SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
F RANCESCO PETRARC A

CANCIONEIRO

     NOVA TRADUCIÓN DE

  DARÍO XOHÁN C ABANA




      EDICIÓNS DA CURUXA
        a nosa voz entenden
           número dous
FRANCESCO PETRARC A


CANCIONEIRO
        seguido das

RIMA S DISPERSA S

     NOVA TRADUCIÓN DE

  DARÍO XOHÁN C ABANA
   DA REAL ACADEMIA GALEGA




     EDICIÓNS DA CURUXA
      a nosa voz entenden
          número dous
VIDA DE FRANCESCO PETRARCA

    En outubro do ano 1302 o notario Ser Pietro di Parenzo, casado con Electa
Canigiani, foi condenado en Florencia á amputación dunha man baixo unha acusa-
ción que non debeu ser máis ca un pretexto utilizado polos vencedores nas liortas
civís. Polo si ou polo non, parece que Pietro xa se puxera fóra da súa cidade a raíz
da tomada do poder polos güelfos negros –naquela conxuntura, por simplificar,
unha especie de extremistas de dereita– a finais do ano anterior. Güelfo branco
–os brancos eran coma quen di o partido democrático burgués–, amigo de Dante
e dous anos máis novo ca el, Pietro di Parenzo pertencía a unha familia de xuristas
afeccionados tamén ós estudos literarios. O avó paterno de Ser Petracco –que por
este hipocorístico era coñecido o pai do noso poeta– foi probablemente un tal Ser
Garzo, tamén notario coma o seu fillo Parenzo, autor dunha colección paremio-
lóxica en vulgar e polo menos de catro das chamadas Laude di Cortona, que morreu
antes de 1272 á fermosa idade de cento catro anos.
    Ser Petracco e a súa muller refuxiáronse en Arezzo. Nesta cidade, daquela
cabeza dun pequeno estado autónomo, naceu ó amencer do 20 de xullo do 1304
o primeiro fillo do matrimonio, que co tempo había de converter o patroními-
co que lle correspondía na forma latinizante Petrarca, de máis lucida resonancia.
Francesco naceu precisamente o día da derrota definitiva do partido branco no
seu intento de entrar á forza en Florencia; Dante, que se opuxera a esta aventura,
estaba tamén en Arezzo.
    En 1305 Electa radicaríase con Francesco nunha propiedade familiar en Incisa,
no Valdarno, a uns vinte quilómetros de Florencia cara a Arezzo, de onde a Petracco
lle sería doado ir. Alí lles nacería outro fillo, Gherardo, no 1307. A pesar do exilio,
non vemos sinais de apuros económicos: diñeiros aforrados, negocios presentes
ou rendas das propiedades rústicas da familia debían garantir a súa vida.
    No ano 1311, seguramente coa esperanza de que a vinda a Italia de Henrique VII
de Luxemburgo favorecese o retorno dos exiliados a Florencia, Ser Petracco e a súa
familia trasládanse a Pisa, que sería cuartel xeral do emperador na súa empresa de
sometemento da península. Naquela cidade o neno Francesco vería por primeira e
derradeira vez a Dante, que andaba no séquito imperial.
    Perdida ou adiada esta esperanza, en 1312 a familia múdase a Aviñón, ou mellor
dito a Carpentràs, «cidade pequena, capital de pequena provincia», do Comtat Ve-
naissin, a vinte quilómetros de Avinhon, que daquela era residencia preferida do
10                                                                  FRANCESCO PETRARCA



papa, o gascón Bertran de Got, antes arcebispo de Bordeos, que reinaba co nome
de Clemente V. O Comtat Venaissin era señorío papal dende 1274.1 Clemente V
establecera a sé do papado en Aviñón había só tres anos, e o motivo da vinda de
Ser Petracco sería o desexo de exercer o seu oficio e medrar ó carón da curia.
Francesco empeza o seus estudos de gramática con Convenevole da Prato, toscano
tamén. Con el estudaba o ligur Guido Sette, que sería un dos seus grandes amigos
e chegaría a arcebispo de Xénova.
    En 1316, obedecendo a idea paterna, Francesco inicia os seus estudos de de-
reito na universidade de Montpelhèr. Segundo parece, seu pai reprocháballe que
perdese o tempo en estudos literarios; pero non debía ser moi severo, pois tamén
lle pagaba libros non estritamente xurídicos, entre eles as Etimoloxías de Isídoro e
un códice misceláneo de Virxilio que foi unha das xoias preferidas da súa biblioteca
e que aínda se conserva na Ambrosiana de Milán.
    En 1318 ou 1319 morre súa mai ós 38 anos de idade, e Francesco adícalle unha
elexía latina doutros tantos hexámetros, que é o seu primeiro poema conservado.
    En 1320 vai pra Boloña con seu irmán Gherardo e con Guido Sette, pra comple-
tar os estudos de leis, aínda que sen dúbida gastou máis tempo noutras cousas que
lle pareceron máis importantes ou gustosas; e daquela Boloña era un importante
centro da poesía italiana en lingua vulgar. Con interrupcións –entre elas unha
viaxe polo norte de Italia no 1321, con estadías en Rimini e Venecia–, bota alí seis
anos e fai moitas amizades, entre elas a do aristócrata romano Giacomo Colonna,
futuro bispo e seu primeiro «señor». En 1326 morre seu pai; Francesco abandona
os estudos, deixa Boloña e volve co irmán pra Aviñón. Era papa e señor da cidade
o caorsino Jacme Duèsa, un avaro simoníaco que reinaba co nome de Xoán XXII e
que aínda sendo vigairo de Cristo na Terra probablemente non cría nel.
    Nestes anos, o noso poeta confesa ter levado unha vida frívola e elegante, na que
o seu aspecto físico o debeu favorecer. «De novo –di na súa epístola Á posteridade–
tiven un corpo non de grandes forzas, pero que chegou a ter moita destreza. Non
me chufo dunha beleza extraordinaria, pero si tal que nos meus máis verdes anos
podía gustar: fun de cor viva entre o branco e o moreno;2 tiven os ollos vivaces e
por longo tempo de vista agudísima, que despois dos sesenta anos me traizoou
inesperadamente, obrigándome a recorrer con repugnancia ó auxilio de lentes».
    O día 6 de abril de 1327, na igrexa de Santa Clara de Aviñón, ve por primeira
vez a Laura. A substancia histórica desta muller, que segundo o seu amador per-


     1. O Condado de Venasque era a parte sur da Marca de Provenza, e polo tanto formara parte do
principado dos condes de Tolosa. Durante as guerras de destrución de Occitania que levaron a cabo
o rei de Francia e o papa de Roma co pretexto dunha cruzada contra os herexes cátaros, o conde
Raimundo VII viuse obrigado en 1229 a cederlle o Comtat Venaissin –que non incluía a cidade de
Avinhon– ó papado, pero a nova soberanía non se fixo efectiva ata 1274, cando o principado de Tolosa
xa fora absorbido polos Capetos de París.
     2. Segundo o Boccaccio: «Statura quidem procerus, forma venustus, facie rotunda atque decorus,
quamvis colore etsi non candidus, non tamen fuit obscurus, sed quadam decenti viro fuscositate
permixtus». Cando en 1873 se examinaron os seus restos óseos calculóuselle unha altura de 1,83 m.
LIMIAR                                                                          11


tencía a unha familia antiga e nobre, non se sabe con certeza. Tense identificado
cunha Laura de Nòvas, casada cun tal Uc ou Hugo de Sada. Esta hipótese non
deixa de seducir a imaxinación, pois así a recatada Laura do Petrarca sería de-
vanceira do perverso marqués de Sade, que por certo se chufaba de tan literaria
estirpe, reivindicada por un seu tío cura, Jean-François de Sade, nunhas Mémoires
pour la vie de François Pétrarque publicadas en 1764. O que é indubidable, en
calquera caso, é que a muller chamada Laura existiu realmente, e que Francesco
Petrarca a amou con toda a súa alma, ou coa maior parte dela –aínda que o corpo
tivera outras leis–, durante toda a súa vida.
     A finais desta década Petrarca recibe as catro ordes menores, comprome-
téndose así ó celibato, aínda que nunca chegaría a asumir o sacerdocio. En rea-
lidade, a súa entrada na carreira eclesiástica é simplemente unha maneira de
arranxar a vida: con ela ponse en situación de recibir, grazas ós seus protectores
e á súa propia valía, os lucrativos beneficios que lle permitirán vivir comoda-
mente entregado ós seus estudos. Obra importante destes anos é a súa edición
crítica e anotada das tres décadas que se conservan enteiras do Ab urbe condita
de Tito Livio, considerada como un fito transcendental nos estudos de filoloxía
latina.
     Na primavera do 1330 acompaña o seu amigo e señor Giacomo Colonna, xa
feito bispo, á tomada de posesión da sé de Lombez ou Lombèrs, na Gascuña; alí
pasa o verán, e en outono entra como capelán de familia ó servizo do cardeal
Giovanni, irmán de Giacomo; en realidade como unha especie de portavoz e pro-
pagandista da casa dos Colonna. Estes podentes prelados eran mozos aínda, só
tres ou catro anos máis vellos có propio Petrarca, e a súa vocación relixiosa debía
ser aínda menor cá do poeta.
     En 1333, Petrarca fai unha longa viaxe polo norte de Europa; visita demorada-
mente París, Gante, Liexa, Aquisgrán, Colonia. Viaxa en certo modo por conta do
cardeal Giovanni, a quen escribe fermosas cartas coas súas impresión; empéñase
moi especialmente na procura de códices dos clásicos latinos, e en Liexa descobre
dous discursos de Cicerón, un deles o Pro Archia, que tivo grande influencia nel.
Esta sería a súa primeira gran descuberta nunha busca de libros clásicos que durou
toda a vida. Este ano Dionigi de Borgo San Sepolcro, notable teólogo e filólogo,
faille un agasallo que dende aquela levará sempre sobre si: unha copia minúscula
das Confesións de S. Agostiño.
     O 25 de xaneiro de 1335 élle concedida unha coenxía na sé de Lombèrs por
Bieito XII, o foisenco Jacme Fornièr, antigo inquisidor, iniciador da construción
do suntuoso pazo dos papas de Aviñón, que aínda fora electo o mes anterior pró
setial de San Pedro. Vinte anos máis tarde, co ril ben cuberto xa por outros man-
tos, o noso poeta cederíalle este beneficio ó seu queridísimo amigo Ludwig van
Kempen, flamengo de nación, cariñosamente alcumado Sócrates, a quen coñeceu
como cantor na capela do cardeal Colonna; nunha pasaxe do Triumphus Cupidinis
fala con extremada tenrura deste Sócrates e do romano Lelio ou Lello di Pietro
12                                                           FRANCESCO PETRARCA



Stefano Tosetti, despois de laiar a morte prematura doutro amigo íntimo, Tommaso
Caloiro ou Caloria, compañeiro de estudos en Boloña, finado en 1340:

                E, poi conven che ’l mio dolor distingua,
                   volsimi a’ nostri, e vidi ’l bon Tomasso,
                   ch’ornò Bologna, ed or Messina impingua.
                O fugace dolcezza! o viver lasso!
                   chi mi ti tolsi sì tosto dinanzi,
                   senza ’l qual non sapea movere un passo?
                Dove se’ or, che meco eri pur dianzi?
                  Ben è ’l viver mortal, che sì n’agrada,
                   sogno d’infermi e fola di romanzi!
                Poco era fuor de la comune strada
                  quando Socrate e Lelio vidi in prima:
                  con lor più lunga via conven ch’io vada.
                O qual coppia d’amici, che né ’n rima
                   poria, né ’n prosa ornar assai, né ’n versi,
                   se, come dee, vertù nuda si stima.
                Con questi duo cercai monti diversi,
                   andando tutti tre sempre ad un giogo;
                   a questi le mie piaghe tutte apersi.
                Da costor non mi pò tempo né luogo
                  divider mai, sì come io spero e bramo,
                   infino al cener del funereo rogo.
                Con costor colsi ’l glorioso ramo
                   onde forse anzi tempo ornai le tempie
                   in memoria di quella ch’io tanto amo.

    En abril de 1336 sobe ó Monte Ventor con seu irmán Gherardo, fazaña que con-
tará máis tarde nunha das súas epístolas Familiares. Durante esta mesma primavera
fai amizade en Aviñón con Simone Martini, o gran pintor sienés. En decembro sae
pra Roma, onde será hóspede da poderosa familia Colonna; non volverá a Provenza
ata xullo do ano seguinte. Deixaba muller preñada.
    Á volta merca unha propiedade en Vauclusa, á beira do Sòrga e a uns vinte e
dous quilómetros –quince millas, quindecim passuum milibus– de Aviñón. O ordi-
nario do lugar, o bispo de Cavalhon Filipe de Cabassola, que logo chegaría a máis
altos destinos, será outro dos seus grandes amigos. No verán deste ano de 1337
nácelle o seu primeiro fillo natural, Giovanni. Non se sabe quen era a nai; quen tan-
to falou de si mesmo non se dignou deixar noticia dela en ningures. Petrarca quixo
ser bon pai con Giovanni; criouno e educouno, lexitimouno en 1349, e en 1352 pen-
sou arranxarlle a vida conseguíndolle unha coenxía en Verona. Pero o rapaz tiña
bastante mala cabeza, e deulle moitos desgustos.
34                                                FRANCESCO PETRARCA



     	                 I

     Voi ch’ascoltate in rime sparse il suono
     di quei sospiri ond’io nudriva ’l core
     in sul mio primo giovenile errore,
     quand’era in parte altr’uom da quel ch’i’ sono,          4

     del vario stile in ch’io piango e ragiono,
     fra le vane speranze e ’l van dolore,
     ove sia chi per prova intenda amore
     spero trovar pietà, non che perdono.                     8

     Ma ben veggio or sì come al popol tutto
     favola fui gran tempo, onde sovente
     di me mesdesmo meco mi vergogno;                        11

     e del mio vaneggiar vergogna è ’l frutto,
     e ’l pentersi, e ’l conoscer chiaramente
     che quanto piace al mondo è breve sogno.                14



     	                 II

     Per fare una leggiadra sua vendetta
     e punire in un dì ben mille offese,
     celatamente Amor l’arco riprese,
     come uom ch’a nocer luogo e tempo aspetta.               4

     Era la mia virtute al cor ristretta
     per far ivi e negli occhi sue difese,
     quando ’l colpo mortal là giù discese
     ove solea spuntarsi ogni saetta.                         8

     Però turbata nel primiero assalto
     non ebbe tanto né vigor né spazio
     che potesse al bisogno prender l’arme,                  11

     overo al poggio faticoso ed alto
     ritrarmi accortamente da lo strazio
     del quale oggi vorrebbe e non pò aitarme.               14
CANCIONEIRO                                             35


       	                I

       Ti que hoxe en rimas soltas oes o son
       do suspirar con que eu nutría o cór
       no meu primeiro xuvenil error,
       cando era en parte outro home do que son,    4

       pró vario estilo meu, pranto e razón
       entre as vas esperanzas e a va dor,
       onde haxa quen por proba entenda amor
       piedade espero achar, non xa perdón.         8

       Mais agora ben vexo como á xente
       dei que falar ben tempo, do que adoito
       de min mesmo comigo me avergoño;            11

       e do meu devanar vergoña é o froito,
       e o arrepentirse vendo claramente
       que canto prace ó mundo é breve soño.       14



       	               II

       Querendo unha xentil vinganza obter
       e mil ofensas castigar nun día,
       furtivamente o arco Amor collía
       coma quen busca emposta pra bater.           4

       O meu vigor, querendo defender
       ollos e cór, no cór se me choía
       cando o golpe mortal a onde soía
       fanarse toda frecha foi caer.                8

       Así turbado no primeiro asalto,
       non tivo forza nin espazo tanto
       que ante o perigo se puidese armar,         11

       ou ben no outeiro fatigoso e alto
       sagazmente afastarme do quebranto
       no que hoxe non me pode xa axudar.          14
36                                               FRANCESCO PETRARCA



     	                III

     Era il giorno ch’al sol si scoloraro
     per la pietà del suo fattore i rai,
     quando i’ fui preso, e non me ne guardai,
     che i be’ vostr’occhi, donna, mi legaro.                4

     Tempo non mi parea da far riparo
     contra colpi d’Amor: però m’andai
     secur, senza sospetto; onde i miei guai
     nel commune dolor s’incominciaro.                       8

     Trovommi Amor del tutto disarmato,
     ed aperta la via per gli occhi al core,
     che di lagrime son fatti uscio e varco.                11

     Però al mio parer non li fu onore
     ferir me de saetta in quello stato,
     a voi armata non mostrar pur l’arco.                   14



     	                IV

     Quel ch’infinita providenzia ed arte
     mostrò nel suo mirabil magistero,
     che criò questo e quell’altro emispero,
     e mansueto più Giove che Marte,                         4

     vegnendo in terra a ’lluminar le carte
     ch’avean molt’anni già celato il vero,
     tolse Giovanni da la rete e Piero,
     e nel regno del ciel fece lor parte.                    8

     Di sé nascendo a Roma non fé grazia,
     a Giudea sì, tanto sovr’ogni stato
     umiltate essaltar sempre gli piacque;                  11

     ed or di picciol borgo un sol n’ha dato,
     tal che natura e ’l luogo si ringrazia
     onde sì bella donna al mondo nacque.                   14
CANCIONEIRO                                               37


       	                III

       Era o día que ó sol se lle apagaron
       os raios seus por dó do seu Feitor,
       cando eu fun preso sen saberme opor,
       que os vosos belos ollos me ligaron.           4

       Tempos a xeito non me semellaron
       pra erguer defensas contra accións de Amor,
       e sen receo andaba: así na dor
       común os meus queixumes empezaron.             8

       Achoume Amor de todo desarmado,
       e ata o cór polos ollos paso aberto,
       que agora son prás lágrimas portada.          11

       Mais non lle fixo moito honor por certo
       ferirme a min de frecha en tal estado,
       e nin mostrarvos o arco a vós armada.         14



       	                IV

       O que infinita providencia e arte
       na admirable mestría demostrou,
       que este hemisferio e mais aquel creou,
       e máis benigno Xúpiter ca Marte,               4

       vindo á terra aclarar de parte a parte
       o libro que a verdade antes velou,
       da rede a Pedro e mais a Xoán quitou
       e no reino do ceo lles fixo parte.             8

       De si, nacendo, non lle quixo dar
       a graza a Roma, e fíxolla a Xudea,
       tanto a humildade levantar lle prougo;        11

       e hoxe tal sol nos deu en pouca aldea
       que se louva a natura e o lugar
       onde tan bela dona ó mundo trougo.            14
222                                               FRANCESCO PETRARCA



      e più certezza averne fora il peggio.
      Spirto beato, quale
      se’ quando altrui fai tale?                            78

         O poverella mia, come se’ rozza!
      Credo che tel conoschi:
      rimanti in questi boschi.                              81



      	              CXXVI

          Chiare, fresche e dolci acque
      ove le belle membra
      pose colei che sola a me par donna;
          gentil ramo ove piacque
      (con sospir mi rimembra)
      a lei di fare al bel fianco colonna;                    6
          erba e fior che la gonna
      leggiadra ricoverse
      co l’angelico seno;
      aere sacro sereno
      ove Amor co’ begli occhi il cor m’aperse:
      date udienza insieme
      a le dolenti mie parole estreme.                       13

          S’egli è pur mio destino,
      e ’l cielo in ciò s’adopra,
      ch’Amor quest’occhi lagrimando chiuda,
          qualche grazia il meschino
      corpo fra voi ricopra
      e torni l’alma al proprio albergo ignuda.              19
          La morte fia men cruda
      se questa spene porto
      a quel dubbioso passo,
      che lo spirito lasso
      non poria mai in più riposato porto
      né in più tranquilla fossa
      fuggir la carne travagliata e l’ossa.                  26

         Tempo verrà ancor forse
      ch’a l’usato soggiorno
      torni la fera bella e mansueta,
CANCIONEIRO                                              223


       e saber máis sería pró meu mal.
       Alma santa, que es ti
       cando os máis fas así?                       78

          Ouh miña pobre, es ben desaxeitada!
       Será ben que te afagas
       e quedes nestas fragas.                      81



       	               CXXVI

           Fresca e doce auga clara
       onde os seus belos membros
       puxo a que é pra min dona e namais ca ela;
           xentil ramo que usara
       (suspiro cos relembros)
       como columna prá figura bela;                 6
           herba e flor que a gonela
       graciosa recubriu
       e o seo anxelical;
       ar sagrado e xangal
       onde Amor cos seus ollos me feriu:
       todos prestade ouvidos
       ós meus extremos ditos doloridos.            13

           Se el é meu certo fado,
       e o manda o ceo, que Amor
       peche estes ollos tristes coa man súa,
           o meu corpo cansado
       cubra o voso favor,
       e volva a ialma ó propio albergue núa.       19
           Non será a morte crúa
       se levo esta esperanza
       ó perigoso paso,
       porque o espírito laso
       non pode en porto de maior bonanza
       nin máis tranquila fosa
       deixar osamia e carne fatigosa.              26

           Quizá inda chegue a hora
       que no sitio adoitado
       a fera bela e dócil volva estar,
224                                               FRANCESCO PETRARCA



          e là ’v’ella mi scorse
      nel benedetto giorno
      volga la vista disiosa e lieta                         32
          cercandomi; ed, o pieta!,
      già terra infra le pietre
      vedendo, Amor l’inspiri
      in guisa che sospiri
      sì dolcemente che mercé m’impetre,
      e faccia forza al cielo
      asciugandosi gli occhi col bel velo.                   39

         Da’ be’ rami scendea,
      dolce ne la memoria,
      una pioggia di fior sovra ’l suo grembo,
         ed ella si sedea
      umile in tanta gloria,
      coverta già de l’amoroso nembo.                        45
         Qual fior cadea sul lembo,
      qual su le trecce bionde,
      ch’oro forbito e perle
      eran quel dì a vederle;
      qual si posava in terra e qual su l’onde,
      qual con un vago errore
      girando parea dir «Qui regna Amore».                   52

          Quante volte diss’io
      allor pien di spavento
      «Costei per fermo nacque in paradiso».
          Così carco d’oblio
      il divin portamento
      e ’l volto e le parole e ’l dolce riso                 58
          m’aveano, e sì diviso
      da l’imagine vera,
      ch’i’ dicea sospirando
      «Qui come venn’io o quando?»,
      credendo esser in ciel, non là dov’era.
      Da indi in qua mi piace
      quest’erba sì ch’altrove non ho pace.                  65

         Se tu avessi ornamenti quant’hai voglia,
      poresti arditamente
      uscir del bosco e gir infra la gente.                  68
CANCIONEIRO                                           225


           e onde me vira outrora
       o día benfadado,
       me busque ansiosa co seu ledo ollar;      32
           e, ouh piedade!, ó mirar
       que eu pó entre as pedras son
       talvez Amor a inspire
       de modo que suspire
       moi docemente e pida o meu perdón,
       e faga forza ó ceo
       secando os ollos co seu lindo veo.        39

           A belida enramada,
       cousa doce á memoria,
       sobre do colo flores lle chovía,
           e ela estaba sentada
       humilde en tanta gloria,
       baixo o amoroso nimbo que a cubría.       45
           Cal flor na orla caía,
       cal sobre as trenzas blondas,
       que eran ouro brunido
       de pérolas garnido;
       cal pousaba na terra, cal nas ondas,
       cal cun gracioso error
       xirando murmuraba «Aquí está Amor».       52

          Canto teño xemido
       co temor que me enchía
       «Certo que esta naceu no paraíso».
          Tan cargado de olvido
       o falar e a fasquía
       e o divino ademán e o doce riso           58
          me tiñan, e o meu siso
       tan fóra do que ollaba,
       que eu dicía laiando
       «Como viñen, ou cando?»,
       coidando estar no ceo, non onde estaba.
       Tanto esta herba me prougo
       que desde aquela allur xa non acougo.     65

          Se ti estás tan ornada como queres,
       podes ousadamente
       saír das fragas pra ires canda a xente.   68
N O TA S                                                                                      611


Os Proverbia super natura feminarun glosan am-      mos saber, dalgunha pradela así á beira doutro
plamente: «Quando la istate viene e lo lovo         río que nos cadre máis cerca.
se muda, / e perde lo so pelo, quest’è causa        3. O común adverbio namais soe ser excluído
saipuda, / mai lo veço reten e ’l malfar no refu-   dos dicionarios modernos, coa escusa de que
da, / e çà per carne cota non lasarà la cruda.»     é unha redución de nada máis, e polo tanto un
Outros prefiren citar un dito de Vespasiano re-     castelanismo ou un vulgarismo, sexa isto o
collido por Suetonio: «vulpem pilum mutare,         que for. Pero esa orixe espuria dista moito de
non mores». Pró caso en que estamos, tanto          estar probada, e o máis fácil é que sexa unha
nos ten Xan coma Pericán.                           disimilación de nomais<non máis, como pare-
8. Do corpo material, cárcere da alma, veo que      ce garantir o portugués nomais, xa desusado,
lle impide a visión verdadeira.                     cuxa primeira vogal denuncia unha formación
12-14. É dicir, xa fóra do amor sensual e libre     antiquísima, cando o primitivo non común aín-
dos seus desexos, só coa doce contemplación.        da non pasara a não, nin sequera a nam. Cóm-
                                                    pre advertir que a forma nomais, que eu non
                    CXXIII                          lembro ter ouvido, é tamén aboada pró galego
É soneto de despedida, talvez escrito cando o       por Leiras Pulpeiro e polo propio Pintos.
Petrarca saíu de Aviñón, o día 15 de febreiro       56. Olvido é aquí o esquecemento das cousas
do 1341, pra ser coroado en Roma. E o poeta         do mundo que lle impón a doce contempla-
ve no rostro de Laura, cuberto por unha amo-        ción da amada.
rosa néboa, o pesar pola súa partida.               68. Repárese que o envío é simétrico e oposto
5. As almas no ceo enténdense sen falar, con        ó da canción anterior.
variacións do seu fulgor.
                                                                         CXXVII
                      CXXIV                         1. A cantar de Laura, que nesta canción rela-
4. Na outra riba do Aqueronte, e quere dicir        ciona cos estados do tempo e da natureza.
que lles ten envexa ós que xa están mortos.         5. Amor, que dita dentro. «Sonche un que can-
11. No medio do camiño desta vida: así empe-        do / me inspira Amor, anoto, e os ditados / que
za Dante a súa Comedia, querendo dicir que          el dita dentro vou significando», responde
ten 35 anos.                                        Dante no Purgatorio a Bonagiunta Orbicciani
12. O cristal é fráxil, o diamante é símbolo de     da Lucca, e é unha definición ou divisa clásica
solidez.                                            do Dolce Stil Novo.
                                                    7-10. Obsérvese que a sintaxe do orixinal é tan
                     CXXV                           torturada coma a da tradución, ou máis. Entén-
6. Amor espertaría incluso no corazón de Lau-       dase «pero aínda así, direi como encontro es-
ra, onde certamente dorme, non opera.               crita a historia do meu tormento pola propia
25-26. A min dóeme o pranto; e a outrén – a         man de Amor no medio do meu corazón».
Laura – dóelle que diga mal os meus laios, que      20. É dicir, cando chega a primavera.
non os exprese sabiamente.                          23-25. No solsticio do verán, cando o sol vai
34. Por un pensamento que fai lembranza de          máis alto, paréceme que Laura é semellante ó
Laura.                                              lume de amor nun corazón nobre.
38. A axuda que lle prestaban nas súas penas        26-28. No outono, cando o día se fai máis cur-
os doces sons das antigas rimas.                    to porque o sol recúa e volve a unha posición
79. Diríxese á canción.                             equinoccial, imaxino a Laura na madurez, con-
                                                    siderada como idade perfecta.
                    CXXVI                           49. Entre o branco da cara e o dourado da ca-
Esta canción, irmá da anterior, é pra nós a         beleira están, xaora, os ollos.
máis bela do Petrarca; nela séntese coma en         50. «O amoroso maxín que habita dentro»,
ningures unha poderosa sensualidade que, aín-       en LXXI, 91-2; «o piadoso maxín que ninguén
da sublimándose con piadosos pensamentos            viu», en CXXIII, 7: o amor que Laura sente se-
de morte, impregna as estanzas coa obsesiva         cretamente por el. Son versos discutidos, pero
saudade de felices horas de amor na ribeira do      a nós parécenos que non poden significar
Sòrga. Todos nosoutros sabemos, ou debia-           outra cousa.
612                                                                 FRANCESCO PETRARCA



58. É dicir, planeta – e pensará en Venus como      vivía con entusiasmo a recuperación da cultu-
estrela da mañá, estreliña do luceiro – por         ra clásica. Petrarca refírese a unha gran vitoria
oposición ás estrelas fixas.                        que no ano 102 a. C. alcanzou Mario contra
63. O día que a coñecín.                            os teutóns en Aquæ Sextiæ, hoxe oficialmente
65. Mollados, porque o día que a coñeceu os         Aix-en-Provence – Aics en occitano medieval,
ollos de Laura chorarían de piedade pola Paixón     agora Ais, e tamén Ai en Frederic Mistral –. En
de Cristo.                                          Floro lese, se non lemos nós mal o seu latín:
83. Cita case literalmente o primeiro verso do      «Con tanto ardor se combateu, e tanta matan-
soneto XC.                                          za de inimigos houbo, que no ensanguentado
90. Ficando en si: quedando íntegra aínda que       río o vitorioso romano non bebeu máis auga
reparta a súa luz. É louvanza no fondo case         ca sangue de bárbaros».
blasfema, pois segundo se aprende na Divina         67. Erguer o dedo era sinal de rendición en
Comedia só Deus pode difundir o seu esplen-         combate, cousa que os mercenarios farían a
dor sen perder nada del.                            cada dous por tres, xa que ó fin e ó cabo só
                                                    loitaban pola paga e non terían moita gana de
                     CXXVIII                        morrer por ela.
Diríxese ós señores de Italia, exhortándoos a       73. Porque se infaman a si mesmos vendéndose
poñeren fin ás guerras intestinas e a expulsa-      (verso 62); se tan pouco se estiman a si mes-
ren as tropas mercenarias, maiormente xer-          mos, mal poden estimar os máis. É a interpre-
manas, de que se servían. A finais do 1344,         tación tradicional, e a ela me ateño.
Petrarca estaba en Parma cando estoupou un          86. Os pais do poeta non deberon ser enterra-
repugnante conflito pola señoría da cidade en-      dos en Italia, senón en Provenza, que foi onde
tre os irmáns Correggio – divididos entre si –,     morreron. Mais o Petrarca non fala de si mes-
os Visconti, os D’Este, os Gonzaga e outros         mo, senón que pon na mente dos señores
aspirantes. En decembro, Parma foi asediada         os pensamentos patrióticos que segundo el
– nas mesnadas señoriais de dentro e de fóra        deberían ter.
había mercenarios estranxeiros – polos Gonza-       118. Referencia probable a un verso de Teren-
ga e os Visconti. O 23 de febreiro do 1345, o       cio que o Petrarca cita a miúdo na súa obra la-
noso poeta abandonou a cidade nunha fuga            tina: «veritas odium parit», a verdade fai nacer
dramática na que mancou moito un brazo ó            odio, no sentido de que nos aborrecemos con
caer do cabalo nunha noite de treboada infer-       quen nos di verdades desagradables.
nal. Isto relátao o mesmo Petrarca nunha das
súas Familiares, datada dous días despois en                             CXXIX
Boloña, e escrita, contra o seu costume, pola       21. O adxectivo amaro continúa o latín clásico
man doutro: «Hinc tibi preter solitum alienis       amarus, mentres que o seu equivalente amargo
digitis ista perscribo», di contra o final. Crese   require unha base *amaricus, se non é un dever-
xeralmente que esta excelente canción puido         bal de amargar<*amaricare. Este comentario só
ser composta nos días daquel cerco, ou onde         está aquí porque nos modernos dicionarios ga-
non durante a convalecencia da caída. Prá rela-     legos, ó revés do que sucede nos portugueses,
ción do Petrarca cos Correggio, véxase tamén        a palabra amaro non está ou é desaconsellada.
a canción XXVIII das rimas dispersas.               Pero o caso é que xa a usa Pintos, que non é
6. Como espera Italia, figurada nos seus ríos       pequena autoridade, e dende el moitos e moi
máis ilustres. A forma Tibre é a do galego me-      bos autores, coma tal Pondal, Florencio Vaa-
dieval, e xa a usou Curros n’O Divino Sainete.      monde, Blanco-Amor ou Méndez Ferrín.
35. Así o deixou dito Plinio o Vello na súa His-    24. Aínda que ti te consideres indigno, poida
toria Natural: «Alpes Italiæ pro muris adver-       que sexas estimado e querido por Laura.
sus impetum barbarorum natura dedit». E en          44. Filla de Leda foi Helena de Troia, símbolo
Cicerón hai algo bastante parecido: «Alpibus        de beleza prós gregos antigos.
Italiam munierat antea natura non sine aliquo       57. A extensión dos seus danos é a distancia
divino numine».                                     que o separa de Laura.
45. Esta maneira de falar, «come si legge» no       66. A canción sería escrita no 1344, estando
orixinal, é moi propia dunha época na que se        o noso poeta en Selvapiana, preto de Reggio

More Related Content

What's hot (20)

A lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesaA lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesa
 
Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]
 
Poesía trobadoresca
Poesía trobadorescaPoesía trobadoresca
Poesía trobadoresca
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºeso
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Narrativa medieval II
Narrativa medieval IINarrativa medieval II
Narrativa medieval II
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Dante e a Divina Comedia
Dante e a Divina ComediaDante e a Divina Comedia
Dante e a Divina Comedia
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Cantigas Medievais
Cantigas MedievaisCantigas Medievais
Cantigas Medievais
 
Cantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con MusicaCantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con Musica
 
Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesa
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego PortuguesaA Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
 
Feminino, Plural
Feminino, PluralFeminino, Plural
Feminino, Plural
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Literatura medieval
Literatura medievalLiteratura medieval
Literatura medieval
 

Similar to Cancioneiro de petrarca

cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
xenevra
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
AlbaBenRivas_1BAC-A
 
Etapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica MedievalEtapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica Medieval
Manulourenzo
 
Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014
Xenza
 
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
mfarpon
 

Similar to Cancioneiro de petrarca (20)

Muller Na Lite1
Muller Na Lite1Muller Na Lite1
Muller Na Lite1
 
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografía
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Etapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica MedievalEtapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica Medieval
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
 
Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 ppt
 
Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
Racionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesRacionalismo & Descartes
Racionalismo & Descartes
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
 

Cancioneiro de petrarca

  • 1. F RANCESCO PETRARC A CANCIONEIRO NOVA TRADUCIÓN DE DARÍO XOHÁN C ABANA EDICIÓNS DA CURUXA a nosa voz entenden número dous
  • 2. FRANCESCO PETRARC A CANCIONEIRO seguido das RIMA S DISPERSA S NOVA TRADUCIÓN DE DARÍO XOHÁN C ABANA DA REAL ACADEMIA GALEGA EDICIÓNS DA CURUXA a nosa voz entenden número dous
  • 3. VIDA DE FRANCESCO PETRARCA En outubro do ano 1302 o notario Ser Pietro di Parenzo, casado con Electa Canigiani, foi condenado en Florencia á amputación dunha man baixo unha acusa- ción que non debeu ser máis ca un pretexto utilizado polos vencedores nas liortas civís. Polo si ou polo non, parece que Pietro xa se puxera fóra da súa cidade a raíz da tomada do poder polos güelfos negros –naquela conxuntura, por simplificar, unha especie de extremistas de dereita– a finais do ano anterior. Güelfo branco –os brancos eran coma quen di o partido democrático burgués–, amigo de Dante e dous anos máis novo ca el, Pietro di Parenzo pertencía a unha familia de xuristas afeccionados tamén ós estudos literarios. O avó paterno de Ser Petracco –que por este hipocorístico era coñecido o pai do noso poeta– foi probablemente un tal Ser Garzo, tamén notario coma o seu fillo Parenzo, autor dunha colección paremio- lóxica en vulgar e polo menos de catro das chamadas Laude di Cortona, que morreu antes de 1272 á fermosa idade de cento catro anos. Ser Petracco e a súa muller refuxiáronse en Arezzo. Nesta cidade, daquela cabeza dun pequeno estado autónomo, naceu ó amencer do 20 de xullo do 1304 o primeiro fillo do matrimonio, que co tempo había de converter o patroními- co que lle correspondía na forma latinizante Petrarca, de máis lucida resonancia. Francesco naceu precisamente o día da derrota definitiva do partido branco no seu intento de entrar á forza en Florencia; Dante, que se opuxera a esta aventura, estaba tamén en Arezzo. En 1305 Electa radicaríase con Francesco nunha propiedade familiar en Incisa, no Valdarno, a uns vinte quilómetros de Florencia cara a Arezzo, de onde a Petracco lle sería doado ir. Alí lles nacería outro fillo, Gherardo, no 1307. A pesar do exilio, non vemos sinais de apuros económicos: diñeiros aforrados, negocios presentes ou rendas das propiedades rústicas da familia debían garantir a súa vida. No ano 1311, seguramente coa esperanza de que a vinda a Italia de Henrique VII de Luxemburgo favorecese o retorno dos exiliados a Florencia, Ser Petracco e a súa familia trasládanse a Pisa, que sería cuartel xeral do emperador na súa empresa de sometemento da península. Naquela cidade o neno Francesco vería por primeira e derradeira vez a Dante, que andaba no séquito imperial. Perdida ou adiada esta esperanza, en 1312 a familia múdase a Aviñón, ou mellor dito a Carpentràs, «cidade pequena, capital de pequena provincia», do Comtat Ve- naissin, a vinte quilómetros de Avinhon, que daquela era residencia preferida do
  • 4. 10 FRANCESCO PETRARCA papa, o gascón Bertran de Got, antes arcebispo de Bordeos, que reinaba co nome de Clemente V. O Comtat Venaissin era señorío papal dende 1274.1 Clemente V establecera a sé do papado en Aviñón había só tres anos, e o motivo da vinda de Ser Petracco sería o desexo de exercer o seu oficio e medrar ó carón da curia. Francesco empeza o seus estudos de gramática con Convenevole da Prato, toscano tamén. Con el estudaba o ligur Guido Sette, que sería un dos seus grandes amigos e chegaría a arcebispo de Xénova. En 1316, obedecendo a idea paterna, Francesco inicia os seus estudos de de- reito na universidade de Montpelhèr. Segundo parece, seu pai reprocháballe que perdese o tempo en estudos literarios; pero non debía ser moi severo, pois tamén lle pagaba libros non estritamente xurídicos, entre eles as Etimoloxías de Isídoro e un códice misceláneo de Virxilio que foi unha das xoias preferidas da súa biblioteca e que aínda se conserva na Ambrosiana de Milán. En 1318 ou 1319 morre súa mai ós 38 anos de idade, e Francesco adícalle unha elexía latina doutros tantos hexámetros, que é o seu primeiro poema conservado. En 1320 vai pra Boloña con seu irmán Gherardo e con Guido Sette, pra comple- tar os estudos de leis, aínda que sen dúbida gastou máis tempo noutras cousas que lle pareceron máis importantes ou gustosas; e daquela Boloña era un importante centro da poesía italiana en lingua vulgar. Con interrupcións –entre elas unha viaxe polo norte de Italia no 1321, con estadías en Rimini e Venecia–, bota alí seis anos e fai moitas amizades, entre elas a do aristócrata romano Giacomo Colonna, futuro bispo e seu primeiro «señor». En 1326 morre seu pai; Francesco abandona os estudos, deixa Boloña e volve co irmán pra Aviñón. Era papa e señor da cidade o caorsino Jacme Duèsa, un avaro simoníaco que reinaba co nome de Xoán XXII e que aínda sendo vigairo de Cristo na Terra probablemente non cría nel. Nestes anos, o noso poeta confesa ter levado unha vida frívola e elegante, na que o seu aspecto físico o debeu favorecer. «De novo –di na súa epístola Á posteridade– tiven un corpo non de grandes forzas, pero que chegou a ter moita destreza. Non me chufo dunha beleza extraordinaria, pero si tal que nos meus máis verdes anos podía gustar: fun de cor viva entre o branco e o moreno;2 tiven os ollos vivaces e por longo tempo de vista agudísima, que despois dos sesenta anos me traizoou inesperadamente, obrigándome a recorrer con repugnancia ó auxilio de lentes». O día 6 de abril de 1327, na igrexa de Santa Clara de Aviñón, ve por primeira vez a Laura. A substancia histórica desta muller, que segundo o seu amador per- 1. O Condado de Venasque era a parte sur da Marca de Provenza, e polo tanto formara parte do principado dos condes de Tolosa. Durante as guerras de destrución de Occitania que levaron a cabo o rei de Francia e o papa de Roma co pretexto dunha cruzada contra os herexes cátaros, o conde Raimundo VII viuse obrigado en 1229 a cederlle o Comtat Venaissin –que non incluía a cidade de Avinhon– ó papado, pero a nova soberanía non se fixo efectiva ata 1274, cando o principado de Tolosa xa fora absorbido polos Capetos de París. 2. Segundo o Boccaccio: «Statura quidem procerus, forma venustus, facie rotunda atque decorus, quamvis colore etsi non candidus, non tamen fuit obscurus, sed quadam decenti viro fuscositate permixtus». Cando en 1873 se examinaron os seus restos óseos calculóuselle unha altura de 1,83 m.
  • 5. LIMIAR 11 tencía a unha familia antiga e nobre, non se sabe con certeza. Tense identificado cunha Laura de Nòvas, casada cun tal Uc ou Hugo de Sada. Esta hipótese non deixa de seducir a imaxinación, pois así a recatada Laura do Petrarca sería de- vanceira do perverso marqués de Sade, que por certo se chufaba de tan literaria estirpe, reivindicada por un seu tío cura, Jean-François de Sade, nunhas Mémoires pour la vie de François Pétrarque publicadas en 1764. O que é indubidable, en calquera caso, é que a muller chamada Laura existiu realmente, e que Francesco Petrarca a amou con toda a súa alma, ou coa maior parte dela –aínda que o corpo tivera outras leis–, durante toda a súa vida. A finais desta década Petrarca recibe as catro ordes menores, comprome- téndose así ó celibato, aínda que nunca chegaría a asumir o sacerdocio. En rea- lidade, a súa entrada na carreira eclesiástica é simplemente unha maneira de arranxar a vida: con ela ponse en situación de recibir, grazas ós seus protectores e á súa propia valía, os lucrativos beneficios que lle permitirán vivir comoda- mente entregado ós seus estudos. Obra importante destes anos é a súa edición crítica e anotada das tres décadas que se conservan enteiras do Ab urbe condita de Tito Livio, considerada como un fito transcendental nos estudos de filoloxía latina. Na primavera do 1330 acompaña o seu amigo e señor Giacomo Colonna, xa feito bispo, á tomada de posesión da sé de Lombez ou Lombèrs, na Gascuña; alí pasa o verán, e en outono entra como capelán de familia ó servizo do cardeal Giovanni, irmán de Giacomo; en realidade como unha especie de portavoz e pro- pagandista da casa dos Colonna. Estes podentes prelados eran mozos aínda, só tres ou catro anos máis vellos có propio Petrarca, e a súa vocación relixiosa debía ser aínda menor cá do poeta. En 1333, Petrarca fai unha longa viaxe polo norte de Europa; visita demorada- mente París, Gante, Liexa, Aquisgrán, Colonia. Viaxa en certo modo por conta do cardeal Giovanni, a quen escribe fermosas cartas coas súas impresión; empéñase moi especialmente na procura de códices dos clásicos latinos, e en Liexa descobre dous discursos de Cicerón, un deles o Pro Archia, que tivo grande influencia nel. Esta sería a súa primeira gran descuberta nunha busca de libros clásicos que durou toda a vida. Este ano Dionigi de Borgo San Sepolcro, notable teólogo e filólogo, faille un agasallo que dende aquela levará sempre sobre si: unha copia minúscula das Confesións de S. Agostiño. O 25 de xaneiro de 1335 élle concedida unha coenxía na sé de Lombèrs por Bieito XII, o foisenco Jacme Fornièr, antigo inquisidor, iniciador da construción do suntuoso pazo dos papas de Aviñón, que aínda fora electo o mes anterior pró setial de San Pedro. Vinte anos máis tarde, co ril ben cuberto xa por outros man- tos, o noso poeta cederíalle este beneficio ó seu queridísimo amigo Ludwig van Kempen, flamengo de nación, cariñosamente alcumado Sócrates, a quen coñeceu como cantor na capela do cardeal Colonna; nunha pasaxe do Triumphus Cupidinis fala con extremada tenrura deste Sócrates e do romano Lelio ou Lello di Pietro
  • 6. 12 FRANCESCO PETRARCA Stefano Tosetti, despois de laiar a morte prematura doutro amigo íntimo, Tommaso Caloiro ou Caloria, compañeiro de estudos en Boloña, finado en 1340: E, poi conven che ’l mio dolor distingua, volsimi a’ nostri, e vidi ’l bon Tomasso, ch’ornò Bologna, ed or Messina impingua. O fugace dolcezza! o viver lasso! chi mi ti tolsi sì tosto dinanzi, senza ’l qual non sapea movere un passo? Dove se’ or, che meco eri pur dianzi? Ben è ’l viver mortal, che sì n’agrada, sogno d’infermi e fola di romanzi! Poco era fuor de la comune strada quando Socrate e Lelio vidi in prima: con lor più lunga via conven ch’io vada. O qual coppia d’amici, che né ’n rima poria, né ’n prosa ornar assai, né ’n versi, se, come dee, vertù nuda si stima. Con questi duo cercai monti diversi, andando tutti tre sempre ad un giogo; a questi le mie piaghe tutte apersi. Da costor non mi pò tempo né luogo divider mai, sì come io spero e bramo, infino al cener del funereo rogo. Con costor colsi ’l glorioso ramo onde forse anzi tempo ornai le tempie in memoria di quella ch’io tanto amo. En abril de 1336 sobe ó Monte Ventor con seu irmán Gherardo, fazaña que con- tará máis tarde nunha das súas epístolas Familiares. Durante esta mesma primavera fai amizade en Aviñón con Simone Martini, o gran pintor sienés. En decembro sae pra Roma, onde será hóspede da poderosa familia Colonna; non volverá a Provenza ata xullo do ano seguinte. Deixaba muller preñada. Á volta merca unha propiedade en Vauclusa, á beira do Sòrga e a uns vinte e dous quilómetros –quince millas, quindecim passuum milibus– de Aviñón. O ordi- nario do lugar, o bispo de Cavalhon Filipe de Cabassola, que logo chegaría a máis altos destinos, será outro dos seus grandes amigos. No verán deste ano de 1337 nácelle o seu primeiro fillo natural, Giovanni. Non se sabe quen era a nai; quen tan- to falou de si mesmo non se dignou deixar noticia dela en ningures. Petrarca quixo ser bon pai con Giovanni; criouno e educouno, lexitimouno en 1349, e en 1352 pen- sou arranxarlle a vida conseguíndolle unha coenxía en Verona. Pero o rapaz tiña bastante mala cabeza, e deulle moitos desgustos.
  • 7. 34 FRANCESCO PETRARCA I Voi ch’ascoltate in rime sparse il suono di quei sospiri ond’io nudriva ’l core in sul mio primo giovenile errore, quand’era in parte altr’uom da quel ch’i’ sono, 4 del vario stile in ch’io piango e ragiono, fra le vane speranze e ’l van dolore, ove sia chi per prova intenda amore spero trovar pietà, non che perdono. 8 Ma ben veggio or sì come al popol tutto favola fui gran tempo, onde sovente di me mesdesmo meco mi vergogno; 11 e del mio vaneggiar vergogna è ’l frutto, e ’l pentersi, e ’l conoscer chiaramente che quanto piace al mondo è breve sogno. 14 II Per fare una leggiadra sua vendetta e punire in un dì ben mille offese, celatamente Amor l’arco riprese, come uom ch’a nocer luogo e tempo aspetta. 4 Era la mia virtute al cor ristretta per far ivi e negli occhi sue difese, quando ’l colpo mortal là giù discese ove solea spuntarsi ogni saetta. 8 Però turbata nel primiero assalto non ebbe tanto né vigor né spazio che potesse al bisogno prender l’arme, 11 overo al poggio faticoso ed alto ritrarmi accortamente da lo strazio del quale oggi vorrebbe e non pò aitarme. 14
  • 8. CANCIONEIRO 35 I Ti que hoxe en rimas soltas oes o son do suspirar con que eu nutría o cór no meu primeiro xuvenil error, cando era en parte outro home do que son, 4 pró vario estilo meu, pranto e razón entre as vas esperanzas e a va dor, onde haxa quen por proba entenda amor piedade espero achar, non xa perdón. 8 Mais agora ben vexo como á xente dei que falar ben tempo, do que adoito de min mesmo comigo me avergoño; 11 e do meu devanar vergoña é o froito, e o arrepentirse vendo claramente que canto prace ó mundo é breve soño. 14 II Querendo unha xentil vinganza obter e mil ofensas castigar nun día, furtivamente o arco Amor collía coma quen busca emposta pra bater. 4 O meu vigor, querendo defender ollos e cór, no cór se me choía cando o golpe mortal a onde soía fanarse toda frecha foi caer. 8 Así turbado no primeiro asalto, non tivo forza nin espazo tanto que ante o perigo se puidese armar, 11 ou ben no outeiro fatigoso e alto sagazmente afastarme do quebranto no que hoxe non me pode xa axudar. 14
  • 9. 36 FRANCESCO PETRARCA III Era il giorno ch’al sol si scoloraro per la pietà del suo fattore i rai, quando i’ fui preso, e non me ne guardai, che i be’ vostr’occhi, donna, mi legaro. 4 Tempo non mi parea da far riparo contra colpi d’Amor: però m’andai secur, senza sospetto; onde i miei guai nel commune dolor s’incominciaro. 8 Trovommi Amor del tutto disarmato, ed aperta la via per gli occhi al core, che di lagrime son fatti uscio e varco. 11 Però al mio parer non li fu onore ferir me de saetta in quello stato, a voi armata non mostrar pur l’arco. 14 IV Quel ch’infinita providenzia ed arte mostrò nel suo mirabil magistero, che criò questo e quell’altro emispero, e mansueto più Giove che Marte, 4 vegnendo in terra a ’lluminar le carte ch’avean molt’anni già celato il vero, tolse Giovanni da la rete e Piero, e nel regno del ciel fece lor parte. 8 Di sé nascendo a Roma non fé grazia, a Giudea sì, tanto sovr’ogni stato umiltate essaltar sempre gli piacque; 11 ed or di picciol borgo un sol n’ha dato, tal che natura e ’l luogo si ringrazia onde sì bella donna al mondo nacque. 14
  • 10. CANCIONEIRO 37 III Era o día que ó sol se lle apagaron os raios seus por dó do seu Feitor, cando eu fun preso sen saberme opor, que os vosos belos ollos me ligaron. 4 Tempos a xeito non me semellaron pra erguer defensas contra accións de Amor, e sen receo andaba: así na dor común os meus queixumes empezaron. 8 Achoume Amor de todo desarmado, e ata o cór polos ollos paso aberto, que agora son prás lágrimas portada. 11 Mais non lle fixo moito honor por certo ferirme a min de frecha en tal estado, e nin mostrarvos o arco a vós armada. 14 IV O que infinita providencia e arte na admirable mestría demostrou, que este hemisferio e mais aquel creou, e máis benigno Xúpiter ca Marte, 4 vindo á terra aclarar de parte a parte o libro que a verdade antes velou, da rede a Pedro e mais a Xoán quitou e no reino do ceo lles fixo parte. 8 De si, nacendo, non lle quixo dar a graza a Roma, e fíxolla a Xudea, tanto a humildade levantar lle prougo; 11 e hoxe tal sol nos deu en pouca aldea que se louva a natura e o lugar onde tan bela dona ó mundo trougo. 14
  • 11. 222 FRANCESCO PETRARCA e più certezza averne fora il peggio. Spirto beato, quale se’ quando altrui fai tale? 78 O poverella mia, come se’ rozza! Credo che tel conoschi: rimanti in questi boschi. 81 CXXVI Chiare, fresche e dolci acque ove le belle membra pose colei che sola a me par donna; gentil ramo ove piacque (con sospir mi rimembra) a lei di fare al bel fianco colonna; 6 erba e fior che la gonna leggiadra ricoverse co l’angelico seno; aere sacro sereno ove Amor co’ begli occhi il cor m’aperse: date udienza insieme a le dolenti mie parole estreme. 13 S’egli è pur mio destino, e ’l cielo in ciò s’adopra, ch’Amor quest’occhi lagrimando chiuda, qualche grazia il meschino corpo fra voi ricopra e torni l’alma al proprio albergo ignuda. 19 La morte fia men cruda se questa spene porto a quel dubbioso passo, che lo spirito lasso non poria mai in più riposato porto né in più tranquilla fossa fuggir la carne travagliata e l’ossa. 26 Tempo verrà ancor forse ch’a l’usato soggiorno torni la fera bella e mansueta,
  • 12. CANCIONEIRO 223 e saber máis sería pró meu mal. Alma santa, que es ti cando os máis fas así? 78 Ouh miña pobre, es ben desaxeitada! Será ben que te afagas e quedes nestas fragas. 81 CXXVI Fresca e doce auga clara onde os seus belos membros puxo a que é pra min dona e namais ca ela; xentil ramo que usara (suspiro cos relembros) como columna prá figura bela; 6 herba e flor que a gonela graciosa recubriu e o seo anxelical; ar sagrado e xangal onde Amor cos seus ollos me feriu: todos prestade ouvidos ós meus extremos ditos doloridos. 13 Se el é meu certo fado, e o manda o ceo, que Amor peche estes ollos tristes coa man súa, o meu corpo cansado cubra o voso favor, e volva a ialma ó propio albergue núa. 19 Non será a morte crúa se levo esta esperanza ó perigoso paso, porque o espírito laso non pode en porto de maior bonanza nin máis tranquila fosa deixar osamia e carne fatigosa. 26 Quizá inda chegue a hora que no sitio adoitado a fera bela e dócil volva estar,
  • 13. 224 FRANCESCO PETRARCA e là ’v’ella mi scorse nel benedetto giorno volga la vista disiosa e lieta 32 cercandomi; ed, o pieta!, già terra infra le pietre vedendo, Amor l’inspiri in guisa che sospiri sì dolcemente che mercé m’impetre, e faccia forza al cielo asciugandosi gli occhi col bel velo. 39 Da’ be’ rami scendea, dolce ne la memoria, una pioggia di fior sovra ’l suo grembo, ed ella si sedea umile in tanta gloria, coverta già de l’amoroso nembo. 45 Qual fior cadea sul lembo, qual su le trecce bionde, ch’oro forbito e perle eran quel dì a vederle; qual si posava in terra e qual su l’onde, qual con un vago errore girando parea dir «Qui regna Amore». 52 Quante volte diss’io allor pien di spavento «Costei per fermo nacque in paradiso». Così carco d’oblio il divin portamento e ’l volto e le parole e ’l dolce riso 58 m’aveano, e sì diviso da l’imagine vera, ch’i’ dicea sospirando «Qui come venn’io o quando?», credendo esser in ciel, non là dov’era. Da indi in qua mi piace quest’erba sì ch’altrove non ho pace. 65 Se tu avessi ornamenti quant’hai voglia, poresti arditamente uscir del bosco e gir infra la gente. 68
  • 14. CANCIONEIRO 225 e onde me vira outrora o día benfadado, me busque ansiosa co seu ledo ollar; 32 e, ouh piedade!, ó mirar que eu pó entre as pedras son talvez Amor a inspire de modo que suspire moi docemente e pida o meu perdón, e faga forza ó ceo secando os ollos co seu lindo veo. 39 A belida enramada, cousa doce á memoria, sobre do colo flores lle chovía, e ela estaba sentada humilde en tanta gloria, baixo o amoroso nimbo que a cubría. 45 Cal flor na orla caía, cal sobre as trenzas blondas, que eran ouro brunido de pérolas garnido; cal pousaba na terra, cal nas ondas, cal cun gracioso error xirando murmuraba «Aquí está Amor». 52 Canto teño xemido co temor que me enchía «Certo que esta naceu no paraíso». Tan cargado de olvido o falar e a fasquía e o divino ademán e o doce riso 58 me tiñan, e o meu siso tan fóra do que ollaba, que eu dicía laiando «Como viñen, ou cando?», coidando estar no ceo, non onde estaba. Tanto esta herba me prougo que desde aquela allur xa non acougo. 65 Se ti estás tan ornada como queres, podes ousadamente saír das fragas pra ires canda a xente. 68
  • 15. N O TA S 611 Os Proverbia super natura feminarun glosan am- mos saber, dalgunha pradela así á beira doutro plamente: «Quando la istate viene e lo lovo río que nos cadre máis cerca. se muda, / e perde lo so pelo, quest’è causa 3. O común adverbio namais soe ser excluído saipuda, / mai lo veço reten e ’l malfar no refu- dos dicionarios modernos, coa escusa de que da, / e çà per carne cota non lasarà la cruda.» é unha redución de nada máis, e polo tanto un Outros prefiren citar un dito de Vespasiano re- castelanismo ou un vulgarismo, sexa isto o collido por Suetonio: «vulpem pilum mutare, que for. Pero esa orixe espuria dista moito de non mores». Pró caso en que estamos, tanto estar probada, e o máis fácil é que sexa unha nos ten Xan coma Pericán. disimilación de nomais<non máis, como pare- 8. Do corpo material, cárcere da alma, veo que ce garantir o portugués nomais, xa desusado, lle impide a visión verdadeira. cuxa primeira vogal denuncia unha formación 12-14. É dicir, xa fóra do amor sensual e libre antiquísima, cando o primitivo non común aín- dos seus desexos, só coa doce contemplación. da non pasara a não, nin sequera a nam. Cóm- pre advertir que a forma nomais, que eu non CXXIII lembro ter ouvido, é tamén aboada pró galego É soneto de despedida, talvez escrito cando o por Leiras Pulpeiro e polo propio Pintos. Petrarca saíu de Aviñón, o día 15 de febreiro 56. Olvido é aquí o esquecemento das cousas do 1341, pra ser coroado en Roma. E o poeta do mundo que lle impón a doce contempla- ve no rostro de Laura, cuberto por unha amo- ción da amada. rosa néboa, o pesar pola súa partida. 68. Repárese que o envío é simétrico e oposto 5. As almas no ceo enténdense sen falar, con ó da canción anterior. variacións do seu fulgor. CXXVII CXXIV 1. A cantar de Laura, que nesta canción rela- 4. Na outra riba do Aqueronte, e quere dicir ciona cos estados do tempo e da natureza. que lles ten envexa ós que xa están mortos. 5. Amor, que dita dentro. «Sonche un que can- 11. No medio do camiño desta vida: así empe- do / me inspira Amor, anoto, e os ditados / que za Dante a súa Comedia, querendo dicir que el dita dentro vou significando», responde ten 35 anos. Dante no Purgatorio a Bonagiunta Orbicciani 12. O cristal é fráxil, o diamante é símbolo de da Lucca, e é unha definición ou divisa clásica solidez. do Dolce Stil Novo. 7-10. Obsérvese que a sintaxe do orixinal é tan CXXV torturada coma a da tradución, ou máis. Entén- 6. Amor espertaría incluso no corazón de Lau- dase «pero aínda así, direi como encontro es- ra, onde certamente dorme, non opera. crita a historia do meu tormento pola propia 25-26. A min dóeme o pranto; e a outrén – a man de Amor no medio do meu corazón». Laura – dóelle que diga mal os meus laios, que 20. É dicir, cando chega a primavera. non os exprese sabiamente. 23-25. No solsticio do verán, cando o sol vai 34. Por un pensamento que fai lembranza de máis alto, paréceme que Laura é semellante ó Laura. lume de amor nun corazón nobre. 38. A axuda que lle prestaban nas súas penas 26-28. No outono, cando o día se fai máis cur- os doces sons das antigas rimas. to porque o sol recúa e volve a unha posición 79. Diríxese á canción. equinoccial, imaxino a Laura na madurez, con- siderada como idade perfecta. CXXVI 49. Entre o branco da cara e o dourado da ca- Esta canción, irmá da anterior, é pra nós a beleira están, xaora, os ollos. máis bela do Petrarca; nela séntese coma en 50. «O amoroso maxín que habita dentro», ningures unha poderosa sensualidade que, aín- en LXXI, 91-2; «o piadoso maxín que ninguén da sublimándose con piadosos pensamentos viu», en CXXIII, 7: o amor que Laura sente se- de morte, impregna as estanzas coa obsesiva cretamente por el. Son versos discutidos, pero saudade de felices horas de amor na ribeira do a nós parécenos que non poden significar Sòrga. Todos nosoutros sabemos, ou debia- outra cousa.
  • 16. 612 FRANCESCO PETRARCA 58. É dicir, planeta – e pensará en Venus como vivía con entusiasmo a recuperación da cultu- estrela da mañá, estreliña do luceiro – por ra clásica. Petrarca refírese a unha gran vitoria oposición ás estrelas fixas. que no ano 102 a. C. alcanzou Mario contra 63. O día que a coñecín. os teutóns en Aquæ Sextiæ, hoxe oficialmente 65. Mollados, porque o día que a coñeceu os Aix-en-Provence – Aics en occitano medieval, ollos de Laura chorarían de piedade pola Paixón agora Ais, e tamén Ai en Frederic Mistral –. En de Cristo. Floro lese, se non lemos nós mal o seu latín: 83. Cita case literalmente o primeiro verso do «Con tanto ardor se combateu, e tanta matan- soneto XC. za de inimigos houbo, que no ensanguentado 90. Ficando en si: quedando íntegra aínda que río o vitorioso romano non bebeu máis auga reparta a súa luz. É louvanza no fondo case ca sangue de bárbaros». blasfema, pois segundo se aprende na Divina 67. Erguer o dedo era sinal de rendición en Comedia só Deus pode difundir o seu esplen- combate, cousa que os mercenarios farían a dor sen perder nada del. cada dous por tres, xa que ó fin e ó cabo só loitaban pola paga e non terían moita gana de CXXVIII morrer por ela. Diríxese ós señores de Italia, exhortándoos a 73. Porque se infaman a si mesmos vendéndose poñeren fin ás guerras intestinas e a expulsa- (verso 62); se tan pouco se estiman a si mes- ren as tropas mercenarias, maiormente xer- mos, mal poden estimar os máis. É a interpre- manas, de que se servían. A finais do 1344, tación tradicional, e a ela me ateño. Petrarca estaba en Parma cando estoupou un 86. Os pais do poeta non deberon ser enterra- repugnante conflito pola señoría da cidade en- dos en Italia, senón en Provenza, que foi onde tre os irmáns Correggio – divididos entre si –, morreron. Mais o Petrarca non fala de si mes- os Visconti, os D’Este, os Gonzaga e outros mo, senón que pon na mente dos señores aspirantes. En decembro, Parma foi asediada os pensamentos patrióticos que segundo el – nas mesnadas señoriais de dentro e de fóra deberían ter. había mercenarios estranxeiros – polos Gonza- 118. Referencia probable a un verso de Teren- ga e os Visconti. O 23 de febreiro do 1345, o cio que o Petrarca cita a miúdo na súa obra la- noso poeta abandonou a cidade nunha fuga tina: «veritas odium parit», a verdade fai nacer dramática na que mancou moito un brazo ó odio, no sentido de que nos aborrecemos con caer do cabalo nunha noite de treboada infer- quen nos di verdades desagradables. nal. Isto relátao o mesmo Petrarca nunha das súas Familiares, datada dous días despois en CXXIX Boloña, e escrita, contra o seu costume, pola 21. O adxectivo amaro continúa o latín clásico man doutro: «Hinc tibi preter solitum alienis amarus, mentres que o seu equivalente amargo digitis ista perscribo», di contra o final. Crese require unha base *amaricus, se non é un dever- xeralmente que esta excelente canción puido bal de amargar<*amaricare. Este comentario só ser composta nos días daquel cerco, ou onde está aquí porque nos modernos dicionarios ga- non durante a convalecencia da caída. Prá rela- legos, ó revés do que sucede nos portugueses, ción do Petrarca cos Correggio, véxase tamén a palabra amaro non está ou é desaconsellada. a canción XXVIII das rimas dispersas. Pero o caso é que xa a usa Pintos, que non é 6. Como espera Italia, figurada nos seus ríos pequena autoridade, e dende el moitos e moi máis ilustres. A forma Tibre é a do galego me- bos autores, coma tal Pondal, Florencio Vaa- dieval, e xa a usou Curros n’O Divino Sainete. monde, Blanco-Amor ou Méndez Ferrín. 35. Así o deixou dito Plinio o Vello na súa His- 24. Aínda que ti te consideres indigno, poida toria Natural: «Alpes Italiæ pro muris adver- que sexas estimado e querido por Laura. sus impetum barbarorum natura dedit». E en 44. Filla de Leda foi Helena de Troia, símbolo Cicerón hai algo bastante parecido: «Alpibus de beleza prós gregos antigos. Italiam munierat antea natura non sine aliquo 57. A extensión dos seus danos é a distancia divino numine». que o separa de Laura. 45. Esta maneira de falar, «come si legge» no 66. A canción sería escrita no 1344, estando orixinal, é moi propia dunha época na que se o noso poeta en Selvapiana, preto de Reggio