DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
1. Nacemento e primeira formación
Carlos Casares nace na rúa Cardeal Quevedo, 2 de Ourense o 24 de agosto de 1941.
Con tres anos e seguindo ao seu pai, de profesión mestre, trasládase a Xinzo de Limia onde realiza
os estudos primarios.
Foi unha infancia bastante feliz, de recordos agradables, porque gocei dunha grande
liberdade, non tanto en Xinzo... senón na aldea onde tiña unha liberdade total. Alí aprendín
cousas que a un neno da vila lle quedaban máis lonxe.
...adeprendín un galego vivo, que falaba o meu pai e que se falaba ó meu arredor, xunto ó
castelán da miña nai... a miña nenez poderíamos dicir que foi bilingüe, pero eu expreseime de
sempre moito mellor en galego.
Debo agradecerlle ao meu avó que desde neno me ensinase que os contos, como a vida, non
son máis que detalles e que o tempo simplemente non existe.
2. Segundo ensino
Con once anos cursa humanidades no seminario de Ourense entre os
cursos 1952-53 e 1956-57. Devora a biblioteca do seminario (influenciado
polo profesor de literatura e cóengo Agustín Madarnás) e comeza a
escribir o xornal manuscrito e clandestino El averno: Eran dúas follas
que escribía a man en columnas, imitando os periódicos. Facía
entrevistas inventadas. Remata o bacharelato por libre.
O meu modelo cando eu tiña nove anos era
aquel señor gordo, importante, (o arcebispo de
Cuba, tío da nai do escritor) que viña pola casa...
empecei a dicir que quería ser bispo, non cura: e
fun ao seminario con esa idea.
Cada vez que dicías unha verba en galego (no
seminario) tiñas que escribir mil, cinco mil, dez
mil veces: no hablaré gallego
Recordo que o día que saín (do seminario)
sentínme absolutamente ledo, como se me
liberase dun gran peso.
3. Un mozo de tertulia
Frecuenta as tertulias literarias e artísticas ourensás nas que
trata a xentes como Arturo Baltar, Conde Corbal, Xosé Luís
de Dios, Ferro Couselo, Julio Gimeno, Arturo Lezcano, José
Luis López Cid, Xaquín Lorenzo, Acisclo Manzano, Prego
de Oliver, Xaime Quessada, Vicente Risco (nos cafés
Parque, Miño ou Volter) ou Antón Tovar.
4. Un universitario comprometido
No curso 62-63 comeza a súa formación universitaria
en Compostela (filosofía e letras).
Era unha universidade pequena, na que se podía
dicir que nos coñeciamos todos. Eu vivín no medio
dun pequeno grupo de rapaces preocupados pola
literatura, poetas e narradores, que o pasamos moi
ben. Liamos moito, faciamos tertulias ata ben
entrada a madrugada e non por iso deixabamos de
estudar e sacar adiante as carreiras.
Contactos co círculo galeguista de Ramón Piñeiro.
...Piñeiro foi como un pai e un amigo... mantivemos
unha relación cordial e intensa... nunca admirei
tanto a ninguén, o mesmo desde o punto de vista
intelectual que do humano... foi un ser excepcional,
irrepetible. Combinaba... unha intelixencia vivísima
e unha bondade extraordinaria.
Activista estudantil.
Un limiao, estudante labrego e inocente, un pouco
tirando a bruto, arma unha meada entre Teilhard de
Chardin, os Evanxeos, a cruz do Calvario e a fouce
e o martelo.
5. Un poema a Rosalía
VERBAS DE ESPRANZA PRA ROSALÍA
Non convén chorar máis,
ela choróu por todos e pra sempre.
Luis PIMENTEL
Olla, Rosalía,
iste novo abrente de espranza.
Acabóuse o pronto xa pra sempre,
endexamáis voltaremos hastras bágoas
porque é tempo de se erguer.
Dende Padrón a Trasalba
baixa polo tempo
un río de arelanzas:
Otero, Piñeiro, Carballo, Celestino,
García-Sabell, Tovar, Celso Emilio, Novoneyra...
Inzadas
voces outas que se chegan
deica a cinza quente que sementaras
na terra longa
da nosa Galicia sulagada.
Eiquí estamos ergueítos
ó pé da túa lembranza
ollando o trunfo que se albisoa
sobor das torres de Compostela Santa.
Iste é o froito da túa sementeira, Rosalía.
Ista é a Galicia da espranza.
No primeiro Grial, aparece o
seu poema: Verbas de
espranza pra Rosalía.
Obtén o terceiro premio nas
festas Minervais e resulta
gañador dun certame poético
en Vilagarcía de Arousa
6. Vento ferido (1967)
Vento ferido é un libro de narrativa,
composto por unha ducia de relatos
breves (titulados: "O xogo da guerra",
"Coma lobos", "Cando cheguen as
chuvias", "Monólogo", "Agarda longa ao
sol", "A capoeira", "Vou quedar cego",
"A tronada", "O Xudas", "A rapaza do
circo", "O outro verán"e "Aparecerá pola
esquina") e con catro ilustracións de
Xulio Maside. Debido ao relato dun
paseo que aparece no conto "Coma
lobos", a obra sufriu un intento de
censura.
Casares é tamén un activista a prol das
liberdades e participa na organización
do concerto de Raimon en Compostela.
7. Pioneiro da LIX en galego
A galiña azul (1968): obra pioneira da
literatura infantil en lingua galega.
O libro toma a forma dunha carta
enviada a unha nena e nel aparecen
personaxes inesquecibles coma
Leoncio, un tolo moi cordo que inventa
canóns que disparan caramelos e
bombas da felicidade; a abnegada
formiga esquiadora que partiu unha
perna; ou, por suposto, a misteriosa
galiña azul “con cinco plumas vermellas
nunha á”, que pon ovos de cores e ten
alarmadas ás autoridades.
Obra gañadora da primeira edición do
Concurso de Contos infantís da
Asociación O Facho da Coruña.
8. Novelista e tradutor
Aparece a súa primeira novela mentres exerce a
docencia en Viana do Bolo. Acusado de
comunista, é inhabilitado para a docencia en
Galicia. Marcha para Bilbao. Entre Viana e Bilbao
traduce O Principiño (que sairá do prelo en
1972)
Partindo da violencia diaria, exercida de pais a
fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros;
da dureza da vida, primeiro nas cidades e
despois no estranxeiro; e da falta de expectativas
durante os anos centrais da ditadura, Casares
compón Cambio en tres que arranca co regreso
a Galicia dun emigrante para enterrar un
compañeiro e retrata a súa amizade desde a
infancia ata a súa vida en Francia. Nesta obra
moi experimental Casares retrata un Ourense de
aluvión e barriadas, habitado por persoas que
loitan por sobrevivir con traballos esporádicos e o
alcol como medio de evasión barato.
9. Casamento
Casa coa sueca Kristina Berg.
10. Pioneiro do teatro infantil galego
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
(1973): obra pioneira, neste caso do teatro infantil en
galego.
O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas
que estoupan cando se lles toca reúne a toda unha
colección de veciños estraños e dá pé a un rosario
de situacións absurdas e hilarantes. Obra debedora
do surrealismo e mesmo do cinema humorístico dos
primeiros tempos,
Polo escenario de As laranxas máis laranxas de
tódalas laranxas pasan personaxes ben
particulares: unha muller que todo o sabe, un gordo
obsesionado coa tortilla, un home con escopeta, un
ovo xigante que fala… provocando todo tipo de
equívocos e de situación imposibles.
Esta obra gañou o Concurso de Textos Teatrais O
Facho en 1973 e editouse con ilustracións orixinais
de Luís Seoane.
11. Xoguetes para un tempo prohibido
Nesta novela de 1975, Casares acompaña ao
protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha
pequena vila ourensá ata os tempos de
estudante universitario en Compostela.
Xoguetes para un tempo prohibido percorre os
diversos escenarios da represión diaria que se
vivía na Galicia da ditadura franquista: a
violencia imperante nos colexios relixiosos e nas
igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as
relacións entre os dous sexos, condicionadas
polas convencións e o medo; a loita política,
despois, as súas escuridades e os seus
servilismos; a censura; e a dramática aceptación
da derrota, finalmente. Esta novela, coa que
gaña o premio do 25 aniversario de Galaxia, é
considerada un dos fitos da chamada Nova
Narrativa Galega.
12. RAG e Os escuros soños de Clío
En 1978 ingresa na Academia Galega co
discurso "O desastre de 1898 e os escritores
galegos".
Un ano despois aparece Os escuros soños de
Clío: doce relatos presuntamente baseados en
referencias bibliográficas ("Dous Normandos",
"Luís de Morgade, curador de don Carlos II o
Enfeitizado", "O alquimista Caaveiro", "O
avisador e o avisado", "O xudeu Xacobe", "Un
enigma histórico", "De cando executaron a
Porlier", "Cagliostro en Compostela", "Un escritor
didáctico", "Un fidalgo fernandino", "San Pedro
Novo" e "O republicano de Francelos") Casares
describe un mundo do pasado, mesturando
superstición relixiosa, ficción histórica, verdade,
fantasía e humor, cunha clara intención
paródica.
13. Ilustrísima
Ilustrísima (1980): novela protagonizada por Fernando
Fanego, bispo dunha cidade (inspirada en Ourense) nos
anos dez do século pasado, un personaxe bondadoso
que diariamente le os dous xornais locais, o conservador
e o liberal, rodeado dunha curia eclesiástica fanática que
lle esixe exercer o seu poder para acabar co
cinematógrafo recentemente chegado á cidade.
En 1981 Casares resulta elixido deputado para o
primeiro parlamento galego como galeguista
independente dentro das listas do PSOE.
Nestes mesmos anos viaxa a URSS onde imparte
conferencias e participa en seminarios, recibe o Premio
Fernández Latorre de xornalismo e participa na redacción
da Lei de Normalización Lingüística.
A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu
oficio de escritor, estou a defender esa lingua con
todas as miñas forzas e todos os meus
coñecementos.
14. Os mortos daquel verán
Os mortos daquel verán (1987): novela
sobre a Guerra Civil. A aparición do
cadáver do boticario Ernesto Vilariño
Dacal, morto supostamente en accidente
ao comezo da Guerra Civil, pon en
marcha unha investigación xudicial
escrita cunha linguaxe innovadora e
unha extraodinaria solvencia narrativa. O
pulo por acadar a verdade, a crítica do
dogmatismo e das diversas formas de
violencia opresora, son as forzas que
inspiran esta obra.
Casares tamén dirixe desde 1986 a
Editorial Galaxia e a revista Grial (1988)
15. Os Toribios
Na década dos noventa publica a saga dos Toribios.
Toribio é un neno de 8 anos que é inventor de múltiples
cousas e vive enfrontado ao temible profesor Smith.
Excepto o primeiro volume da serie, Este é Toribio, os
diferentes títulos dan conta dos enfrontamentos entre
Toribio e o profesor Smith, que coa súa maldade pretende
utilizar os inventos no seu propio beneficio ou,
simplemente, facer o mal. Para combatelo, Toribio (e máis
a súa amiga Sara) conta coa complicidade do profesor
Papafigovich de Moscú e co profesor Pardau de Lisboa e
comunícase con eles a través da Ra dos Recados.
A través dunha linguaxe sinxela, que emprega divertidos
tecnicismos para definir os inventos, dun humor
desbordante e dunha exuberante imaxinación, as tramas,
as situacións, os personaxes e os propios inventos están
pensados para facer rir.
16. Columnista
Á marxe (a partir de 1992):
columna diaria no xornal La
Voz de Galicia.
Eu coido que un escritor
pode chegar a ser un grande
escritor a través do
periódico. Síntome periodista
nese sentido. Concédolle a
mesma importancia a un
artigo ca a páxina dun libro.
17. O galo de Antioquía
O galo de Antioquía (1994) conta a
historia do ferreiro Antonio Mardarro,
O Calatrón, que comeza a poñer
ovos e, de xeito inexplicable, inicia a
súa conversión en galo. Tras
comentarlle o asunto a don Marcelo,
o cura da parroquia, o caso cae nas
mans da Inquisición e remata nun
auto de fe na Praza Maior da capital
da Limia. Mais o ferreiro-galo garda
un as na manga para o derradeiro
instante de padecemento.
18. Deus sentado nun sillón azul
En 1996 Casares é nomeado
Presidente do Consello da
Cultura Galega.
Neste mesmo ano publica Lolo
anda en bicicleta e Deus
sentado nun sillón azul; por
esta última obra obtén o Premios
da Crítica de España e de
Galicia 1997 e resulta finalista
do Premio Nacional de Narrativa
1998.
19.Un país de palabras
Un país de palabras (1998) está formado por
quince ensaios, algúns deles sobre escritores clave
na literatura galega e portuguesa cos que Casares
tivo unha relación privilexiada, como Miguel Torga,
Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Basilio Losada, ou
faladoiros con Risco, Ramón Piñeiro e Torrente
Ballester. As anécdotas e o humor, ademais da
reflexión, sérvenlle ao autor para facer comprender
mellor o peso destas figuras no contexto da cultura
galega.
Tamén recolle reflexións da literatura propia e allea,
como detalles sobre como se debuxou o perfil do
bispo que protagoniza Ilustrísima, ou da influencia
familiar no seu xeito de armar un relato. Completan
o libro textos sobre a historia de Galicia, a
sociedade ou a relixión, debullados coa prosa
transparente de Casares e unha erudición sempre
próxima ao lector.
20. Casares e Hemingway
Hemingway en Galicia (1999) xorde pola
sorpresa que sentiu Casares ao atopar mencións
a Galicia na obra do escritor norteamericano.
Durante anos, Casares foi reconstruíndo as
viaxes que Hemingway fixo a Galicia.
Fascinárono o país, a súa natureza e, sobre
todo, Santiago de Compostela, onde pasou
varias temporadas. Hemingway visitou tamén
Ourense, Verín, A Coruña ou Vigo, en cuxos
pescadores inspirouse para a súa inmortal The
Old Man and the Sea (que tamén traduce
Casares).
O libro complétase cunha antoloxía de cartas do
escritor estadounidense nas que se cita a
Galicia, dirixidas a correspondentes como
Francis Scott Fitzgerald ou John Dos Passos.
21. Un polbo xigante
Un polbo xigante (2000): a historia
dun rapaz que ve como un polbo
xigante arrastra ao criado Nicolás
para baixo do mar, levándoo, polo
que parece, canda si para sempre.
É tamén a historia da vella Delfina,
que di que o pillabán do Nicolás só
foi a unha festa, atraído pola
música e animado por un xastre
disfrazado de polbo. Pero as
aparencias enganan -ou non, que
nunca se sabe- e o desenlace
sorprende.
22. Pasamento
Carlos Casares morre en Nigrán o 9 de marzo de 2002.
Carlos Casares existe. Si, señor. É un grande escritor e un gran
tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de Galicia, a da
liberdade, o humor e un pisco de melancolía... unha cousa é
morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi
distinta morrer toda a vida. (Manolo Rivas)
23. Sol póstumo
O sol de verán: é un relato novelesco
(póstumo) cargado de nostalxia e amargura ao
mesmo tempo que un canto tenro á nenez e á
mocidade. A historia de amor entre Helena e
Carlos complicada pola condición de casada
da moza provoca toda unha historia de
intriga e enredos que dura até a derradeira
escena. A narración de Carlos Casares guía
ao lector cunha linguaxe sinxela e familiar
moi axeitada nun relato que nunca perde
interese, con constantes momentos de
máxima intensidade. Con esta obra Carlos
Casares deixounos un anaco de si mesmo e
da súa experiencia e boa práctica xornalística
e narrativa nunha lectura de carácter
universal e ineludíbel. (David Canto Veiga)
24. Autor para o Día das Letras
O 9 de xullo de 2016, a RAG elixe a
Casares como o autor do Día das
Letras 2017:
“unha das figuras máis senlleiras
e renovadoras da literatura
galega das últimas décadas do
século XX” “alén do seu talento
literario, Casares foi un
intelectual de relevo
extraordinario que destacou
tamén pola súa implicación na
vida cultural, social e
institucional do país e por unha
laboriosidade incansable, ao
tempo intelixente e reflexiva, e
sempre cun compromiso
inequívoco coa lingua galega.
25. Os agostos de Casares
Libro recompilación de
155 artigos do escritor
publicados nos meses
de agosto entre os
anos 1997 e o 2001
no xornal La Voz de
Galicia.
CRÉDITOS
● http://academia.gal/letras-actual
● http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/edlg/index.p
hp/2017/02/
● http://elpais.com/tag/carlos_casares/a
● http://fundacioncarloscasares.org/
● http://galicia.swred.com/carloscasaresbiografia.htm
● http://galicia.swred.com/carloscasares_cabodano.htm
● LASO LORENZO, Rafael, Carlos Casares, o amigo das
palabras, Galaxia, Vigo, 2013, 109 pp.
● MONTEAGUDO, Enrique, Carlos Casares. Un contador de
historias: Vida e obra, Galaxia, Vigo, 2017, 175 pp.
Moitas grazas!

Casares en 25 diapositivas

  • 1.
    DÍA DAS LETRASGALEGAS 2017
  • 2.
    1. Nacemento eprimeira formación Carlos Casares nace na rúa Cardeal Quevedo, 2 de Ourense o 24 de agosto de 1941. Con tres anos e seguindo ao seu pai, de profesión mestre, trasládase a Xinzo de Limia onde realiza os estudos primarios. Foi unha infancia bastante feliz, de recordos agradables, porque gocei dunha grande liberdade, non tanto en Xinzo... senón na aldea onde tiña unha liberdade total. Alí aprendín cousas que a un neno da vila lle quedaban máis lonxe. ...adeprendín un galego vivo, que falaba o meu pai e que se falaba ó meu arredor, xunto ó castelán da miña nai... a miña nenez poderíamos dicir que foi bilingüe, pero eu expreseime de sempre moito mellor en galego. Debo agradecerlle ao meu avó que desde neno me ensinase que os contos, como a vida, non son máis que detalles e que o tempo simplemente non existe.
  • 3.
    2. Segundo ensino Cononce anos cursa humanidades no seminario de Ourense entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Devora a biblioteca do seminario (influenciado polo profesor de literatura e cóengo Agustín Madarnás) e comeza a escribir o xornal manuscrito e clandestino El averno: Eran dúas follas que escribía a man en columnas, imitando os periódicos. Facía entrevistas inventadas. Remata o bacharelato por libre. O meu modelo cando eu tiña nove anos era aquel señor gordo, importante, (o arcebispo de Cuba, tío da nai do escritor) que viña pola casa... empecei a dicir que quería ser bispo, non cura: e fun ao seminario con esa idea. Cada vez que dicías unha verba en galego (no seminario) tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces: no hablaré gallego Recordo que o día que saín (do seminario) sentínme absolutamente ledo, como se me liberase dun gran peso.
  • 4.
    3. Un mozode tertulia Frecuenta as tertulias literarias e artísticas ourensás nas que trata a xentes como Arturo Baltar, Conde Corbal, Xosé Luís de Dios, Ferro Couselo, Julio Gimeno, Arturo Lezcano, José Luis López Cid, Xaquín Lorenzo, Acisclo Manzano, Prego de Oliver, Xaime Quessada, Vicente Risco (nos cafés Parque, Miño ou Volter) ou Antón Tovar.
  • 5.
    4. Un universitariocomprometido No curso 62-63 comeza a súa formación universitaria en Compostela (filosofía e letras). Era unha universidade pequena, na que se podía dicir que nos coñeciamos todos. Eu vivín no medio dun pequeno grupo de rapaces preocupados pola literatura, poetas e narradores, que o pasamos moi ben. Liamos moito, faciamos tertulias ata ben entrada a madrugada e non por iso deixabamos de estudar e sacar adiante as carreiras. Contactos co círculo galeguista de Ramón Piñeiro. ...Piñeiro foi como un pai e un amigo... mantivemos unha relación cordial e intensa... nunca admirei tanto a ninguén, o mesmo desde o punto de vista intelectual que do humano... foi un ser excepcional, irrepetible. Combinaba... unha intelixencia vivísima e unha bondade extraordinaria. Activista estudantil. Un limiao, estudante labrego e inocente, un pouco tirando a bruto, arma unha meada entre Teilhard de Chardin, os Evanxeos, a cruz do Calvario e a fouce e o martelo.
  • 6.
    5. Un poemaa Rosalía VERBAS DE ESPRANZA PRA ROSALÍA Non convén chorar máis, ela choróu por todos e pra sempre. Luis PIMENTEL Olla, Rosalía, iste novo abrente de espranza. Acabóuse o pronto xa pra sempre, endexamáis voltaremos hastras bágoas porque é tempo de se erguer. Dende Padrón a Trasalba baixa polo tempo un río de arelanzas: Otero, Piñeiro, Carballo, Celestino, García-Sabell, Tovar, Celso Emilio, Novoneyra... Inzadas voces outas que se chegan deica a cinza quente que sementaras na terra longa da nosa Galicia sulagada. Eiquí estamos ergueítos ó pé da túa lembranza ollando o trunfo que se albisoa sobor das torres de Compostela Santa. Iste é o froito da túa sementeira, Rosalía. Ista é a Galicia da espranza. No primeiro Grial, aparece o seu poema: Verbas de espranza pra Rosalía. Obtén o terceiro premio nas festas Minervais e resulta gañador dun certame poético en Vilagarcía de Arousa
  • 7.
    6. Vento ferido(1967) Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves (titulados: "O xogo da guerra", "Coma lobos", "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo", "Agarda longa ao sol", "A capoeira", "Vou quedar cego", "A tronada", "O Xudas", "A rapaza do circo", "O outro verán"e "Aparecerá pola esquina") e con catro ilustracións de Xulio Maside. Debido ao relato dun paseo que aparece no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de censura. Casares é tamén un activista a prol das liberdades e participa na organización do concerto de Raimon en Compostela.
  • 8.
    7. Pioneiro daLIX en galego A galiña azul (1968): obra pioneira da literatura infantil en lingua galega. O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. Obra gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho da Coruña.
  • 9.
    8. Novelista etradutor Aparece a súa primeira novela mentres exerce a docencia en Viana do Bolo. Acusado de comunista, é inhabilitado para a docencia en Galicia. Marcha para Bilbao. Entre Viana e Bilbao traduce O Principiño (que sairá do prelo en 1972) Partindo da violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; da dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e da falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura, Casares compón Cambio en tres que arranca co regreso a Galicia dun emigrante para enterrar un compañeiro e retrata a súa amizade desde a infancia ata a súa vida en Francia. Nesta obra moi experimental Casares retrata un Ourense de aluvión e barriadas, habitado por persoas que loitan por sobrevivir con traballos esporádicos e o alcol como medio de evasión barato.
  • 10.
    9. Casamento Casa coasueca Kristina Berg.
  • 11.
    10. Pioneiro doteatro infantil galego As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973): obra pioneira, neste caso do teatro infantil en galego. O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas que estoupan cando se lles toca reúne a toda unha colección de veciños estraños e dá pé a un rosario de situacións absurdas e hilarantes. Obra debedora do surrealismo e mesmo do cinema humorístico dos primeiros tempos, Polo escenario de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas pasan personaxes ben particulares: unha muller que todo o sabe, un gordo obsesionado coa tortilla, un home con escopeta, un ovo xigante que fala… provocando todo tipo de equívocos e de situación imposibles. Esta obra gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973 e editouse con ilustracións orixinais de Luís Seoane.
  • 12.
    11. Xoguetes paraun tempo prohibido Nesta novela de 1975, Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante universitario en Compostela. Xoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios da represión diaria que se vivía na Galicia da ditadura franquista: a violencia imperante nos colexios relixiosos e nas igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as relacións entre os dous sexos, condicionadas polas convencións e o medo; a loita política, despois, as súas escuridades e os seus servilismos; a censura; e a dramática aceptación da derrota, finalmente. Esta novela, coa que gaña o premio do 25 aniversario de Galaxia, é considerada un dos fitos da chamada Nova Narrativa Galega.
  • 13.
    12. RAG eOs escuros soños de Clío En 1978 ingresa na Academia Galega co discurso "O desastre de 1898 e os escritores galegos". Un ano despois aparece Os escuros soños de Clío: doce relatos presuntamente baseados en referencias bibliográficas ("Dous Normandos", "Luís de Morgade, curador de don Carlos II o Enfeitizado", "O alquimista Caaveiro", "O avisador e o avisado", "O xudeu Xacobe", "Un enigma histórico", "De cando executaron a Porlier", "Cagliostro en Compostela", "Un escritor didáctico", "Un fidalgo fernandino", "San Pedro Novo" e "O republicano de Francelos") Casares describe un mundo do pasado, mesturando superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha clara intención paródica.
  • 14.
    13. Ilustrísima Ilustrísima (1980):novela protagonizada por Fernando Fanego, bispo dunha cidade (inspirada en Ourense) nos anos dez do século pasado, un personaxe bondadoso que diariamente le os dous xornais locais, o conservador e o liberal, rodeado dunha curia eclesiástica fanática que lle esixe exercer o seu poder para acabar co cinematógrafo recentemente chegado á cidade. En 1981 Casares resulta elixido deputado para o primeiro parlamento galego como galeguista independente dentro das listas do PSOE. Nestes mesmos anos viaxa a URSS onde imparte conferencias e participa en seminarios, recibe o Premio Fernández Latorre de xornalismo e participa na redacción da Lei de Normalización Lingüística. A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos.
  • 15.
    14. Os mortosdaquel verán Os mortos daquel verán (1987): novela sobre a Guerra Civil. A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa. O pulo por acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora, son as forzas que inspiran esta obra. Casares tamén dirixe desde 1986 a Editorial Galaxia e a revista Grial (1988)
  • 16.
    15. Os Toribios Nadécada dos noventa publica a saga dos Toribios. Toribio é un neno de 8 anos que é inventor de múltiples cousas e vive enfrontado ao temible profesor Smith. Excepto o primeiro volume da serie, Este é Toribio, os diferentes títulos dan conta dos enfrontamentos entre Toribio e o profesor Smith, que coa súa maldade pretende utilizar os inventos no seu propio beneficio ou, simplemente, facer o mal. Para combatelo, Toribio (e máis a súa amiga Sara) conta coa complicidade do profesor Papafigovich de Moscú e co profesor Pardau de Lisboa e comunícase con eles a través da Ra dos Recados. A través dunha linguaxe sinxela, que emprega divertidos tecnicismos para definir os inventos, dun humor desbordante e dunha exuberante imaxinación, as tramas, as situacións, os personaxes e os propios inventos están pensados para facer rir.
  • 17.
    16. Columnista Á marxe(a partir de 1992): columna diaria no xornal La Voz de Galicia. Eu coido que un escritor pode chegar a ser un grande escritor a través do periódico. Síntome periodista nese sentido. Concédolle a mesma importancia a un artigo ca a páxina dun libro.
  • 18.
    17. O galode Antioquía O galo de Antioquía (1994) conta a historia do ferreiro Antonio Mardarro, O Calatrón, que comeza a poñer ovos e, de xeito inexplicable, inicia a súa conversión en galo. Tras comentarlle o asunto a don Marcelo, o cura da parroquia, o caso cae nas mans da Inquisición e remata nun auto de fe na Praza Maior da capital da Limia. Mais o ferreiro-galo garda un as na manga para o derradeiro instante de padecemento.
  • 19.
    18. Deus sentadonun sillón azul En 1996 Casares é nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega. Neste mesmo ano publica Lolo anda en bicicleta e Deus sentado nun sillón azul; por esta última obra obtén o Premios da Crítica de España e de Galicia 1997 e resulta finalista do Premio Nacional de Narrativa 1998.
  • 20.
    19.Un país depalabras Un país de palabras (1998) está formado por quince ensaios, algúns deles sobre escritores clave na literatura galega e portuguesa cos que Casares tivo unha relación privilexiada, como Miguel Torga, Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Basilio Losada, ou faladoiros con Risco, Ramón Piñeiro e Torrente Ballester. As anécdotas e o humor, ademais da reflexión, sérvenlle ao autor para facer comprender mellor o peso destas figuras no contexto da cultura galega. Tamén recolle reflexións da literatura propia e allea, como detalles sobre como se debuxou o perfil do bispo que protagoniza Ilustrísima, ou da influencia familiar no seu xeito de armar un relato. Completan o libro textos sobre a historia de Galicia, a sociedade ou a relixión, debullados coa prosa transparente de Casares e unha erudición sempre próxima ao lector.
  • 21.
    20. Casares eHemingway Hemingway en Galicia (1999) xorde pola sorpresa que sentiu Casares ao atopar mencións a Galicia na obra do escritor norteamericano. Durante anos, Casares foi reconstruíndo as viaxes que Hemingway fixo a Galicia. Fascinárono o país, a súa natureza e, sobre todo, Santiago de Compostela, onde pasou varias temporadas. Hemingway visitou tamén Ourense, Verín, A Coruña ou Vigo, en cuxos pescadores inspirouse para a súa inmortal The Old Man and the Sea (que tamén traduce Casares). O libro complétase cunha antoloxía de cartas do escritor estadounidense nas que se cita a Galicia, dirixidas a correspondentes como Francis Scott Fitzgerald ou John Dos Passos.
  • 22.
    21. Un polboxigante Un polbo xigante (2000): a historia dun rapaz que ve como un polbo xigante arrastra ao criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. É tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende.
  • 23.
    22. Pasamento Carlos Casaresmorre en Nigrán o 9 de marzo de 2002. Carlos Casares existe. Si, señor. É un grande escritor e un gran tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de Galicia, a da liberdade, o humor e un pisco de melancolía... unha cousa é morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi distinta morrer toda a vida. (Manolo Rivas)
  • 24.
    23. Sol póstumo Osol de verán: é un relato novelesco (póstumo) cargado de nostalxia e amargura ao mesmo tempo que un canto tenro á nenez e á mocidade. A historia de amor entre Helena e Carlos complicada pola condición de casada da moza provoca toda unha historia de intriga e enredos que dura até a derradeira escena. A narración de Carlos Casares guía ao lector cunha linguaxe sinxela e familiar moi axeitada nun relato que nunca perde interese, con constantes momentos de máxima intensidade. Con esta obra Carlos Casares deixounos un anaco de si mesmo e da súa experiencia e boa práctica xornalística e narrativa nunha lectura de carácter universal e ineludíbel. (David Canto Veiga)
  • 25.
    24. Autor parao Día das Letras O 9 de xullo de 2016, a RAG elixe a Casares como o autor do Día das Letras 2017: “unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX” “alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega.
  • 26.
    25. Os agostosde Casares Libro recompilación de 155 artigos do escritor publicados nos meses de agosto entre os anos 1997 e o 2001 no xornal La Voz de Galicia.
  • 27.
    CRÉDITOS ● http://academia.gal/letras-actual ● http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/edlg/index.p hp/2017/02/ ●http://elpais.com/tag/carlos_casares/a ● http://fundacioncarloscasares.org/ ● http://galicia.swred.com/carloscasaresbiografia.htm ● http://galicia.swred.com/carloscasares_cabodano.htm ● LASO LORENZO, Rafael, Carlos Casares, o amigo das palabras, Galaxia, Vigo, 2013, 109 pp. ● MONTEAGUDO, Enrique, Carlos Casares. Un contador de historias: Vida e obra, Galaxia, Vigo, 2017, 175 pp. Moitas grazas!