SlideShare a Scribd company logo
Revelacións asiáticas
Novas cinematografías nos festivais
En agosto de 1950 estreouse no Xapón 
o filme Rashomon de Akira Kurosawa. 
Concursou  no  Festival  de  Venecia  o 
ano seguinte, en 1951, e a culpábel foi 
unha  muller,  Giuliana  Stramigioli, 
profesora  de  italiano  na  Universidade 
de  Toquio  que  fundou  a  distribuídora 
Italiafilm,  coa  cal  introduciu  no  país 
asiático  o  cinema  neorrealista.  Foi 
Giuliana  quen  recomendou  Rashomon 
á  axencia  Unitalia,  que  andaba  na 
procura  dun  filme  xaponés  para  o 
festival.
Rashomon gañou na Mostra de Venecia 
1951 o León de Ouro. En decembro de 
estreouse  nos  EEUU  e  na  seguinte 
edición dos Oscars, en 1952, levou un 
premio  honorífico  por  ser  o  filme  en 
lingua  non  inglesa  máis  destacado  do 
ano.
Akira Kurosawa
N: 23 de marzo de 1910,
Shinagawa, Toquio (Xapón)
M: 24 de agosto de 1956,
Setagaya, Toquio (Xapón)
Akira  Kurosawa  é  probabelmente  o  máis 
coñecido  dos  cineastas  xaponeses.  Foi 
premiado  na  Berlinale  (Premio  Especial 
por  Vivir  en  1954;  Oso  de  Prata  e 
FIPRESCI por A fortaleza escondida, 1959), 
Cannes  (Palma  de  Ouro  por  Kagemusha, 
1980)  e  de  novo  en  Venecia  (León  de 
Prata por Os sete samurais, 1954; León de 
Ouro  honorífico,  1982).  Tamén  gañou  o 
Oscar  honorífico  (1990)  e  antes  un  ao 
mellor filme de fala non inglesa por Dersu 
Uzala (1975).
O  éxito  de  Rashomon  abriulle 
definitivamente  as  portas  en 
Occidente  ao  cinema  xaponés,  que 
nesa  altura  contaba  xa  con  máis  de 
medio  século  de  historia.  O  propio 
Festival  de  Venecia  puxo  os  seus 
ollos  nun  mestre  incontestábel,  e 
daquela  xa  nos  últimos  anos  da  súa 
vida, Kenji Mizoguchi, de quen puxo 
en  competición  en  1952  Vida  de 
O'Haru  e  despois  Contos  da  Lúa 
pálida  (León  de  prata,  1953),  O 
intendente  Sanshô  (León  de  prata, 
1954),  A  emperatriz  Yang  Kwei  Fei 
(1955) e A rúa da vergonza (1956). 
Cannes  tamén  se  interesou  por 
Mizoguchi:  Os  amantes  crucificados 
competiu  pola  Palma  de  Ouro  en 
1954.
Kenji Mizoguchi
N: 16 de maio de 1898,
Hongo, Toquio (Xapón)
M: 24 de agosto de 1956,
Quioto (Xapón)
Yasujiro Ozu
N: 12 de decembro de 1903,
Toquio (Xapón)
M: 12 de decembro de 1963,
Toquio (Xapón)
Máis tardío foi o recoñecemento 
doutro  mito,  Yasujiro  Ozu,  que 
nese  tempo  era  considerado 
“demasiado xaponés” como para 
que  funcionase  en  Occidente. 
Puntualmente  viuse  en  Europa 
algún dos seus filmes ­incluído o 
memorábel  Contos  de  Toquio 
(1953)­  mais  só  competiu  nun 
gran festival, o de Berlín, co seu 
penúltimo  filme,  O  outono  da 
familia  Kohayagawa  (1962).  O 
prestixio  de  Ozu  comeza  de 
verdade  despois  da  súa  morte, 
en 1963. 
A presenza de cineastas xaponeses nos 
festivais  foi  devagar  normalizándose. 
Teinosuke  Kinugasa  gañou  o  Gran 
Premio  en  Cannes  por  A  porta  do 
inferno  (1953),  que  logo  gañou  un 
Oscar  honorífico  e  outro  ao  mellor 
vestiario  en  cor;  Masaki  Kobayashi 
gañou levou dous premios especiais do 
xurado en Cannes por Harakiri (1962) 
e O máis alá (1964); Hiroshi Inagaki 
competiu  en  Berlín  (Arashi,  1957)  e 
Venecia  (O  home  do  carriño,  1958); 
Kon  Ichikawa  visitou  Venecia  e  os 
Oscars con  A harpa birmana (1956) e 
pasou  con  outros  filmes  por  Berlín, 
Cannes e Locarno...
O  cinema  indio  foi  outra  das 
revelacións  da  década  dos  50. 
Grande  cinéfilo,  Satyajit  Ray,  que 
comezou  como  deseñador  gráfico, 
puxo  o  seu  talento  (e  os  seus 
aforros)  na  produción  dun  filme 
xustamente  mítico,  Pather  Panchali. 
A falta de medios fixo que a rodaxe 
se  demorase  tres  anos  e  finalmente 
puido  finalizala  grazas  ao  apoio  do 
goberno  de  Bengala  Occidental. 
Estreouse  en  agosto  de  1955  e  o 
boca­orella fixo dela un éxito.
Competiu  no  Festival  de  Cannes  en 
1956.  Foi  proxectada  a  medianoite 
diante de poucos espectadores.
Algúns dos asistentes ­nomes ilustres 
da crítica e a historiografía do cinema 
como  André  Bazin,  George  Sadoul  e 
Lotte Eisner­ conseguiron convencer á 
organización  do  festival  de  Cannes 
para  que  promovesen  unha  segunda 
proxección  con  todo  o  xurado 
presente.  Grazas  a  iso  o  filme  levou 
un  premio  especial  (ao  “mellor 
documento humano”).
A  segunda  entrega  da  “triloxía  de 
Apu”, Aparajito (1956), gañou o León 
de  Ouro  do  Festival  de  Venecia  en 
1957.  A triloxía complétase con Apur 
Sansar, protagonizada polo debutante 
Soumitra  Chatterjee,  que  foi  un  dos 
actores de referencia de Satyajit Ray.
Satyajit  Ray  é  un  dos  autores  máis 
respectados  da  historia  do  cinema. 
Competiu  catro  veces  en  Cannes  ­a 
última,  en  1984  con  Ghare  Baire­, 
gañou  o  Oso  de  Ouro  na  Berlinale 
en 1973 con Ashani Sanket, un León 
de  Ouro  en  Venecia  polo  conxunto 
da  súa  carreira  en  1982  e  o  Oscar 
honorífico  en  1992,  que  agradeceu 
desde  o  hospital  poucas  semanas 
antes de morrer.
O  seu  descubrimento  facilitou  a 
chegada a Europa das obras doutros 
cineastas,  como  Ritwik  Ghatak  e 
Mrinal Sen.
A  filmografía  de  Abbas  Kiarostami 
(1940­2016)  comeza  nos  anos  70, 
mais  a  súa  verdadeira  revelación 
internacional  chegou  coa  estrea  de 
Onde está a casa do amigo? no Festival 
de Locarno, onde levou o Leopardo de 
Bronce.  A  partir  dese  momento, 
Kiarostami  converteuse  nun  habitual 
dos  grandes  festivais:  competiu  cinco 
veces  na  sección  oficial  de  Cannes  (e 
levou a Palma de Ouro por O sabor das 
cereixas, 1997) e tamén na de Venecia 
(con  O  vento  levaranos,  1999,  Gran 
Premio do Xurado). 
Irán  foi  e  é  unha  referencia  para  os 
festivais  con  autores  como  Mohsen 
Makhmalbaf  (e  as  súas  fillas  Samira 
e  Hana),  Jafar  Panahi,  Asghar 
Farhadi, Rafi Pitts...
Nos 80 Europa descubriu a vitalidade 
da  chamada  “Quinta  Xeración”  de 
cineastas  chineses,  entre  eles  Zhang 
Yimou  (Oso  de  Ouro  na  Berlinale 
1988  por  Sorgo  vermello,  Oso  de 
Prata  2000  por  O  camiño  a  casa; 
Gran  Premio  do  Xurado  en  Cannes 
1994 por Vivir!; León de Prata 1991 
por  A  lanterna  vermella,  León  de 
Ouro 1992 por Qiu Ju, León de Ouro 
1999  por  Nin  un  menos)  e  Chen 
Kaige  (Palma  de  Ouro  en  Cannes 
1993 por Adeus á miña concubina). 
O  cinema  chinés  non  deixou  de  ter 
presenza  nos  grandes  festivais  nas 
últimas décadas. A sexta xeración ten 
como  figura  máis  destacada  a  Jia 
Zhang­ke,  León  de  Ouro  en  Venecia 
con  Natureza  morta  (2006)  e  desde 
entón  habitual  de  Cannes  (mellor 
guión  en  2013  con  Un  toque  de 
violencia).
Hong­Kong  achegou  nomes 
esenciais do cinema do noso tempo 
como  Wong  Kar­wai  (mellor 
director en Cannes 1997 con Happy 
Together) ou Johnnie To.
De  Taiwan  veñen  dous  mestres 
imprescindíbeis:  Hou  Hsiao­hsien 
(Premio do Xurado en Cannes 1993 
por O mestre de marionetas, mellor 
director  en  Cannes  2015  por  A 
asasina;  León  de  Ouro  en  Venecia 
1989 por Cidade de tristeza) e Tsai 
Ming­Liang (Oso de Prata 1997 por 
O  río,  Oso  de  Prata  2005  por  O 
sabor da sandía; León de Ouro 1994 
por  Vive  l'amour,  Gran  Premio  do 
Xurado 2013 por Stray Dogs).
Os festivais de cinema teñen sempre 
na diversidade un dos seus sinais de 
identidade  e  os  cinemas  asiáticos 
foron  un  fértil  caldo  de  cultivo: 
Camboxa  (Rithy  Panh),  Corea  do 
Sur  (Hong  Sang­soo),  Filipinas 
(Lav  Diaz),  Xapón  (Nobuhiro 
Suwa,  Naomi  Kawase),  Tailandia 
(Apichatpong Weerasethakul), ...

More Related Content

Similar to Revelacións asiáticas. Novas cinematografías nos festivais.

Abderrahmane Sissako
Abderrahmane SissakoAbderrahmane Sissako
Abderrahmane Sissako
filmotecaforum
 
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-waiHong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
filmotecaforum
 
Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Apichatpong Weerasethakul
Apichatpong WeerasethakulApichatpong Weerasethakul
Apichatpong Weerasethakul
filmotecaforum
 
Arxentina
ArxentinaArxentina
Arxentina
filmotecaforum
 
Abbas Kiarostami
Abbas KiarostamiAbbas Kiarostami
Abbas Kiarostami
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 
Youssef Chahine e o cinema exipcio
Youssef Chahine e o cinema exipcioYoussef Chahine e o cinema exipcio
Youssef Chahine e o cinema exipcio
filmotecaforum
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
filmotecaforum
 

Similar to Revelacións asiáticas. Novas cinematografías nos festivais. (10)

Abderrahmane Sissako
Abderrahmane SissakoAbderrahmane Sissako
Abderrahmane Sissako
 
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-waiHong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
Hong Kong: Ann Hui e Wong Kar-wai
 
Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Apichatpong Weerasethakul
Apichatpong WeerasethakulApichatpong Weerasethakul
Apichatpong Weerasethakul
 
Arxentina
ArxentinaArxentina
Arxentina
 
Abbas Kiarostami
Abbas KiarostamiAbbas Kiarostami
Abbas Kiarostami
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
Youssef Chahine e o cinema exipcio
Youssef Chahine e o cinema exipcioYoussef Chahine e o cinema exipcio
Youssef Chahine e o cinema exipcio
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
 

More from filmotecaforum

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
filmotecaforum
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 

Revelacións asiáticas. Novas cinematografías nos festivais.

  • 2. En agosto de 1950 estreouse no Xapón  o filme Rashomon de Akira Kurosawa.  Concursou  no  Festival  de  Venecia  o  ano seguinte, en 1951, e a culpábel foi  unha  muller,  Giuliana  Stramigioli,  profesora  de  italiano  na  Universidade  de  Toquio  que  fundou  a  distribuídora  Italiafilm,  coa  cal  introduciu  no  país  asiático  o  cinema  neorrealista.  Foi  Giuliana  quen  recomendou  Rashomon  á  axencia  Unitalia,  que  andaba  na  procura  dun  filme  xaponés  para  o  festival. Rashomon gañou na Mostra de Venecia  1951 o León de Ouro. En decembro de  estreouse  nos  EEUU  e  na  seguinte  edición dos Oscars, en 1952, levou un  premio  honorífico  por  ser  o  filme  en  lingua  non  inglesa  máis  destacado  do  ano.
  • 3. Akira Kurosawa N: 23 de marzo de 1910, Shinagawa, Toquio (Xapón) M: 24 de agosto de 1956, Setagaya, Toquio (Xapón) Akira  Kurosawa  é  probabelmente  o  máis  coñecido  dos  cineastas  xaponeses.  Foi  premiado  na  Berlinale  (Premio  Especial  por  Vivir  en  1954;  Oso  de  Prata  e  FIPRESCI por A fortaleza escondida, 1959),  Cannes  (Palma  de  Ouro  por  Kagemusha,  1980)  e  de  novo  en  Venecia  (León  de  Prata por Os sete samurais, 1954; León de  Ouro  honorífico,  1982).  Tamén  gañou  o  Oscar  honorífico  (1990)  e  antes  un  ao  mellor filme de fala non inglesa por Dersu  Uzala (1975).
  • 4. O  éxito  de  Rashomon  abriulle  definitivamente  as  portas  en  Occidente  ao  cinema  xaponés,  que  nesa  altura  contaba  xa  con  máis  de  medio  século  de  historia.  O  propio  Festival  de  Venecia  puxo  os  seus  ollos  nun  mestre  incontestábel,  e  daquela  xa  nos  últimos  anos  da  súa  vida, Kenji Mizoguchi, de quen puxo  en  competición  en  1952  Vida  de  O'Haru  e  despois  Contos  da  Lúa  pálida  (León  de  prata,  1953),  O  intendente  Sanshô  (León  de  prata,  1954),  A  emperatriz  Yang  Kwei  Fei  (1955) e A rúa da vergonza (1956).  Cannes  tamén  se  interesou  por  Mizoguchi:  Os  amantes  crucificados  competiu  pola  Palma  de  Ouro  en  1954.
  • 6. Yasujiro Ozu N: 12 de decembro de 1903, Toquio (Xapón) M: 12 de decembro de 1963, Toquio (Xapón) Máis tardío foi o recoñecemento  doutro  mito,  Yasujiro  Ozu,  que  nese  tempo  era  considerado  “demasiado xaponés” como para  que  funcionase  en  Occidente.  Puntualmente  viuse  en  Europa  algún dos seus filmes ­incluído o  memorábel  Contos  de  Toquio  (1953)­  mais  só  competiu  nun  gran festival, o de Berlín, co seu  penúltimo  filme,  O  outono  da  familia  Kohayagawa  (1962).  O  prestixio  de  Ozu  comeza  de  verdade  despois  da  súa  morte,  en 1963. 
  • 7. A presenza de cineastas xaponeses nos  festivais  foi  devagar  normalizándose.  Teinosuke  Kinugasa  gañou  o  Gran  Premio  en  Cannes  por  A  porta  do  inferno  (1953),  que  logo  gañou  un  Oscar  honorífico  e  outro  ao  mellor  vestiario  en  cor;  Masaki  Kobayashi  gañou levou dous premios especiais do  xurado en Cannes por Harakiri (1962)  e O máis alá (1964); Hiroshi Inagaki  competiu  en  Berlín  (Arashi,  1957)  e  Venecia  (O  home  do  carriño,  1958);  Kon  Ichikawa  visitou  Venecia  e  os  Oscars con  A harpa birmana (1956) e  pasou  con  outros  filmes  por  Berlín,  Cannes e Locarno...
  • 8. O  cinema  indio  foi  outra  das  revelacións  da  década  dos  50.  Grande  cinéfilo,  Satyajit  Ray,  que  comezou  como  deseñador  gráfico,  puxo  o  seu  talento  (e  os  seus  aforros)  na  produción  dun  filme  xustamente  mítico,  Pather  Panchali.  A falta de medios fixo que a rodaxe  se  demorase  tres  anos  e  finalmente  puido  finalizala  grazas  ao  apoio  do  goberno  de  Bengala  Occidental.  Estreouse  en  agosto  de  1955  e  o  boca­orella fixo dela un éxito. Competiu  no  Festival  de  Cannes  en  1956.  Foi  proxectada  a  medianoite  diante de poucos espectadores.
  • 9. Algúns dos asistentes ­nomes ilustres  da crítica e a historiografía do cinema  como  André  Bazin,  George  Sadoul  e  Lotte Eisner­ conseguiron convencer á  organización  do  festival  de  Cannes  para  que  promovesen  unha  segunda  proxección  con  todo  o  xurado  presente.  Grazas  a  iso  o  filme  levou  un  premio  especial  (ao  “mellor  documento humano”). A  segunda  entrega  da  “triloxía  de  Apu”, Aparajito (1956), gañou o León  de  Ouro  do  Festival  de  Venecia  en  1957.  A triloxía complétase con Apur  Sansar, protagonizada polo debutante  Soumitra  Chatterjee,  que  foi  un  dos  actores de referencia de Satyajit Ray.
  • 10. Satyajit  Ray  é  un  dos  autores  máis  respectados  da  historia  do  cinema.  Competiu  catro  veces  en  Cannes  ­a  última,  en  1984  con  Ghare  Baire­,  gañou  o  Oso  de  Ouro  na  Berlinale  en 1973 con Ashani Sanket, un León  de  Ouro  en  Venecia  polo  conxunto  da  súa  carreira  en  1982  e  o  Oscar  honorífico  en  1992,  que  agradeceu  desde  o  hospital  poucas  semanas  antes de morrer. O  seu  descubrimento  facilitou  a  chegada a Europa das obras doutros  cineastas,  como  Ritwik  Ghatak  e  Mrinal Sen.
  • 11. A  filmografía  de  Abbas  Kiarostami  (1940­2016)  comeza  nos  anos  70,  mais  a  súa  verdadeira  revelación  internacional  chegou  coa  estrea  de  Onde está a casa do amigo? no Festival  de Locarno, onde levou o Leopardo de  Bronce.  A  partir  dese  momento,  Kiarostami  converteuse  nun  habitual  dos  grandes  festivais:  competiu  cinco  veces  na  sección  oficial  de  Cannes  (e  levou a Palma de Ouro por O sabor das  cereixas, 1997) e tamén na de Venecia  (con  O  vento  levaranos,  1999,  Gran  Premio do Xurado).  Irán  foi  e  é  unha  referencia  para  os  festivais  con  autores  como  Mohsen  Makhmalbaf  (e  as  súas  fillas  Samira  e  Hana),  Jafar  Panahi,  Asghar  Farhadi, Rafi Pitts...
  • 12. Nos 80 Europa descubriu a vitalidade  da  chamada  “Quinta  Xeración”  de  cineastas  chineses,  entre  eles  Zhang  Yimou  (Oso  de  Ouro  na  Berlinale  1988  por  Sorgo  vermello,  Oso  de  Prata  2000  por  O  camiño  a  casa;  Gran  Premio  do  Xurado  en  Cannes  1994 por Vivir!; León de Prata 1991  por  A  lanterna  vermella,  León  de  Ouro 1992 por Qiu Ju, León de Ouro  1999  por  Nin  un  menos)  e  Chen  Kaige  (Palma  de  Ouro  en  Cannes  1993 por Adeus á miña concubina). 
  • 13. O  cinema  chinés  non  deixou  de  ter  presenza  nos  grandes  festivais  nas  últimas décadas. A sexta xeración ten  como  figura  máis  destacada  a  Jia  Zhang­ke,  León  de  Ouro  en  Venecia  con  Natureza  morta  (2006)  e  desde  entón  habitual  de  Cannes  (mellor  guión  en  2013  con  Un  toque  de  violencia).
  • 14. Hong­Kong  achegou  nomes  esenciais do cinema do noso tempo  como  Wong  Kar­wai  (mellor  director en Cannes 1997 con Happy  Together) ou Johnnie To. De  Taiwan  veñen  dous  mestres  imprescindíbeis:  Hou  Hsiao­hsien  (Premio do Xurado en Cannes 1993  por O mestre de marionetas, mellor  director  en  Cannes  2015  por  A  asasina;  León  de  Ouro  en  Venecia  1989 por Cidade de tristeza) e Tsai  Ming­Liang (Oso de Prata 1997 por  O  río,  Oso  de  Prata  2005  por  O  sabor da sandía; León de Ouro 1994  por  Vive  l'amour,  Gran  Premio  do  Xurado 2013 por Stray Dogs).
  • 15. Os festivais de cinema teñen sempre  na diversidade un dos seus sinais de  identidade  e  os  cinemas  asiáticos  foron  un  fértil  caldo  de  cultivo:  Camboxa  (Rithy  Panh),  Corea  do  Sur  (Hong  Sang­soo),  Filipinas  (Lav  Diaz),  Xapón  (Nobuhiro  Suwa,  Naomi  Kawase),  Tailandia  (Apichatpong Weerasethakul), ...