Imos estudar
•Os factores do clima : Os factores xeográficos, e Os
factores termodinámicos.
• Os elementos do clima: a insolación e a nebulosidade. A
temperatura do aire. A humidade do aire, a néboa e a
calima. A presión e o vento. As precipitacións. A
evaporación, a evapotranspiración e a aridez.
• Tipos de tempo atmosférico en España: Tempo do
Noroeste. Tempo do Norte. Tempo do Oeste. Tempo do
SO ou Sur. Tempo do Leste. Gota fría.Tempo cálido e
estable. Vaga de calor. Tempo tormentoso de verán.
• Principais tipos de clima en España : O clima oceánico. O
clima mediterráneo.O clima de montaña. O clima de
Canarias.
3.
Conceptos previos
•Tempo : Estado físico da atmosfera nun
momento e un lugar determinado, resultante da
combinación das variables:temperatura,
precipitacións, nubosidade, ventos..
• Clima : sucesión periódica dos tipos de tempo
nun lugar determinado (determínase un período
duns 30 anos).
• Tempo atmosférico é estudado pola
metereoloxía (rama da física)
• Clima: pola climatoloxía, rama da xeografía física.
4.
• Hai queter en conta a incidencia dos raios
solares na terra e a súa inclinación, que
determina tres zonas climáticas:
• Cálida 0-30 graos
• Temperada 30-60 graos
• Fría 60-90 graos
• Pero unha serie de factores modificarán esta
primeira clasificación.
6.
• En Españaexiste unha gran diversidade de tempo
atmosférico e de climas.
• A diversidade climática ven dada pola
combinación dos:
• os elementos, son os aspectos observables e
cuantificables da atmosfera como a temperatura,
humidade, nubosidade ....).
• Os factores son os aspectos que exercen unha
influencia permanente e inalterable sobre o clima
como a latitude,altitude,influencia do mar,
circulación atmosférica.. Estes poden agruparse
en dous conxuntos: factores xeográficos e factores
termodinámicos
7.
Os factores xeográficos.
Os factores xeográficos que explican os climas
españois son a latitude, a situación, a influencia
do mar e o relevo.
• A latitude de España, situada na zona
temperada do hemisferio norte, determina a
existencia de dúas estacións ben marcadas
(verán e inverno), separadas por dúas de
transición (primavera e outono). En Canarias,
pola súa localización no extremo sur da zona
temperada, en contacto co dominio
intertropical, os contrastes entre estacións son
menos marcados.
8.
• A situaciónda Península, entre dúas masas
de auga de características térmicas distintas (o
océano Atlántico e o mar Mediterráneo) en
entre dous continentes (Europa e África)
convértea nunha encrucillada de masas de
aire de características distintas. Canarias
recibe tamén influencias atmosféricas variadas
debido á súa insularidade e á súa proximidade
ás costas africanas.
9.
• A influenciado mar
• A grande anchura do interior da Península, con
relevos paralelos á costa, e as costas pouco
recortadas, agás as Galegas, fai que a influencia
do mar sexa escasa no interior da Península. Este
feito establece claras diferencias entre unha
estreita periferia, aberta ó mar, e un ancho
núcleo de terras interiores caracterizados pola
continentalidade (escasez de precipitacións e
grande amplitude térmica).
10.
• Non entanto,a influencia do mar é decisiva
nos dous arquipélagos.
• A fachada atlántica do norte peninsular está
afectada pola deriva nordatlántica, ramal da
corrente cálida do Golfo. Así o Atlántico
compórtase como unha masa cálida no
inverno e fría no verán. Esta influencia e
trasladada á PI polos ventos do Oeste.
11.
• O relevoinflúe tamén no clima a causa da súa
disposición, da altitude e da súa orientación.
-A disposición do relevo peninsular ten varias
repercusións.
Os sistemas montañosos paralelos á costa frean a
influencia do mar, agás no val do Guadalquivir.
A posición (oeste-leste) da maioría dos relevos
montañosos, favorece a entrada de masas de aire
marítimo do oeste. Máis ao penetraren no interior
perden parte da sua humidade e fai que as súas
temperaturas se extremen.
12.
• As concaspechadas por montañas, como as
depresións do Douro e do Ebro, teñen precipitacións
escasas , pois as masas de aire descargan a súa
humidade nos sistemas montañosos que as bordean.
O estancamento do aire provoca néboas frecuentes.
-A altitude fai disminuír as temperaturas (uns 0,6º cada
100 m), tamén determina precipitacións orográficas
nas ladeiras de barlovento, precipitacións "ocultas"
(xeada e orballo) e precipitacións "horizontais"
(producidas polo estancamento das nubes).E
descenso de precipitacións na ladeira de sotavento,
xa que a masa de aire baixa seca. A isto se lle coñece
como efecto foehn.
• A orientación crea contrastes climáticos entre os
solleiros, que reciben maior insolación e os
avesedos.
14.
• Nalgúns casos,as temperaturas non baixan
coa altitude, senón que descenden, é o que se
chama proceso de Inversión térmica. esta
prodúcese por efectos de insolación nocturna
fundamentalmente en inverno en situacións
anticiclónicas. O aire máis frío e pesado queda
nas zonas máis baixas xa que o aire quente
non lle permite ascender. Adoita provocar
neboas baixas e orballo ao amencer.
16.
Os factores termodinámicos.
• Estes son os responsables da circulación atmosférica ou
sucesión de masas de aire que determina os distintos tipos de
tempo atmosférico e de clima. A circulación atmosférica está
rexida en altura pola corrente en chorro ou jet stream; e en
superficie, polos centros de acción, as masas de aire e as
frontes .
A CIRCULACIÓN EN ALTURA: A CORRENTE EN CHORRO
• Trátase dunha corrente de vento, de estrutura tubular que
circula en dirección oeste-leste entre os 9 e 15 Km de altitude.
• O tempo en superficie depende das variacións de velocidade da
corrente e do seu desprazamento estacional. Afecta á PI no seu
desprazamento cara ao sur no inverno.
17.
• A velocidadeda corrente é variable , e
describe diferentes formas no seu
percorrido. Cando circula rápido (a máis de
150 km./h), presenta suaves ondulacións e ten
un trazado case zonal (oeste-leste), que
corresponden en superficie coa fronte polar e
as súas borrascas. Pero cando a súa velocidade
diminúe, describe profundas ondulacións:
cristas ou dorsais que orixinan altas presións e
vales ou valgadas que orixinan baixas presións.
Ambas as dúas reflíctense en superficie e dan
lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos.
20.
• As ondulacións,que poden chegar a
desprenderse do chorro principal, permítenlle ó
aire polar penetrar moi ó sur, e ó aire tropical
desprazarse cara ó norte, o que lle dá gran
variabilidade ó tempo da zona temperada.
• Os desprazamentos estacionais do chorro en
latitude determinan que afecte a España
principalmente en inverno, mentres que en
verán se traslada cara a latitudes máis
setrentionais e, polo xeral, só incide na franxa
cantábrica peninsular.
21.
A CIRCULACIÓN ENSUPERFICIE: CENTROS DE
ACCIÓN, MASAS DE AIRE E FRONTES
Os centros de acción son áreas de altas e baixas
presións. A presión atmosférica é o peso do aire
sobre unha unidade de superficie. Mídese en
milibares (mb) mediante o barómetro e
represéntase nos mapas do tempo mediante as
isóbaras ou liñas que unen puntos con igual
presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4
mb. A presión normal é de 1013 mb, aínda que
nos mapas do tempo adoite considerarse un valor
de 1016 mb.
http://www.slideshare.net/carlosarrese/tema-
2-clima?related=1
22.
• Unha altapresión ou anticiclón é unha zona de
altas presións. As presións aumentan cara ao
interior.Os ventos circulan ó seu arredor no
sentido das agullas do reloxo (no HN). Produce
tempo estable.
• Unha baixa presión, depresión, borrasca ou
ciclón é unha zona de baixas presións. As
presións diminúen cara ao interior.Os ventos
circulan ó seu arredor no sentido inverso ao
das agullas do reloxo( no HS). Produce tempo
inestable., frencuetemente chuvioso.
23.
Pola súa orixe,os centros de acción poden ser
térmicos ou dinámicos:
• Centros de acción térmicos. Orixínanse no interior
dos continentes
• Un anticiclón térmico orixínanse en inverno, cando
unha masa de aire arrefrí aen contacto coa terra: o
aire frío pesa máis, descende e exerce unha alta
presión.Provoca tempo frío e seco.
• Unha depresión ou baixa térmica orixínase en
verán fórmase cando o aire se quenta en contacto
coa terra: o aire quente pesa menos, elévase e
exerce unha baixa presión. Provocan tormentas en
verán
24.
• Os centrosde acción dinámicos . Solen formarse nos
océanos, en zonas nas que en altura a corrente en chorro
forma dorsais que crean anticiclóns, ou valgadas , que
crean depresións, que se reflicten en superficie.
• Os centros de acción que afectan á P.Ibérica son:
• Anticiclóns
• O anticiclón das Azores en verán.
• Anticiclóns polares árticos.
• Anticiclón escandinavo.
• Anticiclóns térmicos continentais europeos
• Anticiclón térmico do interior da península.
• Depresións:
• Depresión de Islandia
• Depresión do golfo de Xénova
• Depresións térmicas do norte de África
• Masas deAire. Son porcións de aire cunhas
características concretas de temperatura,
humidade e presión.
• As masas de aire que afectan á Península
ibérica son:
• Frias, árticas (A) ou polares(P), ou
• Cálidas, tropicais (T).
• Estas poden ser: húmida, marítimas (m), ou
secas, continentais(c).
30.
• As frontes.Son superficies que separan dúas
masas de aire de características distintas. a
ambos lados dunha fronte prodúcese un
cambio brusco das propiedades do aire. A
fonte máis importante para España é a fronte
polar, que separa as masas de aire tropical e
polar. As masas de aire cálido ascenden sobre
o aire frío, formando unha borrasca,
provocando precipitacións. Como a fronte fría
avanza máis rapidamente, o sector cálido
redúcese ata desaparecer (oclusión). Con iso
remata a enerxía da borrasca.
31.
Os elementos doclima
• Son os compoñentes observables e medibles da
atmosfera.
• INSOLACIÓN, é a cantidade de irradiación solar
recibida pola superficie terrestre. En España
temos máis de 2000 horas de sol ao ano.
• NEBULOSIDADE, e o estado da atmosfera en que
o ceo está cuberto de nubes.
• A TEMPERATURA, é o grao de calor que ten o
aire, mídese en graos centígrados co termometro.
As temperaturas presentan diferencias en función
de distintos factores como:Latitude, altitude e
distancia ao mar. Aspectos importantes son a
amplitude térmica anual e as xeadas
35.
• Amplitude térmicaanual
• Xeadas, cando a temperatura do aire baixa dos 0°
C, a auga que contén conxélase e sedeposita na
superficie. As xeadas poden ser: por irradiación,
producidas polo arrefriamento en noites
despexadas.
por advención, pola chegasa dunha masa de
aire frío.
En España o maior número de xeadas dase no
interior, sobre todo na submeseta norte e no val do
Ebro.
37.
• A HUMIDADE,a neboa e o calixeiro
• Neboa, suspensión de diminutas gotas de auga
na capa inferior da atmosfera. Pode ser por
irradiación no inverno, o por advección, pola
chegada de masas de aire cálido e húmido sobre o
solo frío ou pola chegada de aire frío sobre solo
cálido e húmido.
• Calixeiro, bruma seca causada por acumulación
de finas partículas de po nas capas baixas da
atmosfera. Fórmanse nas zonas secas no verán
cando os solos están resecos,por movementos
ascendentes do aire.
38.
• AS PRECIPITACIÓNS.Auga que cae á superficie
terrestre procedente das nubes, pode ser en
forma líquida ou sólida. Son causadas polo
arrefriamento e condensación do vapor de
auga contido no aire. Mídese polo pluviómetro
en mm ou litros por metro cuadrado. Nos
mapas represéntanse mediante isohietas, liñas
que unen puntos de igual precipitación.
• As precipitacións poden ser por causas
orográficas(relevo), convectivas (quentamento
do solo ou frontais (por contacto de dúas
masas de aire distintas)
39.
• As precipitaciónsen España son moderadas e
se deben a distintos factores:
• Latitude
• Proximidade ao mar
• Altitude
41.
• PRESIÓN EOS VENTOS
• A presión atmosférica, é o peso do aire sobre
unha unidade de superficie. Depende das
características das masas de aire que se
sitúansobre a Península. No inverno e no verán,
dominan as altas presións e na primavera e no
outono as baixas presións.
• Os ventos son movementos horizontais do aire ,
causados pola diferencia de presión. Na
península dominan os ventos de poñente, pero
existen numerosos ventos locais, que se
superpoñen(El Cierzo en Aragón, Tramuntana en
Cataluña)
42.
• A EVAPORACIÓN,A EVAPOTRANSPIRACIÓN E A ARIDEZ.
• A evaporación é o proceso mediante o cal a auga
transfórmase en vapor. A intensidade da evaporación crece
cando aumenta a temperatura.
• A evapotranspiración é a perda da humidade da superficie
terrestre, debida á insolación e a transpiración das plantas
do solo.
• A aridez é a insuficiencia de auga tanto no solo como na
atmosfera, depende da relación entre temperaturas e
precipitacións.
• Para calcurar a aridez utilízanse duas fórmulas
• Indice de Gaussen, 2T⁰C ≥ Pmm para a aridez mensual.
Son meses secos aqueles nos que a precipitación total e
inferior a duas veces a temperatura.
• Indice de Martonne ,P/T+10 para a aridez xeral.
Diferéncianse zona húmida(>30), semihúmida (20-30),
semiárida(10-20), esteparia(5-10) e desértica(0-5).
45.
Tipos de tempoen España
• A circulación atmosférica en altura e en superficie
da lugar a distintos tipos de tempo.
• Na Península os máis frecuentes son:
• No inverno predomina o tempo anticiclónico frío
e seco, causado polos anticiclóns térmicos do
interior peninsular e de centroeuropa( sit NL) e
polos anticiclóns polares atlánticos(Sit N NO).
Pero o descenso da corriente en chorro e do
Anticiclón das Azores, permite unha maior
incidencia da fronte polar e das borrascas
atlánticas(sit O SO).
46.
• No verándomina o tempo anticiclónico seco e
caloroso, causado principalmente polo anticiclón
das Azores, que ascende en latitude nesta época
do ano e polo anticiclón do norte de África.
Ocasionalmente poden producirse tormentas
polo quentamento do solo ou pola penetración
de masas de aire frio en altura.
• No outono e na primavera o tempo é variable.
Prodúcense situacións anticiclónicas e
precipitacións, ligadas ao paso das borrascas
atlánticas , inestabilidade no leste do
Mediterráneo e gotas frías.
47.
• En Canariaso tempo normal é estable. Está
determinado pola presenza do anticiclón das
Azores e do vento alisio do norleste, fresco e
húmido.
• No inverno o aire polar mariño causa
temporais ou intensas precipitacións.
• No verán, o aire sahariano seco do leste ou do
sueste ocasiona ondas de calor.
48.
Comentario mapas detempo
• Identificación.
• Analizar o mapa de superficie.
• Analizar os centros de acción: Anticiclóns ou altas
presións e Borrascas ou baixas presións.
Localizalos, indicar a sua potencia(anticiclóns) e a
profundidade (borrascas) dependendo dos
valores da presión no núcleo. Indicar o gradiente
de presión (forza e velocidade do vento)indicado
pola separación das isóbaras.
Fixarse nas configuracións barométricas ou
isobáricas que indican os anticiclóns , as borrascas.
50.
• As frontes: identificalas
situalas xeograficamente e a que borrascas van
asociadas, comentar os frentes cálidos , frios ou
ocluídos.
• Interpretación do mapa, tomando como referencia as
situacións máis comuns de primavera, verán outono e
inverno. Previsión do tempo.
• Indicar causas(masas de aire, altas e baixas presións)
e consecuencias (precipitacións.. do tipo de tempo
representado.
• Determinar estación do ano.
• Indicar a correspondencia co mapa de altura.
Identificar isohipsas, isotermas e a corrente en
chorro.
67.
Os climas deEspaña
• As particularidades do territorio español dan
lugar a unha gran diversidade de climas.
• Os climas principais son: O clima mediterráneo
e o Oceánico coas súas variantes, o de
montaña e o clima de Canarias.
69.
O clima Oceánico
• A area que ocupa é o Norte da Península: Cornixa
Cantábrica e Galicia, así como o sur dos Pireneos.
• As precipitacións son abundantes e regulares,
superiores a 800 mm e con mais de 150 días
chuviosos ao ano.
A súa distribución e regular, pois dáse ao longo
de todo o ano, xa que a área está baixo o dominio
das borrascas do fronte polar, pero os máximos
solen darse no inverno e un mínimo no verán debido
á influencia do anticiclón das Azores.
A forma é suave, o que favorece a filtración ao solo.
70.
• As temperaturasson suaves con diferenzas
entre a costa e o interior.
-Na costa as temperaturas oscilan no
inverno entre os 6°C e os 10°C e no verán
ningún mes se superan os 22°C de media. A
amplitude térmica e baixa(9-12°C).
-No interior ao diminuír a influencia mariña
a amplitude térmica é moderada(12-15 °C)e as
temperaturas son máis frías no inverno , baixan
dos 6°C ,e máis cálidas no verán.
73.
Clima mediterráneo
•A área que ocupa e máis extensa, comprende o resto
do territorio español ao sur do oceánico, as illas
Baleares, Ceuta e Melilla.
• As precipitacións son de moderadas a escasas,
irregulares e tormentosas. Oscilan entre os 800 mm e
os 300 mm
A distribución ao longo do ano e irregular, os veráns son
secos, por influencia do anticiclón das Azores, os máximos
se dan en primavera e sobre todo en outono, agás as
zonas cara o atlántico que se producen no inverno.
A forma é de carácter torrencial provocando a miúdo
inundacións.
74.
• As temperaturasvarían coa latitude e a distancia
ao mar. Así distínguense tres subtipos: marítimo,
continentalizado e seco.
Clima mediterráneo marítimo.
• Area, costa mediterránea peninsular, a costa
sudatlántica, baleares , Ceuta e Melilla.
• As precipitacións son escasas e moderadas, entre
os 800 e os 300mm.
• Na costa sudatlántica as precipitacións son máis
abundantes, debido á influencia das borrascas
atlánticas, sobre todo no inverno e no outono.
75.
• Na costamediterránea as precipitacións son
menores, porque as borrascas atlánticas perden
forza ao atravesa a península e as suas barreiras
montañosas.O seu máximo é en outono, e con
caracter torrencial,debido ás tormentas
provocadas pola diferencia de temperatura entre
as augas cálidas que se arrefrían máis lentamente
que a terra.Tamen poden darse pola chegada de
masas de aire do leste, ou por gotas frías en
altura.
• As temperaturas teñen unha amplitude térmica
moderada(12-16°C), debido á calidez do
Mediterráneo.os invernos son suaves, o mes mais
frio non baixa de 10°C, e verán calorosos con
temperaturas medias superiores aos 22°C.
77.
Clima mediterráneocontinentalizado.
• A area que ocupá comprende o interior da
península, agás a zona media do val do Ebro.
• As precipitacións son escasas ou moderadas,
entre os 800 e os 300.
• No sector occidental as precipitacións son máis
abundantes,sobre todo en inverno, debido á
maior frecuencia do paso das borrascas atlánticas.
• No interior das depresións do Ebro e castelás,as
precipitacións son menores, debido ao seu
encaixamento entre montañas, o seu máximo ten
lugar en outono e sobre todo na primavera, cando
se debilitan os anticiclóns invernais.
79.
• As temperaturascaracterízanse por ter unha amplitude
térmica alta, superior aos 16°C,debido á illamento da
influencia mariña. Isto permite distinguir tres subtipos
climáticos:
-A submeseta norte e as terras altas de
Guadalajara,Teruel e Cuenca,con veráns frescos(< 22°C) e
invernos fríos con temperaturas(< 6°C)con frecuentes
xeadas e néboas.
-A submeseta sur e os bordos do val do Ebro, con
veráns calorosos con temperaturas superiores aos22°C e
invernos frios pero con menos xeadas.
-Estremadura e o interior de Andalucía, con veráns
moi calorosas e invernos moderados onde o mes máis frío
oscila entre os 6 e os 10°C.
80.
Clima mediterráneoseco, subdesertico ou estepario.
• A área que ocupa comprende o SL peninsular e a zona
media do val do Ebro.
• As precipitacións son moi escasas, entre os 300 e os
150mm.
- No SL peninsular a aridez obedece a que a zona está
protexida das borrascas atlánticas polas cordilleiras
Béticas, as do Mediterráneo chegan con dificultade, e son
frecuentes as masas de aire seco procedentes de África.
As unicas precipitacións proceden das borrascas que
penetran polo Estreito e as formadas ocasionalmente no
mar de Alboran.
- Na zona media do val do Ebro, a aridez débese ao
encaixamento entre o sistema Ibérico e a cordilleira
Costero-Catalá.
81.
• As temperaturasvarían en función da latitude
e a distancia ao mar, distinguíndose.
- A estepa cálida da costa SL(Murcia, Almería)
con temperaturas en torno aos 17-18°C de media
anual e invernos moi suaves por enriba dos 10°C.
-A estepa fría do interior do SL(Leste da
Mancha, Albacete)e da zona media do val do
Ebro (Zaragoza), con medias anuais inferiores aos
17°C e invernos moderados(6-10°C ) ou frios por
debaixo dos 6°C.
Vocabulario • Amplitudetérmica ou oscilación térmica. Diferncia entre os valores áximos e
mínimos dunha temperatura. Podese referir a um día, mes ou ano
• Aridez
A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A
aridez aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen
diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un
mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a
aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos
de 30mm de precipitación).
• Barlovento
Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir,
ladera dun relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse
o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce
precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a
masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera
Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento.
• Inversión térmica
Aumento da temperatura do aire ó aumentar a altura, cando debera de disminuir
segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o
máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío,
máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de
contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos
cumes.
89.
• Isóbara
•Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha
mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs.
Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones,
cando se sitúa por baixo, borrascas.
• Isohieta
• Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma
cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores
máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao
norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do
sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura.
• Solleiro. Orientación dunha vertente montañosa que recibe maior cantidade de
radiación solar, normalmente orientada cara ao sur no hemisferio norte.
• Seca. Período prolongado de tempo durante o cal non se producen precipitacións.
• Umbría
• É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a
vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis
baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis
amplos. En España é a orientada ao norte.
•