SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
O chasco
Veu a saber Roque que andivo o chasco amolado
e, como é coñecido del, achegouse a visitalo.
Contoulle que estivo de “aquel” porque deron en estudalo
e mudáronlle a familia, os parentes e achegados.
Disque, din o seu facer e os estudos, que estaba mal clasificado,
e o ADN, que o que antes era un... agora son varios!
Antes era da familia dos tordos e dos merlos (Turdidae)
e agora é da dos papamoscas, co paporrubio e os pedreiros (Muscicapidae).
Tamén lle mudaron o nome, non o de diario,
senon o que sae nos libros, o que é o mesmo en todos lados...
e fixeron dunha especie cinco, separarando de entre si a uns cantos,
a outros mudáronos de xénero… e aínda non remataron os cambios.
O chasco é un paxaro con mala sona
porque segundo contan... cando Xesús e
a súa familia fuxían cara a Exipto, os
perseguidores, como non daban con
eles, preguntábanlle a cantos atopaban
polo camiño se os viran... e entre todos
tamén lle preguntaron aos paxaros.
Preguntáronlle ao pimpín, e respondeu -
pim pín, pim pín, por aquí non os vin...- e
seguiron buscando.
Logo atoparon ao chasco e á pregunta
respondeu -chas chas, chas chas, por aí
ben vas...-
E aínda que el insiste que o que dixo foi
-chas chas, chas chas, por aí mal vas...-
para despistalos, a polémica quedou
servida e a mala sona cangada... e desde
aquela ata hoxe
Ao chasco non lle gostan as mudas nin que anden a falar del
porque xa o fan, e abondo, e case nunca é por ben.
E despois do visto e do oído, por dar unha volta e botar unha ollada
Roque acordou ir velos, para coñecer á nova bandada.
chasco
tarabilla
pitxartxar
bitchac
cartaxo
stonechat
tarier
schwartzkehlchen
saltimpalo
Chasco.
Antes (Saxicola torquatus) e desde o
2009 (Saxicola rubicola). Paseriforme da
familia Muscicapidae propio de Europa e
das áreas mediterráneas de África e Asia.
Atópase en matos de breixos e toxeiras, e
en sebes e arbustos na beira de prados e
leiras.
En Galiza é sedentário e común.
Acéptanse dúas subespecies:
S. r. rubicola, da área mediterránea (do sur e do leste de
Europa, norte de África e Asia -de Turquía ao Cáucaso-);
S. r. hibernans, das áreas costeiras atlánticas (illas
Británicas, oeste de Francia e Portugal).
Son moi similares e difíciles de diferenciar.
Os machos e as femias presentan
un marcado dimorfismo
Macho arriba e abaixo a femia
Femia á esquerda e macho á dereita
Mide de 11 a 13 cm e
pesa entre 13 e 17 g.
Aliméntase de insectos
(adultos e eirugas) e arañas.
O chasco marca o seu territorio cantando
desde un pousadoiro elevado e facendo
voos entre os puntos sobresaíntes do
mesmo. Tamén ten voces de advertencia,
a máis coñecida e o “chac chac” ou “chas
chas” do que lle ven o nome.
Cría cedo “Pola Pascua, xa ten carne tenra a chasca”. A
femia fai o niño no chan, debaixo dunha mouta de mato, e
nel pon de 3 a 5 ovos que logo choca uns 15 días. As crías
nacen pouco desenvolvidas, mais logo medran.
Son alimentadas polo pai e pola nai e deixan o niño aos 15
días de naceren.
Adoita ter dúas roladas, aínda que se unha niñada se
estraga pode facer unha terceira posta.
Niño de chasco
con ovos
Chasco
alimentando
ás crías
Niño con crías case emplumadas
Chasco novo uns días
despois de deixar o niño.
Os chascos son doados de ver porque
fan notar a súa presenza pousando nas
partes altas da vexetación e dando
voces de aviso.
as especies
Saxicola caprata (chasco pío). Habita en espazos abertos
(praderías, cultivos e matos) de Asia central, a área
Indomalaia e parte do sur de Asia; e estendeuse a
mediados do século XX a Nova Guiné.​
Mide uns 13 cm.
Recoñécense numerosas subespecies:
S. c. caprata, das illas de Luzón e Mindoro das Filipinas
S. c. rossorum, do nordeste do Irán, sur e centro de Kazastán, sur de
Afganistán e Beluchistán
S. c. bicolor, do sueste do Irán, Afganistán, Paquistán, e do norte da India.
S. c. burmanicus, do leste da India, Nianmar, e o sur da China ata
Tailandia.
S. c. nilgiriensis, da cordilleira dos Ghats do Oeste e das montañas de
Nilgiri, da India.
S. c. atratus, de Sri Lanka
S. c. randi, das illas (Panai, Negros, Cebu, Bohol, Siquijor, Leite e
Mindanao) do centro das Filipinas
S. c. fruticola, do leste de Xava, Flores e Alor.
S. c. francki, das illas Sumba.
S. c. pyrrhonotus, de Timor, Wetar, Kisar, Savu e Roti.
S. c. albonotatus, de parte de Sulawesi e Salaier.
S. c. cognatus, da illa Babar
S. c. belensis, do centro e do oeste de Nova Guiné.
S. c. aethiops, de Nova Guiné e do arquipélago das Bismarck.
S. c. wahgiensis, do centroleste e leste de Nova Guiné.
macho
femia
Saxicola dacotiae (chasco das Canarias).
É endémico da illa de Fuerteventura, nas
illas Canarias, onde habita zonas secas e
pedreiros. Está en perigo pola destrución
do hábitat. Crese que quedan entre
1300 e 1700 adultos.
macho
femia
Saxicola ferreus (chasco gris). Atópase en
bosques, matos e herbeiros das zonas tropicais e
subtropicais do sueste de Asia entre os Himalaias
e a China.
macho
Saxicola gutturalis (chasco de Timor). So se atopa nos
bosques e matos tropicais das illas de Timor, Roti e Semau.
macho
Saxicola insignis (chasco de Hodgson).
Cría nas praderías alpinas e subalpinas
das montañas de Mongolia e áreas
próximas, e pasa o inverno nas praderías
húmidas e xunqueiras aos pés dos
Himalaias.
No 2001, so había entre 3.500 e 15.000
exemplares.
macho
Saxicola jerdoni (chasco de Jerdon).
Atópase nas montañas do surleste de
Asia. Desde o leste do Himalaia ata Laos e
o Vietnam.
macho
Saxicola leucurus (chasco de rabo branco).
Atópase en herbeiros húmidos e zonas
pantanosas das chairas ao pé das
montañas do subcontinente indio.
Presenta variacións na cor da plumaxe
entre o norte e o sur da área de
distribución.
macho
femia
Saxicola macrorhynchus (chasco de Stoliczka).
Atópase nas zonas áridas e semidesertos de area
do noroeste da India, en Paquistán e en
Afganistán​. Está ameazado por destrución do
hábitat.
macho
Saxicola maurus (chasco asiático ou chasco siberiano).
Cría en matos e pasteiros duros abertos de gran parte de
Asia temperada, desde o sur do paralelo 70º, en Siberia,
ata o sur dos Himalaias, chegando polo oeste ao Caspio e
ao leste de Turquía, e pasa o inverno desde o sur do Xapón
a Tailandia.
Recoñécense varias subespecies:
S. m. maurus, a norteña,
e as do sur, con áreas brancas máis grandes na plumaxe,
S. m. variegatus, do oeste do mar Caspio,
S. m. armenicus, do leste de Turquía ata Irán,
S. m. indicus, do Himalaia
S. m. przewalskii (chasco do Turquestán), do suroeste da China.
macho
Saxicola rubetra (chasco de rabo pinto ou chasco norteño).
Cría en pasteiros e herbeiros non cultivados de Europa e do
noroeste de Asia e pasa o inverno en África.
En Galiza é visitante pouco común nos pasos e no verán.
macho
Saxicola sibilla (chasco malgache).
É endémico da illa de Madagascar.
Recoñécense tres subespecies
Saxicola sibilla ankaratrae, do centro de
Madagascar e a costa oeste
Saxicola sibilla tsaratananae, do macizo de
Tsaratanana, no norte de Madagascar
Saxicola sibilla sibilla, do resto da illa
macho
femia
Saxicola stejnegeri (chasco de Stejneger). Do leste de Asia.
Cría desde o leste de Siberia e Mongolia oriental ata Corea
e o Xapón, e pasa o inverno no sur da China e Indochina.
macho
Saxicola tectes (chasco da illa Reunión ou tec-tec).
É endémico da illa Reunión, onde ocupa claros
forestais e espazos abertos a partir dos 300 m de
altitude. Hai machos coas cores típicas e machos da
mesma cor que as femias. Mide entre 12 e 13 cm.
macho
Saxicola torquatus (chasco africano), de África, ao sur do
Sahara, e do suroeste da península arábiga.
Subespecies:
S. t. torquatus, do leste de Sudáfrica.
S. t. clanceyi, do oeste de Sudáfrica.
S. t. stonei, do centro do sur de África, desde o norte Sudáfrica ata o norte da
República Democrática do Congo e o suroeste de Tanzania.
S. t. oreobates, das grandes alturas do Drakensberg e outras montañas de Lesoto e
das súas inmediacións en Sudáfrica.
S. t. promiscuus, do oeste de Mozambique, o leste de Zambia e Tanzania central.
S. t. altivagus, do este de Zimbabue, Mozambique, Malaui.
S. t. axillaris, de Kenia, Uganda, noroeste de Tanzania, Ruanda, Burundi, e do leste
da República Democrática do Congo
S. t. salax, do oeste do Gabón, Congo, República Democrática do Congo e do norte
de Angola.
S. t adamauae, do Camerún.
S. t pallidigula, das partes máis altas do monte Camerún, no Camerún. A
subespecie máIs grande.
S. t moptanus, do oeste do Sahel -desde o norte do Senegal ata Níxer,
irregularmente dispersa. A subespecie máis pequena.
S. t nebularum, do oeste de África tropical desde Serra Leona ao leste de Costa do
Marfil.
S. t jebelmarrae, de Darfur, Sudán.
S. t felix, do suroeste de Arabia Saudita e do oeste do Iemen.
S. t voeltzkowi, da illa gran Comora.
S. t albofasciatus (chasco de Etiopía), das terras altas de Etiopía. Considerado por
moitos una especie distinta.
macho
femia
S. t. clanceny (macho)
S. t. oreobates (femia)
S. t. salax (macho)
S. t. axillaris (macho)
S. t. salax (femia)
S. t. promiscuus (macho)
Exemplares de
algunhas
subespecies do
chasco africano
Exemplares da subespecie
S. t. albofasciatus
macho
femia
Especies que antes estaban cos chascos pero que agora están incluídas noutros xéneros:
Saxicola bifasciatus, hoxe Campicoloides bifasciatus
(chasco sudafricano). Habita en pasteiros secos de
Lesoto, Sudáfrica e Suazilandia.
Saxicola splendens, hoxe Malurus splendens. Atópase en
bosques e matos arbustivos, de zonas áridas e semiáridas, do
centro e do sur de Australia. Mide uns 14 cm. Os machos teñen
unha plumaxe espectacular durante a época de cría.
Recoñécense catro subespecies:
M. s. splendens (forma nominal), do centro e do sur de Australia occidental.
M. s. melanotus, das zonas de eucaliptos do interior do surleste de Australia.
M. s. musgravei, das zonas arboradas de Acacia aneura e eucaliptos da depresión
do lago Eyre en Australia central.
M. s. emmottorum, do suroeste de Queensland.
macho
femia Femia
Macho en época de cría
E despois deste repaso,
Roque vai tomar un descanso.
As imaxes son collidas da “rede”.
Agradézolle aos autores poder usalas e agardo que desculpen o uso que fixen delas. Mon Daporta 2020

More Related Content

What's hot

Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 

What's hot (20)

Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Limícolas
LimícolasLimícolas
Limícolas
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 

Similar to Morcego roque o chasco

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grovecandeadosalnes
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasmonadela
 

Similar to Morcego roque o chasco (16)

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
O xabarín
O xabarínO xabarín
O xabarín
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
África para niños
África para niñosÁfrica para niños
África para niños
 
A carriza
A carrizaA carriza
A carriza
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Canguros
CangurosCanguros
Canguros
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 
Animales de galicia
Animales de galiciaAnimales de galicia
Animales de galicia
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (7)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Morcego roque o chasco

  • 2. Veu a saber Roque que andivo o chasco amolado e, como é coñecido del, achegouse a visitalo. Contoulle que estivo de “aquel” porque deron en estudalo e mudáronlle a familia, os parentes e achegados.
  • 3. Disque, din o seu facer e os estudos, que estaba mal clasificado, e o ADN, que o que antes era un... agora son varios!
  • 4. Antes era da familia dos tordos e dos merlos (Turdidae) e agora é da dos papamoscas, co paporrubio e os pedreiros (Muscicapidae).
  • 5. Tamén lle mudaron o nome, non o de diario, senon o que sae nos libros, o que é o mesmo en todos lados... e fixeron dunha especie cinco, separarando de entre si a uns cantos, a outros mudáronos de xénero… e aínda non remataron os cambios.
  • 6. O chasco é un paxaro con mala sona porque segundo contan... cando Xesús e a súa familia fuxían cara a Exipto, os perseguidores, como non daban con eles, preguntábanlle a cantos atopaban polo camiño se os viran... e entre todos tamén lle preguntaron aos paxaros. Preguntáronlle ao pimpín, e respondeu - pim pín, pim pín, por aquí non os vin...- e seguiron buscando. Logo atoparon ao chasco e á pregunta respondeu -chas chas, chas chas, por aí ben vas...- E aínda que el insiste que o que dixo foi -chas chas, chas chas, por aí mal vas...- para despistalos, a polémica quedou servida e a mala sona cangada... e desde aquela ata hoxe Ao chasco non lle gostan as mudas nin que anden a falar del porque xa o fan, e abondo, e case nunca é por ben.
  • 7. E despois do visto e do oído, por dar unha volta e botar unha ollada Roque acordou ir velos, para coñecer á nova bandada.
  • 9. Chasco. Antes (Saxicola torquatus) e desde o 2009 (Saxicola rubicola). Paseriforme da familia Muscicapidae propio de Europa e das áreas mediterráneas de África e Asia. Atópase en matos de breixos e toxeiras, e en sebes e arbustos na beira de prados e leiras. En Galiza é sedentário e común. Acéptanse dúas subespecies: S. r. rubicola, da área mediterránea (do sur e do leste de Europa, norte de África e Asia -de Turquía ao Cáucaso-); S. r. hibernans, das áreas costeiras atlánticas (illas Británicas, oeste de Francia e Portugal). Son moi similares e difíciles de diferenciar.
  • 10. Os machos e as femias presentan un marcado dimorfismo Macho arriba e abaixo a femia Femia á esquerda e macho á dereita
  • 11. Mide de 11 a 13 cm e pesa entre 13 e 17 g.
  • 12. Aliméntase de insectos (adultos e eirugas) e arañas.
  • 13. O chasco marca o seu territorio cantando desde un pousadoiro elevado e facendo voos entre os puntos sobresaíntes do mesmo. Tamén ten voces de advertencia, a máis coñecida e o “chac chac” ou “chas chas” do que lle ven o nome.
  • 14. Cría cedo “Pola Pascua, xa ten carne tenra a chasca”. A femia fai o niño no chan, debaixo dunha mouta de mato, e nel pon de 3 a 5 ovos que logo choca uns 15 días. As crías nacen pouco desenvolvidas, mais logo medran. Son alimentadas polo pai e pola nai e deixan o niño aos 15 días de naceren. Adoita ter dúas roladas, aínda que se unha niñada se estraga pode facer unha terceira posta. Niño de chasco con ovos Chasco alimentando ás crías Niño con crías case emplumadas
  • 15. Chasco novo uns días despois de deixar o niño.
  • 16. Os chascos son doados de ver porque fan notar a súa presenza pousando nas partes altas da vexetación e dando voces de aviso.
  • 17.
  • 19. Saxicola caprata (chasco pío). Habita en espazos abertos (praderías, cultivos e matos) de Asia central, a área Indomalaia e parte do sur de Asia; e estendeuse a mediados do século XX a Nova Guiné.​ Mide uns 13 cm. Recoñécense numerosas subespecies: S. c. caprata, das illas de Luzón e Mindoro das Filipinas S. c. rossorum, do nordeste do Irán, sur e centro de Kazastán, sur de Afganistán e Beluchistán S. c. bicolor, do sueste do Irán, Afganistán, Paquistán, e do norte da India. S. c. burmanicus, do leste da India, Nianmar, e o sur da China ata Tailandia. S. c. nilgiriensis, da cordilleira dos Ghats do Oeste e das montañas de Nilgiri, da India. S. c. atratus, de Sri Lanka S. c. randi, das illas (Panai, Negros, Cebu, Bohol, Siquijor, Leite e Mindanao) do centro das Filipinas S. c. fruticola, do leste de Xava, Flores e Alor. S. c. francki, das illas Sumba. S. c. pyrrhonotus, de Timor, Wetar, Kisar, Savu e Roti. S. c. albonotatus, de parte de Sulawesi e Salaier. S. c. cognatus, da illa Babar S. c. belensis, do centro e do oeste de Nova Guiné. S. c. aethiops, de Nova Guiné e do arquipélago das Bismarck. S. c. wahgiensis, do centroleste e leste de Nova Guiné. macho femia
  • 20. Saxicola dacotiae (chasco das Canarias). É endémico da illa de Fuerteventura, nas illas Canarias, onde habita zonas secas e pedreiros. Está en perigo pola destrución do hábitat. Crese que quedan entre 1300 e 1700 adultos. macho femia
  • 21. Saxicola ferreus (chasco gris). Atópase en bosques, matos e herbeiros das zonas tropicais e subtropicais do sueste de Asia entre os Himalaias e a China. macho
  • 22. Saxicola gutturalis (chasco de Timor). So se atopa nos bosques e matos tropicais das illas de Timor, Roti e Semau. macho
  • 23. Saxicola insignis (chasco de Hodgson). Cría nas praderías alpinas e subalpinas das montañas de Mongolia e áreas próximas, e pasa o inverno nas praderías húmidas e xunqueiras aos pés dos Himalaias. No 2001, so había entre 3.500 e 15.000 exemplares. macho
  • 24. Saxicola jerdoni (chasco de Jerdon). Atópase nas montañas do surleste de Asia. Desde o leste do Himalaia ata Laos e o Vietnam. macho
  • 25. Saxicola leucurus (chasco de rabo branco). Atópase en herbeiros húmidos e zonas pantanosas das chairas ao pé das montañas do subcontinente indio. Presenta variacións na cor da plumaxe entre o norte e o sur da área de distribución. macho femia
  • 26. Saxicola macrorhynchus (chasco de Stoliczka). Atópase nas zonas áridas e semidesertos de area do noroeste da India, en Paquistán e en Afganistán​. Está ameazado por destrución do hábitat. macho
  • 27. Saxicola maurus (chasco asiático ou chasco siberiano). Cría en matos e pasteiros duros abertos de gran parte de Asia temperada, desde o sur do paralelo 70º, en Siberia, ata o sur dos Himalaias, chegando polo oeste ao Caspio e ao leste de Turquía, e pasa o inverno desde o sur do Xapón a Tailandia. Recoñécense varias subespecies: S. m. maurus, a norteña, e as do sur, con áreas brancas máis grandes na plumaxe, S. m. variegatus, do oeste do mar Caspio, S. m. armenicus, do leste de Turquía ata Irán, S. m. indicus, do Himalaia S. m. przewalskii (chasco do Turquestán), do suroeste da China. macho
  • 28. Saxicola rubetra (chasco de rabo pinto ou chasco norteño). Cría en pasteiros e herbeiros non cultivados de Europa e do noroeste de Asia e pasa o inverno en África. En Galiza é visitante pouco común nos pasos e no verán. macho
  • 29. Saxicola sibilla (chasco malgache). É endémico da illa de Madagascar. Recoñécense tres subespecies Saxicola sibilla ankaratrae, do centro de Madagascar e a costa oeste Saxicola sibilla tsaratananae, do macizo de Tsaratanana, no norte de Madagascar Saxicola sibilla sibilla, do resto da illa macho femia
  • 30. Saxicola stejnegeri (chasco de Stejneger). Do leste de Asia. Cría desde o leste de Siberia e Mongolia oriental ata Corea e o Xapón, e pasa o inverno no sur da China e Indochina. macho
  • 31. Saxicola tectes (chasco da illa Reunión ou tec-tec). É endémico da illa Reunión, onde ocupa claros forestais e espazos abertos a partir dos 300 m de altitude. Hai machos coas cores típicas e machos da mesma cor que as femias. Mide entre 12 e 13 cm. macho
  • 32. Saxicola torquatus (chasco africano), de África, ao sur do Sahara, e do suroeste da península arábiga. Subespecies: S. t. torquatus, do leste de Sudáfrica. S. t. clanceyi, do oeste de Sudáfrica. S. t. stonei, do centro do sur de África, desde o norte Sudáfrica ata o norte da República Democrática do Congo e o suroeste de Tanzania. S. t. oreobates, das grandes alturas do Drakensberg e outras montañas de Lesoto e das súas inmediacións en Sudáfrica. S. t. promiscuus, do oeste de Mozambique, o leste de Zambia e Tanzania central. S. t. altivagus, do este de Zimbabue, Mozambique, Malaui. S. t. axillaris, de Kenia, Uganda, noroeste de Tanzania, Ruanda, Burundi, e do leste da República Democrática do Congo S. t. salax, do oeste do Gabón, Congo, República Democrática do Congo e do norte de Angola. S. t adamauae, do Camerún. S. t pallidigula, das partes máis altas do monte Camerún, no Camerún. A subespecie máIs grande. S. t moptanus, do oeste do Sahel -desde o norte do Senegal ata Níxer, irregularmente dispersa. A subespecie máis pequena. S. t nebularum, do oeste de África tropical desde Serra Leona ao leste de Costa do Marfil. S. t jebelmarrae, de Darfur, Sudán. S. t felix, do suroeste de Arabia Saudita e do oeste do Iemen. S. t voeltzkowi, da illa gran Comora. S. t albofasciatus (chasco de Etiopía), das terras altas de Etiopía. Considerado por moitos una especie distinta. macho femia
  • 33. S. t. clanceny (macho) S. t. oreobates (femia) S. t. salax (macho) S. t. axillaris (macho) S. t. salax (femia) S. t. promiscuus (macho) Exemplares de algunhas subespecies do chasco africano
  • 34. Exemplares da subespecie S. t. albofasciatus macho femia
  • 35. Especies que antes estaban cos chascos pero que agora están incluídas noutros xéneros: Saxicola bifasciatus, hoxe Campicoloides bifasciatus (chasco sudafricano). Habita en pasteiros secos de Lesoto, Sudáfrica e Suazilandia. Saxicola splendens, hoxe Malurus splendens. Atópase en bosques e matos arbustivos, de zonas áridas e semiáridas, do centro e do sur de Australia. Mide uns 14 cm. Os machos teñen unha plumaxe espectacular durante a época de cría. Recoñécense catro subespecies: M. s. splendens (forma nominal), do centro e do sur de Australia occidental. M. s. melanotus, das zonas de eucaliptos do interior do surleste de Australia. M. s. musgravei, das zonas arboradas de Acacia aneura e eucaliptos da depresión do lago Eyre en Australia central. M. s. emmottorum, do suroeste de Queensland. macho femia Femia Macho en época de cría
  • 36. E despois deste repaso, Roque vai tomar un descanso. As imaxes son collidas da “rede”. Agradézolle aos autores poder usalas e agardo que desculpen o uso que fixen delas. Mon Daporta 2020