Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura renacentista, no período coñecido como o Cinquecento (s. XVI)
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura renacentista, no período coñecido como o Cinquecento (s. XVI)
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura do Quattrocento, a través das obras de Brunelleschi e Alberti
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, que mostra as características principais da arquitectura románica na Península Ibérica
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borrominiprofesor historia
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as principais obras arquitéctonicas do barroco italiano, centrándose en Bernini e Borromini
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herrerianoprofesor historia
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características do coñecido coma estilo herreriano, que tanta pegada tivo na arquitectura do último terzo do s. XVI na Coroa de Castela
Tradución ao galego dunha presentación feita polo profesor Alfredo Rivero Rodríguez (no blog Historiarte), relativa ás características xerais da arte grega
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura do Quattrocento, a través das obras de Brunelleschi e Alberti
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, que mostra as características principais da arquitectura románica na Península Ibérica
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borrominiprofesor historia
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as principais obras arquitéctonicas do barroco italiano, centrándose en Bernini e Borromini
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herrerianoprofesor historia
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características do coñecido coma estilo herreriano, que tanta pegada tivo na arquitectura do último terzo do s. XVI na Coroa de Castela
Tradución ao galego dunha presentación feita polo profesor Alfredo Rivero Rodríguez (no blog Historiarte), relativa ás características xerais da arte grega
Breve presentación sobre o período inicial do franquismo (1939-1959), a partir da exposición "Vida cotiá no primeiro franquismo", realizada pola Fundación 10 de Marzo
El documento describe la Guerra Civil Española (1936-1939) como un conflicto complejo con múltiples dimensiones que incluyeron una guerra de clases, una guerra de religión y una guerra en torno a ideas de patria y nación. Detalla los bandos enfrentados, la superioridad inicial de los sublevados, la represión en ambas zonas y el desarrollo de la guerra con la participación de potencias extranjeras. Señala que dejó unos 600.000 muertos y dividió a España entre vencedores y vencidos.
Estudio de la escultura barroca española de los siglos XVII y XVIII. Se explican las características más importantes del arte en España, centrando el estudio en la imaginería religiosa. Hay una atención especial a la obra de Gregorio Fernández, Juan Martínez Montañés y Francisco Salzillo, entre otros autores. se comenta un retablo como singularidad hispana. Hay un capítulo final sobre la escultura generada para la monarquía de los austrias y de los borbones.
Elaborada a partir de la presentación de Tomás Pérez Molina (www.slideshare.net/tomperez).
Las fuentes de los recursos utilizados figuran en la última diapositiva.
El documento describe las características de la pintura barroca en Italia, Flandes y Holanda. Se enfatiza el realismo y el uso de la luz y el color por artistas como Caravaggio, los Carracci, Rubens y Rembrandt. Caravaggio introdujo el tenebrismo con fuertes contrastes de luz y sombra. Rubens se caracterizó por sus colores cálidos y composiciones dinámicas. Rembrandt utilizó la luz y el claroscuro para crear atmósferas misteriosas.
3. A CATEDRAL GÓTICA A sé do bispo: Monumentalidade urbana A desaparición do muro: Deus é luz As vidreiras: a Xerusalén celestial A portada A planta: cabeceira con capelas absidiais
6. A arte gótica é a EXPRESIÓN DA CULTURA URBANA da Baixa Idade Media europea, da súa prosperidade económica e da súa hexemonía cultural ARQUITECTURA RELIXIOSA (a catedral substitúe á abadía ou mosteiro coma edificio paradigmático) ARQUITECTURA CIVIL (Lonxas, Palacios, Casas do Concello)
7. A ARQUITECTURA GÓTICA: A CATEDRAL Exterior da CATEDRAL DE LAON (FRANCIA). A catedral é a SÉ DO BISPO, como o mosteiro era a sé do abade
8.
9. O EXTERIOR DA CATEDRAL: VOLUMETRÍA DO EDIFICIO No gótico o sentido ascensional das formas e a intensa luminosidade do interior dos edificios recrean o espazo ideal para se achegar a un Deus máis humano É un reflexo da Xerusalén Celestial , da que fala o Apocalipse, coas súas “ portas de perlas”, “as súas rúas de ouro puro e vidro transparente” Os avances na técnica construtiva do gótico fará posible plasmar en pedra e de forma simbólica tales visións
10. A PLANTA DA CATEDRAL GÓTICA Planta basilical Planta de salón
11. CONCEPCIÓN ESPACIAL: PLANTA DUNHA CATEDRAL GÓTICA As plantas son moi semellantes ás románicas: tres ou cinco naves lonxitudinais e cabeceira con transepto, presbiterio e remate en ábside ou deambulatorio con capelas radiais
12. O espazo e a construción articúlanse a partir de módulos xeométricos que se repiten ; cada tramo da bóveda xenera un espazo modular que ten entidade tectónica autónoma Esta repetición xenera un ritmo ascensional e lonxitudinal que converxe no altar Planta da Catedral de Notre-Dame (París, 1163)
13. A cabeceira da catedral gótica: DEAMBULATORIO OU XIROLA CON CAPELAS ABSIDIAIS CabeceIra da abadía de Saint Denis (Francia) A cabeceira gótica é máis ampla cá románica; os brazos do transepto acórtanse e adquire protagonismo o deambulatorio ou xirola arrodeado de capelas radiais chamadas absidiolos Nelas as confrarías e gremios artesanais, que participaran no financiamento da catedral, instalaban as capelas dos seus santos patróns
14. A PLANTA DE SALÓN Dividida en cinco naves, que na cabeceira xeneran un dobre deambulatorio . O transepto non sobresae exteriormente, xa que fica integrado no corpo lonxitudinal do edifico, aínda que se seguen a abrir pórticos ao exterior do mesmo
15. ALZADO E SECCIÓN DUNHA CATEDRAL GÓTICA A organización do alzado interior segue o seu precedente románico: arcadas que conducen ás naves laterais; un triforio (estreito corredor con arquerías), que substitúe á tribuna románica; e un claristorio ou corpo de xanelas con vidreiras coloreadas
18. O INTERIOR DUNHA CATEDRAL GÓTICA Está dominado pola luz e produce unha sensanción de intensa “ desmaterialización ” arquitectónica, grazas á desaparición do muro ” como elemento sustentante. Este efecto produce sensación de ingravidez e transparencia que subliñan o carácter místico e simbólico do espazo da catedral, que se converte así no mesmo ceo , non nun cauce para se comunicar co ceo
19. A arquitectura gótica é luz e cor , grazas á profusión de vidreiras que ocupan o espazo do “desaparecido” muro Esta combinación de luz e cor é a mellor representación simbólica da catedral como “X erusalén Celestial ” “Amosoume a cidade santa, Xerusalén, que descendía do ceo de parte de Deus, que tiña a gloria de Deus. O seu brillo era semellante á pedra máis preciosa, como a pedra de xaspe pulimentado ” (Apocalipse, 21, 10-12)
20. A CUBIERTA: A BÓVEDA DE CRUZARÍA OU NERVADA CLAVE NERVOS ARCO TORAL OU FEIXÓN O arco apuntado ou oxival é o que fai posible a grande novidade do gótico, a bóveda de cruzaría PLEMENTO
23. A bóveda de cruzaría é o resultado do cruzamento entre dous arcos apuntados, que forman un esquelete de nervos ; o espazo entre os nervos de pedra énchese con plementería (material lixeiro de recheo). A clave da bóveda é a dovela central que a pecha. O arco apuntado permite elevar considerablemente a altura da nave sen que se resinta a súa estabilidade polo peso da bóveda, xa que as presións tanxenciais se reduciron. BÓVEDA DE CRUCERÍA DA CATEDRAL DE CHARTRES (NAVE CENTRAL)
29. A proxección vertical da catedral gótica resólvese tectonicamente con gran elegancia, de tal xeito que a beleza formal e a estabilidade técnica do edificio son valores complementarios que arrincan da perfección das formas xeométricas
30.
31. O EXTERIOR DO SISTEMA CONSTRUTIVO O obxectivo prioritario é contrarrestar o empuxe tanxencial da bóveda interior por medio de contrafortes e arcobotantes (arcos externos dispostos en diagonal, que transmiten os empuxes da bóveda interior ao contraforma exterior)
32. Imaxe real do sistema exterior de contrafortes e arcobotantes
33. CONTRAFORTES DA CATEDRAL DE CHARTRES AGULLA GÓTICA As torres , agullas , chapiteis (remate piramidal), pináculos (remate cónico ou piramidal), gabletes (remate en punta a modo de Frontón), son utilizados plasticamente para acentuar o impulso ascensional da construción gótica
35. Arquitectura gótica: a fachada da catedral Catedral de Chartres Catedral de París Adoita estar flanqueada por dúas torres rematadas en chapiteis (ou non); nas imaxes dous exemplos distintos
45. A ARQUITECTURA CIVIL: A CASA DO CONCELO CASA DO CONCELLO DE BRUSELAS CASTELO DE VINCENNES
46. ARQUITECTURA CIVIL: A LONXA O S. XV coñeceu o impulso definitivo da arquitectura civil, que no eido das finanzas tivo o seu máximo expoñente na construción de lonxas ( edificios destinados a albergar actividades mercants e que eran o reflexo do dinamismo da clase comercial ). As lonxas, ao principio simples espazos porticados onde realizar as transaccións pasaron a ser impoñentes edificios de pedra que reflictían a riqueza dunha cidade LONXA DE PALMA DE MALLORCA
47. LONXA DE VALENCIA OU LONXA DA SEDA, S. XV. Dimensións: 51,47 m x 39,10 m. O edificio consta de Sala de Contratación, á dereita da imaxe, e do Consulado do Mar, á esquerda O arquitecto que iniciou e deu o seu carácter primixenio á obra foi o mestre catalán PERE COMPTE, que se instalara en Valencia en 1492 para colaborar na ampliación da catedral
48. A LONXA DE VALENCIA: PLANTA E SECCIÓN DO EDIFICIO
49. SECCIÓN DA LONXA DE VALENCIA O C onsulado do Mar está constituído por tres andares que se abren ao exterior con fermosas ventás; a Sala de contratación , de planta de salón, está dividida por 8 piares exentos en 3 tramos lonxitudinais e 5 transversais. Os piares elévanse até os 16 m. e, en colaboración coas 16 columnas inseridas nos muros laterais, sosteñen a complexa bóveda de cruzaría.
50. Interior da Lonxa de Valencia Ao entrarmos na sala, vémonos sorprendidos polo efecto de amplitude e altura, potenciado pola separación entre os altos piares e pola ausencia de obstáculos no plano horizontal. Esta sensación vese reforzada polos fustes helicoidais das columnas exentas, formadas por molduras que ascenden nun movemento envolvente e que dirixen a mirada cara á bóveda. As molduras parecen continuar nos nervios que configuran as bóvedas de cruzaría
52. A ARQUITECTURA CIVIL: O PALACIO PALACIO DUCAL DE VENECIA PALACIO GÓTICO O palacio urbano é tecnicamente semellante en canto a solucións construtivas, mais a súa riqueza ornamental e suntuosidade son o mellor expoñente do florecemento da burguesía mercantil e financeira, da aparición da nova “aristocracia do diñeiro”