Palabra de Vida




   Decembro 2012
«A cantos o recibiron,
deulles o poder de seren fillos de Deus» (Xn 1, 12).
Aquí está a gran novidade anunciada e dada por Xesús
á humanidade: a filiación divina, ser fillos de Deus por graza.
Como e a quen se lle dá esta graza? «A cantos o recibiron»
        e a cantos o reciban ao longo dos séculos.
É necesario acollelo na fe e no amor,
crendo en Xesús como o noso Salvador.
Pero tratemos de comprender máis en profundidade
          que significa ser fillo de Deus.
Abonda con mirar a Xesús, o fillo de Deus, e á súa relación co Pai:
           Xesús rezaba a seu Pai como no «Noso Pai».
  Para El, o Pai era «Abba», é dicir, o papá a quen El se dirixía
        con palabras de infinita confianza e inmenso amor.
Xa que viñera á
 terra por nós,
 non lle bastou
con encontrarse
nesta condición
  privilexiada.
Ao morrer por nós, ao redimirnos, fíxonos fillos de Deus,
      irmáns e irmás seus, e deunos a nós tamén,
                a través do Espírito Santo,
   a posibilidade de introducirnos no seo da Trindade.
Deste modo, para nós tamén se fixo posible
esa invocación divina súa «¡Abba, Pai!» , é dicir, «papá, meu Pai», noso,
  con todo o que iso encerra: certeza da súa protección, seguridade,
         abandono ao seu amor, consolos divinos, forza, ardor;
     ardor que nace no corazón de quen está seguro de ser amado.
««A cantos o recibiron,
deulles o poder de seren fillos de Deus».
O que nos fai un
con Cristo, e con El fillos
         no Fillo,
      é o bautismo
    e a vida da graza
     que provén del.
Nesta pasaxe do Evanxeo hai, ademais, unha palabra que desvela
tamén o dinamismo profundo desta «filiación» que hai que realizar
    día tras día. De feito, é necesario «ser fillos de Deus».
Chégase a ser, médrase como fillos de Deus, coa nosa correspondencia
   ao seu don, vivindo a súa vontade que está toda concentrada no
      mandamento do amor: amor a Deus e amor aos próximos.
Acoller a Xesús significa, de feito, recoñecelo
en todos os nosos próximos. E eles tamén terán a posibilidade
  de recoñecer a Xesús e crer nel se no noso amor por eles
 descobren unha pegada, unha chispa do amor infinito do Pai.
«A cantos o recibiron,
deulles o poder de seren fillos de Deus».
Neste mes no que lembramos especialmente o nacemento
de Xesús nesta terra, tratemos de acollernos reciprocamente, vivindo
           e servindo ao mesmo Cristo os uns nos outros.
E entón unha reciprocidade
de amor, de coñecemento de vida
    como a que vincula o fillo
        co Pai no Espírito,
       instaurarase tamén
         entre nós e o Pai
 e sentiremos que cada vez máis
     nos nosos beizos aflora
     a invocación de Xesús:
           «Abba, Pai!».
«A cantos o recibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus».


                     “Palabra de Vida”
                     “Palabra de Vida”
  Texto de: Chiara Lubich, Publicada en decembro de 1998.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
  acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da
  da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén nas revista
   “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela
                      para o curso 2012-13:

Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura
de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta.
Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo
a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo
na celebración da Eucaristía”.

 Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así
 imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.

“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario
ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre
ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos
Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai
construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
catequese@planalfa.es).
               Sede felices. Feliz e evanxélico AÑO DA FE.
                 “Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
E en concreto, durante este mes, que vou facer para que
             o Plan Pastoral vaia adiante?
Pv decembro 2012

Pv decembro 2012

  • 1.
    Palabra de Vida Decembro 2012
  • 2.
    «A cantos orecibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus» (Xn 1, 12).
  • 3.
    Aquí está agran novidade anunciada e dada por Xesús á humanidade: a filiación divina, ser fillos de Deus por graza.
  • 4.
    Como e aquen se lle dá esta graza? «A cantos o recibiron» e a cantos o reciban ao longo dos séculos.
  • 5.
    É necesario acollelona fe e no amor, crendo en Xesús como o noso Salvador.
  • 6.
    Pero tratemos decomprender máis en profundidade que significa ser fillo de Deus.
  • 7.
    Abonda con mirara Xesús, o fillo de Deus, e á súa relación co Pai: Xesús rezaba a seu Pai como no «Noso Pai». Para El, o Pai era «Abba», é dicir, o papá a quen El se dirixía con palabras de infinita confianza e inmenso amor.
  • 8.
    Xa que viñeraá terra por nós, non lle bastou con encontrarse nesta condición privilexiada.
  • 9.
    Ao morrer pornós, ao redimirnos, fíxonos fillos de Deus, irmáns e irmás seus, e deunos a nós tamén, a través do Espírito Santo, a posibilidade de introducirnos no seo da Trindade.
  • 10.
    Deste modo, paranós tamén se fixo posible esa invocación divina súa «¡Abba, Pai!» , é dicir, «papá, meu Pai», noso, con todo o que iso encerra: certeza da súa protección, seguridade, abandono ao seu amor, consolos divinos, forza, ardor; ardor que nace no corazón de quen está seguro de ser amado.
  • 11.
    ««A cantos orecibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus».
  • 12.
    O que nosfai un con Cristo, e con El fillos no Fillo, é o bautismo e a vida da graza que provén del.
  • 13.
    Nesta pasaxe doEvanxeo hai, ademais, unha palabra que desvela tamén o dinamismo profundo desta «filiación» que hai que realizar día tras día. De feito, é necesario «ser fillos de Deus».
  • 14.
    Chégase a ser,médrase como fillos de Deus, coa nosa correspondencia ao seu don, vivindo a súa vontade que está toda concentrada no mandamento do amor: amor a Deus e amor aos próximos.
  • 15.
    Acoller a Xesússignifica, de feito, recoñecelo en todos os nosos próximos. E eles tamén terán a posibilidade de recoñecer a Xesús e crer nel se no noso amor por eles descobren unha pegada, unha chispa do amor infinito do Pai.
  • 16.
    «A cantos orecibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus».
  • 17.
    Neste mes noque lembramos especialmente o nacemento de Xesús nesta terra, tratemos de acollernos reciprocamente, vivindo e servindo ao mesmo Cristo os uns nos outros.
  • 18.
    E entón unhareciprocidade de amor, de coñecemento de vida como a que vincula o fillo co Pai no Espírito, instaurarase tamén entre nós e o Pai e sentiremos que cada vez máis nos nosos beizos aflora a invocación de Xesús: «Abba, Pai!».
  • 19.
    «A cantos orecibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus». “Palabra de Vida” “Palabra de Vida” Texto de: Chiara Lubich, Publicada en decembro de 1998. Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén nas revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
  • 20.
    Nota do Secretariadode Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13: Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). Sede felices. Feliz e evanxélico AÑO DA FE. “Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
  • 21.
    E en concreto,durante este mes, que vou facer para que o Plan Pastoral vaia adiante?