CHUVIA
Precipitación líquida.
Prodúcese ennubes baixas pola condensación e
agrupamento de moitas pequenas pingas de auga
que ao non poder manterse en suspensión caen
atraídas pola forza da gravidade.
O tamaño das pingas depende da altura da que caian:
se caen de pouca altura son pequenas (orballo) e se
caen de moita altura, agrúpanse moitas pequenas
pingas para formar pingas máis grandes.
4.
ARCO DA VELLA
Éun efecto óptico que consiste na aparición no ceo
dun arco con bandas de cores, cubrindo todo o
espectro visible de luz, e que se produce como
resultado de presenza simultánea da luz directa do
sol e chuvia.
A explicación deste meteoro atópase na dispersión
cromática que provocanas pingas de auga
condensada presentes no aire.
6.
NEVE
É un fenómenometeorolóxico consistente na
precipitación de pequenos cristais de xeo.
A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga
experimenta unha alta deposición na atmosfera a
unha temperatura menor de 0ºC, e posteriormente cae
sobre a Terra.
8.
PEDRISCO ou SARAIBA
Precipitaciónsólida en forma de bolas de xeo.
Prodúcese por sucesivas conxelacións das pingas
de choiva como consecuencia das múltiples subidas,
baixadas e remuíños das pingas de auga dentro das
nubes de tormenta.
10.
VENTO
Correntes que seproducen cando se atopan masas de
aire de presións diferentes. O aire circula da de máis
presión á de menos presión ata acadar o equilibrio.
A calor dilata as partículas do aire (fai aumentar o seu
volume coa conseguinte perda de densidade) o que lles
permite elevarse. O espazo baleiro é ocupado por
outras partículas próximas que volven a quecer e
continúan o proceso, establecendo unha corrente de
aire quente ascendente e outra horizontal de aire frío
que ven a ocupar ese espazo. Na parte alta da
atmósfero o aire quente que chega desplaza ao que
estaba alí cara a latitudes máis altas provocando outra
corrente horizontal, e cando o aire se enfría descende
completando o ciclo.
12.
ANTICICLÓN
Masa atmosférica dealtas presións nas que predomina
o aire frío, sen humidade, que descende. Pode ocupar
unha superficie de 1.000 a 3.000 km. de diámetro.
Producen ventos que van da parte central ao exterior
polos que intercambia presión. As presións poden ser
de máis de 1.040 milibares.
Os anticiclóns son síntoma de bo tempo.
14.
BORRASCA ou CICLÓN
Masaatmosférica de baixas presións formada por
aire quente e húmido que se eleva. Ocupa menos
superficie que os anticiclóns e produce ventos fortes
e precipitacións. Pode ter unha presión de ata 950
milibares.
As borrascas son síntomas de tempo revolto.
16.
LÓSTREGO
É unha descargaeléctrica que se produce entre as
nubes de chuvia ou entre unha destas nubes e a
terra.
A descarga é visible con traxectorias sinuosas e
ramificacións irregulares que teñen ás veces moitos
quilómetros de distancia, fenómeno coñecido como
lóstrego ou relampo.
Tamén se produce unha onda sonora chamada trono.
18.
AURORAS POLARES
Prodúcese candounha exección de masa solar choca
cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, dando
lugar a unha luz difusa pero predominante proxectada
na ionosfera terrestre, composta de partículas
protónicas que difunden a cor.