1. A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
2. O verán de 1936 supuxo unha creba histórica e cultural en Galicia. En cuestión de días pasouse da aprobación maioritaria do Estatuto de Autonomía polo pobo galego á sublevación dos militares, iniciándose deste xeito a ditadura franquista (a “longa noite de pedra ”). Desaparición de todas as actividades culturais Desaparece a elite intelectual: mortos, exiliados, castigadois Retroceso do idioma galego: perda de falantes
3. No exilio proseguiuse o labor político e cultural a prol de Galicia e da súa identidade Edición de xornais e revistas : ademais de “ A Nosa Terra” que segue editándose na Arxentina ata 1950, sobresaen dúas pola súa calidade literaria e artística: “ Galicia Emigrante ”, e,” Vieiros ” Creación de asociacións e patronatos que promoven a realización de cursos,conferencias,exposicións e revistas Representacións teatrais Emisións radiofónicas como o programa “ Sempre en Galicia” emitido en Montevideo desde 1951 ata hoxe, “ Galicia Emigrante” dirixido por Luís Seoane en Bos Aires(1954-1971),ou o “ Galician programme” (1947-1956)emisión radiofónica da BBC. Creación de editoriais , reedítanse os clásicos e publícanse obras dos escritores do exilio e libros prohibidos ou de difílcil publicación en Galicia.
4. Condicionamentos como a extraterritorialidade , as dificultades editoriais, a instalación en culturas de expresión castelá e a carencia de público lector fan que a literatura galega de alén-mar presente unhas características especiais: a) O compromiso galeguista e republicano está na base de toda a obra literaria. b) Tanto a poesía como a narrativa teñen un forte compoñente autobiográfica , na que destaca a experiencia traumática da guerra civil e o desterro. c) Introdúcese a temática cívico-social na poesía , anticipando unha orientación que será dominante nos sesenta e primeira metade dos setenta. d) O contacto coa arte e a literatura dos países latinoamericanos dá lugar a un proceso de mestizaxe cultural que aporte elementos temáticos e estilísticos novidosos.
5.
6. LUÍS SEOANE (Bos Aires, 1910- A Coruña, 1979) Poesía socialrealista (páx 292) Compromiso coa terra A arte feita O compromiso co contorno O realismo A reapropiación da memoria histórica A importancia do colectivo O compromiso coa nación.
7.
8. As cicatrices ( 1957) é un poemario de transición onde a voz civil irrompe con máis forza. A maior abondamento ( 1972) nace como remate de toda a súa andaina literaria e intelectual aínda que sen renunciar á experimentación con novas voces poéticas que están a triunfar na poesía socialrealista, o que o leva a escribir poemas a xeito de crónica , aparentemente obxectivos, para facer un retrato máis contundente dos aspectos máis inxustos da realidade , e que pola súa dureza impresionarán fortemente ó lector.
9.
10. LORENZO VARELA ( La Habana, 1916- Madrid, 1978). Fillo de emigrantes, orixinarios de Monterroso, principiou a súa actividade literaria en español En 1944 publicou Catro poemas para catro gravados , tamén coñecido como María Pita e tres retratos medievais , e no 1954 o seu poemario cumio, Lonxe , con gravados de Seoane e prólogo de Cuadrado. (páx294) Temas: - As vivencias tráxicas da guerra civil , - o pasado histórico das clase populares, - certas figuras emblemáticas ou míticas da Galiza medieval (María Balteira, Roi Xordo, o bispo Adaúlfo) e - a saudade da terra
11.
12.
13. A narrativa escrita no exilio amosa unha clara preferencia pola temática da guerra civil , abordada cun afán memorialístico nun ton de denuncia e testemuña . A presenza da experiencia biográfica do autor sitúa moitas veces as obras a medio camiño entre a narrativa de ficción e as memorias.
14. SILVIO SANTIAGO ( Vilardevós, 1903- 1974) 1961, publicada ao seu regreso a Galicia). Novela autobiográfica da súa mocidade, unha verdadeira galería de personaxes e anécdotas que conforma un fondo retrato da vila que lle dá título. (1976, póstuma), relata a súa aventura para fuxir da España de Franco e as terribles situacións por que tiveron que pasar moitas persoas durante esta etapa.
15. RAMÓN DE VALENZUELA Primeira novela galega sobre a Guerra Civil española, unha ficción autobiográfica de corte realista que constituíu unha proposta inédita. Novela centrada nas peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto do propio autor) como guerrilleiro nos montes galegos e como soldado na fronte de batalla.
16. ANTÓN ALONSO RÍOS (Silleda, 1887 – Bos Aires, 1980) En 1956 escribe un volume de relatos titulado Da saudade: amore, arte e misticismo . Está na liña da narrativa do Grupo Nós: evocacións fidalgas, apego á terra, protagonismo da natureza e da paisaxe, lirismo, romanticismo e mesmo pegadas de misticismo. relatou memorialisticamente os vinte meses que botou percorrendo a Galiza de Franco disfrazado de esmolante portugués e a súa posterior fuxida cara ao exilio
17.
18. culto as técnicas dramáticas innovadoras. A finalidade: concienciación galeguista no público espectador apelando á razón e ao intelecto. Castelao Os vellos non deben namorarse Luís Seoane A soldadeira Blanco Amor Farsas para títeres
19. popular O seu teatro estaba moi próximo ao teatro popular tradicional porque pretendeu exaltar os costumes , as tradicións e a dignificación da lingua para provocar nos galegos o orgullo de seren de Galicia. Manuel Varela Buxán A xustiza dun muiñeiro (1971) Se o sei... non volvo a casa (1971) Ricardo Flores, Ugío, Para isso som, teu amigo , Isaac Díaz Pardo Midas e O ángulo de pedra (1957).
20.
21. Os ensaístas do exilio continúan o labor iniciado polo Grupo Nós, coas mesmas inquedanzas e cos mesmos obxectivos, no entanto, e á diferenza do ensaio que se estaba a facer na Galicia do interior, na diáspora os escritores seguen unha liña política, radical con tendencia marxista e non exclusivamente cultural.
22. Afonso Rodríguez Castelao publica o estudo As cruces de pedra na Galiza (1950) e S empre en Galiza (1944), auténtica biblia do patriotismo galego. Luís Seoane publica Textos encol da arte galega (1979) e Textos sobre arte galega e deseño (1994), recompilacións de artigos sobre figuras da arte e da pintura galegas. Antón Alonso Ríos publica os ensaios nacionalistas Co pensamento na patria galega (1942) e A cultura galega na súa dimensión americán (1961). Xosé Núñez Búa , membro do SEG e do Partido Galeguista de preguerra, rememoraas súas vivencias en Revoira (1971) e fai un ensaio biográfico sobre Castelao na obra Vida e paixón de Castelao (1950). 297