Palabra
de
Vida
Xaneiro
2013
Chiara Lubich, autora dos
comentarios á PdV e fundadora
do movemento dos Focolares
ou Obra de María.
2.
Do 18 ao25 de xaneiro
celébrase
en moitas partes
do mundo a Semana
de oración pola unidade
dos cristiáns,
que noutros lugares
se celebra en Pentecoste.
Este ano, a frase elixida
para a Semana de oración
é: «O que quere de ti o
Señor» (Mi 6, 6-8).
3.
Xa que ChiaraLubich
adoitaba comentar o versículo
bíblico, propoñemos un texto seu
que comenta a pasaxe de Mt 9,13
(cf. Os 6, 6), escrito en xuño
de 1996 e que podería ser
unha achega para afondar na
Palabra que se nos propón.
«Misericordia quero enon sacrificios».
Recordas cando dixo Xesús estas palabras?
Mentres estaba sentado á mesa, varios publicanos e pecadores
sentaron con El. Ao darse conta disto, os fariseos presentes
dixéronslles aos seus discípulos: «Como é que o voso mestre come con
publicanos e pecadores?». E Xesús, ao oír estas palabras, respondeu:
Xesús cita aquíunha frase
do profeta Oseas,
o que demostra que lle gusta o
concepto alí contido:
en efecto, é a norma
segundo a cal El mesmo
se comporta, e que expresa
a primacía do amor sobre
calquera outro mandamento,
sobre calquera outra regra
ou precepto.
8.
Isto é ocristianismo: Xesús veu dicir que o que Deus quere
de ti con respecto aos demais –homes e mulleres– é ante todo
o amor, e que esta vontade de Deus xa fora anunciada
nas Escrituras, como demostran as palabras do profeta.
9.
Para todo cristián,o amor é o programa da súa vida,
a lei fundamental das súas accións, o criterio para saber
como moverse.
10.
O amor sempredebe prevalecer sobre as demais leis. Máis aínda:
o amor aos demais debe ser para o cristiáno a sólida base sobre a
cal apoiarse para poñer lexitimamente en práctica calquera outra
norma.
Xesús quere amor,e a misericordia é unha das súas expresións.
E quere que o cristián viva así, ante todo porque Deus é así.
13.
Para Xesús, Deusé ante todo o Misericordioso, o Pai
que ama a todos, «que fai saír o seu sol sobre malos e bos
e manda a chuvia a xustos e inxustos» (Mt 5, 45).
14.
Xesús, porque amaa todos, non teme estar
cos pecadores, e deste modo revélanos quen é Deus.
Polo tanto, se Deus é así, se Xesús é así, tamén ti
debes albergar idénticos sentimentos.
«…e non sacrificios».
Senon amas a teu irmán, a Xesús non lle agrada o teu culto.
Non acolle a túa oración, nin a túa asistencia á Eucaristía,
nin as ofrendas que poidas facer… se todo iso non abrolla
dun corazón en paz con todos, rico de amor por todos.
17.
Recordas aquelas palabrassúas tan incisivas do sermón
do monte? «Polo tanto, se cando vaias a presentar a túa ofrenda
ante o altar te acordas alí mesmo de que teu irmán
ten queixas contra ti, deixa alí a túa ofrenda ante o altar
e vai primeiro reconciliarte co teu irmán, e despois
volve presentar a túa ofrenda» (Mt 5, 23-24).
18.
Estas palabras indícancheque o culto que máis agrada a Deus é
o amor ao próximo, que ha de ser a base tamén do teu culto a Deus.
Se quixeses facerlle un agasallo a teu pai mentres estás inimizado con
teu irmán (ou teu irmán contigo), que che diría teu pai? «Reconcíliate
antes e logo ven a ofrecerme o que desexes».
19.
Pero hai máis.
Oamor non é só
a base do vivir
cristián, senón
tamén
o camiño
máis directo para
estar
en comuñón
con Deus.
Dino
os santos,
testemuñas
do Evanxeo
que nos
precederon.
Experiméntano os cristiáns que viven a súa fe, pois se axudan
a seus irmáns, sobre todo aos necesitados, crece neles
a devoción, a unión con Deus faise máis fuerte, perciben que existe un
vínculo entre eles e o Señor; e isto é o que máis alegra as súas vidas.
20.
«Misericordia quero enon sacrificios».
Como vivirás entón esta nova Palabra de vida?
21.
Non fagas discriminaciónnuingunha entre as persoas
que teñan contacto contigo, non marxines a ninguén; máis ben
ofrece a todos o máis que poidas darles, imitando a Deus Pai.
22.
Repara esas pequenasou grandes desavenencias que desgustan o Ceo
e te amargan a vida; como di a Escritura (cf. Ef 4, 26), non deixes
que se poña o sol sobre a túa ira cara a ninguén.
23.
Sete comportas así,todo o que fagas agradará a Deus e quedará
para a eternidade. Cando esteas traballando ou descansando, xogando
ou estudando, cos teus fillos ou acompañando a túa muller ou a teu marido
de paseo, cando reces ou cando te sacrifiques, ou mentres realizas
as prácticas relixiosas acordes á túa vocación cristiá…: todo, todo, todo
será materia prima para o Reino dos Ceos.
24.
O Paraíso éunha casa que construímos aquí e habitamos alá.
e construímola con o amor.
25.
«Andade, aprendede oque significa:
“Misericordia quero e non sacrificios”»
Texto de: Chiara Lubich, Publicada en xuño 1996.
O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio,
TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias
vividas por cristians dende ela.
26.
Nota do Secretariadode Catequese de Santiago de Compostela
para o curso 2012-13:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura
de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta.
Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo
a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo
na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así
imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa cuenta; é necesario
ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre
ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos
Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai
construíndo en vós desde elea (podedes facelo por correo electrónico:
catequese@planalfa.es).
Sede felices. Feliz e evanxélico ANO DA FE.
“Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
27.
E en concreto,durante este mes, que
vou facer para que o Plan Pastoral