SlideShare a Scribd company logo
1 of 154
Especies de
acuicultura
peixes
peixes de cultivo acuícola do mundo
En auga salgada críanse unhas 50 especies
En auga doce críanse arredor de 100 especies
As especies anádromas, que viven no mar e se
reproducen nos ríos, críanse en auga salgada.
As especies catádromas, que viven nos ríos e se
reproducen no mar, críanse en auga doce.
En esteiros donde mudan de auga doce a salgada
coas mareas críanse entre 5 e 10 especies
resistentes (eurihalinas).
Esturión siberiano (Acipenser baerii). Vive en augas de China, Rusia e Kazaxistán.
Pode pesar ata 30 kg. Está incluido na Lista Vermella da Unión Internacional para a
Conservación da Natureza.
Esturión sterlet (Acipenser ruthenus). Vive nos grandes ríos que desaugan no
Mar Negro, Mar de Azov e Mar Caspio, e outros do oeste de Siberia. Mide ata 3,5
m e pode pesar 350 kg. Está considerado como vulnerable pola UINC. A maior
parte do comercio actual desta especie está baseado na acuicultura.
Esturión estrelado (Acipenser
stellatus). Autóctono dos mares Negro e
Caspio e dos ríos que desembocan neles.
Pode medir máis de 1 m, e chegar aos 2
m, e pesa entre 10 e 20 kg.
Esturión blanco, esturión do Pacífico
(Acipenser transmontanus). Vive no
Pacífico Oriental, de Alaska a California,
e os cursos baixos dos ríos da área.
Pode medir máis de 6 m de lon go, pesar
máis de 800 kg e vivir máis de 100 anos.
Esturión beluga (Huso huso). Atópase nas
cuncas do Mar Negro e do Mar Caspio. Pode medir
máis de 5 m, pesar máis de 600 kg e vivir máis de
150 anos. É o esturión máis apreciado pola
calidade do caviar que se obtén dos seus ovos.
Está considerado pola UINC como en perigo de
extinción.
Paiche, pirarucú ou arapaima
(Arapaima gigas). Vive nos ríos da
cunca do Amazonas e outros
próximos. Pode acadar máis de 3 m
de longo e pesar máis de 250 kg. É o
segundo peixe da auga doce máis
grande que se coñece.
Arowana africano (Heterotis
niloticus). Vive no río Nilo, outros
ríos centroafricáns e nos lagos
Chad e Turcana. Pode acadar os
100 cm e pesar ata 10 kg. ten o
corpo longo, as escamas grandes,
as aletas postas moi atrás e o rabo
redondeado.
Anguía ou anguía común (Anguilla
anguilla). Moi común no Atlántico
nororiental en toda a costa de Europa. A
lonxitude máxima coñecida foi de 133cm, o
peso de 6,5 kg, e a idade de 88 anos.
Anguía xaponesa (Anguilla japonica). Atópase no Xapón, Corea,
China, Taiwan e Vietnam. Moi consumida, e criada en estanques desde
hai moito tempo.
Anguía americana (Anguilla rostrata). É
nativa da costa atlántica de América do norte.
Sabalote ou peixe de leite (Chanos
chanos). Peixe de mar e de esteiros de
augas mornas dos océanos Índico e
Pacífico. Pode chegar a 1 m de lonxitude.
Aliméntase de algas e invertebrados
bentónicos.
brema ou plática (Abramis brama). Vive en ríos e lagos de Irlanda, Reino
Unido e centro e norte de Europa. Mide entre 30 e 40 cm de lonxitude e pode
pesar ata 2 kg. aliméntase de bivalvos, larvas de mosquitos e vermes. Está
incluida no Listado Español de Especies exóticas Invasoras, polo que está
prohibido introducilo no medio natural aínda que sí pode terse en recintos
aislados vinculados á actividade humana.
Aspio, asp (Aspius aspius).
Común en Europa central. Mide ata
80 cm de longo e pode pesar ata
10 kg. Está protexido pola
Convención de Berna de especies
en perigo de extinción (Anexo III), e
atópase na Lista Vermella da UICN
de especies ameazadas.
Catla catla Atópase nas áreas de clima subropical do océano
Índico. Os machos poden chegar aos 180 cm de lonxitude total e
pesar máis 38 kg.
Carpín ou peixe de cores
(Carassius auratus). Foi un dos
primeiros peixes domesticados, e
actualmente es unha das
mascotas máis comúns pode
medir ata 40 cm e pesar 3 kg.
Carassius carassius. Vive en ríos e
encoros de tode Europa e Asia ata o norte
da China. Os machos pueden acadar os
40 cm de lonxitude total e os 3 kg de peso.
Cirrhinus molitorella . Atópase na China e
Vietnam. Pode medir ata 55 cm.
carpa mrigal carpa india (Cirrhinus
mrigala ). Originaria dos grandes ríos do
subcontinente indio. Pode acadar case 1 m
de longo, pesar máis de 12 kg e vivr uns
12 anos.
Amur, carpa herbívora
(Ctenopharyngodon idellus). originaria
do río Amur. Introducida en Europa. No río
Rhin captúranse exemplares de máis de
25 kg.
Pel,curtida e
tinguida, de
amur
Carpa común ou europea (Cyprinus carpio). É orixinaria de Asia pero está
introducida en case todo o mundo. Xa se cultivaba en piscinas no tempo dos
romanos. Pode chegar a 1 m, a pesar 30 kg e a vivir 40 anos.
Carpa plateada (Hypophthalmichthys
molitrix). É de orixe asiática (China e
Siberia oriental). Os machos poden
superar 1 m de lonxitude total e 50 kg de
peso. Aliméntase de vexetais.
Carpa cabezona (Hypophthalmichthys
nobilis). É de orixe asiática. Acada
grandes tamaños (ata 145 cm de longo e
máis de 50 kg de peso)
Labeo calbasu. Orixinario de Pakistán,
India, Bangladesh, Birmania, Nepal,
Tailandia e o suroeste da China. Os
machos poden chegar aos 90 cm de
lonxitude total.
Labeo rohita Atópase no sur de Asia en
Pakistán, India, Bangladesh, Birmania e
Nepal. Os machos poden chegar aos 2 m
de longo.
Carpa de Hoven (Leptobarbus
hoevenii). Vive en Tailandia, Sumatra e
Borneo. Os machos poden chegar a medir
1 m de lonxitude.
Dourada Wuchang
(Megalobrama amblycephala).
Vive no río Iangtsé, na China. Os
machos poden medir ata 2 m.
Carpa negra (Mylopharyngodon
piceus). Vive no norte e leste de Asia.
Os machos poden medir máis de 1 m e
acadar os 35 kg de peso.
carpiña dourada (Notemigonus
crysoleucas). É nativo do leste de
Norteamérica. Pode medir ata 30 cm.
Vive en augas tranquilas onde se
alimenta de zooplanto.
Barbo de labios duros (Osteochilus
hasselti) vive no sudeste asiático. Mide ata
30 cm. Aliméntase de vexetais e fitoplancto.
Brema blanca (Parabramis pekinensis).
Vive no norte e leste de Asia. Os machos
poden acadar os 55 cm de lonxitude total
e 4 kg de peso.
Pla, Barbo de Java ou barbo plateado
(Puntius ou Barbonymus gonionotus).
Orixinario de Tailandia. Mide ata 40 cm de
lonxitude e 1,50 kg de peso. Aínda que
moitas veces captúranse exemplares
bastante máis grandes.
Barbo de Java (Puntius javanicus).
Oreixinario do surleste asiático. Pode
medir ata 40 cm e pesar case 2 kg.
Rutilo (Rutilus rutilus). Común, nativo de
Europa e Asia occidental. Pode acadar os
35 cm de lonxitude e pesar ata 1 kg.
Tenca (Tinca tinca). É de orixe europea.
Vive en augas lentas con vexetación. Mide
ata 30 cm. Pode pesar ata 4 kg e vivir uns
20 anos.
Dojo (Misgurnus anguillicaudatus). Orixinario do
surleste de Asia. Pode medir case 30 cm de longo.
Está incluido no Listado Español de Especies
exóticas Invasoras
Bigmouth búfalos (Ictiobus cyprinellus).
De orixe norteamericana. Os machos poden
acadar 120 cm de lonxitude e máis de 30 kg
de peso.
Bocachico (Ichthyoelephas humeralis).
Orixinario de Suramérica zona tropical. Os
machos poden medir ata 25 cm.
Sabalo, sabalo jetón.
Bocachico (Prochilodus
reticulatus. Orixinario de
sudamérica, área tropical.
Os machos poden chegar
aos 28 cm.
Dorada (Brycon moorei). Orixinaria de
Sudamérica, área tropical. Os machos
poden medir ata 50 cm.
Cachama, cherna, tambaquí o pacú
negro (Colossoma macropomum).
Orixinario de sudamérica, área tropical.
Os adultos miden de 70 a 120 cm e poden
pesar ata 35 kg.
Mbiraí ou peixe chato, cachama blanca
(Piaractus brachypomus). Orixinario da
Amazonia. Acada 88 cm de lonxitude e 20
kg de peso.
La gambitana, morocoto, cachama
blanca, pirapitinga o pacú blanco
(Piaractus mesopotamicus). Nativo
das cuncas dos ríos Paraguay e
Paraná. Mide ata 45 cm de longo e
pode chegar aos 20 kg de peso
Peixe gato, bagre negro
(Ameiurus melas ou Ictalurus
melas). Orixinario de Norteamérica.
Aínda que algúns chegan aos 60 cm
e a pesar máis de 3 kg, o normal é
que a talla estea entre os 25 e os
35 cm e o peso arredor dos 400 g.
peixe gato americano, bagre de
canal (Ictalurus punctatus).
Orixinario dos Estados Unidos.
Está extendido por todo o
territorio, onde é popular como
obxecto de pesca e de cultivo. O
peso máximo está entre os 18 e
os 23 kg.
bagre (Chrysichthys nigrodigitatus).
Orixinario de África Central. Os machos
poden medir ata 65 cm.
Siluro, peixe gato (Silurus glanis).
Orixinario dos grandes ríos de
Europa Central. Pode medir máis de
2 m e pesar ata 150 kg.
bagre Pangas ou pango (Pangasius
pangasius). Orixinario do sur de Asia.
Pode medir ata 30 cm. Críase como
alimento
Tiburón iridiscente, tiburón siamés ou
peixe gato sutchi (Pangasius sutchi).
Vive en ríos e arrozais de Tailandia. Pode
medir máis de 1 m e pesar ata 40 kg.
siluro, peixe gato (Clarias anguillaris).
Orixinario de África. Pode medir ata 1 m.
Bagre ou peixe gato de Filipinas
(Clarias batrachus). Nativo do surleste
asiático. Pode medir máis de 40 cm de
lonxitude. Hai unha variedade albina
que se cría como peixe de acuario.
Peixe gato chinés ou bagre de
Hong Kong (Clarias fuscus).
Nativo do surleste asiático. Pode
medir ata 1 m e pesar máis de 20
kg.
Clarias gariepinus. Orixinario de África e
Oriente Medio e introducido en varios
países de Europa. Pode chegar a 1,70 m e
a 60 kg de peso.
(Clarias macrocephalus). Nativo do
surleste de Asia. Pode medir ata 1,20 m
Heterobranchus bidorsalis. Orixinario do Nilo e ríos de África
Central. Pode medir ata 1,50 m e pesar 30 kg.
Vundu (Heterobranchus longifilis).
eOrixinario de África Central . pode medir ata
1,50 m de lonxitude e pesar 55 kg.
Bagre sudaméricano (Rhamdia sapo). Vive nos ríos da cunca da Plata.
Pode medir máis de 80 cm.
Tamuatá, atipa, kwi kwi,
cascadura, busco ou currito
(Hoplosternum littorale). Orixinario
de Sudamérica. Pode acadar os
24 cm de lonxitude.
Lucio europeo (Esox lucius). es una
especie de actinopterigio esociforme
esócido predador. Mide entre 50 cm e 1 m
e pesar ata 20 kg. pode vivir ata 30 anos.
Ayu, peixe doce ou peixe dun ano
(Plecoglossus altivelis). Vive en ríos,
lagos e augas costeiras entre Xapón,
Corea, China e Taiwán. Pode medir ata
25 cm.
corégono blanco (Coregonus albula).
Vive en lagos e ríos do norte de Europa, e
en algúns lagos de Escocia e de Inglaterra.
Pode medir ata 45 cm e pesar algo menos
de 1 kg. Viven como máximo uns 10 anos.
farra ou lavareto (Coregonus
lavaretus). Vive principalmente en lagos
alpinos. Pode medir ata 50 cm e acadar
os 2 kg.
salmón rosado (Oncorhynchus
gorbuscha). Vive nas costas do océano
Ártico e a costa norte do océano Pacífico
desde o norte de China ata o sur de
California. Pode medir ata 70 cm.
keta ou salmón chum
(Oncorhynchus keta). Vive na costa
norte do océano Pacífico, desde
Corea, e Xapón, ata California. A
lonxitude máxima está preto de 1 m.
salmón do Pacífico, salmón coho ou
salmón plateado (Oncorhynchus
kisutch). Vive nas costas do Pacifico
Norte, desde Xapón a California. Durante a
etapa oceánica, ten lados plateados e
lombo azul escuro. Cando remonta os ríos,
ten a pel vermella e o lombo escuro. Mide
de media preto de 1 m e pode pesar entre
3 e 5 kg.
Salmón masu ou salmón cereixa
(Oncorhynchus masou). Vive na
costa asíática do Océano Pacífico.
Mide, de media, arredor de 50 cm
de lonxitude e pesa entre 2 e 2,5 kg.
troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss). É
nativa do norte do océano Pacífico, desde
Xapón á Baixa California, en México. Mide
ata 60 cm.
salmón vermello
(Oncorhynchus nerka).
Atópase na costa norte del
océano Pacífico, desde
Xapón Ata California. Mide
ata uns 45 cm de media.
salmón real, chinuc ou chinook,
chavicha, en ruso,( Oncorhynchus
tshawytscha). Vive nas áreas costeiras do
océano Pacífico, entre California e Xapón.
Escaso. Mide entre 84 e 147 cm de
lonxitude e pesa entre 25 e 60 kg.
salmón común ou salmón do Atlántico
(Salmo salar). Atópase en todo Atlántico
norte, tanto na costa leste de Norteamérica
como na costa de Europa, incluído parte
do océano Ártico, o mar Báltico, o mar
Mediterráneo e o mar Negro. Pode acadar
os 150 cm de lonxitude máxima.
troita común, troita marrón (Salmo
trutta). Ríos de Europa. Pode chegar a
pesar ata 14 kg.
Salvelino, troita alpina ou troita
ártica (Salvelinus alpinus),
orixinario dos lagos alpinos e augas
costeiras das rexións árticas e
subárticas. E o peixe de auga doce
que vive máis ao norte. Pode medir
máis de 1 m e pesar ata 15 kg. vive
ata uns 40 anos.
troita de manantial o troita de
regato (Salvelinus fontinalis). É
orixinaria de Norteamérica.
Chega a pesar 4 kg. ten a carne
encarnada.
troita de lago (Salvelinus namaycush).
Nativa dos Estados Unidos. Pode medir
ata 150 cm, pesar máis de 30 kg e vivir
ata 50 anos
bacallao común, bacallao do Atlántico
ou bacallao de Noruega (Gadus
morhua). Vive en mares fríos do Atlántico
norte. O normal é que sexa pequeno
menos de 70 cm aínda que aparecen,
cada vez menos, exemplares de case 2 m
de longo e ata 100 kg de peso.
pejerrey, cauque, matungo
(Odontesthes bonariensis). Vive en
augas costeiras e nos ríos do sur de
Brasil, Uruguay e norte da Arxentina.
Miden arredor de 40 cm e pesan uns
800 gr, aínda que hai exemplares de
60 cm de longo e 3 kg de peso.
anguía de pantano, anguía do arroz
ou anguía de arrozal (Monopterus
albus). Arrozais e pantanos do surleste
asiático. Mide de 25 a 40 cm.
robalo común ou robalo blanco
(Centropomus undecimalis). Atópase no
mar Caribe, o Golfo de México e a costa
oeste do océano Atlántico desde Florida a
Brasil. Mide arredor de 50 cm.
barramundi (Lates calcarifer).
Vive entre Nova Guiné e o leste de
Australia. Pode medir ata 2 metros e
chegar a pesar 60 kg, o máis
habitual e que pesen entre 5 e 6 kg.
Perca do Nilo (Lates niloticus). É
orixinaria de Etiopía e pode acadar os
2 m de lonxitude.
bacalao de Murray, bacalao, Greenfish
ou goodoo (Maccullochella peelii). É o
peixe de auga doce máis grande de
Australia. Pode medir máis de 1,5 m e
pesar máis de 100 kg. e habitual que teñan
entre 80 e 100 cm.
Perca dourada (Macquaria
ambigua). Nativo de Australia. Nos
ríos mide entre 30 e 40 cm e pesa
de 1 a 2 kg, nos encoros medra
máis e pode superar os 10 kg.
lubina rayada atlántica (Morone
saxatilis). Nativo da costa atlántica de
América do Norte, desde Florida ata o
esteiro do río San Lorenzo. Pode medir
150 cm e pesar entre 25 e 35 kg. Vive uns
25 anos.
Robaliza, robalo, lubina
(Dicentrarchus labrax). Vive no
Atlántico, desde Senegal a
Noruega, e no Mediterráneo.
Pode medir máis de 1 m e pesar
ata 12 kg.
Mero de hong kong (Epinephelus
akaara). Atópase ao sur da China, Taiwán,
mar da China Meridional e sur do Xapón.
Os machos poden acadar os 53 cm de
lonxitude.
Epinephelus areolatus. Vive desde o mar
Vermello e o Golfo Pérsico ata Sudáfrica e o
norte de Australia. Os machos poden chegar
aos 47 cm de lonxitude e a pesar 4 kg.
Epinephelus tauvina . Vive desde o mar
Vermello ata Sudáfrica Australia e Xapón.
Os machos poden chegar aos 75 cm de
lonxitude total.
Mero con pintas (Plectropomus maculatus). Vive no
Pacífico occidental tropical. Pode medir máis de 70 cm.
Perca plata (Bidyanus bidyanus). Vive
no sistema fluvial do surleste de Australia.
Pode medir ata 40 cm e pesar 8 kg, máis
habitualmente uns 30 cm e 1,5 kgde peso.
lubina negra, haro, perca americana,
black bass ou lobina negra (Micropterus
salmoides ). De orixe norteamericana.
Según a subespecie pode medir entre 30 e
80 cm.
perca ou perca de río (Perca fluviatilis).
Vive en ríos e lagos de casi toda Europa
central e occidental. Pode medir ata 50 cm
e pesar máis de 4 kg.
Zander ou lucio-perca (Stizostedion
lucioperca.) É nativo do oeste de Eurasia.
Pode chegar a 20 kg.
anxova ou anchova, chopper azul,
anchoa, xastre en Australia, lufar en
ruso, sábalo ou elfo en Sudáfrica
(Pomatomus saltatrix). Vive en augas
temperadas de todo o mundo agás no
Pacífico norte. Pode chegar aos 9 kg.
peixe limón, seriola, medregal coroado,
ou lecha (Seriola dumerili). Atópase en
mares temperados de todo o mundo. Pode
medir ata 1,60 m de longo e pesar 60 kg.
Medregal xaponés (Seriola
quinqueradiata). Atópase entre
o Xapón, Corea e as illas de
Hawaii. Pode medir ata 1,50 m
de longo e pesar ata 40 kg.
Trachinotus blochii. Vive no océano Índico
e mares próximos. Pode medir ata máis de 1
m de longo.
Pampo, pompano de Florida
(Trachinotus carolinus). Vive no Atlántico
occidental, desde Massachusetts ata o
Brasil, incluíndo o Golfo de México. Pode
medir maís de 60 cm de lonxitude e pesar
uns 5 kg.
pámpano listado, palometa ou palomilla
(Trachinotus goodei). Atópase desde
Massachusetts, o Golfo de México ata a
Argentina. Pode medir ata 50 cm e pesar
entre 300 e 600 gr.
Xurelo xaponés (Trachurus japonicus).
Vive entre Corea, Xapón e China. Pode
medir ata 50 cm.
pargo dos manglares ou pargo de rabo
amarelo (Lutjanus argentimaculatus).
Vive nos arrecifes de coral do océano
Índico e chega a Samoa. Pode medir ata
1,5 m de longo.
Ocyurus chrysurus Atópase no
Atlántico, entre Estados Unidos e o
Brasil e no Caribe. Pode medir
máis de 80 cm.
Dourada escura (Acanthopagrus schlegelii). Atópase no
Pacífico entre Corea, Xapón, China e Taiwán. Pode medir ata
50 cm e pesar 3 kg.
sargo común (Diplodus sargus
sargus). Atópase por toda la costa
este del océano Atlántico, ata
Sudáfrica, polo mar Mediterráneo e o
mar Negro. Pode medir ata 45 cm e
pesar, como moito, 2 kg.
dourada carmesí (Evynnis japonica).
Vive no Pacífico entre Corea, China e o
Xapón. Mide ata 45 cm.
dourada do Xapón ou pargo xaponés
(Pagrus major). Atópase no Pacífico entre
o mar de China e o Xapón. Pode medir ata
1 m de longo.
Ollomol, besugo, pargo, rubiel,
mazote, bocinegro ou andres
(Pagrus pagrus). Habita no
Atlántico, desde as illas Británicas
ata o sur da Arxentina. Oode medir
ata 95 cm de longo e pesar ata 8 kg.
Rhabdosargus sarba. Vive no océano
Índico e mares próximos. Pode medir
ata 80 cm.
dourada (Sparus aurata). Vive no océano
Atlántico, desde as Illas Británicas a Cabo
Verde, e no Mediterráneo. Acada ata 1 m
de lonxitude e pode pesar entre 5 e 7 kg.
Tambor vermello (Sciaenops ocellatus).
Atópase na costa atlántica de Estados
Unidos ata México. Pode medir ata 155 cm
e pesar 45 kg.
Aequidens rivulatus. Atópase
en Sudamérica: desde Ecuador a
Perú. Pode medir ata 20 cm.
cíclido cinturón negro (Cichlasoma maculicauda)
Atópase desde o sur de México ata Panamá. Pode
acadar os 30 cm de lonxitude total.
cíclido jaguar, cíclido managuense
ou managua, guapote tigre, cíclido
azteca, guapote manchado e guapote
jaguar (Cichlasoma managuensis).
Orixinario de América Central: desde
Honduras a Costa Rica. Medra ata os
55 cm.
Cichlasoma urophthalmus. Orixinaria de
América Central: vertente atlántica desde
México a Nicaragua. Pode medir case 40
cm de longo.
Etroplus suratensis. Orixinaria da India e
Sri Lanka. Pode acadar os 40 cm de longo.
Oreochromis andersonii. Orixinaria de
África: río Okavango, Angola e río
Zambeze. Pode superar os 60 cm de
lonxitude.
Tilapia azul Oreochromis aureus.
Orixinaria de África: ríos Nilo, Chad,
Níxer e Senegal, e val do Xordán.
Pode chegar aos 45 cm de longo
Oreochromis macrochir. Orixinaria de
África: ríos Zambeze y Congo. Pode
medir máis de 40 cm de lonxitude total.
Tilapia de Mozambique
Oreochromis mossambicus. Vive
en África: ríos Limpopo e Zambeze.
Pode acadar os 40 cm de lonxitude.
tilapia do Nilo (Oreochromis niloticus).
Vive en África río Nilo, lago Chad y ríos
Níger y Senegal e ríos costeiros de Israel.
Poden acadar os 60 cm.
Tilapia sabaki (Oreochromis spilurus).
Vive nos ríos costeiros de Kenia. Pode
medir ata 20 cm.
tilapia Wami (Oreochromis urolepis).
Atópase de Tanzania e Zanzíbar. Pode
medir ata 20 cm.
tilapia (Sarotherodon
melanotheron). Orixinaria dos esteiros
e lagoas salobres do oeste de África,
desde Mauritania ata Angola. Pode
medir ata 28 cm.
Tilapia guineensis. Vive nos ríos do
trópico sur de África. Pode medir ata 30
cm.
Tilapia rendalli. Vive en ríos do centro de
África. Pode acadar os 45 cm de lonxitude.
Tilapia zillii. Vive no río Nilo e ríos do
centro de África. Pode medir ata 40 cm.
Muxe, lisa dourada, galupe, alise,
dabeta, ilisa, lizarda ou mule (Liza
aurata). Atópase distribuido pola costa
norleste do océano Atlántico, mar del Norte
ata o norte de Noruega, mar Mediterráneo
e mar Negro, é máis raro no mar Báltico.
Mide, de media uns 30 cm, aínda que se
atopan moitos exemplares máis grandes.
Liza macrolepis. Atópase en zonas
costeiras pouco profundas da rexión
Indo-Pacífica, incluidos os esteiros.
Pode chegar aos 60 cm de longo
Liza parsia Atópase nas costas do
Océano Índico. Pode chegar aos 20 cm de
lonxitude total.
Muxe, morragute, capitón,
galupe, ilisa aguda, ilisa calua
negra, lisa, lizarra, mujol, mule,
muxo, sama o yama (Liza
ramada). Atópase pola costa
norleste do océano Atlántico, no
mar do Norte, o mar Mediterráneo,
mar Negro y mar Báltico. Mide de
media uns 35 cm pero captúranse
exemplares moito máis grandes.
galúa, ilisa, fusan ou galvá (Liza
saliens). Atópase pola costa leste do
Atlántico, desde Marrocos ata Francia, o
Mediterráneo e o mar Negro. A lonxitude
máxima normal é duns 30 cm.
Muxe da pedra (Liza tade).
Vive no Indo-Pacífico. Pode
medir ata 60 cm.
Muxe, pardete, mújol, múgil, mugle,
llisa, muble, lisa, liza, albur, cabezudo,
capitón ou corcón (Mugil cephalus).
Atópase nas augas costeiras temperadas e
cálidas no Atlántico oriental, desde o golfo
de Biscaia a Sudáfrica, no Atlántico
occidental, desde Canadá ao Brasil, e no
Pacífico oriental, desde California a Chile.
Mide entre 30 e 80 cm.
Muxe, lisa blanca, lisa criolla, anchoa
blanca, anchoveta, capitón, chango,
galupe, jarea, lebrancha, lebranche, lisa
plateada, liseta, liseta plateada ou
plateado (Mugil curema). Atópase nas
costas do Atlántico: de España a Namibia,
polo leste, e por toda a costa americana,
polo oeste, e na costa do Pacífico de Chile
a California. mide de media uns 30 cm,
aínda que se citan exemplares moito máis
grandes.
lebranche, lisa de agua dulce, lisa
macho, soco ou tainha (Mugil liza). Vive
na costa atlántica de América: de Estados
Unidos á Arxentina. Mide uns 40 cm, aínda
que se pescan exemplares máis grandes.
Chame, chalaco, comote,
porroco, durmiñón (Dormitator
latifrons). Vive en América
Central. Pode medir ata 60 cm.
gobio mármol (Oxyeleotris
marmorata). Vive no río Mekong e
outros próximos, en Malasia,
Indochina, Filipinas e Indonesia. É
o gobio máis grande, pode medir
ata 65 cm de lonxitude.
Sigano, chafi safi, lambai (Siganus
canaliculatus). Vive na rexión Indo
Pacífica. Mide ata 30 cm.
Peixe coello (Siganus
guttatus). Vive no Océano
Índico oriental. Pode medir
ata 42 cm de lonxitude.
Peixe coello (Siganus rivulatus).
Vive no Indico occidental,
Mediterráneo oriental e mar Negro.
Mide ata 30 cm.
Thunnus maccoyii. Se encuentra en el
Atlántico, en el Índico y en el Pacífico. Os
machos poden chegar aos 245 cm de
lonxitude total e a pesar 260 kg.
atún azul ou común (Thunnus thynnus).
É nativo do Atlántico, tanto oriental como
occidental, e do Mar Mediterráneo. Moitos
exemplares superan os 150 kg.
Anabas testudineus. Vive en ríos e
áreas encharcadas do surleste de
Asia. Pode medrar ata os 30 cm de
lonxitude.
Gurami de pel de serpe
(Trichogaster pectoral). Vive
en lagos de indonesia, Tailandia
e a Península Malaca. Pode
medir ata 20 cm.
Gurami bicador ou kisser (Helostoma
temminckii). É nativo do surleste de Asia:
Tailandia, Borneo, Sumatra, Java. Pode
medir entre 25 e 30 cm.
gourami xigante, gourami de bandas,
gourami arco iris, ou gourami de raias
(Osphronemus goramy). É nativo de
Indochina, Malasia, Indonesia e a India.
Pode medir ata 70 cm.
Cabeza de serpe do norte
(Channa argus). Orixinario de
China e Corea. Pode medir ata 1 m
e pesar uns 7 kg.
Cabeza de Serpe xigante (Channa
micropeltes). Atópase no surleste
asiático e en parte da India. Pode
medir máis de 1 m de longo e pesar
máis de 20 kg.
Cabeza de serpe verde (Channa
punctatus). Vive en augas
estancadas do sur de Asia . Pode
medir ata 30 cm.
Murrel cabeza de serpe,
cabeza de serpe común ou
cabeza de serpe raiado
(Channa striata). Nativo do
sur e do surleste de Asia. Pode
chegar a 1 m de longo.
rodaballo (Psetta maxima). Atópase no
Atlántico, no Mediterráneo, no Cantábrico,
no mar do Norte e no Báltico. Pode medir
ata 1 m e pesar uns 12 kg.
Solla oliva, solla coreana, solla
xaponesa ou lenguado bastardo
(Paralichthys olivaceus). Orixinario do
Pacífico noroeste: desde o Mar de
Okhotsk, ao longo da costa xaponesa, ata
o Mar de China Meridional. Pode acadar 1
m de longo e 10 kg de peso.
lenguado común (Solea vulgaris) es un
pez plano que puede ser encontrado en los
mares de aguas templadas, pode chegar
aos 60 cm e a pesar 3 kg.
Agardo que a
sorpresa, e o
aproveitamento, foran
tan grandes como os
que eu tiven.
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa
dispoñibilidade e agardo que saiban
disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africanaMonContos
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 

What's hot (20)

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africana
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 

Similar to Especies de acuicultura. Peixes.

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosiesasorey
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en AustraliaMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegadosegsumay
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 

Similar to Especies de acuicultura. Peixes. (15)

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Peixe vela
Peixe velaPeixe vela
Peixe vela
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en Australia
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O Río
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegados
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Especies de acuicultura. Peixes.

  • 2. peixes de cultivo acuícola do mundo En auga salgada críanse unhas 50 especies En auga doce críanse arredor de 100 especies As especies anádromas, que viven no mar e se reproducen nos ríos, críanse en auga salgada. As especies catádromas, que viven nos ríos e se reproducen no mar, críanse en auga doce. En esteiros donde mudan de auga doce a salgada coas mareas críanse entre 5 e 10 especies resistentes (eurihalinas).
  • 3. Esturión siberiano (Acipenser baerii). Vive en augas de China, Rusia e Kazaxistán. Pode pesar ata 30 kg. Está incluido na Lista Vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  • 4. Esturión sterlet (Acipenser ruthenus). Vive nos grandes ríos que desaugan no Mar Negro, Mar de Azov e Mar Caspio, e outros do oeste de Siberia. Mide ata 3,5 m e pode pesar 350 kg. Está considerado como vulnerable pola UINC. A maior parte do comercio actual desta especie está baseado na acuicultura.
  • 5. Esturión estrelado (Acipenser stellatus). Autóctono dos mares Negro e Caspio e dos ríos que desembocan neles. Pode medir máis de 1 m, e chegar aos 2 m, e pesa entre 10 e 20 kg.
  • 6. Esturión blanco, esturión do Pacífico (Acipenser transmontanus). Vive no Pacífico Oriental, de Alaska a California, e os cursos baixos dos ríos da área. Pode medir máis de 6 m de lon go, pesar máis de 800 kg e vivir máis de 100 anos.
  • 7. Esturión beluga (Huso huso). Atópase nas cuncas do Mar Negro e do Mar Caspio. Pode medir máis de 5 m, pesar máis de 600 kg e vivir máis de 150 anos. É o esturión máis apreciado pola calidade do caviar que se obtén dos seus ovos. Está considerado pola UINC como en perigo de extinción.
  • 8. Paiche, pirarucú ou arapaima (Arapaima gigas). Vive nos ríos da cunca do Amazonas e outros próximos. Pode acadar máis de 3 m de longo e pesar máis de 250 kg. É o segundo peixe da auga doce máis grande que se coñece.
  • 9. Arowana africano (Heterotis niloticus). Vive no río Nilo, outros ríos centroafricáns e nos lagos Chad e Turcana. Pode acadar os 100 cm e pesar ata 10 kg. ten o corpo longo, as escamas grandes, as aletas postas moi atrás e o rabo redondeado.
  • 10. Anguía ou anguía común (Anguilla anguilla). Moi común no Atlántico nororiental en toda a costa de Europa. A lonxitude máxima coñecida foi de 133cm, o peso de 6,5 kg, e a idade de 88 anos.
  • 11. Anguía xaponesa (Anguilla japonica). Atópase no Xapón, Corea, China, Taiwan e Vietnam. Moi consumida, e criada en estanques desde hai moito tempo.
  • 12. Anguía americana (Anguilla rostrata). É nativa da costa atlántica de América do norte.
  • 13. Sabalote ou peixe de leite (Chanos chanos). Peixe de mar e de esteiros de augas mornas dos océanos Índico e Pacífico. Pode chegar a 1 m de lonxitude. Aliméntase de algas e invertebrados bentónicos.
  • 14. brema ou plática (Abramis brama). Vive en ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido e centro e norte de Europa. Mide entre 30 e 40 cm de lonxitude e pode pesar ata 2 kg. aliméntase de bivalvos, larvas de mosquitos e vermes. Está incluida no Listado Español de Especies exóticas Invasoras, polo que está prohibido introducilo no medio natural aínda que sí pode terse en recintos aislados vinculados á actividade humana.
  • 15. Aspio, asp (Aspius aspius). Común en Europa central. Mide ata 80 cm de longo e pode pesar ata 10 kg. Está protexido pola Convención de Berna de especies en perigo de extinción (Anexo III), e atópase na Lista Vermella da UICN de especies ameazadas.
  • 16. Catla catla Atópase nas áreas de clima subropical do océano Índico. Os machos poden chegar aos 180 cm de lonxitude total e pesar máis 38 kg.
  • 17. Carpín ou peixe de cores (Carassius auratus). Foi un dos primeiros peixes domesticados, e actualmente es unha das mascotas máis comúns pode medir ata 40 cm e pesar 3 kg.
  • 18. Carassius carassius. Vive en ríos e encoros de tode Europa e Asia ata o norte da China. Os machos pueden acadar os 40 cm de lonxitude total e os 3 kg de peso.
  • 19. Cirrhinus molitorella . Atópase na China e Vietnam. Pode medir ata 55 cm.
  • 20. carpa mrigal carpa india (Cirrhinus mrigala ). Originaria dos grandes ríos do subcontinente indio. Pode acadar case 1 m de longo, pesar máis de 12 kg e vivr uns 12 anos.
  • 21. Amur, carpa herbívora (Ctenopharyngodon idellus). originaria do río Amur. Introducida en Europa. No río Rhin captúranse exemplares de máis de 25 kg. Pel,curtida e tinguida, de amur
  • 22. Carpa común ou europea (Cyprinus carpio). É orixinaria de Asia pero está introducida en case todo o mundo. Xa se cultivaba en piscinas no tempo dos romanos. Pode chegar a 1 m, a pesar 30 kg e a vivir 40 anos.
  • 23. Carpa plateada (Hypophthalmichthys molitrix). É de orixe asiática (China e Siberia oriental). Os machos poden superar 1 m de lonxitude total e 50 kg de peso. Aliméntase de vexetais.
  • 24. Carpa cabezona (Hypophthalmichthys nobilis). É de orixe asiática. Acada grandes tamaños (ata 145 cm de longo e máis de 50 kg de peso)
  • 25. Labeo calbasu. Orixinario de Pakistán, India, Bangladesh, Birmania, Nepal, Tailandia e o suroeste da China. Os machos poden chegar aos 90 cm de lonxitude total.
  • 26. Labeo rohita Atópase no sur de Asia en Pakistán, India, Bangladesh, Birmania e Nepal. Os machos poden chegar aos 2 m de longo.
  • 27. Carpa de Hoven (Leptobarbus hoevenii). Vive en Tailandia, Sumatra e Borneo. Os machos poden chegar a medir 1 m de lonxitude.
  • 28. Dourada Wuchang (Megalobrama amblycephala). Vive no río Iangtsé, na China. Os machos poden medir ata 2 m.
  • 29. Carpa negra (Mylopharyngodon piceus). Vive no norte e leste de Asia. Os machos poden medir máis de 1 m e acadar os 35 kg de peso.
  • 30. carpiña dourada (Notemigonus crysoleucas). É nativo do leste de Norteamérica. Pode medir ata 30 cm. Vive en augas tranquilas onde se alimenta de zooplanto.
  • 31. Barbo de labios duros (Osteochilus hasselti) vive no sudeste asiático. Mide ata 30 cm. Aliméntase de vexetais e fitoplancto.
  • 32. Brema blanca (Parabramis pekinensis). Vive no norte e leste de Asia. Os machos poden acadar os 55 cm de lonxitude total e 4 kg de peso.
  • 33. Pla, Barbo de Java ou barbo plateado (Puntius ou Barbonymus gonionotus). Orixinario de Tailandia. Mide ata 40 cm de lonxitude e 1,50 kg de peso. Aínda que moitas veces captúranse exemplares bastante máis grandes.
  • 34. Barbo de Java (Puntius javanicus). Oreixinario do surleste asiático. Pode medir ata 40 cm e pesar case 2 kg.
  • 35. Rutilo (Rutilus rutilus). Común, nativo de Europa e Asia occidental. Pode acadar os 35 cm de lonxitude e pesar ata 1 kg.
  • 36. Tenca (Tinca tinca). É de orixe europea. Vive en augas lentas con vexetación. Mide ata 30 cm. Pode pesar ata 4 kg e vivir uns 20 anos.
  • 37. Dojo (Misgurnus anguillicaudatus). Orixinario do surleste de Asia. Pode medir case 30 cm de longo. Está incluido no Listado Español de Especies exóticas Invasoras
  • 38. Bigmouth búfalos (Ictiobus cyprinellus). De orixe norteamericana. Os machos poden acadar 120 cm de lonxitude e máis de 30 kg de peso.
  • 39. Bocachico (Ichthyoelephas humeralis). Orixinario de Suramérica zona tropical. Os machos poden medir ata 25 cm.
  • 40. Sabalo, sabalo jetón. Bocachico (Prochilodus reticulatus. Orixinario de sudamérica, área tropical. Os machos poden chegar aos 28 cm.
  • 41. Dorada (Brycon moorei). Orixinaria de Sudamérica, área tropical. Os machos poden medir ata 50 cm.
  • 42. Cachama, cherna, tambaquí o pacú negro (Colossoma macropomum). Orixinario de sudamérica, área tropical. Os adultos miden de 70 a 120 cm e poden pesar ata 35 kg.
  • 43. Mbiraí ou peixe chato, cachama blanca (Piaractus brachypomus). Orixinario da Amazonia. Acada 88 cm de lonxitude e 20 kg de peso.
  • 44. La gambitana, morocoto, cachama blanca, pirapitinga o pacú blanco (Piaractus mesopotamicus). Nativo das cuncas dos ríos Paraguay e Paraná. Mide ata 45 cm de longo e pode chegar aos 20 kg de peso
  • 45. Peixe gato, bagre negro (Ameiurus melas ou Ictalurus melas). Orixinario de Norteamérica. Aínda que algúns chegan aos 60 cm e a pesar máis de 3 kg, o normal é que a talla estea entre os 25 e os 35 cm e o peso arredor dos 400 g.
  • 46. peixe gato americano, bagre de canal (Ictalurus punctatus). Orixinario dos Estados Unidos. Está extendido por todo o territorio, onde é popular como obxecto de pesca e de cultivo. O peso máximo está entre os 18 e os 23 kg.
  • 47. bagre (Chrysichthys nigrodigitatus). Orixinario de África Central. Os machos poden medir ata 65 cm.
  • 48. Siluro, peixe gato (Silurus glanis). Orixinario dos grandes ríos de Europa Central. Pode medir máis de 2 m e pesar ata 150 kg.
  • 49. bagre Pangas ou pango (Pangasius pangasius). Orixinario do sur de Asia. Pode medir ata 30 cm. Críase como alimento
  • 50. Tiburón iridiscente, tiburón siamés ou peixe gato sutchi (Pangasius sutchi). Vive en ríos e arrozais de Tailandia. Pode medir máis de 1 m e pesar ata 40 kg.
  • 51. siluro, peixe gato (Clarias anguillaris). Orixinario de África. Pode medir ata 1 m.
  • 52. Bagre ou peixe gato de Filipinas (Clarias batrachus). Nativo do surleste asiático. Pode medir máis de 40 cm de lonxitude. Hai unha variedade albina que se cría como peixe de acuario.
  • 53. Peixe gato chinés ou bagre de Hong Kong (Clarias fuscus). Nativo do surleste asiático. Pode medir ata 1 m e pesar máis de 20 kg.
  • 54. Clarias gariepinus. Orixinario de África e Oriente Medio e introducido en varios países de Europa. Pode chegar a 1,70 m e a 60 kg de peso.
  • 55. (Clarias macrocephalus). Nativo do surleste de Asia. Pode medir ata 1,20 m
  • 56. Heterobranchus bidorsalis. Orixinario do Nilo e ríos de África Central. Pode medir ata 1,50 m e pesar 30 kg.
  • 57. Vundu (Heterobranchus longifilis). eOrixinario de África Central . pode medir ata 1,50 m de lonxitude e pesar 55 kg.
  • 58. Bagre sudaméricano (Rhamdia sapo). Vive nos ríos da cunca da Plata. Pode medir máis de 80 cm.
  • 59. Tamuatá, atipa, kwi kwi, cascadura, busco ou currito (Hoplosternum littorale). Orixinario de Sudamérica. Pode acadar os 24 cm de lonxitude.
  • 60. Lucio europeo (Esox lucius). es una especie de actinopterigio esociforme esócido predador. Mide entre 50 cm e 1 m e pesar ata 20 kg. pode vivir ata 30 anos.
  • 61. Ayu, peixe doce ou peixe dun ano (Plecoglossus altivelis). Vive en ríos, lagos e augas costeiras entre Xapón, Corea, China e Taiwán. Pode medir ata 25 cm.
  • 62. corégono blanco (Coregonus albula). Vive en lagos e ríos do norte de Europa, e en algúns lagos de Escocia e de Inglaterra. Pode medir ata 45 cm e pesar algo menos de 1 kg. Viven como máximo uns 10 anos.
  • 63. farra ou lavareto (Coregonus lavaretus). Vive principalmente en lagos alpinos. Pode medir ata 50 cm e acadar os 2 kg.
  • 64. salmón rosado (Oncorhynchus gorbuscha). Vive nas costas do océano Ártico e a costa norte do océano Pacífico desde o norte de China ata o sur de California. Pode medir ata 70 cm.
  • 65. keta ou salmón chum (Oncorhynchus keta). Vive na costa norte do océano Pacífico, desde Corea, e Xapón, ata California. A lonxitude máxima está preto de 1 m.
  • 66. salmón do Pacífico, salmón coho ou salmón plateado (Oncorhynchus kisutch). Vive nas costas do Pacifico Norte, desde Xapón a California. Durante a etapa oceánica, ten lados plateados e lombo azul escuro. Cando remonta os ríos, ten a pel vermella e o lombo escuro. Mide de media preto de 1 m e pode pesar entre 3 e 5 kg.
  • 67. Salmón masu ou salmón cereixa (Oncorhynchus masou). Vive na costa asíática do Océano Pacífico. Mide, de media, arredor de 50 cm de lonxitude e pesa entre 2 e 2,5 kg.
  • 68. troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss). É nativa do norte do océano Pacífico, desde Xapón á Baixa California, en México. Mide ata 60 cm.
  • 69. salmón vermello (Oncorhynchus nerka). Atópase na costa norte del océano Pacífico, desde Xapón Ata California. Mide ata uns 45 cm de media.
  • 70. salmón real, chinuc ou chinook, chavicha, en ruso,( Oncorhynchus tshawytscha). Vive nas áreas costeiras do océano Pacífico, entre California e Xapón. Escaso. Mide entre 84 e 147 cm de lonxitude e pesa entre 25 e 60 kg.
  • 71. salmón común ou salmón do Atlántico (Salmo salar). Atópase en todo Atlántico norte, tanto na costa leste de Norteamérica como na costa de Europa, incluído parte do océano Ártico, o mar Báltico, o mar Mediterráneo e o mar Negro. Pode acadar os 150 cm de lonxitude máxima.
  • 72. troita común, troita marrón (Salmo trutta). Ríos de Europa. Pode chegar a pesar ata 14 kg.
  • 73. Salvelino, troita alpina ou troita ártica (Salvelinus alpinus), orixinario dos lagos alpinos e augas costeiras das rexións árticas e subárticas. E o peixe de auga doce que vive máis ao norte. Pode medir máis de 1 m e pesar ata 15 kg. vive ata uns 40 anos.
  • 74. troita de manantial o troita de regato (Salvelinus fontinalis). É orixinaria de Norteamérica. Chega a pesar 4 kg. ten a carne encarnada.
  • 75. troita de lago (Salvelinus namaycush). Nativa dos Estados Unidos. Pode medir ata 150 cm, pesar máis de 30 kg e vivir ata 50 anos
  • 76. bacallao común, bacallao do Atlántico ou bacallao de Noruega (Gadus morhua). Vive en mares fríos do Atlántico norte. O normal é que sexa pequeno menos de 70 cm aínda que aparecen, cada vez menos, exemplares de case 2 m de longo e ata 100 kg de peso.
  • 77. pejerrey, cauque, matungo (Odontesthes bonariensis). Vive en augas costeiras e nos ríos do sur de Brasil, Uruguay e norte da Arxentina. Miden arredor de 40 cm e pesan uns 800 gr, aínda que hai exemplares de 60 cm de longo e 3 kg de peso.
  • 78. anguía de pantano, anguía do arroz ou anguía de arrozal (Monopterus albus). Arrozais e pantanos do surleste asiático. Mide de 25 a 40 cm.
  • 79. robalo común ou robalo blanco (Centropomus undecimalis). Atópase no mar Caribe, o Golfo de México e a costa oeste do océano Atlántico desde Florida a Brasil. Mide arredor de 50 cm.
  • 80. barramundi (Lates calcarifer). Vive entre Nova Guiné e o leste de Australia. Pode medir ata 2 metros e chegar a pesar 60 kg, o máis habitual e que pesen entre 5 e 6 kg.
  • 81. Perca do Nilo (Lates niloticus). É orixinaria de Etiopía e pode acadar os 2 m de lonxitude.
  • 82. bacalao de Murray, bacalao, Greenfish ou goodoo (Maccullochella peelii). É o peixe de auga doce máis grande de Australia. Pode medir máis de 1,5 m e pesar máis de 100 kg. e habitual que teñan entre 80 e 100 cm.
  • 83. Perca dourada (Macquaria ambigua). Nativo de Australia. Nos ríos mide entre 30 e 40 cm e pesa de 1 a 2 kg, nos encoros medra máis e pode superar os 10 kg.
  • 84. lubina rayada atlántica (Morone saxatilis). Nativo da costa atlántica de América do Norte, desde Florida ata o esteiro do río San Lorenzo. Pode medir 150 cm e pesar entre 25 e 35 kg. Vive uns 25 anos.
  • 85. Robaliza, robalo, lubina (Dicentrarchus labrax). Vive no Atlántico, desde Senegal a Noruega, e no Mediterráneo. Pode medir máis de 1 m e pesar ata 12 kg.
  • 86. Mero de hong kong (Epinephelus akaara). Atópase ao sur da China, Taiwán, mar da China Meridional e sur do Xapón. Os machos poden acadar os 53 cm de lonxitude.
  • 87. Epinephelus areolatus. Vive desde o mar Vermello e o Golfo Pérsico ata Sudáfrica e o norte de Australia. Os machos poden chegar aos 47 cm de lonxitude e a pesar 4 kg.
  • 88. Epinephelus tauvina . Vive desde o mar Vermello ata Sudáfrica Australia e Xapón. Os machos poden chegar aos 75 cm de lonxitude total.
  • 89. Mero con pintas (Plectropomus maculatus). Vive no Pacífico occidental tropical. Pode medir máis de 70 cm.
  • 90. Perca plata (Bidyanus bidyanus). Vive no sistema fluvial do surleste de Australia. Pode medir ata 40 cm e pesar 8 kg, máis habitualmente uns 30 cm e 1,5 kgde peso.
  • 91. lubina negra, haro, perca americana, black bass ou lobina negra (Micropterus salmoides ). De orixe norteamericana. Según a subespecie pode medir entre 30 e 80 cm.
  • 92. perca ou perca de río (Perca fluviatilis). Vive en ríos e lagos de casi toda Europa central e occidental. Pode medir ata 50 cm e pesar máis de 4 kg.
  • 93. Zander ou lucio-perca (Stizostedion lucioperca.) É nativo do oeste de Eurasia. Pode chegar a 20 kg.
  • 94. anxova ou anchova, chopper azul, anchoa, xastre en Australia, lufar en ruso, sábalo ou elfo en Sudáfrica (Pomatomus saltatrix). Vive en augas temperadas de todo o mundo agás no Pacífico norte. Pode chegar aos 9 kg.
  • 95. peixe limón, seriola, medregal coroado, ou lecha (Seriola dumerili). Atópase en mares temperados de todo o mundo. Pode medir ata 1,60 m de longo e pesar 60 kg.
  • 96. Medregal xaponés (Seriola quinqueradiata). Atópase entre o Xapón, Corea e as illas de Hawaii. Pode medir ata 1,50 m de longo e pesar ata 40 kg.
  • 97. Trachinotus blochii. Vive no océano Índico e mares próximos. Pode medir ata máis de 1 m de longo.
  • 98. Pampo, pompano de Florida (Trachinotus carolinus). Vive no Atlántico occidental, desde Massachusetts ata o Brasil, incluíndo o Golfo de México. Pode medir maís de 60 cm de lonxitude e pesar uns 5 kg.
  • 99. pámpano listado, palometa ou palomilla (Trachinotus goodei). Atópase desde Massachusetts, o Golfo de México ata a Argentina. Pode medir ata 50 cm e pesar entre 300 e 600 gr.
  • 100. Xurelo xaponés (Trachurus japonicus). Vive entre Corea, Xapón e China. Pode medir ata 50 cm.
  • 101. pargo dos manglares ou pargo de rabo amarelo (Lutjanus argentimaculatus). Vive nos arrecifes de coral do océano Índico e chega a Samoa. Pode medir ata 1,5 m de longo.
  • 102. Ocyurus chrysurus Atópase no Atlántico, entre Estados Unidos e o Brasil e no Caribe. Pode medir máis de 80 cm.
  • 103. Dourada escura (Acanthopagrus schlegelii). Atópase no Pacífico entre Corea, Xapón, China e Taiwán. Pode medir ata 50 cm e pesar 3 kg.
  • 104. sargo común (Diplodus sargus sargus). Atópase por toda la costa este del océano Atlántico, ata Sudáfrica, polo mar Mediterráneo e o mar Negro. Pode medir ata 45 cm e pesar, como moito, 2 kg.
  • 105. dourada carmesí (Evynnis japonica). Vive no Pacífico entre Corea, China e o Xapón. Mide ata 45 cm.
  • 106. dourada do Xapón ou pargo xaponés (Pagrus major). Atópase no Pacífico entre o mar de China e o Xapón. Pode medir ata 1 m de longo.
  • 107. Ollomol, besugo, pargo, rubiel, mazote, bocinegro ou andres (Pagrus pagrus). Habita no Atlántico, desde as illas Británicas ata o sur da Arxentina. Oode medir ata 95 cm de longo e pesar ata 8 kg.
  • 108. Rhabdosargus sarba. Vive no océano Índico e mares próximos. Pode medir ata 80 cm.
  • 109. dourada (Sparus aurata). Vive no océano Atlántico, desde as Illas Británicas a Cabo Verde, e no Mediterráneo. Acada ata 1 m de lonxitude e pode pesar entre 5 e 7 kg.
  • 110. Tambor vermello (Sciaenops ocellatus). Atópase na costa atlántica de Estados Unidos ata México. Pode medir ata 155 cm e pesar 45 kg.
  • 111. Aequidens rivulatus. Atópase en Sudamérica: desde Ecuador a Perú. Pode medir ata 20 cm.
  • 112. cíclido cinturón negro (Cichlasoma maculicauda) Atópase desde o sur de México ata Panamá. Pode acadar os 30 cm de lonxitude total.
  • 113. cíclido jaguar, cíclido managuense ou managua, guapote tigre, cíclido azteca, guapote manchado e guapote jaguar (Cichlasoma managuensis). Orixinario de América Central: desde Honduras a Costa Rica. Medra ata os 55 cm.
  • 114. Cichlasoma urophthalmus. Orixinaria de América Central: vertente atlántica desde México a Nicaragua. Pode medir case 40 cm de longo.
  • 115. Etroplus suratensis. Orixinaria da India e Sri Lanka. Pode acadar os 40 cm de longo.
  • 116. Oreochromis andersonii. Orixinaria de África: río Okavango, Angola e río Zambeze. Pode superar os 60 cm de lonxitude.
  • 117. Tilapia azul Oreochromis aureus. Orixinaria de África: ríos Nilo, Chad, Níxer e Senegal, e val do Xordán. Pode chegar aos 45 cm de longo
  • 118. Oreochromis macrochir. Orixinaria de África: ríos Zambeze y Congo. Pode medir máis de 40 cm de lonxitude total.
  • 119. Tilapia de Mozambique Oreochromis mossambicus. Vive en África: ríos Limpopo e Zambeze. Pode acadar os 40 cm de lonxitude.
  • 120. tilapia do Nilo (Oreochromis niloticus). Vive en África río Nilo, lago Chad y ríos Níger y Senegal e ríos costeiros de Israel. Poden acadar os 60 cm.
  • 121. Tilapia sabaki (Oreochromis spilurus). Vive nos ríos costeiros de Kenia. Pode medir ata 20 cm.
  • 122. tilapia Wami (Oreochromis urolepis). Atópase de Tanzania e Zanzíbar. Pode medir ata 20 cm.
  • 123. tilapia (Sarotherodon melanotheron). Orixinaria dos esteiros e lagoas salobres do oeste de África, desde Mauritania ata Angola. Pode medir ata 28 cm.
  • 124. Tilapia guineensis. Vive nos ríos do trópico sur de África. Pode medir ata 30 cm.
  • 125. Tilapia rendalli. Vive en ríos do centro de África. Pode acadar os 45 cm de lonxitude.
  • 126. Tilapia zillii. Vive no río Nilo e ríos do centro de África. Pode medir ata 40 cm.
  • 127. Muxe, lisa dourada, galupe, alise, dabeta, ilisa, lizarda ou mule (Liza aurata). Atópase distribuido pola costa norleste do océano Atlántico, mar del Norte ata o norte de Noruega, mar Mediterráneo e mar Negro, é máis raro no mar Báltico. Mide, de media uns 30 cm, aínda que se atopan moitos exemplares máis grandes.
  • 128. Liza macrolepis. Atópase en zonas costeiras pouco profundas da rexión Indo-Pacífica, incluidos os esteiros. Pode chegar aos 60 cm de longo
  • 129. Liza parsia Atópase nas costas do Océano Índico. Pode chegar aos 20 cm de lonxitude total.
  • 130. Muxe, morragute, capitón, galupe, ilisa aguda, ilisa calua negra, lisa, lizarra, mujol, mule, muxo, sama o yama (Liza ramada). Atópase pola costa norleste do océano Atlántico, no mar do Norte, o mar Mediterráneo, mar Negro y mar Báltico. Mide de media uns 35 cm pero captúranse exemplares moito máis grandes.
  • 131. galúa, ilisa, fusan ou galvá (Liza saliens). Atópase pola costa leste do Atlántico, desde Marrocos ata Francia, o Mediterráneo e o mar Negro. A lonxitude máxima normal é duns 30 cm.
  • 132. Muxe da pedra (Liza tade). Vive no Indo-Pacífico. Pode medir ata 60 cm.
  • 133. Muxe, pardete, mújol, múgil, mugle, llisa, muble, lisa, liza, albur, cabezudo, capitón ou corcón (Mugil cephalus). Atópase nas augas costeiras temperadas e cálidas no Atlántico oriental, desde o golfo de Biscaia a Sudáfrica, no Atlántico occidental, desde Canadá ao Brasil, e no Pacífico oriental, desde California a Chile. Mide entre 30 e 80 cm.
  • 134. Muxe, lisa blanca, lisa criolla, anchoa blanca, anchoveta, capitón, chango, galupe, jarea, lebrancha, lebranche, lisa plateada, liseta, liseta plateada ou plateado (Mugil curema). Atópase nas costas do Atlántico: de España a Namibia, polo leste, e por toda a costa americana, polo oeste, e na costa do Pacífico de Chile a California. mide de media uns 30 cm, aínda que se citan exemplares moito máis grandes.
  • 135. lebranche, lisa de agua dulce, lisa macho, soco ou tainha (Mugil liza). Vive na costa atlántica de América: de Estados Unidos á Arxentina. Mide uns 40 cm, aínda que se pescan exemplares máis grandes.
  • 136. Chame, chalaco, comote, porroco, durmiñón (Dormitator latifrons). Vive en América Central. Pode medir ata 60 cm.
  • 137. gobio mármol (Oxyeleotris marmorata). Vive no río Mekong e outros próximos, en Malasia, Indochina, Filipinas e Indonesia. É o gobio máis grande, pode medir ata 65 cm de lonxitude.
  • 138. Sigano, chafi safi, lambai (Siganus canaliculatus). Vive na rexión Indo Pacífica. Mide ata 30 cm.
  • 139. Peixe coello (Siganus guttatus). Vive no Océano Índico oriental. Pode medir ata 42 cm de lonxitude.
  • 140. Peixe coello (Siganus rivulatus). Vive no Indico occidental, Mediterráneo oriental e mar Negro. Mide ata 30 cm.
  • 141. Thunnus maccoyii. Se encuentra en el Atlántico, en el Índico y en el Pacífico. Os machos poden chegar aos 245 cm de lonxitude total e a pesar 260 kg.
  • 142. atún azul ou común (Thunnus thynnus). É nativo do Atlántico, tanto oriental como occidental, e do Mar Mediterráneo. Moitos exemplares superan os 150 kg.
  • 143. Anabas testudineus. Vive en ríos e áreas encharcadas do surleste de Asia. Pode medrar ata os 30 cm de lonxitude.
  • 144. Gurami de pel de serpe (Trichogaster pectoral). Vive en lagos de indonesia, Tailandia e a Península Malaca. Pode medir ata 20 cm.
  • 145. Gurami bicador ou kisser (Helostoma temminckii). É nativo do surleste de Asia: Tailandia, Borneo, Sumatra, Java. Pode medir entre 25 e 30 cm.
  • 146. gourami xigante, gourami de bandas, gourami arco iris, ou gourami de raias (Osphronemus goramy). É nativo de Indochina, Malasia, Indonesia e a India. Pode medir ata 70 cm.
  • 147. Cabeza de serpe do norte (Channa argus). Orixinario de China e Corea. Pode medir ata 1 m e pesar uns 7 kg.
  • 148. Cabeza de Serpe xigante (Channa micropeltes). Atópase no surleste asiático e en parte da India. Pode medir máis de 1 m de longo e pesar máis de 20 kg.
  • 149. Cabeza de serpe verde (Channa punctatus). Vive en augas estancadas do sur de Asia . Pode medir ata 30 cm.
  • 150. Murrel cabeza de serpe, cabeza de serpe común ou cabeza de serpe raiado (Channa striata). Nativo do sur e do surleste de Asia. Pode chegar a 1 m de longo.
  • 151. rodaballo (Psetta maxima). Atópase no Atlántico, no Mediterráneo, no Cantábrico, no mar do Norte e no Báltico. Pode medir ata 1 m e pesar uns 12 kg.
  • 152. Solla oliva, solla coreana, solla xaponesa ou lenguado bastardo (Paralichthys olivaceus). Orixinario do Pacífico noroeste: desde o Mar de Okhotsk, ao longo da costa xaponesa, ata o Mar de China Meridional. Pode acadar 1 m de longo e 10 kg de peso.
  • 153. lenguado común (Solea vulgaris) es un pez plano que puede ser encontrado en los mares de aguas templadas, pode chegar aos 60 cm e a pesar 3 kg.
  • 154. Agardo que a sorpresa, e o aproveitamento, foran tan grandes como os que eu tiven. As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta