SlideShare a Scribd company logo
Abbas 
Kiarostami
(1940­2016)
Abbas Kiarostami
‫کیارستمی‬ ‫عباس‬
N: 22 de xuño de 1940, Teherán (Irán)
M: 4 de xullo de 2016, París (Francia)
Imaxes: mapa, P30Carl (wikipedia), CC BY­SA 3.0; Abbas Kiarostami, por 
Pedro J Pacheco, Wikipedia, CC BY­SA 4.0.
Interesado  desde  neno  pola  pintura, 
estudou  Belas  Artes  na  Universidade  de 
Teherán. Despois traballou en publicidade 
como  pintor,  ilustrador  e  deseñador 
gráfico. Para a televisión iraniana fixo máis 
de 150 anuncios.
Ao abeiro da chegada dunha nova vaga de 
cineastas  no  seu  país,  Abbas  Kiarostami 
axudou á formación dun equipo de cinema 
no Kanun, Centro para o Desenvolvemento 
Intelectual de Nenos e Mozos, en Teherán. 
A  partir  da  fundacional  O  pan  e  a  calella 
(1970), crea curtas intelixentes coma Dúas 
solucións  para  un  problema,  mais  tamén 
obras  máis  longas  con  nenos  como 
protagonistas que asentan os seus métodos 
de traballo ­coa participación case sempre 
de  actores  non  profesionais­  e  anticipan 
trazos de estilo.
Dúas solucións para un problema (1975)
Así,  é  doado  establecer  paralelismos 
entre  a  devolución  do  traxe  ­e  o  seu 
estado­ de Un traxe para a voda (1976) e 
o  desenlace  de  Onde  está  a  casa  do 
amigo?  na  admirábel  maneira  en  que 
crea  unha  tensión  electrizante  con 
recursos  mínimos.  Xa  dende  os  70,  e 
sempre  de  xeito  sutil,  o  tantas  veces 
acusado  de  non  facer  un  cinema 
"político"  Abbas  Kiarostami  soubo 
expoñer  de  maneira  explícita  as 
diferenzas de clase ­no citado Un traxe... 
ou  n'A  experiencia­  e  o  absurdo  do 
exercicio  de  poder,  por  exemplo  o  dos 
adultos  sobre  os  nenos,  obrigados  a 
cumprir rutinas caprichosas que ás veces 
non teñen outra xustificación que deixar 
claro  que  uns  mandan  e  outros 
obedecen.
Un traxe para a voda (1976)
Onde  está  a  casa  do  amigo?  (1987) 
representa  o  cumio  desa  etapa  e  é  o 
filme que nolo descobre en Occidente.
Afectado polo impacto dun sismo que 
provocou  ducias  de  miles  de  vítimas 
mortais,  o  director  regresou  á  vila 
onde  rodou  esta  película  para  saber 
que foi dos dous nenos protagonistas; 
de aí nace a ficción E a vida continúa 
(1992) e dela logo un novo xiro en A 
través das oliveiras (1994).
Polo  medio  fixera  Primeiro  plano  (1990), 
título  capital  do  cinema  contemporáneo.  O 
Kiarostami  dos  exercicios  de  representación, 
o que serpea entre a ficción e a realidade, o 
que gusta dos personaxes “que fan que fan”, 
nace aí e perdura na súa obra máis recente.
Con O sabor das cereixas (1997) gaña a Palma 
de  Ouro  en  Cannes  e  consolídase  coma  un 
autor  de  referencia.  Ten  (2002)  agrupa  dez 
viñetas  cunha  mesma  muller,  Mania  Akbari, 
que  conversa  con  distintas  persoas  mentres 
conduce un coche polas rúas de Teherán.
Shirin (2008) toma como escusa argumental 
un relato clásico persa que é narrado en off e 
­sobre  todo­  a  través  das  emocións  das 
espectadoras  que  o  contemplan;  “como  si 
Kiarostami  estuviera  respondiendo  al  consejo 
que  varios  críticos  y  colegas  le  han  dado  de 
hacer  una  película  “de  verdad”,  con  actores 
famosos, una trama fácil de seguir, música, etc, 
y  crea  un  objeto  imposible  que  es  al  mismo 
tiempo  todas  esas  cosas  y  ninguna  de  ellas, 
engañándonos  con  tanta  habilidad  como  el 
ilusionismo  de  Hollywood”,  escribe  Jonathan 
Rosenbaum no seu libro sobre o cineasta co­
escrito con Mehrnaz Saeed­Vafa. 
Despois regalounos trampas aínda maiores, as 
viaxes  a  Italia  de  Copia  certificada  ­cunha 
xenuína estrela, Juliette Binoche­ e ao Xapón 
de  Like  someone  in  love,  que  volveron  a 
collernos a todos co pé cambiado: era outro e 
era  o  mesmo,  o  director  fascinado  polos 
coches  (e  polos  teléfonos  móbiles)  que  nos 
enreda coas artes da simulación e se envolve 
en disfraces aparentemente máis "comerciais" 
para  sabotear  dende  dentro,  como  o  Cabalo 
de Troia, o progreso convencional dun relato 
fílmico e/ou esnaquizar as nosas expectativas 
do que "debe ser" un final.
Na  altura  da  súa  morte  estaba  traballando 
nun  filme  experimental,  24  Frames,  que  se 
estreou  postumamente  no  festival  de  Cannes 
de 2017.
Textos collidos e adaptados do artigo “Abbas Kiarostami”, que pode lerse aquí: http://actodeprimavera.blogspot.com/2014/09/abbas­kiarostami.html

More Related Content

More from filmotecaforum

DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 

Abbas Kiarostami

  • 2.
  • 4. Interesado  desde  neno  pola  pintura,  estudou  Belas  Artes  na  Universidade  de  Teherán. Despois traballou en publicidade  como  pintor,  ilustrador  e  deseñador  gráfico. Para a televisión iraniana fixo máis  de 150 anuncios. Ao abeiro da chegada dunha nova vaga de  cineastas  no  seu  país,  Abbas  Kiarostami  axudou á formación dun equipo de cinema  no Kanun, Centro para o Desenvolvemento  Intelectual de Nenos e Mozos, en Teherán.  A  partir  da  fundacional  O  pan  e  a  calella  (1970), crea curtas intelixentes coma Dúas  solucións  para  un  problema,  mais  tamén  obras  máis  longas  con  nenos  como  protagonistas que asentan os seus métodos  de traballo ­coa participación case sempre  de  actores  non  profesionais­  e  anticipan  trazos de estilo. Dúas solucións para un problema (1975)
  • 5. Así,  é  doado  establecer  paralelismos  entre  a  devolución  do  traxe  ­e  o  seu  estado­ de Un traxe para a voda (1976) e  o  desenlace  de  Onde  está  a  casa  do  amigo?  na  admirábel  maneira  en  que  crea  unha  tensión  electrizante  con  recursos  mínimos.  Xa  dende  os  70,  e  sempre  de  xeito  sutil,  o  tantas  veces  acusado  de  non  facer  un  cinema  "político"  Abbas  Kiarostami  soubo  expoñer  de  maneira  explícita  as  diferenzas de clase ­no citado Un traxe...  ou  n'A  experiencia­  e  o  absurdo  do  exercicio  de  poder,  por  exemplo  o  dos  adultos  sobre  os  nenos,  obrigados  a  cumprir rutinas caprichosas que ás veces  non teñen outra xustificación que deixar  claro  que  uns  mandan  e  outros  obedecen. Un traxe para a voda (1976)
  • 6. Onde  está  a  casa  do  amigo?  (1987)  representa  o  cumio  desa  etapa  e  é  o  filme que nolo descobre en Occidente. Afectado polo impacto dun sismo que  provocou  ducias  de  miles  de  vítimas  mortais,  o  director  regresou  á  vila  onde  rodou  esta  película  para  saber  que foi dos dous nenos protagonistas;  de aí nace a ficción E a vida continúa  (1992) e dela logo un novo xiro en A  través das oliveiras (1994).
  • 7. Polo  medio  fixera  Primeiro  plano  (1990),  título  capital  do  cinema  contemporáneo.  O  Kiarostami  dos  exercicios  de  representación,  o que serpea entre a ficción e a realidade, o  que gusta dos personaxes “que fan que fan”,  nace aí e perdura na súa obra máis recente. Con O sabor das cereixas (1997) gaña a Palma  de  Ouro  en  Cannes  e  consolídase  coma  un  autor  de  referencia.  Ten  (2002)  agrupa  dez  viñetas  cunha  mesma  muller,  Mania  Akbari,  que  conversa  con  distintas  persoas  mentres  conduce un coche polas rúas de Teherán.
  • 8. Shirin (2008) toma como escusa argumental  un relato clásico persa que é narrado en off e  ­sobre  todo­  a  través  das  emocións  das  espectadoras  que  o  contemplan;  “como  si  Kiarostami  estuviera  respondiendo  al  consejo  que  varios  críticos  y  colegas  le  han  dado  de  hacer  una  película  “de  verdad”,  con  actores  famosos, una trama fácil de seguir, música, etc,  y  crea  un  objeto  imposible  que  es  al  mismo  tiempo  todas  esas  cosas  y  ninguna  de  ellas,  engañándonos  con  tanta  habilidad  como  el  ilusionismo  de  Hollywood”,  escribe  Jonathan  Rosenbaum no seu libro sobre o cineasta co­ escrito con Mehrnaz Saeed­Vafa. 
  • 9. Despois regalounos trampas aínda maiores, as  viaxes  a  Italia  de  Copia  certificada  ­cunha  xenuína estrela, Juliette Binoche­ e ao Xapón  de  Like  someone  in  love,  que  volveron  a  collernos a todos co pé cambiado: era outro e  era  o  mesmo,  o  director  fascinado  polos  coches  (e  polos  teléfonos  móbiles)  que  nos  enreda coas artes da simulación e se envolve  en disfraces aparentemente máis "comerciais"  para  sabotear  dende  dentro,  como  o  Cabalo  de Troia, o progreso convencional dun relato  fílmico e/ou esnaquizar as nosas expectativas  do que "debe ser" un final. Na  altura  da  súa  morte  estaba  traballando  nun  filme  experimental,  24  Frames,  que  se  estreou  postumamente  no  festival  de  Cannes  de 2017. Textos collidos e adaptados do artigo “Abbas Kiarostami”, que pode lerse aquí: http://actodeprimavera.blogspot.com/2014/09/abbas­kiarostami.html