Dende neno tivencontacto directo cunha natureza chea de vida,
de seres vivos, de cores vivas. Mergullado nun mundo de paz e
silencio ininterrumpido e animado pola música das augas, dos
ventos, das aves, dos cantares viriles dos labregos. (…) Esta foi a
raíz da miña inspiración e da miña vocación poética.
4.
Foi aos oitoou dez anos… Na escola primaria. Daquela
empecei a fiar os meus primeiros versos. Eran poemas malos,
en castelán, xermolos dos que virían despois. A verdade é que
eran cousas que non podían ser gardadas.
5.
Ata os treceanos,
podo dicir que non
empecei a escribir
de verdade.
Acórdome dunha
vez que fun á
praia de Sada.
Levei un papel de
estraza e alí,
mirando ao mar,
escribín un soneto.
Tería catorce anos.
6.
Na miña familiahabía unha tradición, xa anterga, de curas… E
unha grande relixiosidade. Eu non sabia se había ou non había
vocación, pero deixeime arrastrar polos cariños familiares. Foi máis
tarde, ben máis tarde, cando me din conta de que aquel non era o
meu camiño. (…) Pero alí (no Seminario de Mondoñedo) foi onde
me perfeccionei eu, aprendín a escribir, aprendín a escribir en verso.
7.
A miña culturaorixinal
é galega, pero despois
tiven unha cultura
sobreposta, a castelá.
Empecei a escribir en
castelán porque
daquela era o que
estaba de moda. O
exemplo de Aquilino
Iglesia Alvariño foi o
que máis me influiu na
elección da lingua
galega para escribir
poesía, o que me
determinou a escribir e
publicar en galego.
8.
A primeira poesíapublicada por Díaz Castro nunha revista
católica foi ¡Toma mi corazón!. A partir de aí publicou
poemas en galego e castelán espallados por diversos medios
impresos. Pero houbo dous poemarios, que redactara durante
a súa estancia no Seminario de Mondoñedo, que nunca viron
a luz, Follas verdes e Follas ao aire.
9.
Despois virían osanos
no exército e, aínda que
se prestou voluntario
para ir á primeira liña
de combate, non
participou na guerra do
36, pois os franquistas
déronlle un posto de
enfermeiro no Hospital
de Pontevedra.
Aí escribiu o soneto ¡A
la bandera
española! e un longo
poema en galego
titulado No combate.
10.
Ao seu regresoxa non permaneceu no seminario máis ca uns
meses. En 1940 incorporouse ao equipo de profesores do León
XIII, colexio privado de Vilagarcía de Arousa. Combinou as súas
clases coa aprendizaxe de idiomas, que acabarían por convertilo,
co tempo, nun dos mellores tradutores españois.
11.
En 1946 déixaseconvencer para presentarse ao certame poético
de Betanzos, cun poema en español, Cántico de la ciudad, e
outro en galego, Nacida dun soño. Gañou nas dúas categorías.
A partir de entón comeza as colaboracións poéticas na prensa.
12.
En 1948, DíazCastro chega a Madrid para tomar posesión como
tradutor no Ministerio da Gobernación, ás ordes dun coronel do
Servizo de Intelixencia. O seu bo facer neste posto levarao a formar
parte do Instituto de Cultura Hispánica e entregarase
completamente ao seu labor traducindo todo tipo de textos para o
español. Non regresará, máis que esporadicamente, a Galiza até
1983, xa xubilado.
13.
No medio dasúa xeira madrileña, casará e publicará a súa
única obra, Nimbos. Foi Fernández del Riego quen lle pediu un
poemario para a colección poética que viña de abrirse con Os
eidos, de Novoneyra. En 1961, Díaz Castro cumprirá co pedido.
14.
Tras o seuregreso a Guitiriz,
en 1983, volverá a espallar as
súas publicacións por varias
revistas e entrará en contacto
con toda a intelectualidade
da Galiza dos oitenta.
16.
A obra poética
galegaeditada por
Díaz Castro e non
reunida en Nimbos
ficou espallada en
revistas e xornais.
Unha grande parte
da súa escrita
xerouna noutras
linguas,
nomeadamente en
castelán.
17.
Único poemario deDíaz
Castro, que foi publicado
en 1961. O poeta, adscrito
por Méndez Ferrín á
Xeración do 36, por ver
interrompido o seu labor
coa guerra civil,
diferénciase de todos os
poetas da súa xeración no
seu distanciamento de
calquera das posicións dos
intelectuais de esquerdas
da época, do
nacionalismo ou mesmo
do galeguismo.
18.
Díaz Castro nonse encadra en
ningunha das correntes dos
coetáneos cos que máis se
relacionou, nin no neotrobadorismo
de Cunqueiro, nin no intimismo de
Pimentel, nin no clasicismo de
Carvalho Calero, nin sequera no
paisaxismo de Novoneyra e, desde
logo, está moi lonxe da poesía
social de Celso Emilio ou de Manuel
María. A súa tendencia ruralista,
na liña de Crecente Vega, desde o
paisaxismo herdado do séc. XIX por
Noriega Varela, é só compartida
co seu mentor, A. Iglesia Alvariño.
19.
Nimbos está conformadopor 32
composicións, estruturadas en 7
partes: Pórtico, Noite, Lus,
Espranza, Milagre, Soño e
Ferida.
Trata diversos temas (o amor, o
recordo, a ausencia, a
esperanza) pero destaca
especialmente a figura da
muller, que aparece de
múltiples formas ao longo do
poemario (nai, amante, esposa,
viúva… forza instintiva, símbolo
da Terra).
20.
Na liña dosmísticos españois e do
simbolismo bíblico, a obra xira en
torno a catro eixos temáticos:
• A reflexión sobre a propia
creación poética
• A contraposición Luz (Deus,
pasado, infancia, memoria) /
Sombra (Mundo, Ser Humano)
• A relación entre o Tempo (dos
ciclos da natureza) e a Historia
(bíblica, clásica, celta e a historia
contemporánea de Galiza)
• Galicia como nai (cadro
costumista, descanso do poeta e
patria asoballada)
21.
Os tópicos literariosclásicos sulcan o
poemario, desde a captatio
benevolentiae até o ubi sunt?
pasando polo locus amoenus ou o
tempus fugit.
Tamén aparecen dous lugares
comús máis contemporáneos: o
concepto da vida como navegación
e a concepción do mundo ao revés.
Todos eles póñense ao servizo da
concepción tráxica da vida que
alenta na obra e da temática
relixiosa, omnipresente en Díaz
Castro e tan pouco habitual na
nosa Literatura.
22.
O símil ea metáfora son
os recursos preferidos por
Díaz Castro e a eles
súmase a abundante
simboloxía que percorre
a obra.
• O anxo, mensaxeiro de
Deus, que cumpre a súa
vontade na Terra.
• A árbore, ser de dous
mundos (sombra e luz),
símbolo da vida humana.
O símil e a metáfora son
os recursos preferidos por
Díaz Castro e a eles
súmase a abundan
simboloxía que percorre
a obra.
• O anxo, mensaxeiro de
Deus, que cumpre a súa
vontade na Terra.
• A árbore, ser de dous
mundos (sombra e luz),
símbolo da vida humana.
23.
PÓRTICO.
Entrada ao espazopoético.
Captatio benevolentia
Coma ventos fuxidos
Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
¡Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!
24.
NOITE.
Desilusión do poetapolo mundo
Sic transit gloria mundi
Borrallo
¡Ave, césar, ei!
Ti fas e desfás:
non hai copa nin reino
vedados para ti,
¡por quen choran tóda-
las estrelas xa
sobre a cinza horrible
do que ardeu sen lus!
25.
ESPRANZA.
A confianza nachegada de
mellores tempos.
Terra sucada
¡Terra sucada, poema
de cen versos, na outonía!
Orballa na cal, no escuro
camiño de tantas vidas…
Ferve o grau, pulo enterrado
da espranza, nena dormida.
¡Terra do ceo arrincada!
Chora a terra desterrada,
terra arada, nai perdida!
26.
MILAGRE.
A nova vidaque trae a primavera
mostra as cousas boas do Mundo.
Cova alumada
¡Cruel, cruel, cruel
realidade! ¡Ai laio
sobre o escombro dun soño
que non se erguerá máis!
Para aló do mundo, un sol
sen noite nin historia
busca a ruina esquencida
e énchea toda de gloria.
27.
SOÑO.
Na liña datradición mística
hispánica.
Coma un río
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar
deixando unha chorima en cada pedra,
eunha bágoa de Deus en cada herba.
(…)
28.
FERIDA.
O poeta reafírmaseno seu labor
como creador de palabras.
Coma unha insua
¡Pro veu a noite derrubando todo!
E eu, sedento dunha áncora ou baía,
Dinme a buscar teus cen perdidos nomes
Para te chamar, ¡0uh nai, ouh insua miña!
29.
Un paso adiantei outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!