Maio 2013
CHIARA LUBICH
«Dade e darásevos a vós: unha boa medida
-acugulada, rebordada, apertada-»
(Lc 6,38)
Algunha vez
aconteceuche que
recibiches un agasallo
dun amigo e sentiches
a necesidade de
corresponder?
E de facelo non para pagar unha débeda, senón máis ben
por auténtico amor agradecido? Seguro que si.
Se isto che sucede a
ti, imaxínate a Deus, a
Deus que é Amor.
El sempre responde a calquera agasallo que fagamos ao noso próximo
en nome del. É unha experiencia que os cristiáns verdadeiros viven
moi a miúdo. E cada vez é unha sorpresa:
Nunca chegaremos a acostumarnos á
inventiva de Deus. Podería poñerche mil,
dez mil exemplos; podería escribir un libro.
Así verías que certa
é esa imaxe:
«verteranvos unha
medida
acugulada,rebordade,
apertada», que
indica a abundancia
con que Deus
corresponde,a súa
magnanimidade.
«Xa caera a noite sobre Roma. E naquel pequeno semisoto
o grupiño de mozas que querían vivir o Evanxeo,
estábanse a dar as boas noites.
Pero soou o timbre. Quen sería a esas horas?
Diante da porta estaba un home presa do pánico,
desesperado: ao día seguinte íano desafiuzar xunto
coa súa familia, por non pagar o alugueiro.
Déronllo todo a aquel
home, sen facer
razoamentos,
As mozas miráronse e, sen dicirse
nada, abriron o caixón onde
gardaran en varios sobres o que
quedaba dos seus salarios e un
depósito para os recibos do gas,
do teléfono e da luz.
…e esa noite durmiron felices.
Xa pensaría alguén nelas.
“Vou agora mesmo nun taxi”, dixo a voz
do home. Asombradas de que elixise
ese medio de transporte, as mozas
esperárono.
Pero aínda non amencera
cando soou o teléfono:
A cara do visitante
indicaba que algo
cambiara: “Onte pola
noite, nada máis volver a
casa, encontreime con
que recibira unha
herdanza que nunca
imaxinara. E pensei que
tiña que darvos a
metade”. Era
exactamente o dobre do
que lle deran
xenerosamente».
«Dade e darásevos a vós: unha boa medida
-acugulada, rebordada, apertada-».
Fai a proba. Pero
non o fagas para
comprobar o
resultado, senón
porque amas a
Deus.
Non che pasou tamén a ti? Se
non é así, recorda que hai que
dar desinteresadamente, sen
esperar nada a cambio, a
calquera que pida.
Se queremos, temos tesouros inesgotables: o noso tempo libre,
o noso corazón, o noso sorriso, o noso consello, a nosa
cultura, a nosa paz, a nosa palabra para convencer a quen
ten, de que dea a quen non ten...
Dirasme: «Se eu non teño nada».
- Non é verdade.
Mira arredor de ti: lémbraste daquel enfermo hospitalizado,
desa señora viúva sempre soa, daquel compañeiro tan deprimido
polos suspensos, daquel mozo sen traballo, sempre tan triste,
de teu irmán pequeno, que necesita axuda, dese amigo que
está no cárcere, dese aprendiz inseguro? Cristo espérate
Dirasme daquela: «Non sei a quen dar».
Adopta ese comportamento novo do cristián
que zumega en todo o Evanxeo e que é o
oposto a pecharse nun mesmo e a
preocuparse.
Renuncia a depositar a túa
seguridade nos bens da terra e
apóiate en Deus. Aí se verá
a túa fe nel, que axiña será
confirmada polo agasallo
que El che fará á súa vez.
Como é lóxico, Deus non se comporta así para enriquecerte ou
enriquecernos, senón para que outros, moitos outros, ao ver os
pequenos milagres que colleita o noso dar, fagan o mesmo.
Faino porque canto máis teñamos, máis poderemos dar; e para
que –como auténticos administradores dos bens de Deus– poñamos
todo en circulación na comunidade que nos rodea, de modo que
se poida dicir, como da primeira comunidade de Xerusalén:
“Entre eles non había necesitados”.(Feit 4, 34).
Non che parece que
con isto contribúes
a dar unha alma
firme á
revolución social
que o mundo espera?
"Dade e darásevos".
Naturalmente, Xesús referíase en primeiro lugar á recompensa
que teremos no Paraíso, pero todo o que sucede nesta terra
é xa preludio e garantía daquela.
“Dade e darásevos a vós:
unha boa medida
-acugulada, rebordada,
apertada-”.
Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1978
O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio,
TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias
vividas por cristiáns dende ela.
Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1978
O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio,
TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias
vividas por cristiáns dende ela.
e en concreto, durante este mes, ¿qué voe a hacer para que
el Plan Pastoral vaea adelante?
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago
de Compostela para o curso 2012-13:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura
de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta.
Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo
a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo
na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así
imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario
ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre
ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos
Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai
construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
catequese@planalfa.es).
Sede felices. Feliz e evanxélico ANO DA FE.
“Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
Pv  maio 2013

Pv maio 2013

  • 1.
  • 2.
    «Dade e darásevosa vós: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada-» (Lc 6,38)
  • 3.
    Algunha vez aconteceuche que recibichesun agasallo dun amigo e sentiches a necesidade de corresponder?
  • 4.
    E de facelonon para pagar unha débeda, senón máis ben por auténtico amor agradecido? Seguro que si.
  • 5.
    Se isto chesucede a ti, imaxínate a Deus, a Deus que é Amor.
  • 6.
    El sempre respondea calquera agasallo que fagamos ao noso próximo en nome del. É unha experiencia que os cristiáns verdadeiros viven moi a miúdo. E cada vez é unha sorpresa:
  • 7.
    Nunca chegaremos aacostumarnos á inventiva de Deus. Podería poñerche mil, dez mil exemplos; podería escribir un libro.
  • 8.
    Así verías quecerta é esa imaxe: «verteranvos unha medida acugulada,rebordade, apertada», que indica a abundancia con que Deus corresponde,a súa magnanimidade.
  • 9.
    «Xa caera anoite sobre Roma. E naquel pequeno semisoto o grupiño de mozas que querían vivir o Evanxeo, estábanse a dar as boas noites.
  • 10.
    Pero soou otimbre. Quen sería a esas horas? Diante da porta estaba un home presa do pánico, desesperado: ao día seguinte íano desafiuzar xunto coa súa familia, por non pagar o alugueiro.
  • 11.
    Déronllo todo aaquel home, sen facer razoamentos, As mozas miráronse e, sen dicirse nada, abriron o caixón onde gardaran en varios sobres o que quedaba dos seus salarios e un depósito para os recibos do gas, do teléfono e da luz.
  • 12.
    …e esa noitedurmiron felices. Xa pensaría alguén nelas.
  • 13.
    “Vou agora mesmonun taxi”, dixo a voz do home. Asombradas de que elixise ese medio de transporte, as mozas esperárono. Pero aínda non amencera cando soou o teléfono:
  • 14.
    A cara dovisitante indicaba que algo cambiara: “Onte pola noite, nada máis volver a casa, encontreime con que recibira unha herdanza que nunca imaxinara. E pensei que tiña que darvos a metade”. Era exactamente o dobre do que lle deran xenerosamente».
  • 15.
    «Dade e darásevosa vós: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada-».
  • 16.
    Fai a proba.Pero non o fagas para comprobar o resultado, senón porque amas a Deus. Non che pasou tamén a ti? Se non é así, recorda que hai que dar desinteresadamente, sen esperar nada a cambio, a calquera que pida.
  • 17.
    Se queremos, temostesouros inesgotables: o noso tempo libre, o noso corazón, o noso sorriso, o noso consello, a nosa cultura, a nosa paz, a nosa palabra para convencer a quen ten, de que dea a quen non ten... Dirasme: «Se eu non teño nada». - Non é verdade.
  • 18.
    Mira arredor deti: lémbraste daquel enfermo hospitalizado, desa señora viúva sempre soa, daquel compañeiro tan deprimido polos suspensos, daquel mozo sen traballo, sempre tan triste, de teu irmán pequeno, que necesita axuda, dese amigo que está no cárcere, dese aprendiz inseguro? Cristo espérate Dirasme daquela: «Non sei a quen dar».
  • 19.
    Adopta ese comportamentonovo do cristián que zumega en todo o Evanxeo e que é o oposto a pecharse nun mesmo e a preocuparse.
  • 20.
    Renuncia a depositara túa seguridade nos bens da terra e apóiate en Deus. Aí se verá a túa fe nel, que axiña será confirmada polo agasallo que El che fará á súa vez.
  • 21.
    Como é lóxico,Deus non se comporta así para enriquecerte ou enriquecernos, senón para que outros, moitos outros, ao ver os pequenos milagres que colleita o noso dar, fagan o mesmo.
  • 22.
    Faino porque cantomáis teñamos, máis poderemos dar; e para que –como auténticos administradores dos bens de Deus– poñamos todo en circulación na comunidade que nos rodea, de modo que se poida dicir, como da primeira comunidade de Xerusalén: “Entre eles non había necesitados”.(Feit 4, 34).
  • 23.
    Non che pareceque con isto contribúes a dar unha alma firme á revolución social que o mundo espera?
  • 24.
    "Dade e darásevos". Naturalmente,Xesús referíase en primeiro lugar á recompensa que teremos no Paraíso, pero todo o que sucede nesta terra é xa preludio e garantía daquela.
  • 25.
    “Dade e darásevosa vós: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada-”. Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1978 O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela. Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1978 O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
  • 26.
    e en concreto,durante este mes, ¿qué voe a hacer para que el Plan Pastoral vaea adelante?
  • 27.
    Nota do Secretariadode Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13: “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). Sede felices. Feliz e evanxélico ANO DA FE. “Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.