BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 193 ­ Novembro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
REMATA A MISERICORDIA?
O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da
Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un
ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben
camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como
fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as
obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­
grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr.
Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si
do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­
dade planetaria).
A miña reflexión, que quero compartir cos lec­
tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as
obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano
Santo da Misericordia remata pero as obras de
misericordia permanecen ou deben permanecer
na nosa vida comprometida de crentes cristiáns.
As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser
como un vademécum (van comigo) na vida
cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­
tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­
ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a
Deus e aos irmáns.
Unha aperta do voso párroco.
PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA
Non queremos que permane­
za no esquecemento a
Peregrinación a Terra Santa
que, dende o 20 ao 29 de
xullo, fixemos un grupo de
vinte e dúas persoas. Ir a
Terra Santa sempre é unha
experiencia enriquecedora.
Visitar os Santos Lugares é
poñerlle sitio á presenza de
Xesús: dende Belén ata o
Santo Sepulcro hai moitas
vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­
xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San
Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­
nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania.
Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­
ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas,
na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este
traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que
agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a
Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc
9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta
á corrección fraterna: Se teu irmán
peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti
só con el. (Mt 18,15­17).
O Evanxeo proponnos corrixir e axu­
dar a medrar a unha persoa… pero sen
emitir xuízos sobre a súa responsabili­
dade e a súa culpabilida de (Papa
Francisco, Evagelii Gaudium 172).
4. Consolar ao triste
… pois o Señor consolou ao seu pobo
e compadeceuse dos seus pobres (Is
49,13). Ditosos os que choran, porque
eles serán consolados… Ditosos os
misericordiosos, porque eles acadarán
misericordia (Mt 5,4.7).
Os gozos e as esperanzas, as tristuras e
as angurias dos homes do noso tempo,
sobre todo dos pobres e de cantos
sofren, son á súa vez gozos e esperan­
zas, tristuras e angurias dos discípulos
de Cristo (Vaticano II, Gaudium et
Spes 1).
5. Perdoar as ofensas
Pedoa as nosas ofensas como tamén
perdoamos nós a quen nos ten ofendi­
do… Porque se perdoades aos outros
as ofensas que vos fan, tamén voso Pai
celestial perdoará as vosas; pero se
non perdoades aos outros, o voso Pai
celestial tampouco perdoará as vosas
ofensas (Mt 6,12.14­15).
Señor, cantas veces terei que perdoar a
meu irmán se me segue ofendendo?
ata sete veces? Respondeulle Xesús:
PARROQUIA VIVA
1.­ Festa de Todos os Santos.
2.­ Misa por todos os familiares e
veciños defuntos, ás 20:00.
20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo.
Remata o Ano Santo da Misericordia.
23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás
19:30.
27.­ Primeiro domingo de Advento.
Ciclo A.
1. Ensinar ao que non sabe
“Toda a xente acudía a el, e El ensiná­
baos” (Mc 2,13).
Aconsellar e deixarse aconsellar para
discernir a verdade, compartir para
aprender uns dos outros. Ante tales
cometidos, o máis urxente hoxe é levar
os homes a descubrir a súa capacidade
de coñecer a verdade e o seu anhelo
dun sentido último e definitivo da exis­
tencia (San Xoán Paulo II. Fides et
Ratio 102).
2. Dar consello ao que o necesita
Entendes o que les? Contestoulle: e
como vou entendelo se ninguén mo
explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­
tos sempre a responder a todo aquel
que vos pida razón da esperanza que
levades dentro (1Pe 3,15).
Hai que facelo con humildade, pensan­
do só no outro, sen dirixir nin crear
dependencias que condicionen a liber­
dade. Aconsellar provocando as pre­
guntas de fondo que caracterizan o
percorrido da existencia humana: quen
son? de onde veño e a onde vou? por
que existe o mal? que hai despois desta
vida? (San Xoán Paulo II, Fides et
Ratio 1).
3. Corrixir ao que erra
Pobreza e vergoña para o que desbota
a instrución, mais quen escoita a críti­
ca acadará honra (Pr 13,18).
Aguantade o sufrimento coma un casti­
go educativo: é Deus que vos trata
coma fillos. Porque quen é o fillo a
quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7).
“Non che digo ata sete veces, senón
ata setenta e sete” (Mt 18,21­22).
6. Soportar con paciencia os defec­
tos do próximo
Máis vale o temperado héroe e quen
domina a paixón có que conquire
unha vila (Pr 16,32).
Como lle poderás dicir a teu irmán:
“Irmán, deixa que che quite o lixo
que tes no ollo”, sen reparar na trabe
que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­
meiro a trabe do teu ollo, e logo verás
claro para quitar o lixo do ollo de teu
irmán (Lc 6,42).
O amor é de corazón grande, é servi­
cial… non se alporiza, non garda
malicia… Desculpa sempre… atura
sempre (1Cor 13,4­7).
Aturádevos uns aos outros e perdoá­
devos, cando un teña queixa doutro…
(Col 3,13).
7. Rogade a Deus polos vivos e
polos defuntos
Pois se non crese na resurrección dos
mortos, non sei a que viría rezar polos
defuntos. Pero para o que pensa que
aos que morren piadosamente lles
está reservada unha recompensa mag­
nífica, a cousa é piadosa e santa
(2Mac 13,44­46).
Pedide e recibiredes, buscade e atopa­
redes, petade e abrirásevos. Pois quen
pide, recibe; quen busca, atopa; e a
quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8).
Erguéndose moi cedo, aínda de noite,
saíu para un lugar arredado, onde se
puxo a orar (Mc 1,35).
OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS
ACONTECEMENTOS
Bautizos:
Valentina Caride Ruenes, de
Alejandro e Berenice (09­10­2016).
Aday Ramírez Porto, de César Javier
e Dulce María (10­10­2016).
Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio
e Patricia (29­10­2016).
Defunción:
Eduardo Eulogio González González
(Penelas, 73) (14­07­2016).
…rezade uns polos outros para que
teñades saúde. Moito pode a oración
teimosa do xusto (Sant 5,16).
Orade como se todo dependese de Deus e
traballade como se todo dependese de
vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).

Boletín novembro 2016

  • 1.
    BOLETÍN PARROQUIAL Nº 193­ Novembro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS REMATA A MISERICORDIA? O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­ grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr. Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­ dade planetaria). A miña reflexión, que quero compartir cos lec­ tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano Santo da Misericordia remata pero as obras de misericordia permanecen ou deben permanecer na nosa vida comprometida de crentes cristiáns. As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser como un vademécum (van comigo) na vida cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­ tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­ ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a Deus e aos irmáns. Unha aperta do voso párroco. PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA Non queremos que permane­ za no esquecemento a Peregrinación a Terra Santa que, dende o 20 ao 29 de xullo, fixemos un grupo de vinte e dúas persoas. Ir a Terra Santa sempre é unha experiencia enriquecedora. Visitar os Santos Lugares é poñerlle sitio á presenza de Xesús: dende Belén ata o Santo Sepulcro hai moitas vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­ xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­ nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania. Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­ ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas, na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
  • 2.
    Cristo corrixe aosdiscípulos (cf. Mc 9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta á corrección fraterna: Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. (Mt 18,15­17). O Evanxeo proponnos corrixir e axu­ dar a medrar a unha persoa… pero sen emitir xuízos sobre a súa responsabili­ dade e a súa culpabilida de (Papa Francisco, Evagelii Gaudium 172). 4. Consolar ao triste … pois o Señor consolou ao seu pobo e compadeceuse dos seus pobres (Is 49,13). Ditosos os que choran, porque eles serán consolados… Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán misericordia (Mt 5,4.7). Os gozos e as esperanzas, as tristuras e as angurias dos homes do noso tempo, sobre todo dos pobres e de cantos sofren, son á súa vez gozos e esperan­ zas, tristuras e angurias dos discípulos de Cristo (Vaticano II, Gaudium et Spes 1). 5. Perdoar as ofensas Pedoa as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendi­ do… Porque se perdoades aos outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas; pero se non perdoades aos outros, o voso Pai celestial tampouco perdoará as vosas ofensas (Mt 6,12.14­15). Señor, cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? ata sete veces? Respondeulle Xesús: PARROQUIA VIVA 1.­ Festa de Todos os Santos. 2.­ Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20:00. 20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo. Remata o Ano Santo da Misericordia. 23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás 19:30. 27.­ Primeiro domingo de Advento. Ciclo A. 1. Ensinar ao que non sabe “Toda a xente acudía a el, e El ensiná­ baos” (Mc 2,13). Aconsellar e deixarse aconsellar para discernir a verdade, compartir para aprender uns dos outros. Ante tales cometidos, o máis urxente hoxe é levar os homes a descubrir a súa capacidade de coñecer a verdade e o seu anhelo dun sentido último e definitivo da exis­ tencia (San Xoán Paulo II. Fides et Ratio 102). 2. Dar consello ao que o necesita Entendes o que les? Contestoulle: e como vou entendelo se ninguén mo explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­ tos sempre a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro (1Pe 3,15). Hai que facelo con humildade, pensan­ do só no outro, sen dirixir nin crear dependencias que condicionen a liber­ dade. Aconsellar provocando as pre­ guntas de fondo que caracterizan o percorrido da existencia humana: quen son? de onde veño e a onde vou? por que existe o mal? que hai despois desta vida? (San Xoán Paulo II, Fides et Ratio 1). 3. Corrixir ao que erra Pobreza e vergoña para o que desbota a instrución, mais quen escoita a críti­ ca acadará honra (Pr 13,18). Aguantade o sufrimento coma un casti­ go educativo: é Deus que vos trata coma fillos. Porque quen é o fillo a quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7). “Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete” (Mt 18,21­22). 6. Soportar con paciencia os defec­ tos do próximo Máis vale o temperado héroe e quen domina a paixón có que conquire unha vila (Pr 16,32). Como lle poderás dicir a teu irmán: “Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo”, sen reparar na trabe que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­ meiro a trabe do teu ollo, e logo verás claro para quitar o lixo do ollo de teu irmán (Lc 6,42). O amor é de corazón grande, é servi­ cial… non se alporiza, non garda malicia… Desculpa sempre… atura sempre (1Cor 13,4­7). Aturádevos uns aos outros e perdoá­ devos, cando un teña queixa doutro… (Col 3,13). 7. Rogade a Deus polos vivos e polos defuntos Pois se non crese na resurrección dos mortos, non sei a que viría rezar polos defuntos. Pero para o que pensa que aos que morren piadosamente lles está reservada unha recompensa mag­ nífica, a cousa é piadosa e santa (2Mac 13,44­46). Pedide e recibiredes, buscade e atopa­ redes, petade e abrirásevos. Pois quen pide, recibe; quen busca, atopa; e a quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8). Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar arredado, onde se puxo a orar (Mc 1,35). OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS ACONTECEMENTOS Bautizos: Valentina Caride Ruenes, de Alejandro e Berenice (09­10­2016). Aday Ramírez Porto, de César Javier e Dulce María (10­10­2016). Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio e Patricia (29­10­2016). Defunción: Eduardo Eulogio González González (Penelas, 73) (14­07­2016). …rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto (Sant 5,16). Orade como se todo dependese de Deus e traballade como se todo dependese de vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).