poboación mundial Os continentes de Asia, Europa e
vive no hemisferio norte (entre os África, concentran o 75% da
20 e 40º. poboación
Os grandes focos localízanse no
sur e sueste asiático, en Europa e
no nordeste dos EE.UU
10.
OS MOVEMENTOS NATURAISDA
POBOACIÓN
CRECEMENTO
NATALIDADE MORTALIDADE
NATURAL
• TN • TM • TCN
• TFX • TMi
12.
OS MOVEMENTOS ESPACIAIS
Aspersoas desprázanse dun lugar a outro, é dicir, realizan movementos espaciais que
poden ser habituais ou migratorios.
MOVEMENTOS HABITUAIS: MOVEMENTOS MIGRATORIOS
Repítense periodicamente e non Son desprazamentos que implican un cambio
implican cambio de traballo nin de de traballo e de residencia. Entre eles
residencia. Distinguimos: distinguimos:
Movementos pendulares: Emigración: saída da persoa dun lugar
prodúcese cando se estuda ou determinado.
traballo noutra localidade Inmigración: chegada da persoa a unha
diferente á de residencia. zona concreta.
Movementos relacionados co lecer: A diferenza entre o número o número de
lévanse a cabo as fins de inmigrantes e o de emigrantes nun
semana, os días festivos e os determinado lugar en un período de tempo
períodos de vacacións. concreto denomínase saldo migratorio.
14.
A ESTRUTURA DAPOBOACIÓN
A estrutura vén dada polos seus trazos biolóxicos (idade e sexo), económicos
(ocupación ou actividade laboral) e culturais (alfabetización e nivel de estudos.
15.
A ESTRUTURA DAPOBOACIÓN POR IDADE
En razón da súa idade, a poboación adoita distribuírse en tres grupos:
Poboación nova
(0-14 anos)
Poboación adulta
(15-64 anos)
Poboación anciá
(65 anos ou máis)
16.
A ESTRUTURA DAPOBOACIÓN POR SEXO
A estrutura da poboación por sexo resulta desequilibrada, xa que no mundo non existe o
mesmo número de mulleres que de homes. Nacen máis nenos que nenas mais a
esperanza de vida feminina é maior ca a masculina.
17.
A ESTRUTURA DAPOBOACIÓN POR
ACTIVIDADE LABORAL
En función da súa ocupación ou actividade laboral, pódese distinguir entre poboación
activa e inactiva.
Poboación activa: conxunto de persoas en
idade de traballar, tanto se fan unha
actividade profesional remunerada
(poboación ocupada) como se están
desempregadas e buscan traballo
(poboación parada).
Poboación inactiva: persoas que no poden
traballar por ser minores de idade ou estar
xubiladas e as que, aínda estando en idade
de traballar no realizan ningunha actividade
remunerada nin constan como parados:
persoas adicadas aos labores do fogar e
estudantes,…
18.
ESTRUTURA DA POBOACIÓNPOR NIVEL DE
ESTUDOS
A poboación tamén pode clasificarse segundo o
índice de alfabetización, que reflicte a porcentaxe
de poboación de 15 ou máis anos que sabe ler e
escribir. As sociedades dos países desenvolvidos
presentan índices de alfabetización superiores ao
90 % da poboación e os países máis pobres teñen
índices inferiores ao 50 %.
Un dato para a reflexión: Estímase que para o 2015
o número de persoas adultas analfabetas será de
710 millóns e haberá 56 millóns de nenas e
nenos que non poderán ir á escola.
20.
A POBOACIÓN ENESPAÑA
España conta con máis de 46 millóns de
habitantes e unha densidade media de
poboación de 91,22 hab/km².
21.
A DISTRIBUCIÓN TERRITORIALDA
POBOACIÓN
En España, fronte a áreas moi poboadas, cunha densidade superior á media estata
(Madrid, a periferia peninsular, Baleares e Canarias), existen outras zonas con baixa
densidade de poboación, que se localiza no interior da Península-
MADRID, BARCELONA, BIZKAIA e GIPUZKOA son as provincias coa densidade de
poboación máis alta (≥ de 350hab/Km²). Pola contra, as que presentan a densidade
máis baixa (≤ 10 hab/Km²) son SORIA e TERUEL.
Dentro de cada provincia, a poboación concéntrase nas capitais e noutras cidades
importantes. As áreas montañosas e as zonas agrícolas ou de economía débil están
practicamente despoboadas.
23.
O MOVEMENTO NATURALDA
POBOACIÓN ESPAÑOLA
Desde 1980, a poboación española atópase na fase evolucionada do modelo de
transición demográfica, caracterizada polo estancamento do número de habitantes e o
seu progresivo envellecemento.
24.
A NATALIDADE
Desde 1980, a taxa de natalidade descendeu
ata situarse en niveis moi baixos (9,1 ‰ no
ano 1998). No obstante, desde comezos do
século XXI está aumentando, na actualidade é
do 11,38 ‰.
As principais causas do descenso son:
1. O aumento da idade na que se contrae
matrimonio.
2. A crecente incorporación da muller ao
mundo laboral.
3. Incremento do número de fogares
unipersoais ou de familias
monoparentais.
Nos últimos tempos a crise económica, o retorno dos inmigrantes aos seus países de
orixe e o crecemento do número de emigrantes está incidindo negativamente na
taxa de natalidade.
26.
A MORTALIDADE
Na actualidade a taxa de mortalidade en
España é reducida (8,47 ‰).
Pódense observar diferenzas na mortalidade
segundo o sexo (á máis alya nos homes ca
nas mulleres). Tamén disminuiu a mortalidade
da xente xóven polos accidentes de tráfico.
Actualmente as causas máis frecuentes son:
• Enfermidades cardiovasculares
• Enfermidades respiratorias
• Cancro.
A taxa de mortalidade infantil descendeu desde o 12,4 ‰ no ano 1981 ata o
3,54 ‰ nos nosos días.
27.
O CRECEMENTO NATURAL
Hai vinte e cinco anos, a taxa de crecemento
natural era do 0,75 %. A partir de entón
experimentou unha disminución constante como
consecuencia do descenso da natalidade e da
mortalidade. O seu valor máis baixo acadouse no
ano 1998 cun 0,01 %. Porén , a partir de 1999,
experimentou un lixeiro crecemento polo leve
ascenso da natalidade.
Na actualidade a taxa de crecemento natural é moi baixa, 0,29 %, porque as taxas de
natalidade e mortalidade son moi similares entre sí.
28.
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
Asmigracións interiores presentan as seguintes características:
O éxodo rural é moi débil incluso persoas que hai décadas abandonaron os núcleos
rurais están regresando a eles.
Unha porcentaxe elevada da poboación traslladouse a vivir á periferia das cidades.
As áreas costeiras, sobre todo a mediterránea, convertéronse nun foco de atracción
para a poboación xubilada, tanto española como estranxeira.
29.
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
Asmigracións exteriores, entre 1960 e 1973 miles de españois emigraron a outros
lugares de europa en busca de traballo. Na última década, no obstante, España
converteuse nun país de acollida de inmigrantes que buscan mellorar as súas condicións de
vida.
A maioría procedían do resto de Europa (Romanía e
Bulgaria), de África (Marrocos e Alxería), de América
(Ecuador e Colombia). Os destinos foron: Cataluña,
Comunidade Valenciana, Andalucía, Illas Baleares, Murcia e
Canarias.
Os inmigrantes contribuíron ao crecemento demográfico e
ao rexuvenecemento da poboación. A economía tamén se
viu favorecida pola chegada de persoas en idade de
traballar. Como consecuencia, aumentou o PIB no noso país.
Na actualidade, descendeu o número de inmigrantes e
comezou o seu retorno impulsado pola crise económica.
32.
A ESTRUTURA PORSEXO E IDADE
A estrutura da poboación española por sexo é similar á doutras sociedades
desenvolvidas, nacen máis homes que mulleres, pero a maior mortalidade masculina fai
que haxa máis mulleres de idade anciá.
A estrutura por idade amosa unha poboación moi envellecida.
33.
ESTRUTURA POR ACTIVIDADELABORAL
A taxa de actividade en España é actualmente do 59,80 % xa que aumentou nas últimas
décadas debido ao crecemento da poboación, á chegada de inmigrantes en idade de
traballar e á masiva incorporación da muller ao mundo laboral.
A taxa de desemprego é moi elevada debido a crise económica, os últimos datos sitúanna
no 26 %, sendo aínda maior entre as mulleres e a xente nova. Ademais experimenta
variacións estacionais, xa que determinadas actividades económicas (agricultura, turismo)
só demandan traballadores nalgunhas épocas do ano.
34.
O FUTURO DAPOBOACIÓN ESPAÑOLA
España perderá poboación no 2013 por primeira vez nas tres últimas décadas, segundo
o INE. Así:
España podería perder un 10 % da súa poboación en 40 anos, pola emigración e o
descenso da natalidade entre outras causas.
No 2018, as mortes superarán aos nacementos por primeira vez.
Na próxima década emigrarán máis de 5 millóns de persoas.
En 2052, por cada persoa en idade de traballar haberá outra inactiva.