SlideShare a Scribd company logo
1 of 57
XEOGRAFÍA DE ESPAÑA               Eva
     2º BACH          www.aulasabertas.blogspot.com
 Que   actividades inclúe o sector primario?

 Inclúe as actividades agrarias (agricultura e
  gandaría) e outras ligadas á extracción de
  recursos naturais, como por exemplo a pesca
  e a explota forestal.
 Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca.
CLIMA

     RELEVO

      SOLO



PARCELAS     CULTIVO   POBOAMENTO
           POLICULTIVO
          MONOCULTIVO ESPALLADO
OPENFIELD    REGADÍO   CONCENTRADO
 BOCAGE      SECAÑO
            INTENSIVA
            EXTENSIVA
Openfield            Bocage




límites   leiras abertas       parcelas cerradas
tamaño    de pouca extensión   relativamente grandes
forma     e formas regulares   e irregulares
Segundo a      • POLICULTIVO: cultívanse especies
                   distintas.
 variedade do    • MONOCULTIVO: especializase nun só
    cultivo        produto.



  Segundo as     • REGADÍO: precisa de auga que obtén
                   do subsoló ou de encoros.
necesidades de   • SECAÑO: en principio só se
     auga          abastecen da auga da chuvia.



  Segundo o      • INTENSIVA: gran productividade no
                   mínimo espazo posible.
aproveitamento   • EXTENSIVA: baixos rendementos en
    do solo        relación o gran tamaño das parcelas.
   Técnica de cultivo de especies acuáticas,
    vexetais e animais, en ambientes físicos
    controlados, co obxectivo de manter as
    condicións que estas especies atopan no
    seu medio natural.


   Cultivo de peixes, moluscos e crustáceos
    en piscifactorias ou bateas flotantes.


   As principais especies de peixes son a
    dourada, rodaballo e robaliza no caso da
    acuicultura mariña, xunto á troita no caso
    da acuicultura continental.


   O volume de produción máis alto
    corresponde ao cultivo de mexillón nas
                                                 Vista aérea de la piscifactoría de Stolt Sea Farm
    Rías Baixas galegas.                         en cabo Vilán, Camariñas. // Víctor Echave
   A agricultura ecolóxica prescinde de utilizar
    produtos químicos (fertilizante
    insecticidas, sementes modificadas etc.) para
    aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou
    limita o uso de fármacos nas explotacións
    gandeiras. Iso supón apostar por unha menor
    produtividade, a cambio de produtos máis
    saudables e un maior respecto as condicións
    ambientais de cada área.
   Dende o seu recoñecemento oficial en 1989 e a
    creación de etiquetas para os produtos
    ecolóxicos, houbo un progresivo aumento da
    produción ecoilóxica. hoxe conta con axudas
    específicas dentro da PAC.
   A primeira comunidade española produtora é
    Andalucía (máis dun terzo dos produción)
    seguida por Estremadura (18%) e Cataluña (8%).
   La agricultura ecológica es un
    sistema de producción agraria y
    ganadera que proporciona alimentos
    de la máxima calidad a través de las
    técnicas más respetuosas con el
    medio ambiente. Este método de
    producción prescinde de la
    utilización de sustancias
    químicas, como
    pesticidas, fertilizantes de síntesis y
    aditivos, con el objetivo obtener
    alimentos naturales, saludables y
    con todas sus propiedades nutritivas
    y a la vez minimizar los efectos
    negativos sobre el medio ambiente
 Certificación
              de calidade que
 se outorga a produtos dun
 determinado territorio do que
 toman o seu nome, que
 asegura certas características
 comúns que todos deben
 cumprir.

 Resultacada vez máis
 frecuente en produtos agrarios
 (vinos, aceites, carnes,
 legumes, queixos, doces etc.).
DO e IX
Distinción especial
que se lles concede
a produtos que
acadan un elevado
nivel de calidade,
tanto polas materias
primas utilizadas,
como polo seu
proceso de
elaboración
 Proceso de redución do
  emprego agrario, ante o maior
  dinamismo doutras actividades
  e a mecanización das tarefas
  do campo.
 Asociado ao proceso de
  industrialización e ao éxodo
  rural, a desagrarización en
  España comezou nos anos 60.
 Por primeira vez, no censo de
  1970, os ocupados no sector
  primario (29%) foron
  superados, tanto polos da
  industria (37%) coma polos dos
  servizos (34%).
O proceso de desagrarización foi máis
intenso naqueles territorios que coñeceron
un maior desenvolvemento
industrial, contan con grandes cidades, ou
presentan un forte crecemento do turismo
nas últimas décadas. Iso explica que en
Madrid, o País Vasco, así como en boa parte
de Cataluña e os dous arquipélagos, a
porcentaxe de poboación agraria non supere
o 2% do total de ocupados.
En cambio, os valores máis altos de
ocupación en actividades agrarias
corresponden as provincias do interior
peninsular, en especial as que bordean a
fronteira con Portugal ou corresponden a
áreas montañosas e menos accesibles. No
litoral, tan so as provincias de
Murcia, Almería e Huelva presentan tamén
porcentaxes de poboación agraria superiores
ao 8%, debido á expansión da agricultura
intensiva baixo plástico.
En todas as provincias, os traballadores
agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte
dos seus produtos son a base da industria
agroalimentaria e tamén contribúen a
preservar algúns produtos de calidade
vinculados a territorios concretos.
 Trata de sacar a maior
  produtividade no mínimo espazo
  posible. Este tipo de explotacións
  practicase en lugares moi poboados
  onde o terreo é escaso. Precisa de
  cuantiosos investimentos e
  tecnoloxía avanzada. Utilízanse
  fertilizantes e sementes
  selecionadas.
 Produtos de agricultura intensiva
  en España son a froita e a verdura.
 Avicultura  e gando porcino
    (gando estabulado)
   Política da Unión Europea dirixida á promoción do sector agrario. A
    PAC xestiona, a través do Fondo Europeo de Orientación e Garantía
    Agraria (FEOGA), as subvenciones que se lle dan á producción agrícola
    na Unión Europea Así mesmo, intenta ofrecerlles aos consumidores
    produtos alimentarios ao máis baixo prezo posible, ao tempo que trata
    de conseguir certo autoabastecemento dentro da UE.
   Unha das medidas tomadas pola PAC foi esixencia de redución de
    superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou
    especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como
    ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
   Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas
    e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite etc.), con subvencións
    aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de
    gando coas que contan.
   Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para
    algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non
    consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
   Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total
    cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e a
    gandaría ecolóxicas.
   Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
    agricultores.
   Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva
    especialización agraria de certas comarcas e favoreza empregos alternativos
    para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria etc.),
   Axudas especiáis para áreas de montaña e zonas desfavorecidas
   A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) consiste nun conxunto de
    regras e mecanismos que abarcan as actividades de explotación de
    peixes, crustáceos e moluscos, incluíndo a acuicultura, así como o
    seu procesamento e comercialización.

   Os obxectivos do PCP son :
    ― Aumentar a produtividade, fomentando o progreso técnico e
      asegurando o desenvolvemento racional da produción pesqueira e
      a utilización óptima dos factores de produción, en particular da
      man de obra.
    ― Garantir un nivel de vida equitativo para a poboación de peixes,
      especialmente mediante o aumento da renda individual dos que
      traballan na pesca.
    ― Estabilizar os mercados.
    ― Garantir ao consumidor suministros a prezos razoables.
   Coidado e explotación dos bosques.
    Os principais produtos que se
    obteñen da explotación forestal son
    a madeira, a cortiza, a resina, os
    piñóns, as bagas, os froitos
    silvestres e os cogomelos. Destaca
    ademais o uso cinexético das zonas
    forestais.

   A explotación forestal en España
    realízase principalmente nos
    bosques atlánticos e do norte
    situados no Macizo Galaico, na
    Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos,
    no Sistema Central e nos Montes de
    Toledo.
   Produtos que se obteñen a
    partir da manipulación
    xenética das sementes. Esta
    manipulación permite obter
    plantas coas características
    desexadas (por exemplo, de
    cor ou tamaño) e que sexan
    máis resistentes a certas
    pragas ou enfermidades ou ben
    a determinadas condicións
    adversas como as secas.
   No 2011 en España aumentou o
    cultivo de maíz transxénico.
    Comunidades nas que cultivan
    millo transxénico son Aragón e
    Cataluña
TRANSXÉNICOS
   PRODUTO INTERIOR BRUTO: corresponde á produción total de bens e
    servizos xerados nun país ao longo dun ano. Adoita utilizarse como
    indicador da potencia económica dos Estados.

   MINIFUNDIO: Explotación de pequenas dimensións (menos de 10
    ha), que predominan na metade Norte da Península e nos dous
    arquipélagos. Son propios dunha economía de autoconsumo.

   EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: explotación agraria na que a produción é
    elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie
    utilizada, que debe ter grandes dimensións.

    GLOBALIZACIÓN: proceso de carácter
    económico, social, cultural, político etc., que supón unha compresión
    do espazo e do tempo, e a eliminación á libre circulación dos factores
    de produción, das ideas, das persoas e, sobre todo, dos capitais e os
    movementos financeiros.
   CULTIVO FORRAXEIRO: tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino
    é a alimentación do gando.

   ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que non
    aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa
    ilegalidade, e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos
    amplo da poboación segundo os países.

   AUGAS XURISDICIONAIS: espazo mariño sobre o que un estado exerce
    a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence
    a explotación dos seus recursos.

    FONDOS ESTRUTURAIS: fondos establecidos na Unión Europea co fin
    de lograr a cohesión,axudando ao desenvolvemento de rexións
    desfavorecidas e que abarcan diversos aspectos (axudas á
    agricultura, ás infraestruturas, a proxectos de desenvolvemento etc.)

   ROTACIÓN DE CULTIVOS: sistema de cultivo que consiste en alternar
    produtos diferentes e complementarios ao longo do ano ou de varios
    anos sobre unha mesma terra, co fin de rexenerala e facela descansar.
1)   OS USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN:
     TIPOS E FACTORES EXPLICATIVOS.
2)   A ESTRUTURA AGRARIA E AS SÚAS
     TRANSFORMACIÓNS RECENTES (U.E.)
3)   O DESENVOLVEMENTO DA GANDERÍA
     ESPAÑOLA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS.
4)   A EXPLOTACIÓN DOS BOSQUES.
5)   AS PAISAXES AGRARIAS:
     ATLÁNTICA, MEDITERRÁNEA, DE
     INTERIOR, CANARIA E DE MONTAÑA.
6)   A PESCA E OS ESPAZOS PESQUEIROS.
Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español
    destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes.
    A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.

   As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden
    algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).

   Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da
    superficie total).

   As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies
    caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32%
    da superficie total).

   Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas
    (que conste o 17% da superficie total).
2007
   Ocupadas por diferentes cultivos
   Comprenden algo máis de 16 millóns de
    hectáreas (34% da superficie total).
    Grandes cuncas e vales interiores, de relevo
    predominantemente chan ou ondulado (vales
    do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e
    Guadalquivir)
    Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e
    Guadix en Granada, Antequera en Málaga)
   Litoral mediterráneo.
   Escasas tanto nas rexións do norte
    peninsular, coma na áreas de montaña e o
    arquipélago canario. Neste último, as
    condicións climáticas topográficas ou a
    escasa fertilidade do solo dificultaron sempre
    a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o
    seu abandono recente debido aos seus
    escasos rendementos ou á competencia
    doutros usos.
   Ocupan uns 8 millóns de
    hectáreas (17% da superficie
    total)


   Destinados á produción de
    herba para alimento do gando


   Ocupan as áreas máis
    húmidas, topograficamente
    accidentadas ou con solos de
    pouca calidade para o cultivo


   Pódense distinguir tres tipos
    de situacións: as pradarías
    permanentes, os pastos
    estacionais e os pastos de
    altura
   AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o
    uso máis característico do solo nas rexións
    de clima oceánico próximas ao litoral
    cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e
    están asociadas a unha importante
    gandaría vacúa.

   No oeste da Península Ibérica predominan
    os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos
    períodos chuviosos, pero que secan no
    verán; isto permitiu manter unha gandaría
    máis diversificada (bovina, ovina e
    porcina) e de carácter extensivo.

   Nos cumes das principais cordilleiras, onde
    desaparece o bosque polas baixas
    temperaturas e a pobreza dos solos,
    aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados
    tradicionalmente por unha gandaría
    transhumante -principalmente ovina- que
    se traslada a eles no verán desde as terras
    máis baixas e cálidas.
 Bosques de especies caducifolias ou perennifolias
 Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).
 A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como
  nas principais cadeas montañosas da Península e os
  arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas
  pola acción humana.
 Permiten a explotación da madeira e doutros produtos
  complementarios (cortiza, froitos), así como a súa
  utilización para a caza.
   Suman outros 8,4 millóns de
    hectáreas (que constitúe o 17%
    da superficie total)

   Terreos ermos improdutivos

   Áreas urbanizadas

   Áreas ocupadas por
    infraestruturas (como son
    aeroportos, portos, estradas, fer
    rocarrís)

   Espazos hídricos de auga doce e
    non mariños (lagos, ríos e
    encoros)
   O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de
    grandes conxuntos.

   Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas
    montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos
    forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras
    labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa
    parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que
    está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade:
    grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes
    públicos en moitas áreas de montaña ou pequeñas explotacións
    gandeiras nas rexións do Cantábrico.

   En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo,
    Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de
    menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están
    ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con
    escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas
    áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan
    as terras baldías ou ermas.
En España distínguense tres dominios:
 O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa
  presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e
  oeste peninsular, degradándose cara ao interior.
 O dominio mediterráneo, localizado no resto da
  Península e as illas Baleares. Caracterízase pola
  existencia dunha estación seca no verán, e mostra un
  predominio de terras labradas.
 O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na
  aridez o principal factor limitante para os cultivos e o
  bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos
  alisios.
Outra divisoria é a existente entre
    áreas montañosas e chairas.

   Nas áreas montañosas, as
    condicións especiais de elevada
    altitude e pendente, solos pouco
    profundos e descenso térmico
    favorecen un uso do solo para
    pastos e bosques.

   En cambio, nas chairas, a
    ocupación humana foi
    historicamente máis intensa, polo
    que predominan as terras
    cultivadas. Exceptúanse as
    penechairas occidentais, onde os
    solos son de pouca calidade, o que
    explica o seu uso para pastos e non
    para cultivos.
   Na economía de subsistencia,
    cultivos, pastos e bosque
    complementábanse, poñéndose en
    uso a maior superficie de terra posible
    para asegurar a alimentación da
    poboación.

   O desenvolvemento da economía de
    mercado, desde hai máis dun século,
    conduciu ao abandono das terras de
    cultivo pouco rendibles e a súa
    substitución por pastos destinados a
    alimentar o cada vez máis demandado
    gando; tamén produciu a destrución
    de certos bosques compensada coa
    repoboación doutros, o que produciu
    cambios no mapa de usos do solo.
 Nos territorios dominados pola
 gran propiedade, son habituais
 os usos extensivos con poucos
 rendementos por hectárea,
 pero con investimentos de
 traballo e capital escasos, que
 os fan rendibles.

A pequena propiedade
 asóciase a usos máis intensivos
 do solo para poder subsistir con
 pouca terra, pero maiores
 rendementos.
TRAZOS CARACTERÍSTICOS DAS ACTIVIDADES
                                   AGRARIAS EN GALICIA:



 Predominaa pequena
 propiedade ou minifundio

 Aspropiedades están
 formadas por numerosas
 parcelas ou leiras

A maioría dos propietarios
 están en idade a avanzada
  freo a innovación
 tecnolóxica das explotacións
Páx. 261
Tanto a distribución dos tipos de cultivo
 coma o seu nivel de tecnificación ou o seu
 reflexo na paisaxe, vense moi influidos pola
 estrutura agraria de cada territorio, que
 inclúe cuestións como:

A   repartición da propiedade da terra

 As   características das explotacións agrarias

O   réxime de tenza
Unha propiedade agraria é unha unidade
    xurídica cuxas terras pertencen ao
    mesrno dono. En España, persisten
    importantes contrastes herdados entre:


   Latifundios de gran tamaño,
    habitualmente traballados de forma
    extensiva por xornaleiros asalariados de
    baixos ingresos, predominantes na
    metade sur peninsular, sobre todo en
    Andalucía e Estremadura.


   Minifundios de moi pequeno tamaño,
    resultado de sucesivas fragmentacións
    por herdanza, predominantes nas rexións
    do norte, o litoral mediterráneo e as
    illas. Galicia e Comunidade Valenciana.
   OS MINIFUNDIOS foron tradicionalmente o tipo de
    explotacións que predominaban en Galicia, nas provincias
    da Submeseta Norte e, sobre todo, na Comunidade
    Valenciana.

   O campo galego experimentou nas últimas décadas un forte
    proceso de modernización grazas á progresiva
    mecanización; as políticas de concentración parcelaria,
    que ampliaron o tamaño das explotacións; e as normativas
    comunitarias que Galicia tivo que acetar para poder
    competir nos mercados con produtos de maior calidade.

   Existe unha tendencia ao crecemento da superficie media
    destes minifundios como consecuencia dunha política de
    concentración parcelaria e do éxodo rural.

   Nos minifundios destacan as terras labradas e especialmente
    o regadío.
   Unha explotación agraria é unha unidade económica
    que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo
    agricultor ou gandeiro, xunto as instalacións
    complementarias (granxas, almacéns, silos,,.), aínda
    que non todas as térras sexan da súa propiedade e
    estean dispersas polo territorio.

   En España contabilízanse hoxe un millón de
    explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns
    censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao
    abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron
    ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun
    proceso de concentración, por venda ou arrendamento
    de parte desas terras aos que permanecen no campo.
 Esa concentración permitiu a elevación do tamaño
  medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda
  existen fortes contrastes: a metade non chega as 5
  hectáreas, mentres so un 5% supera as 100
  hectáreas: aínda que reúnen máis da metade da
  terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha
  dualidade cada vez maior entre:
 Explotacións familiares moi pequenas e pouco
  rendibles, en progresivo abandono ou traballadas so
  a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos
  suficientes, o que supón unha baixa produtividade.
 Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades
  ou cooperativas, que teñen maior
  dimensión, estanse modernizando e son
  rendibles, o que permite aumentara súa produción
  e manter os empregados.
 Existen importantes diferenzas rexionais en
  canto ao tamaño medio das súas explotacións
  agrarias:
 As rexións dominadas por cultivos de
  secaño ou devesas presentan explotacións
  de maior tamaño medio: máis de 50
  hectáreas en Castela e León, ou máis de 30
  en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e
  Madrid.
 As rexións húmidas e de especialización
  gandeira, xunto aos regadíos do litoral
  mediterráneo e as illas, contan con
  explotacións máis pequenas: menos de 12
  hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou
  Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade
  Valenciana e Canarias.
   Se se considera o total de explotacións, a España
    agrícola identifícase con Andalucía, as dúas Gástelas e
    Estremadura, xunto co litoral mediterráneo e Galicia.
   En cambio, o seu número é moi reducido en rexións
    altamente urbanizadas como Madrid, nas rexións do
    Cantábrico e nos arquipélagos.
   Por outra parte, se o que se representa é o seu tamaño
    medio, a diferenza básica é a que divide as rexións con
    predominio da agricultura de secano (Meseta e val do
    Ebro), que presentan explotacións máis grandes, fronte
    ao seu menor tamaño nas rexións con maior importancia
    do regadío.
   A división da térra por herdanza en rexións como Galicia,
    que tiveron no seu día unha alta densidade de poboación
    rural, tamén xustifica a súa pequeña dimensión.
   Establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra.
    Pode distinguirse entre:
   Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con
    ou sen asalariados.
   Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio-do pagamento dunha
    renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios
    emigraron, e explotan as súas térras quen permanecen.
   Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida,
    situación que tende a desaparecer.
   Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa,
    e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción
    tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares
    (hai medio século, supoñía máis do 75%).
   Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio
    de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con
    valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%).
    En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
Crecente importancia do cooperativismo agrario

   Un medio para conseguir explotacións agrarias
    rendibles de dimensión suficiente foi a creación de
    cooperativas, en que os propietarios son os socios ou
    cooperativistas, e poñen as súas terras ou a súa
    produción en común.

   Nalgúns casos compártense as tarefas do
    campo, pero predominan as dedicadas a transformar
    os produtos (elaboración de viños e aceites, por
    exemplo) e comercializalos.

   España hai arredor de 4000 cooperativas
    agrarias, que xa xeran o 45% da produción final
    agraria. Son especialmente numerosas en
    Andalucía, Castela- A Mancha e Comunidade
    Valenciana.

More Related Content

What's hot

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescarubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioRosacidgalante
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.Ismael Vide González
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisDudas-Historia
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en Españaguest417724e2c
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8ahiacg
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galizamonadela
 
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoEvaPaula
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaRosacidgalante
 

What's hot (20)

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primario
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 7 o sector primario
Tema 7  o sector primarioTema 7  o sector primario
Tema 7 o sector primario
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema8
Tema8Tema8
Tema8
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galiza
 
Tema 8. sociais
Tema 8. sociaisTema 8. sociais
Tema 8. sociais
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
 
Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.
 
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
 

Viewers also liked

Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...
Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...
Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...Marhio Btc
 
Lo más resaltante de la historia de chuck
Lo más resaltante de la historia de chuckLo más resaltante de la historia de chuck
Lo más resaltante de la historia de chuckalegna301
 
Los seres vivos. (Presentación Educativa)
Los seres vivos. (Presentación Educativa)Los seres vivos. (Presentación Educativa)
Los seres vivos. (Presentación Educativa)cesar_pad
 
Los continentes
Los continentesLos continentes
Los continentesDiego M
 
Recursos Humanos En Unidades De InformacióN
Recursos Humanos En Unidades De InformacióNRecursos Humanos En Unidades De InformacióN
Recursos Humanos En Unidades De InformacióNrojas.balbina
 
Cinf 6400 Vision Comparativa Baldwin
Cinf 6400 Vision Comparativa  BaldwinCinf 6400 Vision Comparativa  Baldwin
Cinf 6400 Vision Comparativa Baldwinrojas.balbina
 

Viewers also liked (20)

Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...
Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...
Discriminacion de las personas vegetarianas en la ciudad de Iguala guerrero d...
 
Practica n2
Practica n2Practica n2
Practica n2
 
Lo más resaltante de la historia de chuck
Lo más resaltante de la historia de chuckLo más resaltante de la historia de chuck
Lo más resaltante de la historia de chuck
 
Magnetismo
MagnetismoMagnetismo
Magnetismo
 
Vía láctea
Vía lácteaVía láctea
Vía láctea
 
Los animales
Los animalesLos animales
Los animales
 
Los seres vivos. (Presentación Educativa)
Los seres vivos. (Presentación Educativa)Los seres vivos. (Presentación Educativa)
Los seres vivos. (Presentación Educativa)
 
Los continentes
Los continentesLos continentes
Los continentes
 
Julio cesar
Julio cesarJulio cesar
Julio cesar
 
Recursos Humanos En Unidades De InformacióN
Recursos Humanos En Unidades De InformacióNRecursos Humanos En Unidades De InformacióN
Recursos Humanos En Unidades De InformacióN
 
LORENA. PROTECCIÓN M.A.
LORENA. PROTECCIÓN M.A.LORENA. PROTECCIÓN M.A.
LORENA. PROTECCIÓN M.A.
 
Hume
HumeHume
Hume
 
Cinf 6400 Vision Comparativa Baldwin
Cinf 6400 Vision Comparativa  BaldwinCinf 6400 Vision Comparativa  Baldwin
Cinf 6400 Vision Comparativa Baldwin
 
La India
La IndiaLa India
La India
 
la sangre
la sangre la sangre
la sangre
 
Los seres vivos
Los seres vivosLos seres vivos
Los seres vivos
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Conocimiento tema 4 Teresa Pérez
Conocimiento tema 4 Teresa Pérez Conocimiento tema 4 Teresa Pérez
Conocimiento tema 4 Teresa Pérez
 
Hadas Y Princesas
Hadas Y PrincesasHadas Y Princesas
Hadas Y Princesas
 
Dia De La Paz
Dia De La PazDia De La Paz
Dia De La Paz
 

Similar to U 13 Sector Primario 1ª parte

O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfssusera8a0c4
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía españolapacovali
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfLili90208
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.dudashistoria
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Gloria Martínez Marín
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galiciayagobr7
 

Similar to U 13 Sector Primario 1ª parte (17)

O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Sector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.pptSector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.ppt
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía española
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
Tema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primarioTema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 3. LeccióN 5
Tema 3. LeccióN 5Tema 3. LeccióN 5
Tema 3. LeccióN 5
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galicia
 

U 13 Sector Primario 1ª parte

  • 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  • 2.  Que actividades inclúe o sector primario?  Inclúe as actividades agrarias (agricultura e gandaría) e outras ligadas á extracción de recursos naturais, como por exemplo a pesca e a explota forestal.  Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca.
  • 3. CLIMA RELEVO SOLO PARCELAS CULTIVO POBOAMENTO POLICULTIVO MONOCULTIVO ESPALLADO OPENFIELD REGADÍO CONCENTRADO BOCAGE SECAÑO INTENSIVA EXTENSIVA
  • 4. Openfield Bocage límites leiras abertas parcelas cerradas tamaño de pouca extensión relativamente grandes forma e formas regulares e irregulares
  • 5. Segundo a • POLICULTIVO: cultívanse especies distintas. variedade do • MONOCULTIVO: especializase nun só cultivo produto. Segundo as • REGADÍO: precisa de auga que obtén do subsoló ou de encoros. necesidades de • SECAÑO: en principio só se auga abastecen da auga da chuvia. Segundo o • INTENSIVA: gran productividade no mínimo espazo posible. aproveitamento • EXTENSIVA: baixos rendementos en do solo relación o gran tamaño das parcelas.
  • 6.
  • 7. Técnica de cultivo de especies acuáticas, vexetais e animais, en ambientes físicos controlados, co obxectivo de manter as condicións que estas especies atopan no seu medio natural.  Cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorias ou bateas flotantes.  As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza no caso da acuicultura mariña, xunto á troita no caso da acuicultura continental.  O volume de produción máis alto corresponde ao cultivo de mexillón nas Vista aérea de la piscifactoría de Stolt Sea Farm Rías Baixas galegas. en cabo Vilán, Camariñas. // Víctor Echave
  • 8. A agricultura ecolóxica prescinde de utilizar produtos químicos (fertilizante insecticidas, sementes modificadas etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Iso supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto as condicións ambientais de cada área.  Dende o seu recoñecemento oficial en 1989 e a creación de etiquetas para os produtos ecolóxicos, houbo un progresivo aumento da produción ecoilóxica. hoxe conta con axudas específicas dentro da PAC.  A primeira comunidade española produtora é Andalucía (máis dun terzo dos produción) seguida por Estremadura (18%) e Cataluña (8%).
  • 9.
  • 10. La agricultura ecológica es un sistema de producción agraria y ganadera que proporciona alimentos de la máxima calidad a través de las técnicas más respetuosas con el medio ambiente. Este método de producción prescinde de la utilización de sustancias químicas, como pesticidas, fertilizantes de síntesis y aditivos, con el objetivo obtener alimentos naturales, saludables y con todas sus propiedades nutritivas y a la vez minimizar los efectos negativos sobre el medio ambiente
  • 11.  Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir.  Resultacada vez máis frecuente en produtos agrarios (vinos, aceites, carnes, legumes, queixos, doces etc.).
  • 12. DO e IX Distinción especial que se lles concede a produtos que acadan un elevado nivel de calidade, tanto polas materias primas utilizadas, como polo seu proceso de elaboración
  • 13.  Proceso de redución do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.  Asociado ao proceso de industrialización e ao éxodo rural, a desagrarización en España comezou nos anos 60.  Por primeira vez, no censo de 1970, os ocupados no sector primario (29%) foron superados, tanto polos da industria (37%) coma polos dos servizos (34%).
  • 14. O proceso de desagrarización foi máis intenso naqueles territorios que coñeceron un maior desenvolvemento industrial, contan con grandes cidades, ou presentan un forte crecemento do turismo nas últimas décadas. Iso explica que en Madrid, o País Vasco, así como en boa parte de Cataluña e os dous arquipélagos, a porcentaxe de poboación agraria non supere o 2% do total de ocupados. En cambio, os valores máis altos de ocupación en actividades agrarias corresponden as provincias do interior peninsular, en especial as que bordean a fronteira con Portugal ou corresponden a áreas montañosas e menos accesibles. No litoral, tan so as provincias de Murcia, Almería e Huelva presentan tamén porcentaxes de poboación agraria superiores ao 8%, debido á expansión da agricultura intensiva baixo plástico. En todas as provincias, os traballadores agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte dos seus produtos son a base da industria agroalimentaria e tamén contribúen a preservar algúns produtos de calidade vinculados a territorios concretos.
  • 15.  Trata de sacar a maior produtividade no mínimo espazo posible. Este tipo de explotacións practicase en lugares moi poboados onde o terreo é escaso. Precisa de cuantiosos investimentos e tecnoloxía avanzada. Utilízanse fertilizantes e sementes selecionadas.  Produtos de agricultura intensiva en España son a froita e a verdura.  Avicultura e gando porcino (gando estabulado)
  • 16. Política da Unión Europea dirixida á promoción do sector agrario. A PAC xestiona, a través do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), as subvenciones que se lle dan á producción agrícola na Unión Europea Así mesmo, intenta ofrecerlles aos consumidores produtos alimentarios ao máis baixo prezo posible, ao tempo que trata de conseguir certo autoabastecemento dentro da UE.  Unha das medidas tomadas pola PAC foi esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
  • 17. Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite etc.), con subvencións aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de gando coas que contan.  Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.  Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e a gandaría ecolóxicas.  Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores.  Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva especialización agraria de certas comarcas e favoreza empregos alternativos para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria etc.),  Axudas especiáis para áreas de montaña e zonas desfavorecidas
  • 18. A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) consiste nun conxunto de regras e mecanismos que abarcan as actividades de explotación de peixes, crustáceos e moluscos, incluíndo a acuicultura, así como o seu procesamento e comercialización.  Os obxectivos do PCP son : ― Aumentar a produtividade, fomentando o progreso técnico e asegurando o desenvolvemento racional da produción pesqueira e a utilización óptima dos factores de produción, en particular da man de obra. ― Garantir un nivel de vida equitativo para a poboación de peixes, especialmente mediante o aumento da renda individual dos que traballan na pesca. ― Estabilizar os mercados. ― Garantir ao consumidor suministros a prezos razoables.
  • 19. Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais.  A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  • 20. Produtos que se obteñen a partir da manipulación xenética das sementes. Esta manipulación permite obter plantas coas características desexadas (por exemplo, de cor ou tamaño) e que sexan máis resistentes a certas pragas ou enfermidades ou ben a determinadas condicións adversas como as secas.  No 2011 en España aumentou o cultivo de maíz transxénico. Comunidades nas que cultivan millo transxénico son Aragón e Cataluña
  • 22. PRODUTO INTERIOR BRUTO: corresponde á produción total de bens e servizos xerados nun país ao longo dun ano. Adoita utilizarse como indicador da potencia económica dos Estados.  MINIFUNDIO: Explotación de pequenas dimensións (menos de 10 ha), que predominan na metade Norte da Península e nos dous arquipélagos. Son propios dunha economía de autoconsumo.  EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: explotación agraria na que a produción é elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie utilizada, que debe ter grandes dimensións.  GLOBALIZACIÓN: proceso de carácter económico, social, cultural, político etc., que supón unha compresión do espazo e do tempo, e a eliminación á libre circulación dos factores de produción, das ideas, das persoas e, sobre todo, dos capitais e os movementos financeiros.
  • 23. CULTIVO FORRAXEIRO: tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino é a alimentación do gando.  ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que non aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa ilegalidade, e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da poboación segundo os países.  AUGAS XURISDICIONAIS: espazo mariño sobre o que un estado exerce a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence a explotación dos seus recursos.  FONDOS ESTRUTURAIS: fondos establecidos na Unión Europea co fin de lograr a cohesión,axudando ao desenvolvemento de rexións desfavorecidas e que abarcan diversos aspectos (axudas á agricultura, ás infraestruturas, a proxectos de desenvolvemento etc.)  ROTACIÓN DE CULTIVOS: sistema de cultivo que consiste en alternar produtos diferentes e complementarios ao longo do ano ou de varios anos sobre unha mesma terra, co fin de rexenerala e facela descansar.
  • 24. 1) OS USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN: TIPOS E FACTORES EXPLICATIVOS. 2) A ESTRUTURA AGRARIA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS RECENTES (U.E.) 3) O DESENVOLVEMENTO DA GANDERÍA ESPAÑOLA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS. 4) A EXPLOTACIÓN DOS BOSQUES. 5) AS PAISAXES AGRARIAS: ATLÁNTICA, MEDITERRÁNEA, DE INTERIOR, CANARIA E DE MONTAÑA. 6) A PESCA E OS ESPAZOS PESQUEIROS.
  • 25.
  • 26.
  • 27. Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.  As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total).  As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que conste o 17% da superficie total).
  • 28. 2007
  • 29. Ocupadas por diferentes cultivos  Comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir)  Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga)  Litoral mediterráneo.  Escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma na áreas de montaña e o arquipélago canario. Neste último, as condicións climáticas topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.
  • 30. Ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total)  Destinados á produción de herba para alimento do gando  Ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo  Pódense distinguir tres tipos de situacións: as pradarías permanentes, os pastos estacionais e os pastos de altura
  • 31. AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa.  No oeste da Península Ibérica predominan os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.  Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados tradicionalmente por unha gandaría transhumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.
  • 32.  Bosques de especies caducifolias ou perennifolias  Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana.  Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos), así como a súa utilización para a caza.
  • 33. Suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total)  Terreos ermos improdutivos  Áreas urbanizadas  Áreas ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, fer rocarrís)  Espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros)
  • 34.
  • 35. O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de grandes conxuntos.  Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade: grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes públicos en moitas áreas de montaña ou pequeñas explotacións gandeiras nas rexións do Cantábrico.  En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo, Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan as terras baldías ou ermas.
  • 36.
  • 37.
  • 38.
  • 39.
  • 40. En España distínguense tres dominios:  O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior.  O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio de terras labradas.  O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.
  • 41. Outra divisoria é a existente entre áreas montañosas e chairas.  Nas áreas montañosas, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques.  En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi historicamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.
  • 42. Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábanse, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación.  O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.
  • 43.  Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. A pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos.
  • 44. TRAZOS CARACTERÍSTICOS DAS ACTIVIDADES AGRARIAS EN GALICIA:  Predominaa pequena propiedade ou minifundio  Aspropiedades están formadas por numerosas parcelas ou leiras A maioría dos propietarios están en idade a avanzada  freo a innovación tecnolóxica das explotacións
  • 46. Tanto a distribución dos tipos de cultivo coma o seu nivel de tecnificación ou o seu reflexo na paisaxe, vense moi influidos pola estrutura agraria de cada territorio, que inclúe cuestións como: A repartición da propiedade da terra  As características das explotacións agrarias O réxime de tenza
  • 47.
  • 48. Unha propiedade agraria é unha unidade xurídica cuxas terras pertencen ao mesrno dono. En España, persisten importantes contrastes herdados entre:  Latifundios de gran tamaño, habitualmente traballados de forma extensiva por xornaleiros asalariados de baixos ingresos, predominantes na metade sur peninsular, sobre todo en Andalucía e Estremadura.  Minifundios de moi pequeno tamaño, resultado de sucesivas fragmentacións por herdanza, predominantes nas rexións do norte, o litoral mediterráneo e as illas. Galicia e Comunidade Valenciana.
  • 49. OS MINIFUNDIOS foron tradicionalmente o tipo de explotacións que predominaban en Galicia, nas provincias da Submeseta Norte e, sobre todo, na Comunidade Valenciana.  O campo galego experimentou nas últimas décadas un forte proceso de modernización grazas á progresiva mecanización; as políticas de concentración parcelaria, que ampliaron o tamaño das explotacións; e as normativas comunitarias que Galicia tivo que acetar para poder competir nos mercados con produtos de maior calidade.  Existe unha tendencia ao crecemento da superficie media destes minifundios como consecuencia dunha política de concentración parcelaria e do éxodo rural.  Nos minifundios destacan as terras labradas e especialmente o regadío.
  • 50.
  • 51. Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto as instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos,,.), aínda que non todas as térras sexan da súa propiedade e estean dispersas polo territorio.  En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun proceso de concentración, por venda ou arrendamento de parte desas terras aos que permanecen no campo.
  • 52.  Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda existen fortes contrastes: a metade non chega as 5 hectáreas, mentres so un 5% supera as 100 hectáreas: aínda que reúnen máis da metade da terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre:  Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade.  Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles, o que permite aumentara súa produción e manter os empregados.
  • 53.  Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das súas explotacións agrarias:  As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e Madrid.  As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias.
  • 54.
  • 55. Se se considera o total de explotacións, a España agrícola identifícase con Andalucía, as dúas Gástelas e Estremadura, xunto co litoral mediterráneo e Galicia.  En cambio, o seu número é moi reducido en rexións altamente urbanizadas como Madrid, nas rexións do Cantábrico e nos arquipélagos.  Por outra parte, se o que se representa é o seu tamaño medio, a diferenza básica é a que divide as rexións con predominio da agricultura de secano (Meseta e val do Ebro), que presentan explotacións máis grandes, fronte ao seu menor tamaño nas rexións con maior importancia do regadío.  A división da térra por herdanza en rexións como Galicia, que tiveron no seu día unha alta densidade de poboación rural, tamén xustifica a súa pequeña dimensión.
  • 56. Establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre:  Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con ou sen asalariados.  Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio-do pagamento dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios emigraron, e explotan as súas térras quen permanecen.  Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida, situación que tende a desaparecer.  Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa, e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares (hai medio século, supoñía máis do 75%).  Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%). En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
  • 57. Crecente importancia do cooperativismo agrario  Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas, en que os propietarios son os socios ou cooperativistas, e poñen as súas terras ou a súa produción en común.  Nalgúns casos compártense as tarefas do campo, pero predominan as dedicadas a transformar os produtos (elaboración de viños e aceites, por exemplo) e comercializalos.  España hai arredor de 4000 cooperativas agrarias, que xa xeran o 45% da produción final agraria. Son especialmente numerosas en Andalucía, Castela- A Mancha e Comunidade Valenciana.