SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Observa o mapa e fai un comentario dos distintos tipos de rochedo peninsular e
dos tipos de relevo.
A evolución xeolóxica da Península Ibérica fixo posible distinguir tres áreas de acordo coa
natureza do rochedo (área silícea, calcaria e arxilosa), modelándose en cada unha distintos tipos de
relevo (relevo granítico, cárstico, arxiloso ou relevo por erosión ou diferencial).
A área silícea está integrada por rochas antigas da era precámbrica e primaria. Polo tanto,
atópase maioritariamente no oeste peninsular (Galicia, León e Estremadura) e presenta ramificacións
cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra
Morena. Tamén se localiza noutras áreas onde quedan restos de macizos antigos: zona axial dos
Pirineos e algúns sectores do Sistema Ibérico, da cordilleira Costero-Catalana e do Sistema
Penibético.
Nesta área, a rocha predominante é o granito que é unha rocha magmática plutónica, é dicir,
formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ó verse obrigada a ascender
cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisallada, e está integrada por grans grosos de cuarzo,
feldespato e mica. O modelado desta área está determinado polas características desta rocha,
cristalina e ríxida, sensible a distintas formas de alteración.
Nuns casos, o granito é alterado quimicamente e en profundidade pola auga: os seus cristais
descompóñense e transfórmanse en areas pardoamarelas, que poden acadar grandes espesuras nos
vales e zonas de escasa pendente. Noutros casos, a alteración do granito pordúcese a partir dunha
rede de diáclases ou fracturas. O resultado é diferente segundo a altitude:
Nas áreas de alta montaña as rochas rompen ó filtrarse a auga polas fisuras e xearse
posteriormente, de modo que o xeo preme nas fisuras das rochas e rómpeas. Iso da lugar á
formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas (agullas ou galaios) e á apareción de
pedreiras, acumulacións de fragmento de rochas ó pé das montañas.
Nas zonas menos elevadas, se a alteración se produce a partir de diáclases paralelas á
superficie, orixina a escamación ou disgragación lenta do granito, reultando unha paisaxe
suavemente ondulada, de formas redondeadas (domos).
Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas.
Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos os
tores (amoreamentos de bólas graníticas) e as rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de
forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas). Outras veces
dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ó pé das montañas (caos granítico).
A área calcárea está formada por sedimentas da era secundaria pregados durante a era
terciaria. Os terreos calcarios forman unha “Z” invertida que se estende polos prepirineos, os Montes
Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeira-
Catalana, e a cordilleira Subbética.
A rocha predominante é a calcaria que é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior
da terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos preexistentes, depositados despois de ser
transportados polos ríos, océanos, o vento ou o xeo. Está constituida esencialmente por carbonato
cálcico e trátase dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se disolve
facilmente coa auga da chuvia, sobre todo a través das diáclases. Orixina un relevo complexo, relevo
cárstico, que ten as seguintes formas características:
os lapiás ou lenares, que son sucos abertos polas augas de escorrentía sobre as vertentes
ou sobre superficies chás con fisuras.
as gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas,
causadas polos ríos.
os poljes son depresións ou vales cerrados de fondo horizontal percorridos total ou
parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por un sumidoiro ou ponor
e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou
permanente transformándose nun lago.
as dolinas ou torcas son cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se estanca.
Poden ter formas diversas e unirse a outras cavidades próximas, creando depresións de trazado
complicado denominadas uvalas.
as covas crénase ó inflitrarse a auga polas fisuras do terreo calcario e circular de forma
subterránea. Nelas fórmanse estalactitas (a partir da aguga, rica en carbonato cálcico, que pinga
do teito) e estalagmitas (a partir da auga depositada no solo).
as simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.
A área arxilosa está constituída por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas
e xesos) depositados a finais do Terciario e no Cuaternario. Comprende boa parte das depresións
das submesetas norte e sur, as depresións do Ebro e do Guadalquivir e as chairas costeras
mediterráneas.
O relevo arxiloso é basicamente horizontal, xa que son terreos non afectados por pregamentos
posteriores. A súa erosión é rápida, debido a brandura dos materiais. Os ríos abren vales que separan
estructuras horizontais, que son de contado desgastadas, dando lugar a relevos suavemente
ondulados.
Nas zonas nas que alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais,
cortas e intensas, e non existe a protección vexetal (SE peninsular), a auga de arroiada desgasta as
vertentes, orixinando cárcavas ou fisuras estreitas e profundas separadas por arestas, que crean
unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu amplo desenvolvemento sobre
unha zona dá lugar á paisaxe denominada badlands.
No interior de cada unha das tres áreas citadas é moi común que aparezan rochas de distinta
orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos
relevos segundo a inclinación dos estratos.
cando os estratos son horizontais e, alternativamente, duros e brandos, a rede fluvial separa
plataformas -chamadas mesas ou páramos- que teñen a cima horizontal, coincidindo co estrato
duro, e flancos suaves coincidindo cos estratos blandos. Os flancos erosiónanse máis
rapidamente, de modo que as mesas redúcense e acaban converténdose en cerros testemuña
(outeiros de teito horizontal), ou relevos residuais, que ó final perden o estrato duro (antecerros).
Este tipo de relevos pode observarse nas concas sedimentarias das mesetas e nas depresións
do Ebro de do Guadalquivir.
cando os estratos están suavemente inclinados, e alternan materiais duros e brandos,
fórmanse costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro, inclinado,
e unha fronte que ten unha parte superior de forte pendente, formada por unha carpa dura, e
unha parte inferior cóncava na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das
costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e a antecerros.
cando os estratos están pregados dan lugar ós relevos apalachenses e xurásico:
- O relevo apalachense fórmase sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e
nivelado pola erosión, que experimenta un rexuvenecemento que reactiva a erosión. A erosión
diferencial deixa ó descuberto as capas duras, que forman cristas paralelas, longas e
estreitas, de altitude similar, separadas por depresións abertas nas capas brandas. Exemplos
deste relevo poden atoparse nos vales asturianos do Eo e do Navia, na comarca de Somiedo,
nos Montes de Toledo e, no sur da Península, en Serra Morena.
- O relevo xurásico fórmase nas cordilleiras novas. Está constituído por unha alternancia
de pregamentos convexos (anticlinais) e cóncavos (sinclinais). Nos anticlinais, a erosión da
auga crea vales perpendiculares ó cumio (cluses) e vales paralelos ó cumio (vales anticlinais
ou combes). O baleiramento dos angiclinais (rápido unha vez que a erosión perforou o estrato
duro), deixa levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinal colgado), de modo que
o relevo invertiuse. A erosión do val anticlinal deixará en resalte o anticlinal do estrato inferior
(anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Formas típicas deste relevo poden verse no
Sistema Ibérico, a cordilleira Cantábrica, os Pirineos e as cordilleiras Béticas.
A área volcánica integra fundamentalmente o arquipiélago canario e tamén algúns sectores de
vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar
Menor).
As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina
rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas
volcánicas que deron lugar ás illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son os
seguintes:
- Os conos volcánicos son elevacións cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento
de materiais volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequenas.
Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote. Se caen directamente sobre o mar,
forman grandes acantilados que poden chegar a alcanzar caídas de 500 metros, como sucede
no acantilado dos Xigantes en Tenerife.
- As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun
volcán. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de
“Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma).
- Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en
forma de ondas ou de bloques.
- Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión
de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión
diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é
a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas
máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria).
- Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixamento
dos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual,
que permitía a existencia de correntes de agua capaces de provocar esta forte erosión.

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
 
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelatoVocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
 
Tema1 xeo
Tema1 xeoTema1 xeo
Tema1 xeo
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
XEO2-Rochedo
XEO2-RochedoXEO2-Rochedo
XEO2-Rochedo
 
O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Tipos de modelado
Tipos de modeladoTipos de modelado
Tipos de modelado
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
 
Relevo 03 litol
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litol
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
O relevo e a tectónica (3)
O relevo e a tectónica (3)O relevo e a tectónica (3)
O relevo e a tectónica (3)
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 

Viewers also liked

Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nikelorenaamarelle
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolcamposseijo
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Seo Presentation Feb2010
Seo Presentation Feb2010Seo Presentation Feb2010
Seo Presentation Feb2010Stacey Rynders
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza therapeuticplas92
 
Présentation offre 6% Ferret consulting group
Présentation offre 6% Ferret consulting groupPrésentation offre 6% Ferret consulting group
Présentation offre 6% Ferret consulting groupVincent Herbelet
 
Dell Technology Camp 2013 - Case Study
Dell Technology Camp 2013 - Case StudyDell Technology Camp 2013 - Case Study
Dell Technology Camp 2013 - Case StudyAsim Qureshi
 
Offre réseaux sociaux Ferret consulting group
Offre réseaux sociaux Ferret consulting groupOffre réseaux sociaux Ferret consulting group
Offre réseaux sociaux Ferret consulting groupVincent Herbelet
 
Offre formation digitale Ferret consulting group
Offre formation digitale Ferret consulting groupOffre formation digitale Ferret consulting group
Offre formation digitale Ferret consulting groupVincent Herbelet
 
Offre de référencement payant Ferret consulting group
Offre de référencement payant Ferret consulting groupOffre de référencement payant Ferret consulting group
Offre de référencement payant Ferret consulting groupVincent Herbelet
 
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shoots
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo ShootsOur Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shoots
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shootsguestb2ea64
 
Obe 2015 presentation
Obe  2015 presentationObe  2015 presentation
Obe 2015 presentationElena Grinta
 
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case Study
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case StudyDell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case Study
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case StudyAsim Qureshi
 
Démarche stratégique Ferret consulting group
Démarche stratégique Ferret consulting groupDémarche stratégique Ferret consulting group
Démarche stratégique Ferret consulting groupVincent Herbelet
 

Viewers also liked (20)

Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Seo Presentation Feb2010
Seo Presentation Feb2010Seo Presentation Feb2010
Seo Presentation Feb2010
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
Pensees sur des criteres critiques pour l'hotel imperial Marrakech de plaza
 
Tema 1.3
Tema 1.3Tema 1.3
Tema 1.3
 
Présentation offre 6% Ferret consulting group
Présentation offre 6% Ferret consulting groupPrésentation offre 6% Ferret consulting group
Présentation offre 6% Ferret consulting group
 
Dell Technology Camp 2013 - Case Study
Dell Technology Camp 2013 - Case StudyDell Technology Camp 2013 - Case Study
Dell Technology Camp 2013 - Case Study
 
Offre réseaux sociaux Ferret consulting group
Offre réseaux sociaux Ferret consulting groupOffre réseaux sociaux Ferret consulting group
Offre réseaux sociaux Ferret consulting group
 
Notions de géographie
Notions de géographieNotions de géographie
Notions de géographie
 
Offre formation digitale Ferret consulting group
Offre formation digitale Ferret consulting groupOffre formation digitale Ferret consulting group
Offre formation digitale Ferret consulting group
 
Offre de référencement payant Ferret consulting group
Offre de référencement payant Ferret consulting groupOffre de référencement payant Ferret consulting group
Offre de référencement payant Ferret consulting group
 
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shoots
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo ShootsOur Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shoots
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shoots
 
Obe 2015 presentation
Obe  2015 presentationObe  2015 presentation
Obe 2015 presentation
 
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case Study
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case StudyDell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case Study
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case Study
 
Démarche stratégique Ferret consulting group
Démarche stratégique Ferret consulting groupDémarche stratégique Ferret consulting group
Démarche stratégique Ferret consulting group
 

Similar to Comentario mapa litolóxico

Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da augasagipe
 
Tema 1. o relevo glaciar
Tema 1. o relevo glaciarTema 1. o relevo glaciar
Tema 1. o relevo glaciarconchiciencias
 
Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015iesasorey
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costaMonContos
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficolorenaamarelle
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosdavidcasadobravo
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolRosacidgalante
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestresabelahermo
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoirenetraba
 
Variedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península IbéricaVariedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península Ibéricaprofesor historia
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolRosacidgalante
 
Xeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxicaXeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxicanaturaxiz
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.XeneralidadesLOPEZMOURENZA
 

Similar to Comentario mapa litolóxico (17)

Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
Tema 1. o relevo glaciar
Tema 1. o relevo glaciarTema 1. o relevo glaciar
Tema 1. o relevo glaciar
 
Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográfico
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestre
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
Variedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península IbéricaVariedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península Ibérica
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
 
O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)
 
Xeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxicaXeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxica
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 

More from lorenaamarelle

More from lorenaamarelle (11)

Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
 
Mapa topografico
Mapa topograficoMapa topografico
Mapa topografico
 
Sabela II pdf
Sabela II pdfSabela II pdf
Sabela II pdf
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
G 20
G  20G  20
G 20
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
 

Comentario mapa litolóxico

  • 1. Observa o mapa e fai un comentario dos distintos tipos de rochedo peninsular e dos tipos de relevo. A evolución xeolóxica da Península Ibérica fixo posible distinguir tres áreas de acordo coa natureza do rochedo (área silícea, calcaria e arxilosa), modelándose en cada unha distintos tipos de relevo (relevo granítico, cárstico, arxiloso ou relevo por erosión ou diferencial). A área silícea está integrada por rochas antigas da era precámbrica e primaria. Polo tanto, atópase maioritariamente no oeste peninsular (Galicia, León e Estremadura) e presenta ramificacións cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra Morena. Tamén se localiza noutras áreas onde quedan restos de macizos antigos: zona axial dos Pirineos e algúns sectores do Sistema Ibérico, da cordilleira Costero-Catalana e do Sistema Penibético. Nesta área, a rocha predominante é o granito que é unha rocha magmática plutónica, é dicir, formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ó verse obrigada a ascender cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisallada, e está integrada por grans grosos de cuarzo, feldespato e mica. O modelado desta área está determinado polas características desta rocha, cristalina e ríxida, sensible a distintas formas de alteración. Nuns casos, o granito é alterado quimicamente e en profundidade pola auga: os seus cristais descompóñense e transfórmanse en areas pardoamarelas, que poden acadar grandes espesuras nos vales e zonas de escasa pendente. Noutros casos, a alteración do granito pordúcese a partir dunha rede de diáclases ou fracturas. O resultado é diferente segundo a altitude: Nas áreas de alta montaña as rochas rompen ó filtrarse a auga polas fisuras e xearse posteriormente, de modo que o xeo preme nas fisuras das rochas e rómpeas. Iso da lugar á formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas (agullas ou galaios) e á apareción de pedreiras, acumulacións de fragmento de rochas ó pé das montañas. Nas zonas menos elevadas, se a alteración se produce a partir de diáclases paralelas á superficie, orixina a escamación ou disgragación lenta do granito, reultando unha paisaxe suavemente ondulada, de formas redondeadas (domos).
  • 2. Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas. Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos os tores (amoreamentos de bólas graníticas) e as rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas). Outras veces dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ó pé das montañas (caos granítico). A área calcárea está formada por sedimentas da era secundaria pregados durante a era terciaria. Os terreos calcarios forman unha “Z” invertida que se estende polos prepirineos, os Montes Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeira- Catalana, e a cordilleira Subbética. A rocha predominante é a calcaria que é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior da terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos preexistentes, depositados despois de ser transportados polos ríos, océanos, o vento ou o xeo. Está constituida esencialmente por carbonato cálcico e trátase dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se disolve facilmente coa auga da chuvia, sobre todo a través das diáclases. Orixina un relevo complexo, relevo cárstico, que ten as seguintes formas características: os lapiás ou lenares, que son sucos abertos polas augas de escorrentía sobre as vertentes ou sobre superficies chás con fisuras. as gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causadas polos ríos. os poljes son depresións ou vales cerrados de fondo horizontal percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por un sumidoiro ou ponor e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou permanente transformándose nun lago. as dolinas ou torcas son cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se estanca. Poden ter formas diversas e unirse a outras cavidades próximas, creando depresións de trazado complicado denominadas uvalas. as covas crénase ó inflitrarse a auga polas fisuras do terreo calcario e circular de forma subterránea. Nelas fórmanse estalactitas (a partir da aguga, rica en carbonato cálcico, que pinga do teito) e estalagmitas (a partir da auga depositada no solo). as simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas. A área arxilosa está constituída por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas e xesos) depositados a finais do Terciario e no Cuaternario. Comprende boa parte das depresións das submesetas norte e sur, as depresións do Ebro e do Guadalquivir e as chairas costeras mediterráneas. O relevo arxiloso é basicamente horizontal, xa que son terreos non afectados por pregamentos posteriores. A súa erosión é rápida, debido a brandura dos materiais. Os ríos abren vales que separan estructuras horizontais, que son de contado desgastadas, dando lugar a relevos suavemente ondulados. Nas zonas nas que alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, cortas e intensas, e non existe a protección vexetal (SE peninsular), a auga de arroiada desgasta as vertentes, orixinando cárcavas ou fisuras estreitas e profundas separadas por arestas, que crean unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu amplo desenvolvemento sobre unha zona dá lugar á paisaxe denominada badlands.
  • 3. No interior de cada unha das tres áreas citadas é moi común que aparezan rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos relevos segundo a inclinación dos estratos. cando os estratos son horizontais e, alternativamente, duros e brandos, a rede fluvial separa plataformas -chamadas mesas ou páramos- que teñen a cima horizontal, coincidindo co estrato duro, e flancos suaves coincidindo cos estratos blandos. Os flancos erosiónanse máis rapidamente, de modo que as mesas redúcense e acaban converténdose en cerros testemuña (outeiros de teito horizontal), ou relevos residuais, que ó final perden o estrato duro (antecerros). Este tipo de relevos pode observarse nas concas sedimentarias das mesetas e nas depresións do Ebro de do Guadalquivir. cando os estratos están suavemente inclinados, e alternan materiais duros e brandos, fórmanse costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro, inclinado, e unha fronte que ten unha parte superior de forte pendente, formada por unha carpa dura, e unha parte inferior cóncava na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e a antecerros. cando os estratos están pregados dan lugar ós relevos apalachenses e xurásico: - O relevo apalachense fórmase sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e nivelado pola erosión, que experimenta un rexuvenecemento que reactiva a erosión. A erosión diferencial deixa ó descuberto as capas duras, que forman cristas paralelas, longas e estreitas, de altitude similar, separadas por depresións abertas nas capas brandas. Exemplos deste relevo poden atoparse nos vales asturianos do Eo e do Navia, na comarca de Somiedo, nos Montes de Toledo e, no sur da Península, en Serra Morena. - O relevo xurásico fórmase nas cordilleiras novas. Está constituído por unha alternancia de pregamentos convexos (anticlinais) e cóncavos (sinclinais). Nos anticlinais, a erosión da auga crea vales perpendiculares ó cumio (cluses) e vales paralelos ó cumio (vales anticlinais ou combes). O baleiramento dos angiclinais (rápido unha vez que a erosión perforou o estrato duro), deixa levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinal colgado), de modo que o relevo invertiuse. A erosión do val anticlinal deixará en resalte o anticlinal do estrato inferior (anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Formas típicas deste relevo poden verse no Sistema Ibérico, a cordilleira Cantábrica, os Pirineos e as cordilleiras Béticas. A área volcánica integra fundamentalmente o arquipiélago canario e tamén algúns sectores de vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar Menor). As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son os seguintes: - Os conos volcánicos son elevacións cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento de materiais volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequenas. Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote. Se caen directamente sobre o mar, forman grandes acantilados que poden chegar a alcanzar caídas de 500 metros, como sucede no acantilado dos Xigantes en Tenerife. - As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun volcán. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de “Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma). - Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en forma de ondas ou de bloques.
  • 4. - Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria). - Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixamento dos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual, que permitía a existencia de correntes de agua capaces de provocar esta forte erosión.