SlideShare a Scribd company logo
1 of 37
crocodilianos
MonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
AS LIDEIRAS DE ROQUE
-Un caimán…
-Un crocodilo!
-Un caimán…
-Un crocodilo.
Escoitou Roque, ao pasar, porfiar a dous amigos.
E el que, ata o de aquela, pensaba que eran iguais,
para sacarse de dúbidas púxose a investigar.
E nas consultas e pesquisas. Logo de ver aquí e acolá.
Despois de dar varias voltas… mirade o que foi atopar.
Son un orden de grandes saurópsidos (reptiles) arcosaurios que
ocupan hábitats de auga doce (ríos, lagos, humedais…) e, en
ocasións, de auga salobre (marismas e esteiros) ou salgada, das
áreas tropicais e subtropicais do mundo.
crocodilios (Crocodilia).
Son os réptiles máis grandes da
actualidade (os machos sempre
son de maior tamaño e peso
que as femias). Teñen a pel
escamenta, dura e seca. Poden
vivir de 50 a 80 anos.
Aliméntanse de
vertebrados, sobre
todo, peixes e
mamíferos, pero
tamén de réptiles,
anfibios, e
invertebrados
(moluscos e
crustáceos).
A pesar de seren
grandes devoradores,
un crocodilo duns 2 m
pode vivir cunha
cantidade de carne
equivalente a dun
polo á semana.
Os crocodilos son ovíparos. As femias cavan un furado, no que poñen
os ovos, que logo tapan con herba e follas. Os ovos son incubados
pola temperatura do ambiente que tamén determina o sexo das
crías.
As femias de moitas especies vixían e coidan o niño durante o tempo que dura a
incubación (uns dous meses) e algunhas transportan ás crías ata a auga ao naceren
O orde inclúe os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e
os caimáns (familia Alligatoridae), e os gaviais (familia
Gavialidae); que se diferencian a simple vista pola forma da cabeza,
do fuciño e os dentes que se descubren na vista lateral da cabeza.
Crocodilo: cabeza
triangular co fuciño
estreito e agudo, polo
lado vense dentes
superiores e inferiores.
Caimán: cabeza triangular
co fuciño ancho e
redondeado, polo lado
non se ven dentes
inferiores.
Gavial: cabeza triangular
co fuciño longo e
estreito, polo lado vense
dentes superiores e
inferiores.
E xa metido na allada sigueu a investigar…
cantos eran e de onde?
E logo foinos buscar.
Os crocodilos do mundo
Nas súas idas e voltas. Nos traballos que pasou.
Con todas as viaxes que fixo… isto foi o que xuntou!
crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis). É o máis pequeno dos crocodilos. Mide entre 1
e 2 m. Vive nos ríos e pantanos dos países das ribeiras do Golfo de Guiné, no occidente
de África. É un animal solitario que se alimenta de pequenos animais cunha dieta que
inclúe mamíferos, anfibios e outros bechos acuáticos pequenos. Cázanse como alimento
e para aproveitárllela pel.
crocodrilo americano, crocodrilo narigudo, crocodrilo agulla ou caimán da costa
(Crocodylus acutus). Vive nas ribeiras dos países do Golfo de México e ao longo da costa do
Pacífico, desde México ata o Perú.
Pode medir ata 5 m e pesar máis de 500 kg. Nalgúns países atópase en perigo de extinción
por exceso de caza para aproveitárllela pel
crocodrilo de fuciño estreito africano (Crocodylus cataphractus). Atópase, en zonas de
vexetación densa, nos ríos, ata nas desembocaduras, das proximidades do Golfo de
Guiné, no oeste de África. Pode medir ata 4 m. Aliméntase principalmente de peixes,
anfibios e pequenos réptiles.
crocodrilo ou caimán do Orinoco (Crocodylus intermedius). É endémico da cunca do río
Orinoco, en Venezuela. Atópase maiormente nos ríos grandes e de augas turbas.
crocodrilo de Johnston (Crocodylus johnstoni) pode medir de 2 a 3 m de lonxitude. Vive en
ríos e humidais do norte de Australia. Aliméntase de peixes, anfibios, paxaros e pequenos
réptiles.
crocodilo filipino ou crocodilo de Mindoro (Crocodylus mindorensis). Endémico das
Filipinas. Atópase en perigo de extinción. Pode medir ata 2,5 m. Só se atopa en ríos e
pantanos de Mindanao e algunhas illas próximas. Crese que so hai entre 500 e 1.000 en
estado silvestre.
Crocodilo de Morelet ou Crocodilo mexicano (Crocodylus moreletii). Atópase en hábitats
de auga doce de zonas illadas de América Central e da costa do Golfo de México. Pode
medir ata 3 m de lonxitude
crocodrilo do Nilo (Crocodylus niloticus) Vive en lagos e ríos de auga doce de toda África ao
sur do Saharae na illa de Madagascar. Pode acadar os 6 m de longo e pesar máis de 700 kg.
crocodrilo de Nova Guiné (Crocodylus novaeguineae). Endémico da illa de Nova Guiné. De
hábitos nocturnos, vive nos humidais e nos lagos do interior da illa. Chega a medir ata 3,5 m.
crocodrilo das marismas, cocodrilo iraní, hindú ou persa (Crocodylus palustris).
Atópase case sempre en zonas de auga doce, lagos, ríos, e marismas de toda a India e
en áreas próximas dos países veciños. Pode medir máis de 3 m e pesar ata 400 kg.
crocodrilo mariño, crocodrilo de esteiro, crocodrilo poroso ou de mar (Crocodylus
porosus). É o crocodilo máis grande. Atópase en ríos, lagos, pantanos e esteiros próximos á
costa. do surleste de Asia e o norte de Australia. Pode medir de 6 a 7 m de lonxitude e
pesar entre 900 e 1.500 kg. É bo nadador e métese habitualmente no mar para alimentarse
ou migrar a outros lugares
crocodrilo cubano (Crocodylus rhombifer). Só se atopa no surleste de Cuba. Pode medir ata
3,5 m de lonxitude. É a especie co hábitat máis reducido e ten hábitos bastante terrestres.
crocodrilo siamés (Crocodylus siamensis). Atópase en ríos do surleste de Asia continental e
das illas de Borneo e Java. É unha especie moi ameazada polo exceso de caza, calcúlase que
só hai uns 5.000 en libertade. Non mide máis de 3 m de lonxitude.
crocodrilo africano occidental ou crocodrilo do deserto (Crocodylus suchus). Atópase na
maioría dos países do centro e do oeste de África.
aligátor chinés o aligátor do Iangtsé (Alligator sinensis).Vive nuns poucos ríos do leste de
China. Mide ata uns 2 m de longo. Só quedan uns 300 en estado silvestre, polo que se
considera en grave perigo de extinción.
aligátor americano ou caimán do Mississippi (Alligator mississippiensis). Vive nos ríos,
pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos. Mide ata 5 m de lonxitude e pode pesar
máis de 400 kg.
caimán de Cuvier, caimán anano ou iacaré anano (Paleosuchus palpebrosus). Atópase en
ríos coas beiras cubertas de vexetación das áreas tropicais e subtropicais de América do Sur.
E o crocodilo máis pequeño. Os machos apenas pasan de 1,5 m de lonxitude.
caimán postruso, cachirre ou dirin-dirin (Paleosuchus trigonatus). É un dos crocodrilos
máis pequenos, non pasa dos 2 m. Vive na cunca do Amazonas. Aliméntase de réptiles,
aves e pequenos mamíferos.
iacaré negro, llacaré, ou caimán de Paraguai (Caiman yacare). Vive nas zonas tropicais e
subropicais de Sudamérica, Uruguai, Paraguai, Bolivia, Brasil e Arxentina. Pode medir ata 3
m de lonxitude. Aliméntase de animais acuáticos.
caimán de anteollos, cachirre, babilla, blanco, guagipal ou baba (Caiman crocodilus). Vive
en ríos, pantanos e zonas húmidas do sur de México, Centroamérica e o noroeste de América
do Sur. Os máis grandes acadan os 2,5 m de lonxitude. Recoñécense varias subespecies.
iacaré overo (Caiman latirostris). Vive en zonas de vexetación densa das áreas pantanosas
e lacustres, de clima tropical, das cuncas dos ríos Amazonas, Paraguai e Paraná. Pode medir
ata 3 m de longo e pesar máis de 90 kg.
caimán negro ou caimán negro do Orinoco (Melanosuchus niger). É nativo da rexión
amazónica. É de cor escura case negra. Poden medir ata 6 m, polo que pode devorar animais
grandes que vivan preto da auga.
gavial (Gavialis gangeticus). Habita en zonas pantanosas do norte da India. Pode medir ata 6
m de longo. Atópase en perigo crítico de extinción, quedan menos de 200; desaparece pola
falta de peixes como consecuencia da pesca excesiva.
gavial malaio, falso gavial ou falso gavial malaio (Tomistoma schlegelii). Vive en pantanos
de auga doce e ríos de Malasia e Indonesia Occidental. Mide ata 4 m. Atópase gravemente
ameazado por perda do hábitat, pola caza para aproveitárllela pel e a carne, e pola colleita
dos ovos.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas.
Mon Daporta, 2017
E como non hai máis, que se saiba, nin sitios nos que buscar,
deu por rematada a leria e marchou a descansar.

More Related Content

What's hot

Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no marMonContos
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mariesasorey
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadoresMonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. MonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extincióniesasorey
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 

What's hot (20)

Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadores
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
A carriza
A carrizaA carriza
A carriza
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Os animais da selva
Os animais da selvaOs animais da selva
Os animais da selva
 
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑAECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
 

Similar to Cocodrilos p

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosiesasorey
 
Os sapoconchos II
Os sapoconchos IIOs sapoconchos II
Os sapoconchos IIMonContos
 
Os animais do deserto
Os animais do desertoOs animais do deserto
Os animais do desertoPaulaReySilva
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IIMonContos
 

Similar to Cocodrilos p (16)

Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
 
Os sapoconchos II
Os sapoconchos IIOs sapoconchos II
Os sapoconchos II
 
Os animais do deserto
Os animais do desertoOs animais do deserto
Os animais do deserto
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes III
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos II
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Cocodrilos p

  • 2. -Un caimán… -Un crocodilo! -Un caimán… -Un crocodilo. Escoitou Roque, ao pasar, porfiar a dous amigos.
  • 3. E el que, ata o de aquela, pensaba que eran iguais, para sacarse de dúbidas púxose a investigar.
  • 4. E nas consultas e pesquisas. Logo de ver aquí e acolá. Despois de dar varias voltas… mirade o que foi atopar.
  • 5. Son un orden de grandes saurópsidos (reptiles) arcosaurios que ocupan hábitats de auga doce (ríos, lagos, humedais…) e, en ocasións, de auga salobre (marismas e esteiros) ou salgada, das áreas tropicais e subtropicais do mundo. crocodilios (Crocodilia).
  • 6. Son os réptiles máis grandes da actualidade (os machos sempre son de maior tamaño e peso que as femias). Teñen a pel escamenta, dura e seca. Poden vivir de 50 a 80 anos.
  • 7. Aliméntanse de vertebrados, sobre todo, peixes e mamíferos, pero tamén de réptiles, anfibios, e invertebrados (moluscos e crustáceos). A pesar de seren grandes devoradores, un crocodilo duns 2 m pode vivir cunha cantidade de carne equivalente a dun polo á semana.
  • 8. Os crocodilos son ovíparos. As femias cavan un furado, no que poñen os ovos, que logo tapan con herba e follas. Os ovos son incubados pola temperatura do ambiente que tamén determina o sexo das crías. As femias de moitas especies vixían e coidan o niño durante o tempo que dura a incubación (uns dous meses) e algunhas transportan ás crías ata a auga ao naceren
  • 9. O orde inclúe os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e os caimáns (familia Alligatoridae), e os gaviais (familia Gavialidae); que se diferencian a simple vista pola forma da cabeza, do fuciño e os dentes que se descubren na vista lateral da cabeza. Crocodilo: cabeza triangular co fuciño estreito e agudo, polo lado vense dentes superiores e inferiores. Caimán: cabeza triangular co fuciño ancho e redondeado, polo lado non se ven dentes inferiores. Gavial: cabeza triangular co fuciño longo e estreito, polo lado vense dentes superiores e inferiores.
  • 10. E xa metido na allada sigueu a investigar… cantos eran e de onde?
  • 11. E logo foinos buscar.
  • 12. Os crocodilos do mundo Nas súas idas e voltas. Nos traballos que pasou. Con todas as viaxes que fixo… isto foi o que xuntou!
  • 13. crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis). É o máis pequeno dos crocodilos. Mide entre 1 e 2 m. Vive nos ríos e pantanos dos países das ribeiras do Golfo de Guiné, no occidente de África. É un animal solitario que se alimenta de pequenos animais cunha dieta que inclúe mamíferos, anfibios e outros bechos acuáticos pequenos. Cázanse como alimento e para aproveitárllela pel.
  • 14. crocodrilo americano, crocodrilo narigudo, crocodrilo agulla ou caimán da costa (Crocodylus acutus). Vive nas ribeiras dos países do Golfo de México e ao longo da costa do Pacífico, desde México ata o Perú. Pode medir ata 5 m e pesar máis de 500 kg. Nalgúns países atópase en perigo de extinción por exceso de caza para aproveitárllela pel
  • 15. crocodrilo de fuciño estreito africano (Crocodylus cataphractus). Atópase, en zonas de vexetación densa, nos ríos, ata nas desembocaduras, das proximidades do Golfo de Guiné, no oeste de África. Pode medir ata 4 m. Aliméntase principalmente de peixes, anfibios e pequenos réptiles.
  • 16. crocodrilo ou caimán do Orinoco (Crocodylus intermedius). É endémico da cunca do río Orinoco, en Venezuela. Atópase maiormente nos ríos grandes e de augas turbas.
  • 17. crocodrilo de Johnston (Crocodylus johnstoni) pode medir de 2 a 3 m de lonxitude. Vive en ríos e humidais do norte de Australia. Aliméntase de peixes, anfibios, paxaros e pequenos réptiles.
  • 18. crocodilo filipino ou crocodilo de Mindoro (Crocodylus mindorensis). Endémico das Filipinas. Atópase en perigo de extinción. Pode medir ata 2,5 m. Só se atopa en ríos e pantanos de Mindanao e algunhas illas próximas. Crese que so hai entre 500 e 1.000 en estado silvestre.
  • 19. Crocodilo de Morelet ou Crocodilo mexicano (Crocodylus moreletii). Atópase en hábitats de auga doce de zonas illadas de América Central e da costa do Golfo de México. Pode medir ata 3 m de lonxitude
  • 20. crocodrilo do Nilo (Crocodylus niloticus) Vive en lagos e ríos de auga doce de toda África ao sur do Saharae na illa de Madagascar. Pode acadar os 6 m de longo e pesar máis de 700 kg.
  • 21. crocodrilo de Nova Guiné (Crocodylus novaeguineae). Endémico da illa de Nova Guiné. De hábitos nocturnos, vive nos humidais e nos lagos do interior da illa. Chega a medir ata 3,5 m.
  • 22. crocodrilo das marismas, cocodrilo iraní, hindú ou persa (Crocodylus palustris). Atópase case sempre en zonas de auga doce, lagos, ríos, e marismas de toda a India e en áreas próximas dos países veciños. Pode medir máis de 3 m e pesar ata 400 kg.
  • 23. crocodrilo mariño, crocodrilo de esteiro, crocodrilo poroso ou de mar (Crocodylus porosus). É o crocodilo máis grande. Atópase en ríos, lagos, pantanos e esteiros próximos á costa. do surleste de Asia e o norte de Australia. Pode medir de 6 a 7 m de lonxitude e pesar entre 900 e 1.500 kg. É bo nadador e métese habitualmente no mar para alimentarse ou migrar a outros lugares
  • 24. crocodrilo cubano (Crocodylus rhombifer). Só se atopa no surleste de Cuba. Pode medir ata 3,5 m de lonxitude. É a especie co hábitat máis reducido e ten hábitos bastante terrestres.
  • 25. crocodrilo siamés (Crocodylus siamensis). Atópase en ríos do surleste de Asia continental e das illas de Borneo e Java. É unha especie moi ameazada polo exceso de caza, calcúlase que só hai uns 5.000 en libertade. Non mide máis de 3 m de lonxitude.
  • 26. crocodrilo africano occidental ou crocodrilo do deserto (Crocodylus suchus). Atópase na maioría dos países do centro e do oeste de África.
  • 27. aligátor chinés o aligátor do Iangtsé (Alligator sinensis).Vive nuns poucos ríos do leste de China. Mide ata uns 2 m de longo. Só quedan uns 300 en estado silvestre, polo que se considera en grave perigo de extinción.
  • 28. aligátor americano ou caimán do Mississippi (Alligator mississippiensis). Vive nos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos. Mide ata 5 m de lonxitude e pode pesar máis de 400 kg.
  • 29. caimán de Cuvier, caimán anano ou iacaré anano (Paleosuchus palpebrosus). Atópase en ríos coas beiras cubertas de vexetación das áreas tropicais e subtropicais de América do Sur. E o crocodilo máis pequeño. Os machos apenas pasan de 1,5 m de lonxitude.
  • 30. caimán postruso, cachirre ou dirin-dirin (Paleosuchus trigonatus). É un dos crocodrilos máis pequenos, non pasa dos 2 m. Vive na cunca do Amazonas. Aliméntase de réptiles, aves e pequenos mamíferos.
  • 31. iacaré negro, llacaré, ou caimán de Paraguai (Caiman yacare). Vive nas zonas tropicais e subropicais de Sudamérica, Uruguai, Paraguai, Bolivia, Brasil e Arxentina. Pode medir ata 3 m de lonxitude. Aliméntase de animais acuáticos.
  • 32. caimán de anteollos, cachirre, babilla, blanco, guagipal ou baba (Caiman crocodilus). Vive en ríos, pantanos e zonas húmidas do sur de México, Centroamérica e o noroeste de América do Sur. Os máis grandes acadan os 2,5 m de lonxitude. Recoñécense varias subespecies.
  • 33. iacaré overo (Caiman latirostris). Vive en zonas de vexetación densa das áreas pantanosas e lacustres, de clima tropical, das cuncas dos ríos Amazonas, Paraguai e Paraná. Pode medir ata 3 m de longo e pesar máis de 90 kg.
  • 34. caimán negro ou caimán negro do Orinoco (Melanosuchus niger). É nativo da rexión amazónica. É de cor escura case negra. Poden medir ata 6 m, polo que pode devorar animais grandes que vivan preto da auga.
  • 35. gavial (Gavialis gangeticus). Habita en zonas pantanosas do norte da India. Pode medir ata 6 m de longo. Atópase en perigo crítico de extinción, quedan menos de 200; desaparece pola falta de peixes como consecuencia da pesca excesiva.
  • 36. gavial malaio, falso gavial ou falso gavial malaio (Tomistoma schlegelii). Vive en pantanos de auga doce e ríos de Malasia e Indonesia Occidental. Mide ata 4 m. Atópase gravemente ameazado por perda do hábitat, pola caza para aproveitárllela pel e a carne, e pola colleita dos ovos.
  • 37. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta, 2017 E como non hai máis, que se saiba, nin sitios nos que buscar, deu por rematada a leria e marchou a descansar.