SlideShare a Scribd company logo
1 of 89
As gaivotas
MonDaporta
Cousiñas feitas na casa
Esta tempada Roque non gaña para desgustos.
Botar botou ás pombas pero déronlle un novo susto
Cando despertou de pasar o inverno
atopouse cun barullo que metía medo
Ao igual que as pombas do verán pasado
ten agora gaivotas a vivir no tellado
E como non da co xeito de librarse delas
preparou unha viaxe para fuxir… e ir velas.
A ver se mentras vai e ven, e da unha volta,
se lles pasa o mal xenio ás gaivotas invasoras.
Buscounas todas. Non son moitas… por sorte,
pero hainas do leste ao oeste e do sur ao norte.
gaivota
gaviota
kaio
gavina
gaivota
gull, seagull
mouette
möwen
gabbiano
As gaivotas ou láridos
(Laridae) son aves
acuáticas costeiras,
tanto do mar como de
lagos e lagoas, de
plumaxe maiormente
branca co lombo e ás
de cor gris e/ou negra.
O tamaño oscila entre
os 29 cm e 120 gr da
gaivota enana, e os 76
cm e 1.75 kg de peso do
gaivotón atlántico.
Tamaño comparativo
aproximado entre a
gaivota enana (arriba)
e o gaivotón (abaixo)
Son boas voadoras e excelentes planeadoras, poden permanecer
moito tempo no aire e percorrer grandes distancias.
Como aves acuáticas teñen a plumaxe
impermeabilizada e patas palmeadas.
Aliméntanse de
calquera cousa
comestible de orixe
animal: todo tipo de
seres mariños, carroña,
ovos e polos de outras
aves… e productos
elaborados que sexan
quen de engulir.
Son oportunistas
que non
desaproveitan
ningunha ocasión
de conseguiren
alimento
Pelexan entre elas pola comida
e acosan a
outras aves
para
roubárenlla.
ou á xente
Capturan polos
de outras aves
ou cazan adultos
Comunícanse por
medio de sons e
actitudes corporais.
Emiten sons
diferentes en
función da
intencionalidade:
de chamada, de
advertencia, de
cortexo…
Aniñan en colonias. Poñen dous ou tres ovos de cor verdosa,
manchados de escuro, nun niño no chan, unha pequena fondonada
forrada con pallas.
Os polos nacen ben
desenvolvidos,
cubertos dun
plumón amarelo ou
gris manchado de
escuro, e son quen
de moverse, para
agocharse nos
arredores do niño.
as gaivotas novas manteñen
durante os primeiros anos as
cores grisentas, manchadas.
As das especies máis grandes
tardan ata catro anos en ter
a plumaxe de adultos,
mentras case todas as máis
pequenas complétano aos
dous anos.
Moitas
especies de
gaivota teñen
distinto
aspecto no
verán e no
inverno; nas
da imaxe,
gaivotas
choronas, a do
centro xa
presenta
plumaxe de
verán mentras
as demais
conservan a
de inverno.
As gaivotas fan viaxes migratorias cara oa sur ou ao norte, para
fuxiren do frío, e volven aos lugares de residencia habitual para criar.
Gaivotas en Galiza.
Galiza, pola súa situación e latitude, é lugar de
paso das migracións, de invernada e un punto a
onde chegan, de forma ocasional, exemplares
divagantes. Por eso nas costas de Galiza, e ao
longo das distintas épocas do ano, podense
chegar a rexistar ata 20 especies de gaivotas,
aínda que só tres especies crían: Gaivota
patiamarela (coa maior colonia do mundo nas
illas Cies), gaivota tridáctila (un pequeno grupo
nas illas Sisargas) e gaivota escura (unhas
poucas parellas nas colonias de gaivota
patiamarela coa que hibrida en ocasións).
As gaivotas do
mundo
Gaivota americana ou gaivota arxéntea americana (Larus smithsonianus ou Larus
argentatus smithsonianus). Miden entre 55 e 66 cm de longo e pesan de 600 a 1500 gr(os
machos son os máis grandes) e teñen unha envergadura de 120 a 155 cm. Atópase en
América do Norte.
Gaivota andina (Chroicocephalus serranus). Habita en ríos, lagoas e humidais dos Andes
(entre os 3000 e 4500 msnm), pero pasa o inverno en zonas máis baixas. Aniña en colonias
dispersas e illadas desde o norte do Ecuador ata o norte de Chile e o el noroeste da
Argentina. A poboación total é dunhas 50.000 parellas.
Gaivota armenia (Larus armenicus). Mide de 52 a 62 cm de longo e pesa de 600 a 960 gr.
Cría ao pé dos lagos das montañas de Xeorxia, Armenia, Turquía e o oeste de Irán. Fai
migracións invernais as costas do Mediterráneo e o Golfo Pérsico
Gaivota de Audouin (Larus audouinii). É unha gaivota de tamaño medio endémica do
Mediterráneo.
Gaivota de Belcher, gaivota cangrexeira, gaivota de cola negra, gaivota simeón ou
gaivota peruana (Larus belcheri). É unha gaivota de tamaño medio que se atopa ao longo
da costa do Pacífico de América do Sur.
Gaivota maorí (Chroicocephalus bulleri). É endémica de Nova Celandia. Vive nos ríos,
lagos e marismas de auga doce, costas areosas, pasteiros e zonas urbanas.. Arredor do
78% da población reprodúcese no extremo meridional da Illa Sur,
gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus). Vive en áreas de
Europa e Asia, e na costa oriental do Canadá en saíñas, marismas e lagoas. Migra a zonas
máis ao sur no inverno. É invernante común en Galiza.
Gaivota xaponesa ou gaivota de rabo negro (Larus crassirostris). É orixinaria do leste
de Asia, costas de China, Taiwán, Xapón e Corea. Esta gaivota tarda 4 anos en acadar
a plumaxe de adulto.
Gaivota centroasiática, gaivota hindú ou gaivota de cabeza marrón (Chroicocephalus
brunnicephalus). Reprodúcese nas altas mesetas de Asia Central, desde Tayikistán a
Mongolia Interior. No inverno migra ás costas e grandes lagos interiores do sur de Asia
tropical.
Gaivotín ou gaivota de capucho café (Chroicocephalus maculipennis) Habita en pantanos,
lagos de auga doce, aguas mariñas costeiras, pasteiros e manglares desde o sur de Brasil,
Uruguai e o centro de Chile ata as illas austrais. No inverno desplázase cara ao norte.
Gaivota californiana ou gaivota de California (Larus californicus). Mide de 46 a 55 cm
de longo e de 122 a 137 cm de envergadura, pesa de 430 a 1.045 gr. Cría nos lagos e
pantanos do interior do oeste de Norteamérica desde o sur do Canadá ata o leste de
California e Colorado.
Gaivota patiamarela (Larus cachinnans michaellis). Orixinaria do mar Negro e do mar
Caspio estendeuse ata o leste da China, o mar Vermello, o Golfo Pérsico, o oeste de Europa
e as illas dos Açores, Madeira e Canarias. Coñécense 2 subespecies. É a gaivota máis
común en Galiza. Ten a colonia de cría máis grande do mundo nas illas Cies.
Gaivota papoia (Larus canus). Mide de 40 a 46 cm de longo. Cría no norte de Europa e
inverna no sur e en África. Aniña en colonias, na costa ou no interior, ás veces en páramos
ou prados lonxe da agua. Coñécense 4 subespecies. En Galiza aparecen algúns exemplares
no inverno.
Gaivota Vega, gaivota de Siberia Oriental, ou gaivota arxéntea de Siberia Oriental (Larus
vegae). Gaivota grande que vive nos lagos do nordeste de Asia en Siberia e Mongolia. No
inverno desplázase ata a costa do leste de Asia.
Gaivotón hiperbóreo ou gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus). Mide de 62 a 68 cm de
longo, pesa entre 1.200 e 2.000 gr e ten unha envergadura de 142 a 162 cm. Vive nas
latitudes altas do hemisferio norte no Atlántico e no Ártico. coñécense catro subespecies. É
invernante escasa na costa de Galiza.
Gaivota aliglauca ou gaviota de Bering (Larus glaucescens). Mide de 50 a 68 cm de longo
e entre 120 e 150 cm de envergadura, cun peso medio arredor de un kg. cría na costa do
Pacífico norte de Alaska e Canadá e desplázase ata California fóra da época de cría.
Gaivotón atlántico (Larus marinus). Mide ata 79 cm de longo con unha envergadura de
ata 1,7 m. É unha das gaivotas máis grandes do mundo. É unha ave solitaria que se atopa
polo Atlántico norte. No inverno desplázase cara ao sur en busca de clima máis suave. En
Galiza é visitante invernal común aínda que pouco numeroso.
Gaivotón cabecinegro ou gaivota de cabeza negra (Larus ichthyaetus ou Ichthyaetus
ichthyaetus). Cría en marismas e illas desde el sur de Rusia a Mongolia e inverna no
Mediterráneo oriental, Arabia e a India.
Gaivota prateada sudafricana ou gaivota de Hartlaub (Larus hartlaubii ou Chroicocephalus
hartlaubii). Mide de 36 a 38 cm de longo. É endémica da costa do Atlántico de Sudáfrica e
Namibia onde vive, preferentemente, preto da costa e nos esteiros.
Gaivota mexicana (Larus heermanni). O 90% da poboación mundial aniña na illa Rasa, no
golfo de California, (México). Fora da temporada de cría pódese atopar nas augas costeiras
entre Guatemala e os EE. UU.
Gaivota arxéntea (Larus argentatus). É unha das gaivotas máis extendidas e adaptables do
Hemisferio Norte. Mide ata 60 cm de longo. Coñécense 4 subespecies. É invernante escasa
na costa galega.
Gaivota siberiana ou gaivota de Heuglin (Larus heuglini). Mide de 53 a 70 cm, ten unha
envergadura de 138 a 158 cm e unha masa corporal de 745 a 1.360 gr. Cría na tundra do
norte de Rusia e emigran no inverno ás costas do suroeste de Asia e a India.
Gaivota groenlandesa(Larus glaucoides) Mide entre 58 e 65 cm. Nidifica en
Canadá e en Groenlandia, e inverna nas costas do Atlántico norte. coñécense
2 subespecies. En Galicia vese como visitante esporádica.
Gaivota cociñeira ou gaivota dominicana (Larus dominicanus). Mide entre 55 e 60 cm de
longo y case 130 cm de envergadura. Vive nas costas e illas do Hemisferio Sur.
Recoñécense 5 subespecies: Larus dominicanus vetula no sur de África, Larus dominicanus
dominicanus arredor de América do Sur e en partes de Australia, Larus dominicanus
judithae nas illas subantárticas do océano Índico, Larus dominicanus melisandae no sur e
surleste de Madagascar e Larus dominicanus austrinus na Antártida.
Gaivota escura, gaivota morena ou gaivota de lava (Larus fuliginosus). Mide uns 45 cm de
lonxitude e entre 90 e 100 cm de envergadura. É endémica das illas Galápagos,
Gaivota escura ou gaivota sombría (Larus fuscus). É nativa do Atlántico norte, de Europa, e
do Ártico e migradora invernal das costas atlánticas de Norteamérica, de África, o
Mediterráneo e o océano Indico. Recoñécense 4 subespecies. En Galiza é moi común como
invernante e crían algunhas parellas.
Gaivota anana (Larus minutus ou Hydrocoloeus minutus). É a gaivota máis pequena, mide
de 25 a 27 cm, ten unha envergadura alar de 75 a 80 cm e un peso de 68 a 133 gramos.
Cría, en colonias, nas marismas do norte de Eurasia, e algunhas no norte do Canadá, e
inverna en Europa occidental, no Mediterráneo e no norleste dos EE. UU.. Vese como
invernante escasa na costa de Galiza.
Aspecto que presenta no
inverno, á esquerda, e no
verán, debaixo.
Gaivota de cabeza negra ou gaivota mediterránea (Larus melanocephalus ou Ichthyaetus
melanocephalus). Orixinaria do mar Negro está a extenderse por Europa. Cría en lagoas
pouco fondas e esteiros.e inverna nas costas do Mediterráneo e do Atlántico. Vese como
invernante, escasa, en Galiza.
Gaivota de Olrog ou gaivota cangrexeira (Larus atlanticus) vive illotes areosos de
Arxentina, Brasil e o Uruguay, nas costas de arredor do mar da Plata.
Gaivota do Pacífico (Larus pacificus). Mide de 58 a 66 cm, ten unha envergadura de 137 a
157 cm e pesa de 900 a 1.180 gr. Ten un peteiro característico, máis forte e groso que o
resto das especies de gaivota. É nativa das costas de Australia. Recoñécense 2 subespecies:
Larus pacificus pacificus da costa surleste de Australia e de Tasmania e Larus pacificus
georgii de Australia do Sur e Australia Occidental .
Gaivota prateada neozelandesa ou gaivota de peteiro vermello (Larus ou Chroicocephalus
scopulinus). É nativa de Nova Celandia onde se atopa por todo o país e nas illas subantárticas.
Gaivota relicta (Ichthyaetus relictus). Mide entre 44 e 45 cm . Vive principalmente en el
interior de Asia, Mongolia e áreas próximas. Cría en colonias sobre illas situadas en lagos de
augas salobres. Parte da poboación, fOra de la época de cría, migra a Corea do Sur e ao
leste da China.
Gaivota de Delaware (Larus delawarensis). Mide uns 49 cm de lonxitude e ten unha
envergadura duns 125 cm. Vive, e cría, en illas de ríos e lagos do Canadá e do norte dos
Estados Unidos. No inverno migra ao sur, ás costas do Atlántico, do Pacífico e do Golfo de
México. Chega accidentalmente á costa galega.
Gaivota de Saunders (Larus ou Chroicocephalus saundersi).
Mide arredor de 33 cm.
Habita en esteiros e marismas intermareais do leste de Asia.
Gaivota prateada (Larus ou Chroicocephalus novaehollandiae). Mide de 40 a 45 cm de
lonxitude e ten unha envergadura de 94 cm. É a gaivota máis común da costa australiana
pero tamén se pode atopar en Nova Celandia. Recoñécense 4 subespecies.
Gaivota de Kamchatka (Larus schistisagus). Mide de 55 a 68.5 cm de longo, de 132 a 160
cm de envergadura e pode pesar de 1.000 a 1.700 gr. Cría na costa occidental de Alaska.
Está considerada como o gaivotón do Pacífico Norte.
Gaivota biquistreita (Larus genei). Mide de 37 a 40 cm e ten unha envergadura alar de 90 a
102 cm. Vive nas costas do Mediterráneo, o mar Negro e o océano Índico occidental. Vese
ocasionalmente en Galiza.
Gaivota de Adén ou gaivota de Hemprich (Larus ou Ichthyaetus hemprichii). Vive na costa
leste de África e en todo o suroeste de Asia.
Gaivota esquimal ou gaivota de Thayer (Larus thayeri). Mide entre 56 e 64 cm, cunha
envergadura de 130 a 148 cm e un peso de 720 a 1.500 gr. É nativa de América do Norte,
cría nas illas árticas de Canadá, e inverna principalmente na costa do Pacífico, desde o sur
de Alaska ata o golfo de California, nos Grandes Lagos e no curso alto do río Misisipi.
Gaviota occidental (Larus occidentalis). Mide entre 56 e 66 cm, cunha envergadura de 120 a
144 cm e un peso de 800 a 1250 gr. Vive na costa do Pacífico de América do norte desde o
sur do Canadá ata o norte de México.
Gaivota de ollo branco (Ichthyaetus leucophthalmus). É endémica do mar Vermello. É
unha das gaivotas máis escasas, cunha poboación de só 4.000 a 6.500 parellas.
Gaivota de Cortés ou gaivota de patas amarelas (Larus livens). Mide de 53 a 72 cm de
longo, de 140 a 160 cm de envergadura e entre 900 e 1.500 gr de peso. É nativa do golfo
de California en México.
Gaivota austral ou gaivota gris (Leucophaeus scoresbii, antes Larus scoresbii). Mide
arredor de 38 cm e pesa uns 540 gr. Vive nas costas do sur da Patagonia e de Chile.
Gaivota garuma ou gaivota gris (Leucophaeus modestus, antes Larus modestus). Só cría
no deserto de Atacama en Chile.
Gaivota chorona americana (Leucophaeus atricilla, antes Larus atricilla). É unha gaivota
común nas áreas costeiras de Norteamérica no verán. Coñécense 2 subespecies.
Gaivota de Franklin (Leucophaeus pipixcan). Vive nas pradeiras do centro de Canadá e do
norte dos Estados Unidos.
Gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia). Cría en Alaska e o Canadá e
pasa o inverno en áreas máis temperadas de América del Norte, México, América
Central e as Antillas. Aparece acciedentalmente en Galiza.
Gaivota de cabeza gris ou gaviota de capucho gris (Chroicocephalus cirrocephalus). Mide
entre 38 e 44 cm. Vive nas zonas costeiras, lagos interiores e ríos de África subsahariana,
Madagascar e América do Sur.
Gaivota das Galápagos ou gaivota de rabo furcado (Creagrus furcatus). Mide de 51 a 57
cm e pesa entre 600 e 750 gr. Vive en mar aberto, onde pesca maiormente de noite, e só se
achega á costa das illas Galápagos para criar.
Gaivota de marfil (Pagophila eburnea). Mide de 40 a 44 cm, ten unha envergadura de 110
a 120 centímetros e pesa de 450 a 690 gr. Vive e cría nas costas do océano Ártico.
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla). Mide arredor de 40 cm de longo cunha envergadura
alar de 90 a 100 cm. Atópase nos océanos do hemisferio norte. Coñécense dúas
subespecies a Rissa tridactyla tridactyla do océano Atlántico e a Rissa tridactyla pollicaris
do océano Pacífico. É unha das especies de aves mariñas máis numerosas. Viven lonxe da
costa á que só se achegan para criar. En Galiza crían unhas poucas parellas.
Gaivota de peteiro curto (Rissa brevirostris). Mide entre 35 e 40 cm de longo con una
envergadura alar de 84 a 92 cm. É endémica do mar de Bering.
Gaivota de Ross ou gaviota rosada (Rhodostethia rosea). Nidifica en áreas pantanosas dos
esteiros do Ártico, desde o norte de América do norte ata a metade do norte de Siberia.
Gaivota de Sabine ou gaivota de rabo fendido (Xema sabini). Cría en toda a costa do Ártico
e pasa o inverno nas correntes frías do suroeste de África e maiormente no suroeste de
América. Fóra da época de cría vive lonxe da costa.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes
diversas. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban
disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
Case é para non crelo.
Rematei e saín con ben.
Vou descansar algúns días
e verei logo que facer.

More Related Content

What's hot

Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.ppsMonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IIMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Pardela cincenta
Pardela cincentaPardela cincenta
Pardela cincentaiesasorey
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 

What's hot (20)

Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos II
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes III
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Pardela cincenta
Pardela cincentaPardela cincenta
Pardela cincenta
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 

Similar to Gaivotas

Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. MonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula ppilarfzx
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafosgalefas
 

Similar to Gaivotas (16)

Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula p
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Gaivotas

  • 2. Esta tempada Roque non gaña para desgustos. Botar botou ás pombas pero déronlle un novo susto
  • 3. Cando despertou de pasar o inverno atopouse cun barullo que metía medo
  • 4. Ao igual que as pombas do verán pasado ten agora gaivotas a vivir no tellado
  • 5. E como non da co xeito de librarse delas preparou unha viaxe para fuxir… e ir velas.
  • 6. A ver se mentras vai e ven, e da unha volta, se lles pasa o mal xenio ás gaivotas invasoras.
  • 7. Buscounas todas. Non son moitas… por sorte, pero hainas do leste ao oeste e do sur ao norte.
  • 9. As gaivotas ou láridos (Laridae) son aves acuáticas costeiras, tanto do mar como de lagos e lagoas, de plumaxe maiormente branca co lombo e ás de cor gris e/ou negra. O tamaño oscila entre os 29 cm e 120 gr da gaivota enana, e os 76 cm e 1.75 kg de peso do gaivotón atlántico. Tamaño comparativo aproximado entre a gaivota enana (arriba) e o gaivotón (abaixo)
  • 10. Son boas voadoras e excelentes planeadoras, poden permanecer moito tempo no aire e percorrer grandes distancias.
  • 11. Como aves acuáticas teñen a plumaxe impermeabilizada e patas palmeadas.
  • 12. Aliméntanse de calquera cousa comestible de orixe animal: todo tipo de seres mariños, carroña, ovos e polos de outras aves… e productos elaborados que sexan quen de engulir.
  • 13.
  • 14.
  • 15. Son oportunistas que non desaproveitan ningunha ocasión de conseguiren alimento
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19. Pelexan entre elas pola comida
  • 20. e acosan a outras aves para roubárenlla.
  • 21.
  • 25.
  • 26.
  • 27. Comunícanse por medio de sons e actitudes corporais. Emiten sons diferentes en función da intencionalidade: de chamada, de advertencia, de cortexo…
  • 28. Aniñan en colonias. Poñen dous ou tres ovos de cor verdosa, manchados de escuro, nun niño no chan, unha pequena fondonada forrada con pallas.
  • 29. Os polos nacen ben desenvolvidos, cubertos dun plumón amarelo ou gris manchado de escuro, e son quen de moverse, para agocharse nos arredores do niño.
  • 30. as gaivotas novas manteñen durante os primeiros anos as cores grisentas, manchadas. As das especies máis grandes tardan ata catro anos en ter a plumaxe de adultos, mentras case todas as máis pequenas complétano aos dous anos.
  • 31. Moitas especies de gaivota teñen distinto aspecto no verán e no inverno; nas da imaxe, gaivotas choronas, a do centro xa presenta plumaxe de verán mentras as demais conservan a de inverno.
  • 32. As gaivotas fan viaxes migratorias cara oa sur ou ao norte, para fuxiren do frío, e volven aos lugares de residencia habitual para criar.
  • 33. Gaivotas en Galiza. Galiza, pola súa situación e latitude, é lugar de paso das migracións, de invernada e un punto a onde chegan, de forma ocasional, exemplares divagantes. Por eso nas costas de Galiza, e ao longo das distintas épocas do ano, podense chegar a rexistar ata 20 especies de gaivotas, aínda que só tres especies crían: Gaivota patiamarela (coa maior colonia do mundo nas illas Cies), gaivota tridáctila (un pequeno grupo nas illas Sisargas) e gaivota escura (unhas poucas parellas nas colonias de gaivota patiamarela coa que hibrida en ocasións).
  • 35. Gaivota americana ou gaivota arxéntea americana (Larus smithsonianus ou Larus argentatus smithsonianus). Miden entre 55 e 66 cm de longo e pesan de 600 a 1500 gr(os machos son os máis grandes) e teñen unha envergadura de 120 a 155 cm. Atópase en América do Norte.
  • 36. Gaivota andina (Chroicocephalus serranus). Habita en ríos, lagoas e humidais dos Andes (entre os 3000 e 4500 msnm), pero pasa o inverno en zonas máis baixas. Aniña en colonias dispersas e illadas desde o norte do Ecuador ata o norte de Chile e o el noroeste da Argentina. A poboación total é dunhas 50.000 parellas.
  • 37. Gaivota armenia (Larus armenicus). Mide de 52 a 62 cm de longo e pesa de 600 a 960 gr. Cría ao pé dos lagos das montañas de Xeorxia, Armenia, Turquía e o oeste de Irán. Fai migracións invernais as costas do Mediterráneo e o Golfo Pérsico
  • 38. Gaivota de Audouin (Larus audouinii). É unha gaivota de tamaño medio endémica do Mediterráneo.
  • 39. Gaivota de Belcher, gaivota cangrexeira, gaivota de cola negra, gaivota simeón ou gaivota peruana (Larus belcheri). É unha gaivota de tamaño medio que se atopa ao longo da costa do Pacífico de América do Sur.
  • 40. Gaivota maorí (Chroicocephalus bulleri). É endémica de Nova Celandia. Vive nos ríos, lagos e marismas de auga doce, costas areosas, pasteiros e zonas urbanas.. Arredor do 78% da población reprodúcese no extremo meridional da Illa Sur,
  • 41. gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus). Vive en áreas de Europa e Asia, e na costa oriental do Canadá en saíñas, marismas e lagoas. Migra a zonas máis ao sur no inverno. É invernante común en Galiza.
  • 42. Gaivota xaponesa ou gaivota de rabo negro (Larus crassirostris). É orixinaria do leste de Asia, costas de China, Taiwán, Xapón e Corea. Esta gaivota tarda 4 anos en acadar a plumaxe de adulto.
  • 43. Gaivota centroasiática, gaivota hindú ou gaivota de cabeza marrón (Chroicocephalus brunnicephalus). Reprodúcese nas altas mesetas de Asia Central, desde Tayikistán a Mongolia Interior. No inverno migra ás costas e grandes lagos interiores do sur de Asia tropical.
  • 44. Gaivotín ou gaivota de capucho café (Chroicocephalus maculipennis) Habita en pantanos, lagos de auga doce, aguas mariñas costeiras, pasteiros e manglares desde o sur de Brasil, Uruguai e o centro de Chile ata as illas austrais. No inverno desplázase cara ao norte.
  • 45. Gaivota californiana ou gaivota de California (Larus californicus). Mide de 46 a 55 cm de longo e de 122 a 137 cm de envergadura, pesa de 430 a 1.045 gr. Cría nos lagos e pantanos do interior do oeste de Norteamérica desde o sur do Canadá ata o leste de California e Colorado.
  • 46. Gaivota patiamarela (Larus cachinnans michaellis). Orixinaria do mar Negro e do mar Caspio estendeuse ata o leste da China, o mar Vermello, o Golfo Pérsico, o oeste de Europa e as illas dos Açores, Madeira e Canarias. Coñécense 2 subespecies. É a gaivota máis común en Galiza. Ten a colonia de cría máis grande do mundo nas illas Cies.
  • 47. Gaivota papoia (Larus canus). Mide de 40 a 46 cm de longo. Cría no norte de Europa e inverna no sur e en África. Aniña en colonias, na costa ou no interior, ás veces en páramos ou prados lonxe da agua. Coñécense 4 subespecies. En Galiza aparecen algúns exemplares no inverno.
  • 48. Gaivota Vega, gaivota de Siberia Oriental, ou gaivota arxéntea de Siberia Oriental (Larus vegae). Gaivota grande que vive nos lagos do nordeste de Asia en Siberia e Mongolia. No inverno desplázase ata a costa do leste de Asia.
  • 49. Gaivotón hiperbóreo ou gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus). Mide de 62 a 68 cm de longo, pesa entre 1.200 e 2.000 gr e ten unha envergadura de 142 a 162 cm. Vive nas latitudes altas do hemisferio norte no Atlántico e no Ártico. coñécense catro subespecies. É invernante escasa na costa de Galiza.
  • 50. Gaivota aliglauca ou gaviota de Bering (Larus glaucescens). Mide de 50 a 68 cm de longo e entre 120 e 150 cm de envergadura, cun peso medio arredor de un kg. cría na costa do Pacífico norte de Alaska e Canadá e desplázase ata California fóra da época de cría.
  • 51. Gaivotón atlántico (Larus marinus). Mide ata 79 cm de longo con unha envergadura de ata 1,7 m. É unha das gaivotas máis grandes do mundo. É unha ave solitaria que se atopa polo Atlántico norte. No inverno desplázase cara ao sur en busca de clima máis suave. En Galiza é visitante invernal común aínda que pouco numeroso.
  • 52. Gaivotón cabecinegro ou gaivota de cabeza negra (Larus ichthyaetus ou Ichthyaetus ichthyaetus). Cría en marismas e illas desde el sur de Rusia a Mongolia e inverna no Mediterráneo oriental, Arabia e a India.
  • 53. Gaivota prateada sudafricana ou gaivota de Hartlaub (Larus hartlaubii ou Chroicocephalus hartlaubii). Mide de 36 a 38 cm de longo. É endémica da costa do Atlántico de Sudáfrica e Namibia onde vive, preferentemente, preto da costa e nos esteiros.
  • 54. Gaivota mexicana (Larus heermanni). O 90% da poboación mundial aniña na illa Rasa, no golfo de California, (México). Fora da temporada de cría pódese atopar nas augas costeiras entre Guatemala e os EE. UU.
  • 55. Gaivota arxéntea (Larus argentatus). É unha das gaivotas máis extendidas e adaptables do Hemisferio Norte. Mide ata 60 cm de longo. Coñécense 4 subespecies. É invernante escasa na costa galega.
  • 56. Gaivota siberiana ou gaivota de Heuglin (Larus heuglini). Mide de 53 a 70 cm, ten unha envergadura de 138 a 158 cm e unha masa corporal de 745 a 1.360 gr. Cría na tundra do norte de Rusia e emigran no inverno ás costas do suroeste de Asia e a India.
  • 57. Gaivota groenlandesa(Larus glaucoides) Mide entre 58 e 65 cm. Nidifica en Canadá e en Groenlandia, e inverna nas costas do Atlántico norte. coñécense 2 subespecies. En Galicia vese como visitante esporádica.
  • 58. Gaivota cociñeira ou gaivota dominicana (Larus dominicanus). Mide entre 55 e 60 cm de longo y case 130 cm de envergadura. Vive nas costas e illas do Hemisferio Sur. Recoñécense 5 subespecies: Larus dominicanus vetula no sur de África, Larus dominicanus dominicanus arredor de América do Sur e en partes de Australia, Larus dominicanus judithae nas illas subantárticas do océano Índico, Larus dominicanus melisandae no sur e surleste de Madagascar e Larus dominicanus austrinus na Antártida.
  • 59. Gaivota escura, gaivota morena ou gaivota de lava (Larus fuliginosus). Mide uns 45 cm de lonxitude e entre 90 e 100 cm de envergadura. É endémica das illas Galápagos,
  • 60. Gaivota escura ou gaivota sombría (Larus fuscus). É nativa do Atlántico norte, de Europa, e do Ártico e migradora invernal das costas atlánticas de Norteamérica, de África, o Mediterráneo e o océano Indico. Recoñécense 4 subespecies. En Galiza é moi común como invernante e crían algunhas parellas.
  • 61. Gaivota anana (Larus minutus ou Hydrocoloeus minutus). É a gaivota máis pequena, mide de 25 a 27 cm, ten unha envergadura alar de 75 a 80 cm e un peso de 68 a 133 gramos. Cría, en colonias, nas marismas do norte de Eurasia, e algunhas no norte do Canadá, e inverna en Europa occidental, no Mediterráneo e no norleste dos EE. UU.. Vese como invernante escasa na costa de Galiza. Aspecto que presenta no inverno, á esquerda, e no verán, debaixo.
  • 62. Gaivota de cabeza negra ou gaivota mediterránea (Larus melanocephalus ou Ichthyaetus melanocephalus). Orixinaria do mar Negro está a extenderse por Europa. Cría en lagoas pouco fondas e esteiros.e inverna nas costas do Mediterráneo e do Atlántico. Vese como invernante, escasa, en Galiza.
  • 63. Gaivota de Olrog ou gaivota cangrexeira (Larus atlanticus) vive illotes areosos de Arxentina, Brasil e o Uruguay, nas costas de arredor do mar da Plata.
  • 64. Gaivota do Pacífico (Larus pacificus). Mide de 58 a 66 cm, ten unha envergadura de 137 a 157 cm e pesa de 900 a 1.180 gr. Ten un peteiro característico, máis forte e groso que o resto das especies de gaivota. É nativa das costas de Australia. Recoñécense 2 subespecies: Larus pacificus pacificus da costa surleste de Australia e de Tasmania e Larus pacificus georgii de Australia do Sur e Australia Occidental .
  • 65. Gaivota prateada neozelandesa ou gaivota de peteiro vermello (Larus ou Chroicocephalus scopulinus). É nativa de Nova Celandia onde se atopa por todo o país e nas illas subantárticas.
  • 66. Gaivota relicta (Ichthyaetus relictus). Mide entre 44 e 45 cm . Vive principalmente en el interior de Asia, Mongolia e áreas próximas. Cría en colonias sobre illas situadas en lagos de augas salobres. Parte da poboación, fOra de la época de cría, migra a Corea do Sur e ao leste da China.
  • 67. Gaivota de Delaware (Larus delawarensis). Mide uns 49 cm de lonxitude e ten unha envergadura duns 125 cm. Vive, e cría, en illas de ríos e lagos do Canadá e do norte dos Estados Unidos. No inverno migra ao sur, ás costas do Atlántico, do Pacífico e do Golfo de México. Chega accidentalmente á costa galega.
  • 68. Gaivota de Saunders (Larus ou Chroicocephalus saundersi). Mide arredor de 33 cm. Habita en esteiros e marismas intermareais do leste de Asia.
  • 69. Gaivota prateada (Larus ou Chroicocephalus novaehollandiae). Mide de 40 a 45 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 94 cm. É a gaivota máis común da costa australiana pero tamén se pode atopar en Nova Celandia. Recoñécense 4 subespecies.
  • 70. Gaivota de Kamchatka (Larus schistisagus). Mide de 55 a 68.5 cm de longo, de 132 a 160 cm de envergadura e pode pesar de 1.000 a 1.700 gr. Cría na costa occidental de Alaska. Está considerada como o gaivotón do Pacífico Norte.
  • 71. Gaivota biquistreita (Larus genei). Mide de 37 a 40 cm e ten unha envergadura alar de 90 a 102 cm. Vive nas costas do Mediterráneo, o mar Negro e o océano Índico occidental. Vese ocasionalmente en Galiza.
  • 72. Gaivota de Adén ou gaivota de Hemprich (Larus ou Ichthyaetus hemprichii). Vive na costa leste de África e en todo o suroeste de Asia.
  • 73. Gaivota esquimal ou gaivota de Thayer (Larus thayeri). Mide entre 56 e 64 cm, cunha envergadura de 130 a 148 cm e un peso de 720 a 1.500 gr. É nativa de América do Norte, cría nas illas árticas de Canadá, e inverna principalmente na costa do Pacífico, desde o sur de Alaska ata o golfo de California, nos Grandes Lagos e no curso alto do río Misisipi.
  • 74. Gaviota occidental (Larus occidentalis). Mide entre 56 e 66 cm, cunha envergadura de 120 a 144 cm e un peso de 800 a 1250 gr. Vive na costa do Pacífico de América do norte desde o sur do Canadá ata o norte de México.
  • 75. Gaivota de ollo branco (Ichthyaetus leucophthalmus). É endémica do mar Vermello. É unha das gaivotas máis escasas, cunha poboación de só 4.000 a 6.500 parellas.
  • 76. Gaivota de Cortés ou gaivota de patas amarelas (Larus livens). Mide de 53 a 72 cm de longo, de 140 a 160 cm de envergadura e entre 900 e 1.500 gr de peso. É nativa do golfo de California en México.
  • 77. Gaivota austral ou gaivota gris (Leucophaeus scoresbii, antes Larus scoresbii). Mide arredor de 38 cm e pesa uns 540 gr. Vive nas costas do sur da Patagonia e de Chile.
  • 78. Gaivota garuma ou gaivota gris (Leucophaeus modestus, antes Larus modestus). Só cría no deserto de Atacama en Chile.
  • 79. Gaivota chorona americana (Leucophaeus atricilla, antes Larus atricilla). É unha gaivota común nas áreas costeiras de Norteamérica no verán. Coñécense 2 subespecies.
  • 80. Gaivota de Franklin (Leucophaeus pipixcan). Vive nas pradeiras do centro de Canadá e do norte dos Estados Unidos.
  • 81. Gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia). Cría en Alaska e o Canadá e pasa o inverno en áreas máis temperadas de América del Norte, México, América Central e as Antillas. Aparece acciedentalmente en Galiza.
  • 82. Gaivota de cabeza gris ou gaviota de capucho gris (Chroicocephalus cirrocephalus). Mide entre 38 e 44 cm. Vive nas zonas costeiras, lagos interiores e ríos de África subsahariana, Madagascar e América do Sur.
  • 83. Gaivota das Galápagos ou gaivota de rabo furcado (Creagrus furcatus). Mide de 51 a 57 cm e pesa entre 600 e 750 gr. Vive en mar aberto, onde pesca maiormente de noite, e só se achega á costa das illas Galápagos para criar.
  • 84. Gaivota de marfil (Pagophila eburnea). Mide de 40 a 44 cm, ten unha envergadura de 110 a 120 centímetros e pesa de 450 a 690 gr. Vive e cría nas costas do océano Ártico.
  • 85. Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla). Mide arredor de 40 cm de longo cunha envergadura alar de 90 a 100 cm. Atópase nos océanos do hemisferio norte. Coñécense dúas subespecies a Rissa tridactyla tridactyla do océano Atlántico e a Rissa tridactyla pollicaris do océano Pacífico. É unha das especies de aves mariñas máis numerosas. Viven lonxe da costa á que só se achegan para criar. En Galiza crían unhas poucas parellas.
  • 86. Gaivota de peteiro curto (Rissa brevirostris). Mide entre 35 e 40 cm de longo con una envergadura alar de 84 a 92 cm. É endémica do mar de Bering.
  • 87. Gaivota de Ross ou gaviota rosada (Rhodostethia rosea). Nidifica en áreas pantanosas dos esteiros do Ártico, desde o norte de América do norte ata a metade do norte de Siberia.
  • 88. Gaivota de Sabine ou gaivota de rabo fendido (Xema sabini). Cría en toda a costa do Ártico e pasa o inverno nas correntes frías do suroeste de África e maiormente no suroeste de América. Fóra da época de cría vive lonxe da costa.
  • 89. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes diversas. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta Case é para non crelo. Rematei e saín con ben. Vou descansar algúns días e verei logo que facer.