Luz pozo garza

423 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
423
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
43
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Luz pozo garza

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade LUZ POZO GARZA Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 9 de enero de 2013
  2. 2. Luz Pozo Garza 1. Vostede na súa xuventude viviu un cambio social moi significativo: a pasaxe dunha república a unha ditadura. Como lembra aqueles anos que incluso ocasionaron o feito de que Vostede tiver que emigrar (ou exiliarse)? Marcou esta etapa o seu pensamento e compromiso futuros? Na miña casa pai e irmán -de 17 anos- eran ideólogos republicanos comprometidos. Eu,como nena, recibía o seu influxo. O país era un caos en todos os sentidos. Pero o alzamento franquista trastocou o caos nunha guerra sen precedentes -eu tiña14 anos- imposible imaxinar o futuro das nosas vidas. Houbo que decidir urxentemente sen saber o que nos deparaba o destino. En Marrocos atopamos seguridade a carón do meu tío Román del Pozo, Xefe de Admón. de Facenda, en Tetuán. A etapa da guerra foi para min dramática; nostálxica fóra de Galicia, tristísima polo irmán no frente, pola súa morte no hospital militar de Jaca (Huesca) e nós no exilio... Luz Pozo con 10 anos (esquerda) e con 20 anos (dereita). 2. Desde moi xove dedicouse á música. Foi este feito o que a inclinou especialmente ao xénero lírico? É tan importante a simbiose música-poesía? Aos oito anos conpráronme un piano. Mamá introducíame na música ata que tiven profesores procedentes de Conservatorios, que viñan desprazados pola guerra. Tanto en violín, como en piano. A carreira elemental de piano, no Real conservatorio,en Madrid. A superior, na Coruña: Juan Frígola, violinista, do Cons. de Barcelona. Marina Fornes, pianista, do Cons. de Valencia. Vivín en intimidade coa música. Nunca profesional.”De la musique avant toute chose”, escribe Verlaine. Pero o impresionismo musical ten moito de sensualismo, Os simbolistas aspiran en cambio a desmaterializar o poema, como a música que descoñece os aspectos conceptuais. 3. Vostede sempre amosou un claro compromiso feminista. De onde xurdiu este forte compromiso? Foron feitos coma o de ter que codirixir “Nordés” pero desde case un segundo plano por ser muller en plena transición? Cales foron as outras causas? Se existe en min ese compromismo será instintivo. Ou fomentado no fogar como norma de evidente xusticia. Nunca algo imposto nin espectacular.miércoles 9 de enero de 2013
  3. 3. Luz Pozo Garza 4. Na súa entrada na RAG realizou un discurso centrado na gran poeta galega Rosalía de Castro. Foi Rosalía unha das fontes onde bebeu Vostede persoal e literariamente? Rosalía foi a primeira poeta que coñecín, desde nena, polas lecturas dos pais tras da cea. Lecturas, recitais,“regueifas”que eles organizaban. Seguín cultivando esas lecturas ata asimilar a imaxe rosaliana nun importante sector da miña escrita, poemas, temas didácticos,cadros dramáticos, poemarios como Vida secreta de Rosalía. Obra traducida hoxe ao xaponés polo poeta Shozo Makanishi. A resposta do meu discurso académico debeuse ao profesor, Xesús Alonso Montero, meu compañeiro na RAG e grande amigo. 5. Que representou para Vostede, unha escritora novel, que o seu primeiro poemario (O paxaro na boca) inaugurase unha colección poética (“Xistral”)? Foi un agasallo que non olvido por parte de Ángel Johán, director de Xistral, e do querido poeta Manuel María que sempre me animaba a escribir en galego. De aí saíra O paxaro na boca ,en 1952, humilde homenaxe meu ao admirado poeta Aquilino Iglesia Alvariño, a quen non coñecín en persoa, pero impresionárame Cómaros Verdes, en Luz Pozo no acto de recepción da 1947. RAG. 6. Foron moitos os premios e recoñecementos que salientaron a súa obra e a súa vida. Que supuxeron estes premios e recoñecementos para Vostede? Que supón para unha escritora galega ser recoñecida pola AELG? E falando desta última asociación, como levou Vostede as disputas entre a RAG e a AELG nas calas figuraba Vostede? Sempre estarei cordialmente agradecida á AELG. Xa en 2001 promoveu unha homenaxe:“A escritora na súa Terra” en Ribadeo, coa Xunta e o Concello: Plantación dunha Camelia; dedicación dunha Rúa;entrega da máxima distinción: a Letra E de prata; erección dun Monolito cun poema, etc... Máis recentemente, dous importantes premios AELG: polo libro As arpas de Iwerddon. E, ultimamente ,por Deter o día cunha flor. Hai anos que a AELG me vén propoñendo nada menos que ¡ao premio Nobel!miércoles 9 de enero de 2013
  4. 4. Luz Pozo Garza 7. Xamais se lle deu por escribir narrativa ou teatro ou estes intentos ficaron no anonimato? Desde sempre teño escrito relatos, un deles deume a coñecer no xornal La Noche. Nese espazo leume o poeta Eduardo Moreiras que se interesou por min. Amizade de décadas que terminou en voda. No ensaio, xénero que sempre cultivei, hai tamén relatos breves. Na actualidade colaboro –en castelán- en editoriais moi activas con Las mejores historias de Amor. En galego,colaborei na sección de relatos da gran revista, Unión Libre de Claudio Rodríguez-Fer e Carmen Blanco. Tamén, nas varias autobiografías que me piden. Non teño editado, iso non, ningún libro só de relatos, aínda que hai moitos anos escribín unha noveliña autobiográfica, hoxe felizmente perdida. En canto ao teatro: en 2002, os profesores Andrés Pociña e Aurora López, catedráticos de Filología Latina da Universidade de Granada, traduciron, presentaron e editaron en Linteo o meu libro Medea en Corinto. Dérono a coñecer na Península e Hispanoamérica en conferencias e recitais acompañado de música clásica. Aurora López, filóloga, é tamén musicóloga, domina o piano, compón e canta en tesitura de tiple. O matrimonio Pociña uníuse máis adiante -con todo o admirable material que compoñeron- á homenaxe que recebín da Universidade da Coruña no Museo de Arte debeu ser polo 2004, máis ou menos. Medea é coñecido en Europa, gracias a estes amigos. 8. Considera Vostede que o seu Códice Calixtino foi, como recoñece a maior parte da crítica, a súa obra mestra ou simplemente unha obra máis da súa ampla produción lírica? Algúns profesores e críticos,como M. Ferrín, Andrés e Aurora Pociña, F. Del Riego, G.Garcés, Rodríguez-Fer, Carmen Blanco, A. Cáccamo, entre outros, foron moi xenerosos nos seu xuizos. Para o profesor X. Tomé,nun ensaio pormenorizado que me conmoveu, o Códice Calixtino ten unha clara relación ideal coa Divina Comedia... Sen borrar acertos do Códice- que foi seleccionado pola Xunta no programa de COU e Selectividade durante anos- penso que o superaron outros libros meus como Prometo a flor de Loto, Vida secreta de Rosalía, As arpas de Iwerddon, Medea en Corinto . E máis recentes :As vodas palatinas ou Deter o día cunha flor (que mereceu catro premios entre eles o da Crítica española en 2011. Neste intre,Novembro, 2012,o poeta Shozo Nakanishi presenta en Tokio a súa tradución ao xaponés de Vida secreta de Rosalía . Obra tamén moi lida na Universidade de Tréveris. Por outra banda, Medea en Corinto acadou o máximo de audiencia , incluída por A.Pociña e Aurora López nun libro de máis de 4ooo páxinas, rigoroso estudo: Medeas, de todo o mundo en todas as culturas. Obra ecuménica editada por estes sabios profesores na Universidade de Granada .miércoles 9 de enero de 2013
  5. 5. Luz Pozo Garza 9. Sempre se di que é moi difícil que un escritor acade un alto nivel lírico en dous idiomas diferentes, como ocorreu no caso de Rosalía… Vostede que si o fixo en galego e en castelán, como considera este feito no seu caso persoal? Paréceme normal nun país onde se cultivan dous idiomas. 10. Que pasa pola mente dunha poeta cando un mestre coma D. Xosé Luís Méndez Ferrín lle adica as seguintes palabras á súa obra: “Cada poema resulta unha catedral na que músicas e ecos e todo o universo latexan e se volven contra o seu propio centro litúrxico”? O profesor Méndez Ferrín, tan douto en poesía como en literatura en xeral, acerta na súa visión crítica ao expresar tales opinións. No caso desta cita do meu libro, o crítico está a intuír un estado de ánimo paradóxico da voz lírica: a corrente interior que flúe entre orde e desorde sen acadar un equilibrio A ambivalencia da linguaxe poética -na práctica semiótica- permite o aparente desconcerto. Xa o advertían os preceptistas latinos: como Horacio na Epistola ad Pisones: “Pictoribus atque Poetis quidlibet audendi semper fuit aequa potestas” (cito de memoria- perdón!). Debuxo feito por Luz Pozo. 11. Realmente é tan serio o seu compromiso feminista como para escribir un verso coas seguintes palabras: “As anxas de Galicia (…)? Nin “anxas” nin “membras”: ¡que horror! Nunca escribiría eu tal disparate que atenta contra a razón e contra o sentido común. Respecto eu a lingua e a fala como cousa sacra.Hai quen é capaz de calquera desatino por falta de sentido común e estético!miércoles 9 de enero de 2013
  6. 6. Luz Pozo Garza 12. Vostede, que se dedicou de cheo tamén á docencia, como cre que poden interactuar as actividades docente e literaria nunha mesma persoa? Docencia e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o poeta estrutura e conciencia imaxes. A actividade docente permite , en calquera caso, unha diaria revisión máis fiel dun posicionamento como coñecedor e como ser humano . 13. Que nos podería contar do seu espírito deportista incluíndo o feito de representar á selección española de baloncesto? ...abreviando: tamén campeona de Crol (clube fluvial do Miño). De ciclismo: “Cintas” (Festas Viveiro). Patrón–embarcación-vela (Ría de Viveiro). Patinaxe. Tenis. 14. E finalmente, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura? E do noso idioma? E de Galiza? Nin na miña vida, nin antes, coido eu que o idioma galego chegara á altura e dominio como agora acada na escola, institutos, universidade, televisión, cine, publicacións, revistas, etc... Non hai máis que revisar a historia da literarura galega. O balance revela que Galicia defende con amor o seu idioma, cultura e tradición. Nunca esquecerá a súa historia nin o seu patrimonio cultural, entrañablemente unidos á terra xeográfica e anímica.miércoles 9 Docenciade 2013 de enero e e literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o Docencia literatura compleméntanse de marabilla. Ambas saen arrequecidas desa relación. O profesor sensibiliza contidos e o
  7. 7. CUES TIONA RIOmiércoles 9 de enero de 2013
  8. 8. Un personaxe galego e a obra unh un estranxeiro? Un p /-a e gos? erson a utor gale Merlín (de axe l /ha raria i iden terario c Un lite ue iro : Cunqueiro)/ Cordelia Xuli tifiq o qu unq ilia (de Shakespeare) eta ue? e se lva ro C fam (Sha kesp Á erl ín e Unha obr eare) M a teatral? Hamlet o Unh ment a pel ícula nu bel? Ann de ci U mo tá n ien lo ria a Ka renin ne sa l G Greta a (po co da Outro entretemento Garb r Pó rti ademais da literatura? o) O aci ón? Música. Pintura. Cine. in spir e Nadar. Bici... n te d al.A a. a fo ider oesí lé a sú n do s or. A p Un/ha autor/-a e unha obra Ca mu m literaria estranxeiros? O . O a sica r eza mu N atu A Shakespeare : Hamletmiércoles 9 de enero de 2013
  9. 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Abolición da Finlandia / Illa da Toxa escravitude Un tipo uto pía? de músi nha i ras. Un l onte no Unha ca ca? U ugar nción? n fr rra axeit A Paixón or se gue a lec ado p ara O am unha mundo Todo tura segundo s. Es ? San Ma N ing o. Un pecia lmen o “Sibone teo / m und etarian leito te, o y” vex no? Un/h a a ? l /urb ? quen autor/- eal izar o rura taña se id a con por r M und /mon l ega. Ana entif ique anc eio ia no / Pr aia a ga M ? n n p as v inci aría U e smo idiom e pro ia i Carm Matu tuos io de i tal d Pra en L te/ vir omi n Cap afore d tmiércoles 9 de enero de 2013

×