SlideShare a Scribd company logo
1 of 90
Aves que
non voan
As aves son o maior e mellor exemplo de evolución e adaptación
para o dominio do espazo aéreo.
Son aínda mellores que os insectos e ca min e os meus parentes,
pero hai unhas poucas, poucas, que por circunstancias da vida e
da evolución, non adquiriron, ou perderon, esa imcomparable
capacidade. Son escasas e cada día que pasa máis raras.
Por curiosas e excepcionais recollinas para vós.
Avestruz. É a ave máis grande da actualidade; pode medir ata 3 m de altura e pesar 150 kg. os
e as femias e distínguense pola cor das plumas. O macho é negro e a femia gris acastañada.
Vive en espazos abertos de África. Na actualidade hai 2 especies, 3 subespecies e un híbrido (a
avestruz doméstica).
Avestruz de pescozo vermello ou avestruz do Sahara (Struthio camelus camelus). Vive en
estepas e desertos do norte de África. E a máis grande das subespecies de avestruz. A cor do
pescozo e as patas desta avestruz é rosa avermellado.
Avestruz masai (Struthio camelus massaicus). Vive nas sabanas do leste de África.
Avestruz de pescozo azul
(Struthio camelus australis).
Distínguese por ter as patas
e o pescozo de cor gris
azulada. Vive no sudoeste de
África
Avestruz doméstica ou avestruz de pescozo negro (Struthio camelus var. domesticus). É o
resultado do cruzamento de Struthio camelus camelus e Struthio camelus australis, non
existe na natureza. É un pouco máis pequena que as silvestres e tamén menos agresiva.
Críase para producir carne, pel (para coiro), plumas e ovos.
Avestruz de Somalia
(Struthio
molybdophanes).
Distínguese da outra
especie en que ten a pel
do pescozo e as patas
de cor azul e non ten
plumas brancas no
pescozo, ademais nesta
especie as femias son
algo máis grandes que
os machos. Vive no
leste de África, ao norte
do Ecuador.
Emú (Dromaius novaehollandiae). Chega aos 2 metros de altura e pesa uns 45 kg.
Vive en Austalia. Coñécense 3 subespecies.
Ñandú común (Rhea
americana). Mide entre
1,20 e 1,50 m de altura e
pode pesar entre 25 e 35
kg. vive en áreas abertas
do surleste de
Sudamérica. Coñécense
5 subespecies.
Ñandú de Darwin, suri,
ñandú petiso ou ñandú
cordillerano
(Pterocnemia pennata).
Mide de 90 a 100 cm e
pesa arredor de 25 kg.
Acada velocidades de ata
60 km/h. Vive en áreas
de mato aberto da estepa
patagónica e na meseta
andina. Coñécense 3
subespecies.
Casuario común ou austral (Casuarius casuarius). Mide ata 1,80 m. É endémico do norte
de Australia e gran parte de Nova Guiné.
Casuario menor ou de Bennett (Casuarius bennetti). Mide entre 100 e 150 cm e pesa de
17 a 26 kg. Atópase nas illas Nova Guiné, Nova Bretaña e Iapen.
Casuario do norte ou de Salavati (Casuarius unappendiculatus). Mide entre 1,50 e 1,80 m
de alto e pode pesar de 30 a 55 kg. O macho é máis pequeno que a femia. É endémico do
norte de Nova Guiné.
Kiwi marrón do sur, tokoeka ou kiwi común (Apteryx australis). Só se atopa ao suroeste
da Illa Sur de Nova Celandia. Coñécense 2 subespecies
Kiwi marrón de Okarito ou rowi (Apteryx rowi). Só existen uns 400, localizados no
bosque Okarito, na costa oeste da Illa Sur de Nova Celandia.
Kiwi marrón da Illa Norte (Apteryx mantelli). As femias son máis grandes, miden ata 40
cm de altura e pesan cerca de 2,8 kg e os machos pasan pouco dos 2 kg. ten diversas
localizacións dentro da Illa Norte de Nova Celandia.
Kiwi apincarado
maior (Apteryx
haastii). Mide uns 45
cm e pesa algo máis
de3 kg (os machos
2,5 kg). Só vive ao
noroeste da Illa do
Sur de Nova Celandia.
Kiwi apincarado pequeno (Apteryx owenii). Mide entre 35 e 45 cm e pesa de 1
a 1,9 kg (as femias son as máis grandes). Só se atopa nalgunhas illas arredor da
Illa Norte de Nova Celandia.
Pato vapor austral, pato vapor magallánico ou pato vapor do Pacífico, (Tachyeres
pteneres). Mide de 74 a 85 cm e pesa de 4 a 6 kg (os machos son os máis grandes). Vive
no extremo sur de Suramérica.
Pato vapor malvinero ( Tachyeres brachypterus). Mide entre 61 e 74 cm e pesa de 4,3 a
4,4 kg. só vive nas costas das Illas Malvinas.
Pato vapor de Chubut ou pato vapor de cabeza blanca (Tachyeres leucocephalus). Mide
entre 61 e 74 cm e pesan case 4 kg. Só se atopa nunha pequena faixa da costa arxentina.
Cerceta maoríou cerceta de Auckland(Anas aucklandica). É endémica das illas Auckland,
situadas ao sur de Nova Celandia.
Cerceta de Campbell (Anas nesiotis). É endémica do arquipélago de Campbell ao sur de
Nova Celandia. Só quedan unhas 50 en estado silvestre.
Zambullidor de Junín ou mergullón peruano (Podiceps taczanowskii). Só se atopa no lago
Chinchaycocha ,ou Junín, na serra central do Perú. Quedan menos de 250 exemplares.
Macá ou mergullón do Titicaca (Rollandia microptera). Mide entre 28 e 45 cm e pesa uns
600 gr. Vive no lago Titicaca e outros lagos andinos próximos.
Corvo mariño das illas
Galápagos
(Phalacrocorax
harrisi). Mide entre 90
e 100 cm e pesa entre
2,5 e 5 kg. Só quedan
uns 1.500 nas illas
Galápagos (Ecuador)
Rascón weka
(Gallirallus
australis). Miden
uns 50 cm de alto e
pesan arredor de 1
kg. Viven en
pradeiras, matos e
beiras de bosque.
De Nova Celandia e
algunhas illas
próximas.
Coñécense 4
subespecies.
Rascón de Nova
Caledonia
(Gallirallus
lafresnayanus). Só
se atopa en Nova
Caledonia.
Rascón da illa Lord Howe (Gallirallus sylvestris). Vive nos bosques subtropicais da illa
Lord Howe, ao leste de Australia. Quedan uns 250.
Rascón de Calayan (Gallirallus calayanensis). Vive nos bosques da illa Calayan
(Filipinas) de só 100 km². Foi descuberto no 2004. Creese que hai unhas 200 parellas.
Rascón de patas rosas ou rascón de
Nova Bretaña (Gallirallus insignis). É
endémico da illa de Nova Bretaña .
Rascón de Guam
ou Ko'ko '
(Gallirallus
owstoni). Mide uns
28 cm. Endémica
de Guam (EE.UU.).
Só existe en
cautividade, aínda
que se intenta
reintroducilo no
medio.
Rascón roviana (Gallirallus rovianae). Endémico das illas Salomón. Vive en matos e
bosques secos.
Rascón de Célebes (Aramidopsis plateni). Mide uns 30 cm. Só se atopa nos bosques das
terras baixas e colinas de parte das illas de Sulawesi e Buton.
Rascón da illa Inaccesible (Atlantisia rogersi). Mide, de media, 17 cm e pesa uns 30 gr. É a ave
non voadora máis pequena do mundo. Só se atopa na illa Inaccesible do arquipélago de
Tristán da Cunha (Reino Unido).
Galiñola da illa
Henderson (Porzana
atra). É endémica da
illa Henderson (Reino
Unido) no océano
Pacífico.
Rascón invisible ou rascón de Wallace (Habroptila wallacii) . Mide de 33 a 40 cm. Vive en
pantanos á beira do bosque da illa Halmahera (Indonesia).
Rascón non voador de Nova Guiné (Megacrex inepta). Vive en pantanos de bosques e
manglares da illa de Nova Guiné.
Takahē, Notornis ou Takahē da Illa Sur (Porphyrio hochstetteri) . Mide ata 63 cm e pesa
máis de 2 kg. Só se atopa na metade suroeste da Illa do Sur de Nova Celandia.
Galiñola de Samoa (Gallinula
pacifica). Mide uns 25 cm. É
endémica da illa de Savai'i en
Samoa.
Galiñola de Makira ou de San Cristóbal (Gallinula silvestris). É endémica das Illas Salomón
Galiñola de Gough
(Gallinula comeri). É
endémica da illa de Gough
pero está introducida en
Tristán da Cunha.
Galiñola de Tasmania
(Gallinula ou Tribonyx
mortierii). Mide entre 43 e
51 cm. É endémica da illa de
Tasmania (Australia).
Tagúa xigante ou
galiñola xigante
(Fulica gigantea).
Mide de 48 a 64 cm
e pesa de 2,3 a 2,7
kg. Os adultos non
voan. Vive nos lagos
do altiplano de Perú,
o oeste de Bolivia, o
noroeste de Chile e o
norte de Arxentina.
Kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). É un loro grande, de hábitos nocturnos, o
único que non voa, que pode medir ata 60 cm e pesar de 3 a 4 kg. Vive nas montañas de
Nova Celandia, onde só quedan uns 130.
Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri).
É o máis grande dos pingüíns. Pode medir
ata 120 cm de altura, pesar entre 22 e 45
kg e vivrr máis de 20 anos. Vive nos mares
que rodean a Antártida e cría en colonias
numerosas a máis de 50 km terra adentro.
Pon un só ovo que choca, maiormente o
macho enriba dos pés.
Pingüín rey (Aptenodytes
patagonicus). Vive arredor
da Antártida pero cría fóra
do continente, en illas máis
achegadas a América, África
e Nova Celandia. Coñécense
2 subespecies.
Pingüín de penacho amarelo
(Eudyptes chrysocome). Mide
ata 55 cm e pesa algo máis de
3 kg. Cría nas illas do cinto
Antártico e en puntos do sur
de Chile e de Nova Celandia.
Pingüín macaroni ou pingüín de penacho laranxa (Eudyptes chrysolophus) . Mide de 50 a
70 cm e pesa arredor de 5 kg. Cría nas illas do cinto Antártico entre América e África.
Pingüín de Fiordland, tawaki ou pingüín de peteiro groso (Eudyptes pachyrhynchus). Vive
e cría en illas de preto da costa do sur e o suroeste da Illa Sur de Nova Celandia.
Pingüín das Snares (Eudyptes robustus). Mide entre 50 e 70 cm e pesa entre 2,5 e 4 kg. É
endémico das illas Snares ao sur de Nova Celandia.
Pingüín real, pingüín de Schlegel ou pingüín de cara branca (Eudyptes schlegeli). Mide ata
74 cm e pesa entre 4 e 4,5 kg. Só cría na illa Macquarie ao sur de Australia.
Pingüín de Sclater,
pingüín das
Antípodas ou
pingüín de crista
erguida (Eudyptes
sclateri). Reprodúces
en varios
arquipélagos
subantárticos de
Nova Celandia.
Pingüín anano de
ás brancas
(Eudyptula
albosignata). Mide
uns 30 cm e pesa
1,5 kg. É a especie
de pingüín máis
pequena. Só aniña
na península de
Banks en Nova
Celandia.
Pingüín azul (Eudyptula
minor). Mide uns 40 cm
e pesa arredor de 1 kg.
Vive nas costas de Nova
Celandia, das illas
Chatham, do sur de
Australia e deTasmania.
Pingüín de ollo amarelo (Megadyptes
antipodes). Mide de 66 a 70 cm e
pode chegar a 8 kg de peso. Cría no
surleste de Nova Celancia e outros
arquipélagos máis ao sur.
Pingüín de Adelia ou
pingüín de ollo branco
(Pygoscelis adeliae).
Mide de 60 a 70 cm e
pesa arredor de 4 kg.
Cría nas costas da
Antártida e das illas
próximas
Pingüín de cara marcada
(Pygoscelis antarcticus).
Pode medir ata 75 cm. Cría
en numerosas illas
subantárticas entre América
e África.
Pingüín juanito,
oupingüín papúa
(Pygoscelis
papua). Mide
entre 75 e 90 cm e
pode pesar de 5,5
a 8 kg. Cría en
diversas illas
subantárticas.
Coñécense 2
subespecies.
Pingüín de El Cabo
ou pingüín africano
(Spheniscus
demersus). É a
única especie de
pingüín que vive no
continente africano.
Mide de 45 a 70 cm
de altura, pode
pesar ata 5 kg e vive
uns 25 anos. Cría
nas costas do sur de
África.
Pingüín de Humboldt (Spheniscus
humboldti). É endémico da costa
americana influenciada pola
corrente de Humboldt, desde o
norte do Perú a Chiloé. Mide entre
56 e 72 cm e pesa de 3 a 5 kg.
Pingüín de Magallanes ou pingüín patagónico (Spheniscus magellanicus). Cría no sur
de Arxentina e de Chile, e nas illas Malvinas.
Pingüín das Galápagos
(Spheniscus
mendiculus). É un
pingüín pequeno, de 35
a 40 cm, endémico das
illas Galápagos (Ecuador)
onde viven só 2.000
exemplares. Tamén é o
pingüín que vive máis ao
norte.
Tampouco voan as aves
domésticas de curral:
galiñas, parrulos e pavos.
Houbo moitas máis pero xa non están entre nós: a unhas
levounas por diante a vida e a outras eliminounas a mala
cabeza dos humanos (caza sen control, introdución de
depredadores, destrucción de hábitats…). En memoria de
todas… ahí vos deixo unhas poucas.
Avestruz árabe (Struthio camelus syriacus). Habitaba na Península arábiga e en
Oriente Próximo. As últimas cazáronse en 1966.
Avestruz árabe dun libro de animais do século XIV.
Emú da illa dos canguros ou emu enano (Dromaius baudinianus). Extingueuse arredor
de 1827. Só vivía nunha pequena illa ao sur de Australia.
Emú negro (Dromaius novaehollandiae ater)
Era endémico da illa King (Australia).
Extingueuse a comezos do século XIX. Era
máis pequeno e máis escuro que o emú
común.
Moa (Dinornis…). Había nove especies,
todas endémicas de Nova Celandia. As
máis grandes medían 3,6 m de altura e
pesaban máis de 300 kg. Eran as únicas
aves sen ás. A maioría desapareceron
por exceso de caza arredor do ano 1400.
Aves elefante
(Aepyornithidae).
Endémicas de Madagascar.
Extinguíronse a comezos
do século XVIII.
Dodo ou dronte (Raphus
cucullatus). Endémico
das illas Mauricio. Pesaba
uns 10 kg. Coñeceuse no
século XVI e extingueuse
a finais do século XVII.
Solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria) Endémico da illa de Rodrigues (Mauricio).
Veuse por primeira vez en 1691 e extingueuse arredor de 1760.
Carriza de Stephens (Xenicus
lyalli). Era un pequeno paxaro que
vivía na illa Stephens, situada entre
as dúas illas principais de Nova
Celandia. Foi dado a coñecer en
1895 e desapareceu uns anos máis
tarde.
Alca xigante (Pinguinus
impennis).Medía case1 metro
de altura e podía pesar ata 5
kg. Extingueuse, victima da
caza, en 1844. Vivía no
Atlántico norte.
Pato poc, macá de Atitlán ou mergullón do lago Atitlán (Podilymbus gigas). Era
endémico do lago de Atitlán de Guatemala. Medía de 46 a 50 cm. A UICN considerouno
extinguido no 2004.
Rascón vermello
(Aphanapteryx bonasia)
Era endémico das illas
Mauricio. Extingueuse a
comezos de 1700.
Rascón de Rodrigues ou rascón de Leguat (Erythromachus leguati). Endémico da illa de
Rodrigues, do arquipélago das Mascareñas. Extingueuse a mediados do século XVIII.
Rascón das Fiji (Nesoclopeus poecilopterus). Endémico das illas Fiji. Vivía nos
bosques e nas zonas pantanosas de auga doce. Coñécese por doce exemplares
capturados na última década do século XIX, nunca máis se volveu ver.
Rascón del Pacífico (Gallirallus pacificus). Era endémico de Tahití. Desapareceu nas
últimas décadas do século XVIII.
Rascón de Dieffenbach (Gallirallus dieffenbachii). Era endémico dunhas poucas
illas menores de Nova Celandia. Extingueuse a finais do século XIX.
Rascón de Chatham (Cabalus modestus). Endémico de varias illas menores de Nova
Celandia. Descubreuse no 1871 e extingueuse 25 anos máis tarde (entre 1896 e 1900).
Rascón de Wake (Gallirallus wakensis). Era endémico do atolón de Wake. Extingueuse
entre 1942 e 1945.
Rascón ou galiñola de Laysan (Porzana palmeri). Era endémica da illa hawaiana de
Laysan. Extingueuse na segunda Guerra Mundial.
Galiñola hawaiana (Porzana sandwichensis). Vivía en pasteiros, matos e selvas de
Hawai. Extingueuse entre 1883 e 1890.
Galiñola das Carolinas (Porzana monasa). Endémica das illas Carolinas. Medía unos
18 cm. Descubreuse en 1827 e extingueuse uns anos máis tarde.
Calamón da illa Lord Howe
ou galiñola branca
(Porphyrio albus). Sólo
habitaba na Illa de Lord
Howe. Foi descrita en 1790 e
en pouco tempo
extingueuse pola caza.
Takahē da Illa Norte ou Moho
(Porphyrio mantelli) . Viveu
na Illa Norte de Nova Celandia
ata finais do século XIX.
Curuxa das Bahamas, curuxa da
illa Andros ou Chickcharney
(Tyto Pollens). Medía 1 m de
alto. Vivía nos bosques e facía o
niño en furados. Viveu na illa
mentras houbo bosques nos que
podía acollerse.
E ata aquí…
o que a cousa deu de si.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a
súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑASFEITASNACASA

More Related Content

What's hot

Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IIMonContos
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 

What's hot (20)

Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos II
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 

Similar to Aves non voadoras

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. MonContos
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en AustraliaMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africanaMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltabanMonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no marMonContos
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]egsumay
 

Similar to Aves non voadoras (15)

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en Australia
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africana
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Aves non voadoras

  • 2. As aves son o maior e mellor exemplo de evolución e adaptación para o dominio do espazo aéreo. Son aínda mellores que os insectos e ca min e os meus parentes, pero hai unhas poucas, poucas, que por circunstancias da vida e da evolución, non adquiriron, ou perderon, esa imcomparable capacidade. Son escasas e cada día que pasa máis raras. Por curiosas e excepcionais recollinas para vós.
  • 3. Avestruz. É a ave máis grande da actualidade; pode medir ata 3 m de altura e pesar 150 kg. os e as femias e distínguense pola cor das plumas. O macho é negro e a femia gris acastañada. Vive en espazos abertos de África. Na actualidade hai 2 especies, 3 subespecies e un híbrido (a avestruz doméstica).
  • 4. Avestruz de pescozo vermello ou avestruz do Sahara (Struthio camelus camelus). Vive en estepas e desertos do norte de África. E a máis grande das subespecies de avestruz. A cor do pescozo e as patas desta avestruz é rosa avermellado.
  • 5. Avestruz masai (Struthio camelus massaicus). Vive nas sabanas do leste de África.
  • 6. Avestruz de pescozo azul (Struthio camelus australis). Distínguese por ter as patas e o pescozo de cor gris azulada. Vive no sudoeste de África
  • 7. Avestruz doméstica ou avestruz de pescozo negro (Struthio camelus var. domesticus). É o resultado do cruzamento de Struthio camelus camelus e Struthio camelus australis, non existe na natureza. É un pouco máis pequena que as silvestres e tamén menos agresiva. Críase para producir carne, pel (para coiro), plumas e ovos.
  • 8. Avestruz de Somalia (Struthio molybdophanes). Distínguese da outra especie en que ten a pel do pescozo e as patas de cor azul e non ten plumas brancas no pescozo, ademais nesta especie as femias son algo máis grandes que os machos. Vive no leste de África, ao norte do Ecuador.
  • 9. Emú (Dromaius novaehollandiae). Chega aos 2 metros de altura e pesa uns 45 kg. Vive en Austalia. Coñécense 3 subespecies.
  • 10. Ñandú común (Rhea americana). Mide entre 1,20 e 1,50 m de altura e pode pesar entre 25 e 35 kg. vive en áreas abertas do surleste de Sudamérica. Coñécense 5 subespecies.
  • 11. Ñandú de Darwin, suri, ñandú petiso ou ñandú cordillerano (Pterocnemia pennata). Mide de 90 a 100 cm e pesa arredor de 25 kg. Acada velocidades de ata 60 km/h. Vive en áreas de mato aberto da estepa patagónica e na meseta andina. Coñécense 3 subespecies.
  • 12. Casuario común ou austral (Casuarius casuarius). Mide ata 1,80 m. É endémico do norte de Australia e gran parte de Nova Guiné.
  • 13. Casuario menor ou de Bennett (Casuarius bennetti). Mide entre 100 e 150 cm e pesa de 17 a 26 kg. Atópase nas illas Nova Guiné, Nova Bretaña e Iapen.
  • 14. Casuario do norte ou de Salavati (Casuarius unappendiculatus). Mide entre 1,50 e 1,80 m de alto e pode pesar de 30 a 55 kg. O macho é máis pequeno que a femia. É endémico do norte de Nova Guiné.
  • 15. Kiwi marrón do sur, tokoeka ou kiwi común (Apteryx australis). Só se atopa ao suroeste da Illa Sur de Nova Celandia. Coñécense 2 subespecies
  • 16. Kiwi marrón de Okarito ou rowi (Apteryx rowi). Só existen uns 400, localizados no bosque Okarito, na costa oeste da Illa Sur de Nova Celandia.
  • 17. Kiwi marrón da Illa Norte (Apteryx mantelli). As femias son máis grandes, miden ata 40 cm de altura e pesan cerca de 2,8 kg e os machos pasan pouco dos 2 kg. ten diversas localizacións dentro da Illa Norte de Nova Celandia.
  • 18. Kiwi apincarado maior (Apteryx haastii). Mide uns 45 cm e pesa algo máis de3 kg (os machos 2,5 kg). Só vive ao noroeste da Illa do Sur de Nova Celandia.
  • 19. Kiwi apincarado pequeno (Apteryx owenii). Mide entre 35 e 45 cm e pesa de 1 a 1,9 kg (as femias son as máis grandes). Só se atopa nalgunhas illas arredor da Illa Norte de Nova Celandia.
  • 20. Pato vapor austral, pato vapor magallánico ou pato vapor do Pacífico, (Tachyeres pteneres). Mide de 74 a 85 cm e pesa de 4 a 6 kg (os machos son os máis grandes). Vive no extremo sur de Suramérica.
  • 21. Pato vapor malvinero ( Tachyeres brachypterus). Mide entre 61 e 74 cm e pesa de 4,3 a 4,4 kg. só vive nas costas das Illas Malvinas.
  • 22. Pato vapor de Chubut ou pato vapor de cabeza blanca (Tachyeres leucocephalus). Mide entre 61 e 74 cm e pesan case 4 kg. Só se atopa nunha pequena faixa da costa arxentina.
  • 23. Cerceta maoríou cerceta de Auckland(Anas aucklandica). É endémica das illas Auckland, situadas ao sur de Nova Celandia.
  • 24. Cerceta de Campbell (Anas nesiotis). É endémica do arquipélago de Campbell ao sur de Nova Celandia. Só quedan unhas 50 en estado silvestre.
  • 25. Zambullidor de Junín ou mergullón peruano (Podiceps taczanowskii). Só se atopa no lago Chinchaycocha ,ou Junín, na serra central do Perú. Quedan menos de 250 exemplares.
  • 26. Macá ou mergullón do Titicaca (Rollandia microptera). Mide entre 28 e 45 cm e pesa uns 600 gr. Vive no lago Titicaca e outros lagos andinos próximos.
  • 27. Corvo mariño das illas Galápagos (Phalacrocorax harrisi). Mide entre 90 e 100 cm e pesa entre 2,5 e 5 kg. Só quedan uns 1.500 nas illas Galápagos (Ecuador)
  • 28. Rascón weka (Gallirallus australis). Miden uns 50 cm de alto e pesan arredor de 1 kg. Viven en pradeiras, matos e beiras de bosque. De Nova Celandia e algunhas illas próximas. Coñécense 4 subespecies.
  • 30. Rascón da illa Lord Howe (Gallirallus sylvestris). Vive nos bosques subtropicais da illa Lord Howe, ao leste de Australia. Quedan uns 250.
  • 31. Rascón de Calayan (Gallirallus calayanensis). Vive nos bosques da illa Calayan (Filipinas) de só 100 km². Foi descuberto no 2004. Creese que hai unhas 200 parellas.
  • 32. Rascón de patas rosas ou rascón de Nova Bretaña (Gallirallus insignis). É endémico da illa de Nova Bretaña .
  • 33. Rascón de Guam ou Ko'ko ' (Gallirallus owstoni). Mide uns 28 cm. Endémica de Guam (EE.UU.). Só existe en cautividade, aínda que se intenta reintroducilo no medio.
  • 34. Rascón roviana (Gallirallus rovianae). Endémico das illas Salomón. Vive en matos e bosques secos.
  • 35. Rascón de Célebes (Aramidopsis plateni). Mide uns 30 cm. Só se atopa nos bosques das terras baixas e colinas de parte das illas de Sulawesi e Buton.
  • 36. Rascón da illa Inaccesible (Atlantisia rogersi). Mide, de media, 17 cm e pesa uns 30 gr. É a ave non voadora máis pequena do mundo. Só se atopa na illa Inaccesible do arquipélago de Tristán da Cunha (Reino Unido).
  • 37. Galiñola da illa Henderson (Porzana atra). É endémica da illa Henderson (Reino Unido) no océano Pacífico.
  • 38. Rascón invisible ou rascón de Wallace (Habroptila wallacii) . Mide de 33 a 40 cm. Vive en pantanos á beira do bosque da illa Halmahera (Indonesia).
  • 39. Rascón non voador de Nova Guiné (Megacrex inepta). Vive en pantanos de bosques e manglares da illa de Nova Guiné.
  • 40. Takahē, Notornis ou Takahē da Illa Sur (Porphyrio hochstetteri) . Mide ata 63 cm e pesa máis de 2 kg. Só se atopa na metade suroeste da Illa do Sur de Nova Celandia.
  • 41. Galiñola de Samoa (Gallinula pacifica). Mide uns 25 cm. É endémica da illa de Savai'i en Samoa.
  • 42. Galiñola de Makira ou de San Cristóbal (Gallinula silvestris). É endémica das Illas Salomón
  • 43. Galiñola de Gough (Gallinula comeri). É endémica da illa de Gough pero está introducida en Tristán da Cunha.
  • 44. Galiñola de Tasmania (Gallinula ou Tribonyx mortierii). Mide entre 43 e 51 cm. É endémica da illa de Tasmania (Australia).
  • 45. Tagúa xigante ou galiñola xigante (Fulica gigantea). Mide de 48 a 64 cm e pesa de 2,3 a 2,7 kg. Os adultos non voan. Vive nos lagos do altiplano de Perú, o oeste de Bolivia, o noroeste de Chile e o norte de Arxentina.
  • 46. Kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). É un loro grande, de hábitos nocturnos, o único que non voa, que pode medir ata 60 cm e pesar de 3 a 4 kg. Vive nas montañas de Nova Celandia, onde só quedan uns 130.
  • 47. Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri). É o máis grande dos pingüíns. Pode medir ata 120 cm de altura, pesar entre 22 e 45 kg e vivrr máis de 20 anos. Vive nos mares que rodean a Antártida e cría en colonias numerosas a máis de 50 km terra adentro. Pon un só ovo que choca, maiormente o macho enriba dos pés.
  • 48. Pingüín rey (Aptenodytes patagonicus). Vive arredor da Antártida pero cría fóra do continente, en illas máis achegadas a América, África e Nova Celandia. Coñécense 2 subespecies.
  • 49. Pingüín de penacho amarelo (Eudyptes chrysocome). Mide ata 55 cm e pesa algo máis de 3 kg. Cría nas illas do cinto Antártico e en puntos do sur de Chile e de Nova Celandia.
  • 50. Pingüín macaroni ou pingüín de penacho laranxa (Eudyptes chrysolophus) . Mide de 50 a 70 cm e pesa arredor de 5 kg. Cría nas illas do cinto Antártico entre América e África.
  • 51. Pingüín de Fiordland, tawaki ou pingüín de peteiro groso (Eudyptes pachyrhynchus). Vive e cría en illas de preto da costa do sur e o suroeste da Illa Sur de Nova Celandia.
  • 52. Pingüín das Snares (Eudyptes robustus). Mide entre 50 e 70 cm e pesa entre 2,5 e 4 kg. É endémico das illas Snares ao sur de Nova Celandia.
  • 53. Pingüín real, pingüín de Schlegel ou pingüín de cara branca (Eudyptes schlegeli). Mide ata 74 cm e pesa entre 4 e 4,5 kg. Só cría na illa Macquarie ao sur de Australia.
  • 54. Pingüín de Sclater, pingüín das Antípodas ou pingüín de crista erguida (Eudyptes sclateri). Reprodúces en varios arquipélagos subantárticos de Nova Celandia.
  • 55. Pingüín anano de ás brancas (Eudyptula albosignata). Mide uns 30 cm e pesa 1,5 kg. É a especie de pingüín máis pequena. Só aniña na península de Banks en Nova Celandia.
  • 56. Pingüín azul (Eudyptula minor). Mide uns 40 cm e pesa arredor de 1 kg. Vive nas costas de Nova Celandia, das illas Chatham, do sur de Australia e deTasmania.
  • 57. Pingüín de ollo amarelo (Megadyptes antipodes). Mide de 66 a 70 cm e pode chegar a 8 kg de peso. Cría no surleste de Nova Celancia e outros arquipélagos máis ao sur.
  • 58. Pingüín de Adelia ou pingüín de ollo branco (Pygoscelis adeliae). Mide de 60 a 70 cm e pesa arredor de 4 kg. Cría nas costas da Antártida e das illas próximas
  • 59. Pingüín de cara marcada (Pygoscelis antarcticus). Pode medir ata 75 cm. Cría en numerosas illas subantárticas entre América e África.
  • 60. Pingüín juanito, oupingüín papúa (Pygoscelis papua). Mide entre 75 e 90 cm e pode pesar de 5,5 a 8 kg. Cría en diversas illas subantárticas. Coñécense 2 subespecies.
  • 61. Pingüín de El Cabo ou pingüín africano (Spheniscus demersus). É a única especie de pingüín que vive no continente africano. Mide de 45 a 70 cm de altura, pode pesar ata 5 kg e vive uns 25 anos. Cría nas costas do sur de África.
  • 62. Pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti). É endémico da costa americana influenciada pola corrente de Humboldt, desde o norte do Perú a Chiloé. Mide entre 56 e 72 cm e pesa de 3 a 5 kg.
  • 63. Pingüín de Magallanes ou pingüín patagónico (Spheniscus magellanicus). Cría no sur de Arxentina e de Chile, e nas illas Malvinas.
  • 64. Pingüín das Galápagos (Spheniscus mendiculus). É un pingüín pequeno, de 35 a 40 cm, endémico das illas Galápagos (Ecuador) onde viven só 2.000 exemplares. Tamén é o pingüín que vive máis ao norte.
  • 65. Tampouco voan as aves domésticas de curral: galiñas, parrulos e pavos.
  • 66. Houbo moitas máis pero xa non están entre nós: a unhas levounas por diante a vida e a outras eliminounas a mala cabeza dos humanos (caza sen control, introdución de depredadores, destrucción de hábitats…). En memoria de todas… ahí vos deixo unhas poucas.
  • 67. Avestruz árabe (Struthio camelus syriacus). Habitaba na Península arábiga e en Oriente Próximo. As últimas cazáronse en 1966. Avestruz árabe dun libro de animais do século XIV.
  • 68. Emú da illa dos canguros ou emu enano (Dromaius baudinianus). Extingueuse arredor de 1827. Só vivía nunha pequena illa ao sur de Australia.
  • 69. Emú negro (Dromaius novaehollandiae ater) Era endémico da illa King (Australia). Extingueuse a comezos do século XIX. Era máis pequeno e máis escuro que o emú común.
  • 70. Moa (Dinornis…). Había nove especies, todas endémicas de Nova Celandia. As máis grandes medían 3,6 m de altura e pesaban máis de 300 kg. Eran as únicas aves sen ás. A maioría desapareceron por exceso de caza arredor do ano 1400.
  • 71. Aves elefante (Aepyornithidae). Endémicas de Madagascar. Extinguíronse a comezos do século XVIII.
  • 72. Dodo ou dronte (Raphus cucullatus). Endémico das illas Mauricio. Pesaba uns 10 kg. Coñeceuse no século XVI e extingueuse a finais do século XVII.
  • 73. Solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria) Endémico da illa de Rodrigues (Mauricio). Veuse por primeira vez en 1691 e extingueuse arredor de 1760.
  • 74. Carriza de Stephens (Xenicus lyalli). Era un pequeno paxaro que vivía na illa Stephens, situada entre as dúas illas principais de Nova Celandia. Foi dado a coñecer en 1895 e desapareceu uns anos máis tarde.
  • 75. Alca xigante (Pinguinus impennis).Medía case1 metro de altura e podía pesar ata 5 kg. Extingueuse, victima da caza, en 1844. Vivía no Atlántico norte.
  • 76. Pato poc, macá de Atitlán ou mergullón do lago Atitlán (Podilymbus gigas). Era endémico do lago de Atitlán de Guatemala. Medía de 46 a 50 cm. A UICN considerouno extinguido no 2004.
  • 77. Rascón vermello (Aphanapteryx bonasia) Era endémico das illas Mauricio. Extingueuse a comezos de 1700.
  • 78. Rascón de Rodrigues ou rascón de Leguat (Erythromachus leguati). Endémico da illa de Rodrigues, do arquipélago das Mascareñas. Extingueuse a mediados do século XVIII.
  • 79. Rascón das Fiji (Nesoclopeus poecilopterus). Endémico das illas Fiji. Vivía nos bosques e nas zonas pantanosas de auga doce. Coñécese por doce exemplares capturados na última década do século XIX, nunca máis se volveu ver.
  • 80. Rascón del Pacífico (Gallirallus pacificus). Era endémico de Tahití. Desapareceu nas últimas décadas do século XVIII.
  • 81. Rascón de Dieffenbach (Gallirallus dieffenbachii). Era endémico dunhas poucas illas menores de Nova Celandia. Extingueuse a finais do século XIX.
  • 82. Rascón de Chatham (Cabalus modestus). Endémico de varias illas menores de Nova Celandia. Descubreuse no 1871 e extingueuse 25 anos máis tarde (entre 1896 e 1900).
  • 83. Rascón de Wake (Gallirallus wakensis). Era endémico do atolón de Wake. Extingueuse entre 1942 e 1945.
  • 84. Rascón ou galiñola de Laysan (Porzana palmeri). Era endémica da illa hawaiana de Laysan. Extingueuse na segunda Guerra Mundial.
  • 85. Galiñola hawaiana (Porzana sandwichensis). Vivía en pasteiros, matos e selvas de Hawai. Extingueuse entre 1883 e 1890.
  • 86. Galiñola das Carolinas (Porzana monasa). Endémica das illas Carolinas. Medía unos 18 cm. Descubreuse en 1827 e extingueuse uns anos máis tarde.
  • 87. Calamón da illa Lord Howe ou galiñola branca (Porphyrio albus). Sólo habitaba na Illa de Lord Howe. Foi descrita en 1790 e en pouco tempo extingueuse pola caza.
  • 88. Takahē da Illa Norte ou Moho (Porphyrio mantelli) . Viveu na Illa Norte de Nova Celandia ata finais do século XIX.
  • 89. Curuxa das Bahamas, curuxa da illa Andros ou Chickcharney (Tyto Pollens). Medía 1 m de alto. Vivía nos bosques e facía o niño en furados. Viveu na illa mentras houbo bosques nos que podía acollerse.
  • 90. E ata aquí… o que a cousa deu de si. As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑASFEITASNACASA