SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
GUIÓN PARA A ANÁLISE DE OBRAS ARTÍSTICAS (É igual que o do curso pasado)
Non é para seguilo ao pe da letra en todos os casos, senón para ter ideas
Un comentario dunha obra de arte é unha redacción na que falamos da obra en cuestión. Nesa redacción deberemos
demostrar que coñecemos o estilo ao que pertence a obra, ou incluso a obra mesma, e sabemos explicar as súas principais
características e situala no contexto histórico correspondente. Por cuestións de estilo narrativo, debe ter unha moi breve
introdución, o comentario en si mesmo e unha pequena conclusión ou parágrafo final .
Vexamos algunhas ideas:
Para a introdución redactamos un pequeno parágrafo no que podemos poñer, por exemplo, unha pequena descrición do
que temos diante:
- Que é: obra arquitectónica, templo, palacio, observatorio astronómico, museo, busto, relevo, retrato, paisaxe...
- Nome da obra ou do autor/a (se o sabemos).
- Estilo (se o sabemos con seguridade, se non o sabemos o deixamos para poñelo disimuladamente na conclusi ón).
Para o desenvolvemento, buscaremos a forma de redactar varios parágrafos nos que expliquemos o seguinte:
- Aspectos materiais etécnicos se son relevantes. Por exemplo explicar as vantaxes do óleo se é unha pintura flamenca
do século XV. Non ven a conto, sen embargo, falar do óleo nunha pintura do século XX. Na arquitectura barroca galega
sería importante falar da dureza do granito que deu orixe ao famoso barroco de placas, etc.
- Análise formal da obra: explicar os elementos que ten. Describiremos a obra polo miúdo relacionándoa co estilo ao
que pertence ou co estilo concreto da autora ou autor.
o En arquitectura falaremos dos elementos sustentantes e sustentados, e dos elementos ornamentais.
Estrutura da planta... Intentaremos relacionalos coas característi cas dun estilo determinado.
o En escultura explicaremos a súa forma (vulto redondo, altorelevo, baixorelevo, busto, etc.); falaremos da
composición (aberta,pechada,simétrica...),do espazo que ocupa (avanza cara ao expectador, helicoidal,etc.);
do movemento ou estatismo, da superficie (policromada, dorada, pulida...) , do naturalismo ou abstracción,
etc.
o En pintura falaremos da composición,a perspectiva (sea hai ou non, perspectiva aérea, perspectiva lineal),os
colores, o debuxo, a pincelada, a luz, idealismo ou realismo, minuciosidade ou esquematismo, etc.
- Análise contextual:
o Explicar porque se fixo esa obra e de esa maneira. Por exemplo se se fixo para algún cliente determinado, ou
cunha intención precisa... É interesante sinalar que no Barroco se construían moitas igrexas e palacios para
ostentación da nobreza e o clero; mentres que no neoclasicismo destacan os edificios destinados ao saber
(museos, observatorios, bibliotecas...).
o Relacionar a obra co contexto histórico, por exemplo nas pinturas posteriores ao descubrimento da
fotografía, esta tivo unha influenza fundamental, ou imitándoa ou buscando algo diferente que esta non
aporte...
o Pode ser que veña a conto comparar esta obra con outras deste ou doutro estilo...
- Conclusión:
o Para non rematar así de golpe, debemos redactar un paragrafiño final. Algunhas ideas para facelo poden ser:
 Resumir o máis importante do que falamos, por exemplo “Esta obra recolle, por todo o exposto, os
valores do pensamento racional e o gusto por Grecia e Roma, propio do despotismo ilustrado”
 Relacionar a obra analizada co pasado ou co presente, por exemplo: “como podemos ver, a Arte
Neoclásica reflicte á perfección o pensamento racional ilustrado, que derivará, no século XIX no
liberalismo”.
 Se non puxemos a que estilo pertence na introdución, porque non tiñamos seguridade, poñerémolo
agora con certa precaución “malia que presenta un frontón partido, algo moi típico do Barroco,
predomina en toda a obra a estabilidade, a sobriedade na composición e outras características
analizadas, que se corresponde máis co estilo neoclásico. Podemos dicir que é unha obra neoclásica
que garda aínda moito do Barroco”.

More Related Content

More from Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez Méndez
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez Méndez
 

More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 

Guión para a análise de obras artísticas

  • 1. GUIÓN PARA A ANÁLISE DE OBRAS ARTÍSTICAS (É igual que o do curso pasado) Non é para seguilo ao pe da letra en todos os casos, senón para ter ideas Un comentario dunha obra de arte é unha redacción na que falamos da obra en cuestión. Nesa redacción deberemos demostrar que coñecemos o estilo ao que pertence a obra, ou incluso a obra mesma, e sabemos explicar as súas principais características e situala no contexto histórico correspondente. Por cuestións de estilo narrativo, debe ter unha moi breve introdución, o comentario en si mesmo e unha pequena conclusión ou parágrafo final . Vexamos algunhas ideas: Para a introdución redactamos un pequeno parágrafo no que podemos poñer, por exemplo, unha pequena descrición do que temos diante: - Que é: obra arquitectónica, templo, palacio, observatorio astronómico, museo, busto, relevo, retrato, paisaxe... - Nome da obra ou do autor/a (se o sabemos). - Estilo (se o sabemos con seguridade, se non o sabemos o deixamos para poñelo disimuladamente na conclusi ón). Para o desenvolvemento, buscaremos a forma de redactar varios parágrafos nos que expliquemos o seguinte: - Aspectos materiais etécnicos se son relevantes. Por exemplo explicar as vantaxes do óleo se é unha pintura flamenca do século XV. Non ven a conto, sen embargo, falar do óleo nunha pintura do século XX. Na arquitectura barroca galega sería importante falar da dureza do granito que deu orixe ao famoso barroco de placas, etc. - Análise formal da obra: explicar os elementos que ten. Describiremos a obra polo miúdo relacionándoa co estilo ao que pertence ou co estilo concreto da autora ou autor. o En arquitectura falaremos dos elementos sustentantes e sustentados, e dos elementos ornamentais. Estrutura da planta... Intentaremos relacionalos coas característi cas dun estilo determinado. o En escultura explicaremos a súa forma (vulto redondo, altorelevo, baixorelevo, busto, etc.); falaremos da composición (aberta,pechada,simétrica...),do espazo que ocupa (avanza cara ao expectador, helicoidal,etc.); do movemento ou estatismo, da superficie (policromada, dorada, pulida...) , do naturalismo ou abstracción, etc. o En pintura falaremos da composición,a perspectiva (sea hai ou non, perspectiva aérea, perspectiva lineal),os colores, o debuxo, a pincelada, a luz, idealismo ou realismo, minuciosidade ou esquematismo, etc. - Análise contextual: o Explicar porque se fixo esa obra e de esa maneira. Por exemplo se se fixo para algún cliente determinado, ou cunha intención precisa... É interesante sinalar que no Barroco se construían moitas igrexas e palacios para ostentación da nobreza e o clero; mentres que no neoclasicismo destacan os edificios destinados ao saber (museos, observatorios, bibliotecas...). o Relacionar a obra co contexto histórico, por exemplo nas pinturas posteriores ao descubrimento da fotografía, esta tivo unha influenza fundamental, ou imitándoa ou buscando algo diferente que esta non aporte... o Pode ser que veña a conto comparar esta obra con outras deste ou doutro estilo... - Conclusión: o Para non rematar así de golpe, debemos redactar un paragrafiño final. Algunhas ideas para facelo poden ser:  Resumir o máis importante do que falamos, por exemplo “Esta obra recolle, por todo o exposto, os valores do pensamento racional e o gusto por Grecia e Roma, propio do despotismo ilustrado”  Relacionar a obra analizada co pasado ou co presente, por exemplo: “como podemos ver, a Arte Neoclásica reflicte á perfección o pensamento racional ilustrado, que derivará, no século XIX no liberalismo”.  Se non puxemos a que estilo pertence na introdución, porque non tiñamos seguridade, poñerémolo agora con certa precaución “malia que presenta un frontón partido, algo moi típico do Barroco, predomina en toda a obra a estabilidade, a sobriedade na composición e outras características analizadas, que se corresponde máis co estilo neoclásico. Podemos dicir que é unha obra neoclásica que garda aínda moito do Barroco”.