A NUTRICIÓN
Profesor: Adán Gonçalves
Saberías respostar as seguintes cuestións?
1. Que entendes por nutrición? E por alimentación?
2. Que aparellos ou sistemas asocias a estes procesos?
3. Como obteñen os seres vivos a enerxía que
precisan para vivir?
1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Todos os seres vivos precisan materia e enerxía para
desenvolver as funcións vitais.
A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os
organismos toman substancias do exterior e transformanas en
materia propia e enerxía.
A alimentación é o proceso de tomar alimentos e está incluido
dentro dos procesos da nutrición.
Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos para
obter materia e enerxía.
Os alimentos conteñen substancias máis simples chamadas
nutrientes que son incorporadas ás células.
1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Como xa comentamos no tema anterior poden existir dous tipos de
nutrición atendendo ás substancias que incorporan as células.
E así diferenciamos:
 Organismos autótrofos: producen a súa propia materia orgánica
(alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Como
dixemos, para facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de
autótrofos fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais).
 Organismos heterótrofos: aliméntanse doutros organismos ou dos seus
restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas bacterias.
Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser: herbívoros,
carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros (=carroñeiros)...
1.1. Procesos da nutrición en animais
Tras a alimentación (inxestión de alimentos):
 Dixestión: transformación dos alimentos en nutrientes que pasan do
aparello dixestivo ao sangue que os transportará a todas as células.
 Intercambio de gases: captación do O2 que se necesita para a respiración
celular e eliminación do CO2 producido neste proceso. Faino o aparello
respiratorio.
 Transporte: Os nutrientes e o O2 son levados cara as células e as
substancias de refugallo e o CO2 son recollidos para ser expulsalos fóra do
organismo. Realiza este proceso o aparello circulatorio.
 Metabolismo: uso dos nutrientes dentro das células para obter enerxía e
construír estruturas.
 Excreción: eliminacións dos refugallos. Faino o aparello excretor.
1.2. Procesos da nutrición nas plantas
 Absorción de nutrientes inorgánicos (auga e sales) polas raíces.
 Transporte dos nutrientes inorgánicos a través dos vasos condutores
dende as raíces a toda a planta.
 Evapotranspiración a través das follas, dunha boa parte da auga
absorbida.
 Intercambio de gases a través dos estomas das follas.
 Fotosíntese : de substancias inorgánicas a orgánicas.
 Transporte de substancias orgánicas polos vasos condutores a toda a
planta.
 Respiración celular, a planta obtén enerxía e materia propia a partir
dos compostos formados na fotosíntese.
 Eliminación ou reaproveitamento de produtos
2. O PROCESO DIXESTIVO NOS ANIMAIS
O proceso dixestivo é o conxunto de fenómenos que ocorren no aparello
dixestivo e que nos permiten captar o alimento e transformalo en
nutrientes (substancias útiles) para as células e expulsar os refugallos.
Fases do proceso dixestivo:
1. Inxestión: toma do alimento do exterior.
2. Dixestión: é a descomposición do alimento para obter os nutrientes.
3. Absorción: paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o
sangue para levalos a todas as células.
4. Exestión: eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do
alimento. Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.
Tipos de Dixestión
A degradación do alimento a nutrientes pode suceder de dous xeitos:
 Intracelular: ocorre dentro das células. Característica de organismos
unicelulares e de pluricelulares simples (esponxas). Considéranse
animais sen aparello dixestivo.
 Extracelular: ocorre fóra das células no aparello dixestivo. É o tipo
máis habitual. Supón, normalmente dous procesos:
- Dixestión mecánica: desmenuzado do alimento por medio
de estruturas especializadas (p.e. Dentes).
- Dixestión química: unhas proteínas especiais chamadas
enzimas permiten liberar os nutrientes do alimento.
Por último, a maior parte dos animais realizan unha dixestión interna,
é dicir, os enzimas vértense no interior do aparello dixestivo.
Sen embargo, algúns animais, como os arácnidos, fan unha dixestión
externa secretando as enzimas ao exterior antes de inxerir o
alimento.
Tipos de Dixestión
Tipos de Aparellos Dixestivos
Hai dous tipos:
 Cavidade gástrica: espazo recuberto de células con un único
orificio que actúa de boca e ano. É típica dalgúns invertebrados como
as medusas e pólipos.
 Tubo dixestivo: conduto de tamaño variable que comeza nunha
boca, por onde se toman os alimentos, e remata nun ano polo que se
expulsan os residuos. Ao longo deste tubo hai distintas rexións con
funcións específicas e adaptadas ao tipo de alimentación do animal.
O proceso dixestivo dalgúns invertebrados
 As esponxas son filtradoras : fan pasar correntes de auga con
partículas de alimento a través de poros das paredes do seu
corpo. Nestes condutos atópanse os coanocitos que recollen as
partículas alimenticias e fan unha dixestión intracelular.
 Os celentéreos (medusas e pólipos) capturan presas vivas cos
tentáculos provistos de células con veleno (cnidoblastos) que
rodean a súa boca. A presa é introducida pola boca/ano cara a
cavidade gastrovascular. A dixestión é extracelular.
Esponxa Celentéreos- Medusas e pólipos
O proceso dixestivo dalgúns invertebrados
 A maioría dos moluscos posúen un tubo dixestivo (con boca e ano xa
separados) onde se produce a dixestión extracelular. Teñen un órgano,
o hepatopancreas que produce enzimas dixestivos. Algúns moluscos,
como os bivalvos, son filtradores.
 Os artrópodos teñen tamén un tubo dixestivo para realizar a
dixestión extracelular. Dependendo do tipo de artrópodo posúen
distintos apéndices bucais, despois un esófago, un papo (buche) onde
os alimentos mestúranse coa saliva e unha moega (molleja) onde se
trituran. Por último pasan ao intestino e finalmente ao ano.
ArtrópodosMoluscos
Boca
Ano
Hepatopáncreas
Estómago
Ano
Intestino
Boca
Esófago
Papo
Moega
O proceso dixestivo nos vertebrados
Teñen unha dixestión extracelular que sucede nun tubo dixestivo.
Hai variacións atendendo a alimentación, pero en xeral o aparello
dixestivo dos vertebrados consta de:
 Boca, onde ocorre a trituración (dentes) do alimento e a mestura coa
saliva.
 Farinxe, esófago e estómago, onde se realiza a dixestión gástrica.
 Intestino delgado, onde finaliza a dixestión e se absorben a maioría
dos nutrientes.
 Intestino groso, onde se forman as feces.
Ademais ao longo do tubo hai glándulas anexas (salivares, páncreas,
fígado...) que verten enzimas e outras substancias que contribúen á
dixestión.
O proceso dixestivo nos vertebrados
3. A RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
Como xa vimos no tema anterior, o proceso de respiración celular que
sucede nas mitocondrias das células necesita osíxeno e produce dióxido
de carbono.
O O2 cóllese do exterior, e a súa vez, o CO2, que é unha substancia
tóxica para as células é expulsada fóra do organismo.
Este intercambio gasoso (entra O2 e sae CO2) lévase a cabo grazas ao
aparello respiratorio.
Hai moi distintos tipos de aparellos respiratorios, pero todos eles teñen
rexións nas que se produce este intercambio gasoso chamadas
superficies respiratorias.
Están superficies sempre cumpren que:
- Son delgadas.
- Están húmidas.
- Posúen numerosos vasos sanguíneos.
Todo elo para facilitar o intercambio de gases.
Respiración aérea- Respiración acuática
No aire hai unha maior disponibilidade de osíxeno que na auga, sen
embargo a exposición aérea seca as superficies respiratorias. Por iso
os animais aéreos e acuáticos posúen distintas estruturas.
Os animais aéreos soen ter as estruturas respiratorias no interior do
corpo para evitar a desecación.
Pola contra os animais acuáticos expoñen ao exterior (á auga con O2)
estas estruturas porque o principal problema que teñen é a menor
cantidade de osíxeno.
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
Os animais máis sinxelos (esponxas, medusas...) non teñen aparello
respiratorio, xa que fan o intercambio de gases a través da
superficie do seu corpo.
Os que sí o posúen, téñeno adaptado ao medio no que viven e
asociado ao circulatorio (transporta os gases polo organismo).
Hai catro tipos de respiración nos animais: cutánea, branquial,
traqueal e pulmonar.
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
 Respiración cutánea: o intercambio de gases relízase a través da súa
pel, que é moi fina, sempre está húmida e ten numerosos vasos sanguíneos.
É típica de moitos vermes e nos anfibios complementa a respiración
pulmonar.
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
 Respiración branquial: o intercambio realízase por medio de
branquias, unha finas prolongacións da superficie do corpo a xeito de
láminas que están percorridas por numerosos vasos sanguíneos.
As branquias son características dos animais acuáticos, e poden ser
externas (se saen cara o exterior) ou internas (se se atopan nunha
cavidade interna que comunica co exterior).
externas internas
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
 Respiración traqueal: realízase a través de traqueas, uns condutos
arborescentes que chegan aos órganos do animal. Estos tubos ábrense
cara ao exterior por medio duns orificios chamados espiraculos ou
estigmas.
O diámetro dos condutos diminúe cara o interior permitindo a chegada
do O2 ás células sen precisar un aparello circulatorio moi complexo.
Esta respiración e típica dos artrópodos terrestres (arácnidos, insectos
e mirápodos).
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
 Respiración pulmonar: lévase a cabo mediante os pulmóns, que son
cavidades internas de paredes finas e húmidas e repletas de vasos
sanguíneos.
O aire entra pola boca e as fosas nasais e continúa pola farinxe, larinxe,
tráquea e bronquios (que entran xa nos pulmóns).
Mediante a inspiración entra o aire e coa expiración sae, estos dous
movementos constitúen a ventilación pulmonar.
Nos anfibios os pulmóns son bolsas ocas; combinan esta respiración
coa cutánea.
En réptiles os pulmóns xa teñen maior superficie.
En aves posúen unhas prolongacións chamadas sacos aéreos que
aumentan motísimo esta superficie.
Nos mamíferos están recheos de numerosos sacos denominados
alvéolos xerando tamén moitísima superficie para o intercambio de
gases.
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
5. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS
ANIMAIS
Os animais máis sinxelos non teñen aparello circulatorio, xa que os
nutrientes e o O2 chegan directamente a todas as células.
No resto, é este aparello o encargado do transporte e a recolleita do
CO2 e os refugallos resultantes do metabolismo.
O aparello circulatorio está formado por:
 Líquido de transporte: é o sangue nos Vertebrados e vermes e a
hemolinfa nos insectos.
 Vasos: son os condutos polos que circula o líquido. Nos Vertebrados
poden ser: arterias (saen do corazón), veas (chegan ao corazón) e
capilares (onde se produce o intercambio de gases, nutrientes e
refugallos; conectan arterias e veas).
5. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS
ANIMAIS
 Corazón: órgano que bombea o sangue polos vasos.
6. TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS
ANIMAIS
Hai dous tipos:
 Aparello circulatorio aberto: aparece en moluscos e artrópodos. Os
vasos (condutos para a circulación) non forman un circuito pechado. O
sangue ou a hemolinfa enchoupa as cavidades en contacto coas células,
nelas realízase o intercambio de gases e nutrientes, e de aquí volve ao
corazón a través duns orificios chamados ostiolos.
 Aparello circulatorio pechado: en anélidos, cefalópodos e
vertebrados. O sangue circula sempre polo interior de vasos nun
sistema pechado (saen do corazón e retornan a él). Hai dous tipos:
- Simple: aparece nos peixes. O sangue pasa só unha vez polo corazón.
Circuito: Corazón-branquias (recolle o O2 e deixa o CO2)-resto do
corpo (descarga o O2 e recolle o CO2)- Retorno ao corazón.
Circulación aberta
Circulación
pechada simple
6. TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS
ANIMAIS
- Dobre: no resto de vertebrados. O sangue pasa dúas veces polo
corazón.
Ten dous circuitos, a circulación pulmonar ou menor que se establece
entre os pulmóns e o corazón; e a circulación xeral ou maior entre o
corazón e o resto do corpo.
Circulación pechada dobre
7. A EXCRECIÓN NOS ANIMAIS
O metabolismo celular orixina substancias de refugallo que son tóxicas e
deben ser expulsadas fóra do organismo. Son substancias como o CO2, o
amoníaco ou a urea.
O CO2 elimínase a través do respiratorio; o resto de refugallos son
expulsados mediante o aparello excretor.
A excreción é o proceso polo que se recollen e se eliminan os refugallos
procedentes do metabolismo.
Nos animais máis sinxelos (esponxas e celentéreos) non hai aparello
excretor e verten directamente ao medio a través da superficie do seu
corpo.
Nos insectos teñen uns tubos (túbulos de Malpighi) que verten ao intestino
os refugallos.
Nos crustáceos hai unhas glándulas (glándulas verdes) na base das antenas
polas que os expulsan.
7. A EXCRECIÓN NOS ANIMAIS
Nos vertebrados hai distintos órganos, os máis importantes son os riles que
forman os ouriños que permiten a expulsión da urea.
Os ouriños formados nos riles saen polos uréteres que os levan a vexiga
urinaria onde son almacenados. De aquí saen ao exterior pola uretra.
Nos mamíferos, ademais dos riles outros órganos participan na excreción
de diferentes substancias: glándulas sudoríparas, pulmóns …
Os réptiles e aves que beben auga salgada dispoñen de glándulas
segregadoras do sal para eliminar o exceso.
Aparello excretor
8. A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Os organismos unicelulares fotosintéticos toman os nutrientes
directamente do medio externo.
As algas pluricelulares e carrizas, non teñen sistemas de transporte
de nutrientes e precisan vivir en ambiente húmidos para tomar a
través do toda a súa superficie as substancias que precisan.
As plantas superiores desenvolveron órganos especializados na
nutrición:
 As raíces absorben a auga e os minerais.
 O talo sostén a planta e posúe condutos de transporte para o zume.
 As follas realizan a fotosíntese.
8. A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Absorción de nutrientes
É o paso da auga e sales minerais dende as raíces cara o resto
da planta e realízase a través dunhas finas prolongacións das
raíces chamadas pelos absorbentes.
O zume bruto (auga + sales minerais) é a materia prima para
realizar a fotosíntese.
Transporte de zume bruto
Dende a raíz, o zume bruto pasa aos vasos leñosos (formados por
células mortas) que constitúen un tecido denominado xilema.
Estes vasos percorren o interior do talo e transportan o zume bruto
ata as follas.
O ascenso débese a varios fenómenos: capilaridade, presión da auga
na raíz, transpiración foliar...
8. A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Intercambio de gases
Para realizar a fotosíntese precísase CO2 e prodúcese O2 que en parte é
requerido na respiración e en parte libérase ao medio. Este intercambio
de gases lévase a cabo a través dos estomas (unhas estruturas formadas
principalmente por dúas células en forma de ril que deixan entre elas un
orificio).
8. A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Fotosíntese
O zume bruto e o CO2 grazas a luz do sol captada pola clorofila dos
cloroplastos, son transformados na fotosíntese en zume elaborado
(materia orgánica) que será repartido por toda a planta e libérase O2.
A fotosíntese é imprescindible por:
 Produce osíxeno.
 Convirte a materia inorgánica en orgánica dispoñible para os demais
seres vivos.
 Elimina o exceso de dióxido de carbono na atmosfera.
Transporte de zume elaborado
O zume elaborado vai dende as follas (principal órgano fotosintético)
cara o resto da planta a través dos vasos liberianos (formados por
células vivas) que constitúen un tecido chamado floema.
8. A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Metabolismo e respiración celular
O zume elaborado chega a todas as células da planta, os nutrientes que
contén utilízanse en levar a cabo o metabolismo celular.
Unha parte dos nutrientes orgánicos son utilizados en reaccións
anabólicas (precisan enerxía) para construir os propios compostos
orgánicos da planta.
Outra parte dos nutrientes empréganse en reaccións catabólicas
(liberan enerxía) que os rompen en moléculas máis sinxelas a través da
respiración celular (necesítase O2), nas mitocondrias.
Excreción nas plantas
As plantas non teñen aparello excretor porque as necesidades de
excreción son mínimas. As plantas reutilizan a maior parte dos
refugallos.
O CO2 e o O2 expúlsanse polos estomas e outros refugallos almacénanse
nos vacúolos das células ou nos espazos entre elas.
GRAZAS POR ATENDERME
Webgrafía Nutrición
99quintos.blogspot.com
actividadredclase.blogspot.com
anatomiafundauc.blogspot.com
animalesdepredadore-s.blogspot.com
www.animalesyanimales.com
www.angelfire.com
www.apyc.es
atinachilepro.bligoo.cl
bachibiology.wordpress.com
biologiconcedos.blogspot.com
www.biologia.edu.ar
biologiafotosdibujosimagenes.blogspot.com
bioquimpao.blogspot.com
cellulenumeriealtro.blogspot.com
cienciaaldia.webnode.es
cienciasdejoseleg.blogspot.com
www.clarionweb.es
www.cobach-elr.com
comohacerte.com
docentes.educacion.navarra.es
e-ducativa.catedu.es
elcuerpohumanoen.blogspot.com
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google-
no-ies-de-teis: “A nutrición dos animais”-Ángela Otero
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google-
no-ies-de-teis: “Nutrición das plantas”-Aarón.
www.fotosimagenes.org
gavetasdemiescritorio.blogspot.com
www.quimicaweb.net
www.lourdes-luengo.es
www.mascotaclub.com
miatic1bg2.wikispaces.com
html.rincondelvago.com
http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados
http://www.slideshare.net/adaneco/vertebrados-18869396
wikinaturaceibal.wikispaces.com
www.wikipedia.org

Nutricion

  • 1.
  • 2.
    Saberías respostar asseguintes cuestións? 1. Que entendes por nutrición? E por alimentación? 2. Que aparellos ou sistemas asocias a estes procesos? 3. Como obteñen os seres vivos a enerxía que precisan para vivir?
  • 3.
    1. A FUNCIÓNDE NUTRICIÓN Todos os seres vivos precisan materia e enerxía para desenvolver as funcións vitais. A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman substancias do exterior e transformanas en materia propia e enerxía. A alimentación é o proceso de tomar alimentos e está incluido dentro dos procesos da nutrición. Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos para obter materia e enerxía. Os alimentos conteñen substancias máis simples chamadas nutrientes que son incorporadas ás células.
  • 4.
    1. A FUNCIÓNDE NUTRICIÓN Como xa comentamos no tema anterior poden existir dous tipos de nutrición atendendo ás substancias que incorporan as células. E así diferenciamos:  Organismos autótrofos: producen a súa propia materia orgánica (alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Como dixemos, para facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de autótrofos fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais).  Organismos heterótrofos: aliméntanse doutros organismos ou dos seus restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas bacterias. Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser: herbívoros, carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros (=carroñeiros)...
  • 5.
    1.1. Procesos danutrición en animais Tras a alimentación (inxestión de alimentos):  Dixestión: transformación dos alimentos en nutrientes que pasan do aparello dixestivo ao sangue que os transportará a todas as células.  Intercambio de gases: captación do O2 que se necesita para a respiración celular e eliminación do CO2 producido neste proceso. Faino o aparello respiratorio.  Transporte: Os nutrientes e o O2 son levados cara as células e as substancias de refugallo e o CO2 son recollidos para ser expulsalos fóra do organismo. Realiza este proceso o aparello circulatorio.  Metabolismo: uso dos nutrientes dentro das células para obter enerxía e construír estruturas.  Excreción: eliminacións dos refugallos. Faino o aparello excretor.
  • 7.
    1.2. Procesos danutrición nas plantas  Absorción de nutrientes inorgánicos (auga e sales) polas raíces.  Transporte dos nutrientes inorgánicos a través dos vasos condutores dende as raíces a toda a planta.  Evapotranspiración a través das follas, dunha boa parte da auga absorbida.  Intercambio de gases a través dos estomas das follas.  Fotosíntese : de substancias inorgánicas a orgánicas.  Transporte de substancias orgánicas polos vasos condutores a toda a planta.  Respiración celular, a planta obtén enerxía e materia propia a partir dos compostos formados na fotosíntese.  Eliminación ou reaproveitamento de produtos
  • 9.
    2. O PROCESODIXESTIVO NOS ANIMAIS O proceso dixestivo é o conxunto de fenómenos que ocorren no aparello dixestivo e que nos permiten captar o alimento e transformalo en nutrientes (substancias útiles) para as células e expulsar os refugallos. Fases do proceso dixestivo: 1. Inxestión: toma do alimento do exterior. 2. Dixestión: é a descomposición do alimento para obter os nutrientes. 3. Absorción: paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o sangue para levalos a todas as células. 4. Exestión: eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do alimento. Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.
  • 10.
    Tipos de Dixestión Adegradación do alimento a nutrientes pode suceder de dous xeitos:  Intracelular: ocorre dentro das células. Característica de organismos unicelulares e de pluricelulares simples (esponxas). Considéranse animais sen aparello dixestivo.  Extracelular: ocorre fóra das células no aparello dixestivo. É o tipo máis habitual. Supón, normalmente dous procesos: - Dixestión mecánica: desmenuzado do alimento por medio de estruturas especializadas (p.e. Dentes). - Dixestión química: unhas proteínas especiais chamadas enzimas permiten liberar os nutrientes do alimento.
  • 11.
    Por último, amaior parte dos animais realizan unha dixestión interna, é dicir, os enzimas vértense no interior do aparello dixestivo. Sen embargo, algúns animais, como os arácnidos, fan unha dixestión externa secretando as enzimas ao exterior antes de inxerir o alimento. Tipos de Dixestión
  • 13.
    Tipos de AparellosDixestivos Hai dous tipos:  Cavidade gástrica: espazo recuberto de células con un único orificio que actúa de boca e ano. É típica dalgúns invertebrados como as medusas e pólipos.  Tubo dixestivo: conduto de tamaño variable que comeza nunha boca, por onde se toman os alimentos, e remata nun ano polo que se expulsan os residuos. Ao longo deste tubo hai distintas rexións con funcións específicas e adaptadas ao tipo de alimentación do animal.
  • 17.
    O proceso dixestivodalgúns invertebrados  As esponxas son filtradoras : fan pasar correntes de auga con partículas de alimento a través de poros das paredes do seu corpo. Nestes condutos atópanse os coanocitos que recollen as partículas alimenticias e fan unha dixestión intracelular.  Os celentéreos (medusas e pólipos) capturan presas vivas cos tentáculos provistos de células con veleno (cnidoblastos) que rodean a súa boca. A presa é introducida pola boca/ano cara a cavidade gastrovascular. A dixestión é extracelular. Esponxa Celentéreos- Medusas e pólipos
  • 18.
    O proceso dixestivodalgúns invertebrados  A maioría dos moluscos posúen un tubo dixestivo (con boca e ano xa separados) onde se produce a dixestión extracelular. Teñen un órgano, o hepatopancreas que produce enzimas dixestivos. Algúns moluscos, como os bivalvos, son filtradores.  Os artrópodos teñen tamén un tubo dixestivo para realizar a dixestión extracelular. Dependendo do tipo de artrópodo posúen distintos apéndices bucais, despois un esófago, un papo (buche) onde os alimentos mestúranse coa saliva e unha moega (molleja) onde se trituran. Por último pasan ao intestino e finalmente ao ano. ArtrópodosMoluscos Boca Ano Hepatopáncreas Estómago Ano Intestino Boca Esófago Papo Moega
  • 19.
    O proceso dixestivonos vertebrados Teñen unha dixestión extracelular que sucede nun tubo dixestivo. Hai variacións atendendo a alimentación, pero en xeral o aparello dixestivo dos vertebrados consta de:  Boca, onde ocorre a trituración (dentes) do alimento e a mestura coa saliva.  Farinxe, esófago e estómago, onde se realiza a dixestión gástrica.  Intestino delgado, onde finaliza a dixestión e se absorben a maioría dos nutrientes.  Intestino groso, onde se forman as feces. Ademais ao longo do tubo hai glándulas anexas (salivares, páncreas, fígado...) que verten enzimas e outras substancias que contribúen á dixestión.
  • 20.
    O proceso dixestivonos vertebrados
  • 21.
    3. A RESPIRACIÓNNOS ANIMAIS Como xa vimos no tema anterior, o proceso de respiración celular que sucede nas mitocondrias das células necesita osíxeno e produce dióxido de carbono. O O2 cóllese do exterior, e a súa vez, o CO2, que é unha substancia tóxica para as células é expulsada fóra do organismo. Este intercambio gasoso (entra O2 e sae CO2) lévase a cabo grazas ao aparello respiratorio. Hai moi distintos tipos de aparellos respiratorios, pero todos eles teñen rexións nas que se produce este intercambio gasoso chamadas superficies respiratorias. Están superficies sempre cumpren que: - Son delgadas. - Están húmidas. - Posúen numerosos vasos sanguíneos. Todo elo para facilitar o intercambio de gases.
  • 22.
    Respiración aérea- Respiraciónacuática No aire hai unha maior disponibilidade de osíxeno que na auga, sen embargo a exposición aérea seca as superficies respiratorias. Por iso os animais aéreos e acuáticos posúen distintas estruturas. Os animais aéreos soen ter as estruturas respiratorias no interior do corpo para evitar a desecación. Pola contra os animais acuáticos expoñen ao exterior (á auga con O2) estas estruturas porque o principal problema que teñen é a menor cantidade de osíxeno.
  • 23.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS Os animais máis sinxelos (esponxas, medusas...) non teñen aparello respiratorio, xa que fan o intercambio de gases a través da superficie do seu corpo. Os que sí o posúen, téñeno adaptado ao medio no que viven e asociado ao circulatorio (transporta os gases polo organismo). Hai catro tipos de respiración nos animais: cutánea, branquial, traqueal e pulmonar.
  • 24.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS  Respiración cutánea: o intercambio de gases relízase a través da súa pel, que é moi fina, sempre está húmida e ten numerosos vasos sanguíneos. É típica de moitos vermes e nos anfibios complementa a respiración pulmonar.
  • 25.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS  Respiración branquial: o intercambio realízase por medio de branquias, unha finas prolongacións da superficie do corpo a xeito de láminas que están percorridas por numerosos vasos sanguíneos. As branquias son características dos animais acuáticos, e poden ser externas (se saen cara o exterior) ou internas (se se atopan nunha cavidade interna que comunica co exterior). externas internas
  • 26.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS  Respiración traqueal: realízase a través de traqueas, uns condutos arborescentes que chegan aos órganos do animal. Estos tubos ábrense cara ao exterior por medio duns orificios chamados espiraculos ou estigmas. O diámetro dos condutos diminúe cara o interior permitindo a chegada do O2 ás células sen precisar un aparello circulatorio moi complexo. Esta respiración e típica dos artrópodos terrestres (arácnidos, insectos e mirápodos).
  • 27.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS  Respiración pulmonar: lévase a cabo mediante os pulmóns, que son cavidades internas de paredes finas e húmidas e repletas de vasos sanguíneos. O aire entra pola boca e as fosas nasais e continúa pola farinxe, larinxe, tráquea e bronquios (que entran xa nos pulmóns). Mediante a inspiración entra o aire e coa expiración sae, estos dous movementos constitúen a ventilación pulmonar.
  • 28.
    Nos anfibios ospulmóns son bolsas ocas; combinan esta respiración coa cutánea. En réptiles os pulmóns xa teñen maior superficie. En aves posúen unhas prolongacións chamadas sacos aéreos que aumentan motísimo esta superficie. Nos mamíferos están recheos de numerosos sacos denominados alvéolos xerando tamén moitísima superficie para o intercambio de gases. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
  • 29.
    4. TIPOS DERESPIRACIÓN NOS ANIMAIS
  • 30.
    5. TRANSPORTE DESUBSTANCIAS NOS ANIMAIS Os animais máis sinxelos non teñen aparello circulatorio, xa que os nutrientes e o O2 chegan directamente a todas as células. No resto, é este aparello o encargado do transporte e a recolleita do CO2 e os refugallos resultantes do metabolismo. O aparello circulatorio está formado por:  Líquido de transporte: é o sangue nos Vertebrados e vermes e a hemolinfa nos insectos.  Vasos: son os condutos polos que circula o líquido. Nos Vertebrados poden ser: arterias (saen do corazón), veas (chegan ao corazón) e capilares (onde se produce o intercambio de gases, nutrientes e refugallos; conectan arterias e veas).
  • 31.
    5. TRANSPORTE DESUBSTANCIAS NOS ANIMAIS  Corazón: órgano que bombea o sangue polos vasos.
  • 32.
    6. TIPOS DEAPARELLOS CIRCULATORIOS NOS ANIMAIS Hai dous tipos:  Aparello circulatorio aberto: aparece en moluscos e artrópodos. Os vasos (condutos para a circulación) non forman un circuito pechado. O sangue ou a hemolinfa enchoupa as cavidades en contacto coas células, nelas realízase o intercambio de gases e nutrientes, e de aquí volve ao corazón a través duns orificios chamados ostiolos.  Aparello circulatorio pechado: en anélidos, cefalópodos e vertebrados. O sangue circula sempre polo interior de vasos nun sistema pechado (saen do corazón e retornan a él). Hai dous tipos: - Simple: aparece nos peixes. O sangue pasa só unha vez polo corazón. Circuito: Corazón-branquias (recolle o O2 e deixa o CO2)-resto do corpo (descarga o O2 e recolle o CO2)- Retorno ao corazón.
  • 33.
  • 34.
    6. TIPOS DEAPARELLOS CIRCULATORIOS NOS ANIMAIS - Dobre: no resto de vertebrados. O sangue pasa dúas veces polo corazón. Ten dous circuitos, a circulación pulmonar ou menor que se establece entre os pulmóns e o corazón; e a circulación xeral ou maior entre o corazón e o resto do corpo. Circulación pechada dobre
  • 35.
    7. A EXCRECIÓNNOS ANIMAIS O metabolismo celular orixina substancias de refugallo que son tóxicas e deben ser expulsadas fóra do organismo. Son substancias como o CO2, o amoníaco ou a urea. O CO2 elimínase a través do respiratorio; o resto de refugallos son expulsados mediante o aparello excretor. A excreción é o proceso polo que se recollen e se eliminan os refugallos procedentes do metabolismo. Nos animais máis sinxelos (esponxas e celentéreos) non hai aparello excretor e verten directamente ao medio a través da superficie do seu corpo. Nos insectos teñen uns tubos (túbulos de Malpighi) que verten ao intestino os refugallos. Nos crustáceos hai unhas glándulas (glándulas verdes) na base das antenas polas que os expulsan.
  • 37.
    7. A EXCRECIÓNNOS ANIMAIS Nos vertebrados hai distintos órganos, os máis importantes son os riles que forman os ouriños que permiten a expulsión da urea. Os ouriños formados nos riles saen polos uréteres que os levan a vexiga urinaria onde son almacenados. De aquí saen ao exterior pola uretra. Nos mamíferos, ademais dos riles outros órganos participan na excreción de diferentes substancias: glándulas sudoríparas, pulmóns … Os réptiles e aves que beben auga salgada dispoñen de glándulas segregadoras do sal para eliminar o exceso.
  • 38.
  • 39.
    8. A NUTRICIÓNDAS PLANTAS Os organismos unicelulares fotosintéticos toman os nutrientes directamente do medio externo. As algas pluricelulares e carrizas, non teñen sistemas de transporte de nutrientes e precisan vivir en ambiente húmidos para tomar a través do toda a súa superficie as substancias que precisan. As plantas superiores desenvolveron órganos especializados na nutrición:  As raíces absorben a auga e os minerais.  O talo sostén a planta e posúe condutos de transporte para o zume.  As follas realizan a fotosíntese.
  • 40.
    8. A NUTRICIÓNDAS PLANTAS Absorción de nutrientes É o paso da auga e sales minerais dende as raíces cara o resto da planta e realízase a través dunhas finas prolongacións das raíces chamadas pelos absorbentes. O zume bruto (auga + sales minerais) é a materia prima para realizar a fotosíntese. Transporte de zume bruto Dende a raíz, o zume bruto pasa aos vasos leñosos (formados por células mortas) que constitúen un tecido denominado xilema. Estes vasos percorren o interior do talo e transportan o zume bruto ata as follas. O ascenso débese a varios fenómenos: capilaridade, presión da auga na raíz, transpiración foliar...
  • 41.
    8. A NUTRICIÓNDAS PLANTAS Intercambio de gases Para realizar a fotosíntese precísase CO2 e prodúcese O2 que en parte é requerido na respiración e en parte libérase ao medio. Este intercambio de gases lévase a cabo a través dos estomas (unhas estruturas formadas principalmente por dúas células en forma de ril que deixan entre elas un orificio).
  • 42.
    8. A NUTRICIÓNDAS PLANTAS Fotosíntese O zume bruto e o CO2 grazas a luz do sol captada pola clorofila dos cloroplastos, son transformados na fotosíntese en zume elaborado (materia orgánica) que será repartido por toda a planta e libérase O2. A fotosíntese é imprescindible por:  Produce osíxeno.  Convirte a materia inorgánica en orgánica dispoñible para os demais seres vivos.  Elimina o exceso de dióxido de carbono na atmosfera. Transporte de zume elaborado O zume elaborado vai dende as follas (principal órgano fotosintético) cara o resto da planta a través dos vasos liberianos (formados por células vivas) que constitúen un tecido chamado floema.
  • 43.
    8. A NUTRICIÓNDAS PLANTAS Metabolismo e respiración celular O zume elaborado chega a todas as células da planta, os nutrientes que contén utilízanse en levar a cabo o metabolismo celular. Unha parte dos nutrientes orgánicos son utilizados en reaccións anabólicas (precisan enerxía) para construir os propios compostos orgánicos da planta. Outra parte dos nutrientes empréganse en reaccións catabólicas (liberan enerxía) que os rompen en moléculas máis sinxelas a través da respiración celular (necesítase O2), nas mitocondrias. Excreción nas plantas As plantas non teñen aparello excretor porque as necesidades de excreción son mínimas. As plantas reutilizan a maior parte dos refugallos. O CO2 e o O2 expúlsanse polos estomas e outros refugallos almacénanse nos vacúolos das células ou nos espazos entre elas.
  • 44.
  • 45.
    Webgrafía Nutrición 99quintos.blogspot.com actividadredclase.blogspot.com anatomiafundauc.blogspot.com animalesdepredadore-s.blogspot.com www.animalesyanimales.com www.angelfire.com www.apyc.es atinachilepro.bligoo.cl bachibiology.wordpress.com biologiconcedos.blogspot.com www.biologia.edu.ar biologiafotosdibujosimagenes.blogspot.com bioquimpao.blogspot.com cellulenumeriealtro.blogspot.com cienciaaldia.webnode.es cienciasdejoseleg.blogspot.com www.clarionweb.es www.cobach-elr.com comohacerte.com docentes.educacion.navarra.es e-ducativa.catedu.es elcuerpohumanoen.blogspot.com http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google- no-ies-de-teis: “Anutrición dos animais”-Ángela Otero http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google- no-ies-de-teis: “Nutrición das plantas”-Aarón. www.fotosimagenes.org gavetasdemiescritorio.blogspot.com www.quimicaweb.net www.lourdes-luengo.es www.mascotaclub.com miatic1bg2.wikispaces.com html.rincondelvago.com http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados http://www.slideshare.net/adaneco/vertebrados-18869396 wikinaturaceibal.wikispaces.com www.wikipedia.org