2. Guión
Introdución
A Sociedade Galega na Idade Media I,II
A Era Compostelá I,II
A Decadencia Socioeconómica I,II,III
A Minorización do Galego
O comezo dos Séculos Escuros
Conclusión
Bibliografía
3. Introdución
Nesta presentación analizaremos as distintas etapas da sociedade Galega e
a lingua na Idade Media. Determinaremos tamén as causas da transición
que sufrimos dende o esplendor medieval ou Era Compostelá ata os
Séculos Escuros.
4. A sociedade galega na Idade Media
Abrangue dende o S.V ata o XV.
A economía basease no sector agrícola e mariñeiro, complementada pola
actividade artesanal e comercial concentrada nos burgos.
Sociedade estamental onde a nobreza e clero detentan todo o poder, os
campesiños moran no campo e a burguesía comercial e artesanal se
concentra na urbe.
Os señores perden paulatinamente poder, mentres os monarcas o gañan.
Galiza funciona en ocasións como reino independente ao integrarse no
reino asturleones e no castelán posteriormente.
5. A sociedade galega na Idade Media II
A ideoloxía e case absolutamente católica. A Igrexa persegue as disidencias
e intenta controlar toda práctica social.
Existe unha gran discriminación ao conxunto feminino, incluso amparada
pola lei nas partidas de Afonso X, e tamén aos leprosos, prostitutas,
herexes, homosexuais e xudeus.
6. A Era Compostelá
É a etapa do esplendor galego comprendida entre o século XII e XIII.
Fenómenos que a propician:
A paz relativa debido ao cese das guerras contra os árabes, que da
lugar ao aumento de poboación, mellora de condicións de
subsistencia, florecemento do comercio...
As melloras na agricultura que da lugar aos excedentes agrarios, que
ao comercializase xeraban riqueza nas urbes e alimentaba á poboación
en crecemento
O crecemento das urbes e da burguesía xera fortes tensións cos nobres
que desembocan nas Revolucións Irmandiñas.
7. A Era Compostelá II
O ascenso da dignidade da cidade de Santiago, conseguido por Diego
Xelmírez, que promoveu a peregrinación aos restos do Apóstolo Santiago
mediante o Camiño de Santiago, por onde entrou riqueza tanto a nivel
material como cultural.
O papel destacado que posúe a nobreza galega na corte asturleonesa e
castelá.
Nace grazas ao esplendor a arte románica, espallada ao longo da ruta
xacobea e a lírica trobadoresca galego-portuguesa.
O galego acada aquí o seu período de máximo prestixio e atópase plena
normalidade.
8. A decadencia socioeconómica
Comeza a mediados do século XIII e ven dada polos seguintes factores:
A independencia de Portugal no 1121, o que provoca un debilitamento
do peso político de Galiza limitando a expansión cara o sur e perde a
súa posición central.
A unificación das coroas noroccidentais a partir do 1230, que provoca
o desprazamento do poder cara o leste peninsular.
O estancamento económico, que da paso a unha crise social. É
provocada pola presión demográfica no agro, que da lugar a divisións
excesivas das terras e cultivo doutras de inferior calidade entón a
produción cae. E tamén se atopa a Peste Negra que da lugar a unha
catástrofe demográfica.
9. A decadencia socioeconómica II
As Guerras de Sucesión, nas que a nobreza galega apoia no século XIV a
Pedro I fronte a Henrique de Trastámara, o cal vence. Desta maneira
entrou en Galiza aristocracia castelá acompañada da súa corte.
Posteriormente, no 1474, unha parte apoia a dona Xoana e outros por
Isabel, quen ao final venceu. Ao acabar as tropas dos Reis Católicos
ocuparon Galiza e someteron á nobreza. Tamén entraron membros da
clase dirixente castelá de novo.
Tamén estalan as Revoltas Irmandiñas no 1441 coa vontade de tomar
Santiago polo ferrolán Roi Xordo, que fracasa. O clima do século XV é moi
violento. Dadas as condicións rexorden
10. A decadencia socioeconómica III
Tamén estalan as Revoltas Irmandiñas no 1441 coa vontade de tomar Santiago polo ferrolán
Roi Xordo, que fracasa.
O clima da segunda metade do século XV é xeralmente violento e rexorden as Irmandades na
cidade dirixidas por burgueses e compostas por campesiños, fidalgos e señores.
Consideran á nobreza causante da delincuencia e da situación de inxustiza que vivía o reino.
Os castelos e fortalezas convértense nos obxectivos da ira dos irmandiños.
Chegan a controlar o país e intentan restablecer a paz social e seguridade en colaboración cos
concellos. Pese a isto o rei firma un acordo coa nobreza anula o poder e a ofensiva nobiliaria
comeza no 1469 para recibir o golpe definitivo en Santiago, na batalla da Almáciga.
11. A minorización do Galego
O momento no que o galego comezou a súa etapa de minorización foi a
mediados do S. XIII.
Fernando III comeza a dirixir a documentación a Galiza en castelán.
Posteriormente Afonso X consolida a lingua castelá como lingua oficial de
relacións con Santiago de Compostela.
Tamén é determinante a entrada de aristocracia castelá nas guerras de
sucesión e as súas cortes, que traen o seu propio idioma. Desta maneira a
nobreza galega acaba utilizando o galego unicamente para relacións locais
e co pobo.
12. O comezo dos Séculos Escuros
Dadas as condicións o galego comeza a ser visto como lingua de uso
coloquial e de certa maneira comezan aquí os prexuízos.
Isto leva consigo a decadencia do esplendor artístico conseguido e a
produción literaria pasa a ser nula.
Os galegos comezan a ser discriminados ao ser derrotados nas Revoltas
Irmandiñas e pasan a ser vistos como “escravos” ou persoas dunha clase
inferior. Isto contribúe ao abandono do galego en moitos ámbitos pola
vergonza que senten fronte a estes acosos sociais.
13. Conclusión
Conclúo entón que as causas da transición do punto de máis esplendor da
historia galega a case todos os niveis ata o punto máis baixo ou negro son
as mencionadas na decadencia socioeconómica de Galicia comezada no
século XIII. Este proceso decadente tamén orixina a minorización do
galego e moitos dos prexuízos que aínda perviven hoxe en día.