Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

castelao

3,088 views

Published on

  • Be the first to comment

castelao

  1. 2. Castelao é en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX. Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante e literato maxistral, revélasenos como un profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego, que queda perdurablemente reflectida na súa obra inzada de comprensión e humanidade . Castelao é un clásico da cultura galega en todos os campos que abrangue a súa obra: na historia das artes plásticas, na da prosa narrativa e na do teatro.
  2. 3. Afonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo, na ría de Arousa o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. O pai de Castelao enriqueceu na emigración: instalara na Pampa unha especie de taberna que axiña se converteu nun importante centro comercial. Naquelas terras arxentinas viviu Castelao dos dez ós catorce anos; a vida da Pampa e da emigración deixaron fonda pegada no rapaz, que habería de reflectilas en máis dunha ocasión na súa obra.
  3. 4. De volta en Galicia, estuda o bacharelato e logo a carreira de Medicina en Santiago, comezando a ser popular polas caricaturas dos profesores e compañeiros. Licenciado en 1908, regresa a Rianxo a exercer a medicina, e alí participa na política municipal. Deixou a medicina para ingresar por oposición no Instituto Xeográfico e Estatístico. Destinado en Pontevedra, tamén exerceu o profesorado como axudante da cátedra de Debuxo no Instituto desta cidade. Fíxenme médico por amor a meu pai . Nunca exercín por amor á humanidade
  4. 5. En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega, a proposta de Marcelo Macías García, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, e o acto de ingreso se realizou en 1934. O 25 de xullo deste ano Castelao tomou posesión trala lectura do seu discurso sobre As cruces de pedra na Galiza , texto preparatorio do que sería o libro que se publicaría moito despois, trala súa morte. Respondeu a este discurso Antón Vilar Ponte.
  5. 6. Coa proclamación da Segunda República, Castelao, nas filas do Partido galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra, e nas Cortes Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua galega. Participa activamente na vida política, especialmente a prol da consecución do Estatuto de Autonomía para Galicia.
  6. 7. O Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e unha alta participación (de case o 75%). Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. O día 14 de xullo reuníronse co Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, e o 17 con Manuel Azaña, Presidente da República. Ao día seguinte comeza a Guerra Civil.
  7. 8. Castelao xa nunca volvería a Galiza En 1938 viaxa a Moscú , onde expón as coleccións de debuxos que amosan estampas da guerra. En Nova York tamén expón, e nesa cidade publica a colección Milicianos , con debuxos sobre o mesmo tema. Viaxa logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en Bos Aires , onde funda, con outros exiliados, a revista Galeuzca . No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio. Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950 e foi soterrado no panteón do Centro Galego. En 1984 os seus restos foron trasladados a Galicia.
  8. 10. A personalidade de Castelao non coincide co esquema vital e ideolóxico dos integrantes do Grupo Nós está ligado. Presenta características que o afastan do grupo: Castelao intégrase no galeguismo moi axiña e mantense nel durante toda a súa vida. Amais disto, a súa obra está máis próxima ó pobo galego cá do resto dos compoñentes do Grupo xa que gaña en calor e fondura humanas e está lonxe da intelectualidade que caracteriza as obras dos outros autores.
  9. 12. A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro , publicada en 1922 na colección Céltiga co subtítulo de " Memorias dun esquelete ". No prólogo diríxese ó lector o propio Castelao, que explica como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación. Estas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estar contadas por un mesmo narrador (o esqueleto, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas de cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido.
  10. 13. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta como no resto das obras de Castelao unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción de humor a cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro: Debaixo do humorismo hai sempre unha grande dor; por iso no ceo non hai humoristas.
  11. 14. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil: Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O seu nome só abondoume. Fora un canalla que roubara para dar regalía ó seu bandullo de porco; dono da xustiza, roubala desde a súa confortable casa. Para que dicir máis? Era...,fora un cacique!.
  12. 15. Cousas , En 1926 apareceu o primeiro libro de Cousas : un conxunto de prosas con ilustracións publicadas con anterioridade na prensa. A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934 unha edición que recolle o contido dos dous libros precedentes.
  13. 16. Cada "cousa" leva unha ilustración que complementa o texto. Este desenvolve brevemente asuntos de temática variada, en moitos casos de ambiente labrego ou mariñeiro, comprimidos por un procedemento semellante á técnica de debuxo empregada por Castelao. - Non veñas máis pedir á miña porta. - E pois logo a ver cando vén vostede a pedir á miña.
  14. 17. A "cousa" constitúe a fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao. Narran a historia ou algún acontecemento de diferentes personaxes, pero poden non ter carácter narrativo e ser en troques a lírica expresión dun delicado pensamento. Algunhas, ateigadas de lirismo e sinxelas na forma, poden ser mesmo consideradas como poemas en prosa.
  15. 18. O   pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡ Ai !, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío!  ¡ Ai !, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
  16. 19. O libro Retrincos , publicado en 1934, é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronoloxicamente. O segredo : relata unha anécdota de estadía do narrador cando era neno pampa arxentina O inglés : desenvólvese tamén na pampa e trata de un neno que pintaba na polbeira do seu pai os barcos da escuadra española e un inglés ríase da exaltación patrióticado do pequeno debuxante Peito de lobo : trata dun estudiante que se lle ocorre facer para as festas da súa vila, un cabezudo que reproducía o rostro dun mariñeiro coñecido. Isto fixo que se enfadara, pero co tempo fóise amigando porque se sentía inmortalizado na súa propia vila. O retrato é unha fermosa anécdota de cando Castelao xa deixara a medicina: a curación imposible para un médico é o milagre feito polo pintor. O relato está datado en 1922, en Pontevedra. A Sabela é unha narración da súa época de deputado en Cortes. O relato artéllase sobre o contraste entre a moza que fora a súa compañeira de bailes e a muller en que se converteu co paso do tempo. O relato está datado en 1934, tamén en Pontevedra, e tampouco fora publicado anteriormente.
  17. 20. Os dous de sempre . É a única novela de Castelao; consiste nunha sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas.
  18. 21. A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila. A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco. En días sinalados a tía Ádega mandáballe[s] ós sobriños un caixón cheo de cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre... Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán; ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de máis porqué!
  19. 22. Ten a estrutura semellante ás novelas picarescas, especialmente polo que toca a Rañolas, quen, partindo dunhas circunstancias adversas (de humilde condición, eivado de corpo), vai vivindo diferentes situacións nos sucesivos oficios que exerce, desde o de mendicante ó de reloxeiro de proveito. En contraste con Rañolas, o outro protagonista, Pedriño, é un home sen vontade e sen ambición.
  20. 23. A novela é unha biografía paralela dos dous personaxes, que son amigos da infancia e seguen camiños diferentes, narrada desde a nenez. Na portada da novela figuran un paxaro e un sapo que representan dun xeito simbólico o carácter oposto de cada un dos personaxes. Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño, moi repoludo e bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas cavilacións. —¿De onde veu o meniño, papai? E Farruco respondeulle, por decir algo: — Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas. E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus ollos de acibeche, brilantes de ledicia: — ¿E cando o comemos?
  21. 25. Os asuntos das obras de Castelao reflicten, case exclusivamente, a vida do pobo : os pesares, ledicias e actitudes de labregos e mariñeiros. Ofrécenos unha nova visión do paisano galego, lonxe do ruralismo decimonónico, que procuraba a comicidade a custa do que presentaba como ignorancia e actitudes choqueiras das clases populares. Castelao descóbrenos a dignidade dos mesmos, revelándonos a clave dos seus comportamentos como formas de conduta social determinadas polo medio.
  22. 26. Consegue, pois, unha arte popular polo seu contido, forma e aceptación, e ó tempo de grande calidade estética, gracias á riqueza léxica , á atinada construción sintáctica, ó humorismo profundo e ó lirismo que inzan a súa prosa narrativa, ateigada ademais dunha emoción solidaria co ser humano.
  23. 27. O tema principal que vertebra a obra de Castelao é a morte . Tratada sempre de forma orixinal, variada e tinguida de humor, é o eixe temático de discursos realistas e fantásticos, que se entrecruzan frecuentemente ( Un ollo de vidro, Os vellos non deben de namorarse... ) Outros temas recorrentes da prosa de Castelao xiran arredor dos problemas socioeconómicos , a emigración , o desterro ... e da cultura popular .
  24. 28. A técnica narrativa do autor de Cousas caracterízase pola presencia dun procedemento que tamén se dá na obra gráfica do rianxeiro: uns trazos selectivos esenciais denotan o fundamental da historia e o resto da información queda suxerida dun modo connotativo. Domina, pois, a forma breve e sintética, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
  25. 29. Así mesmo, o humorismo é outro recurso esencial do tratamento dos temas da súa narrativa. Mediante o humor, Castelao revela o cerne dos asuntos tratados, sen concesións ó simplemente anecdótico. Deste xeito descobre os aspectos máis inesperados pero ó tempo os máis auténticos que agachan o comportamento dos seus personaxes.
  26. 30. Os desenlaces están coidados con esmero e a miúdo rematan nun clímax con epifonema (figura de pensamento que conclúe un relato cunha exclamación ou meditación profundas). Deste xeito, o narrador expresa nunha atinada síntese a esencia do relato. Da morea de entullos surdía o corpo de Rañolas, en coiriño de todo, sentado nunha cadeira derreada. O tronco sen cabeza, desfeito en carniza; os longos brazos pendurados; as pernas tocas. Na parede branca, salferida de miolos sanguiñentos, deixa Rañolas a súa despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras: ¡PROTESTO!  
  27. 32. Os vellos non deben de namorarse foi estreada en Buenos Aires en 1941. O propio Castelao foi quen a dirixiu e realizou todo o deseño plástico (escenografía, figurinos, máscaras, luces...). Publicouse no 1953 e representouse en Galicia por primeira vez en 1961.
  28. 33. Componse de tres lances compostos en épocas diferentes (o de Pimpinela no 33, os outros dous no 38) que teñen como motivo común o protagonismo dun vello namorado dunha moza “a destempo”. No epílogo, xúntanse os tres xúntanse no valado do cemiterio e láianse do seu imprudente namoramento.
  29. 34. Escrita nunha prosa sinxela e popular, con moitos elementos da cultura tradicional (refráns, paralelismo das cántigas...) e abundante humor, está concibida como un espectáculo lúdico e visual que pretende integrar as artes plásticas na representación teatral, o pintor e o escritor. O recurso ás máscaras, deseñadas polo propio Castelao, relaciona a obra coa farsa popular, o entroido, e mais coa traxedia clásica. O ángulo dun durmidoiro. Unha cama e, na cabeceira, unha fiestra pechada. Unha candea acesa enriba da mesa de noite. O vello está despíndose. Dispois a Morte e no remate Pimpinela. Ao lonxe canta o mozo: Ela casouse cun vello, ¡non sei que estaba pensando! O vello, funga que funga, toda a noite está roncando. O VELLO: ¡Roncar e fungar...! Sofrir, digo eu... O vello rosna cousas que non se entenden. Sigue despíndose e, cando se queda en camisa e vai sacar os pantalóns, sopla a candea e o teatro queda ás escuras. Aprovéitase a escuridade para meter no leito un moneco, idéntico ao vello, e cunha careta igoal á que el leva posta. O vello agáchase. O mozo volve a cantar dende lonxe. Dime casadiña nova, cómo che vai de casada. —O meu home está moi vello, non me sirve para nada. Ábrese a fiestra, pouco a pouco, coma se a empurrasen dende fóra, e o luar vai entrando no durmidoiro, caendo enriba da cama. Aluméase a escea.
  30. 35. É unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato, consideración que gaña importancia se temos en conta o relevante que son na obra os artificios escenográficos: a iluminación , a variedade cromática dos decorados e das roupas dos personaxes, as máscaras que estes levan..., son elementos cardinais desta "artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes". É a grande obra teatral galega por excelencia.
  31. 36. o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos CASTELAO ······· 1886-1950
  32. 37. Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944 [1ª ed.] e 1961 [2ª]) é un conxunto de textos diversos recollidos nun volume en diferentes sitios e anos. Converteuse desde a súa publicación na "biblia" do galeguismo. Componse dun limiar ou “Adro” (14 artigos escritos no desterro en Badaxoz en 1935) ao que seguen catro “Libros” (o primeiro, de 1937; o derradeiro, inacabado, de 1947).
  33. 38. O libro iniciase cunha especie de prólogo , baixo o título de Adro , que foi escrito polo autor en Badaxoz no ano 1935.. Componse de catorce pequenos textos nos que o autor compara a realidade cotiá que el observa na cidade estremeña coa realidade galega do momento. Constitúe a parte máis interesante do libro desde o punto de vista literario. A primeira parte do volume (Libro primeiro) foi escrita en Barcelona e Valencia no ano 1937. Castelao trata de convencer ós republicanos españois da causa galeguista. O Libro segundo data de 1940, e a súa composición foi levada a cabo en Nova York e no Atlántico, xa no exilio, cando aínda non se establecera de vez en Bos Aires. Unha vez instalado nesta cidade, compón en 1944 o Libro terceiro. A derradeira parte (Libro cuarto) compúxoa o autor no paquebote que o trasladaba de Marsella á capital arxentina. Nestes tres últimos libros, Castelao defende a Galicia contra a República que herdara da Monarquía o modelo centralista do Estado.
  34. 39. É un ideario plural e complexo no que hai reflexións sobre cultura e lingua, historia e análise política dos tempos da República e posguerra. Dous dos eixos do seu pensamento que máis influíron no pensamento galeguista posterior foron a súa exposición teórica sobre o carácter de nación de Galiza e o seu pensamento sobre a situación lingüística. ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? CASTELAO ······· 1886-1950 Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados! CASTELAO ······· 1886-1950 os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional" CASTELAO ······· 1886-1950
  35. 41. Atila en Galicia Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na Miña Terra complirase a vontade dos mártires. Castelao Valencia, Xulio de 1.937
  36. 42. Milicianos Estas estampas relembran os primeiros meses de guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e dounos tempo para crear o Exército da República. Castelao New York, Agosto 1.938
  37. 43. Album Nos Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial... As intencións eran nobles e o pesimismo aparente . Certo que a tristura d´estes dibuxos queima com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirven de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô xuicio de todos. Castelao Galiza, 1931.
  38. 44. Galicia Martir Aos Galegos que andan pol-o mundo: Estas estampas, arrincadas da miña propia door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito. Castelao Valencia, Febreiro de 1.937 Esta dor non se cura con resiñación Non enterran cadavres, enterran semente
  39. 45. Debuxos de Negros Unha pequena mostra dos espléndidos debuxos que Castelao adicou ás minorias étnicas de New York e ao pobo de Cuba. Castelao 1939
  40. 46. Como caricaturista, Castelao durante os seus tempos de estudiante gozou dunha gran popularidade coas caricaturas que facía dos profesores e compañeiros, pero o seu labor metódico de caricaturista da actualidade social galega principiouno alá por 1917. A caricatura de Castelao é o método polo que chega ó máis fundo da alma galega e nelas o ton humorístico , o trazo caricatural é só un pretexto baixo o cal se enmascara algo máis profundo. Castelao é o introdutor en España das dúas direccións máis acusadas da caricatura moderna: o fondo social e a simplicidade expresiva;

×