SlideShare a Scribd company logo
1 of 89
Vida e obraVida e obra
Este ano 2016 dedícaselle o Día das
Letras Galegas a Manuel María, un
dos escritores máis prolíficos, activos
e comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros de
poesía, máis dun milleiro de artigos
xornalísticos, trinta ensaios, quince
obras narrativas, e vinte pezas
teatrais. Ten moitas obras aínda
inéditas.
Toda a súa obra reflicte o seu
amor ao país, á súa terra, á
xente, á súa dona, ás cousas
cotiáns… Dedicoulle unha
especial atención aos nenos
e nenas con poemarios,
contos, obriñas teatrais...
Foi traducida a numerosos
idiomas: catalán, euskera,
castelán, inglés, ruso, bretón,
...
Manuel María ao pé do
“seu” regato do Cepelo.
Manuel María
Fernández Teixeiro,
naceu en Outeiro de Rei,
na casa das Hortas,
o 6 de outubro de 1929.
Manuel María cos pais e
irmáns (1940)
Manuel María con
11 anos
-Comeza a escola en Outeiro en plena
guerra civil e logo prepara en Rábade o
ingreso no Instituto, cun mestre que dedica
as tardes dos sábados a ler e comentar
textos poéticos galegos.
Manuel María con 16 anos
-1942: Inicia o Bacharelato no Instituto
Masculino de Lugo.
Antes de rematar o primeiro curso, en
maio de 1943, morre o seu pai e faise
cargo da súa educación o seu tío
paterno, párroco de San Froilán e
profesor de Filosofía no Instituto
Feminino da cidade luguesa.
Vive como interno na Academia Galicia
dos maristas e no 1947-48 regresa ao
Instituto para rematar o bacharelato.
-1949: Con só dezanove anos
pronuncia no Círculo das Artes de
Lugo a súa primeira conferencia.
Intégrase no faladoiro do café
Méndez Núñez de Lugo, convidado
polo poeta Luis Pimentel, na que
participan tamén escritores como
Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón
Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño,
Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero.
Nesta época, de postguerra e
censura, os faladoiros dos cafés eran
os únicos foros de intercambio
cultural e político.
Edita a revista Xistral -onde publica
os seus primeiros versos en galego-.
Co equipo de fútbol do Instituto de Lugo (1949)
-1949: escribe o seu primeiro
poemario, Muiñeiro de brétemas, que
sairá ao ano seguinte na colección Benito
Soto, de Pontevedra.
O seu primeiro libro de poemas ten un triple
valor histórico: é o primeiro libro que publica
Manuel María, é a primeira obra que sae á luz
dun poeta novo despois da guerra e é o texto
que marca a aparición dunha nova corrente
poética na lírica galega: a Escola da Tebra.
(1950)
ALBORADA
Xogando na luz da alba
con aguilladas de sombras
muiñabas doces brisas
no teu muíño de follas.
Os ventos que non te oían,
cos seus foguetes de flores
depenicaban nas eiras
garabullos de milleiros.
Asubiaban os merlos
alalás entre as silveiras.
E a preta noite morría
aforcada nas cerdeiras!
(MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
-1949: Matricúlase por libre en
Filosofía e Letras na Universidade de
Santiago de Compostela, estudos que
abandona ao ano seguinte para
comezar Dereito.
-Nacen os primeiros versos
de Morrendo a cada intre.
-A morte en accidente do seu irmán
máis novo prodúcelle unha profunda
crise íntima e relixiosa que o leva a
escribir Libro de pregos.
-1952-53: Fai o servizo militar en
Parga e en Compostela, onde coincide
con Uxío Novoneyra.
-Participa nos faladoiros do café
“Español”, onde entra en contacto
con intelectuais galeguistas como
Luis Pimentel, Otero Pedraio, Ramón
Piñeiro, Carlos Maside… En Compostela con Maside, Uxío Novoneyra...
Morrendo a cada Intre.
Lugo 1952
POEMA EN CARNE VIVA
Olládeme aquí.
A miña cova é unha amarga nube rachada
con horas de fusís recentes.
E a neve é a miña anguria contada
ás profanacións das civilizacións abertas
nun castelo miserábel e fedorento.
Odio infindamente aos catedráticos
enlevitados e serios que teñen
un recendo de arqueoloxía artificial e rutinaria.
A lúa é un vello trebello, podre e noxento,
que amortalla, coa súa palidez de enmascarada,
os saloucos dos adolescentes cursis.
A lúa é un vello corazón que non latexa.
...
(MORRENDO A CADA INTRE, 1952)
-En Lugo, xa liberado do servizo militar,
inicia os estudos e prácticas de Procurador
dos tribunais, publica o seu segundo
poemario e gaña o Premio Castelao de
Poesía do Centro Galego de Bos Aires.
-1953 escribe a primeira redacción de Terra
Chá, que é un verdadeiro reencontro coa
vida chairega e coas súas raigames labregas.
Son anos de intensa creación poética, con
varios libros, algúns que se publicarán moito
máis tarde.
-1954: Publica Advento (Bos Aires)
e Terra Chá (Lugo).
BALADA DO
REISEÑOR
MÁIS TENRO
 
Ou música, ou silencio,
ou rechouchío…
O nácar do seu bico
era un suspiro.
O seu cantar moi triste.
Era moi tenro.
Estaba namorado
da súa inocencia virxe.
(ADVENTO, 1954)
TERRA CHÁ
 
A Terra Chá somentes é:
un pobo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
(TERRA CHÁ, 1954)
Santiago, 25 de xullo de 1955. Despois dunha celebración en honra de Rosalía de
Castro. Precursora do que máis adiante será o Día da Patria Galega.
No café Méndez Núñez. Festa de San Froilán (Lugo, 1955)
Xulio Cuns, Méndez Ferrín, Manuel
María, Franco Grande e Ramón
Lourenzo en Compostela, 1957.
-1958: Instálase en Monforte de
Lemos, onde exercerá a actividade
profesional de Procurador dos
Tribunais ata a súa xubilación.
-Publica Documentos persoais
(Lugo).
Con Vicente Risco na exposición de
Celia Cortés, 1959.
CARNÉ DE IDENTIDADE
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.
Agora son un namorado.
Eu son Manuel María,
cantor da Terra Chá que algunhos din.
Cantor da Terra Chá que leva un
clavada nas entrañas, penso eu.
Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.
Non teño máis tarefa:
son unha humilde folla que salaia
na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
un son tan só, lonxano e febre.
(DOCUMENTOS PERSOAIS, 1958)
-1960: Casa con Saleta Goi, a que
será a súa compañeira durante
toda a vida.
Con Saleta, 1959.
Ramón González Alegre, Aquilino Iglesia
Alvariño, Saleta Goi, Manuel María, Méndez
Ferrín, Carlos Somozas e Villar del Río.
Día da Patria Galega (1960)
-Entre 1959 e 1963 mantén unha
grande relación co grupo de
intelectuais de Ourense (Vicente
Risco, Otero Pedrayo, Florentino L.
Cuevillas...) e asisten ás primeiras
reunións para reorganizar o
nacionalismo galego. Intensifica a
súa creación, non só como poeta,
senón tamén como narrador e
dramaturgo.
-1962: Libro de Pregos (Lugo).
-1963: Mar Maior (Vigo).
…
Deus: Eu non Te coñezo matemáticamente
aínda que te ollei ao andar o meu camiño.
Só sei falar de home a home
no silenzo agarimoso das tuas cousas:
a flor desmaiada de horas sen cumprir,
a lúa –tan- vella cuberta de ferruxe
e os sapos coas súa frautas de noite
son cantigas tépedas,
o mesmo que estes versos esfarrapados.
…
(LIBRO DE PREGOS, 1962)
Retrato de 1962
VERBAS AO MAR
 
Esta tarde están baixas as nubes
e é a cor do mar como a da cinza.
Os berros salvaxes das gaivotas
semellan coiteladas
que fan escoar o corazón da tarde.
Hai quen trabuca doadamente
a mensura do mar coa inmensidade.
Eu de min só sei dicir
que o mar comeza no meu sangue.
O que non sei
é se o mar caberá na miña alma.
 
(MAR MAIOR, 1963)
Nestes tempos comprométese co
nacionalismo e percorre o país
participando en importantes
acontecementos para a cultura
galega: a presentación de Raimon e
da Nova Canción Galega, a creación
da colección de poesía Val de Lemos,
a edición de discos en colaboración
coa discográfica EDIGSA, a
inauguración da Libraría Xistral...
No campo creativo a súa voz é cada
vez máis comprometida e
combativa…
Porto, 1972.
Manuel María e o
grupo da Nova
Canción Galega, 1968
Manuel María e Saleta, na
librería “Xistral” en Monforte de
Lemos, 1970.
Celestino Fernández de la Vega, Eduardo
Blanco Amor, Nemesio Barxa e Manuel María
no museo Carlos Maside de Sada, 1972.
Con Soto e Celso
Emilio Ferreiro
Manuel María no Courel con Uxío
Novoneira e María Mariño
XISTRAL
Unha das iniciativas máis
destacadas de Manuel María foi
a creación da Editorial Xistral, en
Lugo no ano 1952 na que se
publicaron obras de Luz Pozo,
Carballo Calero, Pura Vázquez,
Cabanillas… O traballo continuou
en Monforte, con Saleta. Na
colección Val de Lemos viron a
luz obras de Celso Emilio
Ferreiro, Xosé Neira Vilas ou
Bernardino Graña; e escritores
noveis, como Lois Diéguez, Darío
Xohán Cabana, Margarita Ledo
Andión, Luís Álvarez Pousa, Fiz
Vergara Vilariño, Xosé Lois
García..
-1964-65: Acusación privada (inédito)
-1967: Versos florecidos en lovanza de Foz
-1968: Proba documental (Monforte)
-1968: Os soños na gaiola (Lugo)
-1969: Versos para cantar en feiras e romaxes (Montevideo)
-1969: Versos para un país de minifundios (Bos Aires).
-1970: Palabras para lle decir á propia terra (inédito).
-1970: Canciós do lusco ó fusco (traducida ao francés co
título de Heures Galiciennes, e tamén ao bretón e holandés).
-1970: Remol (Bos Aires).
-1972: Odas nun tempo de paz e de alegría (Porto)
ABRENTE
 
Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira,
que estás a soñar docemente na ribeira,
ollando as ondas do mar e a abelaneira
agarimada pola brisa de Llas e de Espiñeira!
…
(VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
OS LÍRICOS PAXAROS
 
Os paxaros, se queredes
tamén os paxariños,
-merlos, reiseñores,
xílgaros e xílgaras,
cecais un oureol:
embrullos de plumas
de cores e de soños-,
voan de ponla en ponla
e cantan. Cantan
libremente. Non sei
se cantan liberdade.
Non podo aseguralo
…
(PROBA DOCUMENTAL, 1968)
CARACOL
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro:
pon os teus cornos ao sol
xa que es tan frioleiro!
Ao lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón:
pon os teus cornos ao sol
ao sol os teus cornos pon!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
PASTORELA
(Poema bucólico)
Non ten, xa que logo, a natureza
tantísima beleza,
nin a louvadísima campía
reverte dozura e poesía.
As rústicas pastoras
non perden horas e horas
saloucando por cabaleiros
mentireiros,
nin poñendo flores
e demais primores
nos cornos dos carneiros.
As labregas teñen máis que facer
que contemplar as luces do mencer:
andan, con firmeza e tesón,
traballando o terrón;
puxando e suando como un boi;
ocupando, con firmeza, o lugar
que deixou baleiro no fogar
o home que se foi,
que tivo que emigrar;
e non sinten anceios nin degaros
de escoitar
os chíos harmoniosos dos paxaros.
Pastoras e labregas,
labregos e pastores
non contemplan solpores,
nin teñen fanegas
de líricos amores.
A doce e fermosísima campía
non ten, para eles, poesía.
E se nacen flores
é a conta de traballo e de suores.
(VERSOS PARA CANTAR
EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)
PRIMAVERA
 
Agora -ouh milagre!- é primavera.
Todo sorrí con amor.
O sol é maino e garimoso
e bica amabelmente a miña pel.
As cousas sorrín agradecidas
cara un ceo azul como o do mar.
Maio longo agromu flores
dun xeito cumprido e xeneroso.
A serán é moi doce
e son moi tépedas as noites.
O reiseñor canta longamente
baixo a luz das estrelas
o seu amor. O seu cantar
mainamente me enche o corazón.
 
(REMOL, 1970)
CANCIÓN PARA
A HORA DE TRONAR
 
Na nosa terra sempre, sempre trona
e caen raios e centellas a Deus dar.
A tronada é teimosa, machacona:
non ten traza ningunha de amainar.
Hai séculos que trona. A tronada
é cada vez máis forte, máis escura.
E nós aquí, sos, sen facer nada,
revertendo carraxe e máis tristura.
Chove a Deus dar, relustra, arroia,
unha nube moura cobre os ceios.
A xente desesperada, muda e soia,
xa non ten ilusiós, risos e anceios.
Segue a chover. O trono brúa, espanta.
O raio fire, mata, queima canto hai.
E a tronada que non, que non levanta.
E a tronada que non, que non se vai.
 
(CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
ODA AOS RICOS
 
Felices aqueles que non teñen
propiedades nin diñeiro,
nin sequer un anaco de terra
onde caerse mortos!
Deles será
o reino de alén mundo.
Mentres os pobres traballan
a terra, os ricos non acadan
ren do que desexan pois
a xustiza nunca os protexeu,
non saen nas primeiras planas
dos xornais ou no encadre mellor
do telexvexo, ninguén lles pide
recomendaciós e máis autógrafos,
non hai quen percure a súa
amizade, a xuventude non quere
imitalos nin seguilos, non
acadan nada do que soñan:
casas, chalés, alfaias, pazos
... 
(ODES NUN TEMPO DE PAZ E DE ALEGRÍA, 1972)
Recital de poesía en Xenebra, 1972
Nas Penas das Rodas, coa súa nai Pastora e
Chus de Pousa, 1975
-1970: foi elexido como membro
correspondente da Real Academia
Galega e en 1975 presentou a súa
renuncia nunha carta pública pola
ineficacia desta institución en
defensa da lingua galega.
Dona a propiedade de Edicións
Xistral ao recén creado Frente
Cultural da AN-PG, organización
da que Manuel María era un
activo militante.
Participando nun mitin, 1977
Na Feira do Libro, en Sarria, 1981.
Con Ernesto Cardenal na librería Xistral de Monforte.
No ano 1970, Manuel María e Saleta abriron en
Monforte a Libraría Xistral, entendida, máis que coma
unha tenda, coma centro de dinamización cultural.
A Estrada, 1980
25 de xullo de 1977 en Santiago
A partir destes anos participa
intensamente nas actividades
de entidades como a
Asociación Socio-Pedagóxica
Galega ou a recén creada
Asociación de Escritores en
Lingua Galega e emprende
tamén unha serie de viaxes que
o levan a diversas partes de
Europa e América.
Festa da poesía
en Salvaterra, 1982.
Irmandade galega de Caracas, 1981.
-1973: Aldraxe contra a xistra (Xenebra).
-1973: Informe para axudar a alcender unha cerilla (Montevideo).
-1973: Laio e cramor pola Bretaña (Lisboa).
-1973: Seis pétalos de rosa en xeito de retrato (Monforte)
-1976: Cantos rodados para alleados e colonizados (Pontevedra).
-1977: Poemas ó outono (Madrid).
-1977: Poemas para construir unha patria (A Coruña).
-1978: O libro das baladas (Santiago de Compostela)
...
O noso país sigue a durmir
debaixo dun mantelo
de escurísima brétema.
Todos estamos moi calados
-salvo excepciós,
naturalmente,-
case ninguén chista nin rebule,
aínda que todos nós
-ai, eso sí!-
amamos como tolos
a Galiza.
Mais Galiza
vaisenos morrendo
anaco a anaco,
sen remedio.
Están matando a Galiza
e nós facemos
moi pouco
para salvala.
Galiza estase esbroando,
caéndose de vella
polas catro paredes
...
(ALDRAXE CONTRA A XISTRA, 1973)
INVOCACIÓN A CASTELAO
Home cabal,
conciencia comunal,
forte penedo
contra a noite e o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea á patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!
(CANTOS RODADOS PARA
ALLLEADOS E COLONIZADOS, 1976)
Manuel María nun acto de homenaxe
a Castelao, en Rianxo.
Eu nacín no Outono cando o sol
é colleita total madurecida,
plenitude cabal e ben cumplida,
frorecido ronsel, morno remol.
En Outono a vida é doce e mol,
esperanza longamente presentida,
madurez xenerosa conquerida
na loita da semente por ser frol.
Eu nacín en Outono cando o mundo
é un froito dourado e en sazón,
un soño melancónico profundo.
Para tí é, Outono, esta canción
que a min me deixou no corazón
un misterioso vento vagamundo.
...
(POEMAS Ó OUTONO, 1977)
-1979: Cecais hai unha luz (inédito)
-1979: As rúas do vento ceibe (A Coruña).
-1979: Cataventos de neutrós domesticados (Lugo).
-1980: As brétemas do muiñeiro e poema da néboa aferrollada (Monforte)
-1981: Poemas da labarada estremecida (Vigo).
-1982: Escolma de poetas de Outeiro de Rei (Vigo).
-1982: Versos do lume e do vagalume (Ourense).
A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo.
...
O idioma é un herdo,
patrimonio do povo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
...
Renunciar ó idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!
...
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE , 1979)
Con Lois Diéguez nunha manifestación
en defensa do noso idioma.
A NATUREZA
 
Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
non encher de porquería
a beleza da paisaxe...!
O que ama a natureza
ten que respectarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida!
A natureza é amiga
e danos o seu amor:
dende a graza dunha espiga
ao río marmurador...!
A natureza é un ben,
é compañeira e irmá.
E pró home sempre ten
o seu corazón na man...!
 
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
POEMIÑA PARA
NAMORAR A UNHA ROSA
 
A rosa rosiña
está na roseira
moi coloradiña,
feliz e riseira.
A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.
A rosa rosiña
está no rosal:
Ti queres ser miña,
rosiña lanzal?
 
A rosa rosada
de tenro mencer,
É tan delicada
que pode morrer!
Para rosa rosiña
fachenda de Maio
incluso é espiña
a flor dun salaio!
A rosa rosada
xa é miña amiga:
quedou namorada
con esta cantiga!
 
(AS RÚAS DO
VENTO CEIBE, 1979)
Fuche ti quen me deprendeu
que o amor é un esforzo
que se fai intre a intre,
día a día,
ano a ano,
vida a vida.
O amor é manter acesa
a chama inesplicable
que nos deslumbrou,
cuidar a roseira
que naceu sen saber
como
na terra do noso sentimento.
O amor é conservar
inmarcesible
a única rosa
que non se repite
endexamais.
(POEMAS DA LABARADA ESTREMECIDA, 1981).
(Libro dedicado a Saleta)
“Para SALETA, despois de tantos anos
sempre nidia labarada estremecida”
...
  VII
TESTAMENTO
 
Enterrádeme en Outeiro
que quero escoitar o Miño
co seu paso silandeiro
nos prados de Xuncaíño.
…
Quero ser como o abeneiro:
fidel a unha soa corrente.
¡Pido un lugar en Outeiro
na campa da miña xente!.
  
(ESCOLMA DE POETAS
DE OUTEIRO DE REI, 1982)
A BRÉTEMA
 
A brétema é un maino e longo soño
preciso e exacto como un número:
nada hai máis útil e eficaz
que os seus lenes azuis esvaídos
para concretar a melancolía
que se apodera de nós cada serán:
a melancolía e a brétema veñen
a ser, entón, a mesma cousa.
A brétema pingona, escura e mesta
-de grandes ollos lúcidos atentos-
cae moi amodiño sobre o mundo
sen mancar as cousas aínda que
as penetra e posui ata o fondo.
Eu amo esa brétema lixeira,
amiga das nubes e as lavercas,
que agarima e coroa os altos cumes.
 
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
Acto no 25 cabodano de Cabanillas.
Cambados, 1984.
Reunión de escritores. Santiago, 1985.
Pregoeiro da Festa do
Albariño (Cambados, 1986).
Con José Saramago, 1989.
-1984: A luz resucitada (A Coruña).
-1984: Cantigueiro de Orcellón (O Carballiño).
-1985: O camiño é unha nostalxia (A Coruña).
-1986: Oráculos para cavaliños do demo (Ourense).
-1986: Ritual para unha tribu capital de concello (Ourense).
-1988: As lúcidas lúas de outono (A Coruña).
-1988: Sonetos ao Val de Quiroga (Quiroga).
A SALETA
Non sei como agradecer tanta tenrura,
tantos días usados en común,
tantas horas de plenitude,
tanta beleza que enterraches en min,
tanta luz gastada simplemente
en ollarme envellecer: oficio duro,
doente, fatal e inevitábel.
Eu só teño, para celebrar a túa
nidia e inmarcesíbel primavera,
esta melancolía señardosa
semellante, cecais, a unha camelia
e as palabras murchas e acedas
que intentan florecer nos meus poemas.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O SAN ALBERTE DE PARGA
 
Meu claro e cantareiro río Parga:
co brazo rexo e longo do caneiro
detés a auga, soségala, remánsala
para que espelle árbores e uces,
a prodixiosa ponte medieval,
a beleza do gótico aldeano
eternizada en cantería para erguer,
entre nós, o teu lar, a casa túa,
ouh San Alberte!, pois nós somos
a bretemosa tribo resignada,
pausada e firme dos chairegos.
…
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
OS CAVALIÑOS DO DEMO
 
1
Cavaliño do demo
pinga de luz
cristalizada
en lene soño,
rumor do silencio,
calada semente
de paxaro,
asombro do azul
máis delicado,
pura nostalxia
irreprimíbel
salouco de orballo.
…
5
Máxica, irisada transparencia
asombrando e agarimando
ao ar que te ten e te sostén.
Pinga de luz na luz,
mínimo latexo incendiando
de nidio amor ao universo.
Non te reflicte o río: es ti
quen espella, nos teus
lúcidos ollos alertados,
a transparencia da auga
que pasa envisa e fuxidía
arquivándote
no espello fiel da súa memoria.
(ORÁCULO PARA
CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
CANCIÓN DO MENCER
 
A noite envolve, na tebra lúcida
e apaixonada do seu ser:
cousas, xentes e paisaxes.
A perfección do mundo faise
música. A lúz é un ollo,
cómplice e amigo, que pon,
no noso non saber, a prata
pura e delicada da súa luz
tépeda e humana como a bágoa.
Un pode, entón, falar,
de xeito fondo e verdadeiro,
consigo mesmo e máis co mundo.
E cando, vagorosamente, chega
a alba, co seu crudo fulgor
indefinido: un é menos un
e as cousas perden a súa
trascendente verdade misteriosa.
 
(AS LÚCIDAS LÚAS DE OUTONO, 1988)
…
Vello Sil das canciós e as aureanas
que traes os abriles e os outonos:
vas deixando no Val doces ensonos,
lembranzas de terras moi lonxanas.
…
(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
-1990: Cancioneiro de Monforte de Lemos (Monforte).
-1991: Compendio de orballos e incertezas (Santiago de Compostela).
-1992: Panxoliñas (Guitiriz).
-1993: Poemas a Compostela (A Coruña).
-1993: A primavera de Venus (Santiago de Compostela)
Manuel María e Alberte Ansede, 1993.
Manuel María colaborou activamente nas Xornadas do Ensino, organizadas pola ASPG,
CANCIÓN DA
PONTE VELLA
 
A ponte Vella, ai amiga!,
é un soño namorado.
O Cabe, baixo os seus arcos,
vai silandeiro e pasmado.
Baixo os seus arcos o Cabe
vai pasmado e silandeiro
e reflexa nas súas ondas
o soño máis verdadeiro.
O soño máis verdadeiro
de cantería e pureza,
coa consistencia da pedra
e o inefábel da beleza!
…e o inefábel da beleza
que se sente e non se sabe:
na maxia da Ponte Vella
sobor das ondas do Cabe!
(CANCIONEIRO DE
MONFORTE DE LEMOS, 1990)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Santiago de Compostela: inefábel, pura
como a rosa e o soño, camelia
en pedra florecida, pazo
para a eternidade, único gris irrepetíbel
que os meus ollos coñecen e aman,
luz feble e sutil feita para nós:
non se pode concibir misterio
tan fondo e tan perfecto,
claridade humana máis trascendente.
 
(POEMAS A COMPOSTELA, 1993)
-1994: Cantigas e cantos de Pantón (A Coruña).
-1994: Poemas para dicirlle a dúas lagoas (A Coruña).
-1996: O miño canle de luz e néboa (A Coruña).
-1997: Sonetos á casa de Hortas (A Coruña).
-1998: Cantos, coplas e romances de cego (Lugo)
-2000: Brétemas do muiñeiro (A Coruña).
-2000: Os carreiros do soño (Monforte).
POEMAS Á LAGOA DO OLLO
...
Lagoa do Ollo: mao aberta á luz,
círculo perfecto como a rosa,
pozo no que amence o foscor
máis trascendente, brétema
misteriosa consoante coa arxila
da que está feito o noso ser,
resplandor máxico iluminando
os tremores máxicos da fraga,
espello das fuxitivas nubes
e das altas estrelas cintilantes.
Lagoa do Ollo: ollo prodixioso
co que a terra mira e contempla
a nosa indecisa humanidade:
óllame
con fondura, alegría e amor
e garda, no escusado de ti,
o meu fuxidío recordo transitorio:
só eco dunha sombra melancólica
que anda pola vida deslumbrada.
(POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)
Con Saleta na Lagoa do Ollo, 1994.
FRONTIS E OFERENDA
A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde,
reverente, sincero e infinito
que me naceras chairego e acenderas en min
o amor a Galiza e á súa fala aínda viva
pese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio.
Moitísimas gracias por poder ser amigo
do leve e delicado Regato do Cepelo
e do Miño caudal de paso firme e lento:
necesaria e máxica voz marabillada.
…..
(O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA, 1996)
-2001: Obra poética completa I (1950 a 1979) (A Coruña).
-2001: Obra poética completa II 1981 a 2000) (A Coruña).
-2003: Cancioneiriño de Valdeorras (Carballo).
-2004: Elexías á miña vida pequeniña (Vilalba).
-2010: Cecais hai unha luz (A Coruña).
Elexía nº 12
Amor, vento, soidade sen corazón:
case me sinto novo cando
vexo morrer un paxariño.
Liñas máxicas nas espadaíñas máis recentes.
Nunca digo "non".
Todo é transcendente: póñome alegre
ao pensar que todo morre.
Engano a todos os que pensan
que estou fusilado para sempre,
e, a dicir verdade,
eu aínda penso dar moitos desgustos.
Sabedes algo
vós
da miña vida?
 
(ELEXÍAS Á MIÑA VIDA PEQUENIÑA, 2004)
Manifestación de Nunca Máis, A Coruña, 2003.
INVOCACIÓN
 
Ese ar fadado, case leve terra,
en que sementamos
a delicada flor da nosa voz,
é a transparencia,
toda a marabilla deste mundo.
 
Esa auga lustral, que lava
todos os lixos e morrallas
e endexamais se gasta,
é a pureza,
toda a virxindade deste mundo.
 
Ese lume ledo, chameante e vivo,
que aquece, queima, incendia
e non se apaga,
é a paixón,
toda a claridade deste mundo.
 
Esa terra humana que nos contén,
materia delicada e poderosa
con argumento de soños e cancións,
é a vida,
todo canto temos neste mundo.
 
E ese limpo amor que nos posúe
e que nace misteriosamente
na sagrada fonte de nós mesmos,
é o noso ser,
a única verdade deste mundo.
(CECAIS HAI UNHA LUZ, 2010)
TEATROTEATRO
-1957: Auto do taberneiro.
-1960: Edipo.
-1961: Auto do labrego.
-1961: Auto do mariñeiro.
-1968: Barriga Verde.
-1973: Auto da costureira.
-1977: Auto trascendental da escola tradicional.
-1978: Semente de dramón dos medios de comunicación.
-1978: Auto de simulación da caravilla.
-1979: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo 
chamada Berenguela.
-1980: Auto da autonomía.
-1982: Auto do maio esmaiolado.
-1985: Auto do camiñante.
-1986: Auto do pescador de cana.
-1986: Entremés da OTAN.
-1989: A revolución de 1846 ou Abril de lume e ferro.
-1991: Brevísimo auto do outono.
-1991: Paso do viño novo.
-1992: Farsa de Bululú (estreada en Fene en 1979)
-1992: A lúa vai encuberta.
-1992: Auto do Castromil ou a Revolución dos baúles.
-1992: Farsa épico-lírica –ou viceversa- moi moral e de grande proveito sobor da 
doutrina político-metafísica da Comell/hada Frainal/eu.
-1992: Novo entremés famoso da pesca do río Miño.
-1992: Unha vez foi o trebón.
-1993: Auto do regato de Cepelo.
-1993: Auto de Don Gaiferos ou o Trásito Iluminado.
-2003: Edipo.
-1952: Contos en cuarto crecente.
-1971: O xornaleiro e sete testimuñas máis.
-1973: Kricoi, Fanoi e D. Lobonís.
-1990: Os ontes do Silencio.
-1991: A Tribo ten catro ríos.
-1991: Unha sombra vai polo camiño e Como desapareceu a Atlántida e 
apareceron os lagartos.
NARRATIVANARRATIVA
-1992: Cando o mar foi polo río.
-1992: Novos Contos para nenos.
-1994: Viaxes e vagancias de M.P.
-1995: Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei.
-1997: As ribeiras son escuras.
-2003: Historias do empardecer.
-2003: O bigote de Mimí.
-2004: Ensaio histórico, biográfico e filosófico que parece un 
conto.
 " Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía 
con seus pais nunha casa das aforas da vila. 
Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte 
traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto 
Fiz coma seus pais eran moi amantes de 
todos os seres vivos dende os bichocos máis 
pequenos, árbores e plantas ata os animais 
máis grandes e as persoas. Sabían que o 
amor era a cousa máis fermosa e perfecta de 
canto hai no mundo.
...
E, para andar pola casa e tela limpa de ratos, 
trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome 
Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e 
agarimoso. Tratábase dun gato precioso e 
moi murador ou cazador, que vén ser o 
mesmo. (...)
 
(CONTO: O BIGOTE DE MIMÍ, 1992)
O GATO MIMÍ
-1958: Notas encol da poesía de Fermín Bouza 
Brey (R.A.G.).
-1967: Raimon, poeta do Noso Tempo (Galaxia).
-1968: Noticia da vida e poesía de Xosé 
Crecente Vega (Univ. de Coímbra).
-1972: Noticia da Poesía Galega de Postguerra 
(Sociedade de Lingua Portuguesa).
-1988: Gabriel Aresti: Albre e Pedra (Eusko
Ikaskuntza).
-1989: O tema da emigración na poesía galega 
(Comisión Galega do V Centenario).
-1991: A presencia do mar na poesía galega 
(Eusko Ikaskuntza).
-1991: Ánxel Johán. Sonetos de vida e morte 
(Deputación de Lugo).
-1997: A recuperación da narrativa en galego: 
Ánxel Fole (AS-PG e A Nosa Terra).
-1997: Poetas entre a tradición e a 
modernidade. Luis Amado carballo e a súa 
escola poética (AS-PG e A Nosa Terra).
-2003: A Terra Chá, poesía e paisaxe (RAG)
Caricatura de
Calros Silvar.
ENSAIOENSAIO
Manuel María tivo unha prolífica produción de
artigos xornalísticos ao longo de toda a súa vida
(1.425 artigos). Publicou en xornais e revistas
galegas e de fóra como Alba, El Ideal Gallego, El
Correo Gallego, El Progreso, Grial, A Nosa
Terra...
COLABORACIÓNS EN PRENSACOLABORACIÓNS EN PRENSA
Escolma de cincuenta e nove artigos de
pequeno formato publicados por
Manuel María en xornais e revistas
galegas desde o ano 1978 (Casa Museo
Manuel María, 2015).
Participou na refundación do
semanario A Nosa Terra no que
publicou a colección de artigos
Andando a terra (1977 a 1987)
co seudónimo de Manuel
Hortas Vilanova.
Prantando un carballo na Carballeira de Santa Sabela de Outeiro de Rei, 1997.
-1998: Manuel María e Saleta trasladan a súa
residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus
últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.
A Coruña, 2002.
Participando no “Correlingua”, A Coruña, 2001.
Nunha homenaxe a Alenxandre Bóveda, A Coruña, 2002.
-2003 ( 15 de febreiro) ingresa como académico
numerario na Real Academia Galega. Le o discurso
“A Terra Chá, poesía e paisaxe”.
-2004 (8 de setembro): morre na Coruña.
Despois do velorio no Panteón de Galegos
Ilustres, o seu corpo foi trasladado a
Outeiro de Rei.
Enterro en Outeiro de Rei.
MANUEL MARÍA NA VOZ DOS MÚSICOS
No ano 1968 naceu Nova Canción Galega, un movemento musical
de especial relevancia na nosa historia que foi presentado por
Manuel María no Cine Capitol de Compostela o 1 de decembro. A
partir daquela altura, Manuel María converteuse nun dos poetas
máis cantados por voces e grupos galegos: Fuxan os Ventos, Suso
Vaamonde, A Quenlla, Maria Manoela, Uxía…
RECOÑECEMENTOS
A longa traxectoria, o compromiso sinceiro e a calidade do seu traballo foi recoñecido
en numerosas ocasións e moitos foron os parabéns, homenaxes e premios cos que foi
destacado.
-1954: gaña os Xogos Florais de Ourense.
-1966: primeiro premio “Frol Natural” nos I Xogos Florais de de Foz.
-1976: gaña o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega.
-1987: foi nomeado fillo adoptivo de Monforte de Lemos.
-1989: a Asociación Xermolos celebrou os Primeiros Encontros na Terra Chá.
-1990: o Patronato Curros Enríquez concédelle o premio “Celanova, casa dos poetas”.
-1994: recibe “Pedrón de Ouro”, outorgado en na Casa Museo de Rosalía de Castro.
En Padrón, con motivo da
entrega do Pedrón de Ouro,
1994.
Cantando os seus
poemas con Suso
Vaamonde.
Con Isaac
Díaz Pardo.
-1995: recibe unha homenaxe dos
escritores lucenses.
-1995 a AS-PG tributoulle unha grande
homenaxe no Teatro Rosalía de Castro
(A Coruña), coincidindo coas XIX
Xornadas do Ensino.
-1996: a Ferderación de Libreiros de Galiza
concédelle o “ Premio de autor”.
-1997: a Asociación de Escritores en Lingua
Galega organiza en Outeiro de Rei a
homenaxe “O escritor na súa terra” na que
se plantou un carballo, decubriuse un
monumento conmemorativo e inaugurouse
unha rúa co nome do poeta.
-1999: concédeselle o premio Moncho
Valcarce “Pola Promoción da Terra”
-1999: recibe o premio “Otero Pedrayo”
-2000: todos os centros de ensino da Terra
Chá, xunto con colectivos culturais e
concellos, deciden celebrar o 21 de marzo o
“Día das Letras Chairegas”, dedicándolle o
primeiro ano a Manuel María.
Inauguración do monumento en Outeiro
de Rei levantado pola AELG con motivo da
entreda do E de escritor. 1997
-2007: constitúese a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para
manter o seu legado e a súa memoria.
-2013: inaugúrase, na súa casa natal en Outeiro de Rei a Casa Museo
Manuel María.
Manuel María
Letras Galegas 2016
Con este traballo queremos 
facer unha humilde homenaxe 
a quen tanto quixo e fixo por 
poñer en valor este noso país.
MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta
FOTOS: Arquivo: A NOSA TERRA, FUNDACIÓN MANUEL MARÍA
Adela Leiro, Mon Daporta, Internet.
XANEIRO 2016

More Related Content

What's hot

Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempomonadela
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popularroimelo
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 

What's hot (20)

Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Manuel María: animais
Manuel María: animaisManuel María: animais
Manuel María: animais
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 

Viewers also liked

Manuel María. por Alba
  Manuel María. por Alba  Manuel María. por Alba
Manuel María. por AlbaRosa Vila
 
Ejercicios lengua 6º primaria
Ejercicios lengua 6º primariaEjercicios lengua 6º primaria
Ejercicios lengua 6º primariaPepe Acosta
 
Fran Alonso (poesía) por Borja
Fran Alonso (poesía) por BorjaFran Alonso (poesía) por Borja
Fran Alonso (poesía) por BorjaRosa Vila
 
Exposición poema
Exposición poemaExposición poema
Exposición poemaalisita2
 
lalibretade4b.blogspot.com
lalibretade4b.blogspot.comlalibretade4b.blogspot.com
lalibretade4b.blogspot.comPATRICIADOVAL
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Autores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisAutores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisPuri555
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975laurafernanlopez
 

Viewers also liked (15)

Manuel María. por Alba
  Manuel María. por Alba  Manuel María. por Alba
Manuel María. por Alba
 
Ejercicios lengua 6º primaria
Ejercicios lengua 6º primariaEjercicios lengua 6º primaria
Ejercicios lengua 6º primaria
 
Fran Alonso (poesía) por Borja
Fran Alonso (poesía) por BorjaFran Alonso (poesía) por Borja
Fran Alonso (poesía) por Borja
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
A estrela sen nome
A estrela sen nomeA estrela sen nome
A estrela sen nome
 
Exposición poema
Exposición poemaExposición poema
Exposición poema
 
lalibretade4b.blogspot.com
lalibretade4b.blogspot.comlalibretade4b.blogspot.com
lalibretade4b.blogspot.com
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
A saúde
A saúdeA saúde
A saúde
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Autores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisAutores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervais
 
Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
RecitandoCelsoEmilio
RecitandoCelsoEmilioRecitandoCelsoEmilio
RecitandoCelsoEmilio
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975
 
Poesía 1936 1976
Poesía 1936 1976Poesía 1936 1976
Poesía 1936 1976
 

Similar to Manuel Maria-2016: vida e obra

Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1xanelacachada
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilBibliotecadicoruna
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 

Similar to Manuel Maria-2016: vida e obra (20)

Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Uxío novoneyra
Uxío novoneyraUxío novoneyra
Uxío novoneyra
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Manuel Maria-2016: vida e obra

  • 2. Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais. Ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. Toda a súa obra reflicte o seu amor ao país, á súa terra, á xente, á súa dona, ás cousas cotiáns… Dedicoulle unha especial atención aos nenos e nenas con poemarios, contos, obriñas teatrais... Foi traducida a numerosos idiomas: catalán, euskera, castelán, inglés, ruso, bretón, ... Manuel María ao pé do “seu” regato do Cepelo.
  • 4. Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro de 1929.
  • 5. Manuel María cos pais e irmáns (1940) Manuel María con 11 anos -Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil e logo prepara en Rábade o ingreso no Instituto, cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos.
  • 6. Manuel María con 16 anos -1942: Inicia o Bacharelato no Instituto Masculino de Lugo. Antes de rematar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Instituto Feminino da cidade luguesa. Vive como interno na Academia Galicia dos maristas e no 1947-48 regresa ao Instituto para rematar o bacharelato.
  • 7. -1949: Con só dezanove anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia. Intégrase no faladoiro do café Méndez Núñez de Lugo, convidado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero. Nesta época, de postguerra e censura, os faladoiros dos cafés eran os únicos foros de intercambio cultural e político. Edita a revista Xistral -onde publica os seus primeiros versos en galego-. Co equipo de fútbol do Instituto de Lugo (1949)
  • 8. -1949: escribe o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, que sairá ao ano seguinte na colección Benito Soto, de Pontevedra. O seu primeiro libro de poemas ten un triple valor histórico: é o primeiro libro que publica Manuel María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo despois da guerra e é o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra. (1950)
  • 9. ALBORADA Xogando na luz da alba con aguilladas de sombras muiñabas doces brisas no teu muíño de follas. Os ventos que non te oían, cos seus foguetes de flores depenicaban nas eiras garabullos de milleiros. Asubiaban os merlos alalás entre as silveiras. E a preta noite morría aforcada nas cerdeiras! (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
  • 10. -1949: Matricúlase por libre en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que abandona ao ano seguinte para comezar Dereito. -Nacen os primeiros versos de Morrendo a cada intre. -A morte en accidente do seu irmán máis novo prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos. -1952-53: Fai o servizo militar en Parga e en Compostela, onde coincide con Uxío Novoneyra. -Participa nos faladoiros do café “Español”, onde entra en contacto con intelectuais galeguistas como Luis Pimentel, Otero Pedraio, Ramón Piñeiro, Carlos Maside… En Compostela con Maside, Uxío Novoneyra...
  • 11. Morrendo a cada Intre. Lugo 1952 POEMA EN CARNE VIVA Olládeme aquí. A miña cova é unha amarga nube rachada con horas de fusís recentes. E a neve é a miña anguria contada ás profanacións das civilizacións abertas nun castelo miserábel e fedorento. Odio infindamente aos catedráticos enlevitados e serios que teñen un recendo de arqueoloxía artificial e rutinaria. A lúa é un vello trebello, podre e noxento, que amortalla, coa súa palidez de enmascarada, os saloucos dos adolescentes cursis. A lúa é un vello corazón que non latexa. ... (MORRENDO A CADA INTRE, 1952)
  • 12. -En Lugo, xa liberado do servizo militar, inicia os estudos e prácticas de Procurador dos tribunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Bos Aires. -1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas. Son anos de intensa creación poética, con varios libros, algúns que se publicarán moito máis tarde. -1954: Publica Advento (Bos Aires) e Terra Chá (Lugo).
  • 13. BALADA DO REISEÑOR MÁIS TENRO   Ou música, ou silencio, ou rechouchío… O nácar do seu bico era un suspiro. O seu cantar moi triste. Era moi tenro. Estaba namorado da súa inocencia virxe. (ADVENTO, 1954)
  • 14. TERRA CHÁ   A Terra Chá somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 15. Santiago, 25 de xullo de 1955. Despois dunha celebración en honra de Rosalía de Castro. Precursora do que máis adiante será o Día da Patria Galega.
  • 16. No café Méndez Núñez. Festa de San Froilán (Lugo, 1955)
  • 17. Xulio Cuns, Méndez Ferrín, Manuel María, Franco Grande e Ramón Lourenzo en Compostela, 1957. -1958: Instálase en Monforte de Lemos, onde exercerá a actividade profesional de Procurador dos Tribunais ata a súa xubilación. -Publica Documentos persoais (Lugo). Con Vicente Risco na exposición de Celia Cortés, 1959.
  • 18. CARNÉ DE IDENTIDADE Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María, cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da Terra Chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa: son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, un son tan só, lonxano e febre. (DOCUMENTOS PERSOAIS, 1958)
  • 19. -1960: Casa con Saleta Goi, a que será a súa compañeira durante toda a vida. Con Saleta, 1959.
  • 20. Ramón González Alegre, Aquilino Iglesia Alvariño, Saleta Goi, Manuel María, Méndez Ferrín, Carlos Somozas e Villar del Río. Día da Patria Galega (1960) -Entre 1959 e 1963 mantén unha grande relación co grupo de intelectuais de Ourense (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas...) e asisten ás primeiras reunións para reorganizar o nacionalismo galego. Intensifica a súa creación, non só como poeta, senón tamén como narrador e dramaturgo. -1962: Libro de Pregos (Lugo). -1963: Mar Maior (Vigo).
  • 21. … Deus: Eu non Te coñezo matemáticamente aínda que te ollei ao andar o meu camiño. Só sei falar de home a home no silenzo agarimoso das tuas cousas: a flor desmaiada de horas sen cumprir, a lúa –tan- vella cuberta de ferruxe e os sapos coas súa frautas de noite son cantigas tépedas, o mesmo que estes versos esfarrapados. … (LIBRO DE PREGOS, 1962) Retrato de 1962
  • 22. VERBAS AO MAR   Esta tarde están baixas as nubes e é a cor do mar como a da cinza. Os berros salvaxes das gaivotas semellan coiteladas que fan escoar o corazón da tarde. Hai quen trabuca doadamente a mensura do mar coa inmensidade. Eu de min só sei dicir que o mar comeza no meu sangue. O que non sei é se o mar caberá na miña alma.   (MAR MAIOR, 1963)
  • 23. Nestes tempos comprométese co nacionalismo e percorre o país participando en importantes acontecementos para a cultura galega: a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a creación da colección de poesía Val de Lemos, a edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA, a inauguración da Libraría Xistral... No campo creativo a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa… Porto, 1972. Manuel María e o grupo da Nova Canción Galega, 1968
  • 24. Manuel María e Saleta, na librería “Xistral” en Monforte de Lemos, 1970. Celestino Fernández de la Vega, Eduardo Blanco Amor, Nemesio Barxa e Manuel María no museo Carlos Maside de Sada, 1972.
  • 25. Con Soto e Celso Emilio Ferreiro Manuel María no Courel con Uxío Novoneira e María Mariño
  • 26. XISTRAL Unha das iniciativas máis destacadas de Manuel María foi a creación da Editorial Xistral, en Lugo no ano 1952 na que se publicaron obras de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez, Cabanillas… O traballo continuou en Monforte, con Saleta. Na colección Val de Lemos viron a luz obras de Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas ou Bernardino Graña; e escritores noveis, como Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Luís Álvarez Pousa, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Lois García..
  • 27. -1964-65: Acusación privada (inédito) -1967: Versos florecidos en lovanza de Foz -1968: Proba documental (Monforte) -1968: Os soños na gaiola (Lugo) -1969: Versos para cantar en feiras e romaxes (Montevideo) -1969: Versos para un país de minifundios (Bos Aires). -1970: Palabras para lle decir á propia terra (inédito). -1970: Canciós do lusco ó fusco (traducida ao francés co título de Heures Galiciennes, e tamén ao bretón e holandés). -1970: Remol (Bos Aires). -1972: Odas nun tempo de paz e de alegría (Porto)
  • 28. ABRENTE   Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira, que estás a soñar docemente na ribeira, ollando as ondas do mar e a abelaneira agarimada pola brisa de Llas e de Espiñeira! … (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
  • 29. OS LÍRICOS PAXAROS   Os paxaros, se queredes tamén os paxariños, -merlos, reiseñores, xílgaros e xílgaras, cecais un oureol: embrullos de plumas de cores e de soños-, voan de ponla en ponla e cantan. Cantan libremente. Non sei se cantan liberdade. Non podo aseguralo … (PROBA DOCUMENTAL, 1968)
  • 30.
  • 31. CARACOL Caracol, col, col; caracol, caracoleiro: pon os teus cornos ao sol xa que es tan frioleiro! Ao lombo levas a casa, caracol, caracoleiro: e deixas cintas de seda engalanando o carreiro! Caracol, col, col; caracol, caracolón: pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  • 32. PASTORELA (Poema bucólico) Non ten, xa que logo, a natureza tantísima beleza, nin a louvadísima campía reverte dozura e poesía. As rústicas pastoras non perden horas e horas saloucando por cabaleiros mentireiros, nin poñendo flores e demais primores nos cornos dos carneiros. As labregas teñen máis que facer que contemplar as luces do mencer: andan, con firmeza e tesón, traballando o terrón; puxando e suando como un boi; ocupando, con firmeza, o lugar que deixou baleiro no fogar o home que se foi, que tivo que emigrar; e non sinten anceios nin degaros de escoitar os chíos harmoniosos dos paxaros. Pastoras e labregas, labregos e pastores non contemplan solpores, nin teñen fanegas de líricos amores. A doce e fermosísima campía non ten, para eles, poesía. E se nacen flores é a conta de traballo e de suores. (VERSOS PARA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)
  • 33. PRIMAVERA   Agora -ouh milagre!- é primavera. Todo sorrí con amor. O sol é maino e garimoso e bica amabelmente a miña pel. As cousas sorrín agradecidas cara un ceo azul como o do mar. Maio longo agromu flores dun xeito cumprido e xeneroso. A serán é moi doce e son moi tépedas as noites. O reiseñor canta longamente baixo a luz das estrelas o seu amor. O seu cantar mainamente me enche o corazón.   (REMOL, 1970)
  • 34. CANCIÓN PARA A HORA DE TRONAR   Na nosa terra sempre, sempre trona e caen raios e centellas a Deus dar. A tronada é teimosa, machacona: non ten traza ningunha de amainar. Hai séculos que trona. A tronada é cada vez máis forte, máis escura. E nós aquí, sos, sen facer nada, revertendo carraxe e máis tristura. Chove a Deus dar, relustra, arroia, unha nube moura cobre os ceios. A xente desesperada, muda e soia, xa non ten ilusiós, risos e anceios. Segue a chover. O trono brúa, espanta. O raio fire, mata, queima canto hai. E a tronada que non, que non levanta. E a tronada que non, que non se vai.   (CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
  • 35. ODA AOS RICOS   Felices aqueles que non teñen propiedades nin diñeiro, nin sequer un anaco de terra onde caerse mortos! Deles será o reino de alén mundo. Mentres os pobres traballan a terra, os ricos non acadan ren do que desexan pois a xustiza nunca os protexeu, non saen nas primeiras planas dos xornais ou no encadre mellor do telexvexo, ninguén lles pide recomendaciós e máis autógrafos, non hai quen percure a súa amizade, a xuventude non quere imitalos nin seguilos, non acadan nada do que soñan: casas, chalés, alfaias, pazos ...  (ODES NUN TEMPO DE PAZ E DE ALEGRÍA, 1972) Recital de poesía en Xenebra, 1972
  • 36. Nas Penas das Rodas, coa súa nai Pastora e Chus de Pousa, 1975
  • 37. -1970: foi elexido como membro correspondente da Real Academia Galega e en 1975 presentou a súa renuncia nunha carta pública pola ineficacia desta institución en defensa da lingua galega. Dona a propiedade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG, organización da que Manuel María era un activo militante. Participando nun mitin, 1977 Na Feira do Libro, en Sarria, 1981.
  • 38. Con Ernesto Cardenal na librería Xistral de Monforte. No ano 1970, Manuel María e Saleta abriron en Monforte a Libraría Xistral, entendida, máis que coma unha tenda, coma centro de dinamización cultural. A Estrada, 1980
  • 39. 25 de xullo de 1977 en Santiago
  • 40. A partir destes anos participa intensamente nas actividades de entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a recén creada Asociación de Escritores en Lingua Galega e emprende tamén unha serie de viaxes que o levan a diversas partes de Europa e América. Festa da poesía en Salvaterra, 1982. Irmandade galega de Caracas, 1981.
  • 41. -1973: Aldraxe contra a xistra (Xenebra). -1973: Informe para axudar a alcender unha cerilla (Montevideo). -1973: Laio e cramor pola Bretaña (Lisboa). -1973: Seis pétalos de rosa en xeito de retrato (Monforte) -1976: Cantos rodados para alleados e colonizados (Pontevedra). -1977: Poemas ó outono (Madrid). -1977: Poemas para construir unha patria (A Coruña). -1978: O libro das baladas (Santiago de Compostela)
  • 42. ... O noso país sigue a durmir debaixo dun mantelo de escurísima brétema. Todos estamos moi calados -salvo excepciós, naturalmente,- case ninguén chista nin rebule, aínda que todos nós -ai, eso sí!- amamos como tolos a Galiza. Mais Galiza vaisenos morrendo anaco a anaco, sen remedio. Están matando a Galiza e nós facemos moi pouco para salvala. Galiza estase esbroando, caéndose de vella polas catro paredes ... (ALDRAXE CONTRA A XISTRA, 1973)
  • 43. INVOCACIÓN A CASTELAO Home cabal, conciencia comunal, forte penedo contra a noite e o medo, trono que nos tirou o sono facéndonos acordar e camiñar, fe poderosa que estea á patria nosa, limpa aurora, vida fecunda e creadora, voz que berra a verdade da Terra, guieiro, compañeiro preciso como o pan, tremor humán, facho puro alumando o escuro. Castelao: pai e irmao. Verba de luz inxel: ¡Daniel! (CANTOS RODADOS PARA ALLLEADOS E COLONIZADOS, 1976) Manuel María nun acto de homenaxe a Castelao, en Rianxo.
  • 44. Eu nacín no Outono cando o sol é colleita total madurecida, plenitude cabal e ben cumplida, frorecido ronsel, morno remol. En Outono a vida é doce e mol, esperanza longamente presentida, madurez xenerosa conquerida na loita da semente por ser frol. Eu nacín en Outono cando o mundo é un froito dourado e en sazón, un soño melancónico profundo. Para tí é, Outono, esta canción que a min me deixou no corazón un misterioso vento vagamundo. ... (POEMAS Ó OUTONO, 1977)
  • 45. -1979: Cecais hai unha luz (inédito) -1979: As rúas do vento ceibe (A Coruña). -1979: Cataventos de neutrós domesticados (Lugo). -1980: As brétemas do muiñeiro e poema da néboa aferrollada (Monforte) -1981: Poemas da labarada estremecida (Vigo). -1982: Escolma de poetas de Outeiro de Rei (Vigo). -1982: Versos do lume e do vagalume (Ourense).
  • 46. A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. ... O idioma é un herdo, patrimonio do povo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. Se perdemos a fala non seremos ninguén! ... Renunciar ó idioma é ser mudo e morrer. Precisamos a lingua se queremos vencer! ... (AS RÚAS DO VENTO CEIBE , 1979) Con Lois Diéguez nunha manifestación en defensa do noso idioma.
  • 47. A NATUREZA   Temos que amar a campía e non lle facer aldraxe. non encher de porquería a beleza da paisaxe...! O que ama a natureza ten que respectarlle a vida. Non hai meirande beleza nin emoción tan cumprida! A natureza é amiga e danos o seu amor: dende a graza dunha espiga ao río marmurador...! A natureza é un ben, é compañeira e irmá. E pró home sempre ten o seu corazón na man...!   (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 48. POEMIÑA PARA NAMORAR A UNHA ROSA   A rosa rosiña está na roseira moi coloradiña, feliz e riseira. A rosa rosada de tanto lucir a mesma alborada a pode ferir. A rosa rosiña está no rosal: Ti queres ser miña, rosiña lanzal?   A rosa rosada de tenro mencer, É tan delicada que pode morrer! Para rosa rosiña fachenda de Maio incluso é espiña a flor dun salaio! A rosa rosada xa é miña amiga: quedou namorada con esta cantiga!   (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 49. Fuche ti quen me deprendeu que o amor é un esforzo que se fai intre a intre, día a día, ano a ano, vida a vida. O amor é manter acesa a chama inesplicable que nos deslumbrou, cuidar a roseira que naceu sen saber como na terra do noso sentimento. O amor é conservar inmarcesible a única rosa que non se repite endexamais. (POEMAS DA LABARADA ESTREMECIDA, 1981). (Libro dedicado a Saleta) “Para SALETA, despois de tantos anos sempre nidia labarada estremecida”
  • 50. ...   VII TESTAMENTO   Enterrádeme en Outeiro que quero escoitar o Miño co seu paso silandeiro nos prados de Xuncaíño. … Quero ser como o abeneiro: fidel a unha soa corrente. ¡Pido un lugar en Outeiro na campa da miña xente!.    (ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)
  • 51. A BRÉTEMA   A brétema é un maino e longo soño preciso e exacto como un número: nada hai máis útil e eficaz que os seus lenes azuis esvaídos para concretar a melancolía que se apodera de nós cada serán: a melancolía e a brétema veñen a ser, entón, a mesma cousa. A brétema pingona, escura e mesta -de grandes ollos lúcidos atentos- cae moi amodiño sobre o mundo sen mancar as cousas aínda que as penetra e posui ata o fondo. Eu amo esa brétema lixeira, amiga das nubes e as lavercas, que agarima e coroa os altos cumes.   (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 52. Acto no 25 cabodano de Cabanillas. Cambados, 1984.
  • 53. Reunión de escritores. Santiago, 1985.
  • 54. Pregoeiro da Festa do Albariño (Cambados, 1986). Con José Saramago, 1989.
  • 55. -1984: A luz resucitada (A Coruña). -1984: Cantigueiro de Orcellón (O Carballiño). -1985: O camiño é unha nostalxia (A Coruña). -1986: Oráculos para cavaliños do demo (Ourense). -1986: Ritual para unha tribu capital de concello (Ourense). -1988: As lúcidas lúas de outono (A Coruña). -1988: Sonetos ao Val de Quiroga (Quiroga).
  • 56. A SALETA Non sei como agradecer tanta tenrura, tantos días usados en común, tantas horas de plenitude, tanta beleza que enterraches en min, tanta luz gastada simplemente en ollarme envellecer: oficio duro, doente, fatal e inevitábel. Eu só teño, para celebrar a túa nidia e inmarcesíbel primavera, esta melancolía señardosa semellante, cecais, a unha camelia e as palabras murchas e acedas que intentan florecer nos meus poemas. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 57. O SAN ALBERTE DE PARGA   Meu claro e cantareiro río Parga: co brazo rexo e longo do caneiro detés a auga, soségala, remánsala para que espelle árbores e uces, a prodixiosa ponte medieval, a beleza do gótico aldeano eternizada en cantería para erguer, entre nós, o teu lar, a casa túa, ouh San Alberte!, pois nós somos a bretemosa tribo resignada, pausada e firme dos chairegos. … (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 58. OS CAVALIÑOS DO DEMO   1 Cavaliño do demo pinga de luz cristalizada en lene soño, rumor do silencio, calada semente de paxaro, asombro do azul máis delicado, pura nostalxia irreprimíbel salouco de orballo. … 5 Máxica, irisada transparencia asombrando e agarimando ao ar que te ten e te sostén. Pinga de luz na luz, mínimo latexo incendiando de nidio amor ao universo. Non te reflicte o río: es ti quen espella, nos teus lúcidos ollos alertados, a transparencia da auga que pasa envisa e fuxidía arquivándote no espello fiel da súa memoria. (ORÁCULO PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
  • 59. CANCIÓN DO MENCER   A noite envolve, na tebra lúcida e apaixonada do seu ser: cousas, xentes e paisaxes. A perfección do mundo faise música. A lúz é un ollo, cómplice e amigo, que pon, no noso non saber, a prata pura e delicada da súa luz tépeda e humana como a bágoa. Un pode, entón, falar, de xeito fondo e verdadeiro, consigo mesmo e máis co mundo. E cando, vagorosamente, chega a alba, co seu crudo fulgor indefinido: un é menos un e as cousas perden a súa trascendente verdade misteriosa.   (AS LÚCIDAS LÚAS DE OUTONO, 1988)
  • 60. … Vello Sil das canciós e as aureanas que traes os abriles e os outonos: vas deixando no Val doces ensonos, lembranzas de terras moi lonxanas. … (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 61. -1990: Cancioneiro de Monforte de Lemos (Monforte). -1991: Compendio de orballos e incertezas (Santiago de Compostela). -1992: Panxoliñas (Guitiriz). -1993: Poemas a Compostela (A Coruña). -1993: A primavera de Venus (Santiago de Compostela)
  • 62. Manuel María e Alberte Ansede, 1993. Manuel María colaborou activamente nas Xornadas do Ensino, organizadas pola ASPG,
  • 63. CANCIÓN DA PONTE VELLA   A ponte Vella, ai amiga!, é un soño namorado. O Cabe, baixo os seus arcos, vai silandeiro e pasmado. Baixo os seus arcos o Cabe vai pasmado e silandeiro e reflexa nas súas ondas o soño máis verdadeiro. O soño máis verdadeiro de cantería e pureza, coa consistencia da pedra e o inefábel da beleza! …e o inefábel da beleza que se sente e non se sabe: na maxia da Ponte Vella sobor das ondas do Cabe! (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
  • 64. SANTIAGO DE COMPOSTELA Santiago de Compostela: inefábel, pura como a rosa e o soño, camelia en pedra florecida, pazo para a eternidade, único gris irrepetíbel que os meus ollos coñecen e aman, luz feble e sutil feita para nós: non se pode concibir misterio tan fondo e tan perfecto, claridade humana máis trascendente.   (POEMAS A COMPOSTELA, 1993)
  • 65. -1994: Cantigas e cantos de Pantón (A Coruña). -1994: Poemas para dicirlle a dúas lagoas (A Coruña). -1996: O miño canle de luz e néboa (A Coruña). -1997: Sonetos á casa de Hortas (A Coruña). -1998: Cantos, coplas e romances de cego (Lugo) -2000: Brétemas do muiñeiro (A Coruña). -2000: Os carreiros do soño (Monforte).
  • 66. POEMAS Á LAGOA DO OLLO ... Lagoa do Ollo: mao aberta á luz, círculo perfecto como a rosa, pozo no que amence o foscor máis trascendente, brétema misteriosa consoante coa arxila da que está feito o noso ser, resplandor máxico iluminando os tremores máxicos da fraga, espello das fuxitivas nubes e das altas estrelas cintilantes. Lagoa do Ollo: ollo prodixioso co que a terra mira e contempla a nosa indecisa humanidade: óllame con fondura, alegría e amor e garda, no escusado de ti, o meu fuxidío recordo transitorio: só eco dunha sombra melancólica que anda pola vida deslumbrada. (POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994) Con Saleta na Lagoa do Ollo, 1994.
  • 67. FRONTIS E OFERENDA A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde, reverente, sincero e infinito que me naceras chairego e acenderas en min o amor a Galiza e á súa fala aínda viva pese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio. Moitísimas gracias por poder ser amigo do leve e delicado Regato do Cepelo e do Miño caudal de paso firme e lento: necesaria e máxica voz marabillada. ….. (O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA, 1996)
  • 68. -2001: Obra poética completa I (1950 a 1979) (A Coruña). -2001: Obra poética completa II 1981 a 2000) (A Coruña). -2003: Cancioneiriño de Valdeorras (Carballo). -2004: Elexías á miña vida pequeniña (Vilalba). -2010: Cecais hai unha luz (A Coruña).
  • 69. Elexía nº 12 Amor, vento, soidade sen corazón: case me sinto novo cando vexo morrer un paxariño. Liñas máxicas nas espadaíñas máis recentes. Nunca digo "non". Todo é transcendente: póñome alegre ao pensar que todo morre. Engano a todos os que pensan que estou fusilado para sempre, e, a dicir verdade, eu aínda penso dar moitos desgustos. Sabedes algo vós da miña vida?   (ELEXÍAS Á MIÑA VIDA PEQUENIÑA, 2004) Manifestación de Nunca Máis, A Coruña, 2003.
  • 71. TEATROTEATRO -1957: Auto do taberneiro. -1960: Edipo. -1961: Auto do labrego. -1961: Auto do mariñeiro. -1968: Barriga Verde. -1973: Auto da costureira. -1977: Auto trascendental da escola tradicional. -1978: Semente de dramón dos medios de comunicación. -1978: Auto de simulación da caravilla. -1979: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo  chamada Berenguela. -1980: Auto da autonomía. -1982: Auto do maio esmaiolado. -1985: Auto do camiñante. -1986: Auto do pescador de cana. -1986: Entremés da OTAN. -1989: A revolución de 1846 ou Abril de lume e ferro.
  • 72. -1991: Brevísimo auto do outono. -1991: Paso do viño novo. -1992: Farsa de Bululú (estreada en Fene en 1979) -1992: A lúa vai encuberta. -1992: Auto do Castromil ou a Revolución dos baúles. -1992: Farsa épico-lírica –ou viceversa- moi moral e de grande proveito sobor da  doutrina político-metafísica da Comell/hada Frainal/eu. -1992: Novo entremés famoso da pesca do río Miño. -1992: Unha vez foi o trebón. -1993: Auto do regato de Cepelo. -1993: Auto de Don Gaiferos ou o Trásito Iluminado. -2003: Edipo.
  • 73. -1952: Contos en cuarto crecente. -1971: O xornaleiro e sete testimuñas máis. -1973: Kricoi, Fanoi e D. Lobonís. -1990: Os ontes do Silencio. -1991: A Tribo ten catro ríos. -1991: Unha sombra vai polo camiño e Como desapareceu a Atlántida e  apareceron os lagartos. NARRATIVANARRATIVA
  • 74. -1992: Cando o mar foi polo río. -1992: Novos Contos para nenos. -1994: Viaxes e vagancias de M.P. -1995: Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei. -1997: As ribeiras son escuras. -2003: Historias do empardecer. -2003: O bigote de Mimí. -2004: Ensaio histórico, biográfico e filosófico que parece un  conto.
  • 75.  " Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía  con seus pais nunha casa das aforas da vila.  Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte  traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto  Fiz coma seus pais eran moi amantes de  todos os seres vivos dende os bichocos máis  pequenos, árbores e plantas ata os animais  máis grandes e as persoas. Sabían que o  amor era a cousa máis fermosa e perfecta de  canto hai no mundo. ... E, para andar pola casa e tela limpa de ratos,  trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome  Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e  agarimoso. Tratábase dun gato precioso e  moi murador ou cazador, que vén ser o  mesmo. (...)   (CONTO: O BIGOTE DE MIMÍ, 1992) O GATO MIMÍ
  • 76. -1958: Notas encol da poesía de Fermín Bouza  Brey (R.A.G.). -1967: Raimon, poeta do Noso Tempo (Galaxia). -1968: Noticia da vida e poesía de Xosé  Crecente Vega (Univ. de Coímbra). -1972: Noticia da Poesía Galega de Postguerra  (Sociedade de Lingua Portuguesa). -1988: Gabriel Aresti: Albre e Pedra (Eusko Ikaskuntza). -1989: O tema da emigración na poesía galega  (Comisión Galega do V Centenario). -1991: A presencia do mar na poesía galega  (Eusko Ikaskuntza). -1991: Ánxel Johán. Sonetos de vida e morte  (Deputación de Lugo). -1997: A recuperación da narrativa en galego:  Ánxel Fole (AS-PG e A Nosa Terra). -1997: Poetas entre a tradición e a  modernidade. Luis Amado carballo e a súa  escola poética (AS-PG e A Nosa Terra). -2003: A Terra Chá, poesía e paisaxe (RAG) Caricatura de Calros Silvar. ENSAIOENSAIO
  • 77. Manuel María tivo unha prolífica produción de artigos xornalísticos ao longo de toda a súa vida (1.425 artigos). Publicou en xornais e revistas galegas e de fóra como Alba, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Grial, A Nosa Terra... COLABORACIÓNS EN PRENSACOLABORACIÓNS EN PRENSA Escolma de cincuenta e nove artigos de pequeno formato publicados por Manuel María en xornais e revistas galegas desde o ano 1978 (Casa Museo Manuel María, 2015). Participou na refundación do semanario A Nosa Terra no que publicou a colección de artigos Andando a terra (1977 a 1987) co seudónimo de Manuel Hortas Vilanova.
  • 78. Prantando un carballo na Carballeira de Santa Sabela de Outeiro de Rei, 1997. -1998: Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.
  • 79. A Coruña, 2002. Participando no “Correlingua”, A Coruña, 2001. Nunha homenaxe a Alenxandre Bóveda, A Coruña, 2002.
  • 80. -2003 ( 15 de febreiro) ingresa como académico numerario na Real Academia Galega. Le o discurso “A Terra Chá, poesía e paisaxe”.
  • 81. -2004 (8 de setembro): morre na Coruña. Despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei.
  • 83.
  • 84. MANUEL MARÍA NA VOZ DOS MÚSICOS No ano 1968 naceu Nova Canción Galega, un movemento musical de especial relevancia na nosa historia que foi presentado por Manuel María no Cine Capitol de Compostela o 1 de decembro. A partir daquela altura, Manuel María converteuse nun dos poetas máis cantados por voces e grupos galegos: Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde, A Quenlla, Maria Manoela, Uxía…
  • 85. RECOÑECEMENTOS A longa traxectoria, o compromiso sinceiro e a calidade do seu traballo foi recoñecido en numerosas ocasións e moitos foron os parabéns, homenaxes e premios cos que foi destacado. -1954: gaña os Xogos Florais de Ourense. -1966: primeiro premio “Frol Natural” nos I Xogos Florais de de Foz. -1976: gaña o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega. -1987: foi nomeado fillo adoptivo de Monforte de Lemos. -1989: a Asociación Xermolos celebrou os Primeiros Encontros na Terra Chá. -1990: o Patronato Curros Enríquez concédelle o premio “Celanova, casa dos poetas”. -1994: recibe “Pedrón de Ouro”, outorgado en na Casa Museo de Rosalía de Castro. En Padrón, con motivo da entrega do Pedrón de Ouro, 1994.
  • 86. Cantando os seus poemas con Suso Vaamonde. Con Isaac Díaz Pardo. -1995: recibe unha homenaxe dos escritores lucenses. -1995 a AS-PG tributoulle unha grande homenaxe no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), coincidindo coas XIX Xornadas do Ensino.
  • 87. -1996: a Ferderación de Libreiros de Galiza concédelle o “ Premio de autor”. -1997: a Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza en Outeiro de Rei a homenaxe “O escritor na súa terra” na que se plantou un carballo, decubriuse un monumento conmemorativo e inaugurouse unha rúa co nome do poeta. -1999: concédeselle o premio Moncho Valcarce “Pola Promoción da Terra” -1999: recibe o premio “Otero Pedrayo” -2000: todos os centros de ensino da Terra Chá, xunto con colectivos culturais e concellos, deciden celebrar o 21 de marzo o “Día das Letras Chairegas”, dedicándolle o primeiro ano a Manuel María. Inauguración do monumento en Outeiro de Rei levantado pola AELG con motivo da entreda do E de escritor. 1997
  • 88. -2007: constitúese a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para manter o seu legado e a súa memoria. -2013: inaugúrase, na súa casa natal en Outeiro de Rei a Casa Museo Manuel María.
  • 89. Manuel María Letras Galegas 2016 Con este traballo queremos  facer unha humilde homenaxe  a quen tanto quixo e fixo por  poñer en valor este noso país. MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta FOTOS: Arquivo: A NOSA TERRA, FUNDACIÓN MANUEL MARÍA Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. XANEIRO 2016