¿Que estudia ameteoroloxía? A diario experimentamos moitos fenómenos atmosféricos, pero a maioría das veces non nos damos conta que ocorren. A interacción entre o Sol e a atmosfera é a principal causa destes fenómenos.
3.
Estas diferencias detemperatura á súa vez producen variacións de presión na atmosfera e, xa que a atmosfera busca sempre o equilibrio de temperatura, o aire desprázase dun lugar a outro. Este desprazamento do aire , coñécese popularmente como “Vento”.
4.
Estos procesos combinadoscoa topografía do terreo causan outros fenómenos meteorolóxicos, como por exemplo a formación das nubes. A rama da ciencia que estuda estos e outros comportamentos da atmosfera é chamada “meteoroloxía”.
5.
Cando o Solquenta o aire e a superfície da Terra, prodúcense diferencias de temperatura ( diferencias térmicas) entre unhas zonas e outras.
6.
Termo que faireferencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso). Que é a meteoroloxía?
7.
Como se predío tempo? Para entender o complexa que é a meteoroloxía hai que pensar que é necesario recopilar os datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade, visibilidade, forza e dirección do vento, etc…)
8.
Todos estes datosque son recollidos por miles de estacións meteorolóxicas de diferentes organizacións nacionais e internacionais distribuidas por todo o planeta, deben ser moi precisos, xa que do contrario poden provocar erros importantes á hora de realizar os cálculos necesarios para facer o pronóstico.
9.
A maior parteda información que manexan os meteorólogos obtéñena de pequenas estacións meteorolóxicas que hai na Terra, a maior parte delas automatizadas. Moitas utilizan a enerxía solar como fonte de enerxía e transmiten os datos vía satélite aos centros meteorolóxicos máis cercanos. Quedan algunhas nas que aínda hai que recoller as lecturas persoalmente e despois anotalas manualmente.
10.
Todo isto éposibel grazas á tecnoloxía da información. Desde os potentes ordenadores que fan correr os programas especialmente diseñados para isto usando toda a información que cada unha das miles de estacións meteorolóxicas lle envían, ata os satélites meteorolóxicos, que con imaxes e datos axudan a ver o estado actual da atmosfera dunha forma máis global.
11.
As variables atmosféricascambian constante-mente, e os meteorólogos deseñaron o que se coñece como “modelo atmosférico”, que non son nen máis nen menos que ecuacións matemáticas que describen as principais variables da atmosfera (a temperatura, a presión atmosférica e a cantidade de vapor de aire) e como poden evolucionar co paso do tempo.
12.
O resultadofinal é un mapa indicando a posición das diferentes borrascas e anticiclóns xunto coa posición das isobaras.
13.
Masas de aire,frontes, isobaras, presión… ¿Que son? O aire da Terra circula libremente por toda a atmosfera impulsado por enormes motores coñecidos como anticiclóns e borrascas. A circulación do aire ao redor destas zonas de altas (anticiclóns) ou baixas ( borrascas) presións varía dependendo da latitude, o hemisferio no que se se atope e a velocidade á que se mova.
14.
Cando o aire xira ao redor dun anticiclón alónxase do seu centro e iso favorece que o aire que se atopa a máis altura descenda ata a superficie. Isto en meteoroloxía denomínase situación estable e está asociado con tempo seco e xeralmente sen nubes. Os anticiclóns soen ser máis estáticos cas borrascas e poden chegar a permanecer sobre algunhas zonas do planeta de forma case perpetua.
15.
En España oanticiclón máis coñecido é o anticiclón das Azores, que mantén o seu centro ancorado de forma case permanente nas illas Azores, de aí o seu nome. Proporciona tempo seco e soleado durante gran parte do ano a España e outras zonas do Sul de Europa e Norte de África, ao desviar os frentes e borrascas por latitudes superiores.
16.
Unha borrasca fórmasecando se xuntan dúas masas de aire, unha fría e outra quente. O aire frío pesa máis e levanta ao cálido favorecendo o desenvolvemento de nubes.
17.
No centro dunha borrasca o aire converxe e despois ascende, e ao facelo enfríase. Este enfriamento favorece a formación de nubes que soen producir precipitacións de diferente intensidade e tamaño.
18.
Pero no todaslas borrascas traen la misma cantidad de precipitación. Algunas son mucho más activas y destructivas que otras. Por ejemplo la fuerza destructiva de un huracán (que no es más que una borrasca de dimensiones desproporcionadas) no es comparable con las borrascas que se dan en nuestras latitudes. Pero non todas as borrascas traen a mesma cantidade de precipitacións. Algunhas son moito máis activas e destructivas que outras. Así, por exemplo, a forza destructiva dun furacán non é comparable coas borrascas que se dan nas nosas latitudes.
19.
Un furacán noné máis que unha borrasca de dimensións desproporcionadas.
20.
En España asborrascas non adoitan ser tan frecuentes como noutros países de Europa. As que nos visitan achéganse polo Atlántico ás nosas costas a ao Cantábrico . Coas calores do verán, as baixas presións tamén se instalan na Península favorecendo a formación das típicas treboadas de verán.
21.
Na formación dunhaborrasca, as masas de aire frío e quente atópanse e retórcense formando unha espiral . O resultado son dúas rexións claramente diferenciadas pola temperatura e pola humidade do aire. Entre estas hai unha liña divisoria, como unha fronteira.
22.
Estas fronteiras danatureza coñécense como frontes e aparecen a cotío nos mapas do tempo dos medios de comunicación. En España as frontes, ao igual que as borrascas, soen chegar polo Atlántico avanzando primeiro por Galicia, Asturias e Castela- León para acabar 24 horas máis tarde nas comunidades do Mediterráneo.
23.
Hay catro tiposde frontes : Frías Cálidas Ocluídas Estacionarias
As frontesfrías aparecen debuxadas cunha raia continua de cor azul con triángulos adosados que tamén nos indican a dirección de avance da fronte. Provoca chubascos e incluso treboadas ao seu paso e un descenso significativo das temperaturas. Quente
26.
As frontescálidas nos mapas do tempo están debuxadas cunha raia vermella cuns semicír-culos espaciados simétricamente apuntando á dirección de avance da fronte. Acostuman levar choivas e tras o seu paso hai aumento das temperaturas.
27.
Fronte estacionaria Na fronte estacionaria como o seu nome indica, as masas de aire ao redor desta fronte non se atopan en movemento. Será semellante á fronte cálida e producirá condicións climáticas similares.
28.
A fronteocluída fórmase cando a fronte fría substitúe á fronte cálida en superficie, é dicir, o aire cálido é levantado polo aire frío que empurra á fronte fría.
29.
As frontes ocluídasdebúxanse en cor morada ou lila e intercálanse triángulos e semicírculos. Poden traer choivas débiles ou algún chubasco, pero as temperaturas varían de forma moi lixeira respecto das que había antes do seu paso.
30.
Mapas do tempoSon os mapas que xeralmente vemos na TV e no xornal. Amosan unhas liñas, chamadas isobaras, que arrodean aos anticiclóns ( nos mapas aparecen cunha A) ou ás borrascas (aparecen sinaladas cunha B)
31.
¿Pero que sonas isobaras? As isóbaras son unhas líñas que debuxan os meteorólogos unindo tódolos puntos que están á mesma presión.
32.
Cando as isobarasestán moi xuntas significa que nunha distancia peque-na haberá variacións de presión moi grandes. Canto máis xuntas estean as isoabaras, máis forte soprará o vento.
33.
Este vento vesereflectido no mapa de símbolos que é o mapa no que o meteorólogo sintetiza de forma máis visual e entendible para o público o que se representa no mapa de previsións. O vento represéntase cunhas frechas que, según o número de raias que as atravesen, nos indican a forza do mesmo.
34.
Sempre que sefala de precipitacións hai que referirse aos diferentes estados (sólido e líquido) nos que a auga se precipita dende as nubes ata chegar ao chan. Tipos de precipitacións
Choiva : o diámetro das gotas é maior ca un milímetro. Chovizna : o diámetro das gotas é igual ou inferior a medio milímetro. Aquí en Galicia e tamén en Asturias coñécese como “orvallo”, “xirimiri” no país basco e “calabobos” noutras comunidades. Chubascos ou chaparróns: cando a precipitación comeza e remata de forma súbita. Precipitacións líquidas
37.
Precipitacións sólidas: Neve:está composta por cristais de xeo que se unen entre sí para formar un copo . Granizo: está composto por anacos de xeo ou pedrisco con diámetros que oscilan entre 0.5 e 5 cm.
38.
Métodos populares deprevisión do tempo En Portugal é típica a figuriña do galo que muda a súa cor según o tempo. Din que a cor do galo anuncia cambios de tempo, ainda que se trata dunha capa de cloruro de cobalto que cambia de tonalidade en función do aire. A súa fiabilidade non é sempre elevada, pero distingue ben os tempos secos dos húmidos en función do aire, asociados ao sol ou ás choivas respectivamente.
39.
Un monxe benedictinopopularizou un sistema parecido. Trátase dunha variña máxica feita con tripa de vaca que, ao aumentar a humidade, se alonga ata a escala de tiempo revolto ou chuvioso. Con vento seco contráese e o monxe indica bo tempo.
40.
Os animais taménsaben predicir o tempo Os insectos son uns dos mellores meteorólogos. As abellas soen voar ao seu panal cando se achega unha treboada. Tamén poden anticipar o tempo que se aveciña: cando en outono hai máis abellas do normal, é probable que o inverno sexa frío e con abun-dantes nevadas .
41.
As formigas, candose espera a chegada de tempo de choiva ou inestabel, aumentan a súa actividadde e camiñan en liña recta.
42.
O grilo tamén nos proporciona moita información. No verán aumenta a frecuencia dos seus chirridos a medida que aumenta a temperatura do aire. Son un perfecto termómetro.
43.
Cando o gatose lava a cara. Se as mulas moven moito as orellas. Se os animais teñen calambres. Se os palomos se dan un baño. A aparición de formigas aladas. Sinal de choiva probable:
44.
Cando o galocanta durante o día. A tranquilidade xeral dos animais. Cando as cicatrices antigas de feridas e amputacións en humanos doen ou pican. Cando os gatos corren e saltan é sinal de vento. Sinais de cambio de tempo:
45.
Refráns relativos aotempo En febreiro, entra o sol no regueiro. Flor de febreiro, non chega ao fruteiro. En maio, ainda a vella queima o tallo . Ata o 40 de maio, non te quite-lo saio. Arco da vella, auga na terra . Cando chove e sarabea, fai un frío que rabea . Ceo empedrado, terreo mollado . Maio ventoso, ano fermoso. Marzo, marzadas: vento, frío, sol e saraibadas . En xaneiro pon o alleiro. Que outros sabes ti?