2.1. a poesía de vangarda. características xerais

3,115 views

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
3,115
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
15
Actions
Shares
0
Downloads
103
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

2.1. a poesía de vangarda. características xerais

  1. 1. TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1) CARACTERÍSTICAS XERAIS Lourenço Álvarez LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
  2. 2. Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto Definición ou explicación dun concepto
  3. 3. Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Movemento fragmentario: numerosos grupos, diversas propostas: os “ismos” FUTURISMO CUBISMO DADAÍSMO CREACIONISMO ULTRAÍSMO SURREALISMO IMAXINISMO EXPRESIONISMO AS VANGARDAS
  4. 4. CRONOLOXÍA Entre 1909, data de creación do FUTURISMO , e finais da década de 1920. As denominacións vangardismo / vangardista , porén, perviven hoxe en día nos fenómenos artísticos co significado de... experimental , innovador , rupturista ... LOCALIZACIÓN En distintos países e cidades da Europa Occidental (París, Zurich, Londres, Italia, Alemaña, España, chegando os seus ecos até os Estados Unidos)
  5. 5. FUTURISMO CUBISMO DADAÍSMO HILOZOÍSMO ULTRAÍSMO SURREALISMO IMAXINISMO EXPRESIONISMO ITALIA ZURICH PARÍS INGLATERRA ESPAÑA GALIZA ALEMAÑA
  6. 6. SENTIDO ORIXINARIO DAS VANGARDAS O ideal artístico é a apro- ximación total ao modelo A arte recrea, deforma, sub- virte, transforma a realidade As vangardas A tradición “ A arte e a realidade son dúas cousas ben diferentes”  P. Picasso ARTE ENTENDIDA COMO RE- PRODUCIÓN DA REALIDADE ARTE ENTENDIDA COMO REIN- TERPRETACIÓN DA REALIDADE
  7. 7. CARACTERÍSTICAS COMÚNS AOS MOVEMENTOS DE VANGARDA 1.- RUPTURA RADICAL COA TRADICIÓN 2.- RENOVACIÓN DA TEMÁTICA 3.- A ARTE TEN SENTIDO EN SI MESMA 4.- ARTE CEREBRAL, ANTISENTIMENTAL, ANTIRROMÁNTICA 5.- EXPRESIÓN HERMÉTICA 6.- ELABORACIÓN DE MANIFESTOS PROGRAMÁTICOS RADICAIS Piston chaudière piston chaudière pisssstton pissssttonn pisssston Premier piston de joie chaude PENETRER dans l´huile frirerire frirerire sa nostalgie graaasse, graaasse, graaasse Un día dirase as lágrimas as vosas lágrimas onde están se cadra rillaron o espazo até as uñas da tumba as nosas maternas primaveras investiron tantas andoriñas en acompañar os latexos do corazón conducentes ao cadafalso que a paisaxe louca de ás arrinca sen descanso os seus regos
  8. 8. Manifesto, 1909. Marinetti O valor, a audacia, a revolta han ser elementos esenciais da poesía. Até hoxe, a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño. Nós queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio, o paso lixeiro, o salto mortal, a labazada e a pancada. Nós afirmamos que a magnificencia do mundo enriqueceuse dunha nova beleza: a beleza da velocidade. Un automóbil de carreiras co seu capó adornado de grosa tubaxe semellante á serpe... un automóbil bradante que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia . Nós queremos cantar o home que suxeita o volante... O FUTURISMO Manifesto-síntese. Marinetti Arte vida explosiva. Antimuseo. Anticultura. Antiacademia. Antilóxica. Antigracioso. Antisentimental. Contra as cidades mortas. Modernolatría.Relixión dunha nova orixina-lidade velocidade.[...] Estética da máquina.[...] Destrución da sintaxe. Imaxinación sen fíos. Sensibilidade xeométrica e numérica.Palabras en liberdade ruidistas. Cadros pala-bras libres sinópticos colorados. Algunhas características deste movemento ► Destrución absoluta da sintaxe ► Emprego do verbo en infinitivo ► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”) ► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...) ► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco.. ► Abundante léxico de tipo técnico
  9. 9. O FUTURISMO - TEXTOS ÁLVARO DE CAMPOS (FERNANDO PESSOA) O binómio de Newton é t ão belo como a Vénus de Milo. O que há é pouca gente para dar por isso. ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó (O vento lá fora) ÁLVARO DE CAMPOS (FERNANDO PESSOA) Deus vehemente dunha raza de aceiro automóbil ebrio de espazo que pisas con angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidábel monstro xaponés de ollos de forxa alimentado de chamas e aceites minerais famento de horizontes e de presas siderais desencadeo o teu corazón de cacharro diabólico e xigantes pneumáticos para a danza que fas polas brancas estradas do mundo Solto finalmente as túas rendas metálicas e ti lánzaste embriagado cara ao infinito liberador... Marinetti
  10. 10. O CUBISMO “ Os sentidos engánannos; a intelixencia ilumínanos” Algunhas características deste movemento ► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade ► Mestura de linguas e material heteroxéneo ► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística ► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os CALIGRAMAS
  11. 11. O CUBISMO - TEXTOS MANUEL ANTONIO JOAN SALVAT PAPASSEIT G. APOLLINAIRE G. APOLLINAIRE fragmentarismo simultaneidade xogos visuais MANUEL ANTONIO As crêpes estaban exquisitas A fonte mana Vestido negro como as súas uñas É completamente imposíbel Aquí está señor O anel de malaquita O chan está estrado de serraduras Daquela é verdade A criada roiba foi raptada por un libreiro Un xornalista que coñezo por outra parte moi vagamente Escoita Jacques é moi serio o que che vou dicir vivente Ollar super vidente arrandear Aquel d´o acordión adormentar
  12. 12. O DADAÍSMO “ Dadá é o diluvio despois do cal todo recomeza” André Gide Algunhas características deste movemento ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior ► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido ► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante ► Humorismo, gusto polo ridículo
  13. 13. DADA é un microbio virxe DADA está contra a carestía da vida DADA sociedade anónima para a explotación das ideas DADA tén 391 actitudes e cores diferentes segundo o sexo do presidente . Transfórmase -afirma- di ao mesmo tempo o contrario –sen importancia- berra -pesca con cana.DADA é o camaleón do cambio rápido e interesado.DADA está en contra do futuro. DADA está morto. DADA é idiota. VIVA DADA. DADA non é unha escola literaria, ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea
  14. 14. O DADAÍSMO - TEXTOS La niña llama a su padre: “Tatá, dadá”. La niña llama a su madre: “Tatá, dadá”. Al ver las sopas, la niña dijo: “ Tatá, dadá”. Igual al ir en tren, cuando vio la verde montaña y el fino mar. “ Todo lo confunde”, dijo su madre. Y era verdad. Porque cuando yo la oía decir “Tatá, dadá”, veía la bola del mundo rodar, rodar, el mundo todo una bola, y en ella papá, mamá, el mar, las montañas, todo hecho una bola confusa, el mundo: “Tatá, dadá”. “ Protesta con todos os puños do ser en acción destrutiva: Dadá, abolición da lóxica, danza dos impotentes da creación: Dadá , abolición da memoria : Dadá , abolición da Arqueoloxía: Dadá , abolición dos profetas: Dadá , abolición do futuro: Dadá, Liberdade: Dadá , Dadá , Dadá , ouveo das cores crispadas, entrelazamentos dos contrarios e de todas as contradicións, dos grotescos, das inconsecuencias: a vida ” “ Escribo un manifesto e non quero nada; digo, con todo, certas cousas e estou por principio contra todos os manifestos” TRISTAN TZARA PEDRO SALINAS RECEITA PARA FACER UN POEMA DADAÍSTA Tome un xornal e unhas tesoiras. Corte un anaco dun artigo que teña a extensión prevista para o seu poema. Recorte cada unha das palabras e métaas nunha bolsa. Mestúreas suavemente. Extraia despois cada unha das palabras ao chou. Cópieas concienciudamente. O poema pareceráselle. E verase Vde. convertido nun escritor inmensamente orixinal e dunha sensibilidade encanta- dora, aínda que incomprendido polo vulgo.
  15. 15. O SURREALlSMO Algunhas características deste movemento ► Negación do mundo real como materia para a arte; antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico ► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica ► A “ escrita automática ” como expresión da liberación da razón ► Expresión hermética e multisignificativa “ O P O E T A T R A B A L L A ” (Cartel colocado na porta do seu cuarto de durmir ) Saint-Pol Roux
  16. 16. O SURREALISMO - TEXTOS J. LARREA A. CUNQUEIRO F.GARCÍA LORCA Ampáreme un autobús a motor de andoriñas entre esta bruma rechea de miolo de violín e aínda máis precavida que un prexuízo de casta agora que o corazón do turismo palpita suavemente escondido e o universo se enche de olladas e de puchos a cadros Que asfixias nos teus ollos de aeródromo asomado a un antefaz escurecido de suspiros ollame estenderme sen esforzo pegado á parede mentres os meus cabelos se limitan a aplacar as fendas deste horizonte tan mudo e xa tan meu 22 de xaneiro marcan as follas dunha lúa crecida na ribeira dun cego moderado de cisnes [...] La aurora de Nueva York tiene cuatro columnas de cieno y un huracán de negras palomas que chapotean las aguas podridas. La aurora de Nueva York gime por las inmensas escaleras buscando entre las aristas nardos de angustia dibujada. La aurora llega y nadie la recibe en su boca porque allí no hay mañana ni esperanza posible. A veces las monedas en enjambres furiosos taladran y devoran abandonados niños. Los primeros que salen comprenden con sus huesos que no habrá paraíso ni amores deshojados: saben que van al cieno de números y leyes, a los juegos sin arte, a sudores sin fruto. La luz es sepultada por cadenas y ruídos en impúdico reto de ciencia sin raíces. Por los barrios hay gentes que vacilan insomnes como recién salidas de un naufragio de sangre .   Illa: oco insumiso, infantil xogo: xa non estás entre a túa mesma luz. Xa rodas lonxe, dobregada en todo, ¡que perfeita e que descoñecida! illa.
  17. 17. A ARTE CONTEMPORÁNEA É HERDEIRA DAS VANGARDAS
  18. 18. - Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo... AS VANGARDAS - CRONOLOXÍA : Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920. - LOCALIZACIÓN : Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París - VIXENCIA : A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas desde entón até a actualidade - OBXECTIVO : A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista <ul><li>CARACTERÍSTICAS XERAIS : </li></ul><ul><li>- Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática </li></ul><ul><li>- A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica </li></ul><ul><li>- Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais </li></ul>FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski) ► Destrución absoluta da sintaxe ► Emprego do verbo en infinitivo ► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”) ► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...) ► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco.. ► Abundante léxico de tipo técnico - CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS : ESQUEMA PARA IMPRIMIR
  19. 19. CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit) ► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade ► Mestura de linguas e material heteroxéneo ► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística ► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior ► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido ► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante ► Humorismo, gusto polo ridículo SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro) ► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico ► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica ► A escrita automática como expresión da liberación da razón ► Expresión hermética e multisignificativa CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio) ► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro ► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos ► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais ► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA : Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...
  20. 20. .- Visiona o filme Un can andaluz -clica nas ligazóns Un can andaluz-1 Un can andaluz-2 Un can andaluz-3 Un can andaluz-4 AS VANGARDAS ACTIVIDADES Podes ampliar información sobre a película na seguinte ligazón http :// eoran.com / unchienandalou / espanol / index.php ► Comenta as características propias das vangardas presentes na curtametraxe ► A que movemento cres que se pode adscribir? Por que? ► Repara na subversión do racional no tratamento do tempo e dos espazos, así como no desdobramento do personaxe masculino protagonista ► Redacta unha breve narración onde se manifesten alteracións semellantes do mundo racional. Podería ser o relato dun pesadelo? 1 1
  21. 21. .- Sitúa o seguinte poema na corrente de vangarda coa que máis se identifique AS VANGARDAS ACTIVIDADES Podes ampliar información sobre o autor clicando no seu nome ► Convérteo nun poema tradicional, adaptando o seu contido as formas expresivas convencionais ► Escribe un poema vangardista especificando a corrente na que se adscribe. Procura cumprir da maneira máis completa as características dese ismo 2 2 ► Destaca as súas principais características REZA UNHA RAPARIGA NO MEU VAIXEL oh, ven onda min e pousa con emoción os teus labios na miña boca -nun bico apaixonado serei toda túa! BAIXO AS VELAS POSUIREINA Como sei que se bica bicareina mariñeiriño que non vixía corsario vén e a amada lle quita se non lle leva ningunha canción- corsario vén e quítalle o amor MARSELLA PORTO DE AMOR NOSA SEÑORA DA GARDA ROGADE POR NÓS (Joan Salvat Papasseit )

×