SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
Día Internacional da Muller
O feito de que se escolla o 8 de marzo como Día Internacional
da Muller ten unha explicación histórica. Primero a gran marcha
dos traballadores textis que tivo lugar este día de marzo no ano
 de 1857. Centos de mulleres participaron nunha manifestación
   pacífica nos barrios de Nova York en protesta polas malas
                  condicións de traballo infantil .
  Durante esta folga, 129 traballadores faleceron a causa dun
  incendio ocorrido nunha fábrica téxtil en Washington Square,
                            Nova York .
   Hoxe en día, homes e mulleres sen importarlles o idioma, a
etnia, e a cultura, nin as súas condicións políticas e económicas
     conmemoran este día para celebrar o papel da muller na
sociedade e claman pola igualdade, o desenvolvemento e o trato
                xusto, do sexo feminino no mundo.
Carmen Laforet


" Si uno es escritor, escribe
  siempre, aunque no quiera
  hacerlo, aunque trate
  de escapar a esa dudosa
  gloria y a ese sufrimiento
  real que se merece por
  seguir una vocación.“
Nacida en Barcelona o día 6 de setembro de 1921. Morreu en
Madrid o 28 de febreiro de 2004. Publicou moitos títulos
como: Nada, La isla y los demonios, La mujer nueva, Mi
primer viaje a USA. Case toda a obra desta autora xira en
torno a un mesmo tema central: o do enfrontamento entre o
idealismo xuvenil e a mediocridade do entorno. Carmen
Laforet tamén escribiu novelas curtas, libros de contos e
narracións da viaxe.

A súa situación persoal era dura, xa que lle faltaba estabilidade
económica, pero tamén polas circunstancias xerais, como o
clima político e social, cun machismo que facía que nas
entrevistas debera responder a preguntas como se quería máis
aos seus fillos ou aos seus libros, e polo gris do mundiño
literario, que ela vía repleto de envexas.
ROSALÍA DE CASTRO
   Comenzou a escribir dende moi nova e a
   participar nas representacións teatrais da
                     escola.
A autora é un dos pináculos da poesía castelá
  e galega sen distinción de sexos. Foi unha
muller adiantada para a súa época e culta. Foi
      das primeiras autoras que practica o
   bilingüismo alcanzando a maior altura en
                 ambas linguas.
 Cultivou a novela e destacou como ensaísta.
  Pero a importancia do seu nome débese á
poesía. En galego publicou Cantares Gallegos
 e Follas Novas e en castelán El libro de los
  cantares, La flor e En las orillas del Sar .
  A súa poesía é a ponte fundamental para
 entender o cambio da sensibilidade estética
        dun século a otro. É a unión coa
   modernidade, converténdose nun clásico.
 Rosalía nacera en Santiago en 1837 e morre
               en Padrón en 1885.
Arantxa Sánchez
Vicario
   Queremos destacar as mulleres tenistas, que
   conseguiron grandes éxitos deportivos dos que
   apenas os medios se fixeron eco.
       España vibrou cando, en 1989, tras unha
   agónica final, bateu a Steffi Graf. Aquela moza
   devolveulle a alegría ao deporte español, fíxoo
   coa raqueta por bandeira e a deportividade como
   actitude inquebrantable.
    Nos Xogos Olímpicos de Barcelona, 1992, bateu un novo record:
  converteuse na primeira deportista española en gañar dúas medallas. A súa
  carreira seguía imparable. Respetábana nas pistas pola súa entrega.
  Arantxa nunca dá un set por perdido nin tira a toalla por moi escuro que se
  vexa o partido. Ela é unha loitadora que ama o bo xogo. En 1994, Arantxa
  volveunos a agasallar coa mítica copa Suzanne Leglen, tras derrotar a
  francesa Mary Pierce. A Vitoria, unha vez máis, soubo a puro mel. A mellor
  tenista española de todos os tempos naceu pisando as pistas que os seus
  irmáns corrían sen descanso. Con oito anos tivo claro cara onde ía: “quero
  ser, teño que ser, serei a número un do mundo”. Incansable, cun tesón
  digno de encomio, Arantxa Sánchez Vicario cumpriu, a base de traballo,
  todos os seus soños.
ConCepCión   Concepción Arenal naceu nunha
               modesta casa do barrio de Ferrol
                 Vello en 1820. A súa infancia
  ArenAl      estivo marcada pola persecución,
               represión e desterro que sufriu o
                seu pai a causa das súas ideas
              liberais. É bastante probable que
              asistise á Universidade disfrazada
             ás aulas da carreira de Dereito, xa
                  que nese momento non se
              permitía legalmente o acceso das
             mulleres aos estudos superiores en
              España. As dúas últimas décadas
                  foron anos de moi intensa
               actividade social e intelectual. A
             cultura e formación acadounas de
             xeito autodidacta, especialmente a
                  través da lectura, á que se
                 afeccionou polo contacto coa
                  biblioteca que a súa familia
                    paterna tiña en Armaño
                          (Santander).
Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e
revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa
vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía,
que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres
grandes temas: as denominadas "cuestión social",
"penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión
internacional.
 Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España,
pois dende nova loitou por romper os canons establecidos
para a muller, rebelándose contra a tradicional
marxinación do sexo feminino, e reivindicando a
igualdade en todas as esferas sociais para a muller.Morreu
en 1893 en Vigo, onde foi enterrada. No seu epitafio o
lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á
virtude, a unha vida, á ciencia.
As Marías :
     IRMÁS FANDIÑO RICART

As dúas irmás caeron na pobreza logo de que os veciños da cidade deixaran de facer
  pedidos ao taller de costura que rexentaban, para que a policía non os vinculase a
elas. Malia este medo, a veciñanza compostelá sentía en xeral simpatía cara a elas, e
  cando logo da guerra pasaron a vivir da caridade, quen quería axudalas non lles
 daba a esmola directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da
 cidade, especialmente no supermercado Carro, situado na Praza do Toural , onde o
    dono, Tito Carro, llelos daba coma se foran promocións e non caridade. As dúas
   irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus
paseos cotiás pola zona vella da cidade, durante as décadas dos cincuenta e sesenta,
vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas
 en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo
      contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o Franquismo .
  Co paso dos anos, a historia das dúas irmás Fandiño foi caendo ata que un veciño
(César Lombera) conveceu no ano 1994 ao alcalde Xerardo Estévez despois de nove
  anos propoñendo unha estatua . Puxéronlles unha estatua realista das dúas irmás
                           que aínda a día de hoxe seguen alí .
                 Maruxa : naceu en Compostela no 1898 e morreu en Compostela no ano 1980 .
                 Coralia : naceu en Compostela no 1914 e morreu en Compostela no ano 1983 .
MICHÉLE
 MOUTON

Mouton naceu en Grasse (23-6-1951), unha cidade famosa polos seus perfumes.
Pero a rapaza Michéle Mouton non estaba interesada no cheiro das flores: ela
  prefiría o cheiro da gasolina. Estudou Dereito durante un ano e aprobou os
 exames, destacando como boa esquiadora no seu tempo libre. Despois disto,
    comezou a traballar como enfermeira nunha residencia para inválidos e
  discapacitados, antes de incorporarse na importante compañía de seguros
   propiedade do su pai. O señor Mouton era gran afeccionado aos rallyes, e
    inculcoulle á filla a afección. Grazas ao apoio do seu pai, Michéle puido
               introducirse no mundo das competicións do motor.
     Michéle Mouton é unha piloto de rallyes, xa retirada da participación.
Competiu no Campionato Mundial de Rallyes e foi subcampioa do mundo en
1982. É considerada a máis exitosa e máis famosa piloto de rallyes de todos os
              tempos, tanto como do automobilísmo en conxunto.
MARIA CASARES (ACTRIZ GALEGA)
     A actriz María Casares foi unha desas persoas que
     experimentou plenamente o significado da palabra
 adaptación. A novas realidades. A novas xentes. A novos
  espazos. Aínda non cumprira ben os catorce anos cando
  chegou a Francia fuxindo da barbarie golpista de 1936.
      Aquela nena, nacida un 21 de novembro de 1922 na
  dinámica cidade da Coruña, instalouse xunto a súa nai,
                    Gloria Pérez, en París.
    Á aprendizaxe dun novo idioma seguiulle o seu mergullo
no teatro galo, abraiando os seus mestres de arte dramática
con interpretacións marcadas cun acento galego que nunca
                    lle puideron arrancar.
 Correndo detrás de si mesma atopouse debutando no ano 1942 no Teatro Mathurins como
 primeira actriz, obtén unhas excelentes críticas e seduce profesional e persoalmente a un Albert
 Camus que aínda non soñaba co premio Nobel.
 Chekhov, Dostoievski, Synge, Ibsen, Sartre e, por suposto, Camus foron algúns dos autores
 dos textos dramáticos cos que María Casares enchía os escenarios dos teatros parisienses na
 década dos anos 40.
    Cando volveu a Francia recibe os premios Moliére e o Nacional de teatro. O goberno español
 concédelle a Medalla ao Mérito en Belas Artes e a Xunta a Medalla Castelao.
  Os actores e actrices galegos póñenlle o seu nome aos premios que conceden anualmente.
 Amósase encantada pero rexeita vir.
     Faleceu o 22 de novembro de 1996.
AS DÚAS MARÍAS: IRMÁS    As dúas irmás Fandiño,as mulleres máis retratadas
                          de Compostela “as Marías”, Maruxa (1898-1980) e
MARUXA E CORLIA FANDIÑO   Coralia (1914-1983), que sempre se quixo chamar
          RICART            Rocío, naceron nunha familia obreira de once
                             irmáns.Conseguiron crear un mecanismo de
                            defensa para sobreviviren: tolearon, e na súa
                               loucura recuperaron o soño da mocidade,
                               escuálidas coma se saísen dun campo de
                          concentración, sen dentes, vestíronse de luz e cor
                                          e, cheas de alfaias.

                          Eran moi diferentes: Coralia, a menor e máis alta,
                            era moi tímida e pouco faladora, mentres que
                           Maruxa, máis pequena aínda que de máis idade,
                                  era a que levaba a voz cantante.

                            Nese Santiago da mediocridade, da miseria e do
                             terror, todos os días, á mesma hora, marcadas
                             polas badaladas da Catedral, no verán desde a
                            rúa do Espírito Santo até o Paseo no Toural, no
                          inverno nos soportais da rúa do Vilar, desafiaban o
                           gris de clima e da mente das xentes. Elas quizais
                           así viviron felices, na súa loucura desesperanzada
                            e cruel, chea de fame e de miseria pero digna.
Amelia Mary
  Earhart


A primeira aviadora
Amelia Mary Earhart nacida en Atchison, Kansas, 24
de xullo de 1897.

  Desaparecida no océano Pacífico, 2 de xullo de
1937.

  Foi unha aviadora estadounidense, célebre polas
súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe
aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial.

Amelia a aviadora
    As súas primeiras clases de aviación obtívoas da
instrutora Anita Neta Snook. En 1927uniuse á
Asociación Aeronauta Nacional. Dedicouse a invertir o
diñeiro para construír unha pista de aterraxe, vendeu
avións Kinner e promoveu a aviación, especialmente
entre as mulleres.
En abril de 1928, Amelia recibiu unha chamada que
cambiaría a súa vida: O capitán H.H. Railey
preguntoulle se quería ser a primeira muller en
cruzar o Océano Atlántico. Nun primeiro momento ela
pilotaría a nave pero por presións da súa familia
desistiu.

   Nesa travesía impuxo máis marcas: primeira muller
en facer un voo en solitario no Atlántico, primeira
persoa en facelo dúas veces, a distancia máis longa
voada por unha muller sen parar e “récord” por
cruzalo no menor tempo.

   En 1935 planeaba unha viaxe arredor do mundo. De
realizalo marcaría dous fitos: A primeira muller en
facelo e a maior distancia posible circunnavegando o
globo no ecuador.
A tráxica travesía arredor do mundo

    O 2 de xullo realizou o seu derradeiro voo. A
situación atmosférica non era a máis favorable pois
estaba nuboso e con chuvias intermitentes.

 Aquel día mantería comunicación co gardacosta
estadounidense Itasca. Ás 7:20 GMT reportou a súa
posición. As 8:00 GMT fixo o seu último contacto de
radio.

   Ás 19:30 GMT recibiuse o seguinte reporte: «KHAQQ
Chamando a Itasca. Debemos estar enriba de vostedes
pero non os vemos... O combustible agótase...» Ás 20:14
GMT o gardacosta recibiu a última mensaxe dando a súa
posición; cara as 21:30 GMT determinaron que o avión
puido terse estrelado no mar.

More Related Content

What's hot (12)

Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
MaruJa Mallo
MaruJa MalloMaruJa Mallo
MaruJa Mallo
 
Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 

Viewers also liked

A lternative approach
A lternative approachA lternative approach
A lternative approachsak_0425
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
nmart business plan
nmart business plannmart business plan
nmart business planParvez Khan
 
Universal design for learning
Universal design for learningUniversal design for learning
Universal design for learningbrittasully
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Wes j3 asl790_hostseminar
Wes j3 asl790_hostseminarWes j3 asl790_hostseminar
Wes j3 asl790_hostseminarcurtradford93
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
FORTALEZAS ESTRELADAS
FORTALEZAS ESTRELADASFORTALEZAS ESTRELADAS
FORTALEZAS ESTRELADASunriodeverbas
 
Frame relay
Frame relayFrame relay
Frame relayIhda N
 
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011Md Abdullah Al Fahim
 
อังกฤษ 49
อังกฤษ 49อังกฤษ 49
อังกฤษ 49tangtangkwa
 
Podsumowanie semestru
Podsumowanie semestruPodsumowanie semestru
Podsumowanie semestruogis9
 

Viewers also liked (14)

A lternative approach
A lternative approachA lternative approach
A lternative approach
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
nmart business plan
nmart business plannmart business plan
nmart business plan
 
Universal design for learning
Universal design for learningUniversal design for learning
Universal design for learning
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Wes j3 asl790_hostseminar
Wes j3 asl790_hostseminarWes j3 asl790_hostseminar
Wes j3 asl790_hostseminar
 
Hrm
HrmHrm
Hrm
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
FORTALEZAS ESTRELADAS
FORTALEZAS ESTRELADASFORTALEZAS ESTRELADAS
FORTALEZAS ESTRELADAS
 
Frame relay
Frame relayFrame relay
Frame relay
 
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011
Badhan Buet Zone Freshers Reception 2011
 
อังกฤษ 49
อังกฤษ 49อังกฤษ 49
อังกฤษ 49
 
Podsumowanie semestru
Podsumowanie semestruPodsumowanie semestru
Podsumowanie semestru
 

Similar to Día internacional da muller

María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casaressenior.udc
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegasAna
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
Concepción Arenal Ponte
Concepción Arenal PonteConcepción Arenal Ponte
Concepción Arenal PonteNoe Solla
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas IlustresFiz
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroErick-10
 
Rosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickErick-10
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 

Similar to Día internacional da muller (20)

Mulleres galegas
Mulleres galegasMulleres galegas
Mulleres galegas
 
Mulleres 3 5
Mulleres 3 5Mulleres 3 5
Mulleres 3 5
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
As mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordesAs mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordes
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros Enríquez
 
10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Concepción Arenal Ponte
Concepción Arenal PonteConcepción Arenal Ponte
Concepción Arenal Ponte
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro Erick
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 

More from unriodeverbas

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 

More from unriodeverbas (6)

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Estou contigo
Estou contigoEstou contigo
Estou contigo
 

Día internacional da muller

  • 1. Día Internacional da Muller O feito de que se escolla o 8 de marzo como Día Internacional da Muller ten unha explicación histórica. Primero a gran marcha dos traballadores textis que tivo lugar este día de marzo no ano de 1857. Centos de mulleres participaron nunha manifestación pacífica nos barrios de Nova York en protesta polas malas condicións de traballo infantil . Durante esta folga, 129 traballadores faleceron a causa dun incendio ocorrido nunha fábrica téxtil en Washington Square, Nova York . Hoxe en día, homes e mulleres sen importarlles o idioma, a etnia, e a cultura, nin as súas condicións políticas e económicas conmemoran este día para celebrar o papel da muller na sociedade e claman pola igualdade, o desenvolvemento e o trato xusto, do sexo feminino no mundo.
  • 2. Carmen Laforet " Si uno es escritor, escribe siempre, aunque no quiera hacerlo, aunque trate de escapar a esa dudosa gloria y a ese sufrimiento real que se merece por seguir una vocación.“
  • 3. Nacida en Barcelona o día 6 de setembro de 1921. Morreu en Madrid o 28 de febreiro de 2004. Publicou moitos títulos como: Nada, La isla y los demonios, La mujer nueva, Mi primer viaje a USA. Case toda a obra desta autora xira en torno a un mesmo tema central: o do enfrontamento entre o idealismo xuvenil e a mediocridade do entorno. Carmen Laforet tamén escribiu novelas curtas, libros de contos e narracións da viaxe. A súa situación persoal era dura, xa que lle faltaba estabilidade económica, pero tamén polas circunstancias xerais, como o clima político e social, cun machismo que facía que nas entrevistas debera responder a preguntas como se quería máis aos seus fillos ou aos seus libros, e polo gris do mundiño literario, que ela vía repleto de envexas.
  • 4. ROSALÍA DE CASTRO Comenzou a escribir dende moi nova e a participar nas representacións teatrais da escola. A autora é un dos pináculos da poesía castelá e galega sen distinción de sexos. Foi unha muller adiantada para a súa época e culta. Foi das primeiras autoras que practica o bilingüismo alcanzando a maior altura en ambas linguas. Cultivou a novela e destacou como ensaísta. Pero a importancia do seu nome débese á poesía. En galego publicou Cantares Gallegos e Follas Novas e en castelán El libro de los cantares, La flor e En las orillas del Sar . A súa poesía é a ponte fundamental para entender o cambio da sensibilidade estética dun século a otro. É a unión coa modernidade, converténdose nun clásico. Rosalía nacera en Santiago en 1837 e morre en Padrón en 1885.
  • 5. Arantxa Sánchez Vicario Queremos destacar as mulleres tenistas, que conseguiron grandes éxitos deportivos dos que apenas os medios se fixeron eco. España vibrou cando, en 1989, tras unha agónica final, bateu a Steffi Graf. Aquela moza devolveulle a alegría ao deporte español, fíxoo coa raqueta por bandeira e a deportividade como actitude inquebrantable. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona, 1992, bateu un novo record: converteuse na primeira deportista española en gañar dúas medallas. A súa carreira seguía imparable. Respetábana nas pistas pola súa entrega. Arantxa nunca dá un set por perdido nin tira a toalla por moi escuro que se vexa o partido. Ela é unha loitadora que ama o bo xogo. En 1994, Arantxa volveunos a agasallar coa mítica copa Suzanne Leglen, tras derrotar a francesa Mary Pierce. A Vitoria, unha vez máis, soubo a puro mel. A mellor tenista española de todos os tempos naceu pisando as pistas que os seus irmáns corrían sen descanso. Con oito anos tivo claro cara onde ía: “quero ser, teño que ser, serei a número un do mundo”. Incansable, cun tesón digno de encomio, Arantxa Sánchez Vicario cumpriu, a base de traballo, todos os seus soños.
  • 6. ConCepCión Concepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello en 1820. A súa infancia ArenAl estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais. É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. As dúas últimas décadas foron anos de moi intensa actividade social e intelectual. A cultura e formación acadounas de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Santander).
  • 7. Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional. Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.Morreu en 1893 en Vigo, onde foi enterrada. No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.
  • 8. As Marías : IRMÁS FANDIÑO RICART As dúas irmás caeron na pobreza logo de que os veciños da cidade deixaran de facer pedidos ao taller de costura que rexentaban, para que a policía non os vinculase a elas. Malia este medo, a veciñanza compostelá sentía en xeral simpatía cara a elas, e cando logo da guerra pasaron a vivir da caridade, quen quería axudalas non lles daba a esmola directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da cidade, especialmente no supermercado Carro, situado na Praza do Toural , onde o dono, Tito Carro, llelos daba coma se foran promocións e non caridade. As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola zona vella da cidade, durante as décadas dos cincuenta e sesenta, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o Franquismo . Co paso dos anos, a historia das dúas irmás Fandiño foi caendo ata que un veciño (César Lombera) conveceu no ano 1994 ao alcalde Xerardo Estévez despois de nove anos propoñendo unha estatua . Puxéronlles unha estatua realista das dúas irmás que aínda a día de hoxe seguen alí . Maruxa : naceu en Compostela no 1898 e morreu en Compostela no ano 1980 . Coralia : naceu en Compostela no 1914 e morreu en Compostela no ano 1983 .
  • 9. MICHÉLE MOUTON Mouton naceu en Grasse (23-6-1951), unha cidade famosa polos seus perfumes. Pero a rapaza Michéle Mouton non estaba interesada no cheiro das flores: ela prefiría o cheiro da gasolina. Estudou Dereito durante un ano e aprobou os exames, destacando como boa esquiadora no seu tempo libre. Despois disto, comezou a traballar como enfermeira nunha residencia para inválidos e discapacitados, antes de incorporarse na importante compañía de seguros propiedade do su pai. O señor Mouton era gran afeccionado aos rallyes, e inculcoulle á filla a afección. Grazas ao apoio do seu pai, Michéle puido introducirse no mundo das competicións do motor. Michéle Mouton é unha piloto de rallyes, xa retirada da participación. Competiu no Campionato Mundial de Rallyes e foi subcampioa do mundo en 1982. É considerada a máis exitosa e máis famosa piloto de rallyes de todos os tempos, tanto como do automobilísmo en conxunto.
  • 10. MARIA CASARES (ACTRIZ GALEGA) A actriz María Casares foi unha desas persoas que experimentou plenamente o significado da palabra adaptación. A novas realidades. A novas xentes. A novos espazos. Aínda non cumprira ben os catorce anos cando chegou a Francia fuxindo da barbarie golpista de 1936. Aquela nena, nacida un 21 de novembro de 1922 na dinámica cidade da Coruña, instalouse xunto a súa nai, Gloria Pérez, en París. Á aprendizaxe dun novo idioma seguiulle o seu mergullo no teatro galo, abraiando os seus mestres de arte dramática con interpretacións marcadas cun acento galego que nunca lle puideron arrancar. Correndo detrás de si mesma atopouse debutando no ano 1942 no Teatro Mathurins como primeira actriz, obtén unhas excelentes críticas e seduce profesional e persoalmente a un Albert Camus que aínda non soñaba co premio Nobel. Chekhov, Dostoievski, Synge, Ibsen, Sartre e, por suposto, Camus foron algúns dos autores dos textos dramáticos cos que María Casares enchía os escenarios dos teatros parisienses na década dos anos 40. Cando volveu a Francia recibe os premios Moliére e o Nacional de teatro. O goberno español concédelle a Medalla ao Mérito en Belas Artes e a Xunta a Medalla Castelao. Os actores e actrices galegos póñenlle o seu nome aos premios que conceden anualmente. Amósase encantada pero rexeita vir. Faleceu o 22 de novembro de 1996.
  • 11. AS DÚAS MARÍAS: IRMÁS As dúas irmás Fandiño,as mulleres máis retratadas de Compostela “as Marías”, Maruxa (1898-1980) e MARUXA E CORLIA FANDIÑO Coralia (1914-1983), que sempre se quixo chamar RICART Rocío, naceron nunha familia obreira de once irmáns.Conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren: tolearon, e na súa loucura recuperaron o soño da mocidade, escuálidas coma se saísen dun campo de concentración, sen dentes, vestíronse de luz e cor e, cheas de alfaias. Eran moi diferentes: Coralia, a menor e máis alta, era moi tímida e pouco faladora, mentres que Maruxa, máis pequena aínda que de máis idade, era a que levaba a voz cantante. Nese Santiago da mediocridade, da miseria e do terror, todos os días, á mesma hora, marcadas polas badaladas da Catedral, no verán desde a rúa do Espírito Santo até o Paseo no Toural, no inverno nos soportais da rúa do Vilar, desafiaban o gris de clima e da mente das xentes. Elas quizais así viviron felices, na súa loucura desesperanzada e cruel, chea de fame e de miseria pero digna.
  • 12. Amelia Mary Earhart A primeira aviadora
  • 13. Amelia Mary Earhart nacida en Atchison, Kansas, 24 de xullo de 1897. Desaparecida no océano Pacífico, 2 de xullo de 1937. Foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial. Amelia a aviadora As súas primeiras clases de aviación obtívoas da instrutora Anita Neta Snook. En 1927uniuse á Asociación Aeronauta Nacional. Dedicouse a invertir o diñeiro para construír unha pista de aterraxe, vendeu avións Kinner e promoveu a aviación, especialmente entre as mulleres.
  • 14. En abril de 1928, Amelia recibiu unha chamada que cambiaría a súa vida: O capitán H.H. Railey preguntoulle se quería ser a primeira muller en cruzar o Océano Atlántico. Nun primeiro momento ela pilotaría a nave pero por presións da súa familia desistiu. Nesa travesía impuxo máis marcas: primeira muller en facer un voo en solitario no Atlántico, primeira persoa en facelo dúas veces, a distancia máis longa voada por unha muller sen parar e “récord” por cruzalo no menor tempo. En 1935 planeaba unha viaxe arredor do mundo. De realizalo marcaría dous fitos: A primeira muller en facelo e a maior distancia posible circunnavegando o globo no ecuador.
  • 15. A tráxica travesía arredor do mundo O 2 de xullo realizou o seu derradeiro voo. A situación atmosférica non era a máis favorable pois estaba nuboso e con chuvias intermitentes. Aquel día mantería comunicación co gardacosta estadounidense Itasca. Ás 7:20 GMT reportou a súa posición. As 8:00 GMT fixo o seu último contacto de radio. Ás 19:30 GMT recibiuse o seguinte reporte: «KHAQQ Chamando a Itasca. Debemos estar enriba de vostedes pero non os vemos... O combustible agótase...» Ás 20:14 GMT o gardacosta recibiu a última mensaxe dando a súa posición; cara as 21:30 GMT determinaron que o avión puido terse estrelado no mar.