Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada, así como un pequeno tramo do Ramalledo.
É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos: a costa rochosa de mar aberto fora da ría de Ribadeo, a ría, o esteiro e o río.
Un percorrido polos principais humidais e lagoas da Terra Cha, dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"
Complexo húmido da Terra Cha: un conxunto de ecosistemas de grande valor ecolóxico. Podemos atopar humidais en Cospeito (lagoa de Cospeito, Abelleiras, Seixas, Carballosa, Ramiro e As Lamas), Castro de Rei (Veiga de Pumar, Caque ou Bardancos e Castro), Begonte (Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune e Fontefría), Vilalba (Codesido, Fabás e Reboredo), Guitiriz (Brañas do Barreiro e Poza Grande) e Rábade (O Rei).
Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada, así como un pequeno tramo do Ramalledo.
É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos: a costa rochosa de mar aberto fora da ría de Ribadeo, a ría, o esteiro e o río.
Un percorrido polos principais humidais e lagoas da Terra Cha, dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"
Complexo húmido da Terra Cha: un conxunto de ecosistemas de grande valor ecolóxico. Podemos atopar humidais en Cospeito (lagoa de Cospeito, Abelleiras, Seixas, Carballosa, Ramiro e As Lamas), Castro de Rei (Veiga de Pumar, Caque ou Bardancos e Castro), Begonte (Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune e Fontefría), Vilalba (Codesido, Fabás e Reboredo), Guitiriz (Brañas do Barreiro e Poza Grande) e Rábade (O Rei).
O espazo protexido abrangre os últimos 20 km de percorrido do río, desde a ponte romana de San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) á ponte do ferrocarril de Lérez (Pontevedra).
Outras partes do curso do Lérez están protexidas formando parte dos espazos Serra do Cando e Serra do Candán.
As augas do Lérez teñen unha gran riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha vexetación de gran interese.
CONCELLOS: Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra.
O espazo protexido inclúe unha grande parte do curso do Río Xuvia (desde o límite do concello de As Somozas e Moeche ata a desembocadura), o curso do río Castro, e a Serra do Forgoselo.
Os principais ecosistemas son os bosques das ribeiras dos ríos e as zonas húmidas dos cumes achairados do Forgoselo.
CONCELLOS: A Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez.
O espazo protexido comprende unha grande parte da Serra do Cando, coñecida tamén como Monte Seixo, e os cursos altos dos ríos Lérez (desde Cerdedo ata o Candán) e Verdugo.
Os ecosistemas de maior valor son as turbeiras dos cumes, os bosques de ribeira e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
CONCELLOS: Cerdedo-Cotobade, Forcarei e A Lama (Pontevedra) e Beariz (Ourense).
O espazo abrangue o lago de Sanabria e as áreas de media e alta montaña das serras Segundeira e Cabreira.
SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL (1946)
PARQUE NATURAL: “Lago de Sanabria e arredores” (1978), (2.365 Ha).
LIC (1998) (22.645 ha)
Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA (2000).
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella ou Figueiras e Batán, a ría de Foz, e a costa ata a desembocadura do rego da Laguela, nos concellos de Foz, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo.
No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas, río e bosques de ribeira.
CONCELLOS: Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Ames, Brión, Rois, Dodro e Rianxo (A Coruña). Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga e Catoira (Pontevedra).
Abrangue o curso do Ulla desde a Ponte de Remesquide (entre as parroquias de Ribeira-Touro, e Obra-Vila de Cruces) ata a desembocadura, na punta das Tres Cruces (Entre Rianxo e Catoira), e parte do curso de varios afluentes: Deza (co Toxa), Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico.
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
Os montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei-Sil) e os montes que os separan e rodean
Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande biodiversidade de hábitats e especies.
2. LONXITUDE: 744 km.
As fontes máis alonxadas están a
máis de 800 km.
MONTES DE TOLEDO
A IBÉR
SISTEM
SERRA DE
S. PEDRO
MONTÁNCHEZ
SERRA
DO CA
LDEIRA
O
ICO
SERRA MORENA
SUPERFICIE
DA CUNCA:
67.733 km²
PAÍSES:
España(Castela
-A Mancha,
Extremadura,
Andalucía)
81,9%, (55.513
km²) e 17,1%.
Portugal
(11.620 km²).
6. O NACEMENTO DO GUADIANA
Tradicionalmente dicíase que o Guadiana nacía en Ojos
del Guadiana (Villarubia de los Ojos-Ciudad Real).
Actualménte considérase que as súas cabeceiras están
nos regos que conflúen nas Tablas de Daimiel.
7. NACEMENTO: Fórmase pola confluencia de varios ríos,
regatos e acuíferos: ríos Cigüela (co Záncara) e Guadiana
Alto ou Guadiana Vello, así como o Acuífero 23 da Mancha
Occidental.
Río Cigüela: nace no Porto de
Cabrejas (Sistema Ibérico) e ten un
percorrido de 225 km (é a fonte do
Guadiana máis alonxada). O seu
principal afluente é o Záncara, con 158
km de lonxitude.
O Guadiana Alto (76 km) nace nos
Campos de Montiel a partir da
confluencia de varias augas
subterráneas que dan lugar aos
mananciais de Pinilla, pero as súas
fontes máis alonxadas son as
Lagoas de Navalcudia (El BonilloAlbacete).
17. DESEMBOCADURA: Golfo de Cádiz (Océano Atlántico),
entre Ayamonte (España) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).
18. XEOLOXÍA
Unha gran parte do curso do Guadiana discorre por
terreos chans na comunidade de Castilla-La Mancha,
encáixase no curso medio e forma unh amplo esteiro na
desembocadura. Os terreos calcários das cabeceiras
provocan unha gran perda de caudal do río por
infiltración.
Nas Tablas de Daimiel hai un sistema de lagoas no curso
do Guadiana.
19. Salto no Guadiana Alto,
entre as lagoas de
Santos Morcillo e a da
Batanera, dentro do
complexo lagunar das
Lagoas de Ruidera.
“Hundimiento” de 24 m de
altura, o maior salto que
forma o Guadiana nas
Lagoas de Ruidera.
20. FLORA
Algas do xénero Chara (Ch. Hispida, Ch. Major, Ch.
Canescens), Cladophora glomerata e Zannichellia
pedunculata; plantas acuáticas: lentella de auga (Lemna
trisulca), e plantas palustres: masiega (Cladium
mariscus), carrizo (Phragmites australis), salicaria
(Lythrum salicaria), enea (Typha domingeusis), xuncos
(Juncus maritumus) e vexetación arbórea: Taray
(Tamarix gallica), salgueiros, adelfas e flora do monte
mediterráneo: aciñeiras (Quercus rotundifolia e Quercus
coccifera), sobreiras (Quercus suber), quexigos
(Quercus faginea), xenebreiros (Juniperus thurifera),
escornacabras (Pistacia lentiscos), oliveira brava (Olea
europaea var. sylvestris), e piñeiros con matogueiras de
romeu (Rosmarinus officinalis), estevas (Cistus…),
tomelo...
23. FAUNA
MAMÍFEROS: lontra,
melonciño, ratas de auga...
AVES: Patudas, cegoñas
(branca e negra), garzas,
garzotas, parrulos, galiñolas,
corvos mariños, gaivotas,
mergullóns, picapeixes e
numerosos paxaros das
canaveiras e do bosque de
ribeira.
RÉPTILES: sapoconchos e
cóbregas de auga.
ANFIBIOS: ras e sapos.
E unha gran variedade de
invertebrados,
especialmente insectos.
Rata de auga
Cegoña
Garza imperial
24. ESPAZOS PROTEXIDOS
PARQUES NACIONAIS:
Tablas de Daimiel e Cabañeros
PARQUES NATURAIS:
“Lagunas de Ruidera”,
Cornalvo e Aracena, Picos de
Aroche, Vale do Guadiana,
Sapal e Castro Marim.
PARAXE NATURAL das
marismas de Isla Cristina, en
Huelva.
ZONAS ZEPA: Azud de
Badajoz e Ríos da cunca
media do Guadiana e ladeiras
vertentes.
LIC: Río Guadiana
Tablas de Daimiel
Cabañeros
28. No Guadiana, en Portugal, atópase o encoro de Alqueva considerado o máis
grande de Europa. Ocupa unha superficie de 250 km² e ten unha capacidade
de almacenamento de 4.150 hm³.
29. DATOS HISTÓRICOS
Durante a dominación romana o Guadiana separaba as
provincias Baetica e Lusitana.
Ao longo do río consérvase un rico patrimonio cultural:
pontes, núcleos históricos, muíños…
Ponte romana
de Mérida
30. CURIOSIDADES
O nome do río está formado pola xuntanza e mestura do nome
latino (Flumen Anae, "río dos Patos") no que os musulmans
sustituiron a palabra flumen, río en latín, pola palabra uadi, río en
arabe.
O río dalle nome á denominación de orixe Ribera del Guadiana,
que acolle a producción vitivinícola das comarcas extremeñas de
Tierra de Barros, Montánchez, Ribera Alta, Ribera Baja,
Matanegra e Cañamero.
Existe unha ruta que permite percorrer case todo o curso do río
por territorio español.
31. TRADICIÓNS
Romería da Nosa Señora de
Alcantarilla, en Belalcázar.
Levan a Virxe en procesión durante
máis de 20 km e atravesan o río Zújar.