SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Cidades na literatura.
                      Actividade de pescuda
                                              TEXTO 1
       Hoffmann camiñaba de volta ao hotel. Camiñaba de vagar. Levaba consigo dúas das
cámaras fotográficas coa esperanza de atopar algo que retratar. Non encontrou nada. Polo
menos nada que non tivesen mostrado xa os xornais de todo o mundo naquel verán de 1991.
(...) Eran aqueles días nos que un podía atoparse cunha fila de kalashnikov ordenadamente
apoiados contra a barra dun pub ou cunha rapaza lendo o xornal no tranvía vestida de
limpísima camuflaxe e o fusil de asalto sobre os xeonllos. Todo era xa normal e a alarma aérea,
ese lamento da fábrica da guerra, escoitábase con desidia, coma o laio dun pequeno.
       Xa na rúa Mihanoviceva, Hoffmann pasou diante do Art Cafe, o fermoso edificio ocupado
pola forza polos extremistas da HOS. Desde detrás dunha barricada, os milicianos fascistas
axexaban a entrada da rúa cargados con brillantes crucifixos de prata e mirada de lobo. Diante
deles, na Estación Central, os trens baleiraban cada media hora as remesas interminables de
refuxiados: xentes de Zadar ou de Eslavonia que chegaban á capital naufragando entre
paquetes mal atados e maletas cascadas de emigrante. Escapaban dos horrores dos chetniks
e os federais. No medio da rúa, un pequeno grupo animado de nenos, mulleres e vellos, entre
eles un garda nacional cun fusil ás costas, observaba unha grande mancha granate de sangue
que se estendía como unha lingua sucia e enferma sobre o pavimento.
       - Un snajper -díxolle o recepcionista do hotel cando Hoffmann lle pediu a chave do seu
cuarto-. Foi pouco despois de vostede marchar. Pasaba por aí un garda nacional e zas!, un só
disparo.
       (HOS: Milicia de extrema dereita... Chetniks: guerrilleiros... Snajper: francotirador.)

                           MIGUEL ANXO MURADO            Cal é a obra? Cal é a cidade?
Cidades na literatura.
                      Actividade de pescuda


                                            TEXTO 2
      Volveu ler as palabras bíblicas e unha vez máis experimentou a sensación reconfortante
dunha enerxía espiritual que pouco a pouco se ía apoderando da súa alma. Entón decatouse
de que a conxestión desaparecía do seu rostro e que un frescor como chegado de fóra lle
aliviaba a dor que sentía nas tempas. Deixara de chover e escoitábanse algunhas voces na
rúa. Os borrachos, pechadas as últimas tabernas do veciño Canellón dos Perigos, protestaban
sen convicción contra a autoridade mentres marchaban ás atoutiñas camiño da casa. (...)
      Había tres días que subindo cara a San Martiño, de paso para o asilo, ao dobrar a esquina
da Rúa de Arcedianos, Ilustrísima se atopara cun grupo de persoas facendo tertulia no medio e
medio da calzada. Ao véreno, volvéronse todos para saudalo coas chisteras, acompañando o
xesto cunha distinguida e marcada reverencia. O bispo devolvéralles o saúdo cun aceno da
man que quixera ser afectuoso e cortés. Un dos contertulios era o director de El Liberal.
(...)
                     CARLOS CASARES: Ilustrísima        Cal é a cidade?
Cidades na literatura.
                      Actividade de pescuda

                                           TEXTO 3
      A confianza que puña o Bocas en todo canto falaba deume azos e botamos a andar
baixando pola rúa dos Fornos. O ceo estaba limpo ea friaxe metíase na cana dos ósos, que xa
se vía ben que estaba pra xiada. Ao cabo da rúa atopamos aberta a churrería da Parroquia, e o
Milhomes, facéndonos adiantar uns pasos, botou a manta por enriba da testa e entrou. Voltou a
pouco cun par de botellas de augardente do país. Dende o gonzo dunha porta, onde nos
meteramos pra deixar paso a uns que cruzaban pola rúa da Estrela, vimos que algúns saían á
porta da churrería e acenaban pra onde supuñan que tería collido o Milhomes. As cousas non
andaban ben... Cando voltaron a entrar, apretamos o paso e metémonos pola rúa do Tecelán,
que estaba moi escura, como se non tivese acendidos os faroles. Alí démoslle un bico á
primeira botella, tan longo que a baleiramos. Boa falla nos facía, que eu, cunha cousa e outra,
xa estaba pra esmorecer! Pois cando a min me vén este desalento non son home pra ren, e
somentes me quero acochar onde ninguén me vexa nen me sinta e apretar os dentes e morder
os cotenos até que me sangoentan, pois doer nin me doen...
(...)
      (A cidade é Ourense, que ten unha ruta en homenaxe a esta obra clásica)
    Quen é o autor e como se titula a obra?
Cidades na literatura.
                       Actividade de pescuda

                                             TEXTO 4
      Frustrado por aquel primeiro fracaso, Daniel abandonou o edificio e botou a andar polos
soportais da rúa Rosalís de Castro, sen saber ben a onde dirixirse. Todo o entusiasmo que
sentira desaparecera de golpe, como se o camiño aberto pola foto rematase nunha parede de
formigón. Torceu por Velázquez Moreno e subiu rúa arriba, ata chegar á altura da Casa do
Libro. Parou un momento a contemplar as novidades expostas nos escaparates, aínda que
case todas eran best sellers que non lle interesaban nada. Ao seu carón detívose unha señora
maior que levaba canda ela un cocker de cor marrón. Daniel afastouse unha miga, pois o can
axiña se puxo a cheirarlle o pantalón cunha teimosía desmedida. E foi ao baixar a vista cando
se decatou de que, preto dos seus zapatos, había tirada outra foto de carné. Anicouse e
colleuna, cunha súbita emoción. Cando a mirou, tivo que apoiarse na parede e respirar varias
veces ata que conseguiu recuperar a calma necesaria para convencerse de que non era unha
alucinación. Alí estaba Diana outra vez: alí a tiña, na palma da man, ollándoo co sorriso irónico
que xa coñecía tan ben. A mesma foto e o mesmo nome, escrito con igual caligrafía pola parte
de atrás.
(...)
                A. FERNÁNDEZ PAZ: O único que queda é o amor Cal é a cidade?
Cidades na literatura.
                      Actividade de pescuda

                                             TEXTO 5
      Naciches aquí, viviches aquí toda a túa vida, fuches á escola canda eles e mesmo
xogaches ao criquet no seu mesmo equipo. Pero ti non es un deles. Ti non serás nunca un
deles, a pesar de que es a segunda xeración da nosa familia que vive neste país. Sempre
serás sospeitoso e terás que demostrar, non xa a túa culpabilidade, senón a túa inocencia.
Sempre serás sospeitoso, sempre terás o lente de aumento atrás dos teus pasos. Tanto ten
que ti axudaras a edificar esta cidade, este país tanto coma eles. Tanto ten que pagues os teus
impostos ou fales inglés mellor ca ningún deles. Ti sempre serás o outro, o alleo, o que vén
roubar un posto de traballo, aínda que sexa un fritido de samosa! Aínda que ti só poidas aspirar
a aqueles traballos que eles nunca farían! E viaxarás no metro pola zona 3, pola zona 4, pola
zona 5 e mirarante con indiferenza, pero cando a liña vermella atravese o arame invisible da
city, daquela verante como unha ameaza. E serás sospeitoso na cola do British, nas campas
de Hyde Park e nas bancadas de Picadilly. Sempre te ollarán con medo, como se ti non
amases estas rúas, esta vida tanto coma eles. Como se ti non lles tiveses medo. Pero ti es só
un paquistaní, Iqbal, a pesar de que o teu pasaporte te sinale como un cidadán europeo.
(...)
                               ROSA ANEIROS            Cal é a obra? Cal é a cidade?
Cidades na literatura.
                      Actividade de pescuda


                                              TEXTO 6
      O caso é que chamei outra vez á Jane, pero non respostaron, así que tiven que colgar. E
daquela fun mirar na axenda a ver quen podía estar dispoñible para esa noite. O problema era
que só tiña tres persoas apuntadas nela. Jane, un tal Mr. Antolini que me deu clases en Elkton
Hills, e o número da oficina de meu pai. Sempre esquezo pór os nomes da xente. Así que ao
final chamei a Carl Luce. Graduouse na escola de Whooton despois de que eu marchara. Tiña
uns tres anos máis ca min, e non me gustaba moito, pero era un deses tíos moi intelectuais
-tiña o índice de intelixencia máis alto de todo Whooton- e pensei que igual quería cear comigo
nalgún sitio e ter unha conversa lixeiramente intelectual. Ás veces dicía cousas interesantes,
así que, chameino. Agora (..) vivía na rúa Sesenta e cinco e sabía que estaba na casa. Díxome
que non podía cear, pero que podiamos tomar unha copa ás dez no Wicker Bar, na rúa
Cincuenta e catro. Coido que se sorprendeu de que o chamara. Unha vez dixéralle que era un
espirrinchado.

                           JEROME D. SALINGER: O vixía no centeo.            Cal é a cidade?
Cidades na literatura.
                           Actividade de pescuda




                                                   TEXTO 7
Cruzou a esquina da rúa Nassau e detívose diante da vidreira de Yates e fillos, apreciando os
anteollos de longa vista. (…)
Baixo o pórtico da oficina central do correo, os limpabotas chamaban e lustraban. Estacionados na
rúa North Prince, os coches vermellóns do correo da Súa Maxestade, levando nos costados as
iniciais reais.

                                  JAMES JOICE: Ulises.            Cal é a cidade?

More Related Content

What's hot

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraProxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraCarmela Garcia
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeralxenevra
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreirorevoltalingua
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 

What's hot (16)

Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraProxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
María Casares
María CasaresMaría Casares
María Casares
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 

Viewers also liked

A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXAS
A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXASA MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXAS
A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXASCIGAENSINOCOMPOSTELA
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMarlou
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativoMarlou
 
O texto
O textoO texto
O textoMarlou
 
Febreiro
FebreiroFebreiro
FebreiroMarlou
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
XaneiroMarlou
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017Marlou
 

Viewers also liked (8)

A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXAS
A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXASA MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXAS
A MULLER NA LITERATURA GALEGA. MERCEDES QUEIXAS
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativo
 
O texto
O textoO texto
O texto
 
Marzo
MarzoMarzo
Marzo
 
Febreiro
FebreiroFebreiro
Febreiro
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
Xaneiro
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017
 

Similar to Cidades na literatura

Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriacrmhbarbanza
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 

Similar to Cidades na literatura (20)

Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
David ferreiro 3
David ferreiro 3David ferreiro 3
David ferreiro 3
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 

More from Luciano Fernández

Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectivaObradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectivaLuciano Fernández
 
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertosComprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertosLuciano Fernández
 
Adecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónAdecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónLuciano Fernández
 
Cidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxeCidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxeLuciano Fernández
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Luciano Fernández
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXLuciano Fernández
 
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOLuciano Fernández
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoLuciano Fernández
 
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaPodcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaLuciano Fernández
 

More from Luciano Fernández (20)

Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectivaObradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva
 
Interpretacion de poemas
Interpretacion de poemasInterpretacion de poemas
Interpretacion de poemas
 
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertosComprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos
 
Tempos e modos verbais
Tempos e modos verbaisTempos e modos verbais
Tempos e modos verbais
 
Practica pronome
Practica pronomePractica pronome
Practica pronome
 
Adecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónAdecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesión
 
Reconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónicaReconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónica
 
Co xénero enredado
Co xénero enredadoCo xénero enredado
Co xénero enredado
 
Respóndoche graficamente
Respóndoche graficamenteRespóndoche graficamente
Respóndoche graficamente
 
Patróns textuais
Patróns textuaisPatróns textuais
Patróns textuais
 
Cidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxeCidades abertas á aprendizaxe
Cidades abertas á aprendizaxe
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
A Cohesión
A CohesiónA Cohesión
A Cohesión
 
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
 
Deseño de secuencias
Deseño de secuenciasDeseño de secuencias
Deseño de secuencias
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráfico
 
Web 2.0 en galego (pdf)
Web 2.0 en galego (pdf)Web 2.0 en galego (pdf)
Web 2.0 en galego (pdf)
 
Web 2.0 en galego
Web 2.0 en galegoWeb 2.0 en galego
Web 2.0 en galego
 
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaPodcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Recently uploaded (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Cidades na literatura

  • 1. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 1 Hoffmann camiñaba de volta ao hotel. Camiñaba de vagar. Levaba consigo dúas das cámaras fotográficas coa esperanza de atopar algo que retratar. Non encontrou nada. Polo menos nada que non tivesen mostrado xa os xornais de todo o mundo naquel verán de 1991. (...) Eran aqueles días nos que un podía atoparse cunha fila de kalashnikov ordenadamente apoiados contra a barra dun pub ou cunha rapaza lendo o xornal no tranvía vestida de limpísima camuflaxe e o fusil de asalto sobre os xeonllos. Todo era xa normal e a alarma aérea, ese lamento da fábrica da guerra, escoitábase con desidia, coma o laio dun pequeno. Xa na rúa Mihanoviceva, Hoffmann pasou diante do Art Cafe, o fermoso edificio ocupado pola forza polos extremistas da HOS. Desde detrás dunha barricada, os milicianos fascistas axexaban a entrada da rúa cargados con brillantes crucifixos de prata e mirada de lobo. Diante deles, na Estación Central, os trens baleiraban cada media hora as remesas interminables de refuxiados: xentes de Zadar ou de Eslavonia que chegaban á capital naufragando entre paquetes mal atados e maletas cascadas de emigrante. Escapaban dos horrores dos chetniks e os federais. No medio da rúa, un pequeno grupo animado de nenos, mulleres e vellos, entre eles un garda nacional cun fusil ás costas, observaba unha grande mancha granate de sangue que se estendía como unha lingua sucia e enferma sobre o pavimento. - Un snajper -díxolle o recepcionista do hotel cando Hoffmann lle pediu a chave do seu cuarto-. Foi pouco despois de vostede marchar. Pasaba por aí un garda nacional e zas!, un só disparo. (HOS: Milicia de extrema dereita... Chetniks: guerrilleiros... Snajper: francotirador.) MIGUEL ANXO MURADO Cal é a obra? Cal é a cidade?
  • 2. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 2 Volveu ler as palabras bíblicas e unha vez máis experimentou a sensación reconfortante dunha enerxía espiritual que pouco a pouco se ía apoderando da súa alma. Entón decatouse de que a conxestión desaparecía do seu rostro e que un frescor como chegado de fóra lle aliviaba a dor que sentía nas tempas. Deixara de chover e escoitábanse algunhas voces na rúa. Os borrachos, pechadas as últimas tabernas do veciño Canellón dos Perigos, protestaban sen convicción contra a autoridade mentres marchaban ás atoutiñas camiño da casa. (...) Había tres días que subindo cara a San Martiño, de paso para o asilo, ao dobrar a esquina da Rúa de Arcedianos, Ilustrísima se atopara cun grupo de persoas facendo tertulia no medio e medio da calzada. Ao véreno, volvéronse todos para saudalo coas chisteras, acompañando o xesto cunha distinguida e marcada reverencia. O bispo devolvéralles o saúdo cun aceno da man que quixera ser afectuoso e cortés. Un dos contertulios era o director de El Liberal. (...) CARLOS CASARES: Ilustrísima Cal é a cidade?
  • 3. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 3 A confianza que puña o Bocas en todo canto falaba deume azos e botamos a andar baixando pola rúa dos Fornos. O ceo estaba limpo ea friaxe metíase na cana dos ósos, que xa se vía ben que estaba pra xiada. Ao cabo da rúa atopamos aberta a churrería da Parroquia, e o Milhomes, facéndonos adiantar uns pasos, botou a manta por enriba da testa e entrou. Voltou a pouco cun par de botellas de augardente do país. Dende o gonzo dunha porta, onde nos meteramos pra deixar paso a uns que cruzaban pola rúa da Estrela, vimos que algúns saían á porta da churrería e acenaban pra onde supuñan que tería collido o Milhomes. As cousas non andaban ben... Cando voltaron a entrar, apretamos o paso e metémonos pola rúa do Tecelán, que estaba moi escura, como se non tivese acendidos os faroles. Alí démoslle un bico á primeira botella, tan longo que a baleiramos. Boa falla nos facía, que eu, cunha cousa e outra, xa estaba pra esmorecer! Pois cando a min me vén este desalento non son home pra ren, e somentes me quero acochar onde ninguén me vexa nen me sinta e apretar os dentes e morder os cotenos até que me sangoentan, pois doer nin me doen... (...) (A cidade é Ourense, que ten unha ruta en homenaxe a esta obra clásica) Quen é o autor e como se titula a obra?
  • 4. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 4 Frustrado por aquel primeiro fracaso, Daniel abandonou o edificio e botou a andar polos soportais da rúa Rosalís de Castro, sen saber ben a onde dirixirse. Todo o entusiasmo que sentira desaparecera de golpe, como se o camiño aberto pola foto rematase nunha parede de formigón. Torceu por Velázquez Moreno e subiu rúa arriba, ata chegar á altura da Casa do Libro. Parou un momento a contemplar as novidades expostas nos escaparates, aínda que case todas eran best sellers que non lle interesaban nada. Ao seu carón detívose unha señora maior que levaba canda ela un cocker de cor marrón. Daniel afastouse unha miga, pois o can axiña se puxo a cheirarlle o pantalón cunha teimosía desmedida. E foi ao baixar a vista cando se decatou de que, preto dos seus zapatos, había tirada outra foto de carné. Anicouse e colleuna, cunha súbita emoción. Cando a mirou, tivo que apoiarse na parede e respirar varias veces ata que conseguiu recuperar a calma necesaria para convencerse de que non era unha alucinación. Alí estaba Diana outra vez: alí a tiña, na palma da man, ollándoo co sorriso irónico que xa coñecía tan ben. A mesma foto e o mesmo nome, escrito con igual caligrafía pola parte de atrás. (...) A. FERNÁNDEZ PAZ: O único que queda é o amor Cal é a cidade?
  • 5. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 5 Naciches aquí, viviches aquí toda a túa vida, fuches á escola canda eles e mesmo xogaches ao criquet no seu mesmo equipo. Pero ti non es un deles. Ti non serás nunca un deles, a pesar de que es a segunda xeración da nosa familia que vive neste país. Sempre serás sospeitoso e terás que demostrar, non xa a túa culpabilidade, senón a túa inocencia. Sempre serás sospeitoso, sempre terás o lente de aumento atrás dos teus pasos. Tanto ten que ti axudaras a edificar esta cidade, este país tanto coma eles. Tanto ten que pagues os teus impostos ou fales inglés mellor ca ningún deles. Ti sempre serás o outro, o alleo, o que vén roubar un posto de traballo, aínda que sexa un fritido de samosa! Aínda que ti só poidas aspirar a aqueles traballos que eles nunca farían! E viaxarás no metro pola zona 3, pola zona 4, pola zona 5 e mirarante con indiferenza, pero cando a liña vermella atravese o arame invisible da city, daquela verante como unha ameaza. E serás sospeitoso na cola do British, nas campas de Hyde Park e nas bancadas de Picadilly. Sempre te ollarán con medo, como se ti non amases estas rúas, esta vida tanto coma eles. Como se ti non lles tiveses medo. Pero ti es só un paquistaní, Iqbal, a pesar de que o teu pasaporte te sinale como un cidadán europeo. (...) ROSA ANEIROS Cal é a obra? Cal é a cidade?
  • 6. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 6 O caso é que chamei outra vez á Jane, pero non respostaron, así que tiven que colgar. E daquela fun mirar na axenda a ver quen podía estar dispoñible para esa noite. O problema era que só tiña tres persoas apuntadas nela. Jane, un tal Mr. Antolini que me deu clases en Elkton Hills, e o número da oficina de meu pai. Sempre esquezo pór os nomes da xente. Así que ao final chamei a Carl Luce. Graduouse na escola de Whooton despois de que eu marchara. Tiña uns tres anos máis ca min, e non me gustaba moito, pero era un deses tíos moi intelectuais -tiña o índice de intelixencia máis alto de todo Whooton- e pensei que igual quería cear comigo nalgún sitio e ter unha conversa lixeiramente intelectual. Ás veces dicía cousas interesantes, así que, chameino. Agora (..) vivía na rúa Sesenta e cinco e sabía que estaba na casa. Díxome que non podía cear, pero que podiamos tomar unha copa ás dez no Wicker Bar, na rúa Cincuenta e catro. Coido que se sorprendeu de que o chamara. Unha vez dixéralle que era un espirrinchado. JEROME D. SALINGER: O vixía no centeo. Cal é a cidade?
  • 7. Cidades na literatura. Actividade de pescuda TEXTO 7 Cruzou a esquina da rúa Nassau e detívose diante da vidreira de Yates e fillos, apreciando os anteollos de longa vista. (…) Baixo o pórtico da oficina central do correo, os limpabotas chamaban e lustraban. Estacionados na rúa North Prince, os coches vermellóns do correo da Súa Maxestade, levando nos costados as iniciais reais. JAMES JOICE: Ulises. Cal é a cidade?