Arte Gótica

3,635 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
3,635
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
256
Actions
Shares
0
Downloads
105
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Arte Gótica

1. 1. A ARTE GÓTICA
2. 2. ARQUITECTURA GÓTICA Introdución (páx. 56 Vicens Vives)

Dende o s. XII, novas técnicas construtivas permitiron que xurdise un novo estilo artístico: o Gótico .

Nado en Francia, estendeuse por Occidente e permitiu construír edificios máis altos e luminosos.

O desenvolvemento da economía e o aumento da poboación nas cidades orixinou a necesidade de novas construcións .

3. 3. ARQUITECTURA GÓTICA Introdución (páx. 56 Vicens Vives)

Deste xeito, as cidades viron xurdir numerosos grupos de canteiros, albaneis e carpinteiros, dirixidos por mestres de obra e arquitectos, que levantaron palacios para nobres e mercadores, concellos para o goberno da cidade e lonxas para os comerciantes.

Pero por enriba de calquera outro edificio, a cidade medieval elevou grandes catedrais , símbolos do poder económico das cidades, e da fe en Deus dos seus habitantes.

4. 4. ARQUITECTURA GÓTICA Arco oxival (páx. 56 Vicens Vives)

Principais características:

Utilización dun novo tivo de arco , máis alto e lixeiro que recibe o nome de oxival .

5. 5. ARQUITECTURA GÓTICA Bóveda de cruzaría (páx. 56 Vicens Vives)

Bóveda de cruzaría ou oxival . Formada por tramos separados por arcos oxivais.

Cada tramo integrábano dous arcos cruzados que se apoiaban sobre catro puntos de soporte, en columnas ou piares.

6. 6. ARQUITECTURA GÓTICA Bóveda de cruzaría (páx. 56 Vicens Vives)

Coa nova bóveda, elevábase a altura do edificio e distribuíase mellor o peso da cuberta, ó non caer directamente sobre os muros.

7. 7. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores (páx. 56 Vicens Vives)

Isto fai posible a abertura de grandes ventás cubertas con vidreiras de cores .

Sainte Chapelle XIII
8. 8. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores (páx. 56 Vicens Vives) Catedral de León
9. 9. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores: rosetón (páx. 56 Vicens Vives)
10. 10. ARQUITECTURA GÓTICA Arcobotantes e contrafortes (páx. 56 Vicens Vives)

Para conter o empuxe das bóvedas, nos muros exteriores utilizábase un complexo sistema de arcobotantes e contrafortes que repartían o peso e reforzaban os muros.

11. 11. ARQUITECTURA GÓTICA Pináculos e frechas (páx. 56 Vicens Vives)

Para decorar estes elementos utilizábanse pináculos que remataban os contrafortes e que se coroaban con frechas .

12. 12. ARQUITECTURA GÓTICA Portada (páx. 56 Vicens Vives)

Herdou os elementos básicos do Románico : grandes arquivoltas decoradas con estatuas, un tímpano no espazo central e unha porta alintelada dividida en dúas entradas por un parteluz.

Así e todo, a profusión dos elementos decorativos outorgaba unha maior complexidade, e a maior altura dos arcos proporcionaba unha grande esvelteza.

13. 13. ARQUITECTURA GÓTICA Gablete e gárgolas (páx. 56 Vicens Vives) GABLETE GÁRGOLAS
14. 14. ARQUITECTURA GÓTICA Planta (páx. 56 Vicens Vives)

A planta continuou a ser esencialmente, de cruz latina, cun brazo longo e outro curto (transepto)

15. 15. ARQUITECTURA GÓTICA Construcción (páx. 56 Vicens Vives)

Construción dunha catedral gótica.

16. 16. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

Dous modelos arquitectónicos: gótico setentrional ou francés , caracterizado pola verticalidade e a ornamentación.

Catedral de Burgos
17. 17. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

E o gótico meridional ou cisterciense , no que domina a liña horizontal e a austeridade decorativa.

Claustro convento cisterciense
18. 18. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

O modelo setentrional ou francés atópase nos reinos de Navarra, Castela e León (a partir do século XIII) e as catedrais de León, Burgos e Toledo son os exemplos máis destacados.

Catedral de Burgos
19. 19. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 56 Vicens Vives) Catedral de León
20. 20. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Interior da catedral de León
21. 21. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Interior da catedral de Toledo
22. 22. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

No século XV, a chegada de arquitectos centroeuropeos importou o gusto pola ornamentación excesivamente regargada denominada flamíxera .

Capela do Condestable de Simón de Colonia (Burgos)

Mosteiro de San Xoán dos Reis de Juan Guas (Toledo)

Ciborio da catedral de Burgos
23. 23. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Ciborio da catedral de Burgos
24. 24. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

Capela do Condestable.

Simón de Colonia.

Catedral de Burgos.

Século XV.

25. 25. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

San Xoán dos Reis.

Juan Guas.

Toledo.

Século XV.

26. 26. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

O gótico meridional aparece na coroa de Aragón con obras tan destacadas como Santa María do Mar en Barcelona ou a catedral de Mallorca .

Santa Mª do Mar Bastaixos
27. 27. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Catedral de Mallorca. S. XIII-XIV
28. 28. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)

Neste territorio tamén destaca a arquitectura civil ( lonxas e palacios ), froito da súa actividade comercial e da prosperidade da burguesía.

Lonxa de Valencia
29. 29. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

Implantouse maioritariamente nas cidades da man das ordes mendicantes ( dominicos e franciscanos ), que chegaron a Galicia no século XIII.

San Francisco de Asís. Betanzos
30. 30. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

As construcións góticas en Galicia caracterízanse para renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero utilizaron amplamente os elementos góticos máis esenciais como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado .

Mosteiro de Oseira
31. 31. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

San Domingos de Bonaval (Santiago)

32. 32. Detalle do convento e igrexa de San Francisco (A Coruña)
33. 33. Restos arqueolóxicos do convento e Igrexa de San Francisco (A Coruña) Restos da Igrexa e Convento na Maestranza
34. 34. Restos arqueolóxicos do convento e igrexa de San Francisco (Xardín da Maestranza)
35. 35. Estado da Igrexa de San Francisco (Fotografía de 1945) FOTO BLANCO. La Coruña entre siglos
36. 36. Igrexa de San Francisco actualmente (traslado ó barrio de Paseo das Pontes)
37. 37. Igrexa de San Francisco actualmente
38. 38. Igrexa de San Francisco actualmente (Paseo das Pontes)
39. 39. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

Claro exemplo destas influencias son os últimos tramos e o pórtico occidental da catedral de Tui , considerada o inicio do Gótico galego.

40. 40. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

A mezcla entre Románico e Gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter , como os de Armenteira , Acibeiro, Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo), Oseira e Melón (Ourense).

Mosteiro de Armenteira
41. 41. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)

Pero continuou mesmo ata o século XV. San Martiño de Noia .

42. 42. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives)

Utilizábase basicamente para decorar os exteriores das igrexas, sobre todo as fachadas.

Outros elementos eran as gárgolas que servían para evacuar a auga de chuvia dos tellados.

43. 43. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)

Gárgolas.

44. 44. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)

A partir do século XIV, a escultura independizouse da arquitectura e amosouse en retablos que decoraban as igrexas ou en monumentos funerarios .

Virxe branca. Catedral de Toledo
45. 45. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives) Sepulcro del doncel Martín Vázquez catedral de Sigüenza. XV Púlpito baptisterio de Pisa: Nicolás Pisano. XIII
46. 46. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)

A escultura gótica é moito máis realista que a románica, tanto nos vestidos coma na representación do rostro humano. Nalgúns casos, como nas figuras das tumbas, realizáronse verdadeiros retratos.

Estatuas columna. Catedral de León. XIII
47. 47. ESCULTURA GÓTICA parteluz (páx. 58 Vicens Vives)

Comezaron a esculpirse imaxes exentas que representaban a reis ou personaxes importantes e tamén a dotarse de movemento as personaxes outorgóuselles un volume que non existía no Románico.

Parteluz Catedral de León. XIII
48. 48. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives)

As esculturas xa non representaban figuras illadas senon formaban escenas .

Fronte ó Románico, comezamos a coñecer ós autores das esculturas ou retablos como Guillermo Sagrera ou Gil de Siloé.

Porta do Sarmental. Catedral de Burgos. XIII
49. 49. ESCULTURA GÓTICA Sepulcro (páx. 93 Vicens Vives)

Escultura de Gil de Siloé.

Sepulcro do infante Afonso. Cartuxa de Miraflores. Burgos. XV
50. 50. ESCULTURA GÓTICA Galicia (páx. 111 Vicens Vives) Sepulcro Fernán Pérez de Andrade “O Bo”. S. Francisco. Betanzos. XV Portada principal catedral de Tui XIII
51. 51. PINTURA GÓTICA (páx. 59 Vicens Vives)

A pintura gótica amosaba preocupación por novos aspectos como a representación da profundidade, o estudo anatómico das personaxes, a descrición polo miúdo e detallista da vida cotiá, a representación dos sentimentos e unha nova valoración da luz e da cor.

Giotto. Adoración dos Reis Magos. 1305
52. 52. PINTURA GÓTICA (páx. 59 Vicens Vives)

A pintura gótica interesáballe plasmar a realidade; por esta razón, aínda que os temas dos cadros eran esencialmente relixiosos, as personaxes eran retratos fieis dos homes e mulleres da época.

Giotto. San Francisco falándolle ós paxaros. XIV.
53. 53. PINTURA GÓTICA Retablos e miniaturas (páx. 59 Vicens Vives)

A estrutura das novas igrexas góticas, que substituía parte dos muros por grandes fiestras, reduciu o espazo que o Románico lle concedía á pintura.

Así xeneralizouse a pintura sobre madeira ( táboas , retablos ), que se colocaban sobre todo na ábsida central da igrexa, detrás do altar.

Van Der Weyden. Os sete sacramentos. 1ª m. XV.
54. 54. PINTURA GÓTICA Retablos e miniaturas (páx. 59 Vicens Vives)

As táboas góticas eran encargadas pola Igrexa, pero tamén por institucións (gobernos municipais, gremios) e por nobres ou burgueses que querían demostrar a súa relixiosidade. A miúdo, a figura do doador representábase nun recanto da pintura.

Nesta época foron tamén numerosas e moi importantes as miniaturas que adornaban libros sagrados, crónicas e relatos.

A técnica era pintura ó óleo .

Van Eyck. Virxe do Chanceller Rolin. 1ª m. XV.
55. 55. PINTURA GÓTICA Técnica do óleo (páx. 59 Vicens Vives)

En arte coñécese como óleo aos aceites que se usan para combinar con outras substancias e obter así un produto idóneo para a pintura e como extensión, fóronse chamando óleos á mesma pintura en si.representábase nun recanto da pintura.

Esta pintura obtida coa mestura de óleos ofrecía moitas vantaxes ó pintor, entre outras, o poder realizar a súa obra lentamente e sen presas de acabado (o contrario do que ocorría na pintura ó tempero, ou ó fresco), o poder retocar a obra día a día, variar a composición, as cores, etc.

A pintura ó óleo foi aplicada por primeira vez, na primeira metade do século XV, por artistas flamencos como Van der Weyden ou Van Eyck.

Van Eyck. Retrato de Giovani Arnolfini e esposa. 1ª m. XV.
56. 56. PINTURA GÓTICA pintura na Península Ibérica (páx. 93 Vicens Vives)

Durante todo o século XIII, a pintura gótica estivo dominada en Castela e León pola arte da miniatura (Cantigas de Afonso X)

A partir do século XIV, a Coroa Aragón convérteuse nun gran centro de pintura, recibindo primeiro as influencias da pintura italiana e no século Xv da pintura flamenga. A esta última tendencia pertencen Lluis Dalmau , Jaume Huguet e Bartolomé Bermejo .

Jaume Huget. Retablo de San Abdón e San Senén. 1459-1460