O espazo inclúe os vales encaixados do río Douro e os seus afluentes Águeda, Esla, Huebra, Tormes e Uces.
Protexido como "Zona de especial Protección para as Aves" (ZEPA) desde 1990, Parque Natural do Douro Internacional (Portugal, maio 1998), Parque Natural (Castela-León, abril 2012).
2. SITUACIÓN: no linde entre
Castela-León e Portugal
SUPERFICIE
ESPAÑA: 106.105 ha (37
concellos das provincias
de Zamora e Salamanca)
PORTUGAL: 85.150 ha (4
concellos nos distritos de
de Bragança e Guarda)
3. O espazo inclúe os vales encaixados do río Douro e os seus afluentes
Águeda, Esla, Huebra, Tormes e Uces.
Confluencia do río Huebra co Douro
4.
5.
6. O Douro fai de linde entre España e Portugal desde a presa de
Castro ata Barca d’Alva, onde se xunta co Águeda.
7.
8. PROTECCIÓN
"Zona de especial Protección para as Aves" (ZEPA) desde 1990.
Portugal: Parque Natural do Douro Internacional (maio 1998).
España: Parque Natural (abril 2012).
9. VALORES
-Xeolóxico e paisaxístico: 180
km de canóns fluviais, unha
das áreas protexidas
fronteirizas máis extensas da
Unión Europea.
-Ampla variedade de
ecosistemas con especies
representativas do clima
mediterráneo e continental.
-Importante patrimonio
cultural: restos arqueolóxicos,
arquitectura popular, igrexas,
castelos, pontes, museos,
obradoiros de artesanía...
10. XEOLOXÍA
Os arribes son zonas de depresión nunha penichaira, con desniveis
nalgúns puntos de ata 400 m.
A paisaxe está dominada polas ladeiras escarpadas e rochosas onde
dominan o granitos e os neis.
Nos ríos, de caudal irregular, abondan as fervenzas, aínda que unha
boa parte do ano están sen auga.
11. HISTORIA
XEOLÓXICA
Na Oroxenia Hercínica (hai 600-225
millóns de anos) formáronse os
grandes bloques rochosos e nos
sucesivos períodos fóronse
desgastando ata formar unha
penichaira que máis tarde foi
cuberta por sedimentos e polo mar.
Durante a Oroxenia Alpina (hai 65-
55 millóns de anos) tivo lugar un
levantamento do leste da península
Ibérica que provocou que os ríos se
abrisen camiño cara ao Atlántico
escavando profundos canóns e
aproveitando as fallas do terreo.
28. CLIMA
Dúas áreas con climas diferentes: nos vales hai un microclima
mediterráneo, con temperaturas suaves e protexido dos ventos; na
penichaira clima continental.
30. FLORA
As diferencias de altitude e orientación propician a aparición de
ecosistemas diferentes cunha gran diversidade de especies.
Sobre a penichaira existen dous tipos de formacións forestais:
reboleiras e aciñeirais, nos que se mesturan sobreiras, caxigos,
xenebreiros...
No mato hai chumbeiras,
estevas, piornos, xestas,
tomelo...
Nos canóns hai
escornacabras, érvedos,
arces de Montpellier,
zumaques, xilbarbeiras,
troviscos, salgueiros,
freixos, lodoeiros...
62. USOS
-Produción de enerxía hidroeléctrica: Aldedávila, Almendra, Castro,
Ricobayo, Saucelle e Villalcampo (españolas); Bemposta, Miranda e Picote
(portuguesas).
-Agricultura: vides, amendoeiras, cerdeiras, oliveiras...
-Turismo
65. PATRIMONIO
Hai indicios de poboamentos desde o neolítico.
O patrimonio histórico é moi rico, froito do paso de diferentes culturas
como a celtíbera (castros), a romana (pontes, calzadas, estelas funerarias),
visigoda, musulmá e cristiá (ermidas, igrexas, fortificacións...)
Hai gran cantidade de elementos de arquitectura popular: viviendas, cortes,
chozos, palleiras, adegas, lagares, almazaras, muíños, pombeiros, fontes,
cruceiros...
Fermoselle e San Felices de los Gallegos están declarados conxunto
histórico-artístico.