Presentación sobre as vangardas en Europa e Galiza elaborada por Rosa Salgueiro (www.rosasalgueiro.com) e adaptada por Fernando Blanco (CPI Mnauel Padín Truiteiro de Soutomaior). É un material introdutorio previo á explicación de Manuel Antonio. Foi elaborado para 4º de ESO, para ocupar unha única sesión de clase, pero tamén se podería empregar en 2º de bacharelato ampliando a información.
Podedes consultar tamén dúas versións ampliadas con textos e máis cadros, unha enviada por Noemí Pazó e outra de Carme Moure. En: http://www.rosasalgueiro.com/litera.htm

Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
Cadro sinóptico que recolle as etapas e principais acontementos, correntes e autores/as da literatura galega dende o Rexurdimento ata hoxe. Non ten carácter exhaustivo e complementa o temario de literatura do libro de texto de Lingua Galega e Literatura de 4º da ESO de Edicións Xerais de Galicia.

O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural.Arredor desta nacerá a revista Nós.
Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos era manifestamente inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Narrativa e teatro seguían sendo xéneros pouco cultivados, nun panorama dominado absolutamente pola poesía. A atrevida proposta que fixera Rosalía en Follas Novas, a modernidade innovadora de Curros e Pondal convértese nunha poesía baleira, carente de contidos que coa escusa de aproximarse á mentalidade popular, ofrece unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades pode valorizarse como un revulsivo que abre o camino para un segundo renacemento.
Victoriano Taibo García.
Xerardo Álvarez Limeses.
Gonzalo López Abete
Xosé Crecente Vega.
Obra de Ramón Cabanillas.
1.Produción literaria: No desterro (1913), Vento mareiro (1915) e A rosa de cen follas.
2.Dúas pezas teatrais: A man e Santiña (1921) e O Mariscal (1926).
3.Prosa: discursos de ingresos nas Academias, tanto a galega como a castelá, e algúns prólogos.
4.Tradutor: Versos de alleas terras e de tempos idos (1955).